Barreiro, Lisardo R.

1862 - 1943

Foi un xornalista e escritor galego.
Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con Alfredo Brañas e outros, o periódico El Ciclón e posteriormente o semanario El Tricornio, do que foi director. Despois pasou a Ferrol, onde dirixiu El Correo Gallego, e foi redactor de La Voz de Galicia, El Clamor del País, El Clamor de Galicia, La Cítara. Trasladouse a Madrid onde proseguiu o seu labor xornalístico, e en 1885 volveu a Galicia como inspector sanitario. Pouco despois estableceuse como farmacéutico en Vilagarcía de Arousa. Dirixiu El Rivereño de Ribeira (1892) e Mi Tierra de Vilagarcía (1897).
É autor do libro de poemas Muestras sin valor (1884), da recompilación de reportaxes Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1890, Biblioteca Gallega), do libro de poemas Escumas e brétemas galegas (1923) e dunha autobiografía titulada Evocaciones. Escribiu tamén traballos de carácter científico, entre os que sobresaen El virrey de los metales, La esencia de trementina, El mildew e Riquezas olvidadas. Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.
Galipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Barreiro, Lisardo R.

Detalles


Lugar de nacimiento Noia, A Coruña - España
Lugar de fallecimiento Vilagarcía de Arousa, Pontevedra - España
Actividad Xornalismo , Medicina , Farmacia
Filiación Real Academia Galega
Ocupación Farmaceúticos , Escritores , Médicos , Poetas , Xornalistas

Presencia en la revista


http://gnoss/372FDA6E-02F6-4847-98C1-F75F87DEAAB0

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Barreiro, Lisardo R.

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano VIII Número 31 - 25 xullo 1926