García Bodaño, Salvador

1896 - 1955

Salvador García-Bodaño Fernández, nado en Negreira o 13 de abril de 1896 e finado en Santiago de Compostela o 20 de novembro de 1955, foi un procurador, xornalista, escritor e agrarista galego. Cando estudante universitario colaborou como correspondente no xornal La Raza de Río de Janeiro, foi redactor de La Zarpa e tamén se dedicou á literatura. Foi un destacado dirixente do agrarismo barcalés: dirixiu o periódico A Fouce de Negreira, participou na constitución da Federación das Asociacións Agrarias do partido de Muros-Negreira e sufriu un atentado seguido dun proceso. En 1921 presentouse como candidato agrario-galeguista á Deputación da Coruña polo distrito de Negreira, fracasou no intento. En 1923 viuse involucrado nun procesamento que continuou durante a ditadura de Primo de Rivera. Exerceu como procurador dos Tribunais en Santiago de Compostela e foi vicedecano do colexio profesional. Na década dos anos trinta fundou e dirixiu unha revista de procuradores en Madrid. Foi pai de Salvador García-Bodaño Zunzunegui. Wikipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de García Bodaño, Salvador

Detalles


Lugar de nacimiento Negreira, A Coruña - España
Lugar de fallecimiento Santiago de Compostela - España
Ocupación Xornalistas , Escritores

Presencia en la revista


http://gnoss/7DE12610-DBB6-4DCF-A4A8-8A75CFE0C56A

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

García Bodaño, Salvador

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano XVII Número 139-144 - Xulio/Nadal 1935