Blanco Torres, Roberto

1891 - 1936

Roberto Blanco Torres foi un xornalista e poeta galego.
Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Alí comezou a colaborar na prensa da comunidade galega, para o que empregou o pseudónimo de Fray Roblanto. A fins de 1916 regresou a Galicia, onde coñeceu ao cura José Toubes Pego, un dos fundadores de El Ideal Gallego. Estableceuse na Coruña. Participou nas Irmandades da Fala e a comezos de abril de 1917 publicou o seu primeiro artigo n' A Nosa Terra. En outubro de 1920 fíxose cargo da dirección de El Correo Gallego de Ferrol, da que cesou en abril de 1921, e pasou a dirixir La Zarpa en Ourense ata 1923, cando foi redactor xefe de Galicia: Diario de Vigo. Foi o redactor xefe de El Pueblo Gallego. Dirixiu El Progreso de Pontevedra. En febreiro de 1933 fíxose cargo da dirección de El Noroeste. En 1935 dirixiu El País de Pontevedra, e dende maio de 1936 foi o xefe do gabinete de prensa do Ministerio de Gobernación, e participou activamente na campaña para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia.O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeu a Blanco Torres na aldea de Amido, no concello da Peroxa, na casa familiar da súa muller; detido en setembro foi levado á prisión de Ourense, e o 3 de outubro de 1936 foi paseado polos falanxistas que o fusilaron no concello de Entrimo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999. Galipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Blanco Torres, Roberto

Detalles


Lugar de nacimiento Cuntis, Pontevedra - España
Lugar de fallecimiento Entrimo, Ourense - España
Ocupación Políticos , Xornalistas , Poetas

Presencia en la revista


http://gnoss/BDB2EFB4-D6D7-4907-9554-4F42AEF226CF

http://gnoss/B0A7F110-8B09-4764-B0AE-25A0D5A102B8

http://gnoss/6471085A-FE71-4545-A99D-825A04D75E38

http://gnoss/BC7D40B6-8C6F-4360-BDBA-FB002C1B95A5

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Blanco Torres, Roberto

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano II Número 5 - 24 xuño 1921
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VI Número 22 - 15 outubro 1925
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XI Num. 69 (15/09/1929)
Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Nós - Ano XII Num. 79 (25/07/1930)