https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711125.xml
NÓS
105
fundación da Vila Nova de Cerveira, por Luiz de Figueiredo da Guerra. — Rudolf Steiner e a Antroposofia, por Carlos Santos. (filho).
«BULLETIN DU MUSÉE BASQUE», 6.ª année, N.º 11.
SUMARIO. — «Etudes: Urbero— «Les Basques et le Larousse».— «J. Les châteaux historiques du Pays Basque Français».— «Notes pour un catalogue: X L'Amiral Jáureguiberry». W. Boissel—«Les tombeaux des Rois de Navarre à Lescar».— R. Cuzacg— «Une carte originale, en couleurs du XVIII siècle». Chronique:— «La vie du musée basque en 1929».— Belatcha—«Une pastorale à Barcus».— Le Livre d'or».
Urbero principia un grande estudo encol dos castelos do país basco francés con tres da terra do Labour: os de Urtubia, Espelette e Arcangues. O derradeiro habitado por unha familia cuia descendencia masculina segue desde fai catrocentos anos. Seus senhores eran procuradores do Rei dend'o século XVI, interveñindo en terribres loitas locais no XVII. O d'Espelette foi berce da fidalga familia dos Espeleta de Pamplona e seus antergos foron á Cruzada con Tibaldo II de Navarra. O de Urtubia sonado coma outros nas relacións c'a España garda unha fermosa colección de tapices do tempo de Luís XVI.
W. Boissel informa da descoberta polo coengo Dubarat dos sepulcros dos derradeiros Reis de Navarra (Francisco Tebo, Xohand'Albret, Catalina de Foix, Enrique II e Margarida d'Angulema) na catedral de Lescar.
O vivir do Museu segue boiante e crecedeiro. Suas comisiones visitaron Barcelona e San Sebastián na gran semana vasca. Dende agosto a Santos houbo no Museo conferenzas encol dos diferentes aspectos do vivir basco entr'elas unha sobr'as guerras carlistas tidoada «epopeya da fidelidade basca». O Museo preocúpase da emigración e d'outros problemas.
A NOSA TERRA, primeiro de Maio, 1930.
SUMARIO: I. Ao decorrer-los días (verbas d'espranza pro futuro político da Galiza) II «Unha door do agro», por T. de A: precisión de tocólogos nas aldeias, III. «Latricadas», por Z: conversa de labregos, IV. «O Far Wert galego», por Froitoso Touza: a Galiza ten que conquistar todol-os seus ensoños e facelos realidade, V. «Faiscas», por Víctor Casas: Galiza vive, sua lingua o prova, precisase unha solución urxente no Noso Probrema, VI. «A VI Asambreia das Irmandades»: crónica precisa da xuntanza e seus acordos, VII. «Un plan de Enseñanza», por Manuel Gulin: necesidade do galego en todol-os grados do ensino, VIII «Cartas de Viana»: contén unha xusta apreciación do admirado Lugrís Freire feita polo «O primeiro de Xaneiro» de Porto.
Imp. NÓS, Linares Rivas, 50. A CRUÑA.
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA e FARMACIA
Pereira, 19 — OURENSE — Teléfono 28
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157111&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711116.xml
96
loitar c'a vida. O Paulos despediuse dos amigos c'unha gran borracheira que estrondou con berros e pitos de villeus as ruas de Sant-Iago pol-o tempo da feira do San Martiño e os dous días collia na Cruña un pasaxe pra Cuba.
No viaxe fixose na psicoloxía do Paulos unha rara mudanza. Deixara no peirao galego o fatelo de señorito perdido d'aldea e naceulle unha ambición de diñeiro. Volvía a ser o sapo-concho do Instituto que vendía a merenda por un patacón e roubaba na cociña lamberetadas pra comer pol-a noite, soíño, sin dar parte a ninguén. Axudaba a iste cambeo a vista dos elegantes viaxeiros da primeira, dos empregados e dos oficiás que camiñaban ás Antillas, namentras il, na porca bodega da terceira chalaneaba con vellos picarescos e apalpaba na loita c'a vida e c'a miseria. No barco facíase política. Un rapaz galego, abogado, que non servira nin pra un destino no Auntamento do seu pobo, facía grandes discursos contra os Estados Unidos e repetía frases de Cánovas del Castillo. Ó empardecer, sobr'a infinda tristeza do mar calmoso, un mariñeiro de Muros tocaba no acordeón aires de tal malenconía que moitos emigrantes e soldadiños novos rompían a chorar sin consolo e os paxaros voadores non querían pousar n'aquil barco. Na sala de primeira os señoritos de bigodes engomados e outo colo pranchado bailaban o «vals das olas» ollando pr'as criollas priguizosas, aquil vals que foi de moda en tod'o Atlántico dende New York ó Cabo, como si quixera enganar c'un romanticismo de «pañuelos que se agitan sin cesar» a morte do Imperio colonial da España.
O Paulos dinantes de s'orientar sentou praza no exército. Raposeiro e de boas narices cheiraba un tempo de rebumbio bó pra faguer fortuna aixiña. A campaña levabase c'unha enerxía galváneca e cada mañán s'agardaba a intervención dos Estados Unidos. O Paulos entrou n'un reximento de infantería; c'o traxe de rayadillo e o jipijapa facía un soldado un pouco grotesco pois aínda iba ben mantido da Galiza e contrastaba c'os soldados vellos alimentados pol-a Administración Militar. Contodo, fixérono
NÓS
cabo e a pouco entrou en fuego. Iban n'unha coluna mixta pra defender ingenios ameazados; n'un d'eles o dono, un montañés franco, diulles ós soldados un gran banquete con viños de España e tabacos dos bós. Aquil señor dicía qu'a culpa da insurreición fora dos partidos liberás e dos repubricáns que fixeran ceibes os tiznados. «C'os meus escravos d'outrotempo calquera s'astrevia a tocar ó inxenio!» Un cociñeiro chino fixo pr'os oficiás un xantar maravilloso: o Paulos recordou sua educación de señorito e logrou participar n'il; contando contos galegos facía rir ós oficiás i-ateigábase de viño e puros. Ó amañecer atacaron os mambises i-houbo fuego tod'a mañán, un fuego froxo, aburrido e perigoso. A cousa non figuraba ir adiante cando sobre das doce c'un calor abafante concentráronse sobr'o inxenio novas partidas i-a cabaleiría negra cargou machete en man por onde menos s'agardaba. O Paulos, andando o tempo, soilo se lembraba de ir en guerrilla por un cravo do canabal; unha tromba de xinetes negros pasou riba d'eles macheteando a moitos. Algús españoles xoenllo en terra chimparon a varios mambises. O Paulos ferido na fronte e atontado d'unha patada de cabalo caíu entras herbas e istintivamente fixose pequeniño i-apegouse á terra como un verme. Cando s'astreveu a erguer a cabeza a fusilada viña de lonxe, aquilo figuraba tranquío, algús feridos queixabanse mansiño, un negrazo morto daba medo cos ollos moi abertos. O Paulos tivo valor pra sacarlie do bolso un frasco de whisky. Sorbendo un longo trago xa foi home pra andar de pé i-achegarse a outro morto debruzado no chán. Un sarxento español c'a testa fendida d'un machetazo. O Paulos, aixiña, colleu os galós do sarxento e coseunos na sua manga, gardou a documentación do morto, i-emboscándose no canaveiral tivo medo; o chan taciase lamiguento unha forma grosa e torpe movíase entr'a lama. O caimán. Quixo volver ó campo d'aución e non acertou co il. Viña a noite aixiña. Gracias a qu'atopou un albre e rubiu agatuñando. Apesares da febreza mantivose sereo i-atento. Chegaban lonxanos estrondos de guerra i-algo estralaba non lonxe; de súpeto a grande roseira de fogo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711122.xml
que o levou alí unha muller na cabeza, fiando na roca. Unha cousa parecida á pedra movediza d'Argentina, solo que a de Paradela non se move, non é tan grande.
CAMIÑOS.—Recén feita a carretera, camiños de carro, corgas que son camiños con parede por un lado e mais pol-o outro, e camiños de pés y-os das cabras e mais as ovellas.
ALDEAS, CASAS, LEIRAS, etc.—As aldeas están aisladas unhas das outras. Son de bó parecer e de malo. As casas aisladas xeneralmente son casas fortes ou ben pudientes. Leiras hai con abundancia, boas e ruís. Os espacios de terra son grandes, son montes, pradeiras, chouzas que dan moitos toxos e carballos, ribeiras de moitos castiñeiros que dan moitas castañas.
Hai eiqui un pronóstico, que estando un día en Bilbao n-unha taberna que entrou un caballero e que pediu unha chiquita... colleuna, bebeuna, deu unha volta por trás e presentou no mostrador a chiquita chea outra vez. Iba pagar, y-a taberneira pensando que nona bebera, pois non lla cobrou. Deu dous pasos hacia o pronóstico e dixolle:
—V. é de Galicia?
—Si, Señor.
—Pois ha acordar V. secar todos os castiñeiros de Galicia; xa andan secando y-ha-os acordar secar todos y-as ribeiras que se volverían praderías. Os penedos que tamén se volverían mineral.
Entonces preguntoulle:
—Venderame logo a mín algunhos penedos?
—Ca!—contestou— vender eu a miña fortuna d'algún tempo!
Bueno, seguindo a conversación do cabalero, por último díxolle:
—Ustede acordará secar os castiñeiros, os penedos cocelos e volvelos mineral y-as leiras non darán fruto, habrá que deixalas a campo e labrar outras.
D'esto nada o quita e de maneira que se pensa acordar todo esto, me parece a mín que vivirá mais qu'os antediluvianos. D'aquí deduzo que vivindo mais de mil anos, acordará o afundimento de Galicia esposto tamén por iste mesmo personaxe que se chama de mal nome Carandeo, y-autras averías que non merecen citación.
Unha vez n-unha leira encontraron—cando andaban arando—o romate d'unha torre. Estaba moi enterrada e según iban arando, deu o arado n-unha pedra y-o labrador cavou e encontrouna. Despois pensando que había alí unha torre fixeron unha gran escavación, pero tal torre non pareceu.
Recollido por
MANUEL PALLARES LÓPEZ.
Aluno do Magisterio.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
MISTRAL (1830-1914).
Co cenleario oficial do Romantismo veu o do nacimento do poeta da Proenza e de todol-os pobos. Unha d'ísas raras encarnacións da poesía d'unha palrea n'un home. Si a maor revelazón do século XX foi u nova literatura irlandesa sen equivalente no devanceiro dazanove foi a Renascenza da familia das língoas romances aldraxadas: proenzal, catalán, galego. Elas puxeron remate a un tempo de cultura abstratac e imperialistu pra franquear un novo tempo vivente, humán, nazonalista.
NOS fai agora un ano adicón unha lembranza a Mistral fixándose sobretodo no seu papel de politeco, como Lamartine, foi vate guiador de pobos e sí o autor das «Meditations» apenas deixóu cair unha pinga do seu esprito borgoñón na copa francesa. Mistral cantaba liturxicamente didiante de cada vaso de viño a vella salutación da sua terra: «Cuopo Santo». Era un home forte, ledo, de mán cordial, grande chapeo, ollos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711118.xml
ñou pra Habana, e puxo o capital n'un Banco norteamericán. Entón xa sentía a chamada da Terra. Hastra algunha vez foi a Triscornia pr'ouvir falar galego na coarentena. Deseguida recapacitou. Non, aínda era novo e forte, sabía moito do mundo i-o mundo é ben grande. Cedo pra folgar n'una casa nova na aldea. ¿Un negocio en Vigo? Non. España debía andar mal. Logo desexaba volver rico, un bicho. forte, indiscutible, Pr'asombrar ó parvo do Xacobo, seu irmán, i-os notarios, abogados, e menciñeiros e potingueiros que foran seus compañeiros no Instituto e tratábano de túzaro e sapo-concho. Mais dubidaba nos camiños que levan a gran riqueza. Os negocios requiren tempo, apricación, pacencia, método. Algunhas seráns de calor abafante o Paulos sentíase estranamente chamado pol os escaparates das xoieirías. Brilaban pingas d'orballo, centileos de estrelas, sinxelos e tentadores. Alí estaba a fortuna. O Paulos afeito ás noites da facenda cubana, c'o rifle ó alcance da man, non tiña medo da noite nos campos de diamantes. Pensou no Transwaal. Mail a grande Africa negra, pechada, figurouselle lonxana e misteriosa. O Paulos amorenado pol-o trópico sería desmasiado sinalado, entras greas de aventureiros loiros, de falares estranos, grandes forzas, ollo cruel d'aceiro. Millor unha terra mol, priguizosa, de autoridade froxa, onde se precisara tanto ou mais raposeiría que xenio destemido. Falando nos peiraos con xentes de toda caste atopou c'un perdulario, intelixente e borracho, portugués esprimentado no negocio do caucho, que por unhas boas comidas e unhas cantas borracheiras, l'espricou ó Paulos o itinerario dos diamantes do Brasil. Tomou un pasaxe pra Bahía e tratando c'os negociantes impúxose deseguida no asunto. Os criadeiros ficaban lonxe, en terras perigosas. O Paulos non se contentaba con ser un bó garimpeiro. Xermolábanlle outras ideas na testa. Prantouse en Río e deixando seu bó fatelo colonial, seus aneles e charutos, demandou traballo n'una xoieiría. Era o amo un italiano listo, vello, avaro, metido en moitas porcalladas, mais d'una grande pericia na arte. O Paulos, afogado n'un tabuco, mal mantido, adeprendía o oficio con verdadeira febre. N'aquila escura oficina faguíanse maravillosas trasmutacións, i-entrambilicadas contas de empeños e préstamos. Cando estivo práuteco, c'unha boa pistola, pouco difieiro e moitas áncias de loita, afeito ó clima, e dándolle o acento galego unha escura nasalidade, foi pro estado de São Paolo. Apenas se fixaba nas fazendas de café ond'o traballo aínda se acompaña con longas melopeas d'escravitude, nin nas serras basálticas relampantes ó sol, nin na «Chapada» d'estesos hourizontes percorrida pol-as mainas greas dos rebaños de bois. Entón aínda non rubían os grandes barcos pol-o Paraguay, i-o Paulos entrou no curazón virxen do Brasil c'una caravana de seringueiros que iban sangrar o caucho das ricas heveas nos bosques xa ecuatoriales, do outo Araguaya. En Goyaz, vila nova, d'ambicións, d'ollares sospeitosos, tensa enerxía primitiva e noites de vicio, aloxouse n'una chavola de negros, xente fatalista, asulagada n'un caóteco folclorismo, aixiña conquerida pol-a superior pericia do Paulos no manexo do rifle. Primeiro decatouse ben do país. Os bosques estaban mollados, os regueiros crecidos, un bafo de calor e d'humidade cobría a terra podrecente de poderosas xerminacións. Insensible ós traballos do corpo dinantes da chegada da sazón enxoita xa o Paulos tiña escudriñado as beiras do río Claro, do río Bermello, do río Coyaposinho entr'a néboa abafante do bosque sobr'as augas. Chegóu a esquecer o valor do tempo todo dado á procura dos diamantes. Ó luar, nos aluviós dos ríos peneirando a area, c'a pistola na man, ouvía o cair d'ouro da area de cando en cando descobrindo un diamante. Endexamais souperon os outros garimpeiros coma chegara a saber dos xacimentos do río das Garzas en terra perigosa dos indios Bororo, e coma vivira no busque e na chapada, e coma ocultaba os seus tesouros. Os negros serviano coma cás e il non ll'es perdoaba os chicotazos. Folgaba algunhas tempadas en Goyas, onde falaba d'istalar unha grande colonia agrícola por conta d'una casa alemá. Cando estivo rico, con millós no cinto e nos recunchos do traxe, desapareceu e non pegou os ollos no longo viaxe
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571114.xml
O entroido nas terras do Sul de Cotobade
Iste estudo en col do entroido, que adicamos ó noso Seminario de Estudos Galegos, comprende somentes a parte sul das terras de Cotobade, as freguesías de Augasantas, Valongo, Loureiro, Rebordelo, Carballedo, Caroy, Corredoira, Borela e Almofrey, na intelixencia de que no val do Lérez foron arrecadadas pol-o noso amigo o gran folklorista Xosé Núñez Bua.
Nas devanditas freguesías hai unha certa uniformidade con respecto ás manifestazóns do entroido. N'outras formas da vida humán desenrolan o seu dinamismo independentemente unhas das outras, eiquí sucede o contrario os autos son en todas semellantes. N'algunhas van desaparecendo moitas notas propias d'istes días de ledicia, pero queda inda en todas elas, o que ten un aire típico, tradicional e que mostra maor intrés pr'a etnografía.
En toda ista parte a que facemos referencia as manifestazóns do carnaval revélanse fora e dentro da casa. Paredes pra dentro andan os potes e cazolas mais engrasados que de costume, o fogar é grande como se fora día do patrón, están as familias xuntas, e lémbranse dos que se atopan lonxe, en terras de fora. Brindan os vellos desexando que pra outro ano se celebre a festa con ledicia e paz na compaña de quen Deus quixer; istas verbas escóitanse caladiñamente; a emozón calma o barullo por un istante. Fora da casa a mocidade percura os atafégos pra poder saír de troula, levan os fatelos debaixo do brazo, e unha poleira de mimosa na mán. As rapazas van ledas mostrando unha sorrisa de satisfaución; a liberdade que lle concede a careta dalle forzas pra coller do brazo os rapaces mais cobiza-
dos, oxe beilarán á sua vontade con aquel que a sua maxinación puxo tantas veces a seu carón. Os mozos farán das suas, os rapaces correrán tras eles insultandós nas ladeiras dos camiños, e os vellos laian pol-a saude da mocidade, considerando o que eles fixeron nos seus tempos.
Toda composizón do entroido n-istas te-
rras recibe o nome de momada, entroidos ou
maragatos, empregando indefrentemente calquer d-istes tres nomes. O nome de entroido emprégase como sinónimo de goloso, lambón, en xeral cousa que come moito. Así cando algún animal come a frol da herba e torna moi cheo pr'a casa ouvimos un dito d-iste xeito: anda que hoxe entroidache! O mesmo cando ollan morto algún ser malino dinlle: Iste entroidou, non fai mais mal. Tamén queda na chola ben fixa, a fartura do entroido, en recordo ó moito que se come aqueles días. De vez en cando ó rematar unha persoa de cear despois d-espreguizarse, fala meio entre dentes: Vaia Diol o pague vou farto com'un chincho cenei como si fora martes d'entroido.
O entroido non dura mais que dende sábado deica martes, moi rara vez se deu o caso de haber momadas o domingo de piñata. O martes d-entroido fina o serán e non hai mais festa deica domingo de páscoa; a causa de non haber festas é o medo que teñen as rapazas de que o crego da parroquia lle bote o carneiro ou o burro cando vaian á doutrina pol-a coresma.
AS COMIDAS
O entroido ten a sua comida especial, en todal-as casas hai fartura i-en todas se roga
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711114.xml
94
mas con algún mozo, e un arrieiro, que tiña de bestas de carga uns cans de palleiro.
A CORESMA
Nos días de piñata era costume entre os barrios que tiñan certa envexa levar a coresma uns os outros. A coresma era un espantallo de teixugo: unha roupa de home ou muller chea de colmo por dentro, púñana no camiño cerca das primeiras casas do pobo, os veciños cando atopaban á mañán a coresma gardábana e logo pol-a noite levabana a outro lugar onde tiñan dúvida que a fixeran; a operación repetíase e remataban queimándolla a veira d-un pobo. A costume perdeuse porque chegou a picarse a mocidade e denantes que houbera barullos e peleas dei-
NÓS
xaron a coresma en paz. Agora pasado martes d-entroido os mozos a maor parte marchan gañar un xornal pol-o oficio, e as mozas traballan na laboura da terra, i-os domingos van co-as vacas pr'os eidos de ferran elevan a cartilla pr'a repasar un pouco a doutrina; sentase na estrema do eido e lé un pouquiño, logo o pensamento fuxe en percura do noivo, fica algún tempo nun sono de ledicia, cando esperta sintese moi triste e torna as vacas da veiga allea, salaia fortemente, logo sentase i-escomenza de novo c'a cartilla.
Finou o entroido... acabouse o rebulicio... i-eu finei iste traballo.
ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS.
¡TERRA A NOSA!
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571113.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XII ★ Ourense 15 de Maio do 1930 ★ Núm. 77
PEISAJE
A la memoria de Lois Amado Carballo
Verde, azul e pardo
non son mais de catro
Montes teijos pacen
a ledicia dos vales
Pardas serras baijan
a bebel-a i-auga
Os árvores ao vento
din o seu sentimento
Os carros no caminho
son fíos de sospiros
Fumegan as telhas
felicidá doméstica
Do muinho sobe
o cachón do pote
O alcipreste da cireja
aluma a sua tristeza
Fume de formigueiros
vai facendo o ceo
As nuvens en facenda
van para outro poema
O sol, neno en coiros,
ou si queres as d'ouros.
CORREA - CALDERÓN
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571115.xml
NÓS
con comida somellante. Son contados os sitios onde se atope un bislé, pero en ningures falla a bincha e os petotes, sobre todo o primeiro que é unha cousa corrente como o bacallao e o viño quente en noite boa.
a) Bincha ou bandullo.
Istes dous nomes ten o prato mais característico do santo entroido. Cando a matanza do porco, os peisanos collen a vexiga e inchana; teñen unha caniña na lacena, e soplan un pouco, o ter algún aire, para que aumente frégana contra un banco; despois que non colle mais aire atase percorrendo non desinche e pendurase na vara das longanizas. Craro que moitas veces o tempo de fregala rompe, n-ise caso pidese outra, se na casa matan un porco somentes, e de non atopala fai o mesmo papel unha fardela de liño.
Pendurada a bincha sobor do fogar ponse dourada, destoncias sácase da veira do lume e ponse a un lado da touciñeira, alí fica deica chegar o entroido.
Domingo e martes son os días mais indicados pra facer a bincha. Córtasell-un pedazo e lávase toda por dentro e por fora, ben lavada, despois faise a masa, pra enchela, da maneira seguinte: n-unha fonte bermella córtanse en anacos pequenos unhas rebanadas de pan-trigo, n'outra fonte tamén bermella ou amarela pártense uns dez ou doce hovos e salouqueanse ben como pra facer unha tortilla e debrócanse sobor do pantrigo; mistúrase ademais unha canada de leite e azucre, c-unha culler de buxo métese todo na bincha e cósese, bótase n un caldeiro de auga e ponse ó lume, despois que ferve un pouco sácase, ponse na artesa deica o final do xantar en que se come ás rebandas.
b) Petotes.
Os petotes non son tan característicos como a bincha, porque en moitas casas deixaron de facelos e ademais hai quen non tendo pan fainos en vez do bolo que se facía outros tempos casi a cotío e hoxe moi rara vez. É unha cousa sinxela de facer: amásase fariña e dando forma de hovo, soio que de maor ta-
maño, cócese en auga. Despois recóbrese de azucre e pártense as rebandas pra comer.
O que sexan os pratos devanditos á comida siñalada pra istes días como característica non quere dicir que sexan os únicos, eles non dan abundancia. Pra iso está a cacheira, as longanizas, os chourizos (a maor parte das veces a paiota), o rabo, un pedazo de touciño de tres frebas, etc. Non fallan tamén as papas d'arroz ben cargadas d'azucre.
Todol-os peisanos teñen pra siñalar o entroido un pedazo de carne inda que o resto do ano pasen sin ela. Contan por alí que un labrego non tiña carne pra festexar o entroido como os veciños, dado o número de fillos que rodeaban a mesa. Da touciñeira non penduraba mais que un pedazo de touciño, ben pequeno por certo. O pai que non quería que os seus fillos pasasen diante dos outros rapaces mostrando que non comeran carne untoulle os beizos a todos encargándolles que non-os limpasen deica finar o día. O mais velliño foi logo xogar cos compañeiros e un d'iles fixándose na grasa que traía no queixo díxolle: Seica comiche moito touciño? Iste que se vé, retrucou o intresado todo sadisfeito.
A comida forte require mollal-a boca, por iso veñen da taberna seis netos de viño do Riveiro que trai o rapaz na cabaza ou no garrafón, sempre que na casa non teñan unha pipa no sobrado.
A comida que celebra a festa é o xantar, ás doce como todol-os días, é cando están xuntos, porque á hora de cear a mocidade anda na troula e os homes van regar os lameiros ou botal-a brisca á taberna.
Domingo e martes son os días que se fan as mellores comidas, o luns cómese pol-o xeral do que sobrou o domingo. Agora a carne que sobra do martes non cría lan na fonte como sucedía cando se gardaba na artesa ou na salgadeira as sete semans da coresma, deica o domingo de páscua.
AS FESTAS
Durante todo o inverno fan en casi todas as parroquias festas de pandeiretas n-unha saliña, ou n un curro cuberto onde non entre o frío, conócense co nome de fiadeiros, ruas,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711112.xml
No había criatura que le igualase siempre en saber a toda clase. Porque a los diez años decía [tatá, tata] a los once ego y a los quince cumplidos, viendo su despejo, todos quedaban aturdidos. Porque ya decía mamá, la lá y llegó a los veinte ya se tenía a las mesas ya se enamoraban del hijas de condes y princesas. A los veinticinco fué a la es[cuela] lo que jamás se ha visto cosa [como ella.] A los treinta ya sabía Kristos A, B, Z, Q. ¿Y no te ademiras tú? Pues habeis de saber que llegó a Patriarca, patrón del Carnaval y tú que esto conoces no te hagas tan fatal. Y vós patriarca Garrán que siempre en estos días se come más carne que pan. Sempre o entroido foi farturento, pero ven sete semanas e despois entra o descuento. Pero agora n'istes días cada un coma pra diante que pra forrar, tempo a vir bastante. Isto de carne, petotes e bandu[llo] comer deica atacarse uns a outros c'un estadullo. Ir mollando pra que corra que chegar a de chegar principalmente pr'o que morra. O que por iso non teña cartos no bulsón non serve a iste santo con devoción. Porque iste santo penetra os mais ocultos sentimentos.
por iso nos trai así contentos. Todos debemos pedir con fervor e devoción para que nos perdone e nos bote a bendición. E o que así non-o fixer espere do santo o que lle viñer. A todos pido igualmente que cada un nas súas casas coma e beba deica deixalo [pol-o dente.] Pero fieles mios Nos cuenta el Padre Basillo de la vida de nuestro Patriar[ca Garrán,] en su famosísima historia, que desde sus principios, tuvo mucha memoria. Leereis su vida en un libro titulado y vereis como este santo, al buen servicio nunca ha fal[tado.] Nos asegura el Padre Guiller[mo] que nuestro Patriarca Garrán, naceo no século trintedous [pol-a mañan.] Fué bautizado en las aguas bautismales de las fiestas de carnavales. Y le han puesto por nombre lo que jamás se ha visto a un [hombre] ¡¡Garrán!! Y su padre fué Don Jacinto [Rascuño] y su madre Doña Ana Du[rán.] Es familia distinguida como no tenían otro hijo le querían por la vida. Son naturales do reino da [Rusia] pero por iso o rapaz sempre tivo moita estrusia. Estudiou e sigueu unha ca[rreira] e a vida d'él foi d'ista manei[ra.]
NOS
Estudiou toda crás de artes e [habilidás] por fin toleou i-escapoulle os pais. Veu correndo por isas terras [adiante] c'o que ningún coidaba n'eso o demo da besta femia chegou hoxe eiquí ó Peso. Veu descubrindo as mauladas que nos mozos e nas mozas están atapadas. Nos dice el santo que todo se [publicará] que nas mozas non hai senón [garbo] e nos mozós vanidá. Hai por ahí algúns vellos e [vellas,] que non moita cordura, xa poden botar de conta, que están entrando na sepol[tura.] Pra ir a rua moita rebasa non sei se terán tanta pra razar o rosario na sua ca[sa.] ¡Oh padres que familias te[neis!] non hai que lle dar libertá, que no último día non sei como vos pasará. Pues venid todos ante el Pa[triarca Garrán] perdónalle a iste meu audito[rio] que non volverán mais ó pe[cado notorio.] Y vós Patriarca Garrán perdonadle, que jamás mozos con mozas [se verán.] ¡Oh Patriarca Garrán! ya las mozas no tendrán más [garbo] ni los mozos más vanidad [gastarán.] ¡Oh Patriarca Garrán! Perdonadle que ya viejos y mozas se convertirán.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711120.xml
NÓS
100
llaba unha angustia insospeitada n'il e non tivo valor pra cruzar pol-a praciña onde nacera. Soilo se consolaba c'algus tinteiros do Ribeiro na casa do Asesino. O Xacobo non'o foi a visitare. Pasaron ún acarón do outro pol-a rúa. O Paulos foi o primeiro en baixar os ollos. Despois de moitas esculcas mercou un pazo escanastrado n'un recuncho das Rías Baixas. Donou ó pobo unha grorieta pr'a múseca, us bancos de pedra e ferro no paseo púbrico, unha escola con moitos mapas d'América e rutas de trasatránticos fumegantes. Alí envellece, coidando do fígado, groso e calado, sin afastar o rifle da cabeceira da cama e sofrindo un suplicio que se ll'esquenceu ó Dante porque no seu tempo non había indianos: o suplicio de cavilar un testamento.
R: OTERO PEDRAYO
(Continuará)
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
RESPOSTAS A UN CUESTIONARIO
FOLKLORE DA FREGUESÍA DE SAN MIGUEL DE PARADELA (LUGO)
A TERRA, A GENTE E A HISTORIA. — A freguesia de San Miguel de Paradela pertence ao concello de Paradela, partido de Sarria. As mais das observacións refírense ao lugar da Abelaira. N-iste terreo hai:
O monte común chamado Lagiiela onde pace o gando dos pobos de Outeiro, Vermil, Vilaragunte, Barán, Vilamayor, etc. co-as suas chairas e serras. Nas chairas hai diversas modorras (bultos de terra) que por baixo hai covas dos mouros con catro lavias, unha por baixo, dúas polos lados e outra por riba. Sin duda ningunha construídas polos mouros, y-así que tiñan feita esta «armazón» espresada xa, pois cobríanas de terra facendo unha especie de «Castrelo» (di minutivo de «castrum is», loc. latina-Castro-campamento) deixando unha cova pra entrar drento.
A cousa mais curiosa é que todas as modorras se ven nas grandes llanuras dos bosques próximas ós riachuelos por causa da auga.
No medio de tantas modorras había unha moi grande que se mal nom'engaño se chamaba a modorra grande e cerca desta hai outra que se chama Fenteira (iste bosque de que falamos está situado ó Mediodía do auntamento y ademais é bañado polo río que se chama Loyo).
A modorra viana fumiar e acordaron os de Barán desfacela pra ver se encontraban un tesouro que dicían qu'ali había. Desfixérona e encontraron catro lavias xa expresado en que forma, e no medio un candil de grasa e dixeron iles que aquil era o tesouro, pero que había que desencantalo.
N-outro monte mais cerca que cai ó Poniente, un home que se chama Silvestre, ou que se chamaba, que en calquera sitio que vía fumiar a terra, dicía que había alí un tesouro. Empezaron a cavar nun sitio que fimaba moito, alí anduvo cavando dous meses e en vez de encontrar o tesouro, encontrou auga. Logo trougueron ó Ciprianillo y-ali fixeron o demo, pero tal tesouro non pareceu, quedando alí un bon foso pra disgraciarse unha vaca. Tamén cavaron istes y-autros n-outra variedade de montes donde vían fumear, buscando os tesouros, de cuios lugares non m'acordo.
Entre as parroquias de Vilaragunte e Barán, que están ó SE de Paradela, hai un Castro grande, moi grande, que por tradición dicese que o fixeron os mouros, porque ten pol-o lado do Naciente unha cova que ten por un lado e mais pol-o outro, parede. Os peisanos pensaban que aquela cova os conduciría ó centro do Castro, donde os
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711115.xml
NÓS
VIDAS NON PARALELAS
(NOVELO)
(Proseguimento)
III
feitos, datas, semellanzas. Chorou mágoas antergas, e saíu purificada do chorar. A nena chamabase Florindiña e foi deseguida a señorita da casa. Ó principio ela coidaba qu’a chamaban pra tanguer as vacas. A sefiora sentouna na mesa, ensiñoulle a escribir e a rezar e levouna a Sant-lago pra que vira o botafumeiro e os xigantós, vestida de negro con velo de loito e zapatiños finos. Decorrendo os anos a saude da señora foi decrebando. Probeza fidalga, débidas e penas. Soilo a consoaban o Xacobe qu'en Santlago ganaba a carreira e a vida e o amor da Florindiña. Dende que tivo que pechal-a porta ó Rosendo quedáronlle as maos tremorosas e dubidaba no fondo da sua concencia da fé na Eirexa. O Pauliños nin xiquer servía cando foi maor pra gardar a dinidade da casa. Rodaba pol-as feiras e as tabernas xogando e bebendo, roubaba os aforros da nai, perdera toda educación e cultura señoril. Cando morreu a señora coidada mimosamente pol-a Florinda o Paulos andaba c'us tratantes de gando por terras luguesas. Diralle pol-o negocio i-en Villalba por un feito feio cuáseque o deixaron morto a paus us chaláns de cabalos. Tiña pra Florinda unha xenreira calada, qu'agora estralou, i-en segredo desprezaba á superioridade inteleitoal do Xacobe. Fixeron as probes particiós e os marcos esmigallaron as terras e a casa. O Xacobe renunciando ó seu cupo soilo se quedou c'un souto de castiñeiros vellos á beira da estrada. «É a miña raiz no torrón labrego» dicía. O Paulos vendeu sua parte por catro cartos; a maor porción deles foron pra pagar débidas de mala caste. A Frorinda tomou unha criada vella, un criado, un rapaz pr'o monte e dispúxose a
No pazo d'aldea unha door viña xa novíña e malina cando apenas a door anterior esmorecia. Figuraban os froitos de cada sazón n'aquila casa tristeira. As terras deixadas cuáseque a bravo pol-os caseiros non daban o preciso pra mantenza da viuda de Vilasantar e seu filliño. As veciñas ollaban moitas veces á señora incrinada pol-as mañanciñas sobr'a terra xiada procurando unhas tristes nabizas pro caldo. As carballeiras da casa eran montes comunaes onde tres logares faguian leña e non había toxal pechado nin portelo en pé. A señora quixo apricar o sistema da Economía caseira d'un pisiño diante San Agostiño de Sant-lago á escala d'unha casa de labranzas. Tardou un ano en saber rexila. Catro estaciós d'esprenceas. O largo d'elas outra door por caso raro volto hastra insospeitada lediza. No propio logar do pazo morreu unha muller ainda moza; a señora fora na noite de chuvia acompañare a El Señor e ficou maravillada da estrana fermosura d'unha rapaza d'unha dúcia d'anos, qu'andaba por alí chorando, a soila filla da doente, a que de fixo era desmasiado tenra pra facer o pranto pol-a nai. Tod'a noite pensaba n'ela a señora: os loiros rizos caían sobr'a frente d'un xeito particular e tiña no fondo dos ollos unha luz meditativa, rara nos seus anos. O abade informouna do caso con todal-as precauciós acostumadas: chamaba ó gran curazón da señora afeito a door e a caridade. A nena ficaba orfa, sin amparo. Dinantes qu'o crego chegara ó remate xa a señora se decatara do conto: a rapaza era filla do seu home irma dos seus fillos. Agora añudaba lembranzas,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711128.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY Y TRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peñador
Véndese en todas las
Boticas, Droguerías,
Hoteles,
Depósitos d’augas minerás,
Restaurans e
vagós-camas de
todol-os tres.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand’un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondariz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571116.xml
86 NÓS
ruadas e seraus. Escomenzan o día pirmeiro de Santos casi sempre despois de facer o magosto; as mozás traen as castañas e ásanas, axiña veñen os mozos que pagan o viño, finado isto bailan un pouco e orgaizan o serau. Non é doado fixar o número dos seraus que hai porque varía de uns anos pra outros.
No comenzo fanse ós sábados e domingos e mais ós días santos que houber no meio da semán. Ó acercarse as Navidás en que paseniñamente van chegando os rapaces das terras de fora (Asturias, León, Vasconia, etc.) pra pasar a noiteboa na compaña da sua xente, aumentan os días de serau, ademais do sábado e domingo faise tamén o martes e quinta feira, e onde non hai os dous días fana carta feira. Así n-iste traxín pasan deica chegar os días do entroido, porque os mozos casi todos pasan eses días na casa.
O serau escomenza ás oito e dura ata a meia noite, non embargante, sempre que veñan moitos mozos de fora, pasan deica unha ou as dúas. Chegando o entroido non rematan ata pasar das tres da mañá, e o martes deica as catro. O serau nos días do entroido énchese de vellas que van marmular das rapazas: das que teñen noivo porque fican aburridas, el fala moito, ten roupa maa, beila ben, etc. das que non teñen noivo fan tamén o seu comentario: ¡Pois inda é xeitosa! pero non ten quen lle diga ren, e iso que non perdeu un serau en todo o inverno, ipouca sorte! Por iste camiño non dan un minuto somentes de descanso A faladeira. Cando van pr'a casa co farol do aceite na man alumeando pra non meter os pés na auga abundosa dos camiños, os cans defenden os eidos caseiros e no poleiro o galo que canta despois da meia noite, bate as aas e dá sinal de ledicia no meio das galiñas que ó tempo de ouvir o barullo chían como si pasaran as meigas á sua banda.
Istas son as romaxes que hai no entroido. Fuliada de música non-a hai en lado ningún, todo mais que pode haber é un gaiteiro que vaia acompañando á momada durante o recorrido, sempre que sexa de día, sendo como decimos pouco frecuente, o mais corrente é que saian as mozas c'as pandeiretas do serau pra tocar cando cheguen as momadas.
OS CICHOTOS
A primeira manifestazón que facía o entroido fora das casas era do dominio dos rapaces, pra eles era un día de festa como quinta feira das carracas e domingo de ramos c'os acibos. O domingo de seisaxésima aparecían cada un c'o seu cichoto na man á veira da eirexa, dispostos a mollar cantas rapazas foran a misa. A noite do sábado percuraban unha cana do rabo da basoira e cortaban un pedazo pol-a banda de riba de dous ñudos, facíanlle tres buratos no que resulta tapado; collían no canto da leña un pau, axeitábano de forma que pudera meterse sen dificultade na cana percurando estivese floxo pra meter as estopas, que amarradas no pau que serve de émbolo, producen o vacío na parte oca da cana facendo un movimento de retroceso; si este movimento se efectúa c'o cichoto metido n'un puzo, enchese d'auga, que logo esparexe como unha máquina sulfatadora.
Os que non poideron facer o cichoto, por non atopar cana, ou non saber da chave da lacena onde ten fechadas as estopas sua nai levan a lavativa, ou unha cunca inda que sexa vella.
Se nos lugares mais extratéxicos, onde poden coller millor ás mozas, non ten auga, lévana en dous caldeiros. Así van ó millor pro campanario bulrando a vixilancia do campaneiro, ou escóndense tras o valo de algún eido.
Ista manifestazón onde tivo mais forza, e onde mais tardou en desaparecer foi en Loureiro. Os rapaces, pequenos e maorciños rubían o campanario pra poder mollar a seu gusto na xente; non botaban auga somentes ás novas, isas eran o pretesto mais a auga ata caía pol-o chambergo dos homes e pol-a cachola das mulleres de idade. Os rapaces un mes antes do día dos cichotos andaban preguntando uns a outros cando era, nas suas casas enganábanos pra ver se pasaba sen ser percibido por eles por mór de que mollaban a roupa e ficaban expostos a levar un golpe, mais iles parescía que llo decía o demo que sabían a data e marchaban todos á misa inda que fora c'a camisiña sen mudar, descalzos e c'a roupa vella.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711119.xml
NOS
a Rio. Ali, despois de tratar c'os negociantes e cos Bancos, decatouse, de ser rico, poderoso. A primeira parte do programa non poidera saírlle millor. Foi a épica do Paulos. Volvia da sertão e da chapada c'a yalma d'un traficante d'escravos e no canto das faragullas de pan dos mais emigrantes probes levaba no bolso frangullas de diamantes.
Xa n'Habana non se consideraba tér chegado a estaxe tranquía da vida. Dominara no deserto c'o rifle, agora teimaba dominare na cibdade dend'o escritorio comercial. Unha francesa esprimentada e fina galga, gran coñecedora d'América e dos americanos, foi a sua compañeira de guerra. Trazaron a conquista de México. C'a Margot, frol da feira de Neuilly, corpo apachesco baixo peles de princesa rusa, un pouco labourada pola vida, alternando figuras de Pompadour d'almacén con rebeldias de Montmartre, todo bó pra impresoar o romantismo orxiásteco e recuado das Democracias do novo mundo, prantaron na millor rúa de México un grande magazín de modas e xnias. Tidoubase «Au Carneval de Venice» e deseguida tivo na porta os millores autos e-a clientela mais escolleita. O luxo das modas de París cobría as campañas financieiras do Paulos, sempre amabre i-atildado, metido n'unha pequena oficina, ond'iban a parar pedras do tempo dos virreises e dos filibusteros. O Paulos nemigo de toda literatura chegóu a decramar poemas de Juan de Dios Pesa i-alternar en juergas bruantes c'os toreros españoles, sin perder nunca o tino nin separar moito a man da culata da pistola. A grande cibdade, de ceo tranquío e primaveiral, figuraba durmir un sofo ditoso, baixo o batelar das grandes eirexas barrocas, baixo a ollada dos lanzals volcás do hourizonte. No fondo era o vivir bárbaro de tribu e do acampamento. Por'aquil tempo mandaba un Presidente con tipo cruel de
profesor mestizo, de gafas d'ouro e dura ollada. Pol-as mañás despachaba os negocios. Pol-a tarde bebia coñac sin tasa en compaña de seu estado maor de xenerales n'un café da Praza. O amo e os mozos servían tremando aquila terribre tertulia. O Paulo homildoso e raposeiro era, ás veces, ademitido n'ela. Dixose que fora chamado ó Pazo Presidenceal, e pasaba por conselleiro das finanzas en casos dificuldosos. Segretos d'Estado que nunca deixou traslocir o cauto Vilasantar. A colonia española teimaba entrar na sua confianza, procuraba seu apoio pros días perigosos que s'anunciaban. Il, con superior habilidade, foi colocando na Europa o groso do capital i-unha serán saíu d'apaseio en auto e non volvéu. Aixiña procuróu correndo sin parar o porto de Veracruz. Cando dend'o trasatránteco víu desaparecer nas luces da yalba a figura do forte antigo de San Xohan d'Ulsía, xa nin pensaba na Margot nin no Carnaval de Venecia afundido na revoluceón. Aquila noite o tren de México fora voado. O Paulos, na travesía, era un bó señor indiano, de máinos falares e anteollos afumados que retornaba pra coidar do ril nos balnearios da Europa.
Logo un inverno en París tomando o solciño no Luxemburgo, degustando o amer picon diant'a vidreira do café do Boulevard. A pelerinaxe a Italia, o infindo aburrimento dos Museos, algunha tertulia d'expresidentes americáns na fonda paz do agro romano. Madrid. Paseando pol-a Moncloa parábase a considerar o moimento dos mortos das campañas d'Ultramar e pol-as mañás as portas de tambor dos Bancos xiraban respeitosas pra dar paso ó opulento manate. Unha serán meteuse no expres da Galiza. Viu pol-a mañán as toxeiras frolecidas do val de Lemos e chegou de noite a Compostela. Despoixa de cear saíu a pasear pol-as ruas. Non comprendía nada d'aquelo. Debu-
Vai aparecer
ARREDOR DE SÍ
Novela, por Ramón Otero Pedrayo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571112.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce númaros, na Peninsua 6°00 pesetas.
Fora da Peninsua 8°00
Númaro solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletin non pubricará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Peixaje, por CORREA CALDERÓN.
O Entroido en Cotobade, por A. FRAGUAS FRAGUAS.
Vidas non paralelas, por Ramón OTERO PEDRAYO (proseguimento).
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos as verbas, POL-A REDAUCIÓN.
Reloxería ZENITH
MAQUINAS PARLANTES. DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS
M. CALVINO - Ourense
Dicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711126.xml
PARDO
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32 San Andrés 50
SANTIAGO A CRUÑA,
CASA EISCRUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
Progreso, esquina a Luís Espada De mais dura qu'os de pruma e limpan
OURENSE millor. Véndese en todol-os estabreci-
Andrés Perille - OURENSE mentos do ramo
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18-Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen
a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas
da poboazón, moí cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571118.xml
88 lores de Galicia ou d’Hespafia e amarrada n-unha cana, de remate fai unha lata de feitura de lanza. A cara lévana tapada con careta. Van d'acabalo tocando cornos que dean bó soído pra siñalar o seu paso pol-os pobos veciños e anunciar a chegada da momada.
As rapazas do barrio dos lanceros teñen garbo en que sexa o seu veciño o que vai millor ataviado, podendo ser que gañe a todol-os demais, ningún di que roupa leva deica chegar á xuntanza en que loce as galas que percuraron as mozas do lugar, istas folgause cando cucen loubanzas do lancero.
O númaro de lanceros que vai nas momadas non é fixo varía dende un deica cinco asegún sexa maor ou mais pequeno o fato dos que van disfrazados. Somentes van pol-o día, destoncias como andan varias parroquias eles sor os encarregados de levar a notiza ó poboado onde van facer a fuliada.
Madamitos
Os mozos que millor bailen na parroquia van de madamitos. Cousa moi frecuente nas parroquias de Augasantas e Valongo. Levan a cara tapada con careta e vestido, o millor traxiño que teñen na casa; como adorno locen todo mais un faxin atravesado, anelos e algunha cadea de ouro. Van c’a sua parexa durante todo o camiño é con ela bailan nos sitios da foliada.
A seriedade que mostran—seriedade de protocolo—fai un contraste c'a informalidade de todol-os demais, semellan unha parexa de casados que desexando ollar as novidás da festa tapa a cara pra non ser conhecido.
Hai momadas de Augasantas que levan a tres, e a catro parexas de madamitos, e hastra hai veces que na momada d'unha parroquia levan madamitos d-outra.
Vellos
Levan os vellos un traxe difrente dos demais. Atafeganse con colchas da cama, de pouco grosor, d'isas colchas churrusqueiras que locen os peisanos nos días de festa e cando ven xente de fora durmir á sua casa; cósenas ó redor das pernas facendo a modo
NÓS
de calzas. A cara tápana con pel de coello ca lan pra fora e rente da cara poñen un pedazo de pano por mor de que a pel un tanto dura non-os magoe, presentan un aspeuto fero e feo, aumentando iste aspeuto os bigotes de zerdas de cabalo. Na chola levan un gorro de palla que fan da maneira seguinte: Un sombreiro de palla cosen a ala de contr'a copa en catro sitios e nas esquinas amarran catro variñas que xuntan a un altor de trinta centímetros; as varas recóbrenas con papel inda que sea de preodico; o sombreiro recóbrese tamén con papel ou con farrapos, e de todo penduran cintas de papel barato. Levan unha corda amarrada á cintura e unha soga na man pra mallar ós rapaces cando se meten con eles, chamandolle vello repetidas veces, e mais pra botar ás mulleres e levar un brazado ó terreiro do baile. D’un cinto groso penduran xouxeles, chocas e campaíñas pra facer barullo.
Maragatos
Maragato pato,
rabo de la cincha
cuando el gallo canta
maragato rincha.
Tal é a cantiga que sai dos beizos dos rapaces pra insultar os maragatos, situados n’un lugar estratéxico onde non poden chegar as máscaras sen dar tempo a fuxir, berran pra que a sua voz sexa ouvida no meio de tanto barullo.
O disfraz de un maragato é un traxe do rivés, ou de militar que lle presta un veciño que fixo o servicio fai poucos anos. A cara tápana c’un pedazo de pel de fol bello, aproveitando un cornelle pra metel-a nariz. Na chola, un gorro de cartón de feitura cónica, recuberto de papel e adornado con fitas.
O mesmo que os vellos, os maragatos levan tamén a sua corda na mau e campaíñas penduradas do cinto.
Os oficios
Aqueles rapaces de bó humor, sempre le-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711124.xml
104
noite. O outro é o caso humán e universal da madrasta, que colle pol-o ambente e pol-as persoas un caraute único. Por iso precisamente está ben.
Fernández Mazas fixo pra O outro tres magistraes deseños simbolistas, de liña simple, delgada, absoluta, trágicos na sua comicidade, moi clásicos e moi modernos, que van un ao frente de cada unha das tres esceas.
O Alvaro Casas quixo facer runflar coa edición d'iste libro, e conseguiu unha verdadeira obra d'arte tipográfica pura, d'unha simplicidade perfeita, que tirada en soberbo papel, constituie un libro de lujo, do que se fixeron somentes cen eixemprares numerados e siñados pol-o autor. É o primeiro libro que se fai eiqui n-esas condiciós, e elo é un novo méreto.
SEÑARDÁ, por AQUILINO IGLESIAS ALVARIÑO, Palacios, editor, Lugo, 1930.
Contén iste libro, no que se revela un novo poeta, un poeta verdadeiro, cincoenta sonetos clásicos en endecasílabo, ou en alexandrino, ou algunha vez en oitosílabos, nos quales, coma díz o autor da carta-prólogo do libro, Julio de Lemos, «a par com os tons violáceos de versos ditados por uma natureza inquieta e torturada, que se compraz num fervente pessimismo—acordando na minha memoria o conceito de Burst Boss, quando disse que «a Dor tamén é felicidade», —ressaltam efusóes líricas que nos comunican os mimosos odores da virginal candura das rosas...»
O certo é que os sonetos todos son de man de mestre. O sentimento da terra, o sentimento religioso +ademais o autor estudia a carreira eclesiástica— a resoanza dos clásicos, son as notas domiñantes.
Aquilino Iglesias Alvariño é un poeta ao geito antigo que nen il é antigo no seu ser poético, nen sempre é antigo na expresión. A infruenza das leituras latinas, a infruenza do Noriega Varela —ata na lingoage — a infruenza, cecais por riba de todo, dos portugueses —ata na preferenza pol-o soneto— son evidentes. Portuguesas son principalmente as notas de modernismo.
Señardá semella un asturianismo, cecais esteso na bisbarra de Mondoñedo, onde está escrito o libro. Do país son tamén moitas das formas coincidentes coas de Noriega.
O libro ven adicado a Galiza e Portugal. Poucos poetas s'apresentan c'un libro tan ben acabado.
NÓS REVISTAS
PORTUCALE, Janeiro-Fevereiro, 1930.
SUMARIO: Considerações gerais e sumárias acerca das fontes de investigação etnográfica, por J. Leite de Vasconcelos. — Uma tentativa no sentido da nacionalização do ensino, por Alvaro V. Lemos. — Doloris clamor (versos), por José Caldas. — Preparativos, por Ferreira Soares. — Cristobal Colón en Portugal, por R. Cúneo Vidal. — Um inédito de Antonio Riveiro Chiado, por A. G. da Rocha Madahil. — Porto Velho (folha solta), por Julio Ramos. — Inéditos e autógrafos: J. Bilhete-de-visita de Soares dos Reis, por Claudio Basto; II. Carta de Soares dos Reis, por Pedro Vitorino. — Página humorística, por F. Valença. — O problema da Electricidade, por Ezequiel de Campos. — Varia. — Gente de casa: Antonio Carneiro, por Vila-Moura. — Bibliografia. — Novidades. — Vida Académica. — Leilões de libros. — Res et verba.
BROTÉRIA, Março 1930.
SUMARIO: Os jesuítas e Camões, Domingos Mauricio. — Mens nostra, Luis Gonzaga Cabral. — Estação asturiense do Carreço, Tenente Afonso do Paço. — A Exposição internacional de Barcelona, Serafim Leite. — Revista de revistas. — Notas bibliográficas. — Subsídios para o Vocabulário Português, João Serafim Gomes. — Obras recebidas na Redacção. — Efemérides.
O INSTITUTO, Coimbra, 4.ª serie vol. 8.º, n.º 1.
SUMARIO: Alguns documentos inéditos sobre Uriel da Costa, por A. Magalhães Basto. — Damiao de Goes et Reginald Pole, por Marcel Bataillon. — Uma descripção quinhentista do Mosteiro de Santa Cruz, por Vergilio Correia. — Proemio á Logica, por Vieira d'Almeida. — A rima e a sua acção linguística, literária e ideológica. Acção lexical da rima, por João da Silva Correia. — Importância do Sanatório Marítimo na profilaxia e tratamento da tuberculose, por Augusto Paes da Silva Vaz Serra.
Id., n.º 2.
SUMARIO: Joto de Deus, por José T. da Silva Bastos. — Parisio Cataldo Giglio, por Guido Battelli. — A rima e a sua acção linguística, literária e ideológica. Acção lexical da rima, por João da Silva Correia. — A
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711121.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711110.xml
guen, e os mozos arrimanse n-unha esquina seguros dos rempuxóns que van levar.
Pol-o camiño os maragatos e os vellos corren tras das mulleres xovens e vellas e cando poden arrecadalas danlles uns cantos abrazos. Os vellos agarran un mozo do brazo e lévano collido todo o camiño, van falando con voz finxida e se o mozo amostra intrés por conocelos danlle uns lostregazos ca mimosa que levan na man. En chegando a uns cen metros do sitio onde os esperan botan todos a correr, os vellos e maragatos choutan nos moreós de mulleres, abrázanas e freganlle a pelica do conexo na cara; atan unha ca soga e lévana ó baile inda que sea a forza. As vellas corren tras dos mozos pra bailar con eles e cando non queren ir apañan c'o ramallo. Tanto os homes como as mulleres andan sempre remudando, chegan c'a parexa ó turreiro dan unha volta e déixana quedar.
Os rapaces que fan algún oficio estenden a quincallada en calqueira parte; o paragüeiro pol-o camiño leva aberto un pariaugas cheo de romendos e ó pasar xunto de unha silveira fai xeito de que rache mais do que xa estaba, chegando ó turreiro do baile ponse diante d'un fato de mulleres e ofrece a venda d'un ouxeto bó que trai envolto debaixo do brazo, desenvolve o fatelo e despois de moitos trapos aparesce unha cana d'un pariaugas con dous ferrollos e unhas cantas baleas.
O limpa bolas é un rapaz traveso, onde non pode cepillar coa man as pernas das rapazas, saca un cepillo de poucas serdas cheo de porcaria i-embouta de lodo os zapatos luxosos das mulleres.
Os guardias civís adicanse a levar a xente en certo orde, facendo de fusil un fungueiro ou cousa somellante e cando alguén fica quedo fan ademán de matalo.
O barbeiro leva unha sábena cuberta e unha navalla de pau ben grosa, ademais unha caldeireta furada e unha basoira de xesta. Sempre ofrece os servicios ás donas facendo loubanza da sua sabencia.
É característico do sogueiro mazar a sola c'a man esquerda e cravar en vez de chatolas, un cravo de carro, groso e cheo de ferruxe.
O sacamoas leva unhas grosas tenazas e cando roga c'o servicio amostra catro dentes de besta en proba do ben que traballa.
Réstanos falar agora dos probes, que non fallan n'unha momada de certa importancia. Na maioría das fuliadas non hai mais que un probe que leva roupa vella e un saco cheo d'espiñeiro con ouxeto de que as mulleres rabuñen as mans cando lle dan algunha pastorexada. Tivemos ocasión de apreciar n'unha momada de Carballedo un cego co-a muller e un fillo; o cego levaba un violín feito por él, que dende logo non tocaba ren, a muller era outro mozo con roupa de muller, facian os xeitos que fan ises cegos que andan pol-as romaxes sen carteles cantando ó redor de todal-as mesas de comida.
Todos istes que van c'o seu oficio apenas bailan, o que fan e darlle algúns abrazos ás mozas sempre que teñan ocasión pois ás rapazas é mais difícil que as poidan coller por levaren a trouxa na man, non embargante percuran a ocasión e cumplen o intento.
N-unha esquina bailan as parexas de madamitos sen que naide os estorbe, no meio da ademirazón das vellas que ollan dende os balcóns. Perto dos madamitos bailan os lanceros tamén con certa seriedade agora que remudando a parexa a cotío.
Despois de levar algún tempo bailando, unha vella colle da trenla un cabalo dos lanceros e dá dúas voltas ó redor do baile, esparexendo papeliños na chola dos mozos.
Os vellos e maragatos sempre que poidan subir ós balcóns, onde as vellas enxergan a momada, non deixan de facelo, e unha vez xunto d'elas danlles uns cantos abrazos e tornan ó terreiro, onde as rapazas tocan as pandeiretas e cantan, mais a sua voz e o barullo das ferriñas apenas se deixa ouvir pol-o barullo da xente en loita co-a momada.
Ás veces levan un gaiteiro e un burro no que un suxeto entra na foliada de pé dando as costas á cacheira do animal.
Pasado algún tempo de foliada un mozo disfrazado monta no burro ó rivés e lé o sermón do entroido. Nas freguesías que facemos referencia non poidemos arrecadar mais que un exemprar do sermón que tiñan os de Augasantas e Valongo, e que damos a coñecer completo:
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711127.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571117.xml
NÓS
De ista función non sempre saían moi ben parados porque a xente turráballes das orellas e dos pelos sin perxuicio que en chegando á casa levasen unha tunda boa por sair sin que lles deran licencia, e chegar mollados como parrulos. Cantos golpes levaban non-os sentían, continuaban c'as mesmas forzas regando nas mulleres e cando remataban de pasar as mulleres empezaban os rapaces en loita civil uns contra outros rematando sen ter un fío de roupa enxoito sobor do pelexo.
De cantos golpes acadaban n'aquela loita, primeiro c'as mulleres e logo c'os compañeiros, non daban unha queixa, inda que andivesen a tombos pol-o camiño; en troques que ninguén sacase o cichoto a un rapaz porque pregaba a Deus mil castigos pra somellante persoa que tanto mal lle fixera. Un día ficaba a veira d'un puzo un rapaz, de poucos anos, c'o cichotiño na man; pol-o camiño pasaba unha vella que avisou ó rapaz non tirase auga en considerazón ás ruzas da cachola, testigos de moitos anos. O rapaz foi o que quixo saber; era vella e non correría tras d'él cousa que houberan feito as novas se lles botara auga, maxinado isto soltou un cichotazo d'auga á vella. A muller puido agarrar o rapaz e deulle unhas boas orelladas; quedaba todo sadisfeito, mais ollou a muller pr'a roupa e veu a de porquería que lle botara o rapaz; estoncias agarroulle o cichoto e partiullo baixo dos pés. Había que ver aquel rapaz: tumbouse no camiño dando salaios de morte, e gritando como se fora pr'a forca ¡Ai que condanada de muller,— excramaba— qué me rompeu o cichotiño, e tanto tempo levou miña nai pra mo facer! Despois de moito chorar consolouse cando lle prometemos un novo cichoto conque mollar a xente.
Hoxe desapareceu ista costume, os rapaces van pr'a taberna no meio dos homes, xogan á brisca, xuran e fuman como carreteiros.
NOMES DOS ENTROIDOS
Mozos e mozas que fan as foliadas reciben distintos nomes según a roupa que levan. Os homes chámanse lanceros, madamitos, ve-
llos e maragatos, ademais os oficios para-
giietros, zapateiros, barbeiros, limpabolas e
guardias civís. As mulleres levan somentes
tres nomes vellas, madamitas e muradanas.
En moi contados casos vístese un home de
muller, é unha cousa que non ten atraitivo
ningún e se tal cousa fan é somentes por
passar un pouco de troula pol-as tabernas
enxugando uns grolos de viño entramentres
a auga chovedíza decorre pol-os cristales
das fenestras. As mulleres vístense de home
cando un fatelo de rapazas, quere ir de noite
a unha ruada e non teñen homes qu'as acom-
pañen, poñen duas ou tres os calzós e van
de troula, d'ista maneira son mais difíciles
de coñecer e non levan medo a pasar as con-
gostras no meio da escuridade da noite ou-
vindo o canto do moucho e os berros da
raposa que lles fan arrepiar os cabelos, pa-
san as carballeiras facendo a voz grosa so-
mellando homes, pr'o medo non pasa, os
laídos do vento nas ponlas dos carballos re-
presentanlles salaios das almas do purgato-
rio.
Chegando ó serau fan o mesmo papel que
se foran homes e cando as demais compa-
ñeiras tran algún mozo de ganchete, durante
todo o camiño van caladas por mór de
non seren descubertas, cousa que lles daría
certa vergoña.
Lanceros
De todol-os que van disfrazados son os
lanceros aqueles que mostran mais gusto no
atavio. Unha roupa de militar en día de gala
ou un bó traxe branco d-un americano son
os primeiros luxos que locen. Como queira
que sexa o traxe leva moitos mais adornos
que o resto da momada, cintas de seda pen-
duradas dos brazos e das costas, un mantón
atravesado na espalda, unha capa bermella
sobor dos ombreiros e na chola un gorro de
cartón, outo, de feitura trapezoidal recuber-
to con papel de seda e adornado con cintas
de papel (branco, amarelo, bermello, etcé-
tera) penduradas da traseira e dos lados. As
pernas avretadas c'unhas polainas negras
que serven o mesmo lempo pra suxetar a
bandeira, feita por algunha rapaza c'os co-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711117.xml
NÓS
d'un incendio alumeou os campos i-algunha lonxana loma de pedra caliza das qu'en Cuba chaman cuchillas. Ardía o inxenio com'un palleiro. Estranada por aquila luz unha serpente negra desenrolábase inqueda o pé do albre de Paulos. Ainda danzaban as chamas cando as copas d'unha avenida de palmas reales dibuxáronse na luz da ialba. C'a mañán viña pol-os canabales unha guerrilla española. Sentiase mais lonxe o trepar d'una coluna en marcha. O Paulos soupo que os Estados Unidos decrararan a guerra, qu'estaban bloqueados e que se dispuña concentrar gran parte das forzas nas plazas da costa. A pequena forza que defendera o inxenio fora cuáseque morta ou dispersada por unha insospeitada concentración de mambises. C'a febre d'aquiles días o Pauliños non tiña medo que se descubrira o engano, e foi destiñado a Sant-lago de Cuba.
Nos primeiros tempos os soldados estaban ledos. Pol-o menos había un nemigo franco e craro. Todos tiñan gran confianza na escuadra e bulrábanse do bloqueo. Logo España mandaría barcos e diñeiro e mantenzas. Nas ruas de Sant lago había unha grande animación. Xogo, mulleres, disputas. Todos mimatan os mariños dispostos a sair. Comenzaban a amingoar as mantenzas mais non o bó humor e pol-a noite a gaita e a guitarra, a dulzaina e o pito castelán lembraban a Patrea lonxana. O Paulos tivo arte pra conquerir o amor d'unha negra vella que tiña cartiños aforrados do seu oficio de adiviñadora e sabea en artes máxicas, e sempre comeu e bebeu ben anque tivera qu'abrazar aquil corpo fedehondo que nos istantes de paixón relampaba un branco d'ollos de pasadelo. Cando bruaba o cañoneo das escuadras, o Paulos estaba nas trincheiras. Falábase galego. Andaba por alí un comandante qu'o Paulos lembraba de garnizón en Compostela. Ó chegar os primeiros cascos da metralla o Paulos ficou ferido n'un hombreiro. Queixábase amarguradamente no hespidal de sangue ouvindo o lonxe o tecrear das ametralladoras. Pol-a noite foi levado a cidade. Apenas se diu conta da rendición da praza. Houbo días de fame, pasados por toda mantenza c'unha espiga de millo asada. Saído do Hespidal o Paulos foi-
se o campo pra non ser repatriado. Tiña ús cartos da negra, e xuzgaba chegado o tempo dos negocios. Asociado c'un andalús e un castelán puxeron unha tendiña preto d'unha estación do tren. Fixeron unha presa de cartos, e unha vez o Paulos chegou de Sant-lago c'unha nova; vendíanse grandes larganzas de terreo por pouco diñeiro. Os tres homes c'o seu ouro american mercaron unha finca a bravo con auga e algús arboredos de boas madeiras. Arrombaron de calquer xeito a casa arroínada pr'acougarense e tomando algús negros, comezaron a traballar. Foi unha mala tempada. O Paulos tiña medo o majá, o sol queimáballe a testa e prefería faguer de cocifieiro pr'os mais. Nas sestas perfeicionábase no uso do rewolver e do rifle. Dinantes d'un ano pouco tiñan adiantado, mais chegaron us inxenieiros trazando unha liña de ferrocarril. Pranearon a estación na mesma finca. O castelán non s'enteiraba de nada, levaba moitas semáns doente e maldizoaba aquila terra. Cando se pudo erguer vendeulle ó Paulos sua parte por unha presa de pesetas, e camiñou. Logo na cibdade, soupo o cambeo de valor da terra e escribiu pra desfaguer a venda. O Paulos non contestaba e o outro non tivo ánemos pra vir a recramar rewolver en man. Comezadal-as obras a finca valía us miles de pesos. Deseguida chegaron ofrecimentos. O andalús ainda canso d'aquila vida traballosa non quería vendere. Figuraba bó negocio agardar unha tempada. Pro non tiña un carto e deixouse amolecer pol-a superioridade económica do Paulos. Venderon ben e tod'a noite, non pegaron ollo cada un temendo o seu compañeiro. Cediño, o andalús, saíu e foi car'unhas cienagas qu'habia n'un fondal do terreo. O Paulos foi tras d'il com'un raposo. Cando nacía o sol o Paulos chamaba a grandes berros nas chavolas onde s'aloxaban os xornaleiros (dous negros i-un galego esfameado):—«Vinde, acodide, meu socio foise bañar o probe, i-afogouse na cienaga». Entre todos sacárono con grandes traballos. Estaba ispido e gomitaba auga limosa. Pra non andar en-lios c'a xustiza, dironlle terra en calquer parte, o Paulos despediuse dos xornaleiros cunha comida na cantina dos traballadores da vía, cami-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711111.xml
NÓS
SERMÓN DO SANTO ENTROIDO
Mis amados oyentes un favor les voy pedir que cierren bien la boca para se fartar de rir. ¡Oh Patriarca Garrán! En el sitio en donde me hallo vuestros trabajos y fatigas se [explicarán.] Pero estoy muy agradecido por el gran concurso de gente que aquí ha venido. Venís a solemnizar las fiestas de este gran santo que para muchos estos días es peor que un encanto. Porque con tanta rua e con tanta festa a algúns o que comen moi mal lles presta. Venid y escucharéis con aten- [ción] y llevareis de este santo el grande galardón. Os voy a manifestar toda su grandeza que a todos aventajó principalmente en pureza. Ha sido el ejempiar de las jóvenes y doncellas su cara siempre pura y bella como las mismas estrellas. Sabeis fieles mios la pureza de este santo? pues a nosotros nos manda que seamos otro tanto. Ya en su modo de hallar de las mozas solteras cuando le hablan algunos ya piensan que es de veras. Solicitan permiso para las ruadas pasando noches enteras ¡Ay! ¡Que vidas desastradas! Non contemos todo o que pasa porque elas ben o saben, pero non hai que ter medo que d'ise cabo s'alaben. Despois vaise chegando o tem- [po] senón malicia.
i-as probes c'os seus choca- E mirade que o padricador [llos,] [ben vos avisa,] a sua xente da casa e vós se queredes, danlle bastantes traballos. Andan-o curando por enfermedá. Andan tomando mil crases de herba, e con perdón dos que me oien habían de tomar m. Elas zurza non-o queren, porque lle non convén. Desgraciados dos pais que tales fillas ten. Pois non lles dar libertá, e non hai que se cansar, que anque non saian da casa non han deixar de se casar. Atendede ben o que vos digo e non tomar a conta a chanza que algunhas que non fagan [caso] Y acudamos todos a nuestro Patriarca Garrán, que espero que todos sus co- [razones influirán.] pagarán a confianza. E pidiredes a iste santo as que estades conservadas que Dios vos libre de outro [tanto.] Pois agora deixareivos que seica escarmentarés e vou comenzar c'os homes que aquí tamén corre intrés. Os mozos solteiros iste ano como non tén chovido, moitas ruas e cachóns ten co- [rrido.] Van por pasear e gastar os zapatos e se cadra e ven o caso cometer mil desacatos. Ista é unha verdá moi pura, que andan moito de noite e a moitos vai botando para a sepoltura. Pero coidado mociñas que n-ista melicia, nos mozos non hai [tajó a toda criatura,] Principalmente porque aven- os voy a manifestar toda su hermosura.
Encomendáivos a iste santo todol-os días con devoción e veredes como vos libra de todo peligro e tentación. Porque los mozos en estos tiempos son muy blasfemos y lujurientos. Xa lle quitan o mando ôs lo- [bos,] que andan pol-a alta noite, como si estiveran tolos. Son cousas da xuventú que anticipan a velleza e botan a perder a salú. ¡Ohl jóvenes y doncellas! ¡Ave! ¡Ó Patriarca Garrán! hoy a vós todos acudirán. Espero de vós que nos favore- [za vuestro auxilio] humildándose todos, bajo vuestro domicilio. Vós que curais alos sanos dais salú al que no la ha per- [dido.] ¿Quien será la criatura que os tendrá en olvido? ¡Oh Patriarca Garrán! viendo que haceis tantos mi- [lagros] a vós todos acudirán.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/11571119.xml
NÓS
xamais a suas verbas poidan ferir a ninguén nin naide fique canso de ouvilos, van nas momadas disfrazados, facendo un oficio, percurando poñelo en ridículo. Son algo así como os clowns no circo de cabaliños.
O disfraz é sinxelo, e pra todos pol-o mesmo xeito. Un traxe de peisano c'un pantalón moi apretado e curto, e unha chaqueta longa e floxa, ou ó rivés, pol-o seu comportamento son os mais cordos no meio de tantos loucos.
Vellas
As vellas son rapazas xovens e tamén algunha muller de idade que lle gusta andar un pouco na troula. Locen roupas boas, brancas pol-o xeneral. E moi frecuente que a roupa sexa simpremente unhas faldas boas e brusa feita pra esto. Na chola levan un sombreiro tamén branco, d'algún seu irmau pequeno ou emprestado. Percuran tapar a cara todo o mais que poden pra non ser descobertas. Non fallan alexes d'oura como pendientes, colares e pasodores.
Madamitas
A rapaza que fai parexa c’o madamito chámase madamita, e o mesmo que el ten que beilar moi ben.
A roupa na maor parte das veces é d'algunha amiga que fixo pr’o casamento, por iso é un bó traxe de seda negro da moda dos comenzos do século.
Muradanas
Cando van disfrazadas de muradanas, non van mais que dúas, levan traxe de labrego compreto roca e fuso adícanse a botar a boa ventura ós mozos, pra que lle solten unhas perras.
As mulleres como queira que vaian disfrazadas tapan a cara c'un pavo arranxado por elas de maneira que se enxerguen somentes os ollos e pouco da boca: ó través dos tres buratiños que ten ó pano, así con dificultade poderan conocel-as.
SAÍDAS DA MOMADA
Unha agrupazón composta pol-a xuventude da parroquia non vai somentes divertirse, ben é verdade que iste e o primeiro fin que se propon, pro hai algo mais, i-é dar unha nota de dinamismo, de forza, de vida diante as demais parroquias. O elemento xoven garda enerxías pra espallar o seu paso n'os días do-entroido, a xente que os enxerga recolle a ledicia da momada n'a que se refrexa o estado de ánimo coleitivo d'unha parroquia.
A medida que vai fallando o bon humor, van desaparecendo as representazóns do carnaval. Istes días tan fartos de ledicia outros anos, son hoxe horas de tristura pra quen ollou o pasado rebuldeiro. A morte de un membro da familia cobreu de loito moitos corazóns, a peste deboura animaes e tolle as colleitas, a miseria entra no fogar; por iso se no meio de tantas angueiras logra o elemento xoven constituir unha momada levanta o estado canso en que fica a xente, e as demais parroquias d'os arredores ademiran aquel dinamismo coleitivo. Pra demostrar ista forza leda vai a agrupazón pol-os pobos veciños continuando a costume dos antergos.
Acordan sair a unha hora determiñada, sempre despois do meio día, e fixan un sitio pra xuntarse. Unha vez xuntos van diante os lanceros tocando os cornos e galoupeando nas cabaleirías, gañando cada vez mais dianteira ós demais da momada; ó chegar ó pobo onde a xente vai ollal-os, esperan un pouco, logo van mais lonxe pra que os veciños d'os lugares apartados teñan notiza da chegada dos entroidos, eisí por eisí, cando van os de Loureiro ou Rebordelo a Famelga chegan os lanceros deic'o Fental, dista maneira teñen a certidume da momada os de Valongo e Augasantas; despois tornan ó encontro d'a comitiva que vai paseniñamente pol-o camiño no meio dos aturuxos dos disfrazados.
Entramentres a momada non chega, a xente xúntase pra ollalos; énchense os balcons de mulleres de idade que teñen medo de levar un golpe no terreiro, as mozas tran dúas pandeiretas pra facer festa cando che-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711123.xml
NÓS
viseiros carregados d’hourigonles e de todal-as lonxanías da sua terra, e camiñaba apoiado nun cayato d'oliveira. Patriota e patriarca ceibón á Proensa do departamentalismo parisién. Coma os nenos non soupo o que fora desconfianza nin arte literario, nin vivir d'escritor. Unha vez. Charles Maurras, un dos seus discípulos mais amados díxolle: «Pérdense as radicales das nosas palabras pra seren sostilotdas por radicales extranas, e de ficar soilo a terminasón ¿non siñificaría a morte do noso idioma?» O poeta que asegún Barrés «tiña o xenio da hospitalidade» dixo con grandes voces: «As nosas radicales? Mais que facemos nós, os Felibres, sinon botar fora as radicales extranxeiras, dinas tod'o mais d'un «patois» pra gardar as outras, as nosas, as vellas, as boas? Pra iso foi fundado o felibrismo. A renacensa proenzal non é outra cousa—»
Gran consello que todol-as lingoas renascentes deben seguir. Pra Mistral toda ademirazón e respelo de NÓS. O felibrismo nascéu baixo o signo da lírica cigarra cantora. Pol-a ispirazón de Mistral sentiu a pura beleza d'ise inseuto tan amigo das nosas solainas e das nosas eiras que se chama «Mantis relixiosa»: «O mal é feio, e rí pra min,—a carne é fermosa e podrecente,—a auga amarga, e leño sede.—Cheo de languidez—quero morrer—e quero vivir. — Morro de fame e de fadiga. — Ouh, mantis, fai locir diante min—a espranza dubidosa—de calquera cousa.—Enséñame—o camiño.—E deseguida, eu vín—que da mantis car'o ceo—o febre brazo se despregaba. — Misteriosa—muda, grave—rezaba» («Les illes d'or»).
Noso querido e ademirado Direitor, Vicente Risco, saíu o día 14 do Mayo pra Alemaña. Aixiña aparecerá en NÓS a primeira crónica de viaxe.
Recibimos o tomo 2.º de «O soneto neolatino». Nil Galiza está ben representada por un soneto castelán de Alvaro de las Casas, i un galego de Aquilino Iglesia Alvariño, o mozo autor de «Señardá».
LIBROS
TITIRO, a egloga primeira de VIRGILIO, tradución de AVELINO GÓMEZ LEDO, Madrí, sen data.
Noso querido colaborador, o cultísimo sacerdote Don Avelino Gómez Ledo, cuio nome é ben coñecido dos leitores de NÓS, pubricou esta linda versión da Egloga primeira de Virgilio, coma homaxe-lembranza do glorioso poeta mantuano no segundo milenario da sua nacencia, que hai poucos días se celebrou.
Iste homage da literatura galega á literatura latina, nai, na persoa do mestre dos poetas cristiaos, cecais o noso irmau de raza—pol-o seu nome e pol-o lugar da sua nacencia, suponse que Virgilio debeu ser un celta—é cousa justa e atinada, que honraría coma idea ao galego, ao poeta e ao humanista que é Avelino Gómez Ledo, senono honrara já coma obra lograda, pol-a sua execución.
Obra coma esta tefien que ser saudadas por nós d'un geito especial, coma merecentes d'honores extraordinarios. Non abondan as versións dos clásicos, na nosa literatura: Saco e Arce, García Mosquera e Florencio Vaamonde foron n-isto os precursores. E o galego precisa d'elas pra se consagrar definitivamente coma lingua culta, aparte do exercizo formidábel de mestranza da fala que repersenta un traballo d'istes pra quen o fai. Avelino Gómez Ledo prepara e anuncia unha tradución de todal-as Eglogas e outra das Georgicas, e proponse outra das Odas de Horacio. Labor enorme que temos por forza que acoller con antusiasmo e con ledicia, e todo canto se faga por lle dar alento e loubanza será sempre pouco.
Leendo a versión galega do Títiro, fidelísima, senon literal—cousa imposíbel—decátase un ben da riqueza en recursos da nosa lingua, recursos que o Sr. Gómez Ledo soupo aproveitar c'un istinto artístico notábel.
Con degoiro agardamos o resto das Eglogas, que van surtir aixiña editadas por NÓS.
O OUTRO, conto dramático en tres esceas, por ALVARO DE LAS CASAS, Alauda, 1930.
POSIBELMENTE, a obra millor d'Alvaro de las Casas, é iste tremendo conto dramático, que, collido direitamente d'un caso real que impresionou fortemente o seu esprito, ergueu sen retórica e case sen incidentes superpostos, á categoría artisteca, coa-a meirande felicidade. O outro é un drama rural, intensamente human, com'as tragedias rurais irlandesas, qu'emociona fondamente na sua singeleza e naturalidade. O literato de innegábel fondo romántico e aínda finisecular, non aparez mais que despois, de súpeto, no final que il mesmo califica de dannunziano. No resto, a hórrida tragedia cola case silenciosa, e ata o sangue deita na escuridade, na soma pechada da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ee/eec2/eec27801-1771-42fb-ab6a-61d345ffda0e/115711113.xml
NÓS
¡Oh Patriarca Garrán!
ya los mozos confiesan
ya los mozos no serán lujurio-
que jamás de la casa saldrán.
[sos,] Pues venid, venid, venid
ya dicen que jamás pecarán.
¡Oh Patriarca Garrán!
a buscar la bendición
e vós Patriarca Garrán
báixalle a bragueta ó calzón.
Iste ano c'o invierno
morreron moitas ovellas,
eu acabei o sermón
e vós baté as orellas.
O sermón tén unha post-data que non lian,
somentes o ano que o fixeron, por facer referencia ó serau do mesmo ano.
Dí o seguinte:
N-iste presente ano
o día once d-iste mes
houbo unha aposta na rua de Valongo
que sirveu de entremés.
E non hai que tomar a cousa en chanza
comeron e beberon ben
a conta da venturanza.
Todas istas composizóns de caraiter tan
popular son debidas a un rapaz do Tevoello
(parroquia de Augasantas) chamado Manuel
Caramés encarregado de darlle leitura en
varias momadas.
Rematado o sermón marchan todos pra
outro lugar na forma que fixeron deica eiquí.
Naide se atopa canso, vellos e maragatos de
novo choutan os valos e galgan pol-as searas
en precura d unha moza ou d-unha vella.
Chegando ó derradeiro lugar do itinerario
tornan pro lugar de xuntanza. As vellas
que hastra agora collían pol-o brazo a cal-
quer mozo, percuran os noivos, as que tal
fertuna ten, e as demais collen ó que sexa
mais do seu gusto e lévano pr'o serau, que
dá comenzo ó chegar a momada á parro-
quia, e no serau botan deica as catro da ma-
ñán sen descanso ningún.
O conxunto da festa dá idea d-un gasto de
enerxía compreto, naide ten acougo en nin-
gures, faino mellor o que mais tolee, aquela
rapaceada rebuldeira gasta as forzas no con-
vencimento de que logo na coresma non
terá onde empregalas, ansi con somellante
folga tempo terán de recobrar o perdido.
As momadas de noite
Sempre que vaia de noite unha momada
non leva lanceros nin oficios, van somentes
vellos, vellas e maragatos sendo mais fre-
COMPARSAS
As comparsas é cousa que non ten adeutos
na xente nin pr'o que vai n-ela, nin tampouco
pr'os que a enxergan; a xente está
acostumada a ollar as momadas onde todos
brincan e van c'a cara tapada, e se ven unha
comparsas onde van c'a cara descuberta non
lle alcontran mérito ningún parécelle que
vau facendo o parvo, sen ningún ouxeto.
Non embargante ás veces hai unha comparsa
composta de mozos que levan un traxe
cheo de cintas e andan recorrendo os luga-
res das parroquias sen levar a cara tapada.
Tivemos ocasión de ollar unha en que iban
tapados, por iso gustaba mais á xente, onde
iban uns cegos cantando cantigas ás mozas
descubríndolle os segredos e dándolle bro-