Arias Sanjurjo, Joaquín

1880 - 1946

Foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Foi elixido presidente do Comité Republicano de Monforte de Lemos en 1903. Presidente da Sociedad de Agricultores del Ayuntamiento de Monforte, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. En 1909 presentouse como candidato nas eleccións á Deputación Provincial con Juan Golpe e Casares Quiroga e foi o único solidario que conseguiu a vitoria, sendo elixido polo distrito Monforte-Quiroga na Deputación de Lugo. Ao finalizar a súa etapa de deputado escribiu un Manifiesto en contra das deputacións provinciais, en particular contra a de Lugo. En 1915 colaborou coa revista España de Madrid, de orientación melquiadista. En 1918, despois da presentación dos candidatos galeguistas próximos á Lliga catalá, escribiu un novo Manifiesto a las sociedades de labradores de Galicia y a los regionalistas de raza y abolengo gallego que no se hallen alquilados a la plutocracia barcelonesa o alistados en las clientelas de las oligarquías seudopolíticas de Madrid. Nos anos vinte volveu instalarse en Santiago de Compostela. Na Segunda República foi elixido Vicepresidente do Centro Radical Republicano de Santiago de Compostela en 1932 e concelleiro e tenente de alcalde do concello de Santiago (1934-1935).
Publicou numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, e outros relacionados coa historia de Galicia, mosteiros e vías romanas. Colaborou en El Eco de Santiago e Arquivos do Seminario de Estudios Galegos.
Galipedia

Ver en la línea del tiempo
Imagen de Arias Sanjurjo, Joaquín

Detalles


Lugar de nacimiento Santiago de Compostela - España
Lugar de fallecimiento Santiago de Compostela - España
Filiación Seminario de Estudos Galegos
Ocupación Avogados , Xornalistas , Escritores

Presencia en la revista


http://gnoss/925B7F59-A6A4-4A93-9C1A-9CFF24646907

http://gnoss/3F6B77BB-8907-4F41-8357-8E691083B35B

Autor revista Nós

Persona relacionada

Organismo relacionado

Arias Sanjurjo, Joaquín

Artículos

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano III Número 14 - 1 decembro 1922
Seición arqueolóxica : nota encol da eirexa de Santa María de Marrube

Seición arqueolóxica : nota encol da eirexa de Santa María de Marrube

por Arias Sanjurjo, Joaquín

Ano III Número 14 (1922); p 16-18

Titulo de la publicacion Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións "Nós": Ano IV Número 16 - 1 febreiro 1923