Cargando...
Filgueira Valverde, Xosé
1906 - 1996Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra 1906-1996)
Sendo estudante en Pontevedra, desde os 13 anos, asiste ás xuntanzas de Losada Diéguez, Castelao e Casto Sampedro e ás de Pérez Costanti e Cotarelo, en Compostela, apaixonándose polo traballo de campo en equipo e interdisciplinar. De contado comeza a investigar e publicar e, antes dos 19, anos xa é correspondente da RAG.
Acada a Licenciatura en Historia en 1927 (Zaragoza) e en 1928 (Santiago) a Licenciatura en Dereito con Premio Extraordinario; en 1935 (Madrid); o doutoramento en Lingua e Literatura Galego-Portuguesa coa tese "La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval". Tamén no 1935, aproba a Cátedra de Instituto de Lingua e Literatura Española. Catedrático en Lugo primeiro e dende 1939 en Pontevedra (director entre 1946-1976).
Participa na creación, en 1923, do Seminario de Estudos Galegos; en 1927, do Museo de Pontevedra (director entre 1940-1986); en 1944, do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (presidente en 1972); en 1948, da pioneira Editorial Bibliófilos Gallegos; do Consello da Cultura Galega (presidente dende 1990); na recreación, con Díaz Pardo, do Seminario de Estudos Galegos (1978); na orientación cultural da Fundación Barrié.
Colabora (1936-1957) na elaboración de "O Gaiteiro de Lugo", folleto que fai monolingüe galego (chegáronse a vender 50.000 exemplares). Ordena e edita o "Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro" (1942) e o "Inventario de la riqueza monumental y Artística de Galicia"; intervén na edición do "Cancioneiro de Bal y Gay"; e impulsa a primeira tradución da "Biblia" ó galego.
Investigador, escritor e xestor cultural, Filgueira (membro dunha ducia de Academias galegas, españolas e estranxeiras), contribuíu á comprensión do que foi, é e pode ser Galicia.
Detalles
| Lugar de nacimiento | Pontevedra - España |
| Lugar de fallecimiento | Pontevedra - España |
| Actividad | Literatura galega , Ensino , Edición |
| Filiación | Seminario de Estudos Galegos , Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario , Museo de Pontevedra , Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento , Real Academia de Bellas Artes de San Fernando , Consello da Cultura Galega , Partido Galeguista (1931-1950) , Pontevedra Concello , Real Academia de la Historia , Real Academia Galega |
| Ocupación | Escritores , Profesores |
Presencia en la revista
http://gnoss/AE9061A3-45E8-4901-A883-965CED1ED848
http://gnoss/D8A84C7A-F69B-471E-BF9F-4C1E0B4C2C84
http://gnoss/28CCCF18-DD5A-44F2-903A-AF97DD238CC3
http://gnoss/71DFF7CA-860F-4C00-B254-EE102FDC41FD
http://gnoss/BDB2EFB4-D6D7-4907-9554-4F42AEF226CF
http://gnoss/6B620E2B-8702-4982-A51E-A62C2DD1D4C2
http://gnoss/67C37B7B-9B36-47E8-87B0-6070C99E4958
http://gnoss/A98700AB-9BD9-4E6B-919B-E43C7DA47329
http://gnoss/2B2C73EB-F796-4F4A-B93D-3CE3BD2D050C
http://gnoss/BBBF41DE-1609-4A4F-9339-B6C7A55ADF04
http://gnoss/372FDA6E-02F6-4847-98C1-F75F87DEAAB0
http://gnoss/AF1E8FB6-5CB2-431C-80E3-E0D9660EFF4E
http://gnoss/B0A7F110-8B09-4764-B0AE-25A0D5A102B8
http://gnoss/50505453-A167-4D63-A9C4-E45AEF8EE960
http://gnoss/6471085A-FE71-4545-A99D-825A04D75E38
http://gnoss/6915BE09-5109-4766-B4E7-AB45A8711EE2
http://gnoss/31C81449-FA59-4DAE-AD5A-5686963A6E17
http://gnoss/792929A3-FD65-4BFB-818F-558642EC4F03
http://gnoss/561F414B-7265-49FB-A45E-688E2835F902
Artículos
Cantigas d'El-Rey Sabio localizadas en Galicia : San Ero de Armenteira
Ano VI Número 21 (1925); p 4-5
A lénda d'Armenteira : (notas de folk-lore)
Ano VII Número 25 (1926); p 10-12
A lenda d'Armenteira : (proseguimento)
Ano VIII Número 26 (1926); p 9-11
A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana : estraito do traballo anual presentado ó Seminario de Estudos Galegos no ano 1925-1926
Ano IX Número 37 (1927); p 5-8
A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana : (proseguimento)
Ano IX Número 38 (1927); p 10-14
Os homes, os feitos, as verbas
por López Cuevillas, Florentino, Filgueira Valverde, Xosé, Bouza-Brey, Fermín, Otero Pedrayo, Ramón
Ano IX Número 48 (1927); p 9-18
Catálogo dos Castros Galegos
por López Cuevillas, Florentino, Filgueira Valverde, Xosé, Gómez-Moreno, Manuel, González García-Paz, Sebastián
Ano X Número 49 (1928); p 13-15
Catálogo dos castros galegos : (continuación)
por López Cuevillas, Florentino, Filgueira Valverde, Xosé, Ramón e Fernández Oxea, Xosé, Losada Diéguez, Antón, Bacarisse, Mauricio, González García-Paz, Sebastián, Forneiro Barandela, Isaac, Blanco Portugal, X.
Ano XI Num. 69 (1929); p 152-155
Estampas compostelanas : a Duquesa de Chevreuse en Santiago
Ano XII Num. 79 (1930); p 135-137
Artistas aldeáns : parábola dos catro mestres canteiros
Ano XII Num. 82 (1930); p 200-203
Cancioneiriño de Compostela : (remate)
Ano XIV Número 104 (1932); p 151-155