Castro González, Manuel De

Foi un cronista, directivo e árbitro deportivo galego. Está considerado á súa vez como o precursor da fusión entre o Real Club Fortuna de Vigo e o Real Vigo Sporting Club que en 1923 daría orixe ao Club Celta.
No mundo do fútbol ocupou diversos postos, desde xogador ata árbitro e directivo. En 1921 comezou a desempeñar a función de adestrador da Selección de fútbol de España.
O labor de seleccionador compaxinábaa coa función de vicepresidente do Real Vigo Sporting Club, posto que ocupaba cando en 1923 promoveu, xunto a Juan Baliño Ledo e Pepe Bar, a fusión deste co Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao Celta de Vigo.
Tras o nacemento do Celta seguiu vinculado a este club, tendo un papel moi importante na construción do estadio de Balaídos.
Ademais da selección española tamén dirixiu á selección de fútbol de Galicia en numerosas ocasións, nunha época na que a maior parte do combinado estaba formado por xogadores do Celta. A súa vinculación co deporte foi moito máis xeral, sendo un dos promotores do equipo de atletismo do Celta e tamén presidente da Federación Galega de Atletismo, ademais tamén foi presidente da Federación Galega de Fútbol.
Faleceu o 27 de agosto de 1944 nas inmediacións dos Xardíns de Eijo Garay, atropelado polo tranvía do porto.
Un busto seu, esculpido por Rafael Álvarez Borrás en 1946, está situado na rúa que leva o seu nome diante do estadio de Balaídos desde o 20 de maio de 1956.
No ano 2011, instaurouse o premio "Manuel de Castro" para premiar ao mellor xogador do Celta do ano.
Wikipedia

Imagen de Castro González, Manuel De

Detalles


Lugar de nacimiento Vigo - España
Lugar de fallecimiento Vigo - España
Actividad Deporte , Xornalismo
Filiación Real Club Celta de Vigo

Presencia en la revista


http://gnoss/913A1A32-1A7D-4F93-B414-708B7E809B74

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Castro González, Manuel de

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 11 - 26 xuño 1922