Fernández Mazas, Cándido

1902 - 1942

Foi un pintor, escritor e ilustrador español, encadrado dentro do colectivo artístico «Os Novos».
Foi incluído pola crítica no grupo «Os Novos» (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro Guimarás, Manuel Torres Martínez, entre outros), con persoais influencias do fauvismo, o Art Decó e en especial do pintor Amedeo Modigliani. Fixo a súa primeira viaxe a París en 1925.
Como voluntario das Misiones Pedagógicas, colaborou en 1933 nas campañas por Galicia e Asturias e en 1934 nas localidades segovianas de Turégano e Cantalejo, deixando o documento gráfico do cartel do "Retablo de fantoches" ou "Teatro de guiñol" das Misiones. Neses anos expón no Lyceum Club un conxunto de pequenos cadros definidos polo crítico Arbós como «pintura intimista de evidente raíz poética».
Na súa faceta de escritor e ilustrador agrúpanse as súas colaboracións en diversos periódicos galegos e madrileños «con viñetas de contenido político comprometido con la izquierda más radical, idealista y heterodoxa», que continuarán durante a guerra civil española nas súas colaboracióne en revistas do P.O.U.M., como "El Combatiente Rojo", ou de ideoloxía anarquista como a revista "Umbral". Finalizada a guerra, foi encarcelado en Valencia e sometido a proceso; non obstante sería liberado cinco meses máis tarde grazas á mediación dos xuíces militares Sebastián Martínez-Risco e Díez Faes e ao esforzo económico da súa familia. Agravada a súa delicada saúde mental, recluíuse en Pedrouzos, Casas do Penedo, a súa aldea natal en Castro Caldelas, onde morreu aos carenta anos de idade. En 2002, o Círculo de Belas Artes montou unha antolóxica documentando «la vanguardia del artista».
Wikipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Fernández Mazas, Cándido

Detalles


Lugar de nacimiento Ourense - España
Lugar de fallecimiento Castro Caldelas, Ourense - España
Actividad Fauvismo
Ocupación Pintores , Escritores , Ilustradores

Presencia en la revista


http://gnoss/925B7F59-A6A4-4A93-9C1A-9CFF24646907

http://gnoss/372FDA6E-02F6-4847-98C1-F75F87DEAAB0

http://gnoss/BDB2EFB4-D6D7-4907-9554-4F42AEF226CF

http://gnoss/372FDA6E-02F6-4847-98C1-F75F87DEAAB0

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Fernández Mazas, Cándido

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 14 - 1 decembro 1922
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 31 - 25 xullo 1926
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 31 - 25 xullo 1926
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XII Num. 79 (25/07/1930)