Cargando...
Méndez
1903 - 1999Manuel Méndez Domínguez naceu en Ourense o día 1 de xaneiro de 1903. Debuxante desde neno, foi alumno de Castelao no Instituto de Pontevedra, e anos despois, moi amigo seu. Ademais do debuxo, cultivou o linóleo, introducido en Galicia polo seu mestre. Precisamente, utilizando esta técnica, ambos ilustrarían o número extraordinario da revista "Alborada", do mes de xullo de 1922.
Colaborou no periódico ourensán "La Zarpa", para o que fixo unha caricatura do propio Castelao, e en revistas, como "Alborada", xa citada, "Alfar" e "Parábola", esta última editada en Burgos con importante participación galega, xa que a súa ornamentación estaba a cargo do propio Méndez e de Jaime Prada.
Celebrou dos exposicións, unha no Salón de la Oliva (Vigo), en decembro de 1922, e outra no Ateneo de Palencia, en decembro de 1925.
Como ilustrador de libros é autor, entre outras, das portadas de "O Cabaleiro do Sant-Grial", de Ramón Cabanillas; "Orto", de Francisco Luis Bernández; "Proel" y "Maliaxe", de Luís Amado Carballo... A súa faceta de artista viuse truncada pola Guerra Civil sen que volvera a reanudarse.
María Victoria Carballo-Calero
Detalles
| Lugar de nacimiento | Ourense - España |
| Actividad | Debuxo , Iustración de libros , Dereito , Linóleo |
| Ocupación | Debuxantes , Avogados , Gravadores , Ilustradores |
Presencia en la revista
http://gnoss/E0920156-A63B-4A5D-8A0E-8E65F2F01115