https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572152.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCION:
Sto. Domingo, 47— OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n'eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
Ao encomenzar-a nova xestión, POL-A REDACIÓN.
No anal de Manuel-Antonio, por F. Bouza Brey.
(Do Século XIX) - O Fidalgo, por R. Otero Pedrayo.
(Nótula etnográfica) - Espanta-Pássaros, por Claudio Basto.
Cancioneiro da aguia, por Armando Cotarelo Valledor.
Os homes, os feitos as verbas, POL-A REDACIÓN.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitamos os seus encárregos
Linares Rivas, 50 A Coruña
Santo Domingo, 47-2º Ourense
Vicente Risco
Abogado
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572158.xml
6
fende a testa d'un tiro. Il é asi, e ninguen o discute.
1865. Un medo no coro dos parásitos e no bufón, antigo curial de vila que na borracheira dos máis—a D. Xohan n’hai viño que se lle suba os miolos—parodea todalas eminenzas de Sant-Lago, dende o cardeal deica a bruxa da Tafona, un medo no abogado e nos administradores. D. Xohan toma estado. As bodas son de rumbo endexamáis ouvido. D. Xohan namorouse d'ela unha mañán o entrar na pequena eirexa das freiras pra faguer algunha barbaridade, desque a víu, sinxeliña e fermosa, tan modestiña e composta. D. Xohan impuxo silenzo ós seus sicareos e soilo pensoú en servila. Ela tiña medo d'il. Na primeira conversa, conqueriuna. Non, todo eran calunias das malas lingoas!.
D.* Rosina vive e governa no pazo da beiramar. Algús pazos foran debullados, enteiriños, por D. Xohan. Mais il sempre se reserva as mobraxes: e da montana e da ribeira, dos pazos vendidos a disbarate, chegan retabros dourados de capelas, leitos taraceados, arcaces de fina labor, armas antigas, retratos de frades estátecos, de terríbres señores, de donas de opulenta beleza coma membrillos outonizos. No pazo da beiramar converxen todolos ríos d’ascendenza de D. Xohan, e D. Xohan no medeo dos mobraxes preciosos coida ser dono de todol-os pazos herdados.
Nos derradeiros do ano, acarón da chemineia Doña Rosina dá peito o primeiro filliño. Xa os criados i-as doncelas están no leito. A quen se semella o rapáz? A aquil xeneral da sala? O mociño lindo que leva un uniforme de dragón da Independencia i-afirma as manciñas de doncela sobre un pesado sable? D.* Rosina vai percorrendo todol-os retratos do línaxe pra se destraguer; fora a virazón abanea os piñeirals e vai arrincar o cedro do xardín, qu'eles trouxeran do seu viaxe de noivos. E D. Xohan non chega. Sempre esti! de caza. Ninguen coma il coñece os montes da Galiza. Conta hestoreas arripiantes de lobos, de porcos bravos, hestoreas ledas de perdices pol'as costas esbaradizas de pinica. O crego vello de Fontefera, en terras de Lugo gibase de ter morto cincoenta lobos. Don Xohan en poucos invernos sofrindo as incremenzas nivosas, gañoulle o partido matando sesenta e sete. Testas de lobo pro seu brasón comos de Moscoso.
NÓS
Morre o lume i-entra silandeiro D. Xohan. Ven páledo máis detremiñado. Qué lle pasará? Sin bicar ó fillo, D. Xohan pón á outura dos ollos da dona asombrada unha cousa que trai agarimada no pasamontañas: un neniño, lindo, rosado, branco como un anxeliño, empinado en probes roupiñas lixadas. D. Xohan dí sin vacilaceon: «Rosina, é meu fillo. A nai morreu. Entregocho pra que fagas d'il o que queiras!» Os dous nenos figuran surrirse un ó outro. Diant'a espaventada faciana da sefora D. Xohan franquea a fiestra á noite negra: «Ei tél’o pateo. Están os cáns famentos. Si tés corazón guindao embaixos» A señora sin unha fala, aixiña coma compre ispe o outro peito i-os dous nenos beben, tranquíos, ditosos, do mesmo leite.
O día seguinte D. Xohan con cabalgada de criados vai a feira de Pontevedra. O voltar po’la noitiña vai chamando nas portas dos logares, e deixando no regazo das doces labreguiñas d'ollar rendido, dos bravas pescas de falas mimosas, dúcias de panos sedáns, dengues de terciopelos, corales e pratas barrocas pros fermosos colos e pras lindas orelliñas, duros as mancheas pra liberar as terras hipotecadas pol'os patrós, pra pagar ás meiciñas das aboas tolleitas nos leitos.
1875. A xente sigue dicindo: «Que gran cabaleiro!» Medra cada día a ademiraceón dos cabaleiros e dos cregos, a envexa dos seños da vila, a fame dos curiales e dos prestamistas. Por todal-as carreteiras—as que ruben entrenzadas arredor dos montes, as espalladas no vagantio das chairas postas ó sol, as namoradas da fermosura das rías van seguindo o encaixe da costa—salfiren legrías gozosos os coches de D. Xohan. Sintense de lonxe crebando ben de mañán o ensoño dos piñeirales. Levan catro, seis, oito cabalos, mercados nas feiras de Zafra, e de Sevilla e Xerez. Non collen pol’as rúes de Sant-Lago, i-o entrar nas prazas das vilas espállase un aire de festa. Moitas veces vai soilo D. Xohan, guiando a xubilosa tropa dos cabalos: leva no pescante a escopeta i-unha boa moza, pimpante i-orgulosa, ó seu carón.
Nas mesas dos cregos sentado entr'os arciprestes e priores mantén o ritmo dos muelles debullando con método probado e con fidalga limpeza dende a sopa, densa, condesaceón sabea de cousas boas deica a longa coda dos postres. A gran sinxeleza da ialma de D. Xohan trasparentase no falar, no en-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572157.xml
NÓS
Trepan mulas e cabalos de cregos e señores pol-os camiños da montaña. As linguas, ó partir, son outravolta algareiras e bravas. E' preciso cruzar chairas temerosas de lobos dinantes de s’acougar no lume dos pazos. A noite come rosario de probes enfiados pol-os atallos da serra. Todos sin erguer as mesas deitánse cedo no pazo.
Mail-o fidalgo non durme. Tampouco pensa. Un istante chora pensando mais que na mán do pai na mán do amigo que se puña no hombro confiada. Logo ouza remexer na cámara onde morreu seu pai. Erguese i-olla dend'o escuro da porta. Ainda se queiman cabos de cirios. Unha rapaza, boa agradecida á casa, filla de caxciros, cos brazos nús, un pouco asustada, levanta as roupas do leito, arregra a habitación. O fidalgo entra como un falcón botandose sobre a caza: ela estranada, non concebindo o sacrilexio nin s'astreve a loitar. D. Xohan, sin escoitar a acusación das pregarias acuguladas na estanza, nin ollar os ollos espantados da mocía, apertaa e bicaa, con gulosidade feudal, sobre o leito ainda gardador da forma d'un corpo.
1855. No salón etíqueteiro da Rua Nova algunhas donas agardan inpazentes. O coro das señoras maores tamén agarda. Mais D. Xohan non parece. Pola porta soilo entran señoritas coñecidas, As de sempre. N'outro sarao a eleganza montesía de D. Xohan, deixoú sementadas froles d'espranza pol-o xardín das vidas femeninas. D. Xohan deica a mañán deita onzas e onzas na mesa de xogo. Ouros borbónicos, do tempo das Indias, ouros constitucionaes, ouros de cuño estrano. Dous séculos da hestorea hespañola podense ilustrare c'as redondas pezas de ouro. Seu refrexo fai medrar o afiado dos perfís, sensebeliza as máns pálidas, afonda as meixelas, atiza a lapa dos ollos. Soilo D. Xohan fica impasíbel, sereo, ledo coma un cazador no monte. Leva trasfegadas moitas xerras de viño pois il despreza os licores finos i-as bebidas da cibdade. Os parásitos estreman a sua ademiraceón. D. Xohan gardando unha superioridade sin decatarse d'elo, vai botando na mesa, en onzas como soles, centos de tegas de centeo, parexas de bois ornato dos feirales e pasmo dos labregos, sembraduras, nabeira, toradas de vello carballo dos que rexistran coma arquivos nos fermosos circos do seu tronco o maino e seguro decorrer das sazóns, moyos de viño, dreitos de señorío. De súpeto un home forte, valente de Sar, pousa a farpa na morea das onzas e paseia a ameaza d'un pistolón sobr'os peitos dos xogantis. Sangue callado nos corpos. O home ten historial de mortes, é seguro coma un navallazo xitano, sua hestorea anda nos carteles dos cegos. Desprecioú ó señorito; fl solo estima ós homes do oficio. Limpamente D. Xohan agarrao pol'o pescozo, aparta o pistolón io tiro redícolo váise cravar n'unha viga do teito. Deseguida a medea dúcia de bofetadas de ridual. O valente está no chán e ten olladas de súprica. Moitos pensan acudir a xustícea. ¡Uneca ocasión pra collélo! Hai berros: «á cadea, á forca.» O brazo de D. Xohan díbuxa un grande ademán amparador; non se toque un pelo do home derrubado, está baixo ó meu poder. Logo dílle: «Anda, serás meu criado. Boa paga e farra. Máis honradeza e coidadiño con roubar un chavo nin levar unha faca. Sinón, xa sabes quen é D. Xohan.»
O fidalgo tén lénda en Sant-lago. Vive c'os estudantes. Pol'o dia, moi gomoso, paseia polos arcos, dá o brazo á vellas misias moi sabidoras d’eleganzas que lle gaban o tipo i-o maorazgo e lle falan de xenealoxías, rubindo as escaleiras das Prateirias. Ten mesa franca, bodega franca, bolsa aberta. Pol'os atallos da serra récuas de mulas portínlle en pelexos seus viños mellores da Avia. No baixo da casa orgsizanse as farradas i-ss tunas, as xoguetas i-as facaltrúas contra o s0segado comerceo da cibdade. O mesmo l'afunde a chisteira a un vello canonista que volta da novena ou dixere a Van Spen nos soportales que se senta na mesa dos tídoos e desembrulla as ponlas dos res xencalóxicos. No piso da casa hai habitaciós reservadas: n’elas esterricase como unha cobra roxa ó quente da chemineia sobr'as alfombras e peles de luxo, a criolla das Antillas, priguizosa e sensoal, queimada por furiosas agardas que D. Xohan amolece d'un bico. Rouboúna a seu paí, vello tratante en carne humán en Cuba. A criolla tén todol'os antoxos; cando comesta dos celos destroza unha eristaleiría o dia seguinte Joce na cámara outra máis fermosa. Pra ela hai criados que procuran nas vilas as cousas de máis prezo e traen polo aire as froles i-os froitos mimosos de Portugal. Alyún día o pai Ile pasará a conta. D. Xohan lla pagará si non lle
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721521.xml
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
MANOEL ANTONIO
Há un ano que finou. Era moi novo e estaba cheo d'espranzas. Traguía unha forza lírica que non fixo mais qu'iniciar o seu pulo. Era dos que queren anovar dend'o torgo fondo o poesía galega. Mariñeiro, mais semellaba ter vido do mar pr'a terra, traguendo d'il salgados tesouros de solpresa, que ter surtido da terra a solagar no mar a saudade. Era ledo e forte creando. Trouxo á nosa lingoa esquecidas verbas humiosas. Era bon. Era dos nosos. Deixou poemas qu'os parvos non comprenden. Por todo, queríamoslle ben. Pra il a nosa lembranza dórida e saudosa.
NOVAS DA CULTURA GALEGA
UNHA nova revista galega: Logos, boletín católico mensual, surtíu en Pontevedra. Nidia e coidada, responde ao seu título, espresivo da supremacía do pensamento, do altor dos seus intentos. Seña ben vida.
DICARON traballos á lembranza de Manuel Antonio no seu aniversario, antr'outros jornais, El Pueblo Gallego de Vigo, La Zarpa e Heraldo de Galicia d'Ourense.
UNHA comisión da Seizón de Folk-lore do Seminario d'Estudos Galegos, visitou a vila de Calvos de Randín pra estudar os tipos tradicionais de construción de casas que alí se conservan. D'istes tipos de casas estánse facendo, por alumnos da Escola d'Artes e Oficios da Diputación d'Ourense, unhas fermosas maquetas, que han figurar no Museu do Seminario.
El Pueblo Gallego encomenzou a pubricar unha seazón d'informazón e comen-
EL PROBLEMA POLÍTICO DE GALICIA por Vicente Risco, Madrid, Biblioteca de Estudios Gallegos, de la C. I. A. P. 1980.
E srudo compreto, descarnado, sereo pro desenfadado, do problema político de Galiza. Imparcial, anque movido pol-a comoción interna da paixón patriótica. Independente de dereitismos e esouerdismos. Considerazón escrusiva de Galiza e dos seus problemas.
Do seu alcance dá medida o índice: I. Introducción sobre la importancia de la política.—II. El problema político de Galicia.—III. Los problemas secundarios.—IV. El problema económico de Galicia.—V. Nuestro problema social.—VI. Como es gobernada Galicia.—VII. Galicia y el Parlamento.—VIII. El idioma y la cultura.—IX. Los gobernantes gallegos.—X. Los partidos políticos en Galicia.—XI. El agrarismo.—XII. El nacionalismo.—XIII. El momento actual. Leva ademais un prólogo d'Alvaro de las Casas, e varios apéndices, como o Programa electoral de Lois Porteiro, o manifesto da Asambreia nacionalista de Lugo e o programa dos candidatos nacionalistas da Coruña nas derradeiras eleccións municipais.
Non sabemos s'iste libro foi moi lido, anque maxinamos qu'ainda o ha ser, pois a sua actualidade, en lugar de pasar, agudizouse, estase agudizando cada día, e confirmando o que se dí nas suas llanas. Foi recibido con xeral aplauso, especialmente pol-a imprensa de fora de Galiza, coma sole acontecer.
Non foi publicamente discutido, porqu'eiqui ninguén fala de política. Todos teñen n-isto respecto as suas ideas feitas, recibidas d'afora, ou non teñen ningunha. Mais de moitos sabemos a quen ten feito meditar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572155.xml
DO SÉCULO XIX
0 FIDALGO 0
POR R. OTERO PEDRAYO.
Unha mañán houbo grande escándalo na rua silenceosa, parsimoñosa, como poboada d'avaros e de costumes ríxidas. Era unha mañán da primadeira. Polo aer tépedo, riba dos tellados únecos que disfroitaban da lediza do sol endexamais coñecido do zapateiro do soportal nin das laxes do chán, trazaban circos atolados de chíos as rondas dos aviós. Unha gran figura d'home rexo e vello apareceú na galeiría d'un pisiño derradeiro, unha disforme escopeta apuntoú o ceo, e lipum, pum!! os tiros fortes, sonoros, bravos coma no monte, fixeron tremar os probes vidros lixados dos pisos, o atacado de paralis no seu sillote, as señoras de clases pasivas, os funcconarcos diante o chiculata, a vella i-a sua calceta, a nena leitora de novelas, os gatos aburguesados i-as criadas xubiladas que van á novena e viven d'un legado dos amos mortos fai moito tempo. Medo, estraneza, rebumbio, pantesias. Total, un xuiceo de faltas i-unha grande escamación na vecindade cando o fidalgo s'apeitaba o sol na sua outa galeiría:
1835. Escéa: grande bodega no Ribeiro. Pipas centeareas xa cando o da francesada. Frades cobrando as rentas. O grande sol outonizo ven a rendere preitesia na porta ô viño poderoso, novo, pechado nas panzas disformes. Un fidalgo de brancas barbas e ollos ledos tén no colo un neno xa medrado. Cachicáns, xornaleiros, un capelán da casa fán circo respeitoso arredor. O fidalgo foi Colexial en Fonseca, tívo grandes dúbidas, demoroúse moito nos crásecos, turráballe moito a caste. E por todo isto non se quixo ordear, «Domine, non sum dignus». Maorazgo gardoú unha metódeca craustral no pazo de inverno, no pazo de vrau, no pazo do outono, no pazo da primadeira. Xuntaba sete logares, presentaba sete curatos. Pazo na rúa Nova. Irmás en Sta. Crara. Capitán das xentes d'un val na Independenza. Soá ergueita —por caste e por estudos—non foi curtesán con Fernando, nin pol'o amor ô escano das suas sete cociñas i-o pasear máino pol'as salas resoantes non foi coronel na guerra dos Andes. Casado tardeiro, cando xa os parentes afiaban a dentamía pr'a farta herdanza, mimaba o filliño c'un amor de vello. Co il nos brazos soilo tiña un medo: a doenza ou a revoluceón. Pr'as doenzas tiña os rescriptos dos frades do S. Francisco, pr'a Revoluceón armaría unha tropa de fisles montañeses. Os do Bocelo, os de Friol. Non encetados como o cerne dos carballos. Agora asiste á trasfega do viño. Da maor pipa xurde unha roxa fonte recendente; maus lixeiras levan as olas, f-as olas van caíndo na boca sin den-
Imos a lembrare en cadriños pequeneiros, feitos asegun as informaciós dinas de confianza, a hestorea d'aquil señor. Ela xustificar£ dentro da sua lóxica, pra il a úneca, co seu finar tráxico comprido co finar do século XIX. Sin xuiceo nin criteca, sin interpreitaceón nin exégesis. Vaian por didiantes dúas notas psicolóxicas: soilo unha vez soupo o que fora unha doenza; endexamais fixo un razonamento. E ninguen dubida que foi un gran señor.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721515.xml
NÓS
agora, costureiriña, o teu amor acabouse.
Cántiga mui sabida, semellante o núm. 34. caeu no río e mollóuse, agora, costureiriña Santiago
66 O cantar das costureiras é cantar que nunca acaba, como teñen fio de abondo botan copras enfiadas.
Inédita? Enlázase co-a que segue. como gastan muito fío Arzúa
67 O cantar da costureira un cantar é mui baixiño, non poden cantar ó alto porque cantan de contino.
Como a anterior, rexouba neste lecer das costureiras en vez de gabalo ¡Ditosos os pobos que cantan! que non poden cantar alto Foz
68 O xastre de carabiola tallou a miña mantilla; fíxome deitar na cama para tomarme a medida.
Seique este xastre sería mais arrichado do que deles nos din. O xastre da carricaiña mandóume deitar na cama A Cruña
69 O pai que ten unha filla e a pon a costureira mais lle vale pendurala das polas de unha figueira;
13 Tanto pode ser copra inimiga como despique de costureira anoxada, mais lle valera colgala nos paus de unha figueira Ourens
70 O primeiro amor que tiven, o primeiro amor, naiciña, o primeiro amor que tiven foi de unha costureiriña.
E de crer que, ademais de primeiro—xa por eso ben dino de lembranza—seria tamén doce e celmoso. miña nai, miña naiciña A Cruña
71 O tío Amaro foi xastre e despois fóiche ladrón; dos remendos que furtaba remendaba os seus calzós.
Inédita? Variante do núm. 80. Ver tamén o núm.73 Teño de aprender a xastre e dende xastre a ladrón; dos remendos que furtare hei de facer un calzón. Abegondo
72 Paxariño millarengo non me piques as cereixas porque as teño gardadíñas para dar as costureiras.
Non todol-os copristas aborren as señoriteiras de dedal, que as teño gardadas A Cruña
73 Para ladróns son os xastres, tramposos os zapateiros, os cegos son moceiriños e borrachos os gaiteiros.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721512.xml
NÓTULA ETNOGRÁFICA
ESPANTA - PÁSSAROS
por Cláudio Basto
Para livrar da invasão das aves, os frutos,—o mais simples é o próprio homem comparecer nas terras a enxotá-las. É o que ainda hoje se faz em Afife, como abaixo veremos.
É o mais simples—e o que mais complicará a vida do homem, retirando-o de outras ocupações imprescindíveis.
Então, o homem passa a fazer-se substituir, nas terras, por espantalhos.
O «espantalho» não grita, não faz ruído, não se mexe;—apresenta somente o vulto semelhante ao do homem. O «espantalho»—segundo o Dicionário de Morais—é «figura de palha da feição de um homem, que se põe nas figueiras e vinhas, para espantar as aves». Não é forçoso ser de palha; bastam dois paus em cruz, mal vestidos de casaco e chapéu velhos, que não tenham outro préstimo; às vezes, põem-lhe calças. E não é só de vinhas e figueiras que se torna preciso espantar as aves, mas de cerejeiras, cevadais, ervilhais, milharais, trigais, etc.
Como o «espantalho» é imóvel, a passarada não o respeita,—depressa conhecedora de ele é inofensivo. Ameúde, para corrigirem até certo ponto essa imobilidade, pregam no espantalho uns farrapos, de modo que o vento os faça esvoaçar.
São apenas farrapos, presos por uma ponta em paus cravados a prumo no chão, que frequentemente se vêem pelas terras cultivadas. São espantalhos reduzidos ao mais simples—e ao mais eficaz, quando o vento os bate.
Outro meio de espantar as aves, procura-o o homem no som, no ruído.
Em Afife, aldeia perto da cidade de Viana-do-Castelo, ainda atualmente andam pelas terras, o santo dia, batendo com paus em latas ou panelas velhas. Mas isto é perder tempo. Em geral, o homem substitui-se por aparelhos produtores de barulho.
Esses aparelhos, de formas variadas, causam estrépito continuado, afugentador da passarada, quando o vento os move.
Chamamos por aqui a esses aparelhos—taramelas. Noutros lugares, dão-lhes nomes diversos. Na Portugalia (vol. II, pág. 446), vêm já registados mais os seguintes: Bate-bate ou corta-vento; cacarela (Melgaço); ratatau e catramela (Santa Marta-de-Penaguião); ralhadeira (Soajo); batedor (Barroso); rigibó ou ruge-ruge (Cabeceiras, e Arco-de-Baúlhe). Em Lindoso e Miranda, dizem tarabe'a. Na Beira, rela, isto é, rala; cravela (Penamacor). Etc.
No artigo que sóbre «os Cataventos» publicou Rocha Peixoto na Portugalia (II, 439-448), vêm agrupados os cataventos, propriamente ditos, as taramelas, e certos aparelhos (com conchas, bonecos etc.) que se usam com fim meramente recreativo. De facto, pode-se agrupar tudo isso, tendo em vista que tudo isso é accionado pelo vento. O destino de esses aparelhos, porém, obriga a separá-los em três grupos distintos.
A utilização do ruído, provocado por aparelhos para afugentar aves, é, evidentemente, muito antigo. Encontro um aparelho de estes, primitivo, na obra Voyage dans les
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721520.xml
Pol-o carreiriño abaixo
levan tixeiras e fouces
Santiago
REFRANS
A curiosida e boa pr-a roupa branca
A mala veciña da a agulla sin liña
Costureira sin dedal cose ben e aperta mal
Costureira sin dedal cose pouco y-esto mal
En coser y-en descoser gástanse as liñas;
«Gárdame na casa y-cu te honrarei na prazas, dí a roupa.
Muller costureira e home troiteiro nin boa meda nin bó palleiro.
Na terra de fora a roupa me abona
O andar ben vestida fai a moza garrida
O xastro das Vaiñas cose de balde e mais pon as liñas.
Remenda o teu sayo
ADIVIÑAS
Anda de buraco en buraco co-as tripas arrastro. (a agulla)
De día como unha escada, de noite como a aguillada. (a agolleta do xustillo)
Picas pra diante, ollos pra atrás ¿non adiviñarás?
(as tesouras)
Pol-a ponte de Sigúeiro con as tixeiras abertas A Cruña
chegaráche ô ano; remendao ben, chegará ô que ven; remendao outra vez e botará outro mes.
Ollo de xastre, compás de carpinteiro.
Pano pobre non garda puntada.
«¿Papas a un home de oficio? dí o xastre; pape o demo a quen as fixo.»
Pola liña ven a tiña
Quen de alleo se veste na calle se espe.
O que non vai en mangas vai en faldas
Sete xastres fan un home, sete peneireiros, non.
Si mal de costas, pior de illargas.
Vestir ô uso, calzar a gusto.
Puntas diante, ollos detrás, burro, son tixeiras ¿non adeviñarás?
(as tesouras)
Picos pra diante, ollos pra detrás; non son as tixeiras logo ¿qué serán?
(as agullas)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721511.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
Pe Ó
9
NOS
ha verba pr'os falseiros amigos, nin pros rapiñeiros vestidos c'os anacos de seu manto de señor. C'unha lediza vagamente outoniza figuraba D, Xohan unha torre antiga e Janzal onde aniñaran os paxaros da campia.
«Lémbrate que mañán hai que pagar os réditos do Estornelo» dentro as fillas cantan, traballando, ú son da Singer. D. Xohan di: «Tés razón está a noite moi fria. Voúme deitar.s
1900, Todos viñan ademirados da resistenza fiseca e do señorío de D. Xohan. Había cazadores elegantes, polítecos, xente de Madri. D, Xohan, no monte e na mesa parecía o convidador. Seus tiros precisos estraban de perdices a pinica das encostas, Os cáns faguianlle festas atoladas. Os labregos—xa ningun habia do seu tempo—pensaban: «Que gran cabaleiros Seu vello tabardo impuña un tono na antesala. Estaban n'un pazo arregrado e repintado & moda. O amo non sabía lér os escudos. D. Xohan descifrounos e contou hestoress da casa. «Por eiqui}—decialle 6 amo—estaba o segredos. A forza de rebulir nas pares d'un coarto escuro D. Xohan poido faguer qu'unha podra se correse. Grán emoceón na compañía. Saiu un bafo de vellez, Máis n'había tesouro. Hahía un mollo de pergameos e un grande tarro cheo de mel. D. Xohan colleuno con respeto e levotino 6 comedor, Estaba emozoado, Il mesmo se non coñecía, O simbolo dos hos tempos, á honradeza da tradiceón, o tesouro da casa, o mel soave das aboas, das abellas que zugan nos xardins antigos e locen como pintas azadas d'ouro no fondo de gules dos escudos!
Nos postres un mozo preguntoulle pol'o tempo románteco. Sería poeta? Non. Coñecera moitos poetas e moitas musas. Máis soilo sabía unha poesía: —
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157215&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721519.xml
NÓS
FUENTE Alcántara, Cancionero popular, II, 349.
O final é o mesmo da seguinte.
95 Un xastriño churrusqueiro din que ten mui boa tixeira, pois como a min me non corte, que corte por donde queira.
Curmán da pasada, mais pior.
Un xastre mui churrusqueiro din que ten boa tixeira, como non me corte a min
Ortigueira
96 Un paxaro adoecido chegou a porta de un xastre pra que lle talle un vestido da pelica de un tomate.
Tradución de unha copra andaluza; ver LAFUENTE ALCÁNTARA, Cancionero popular, II, 398,
chegan a xunto de un xastre pra que lle corte un vestido do pelexo de-un tomate
Cervo
97 Un zapateiro me rolda, un xastre por mín non vela; pero será mariñeiro quen ten de sair con ela.
Mui semellante a outra andaluza que recolle LAFUENTE ALCÁNTARA, Cancionero po-
pular, II, 468.
Un zapateiro me quere
mariñeiriño ha de ser quen ha de sair con ela.
Noya
98 Vale mais un probe xastre cunhas cirolas de estopa
que un fouchado carpinteiro que todo o que gaña emboca.
Parece réprica a outra en loubanza dos carpinteiros, quizaves nalgunha regueifa ou parrafeo. O autor era de tesoura, que non rico carpinteiro
Elviña cunhas cirolas de liño que non rico carpinteiro vestido de pouco fino
Pravio
99 Ven ací costureiriña que che quero perguntar que colores ha de ter a cinta de namorar.
Inédita?
Aplicación as costureiras do núm. 49.
Ide qué color ha de ser
A Cruña
100 Vin de noite pol-o souto e tropecei na carreira; coidando sería unha lebre saiume unha costureira.
Manífica e firente sátira habilmente encoberta.
Vindo por un souto abaixo tropecei nunha carreira, coidando que era unha lebre
Foz
101 Vintecinco xastres veñen, vintecinco xastres van con as tesouras abertas para matar unha ran.
Fermosa caricatura satírica evocante de un dibuxo pol-o estilo do Gavarni. Viveza, inxenio, color, entención; nada lle falta. E célebre e ben o merece.
Pola ponte de Monelos cada un con unha fouce
A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721518.xml
87 Teste tí por boa moza e por mui boa costureira; dos cornos que ten a lúa ifarásme tí unha monteira?
O babión que esbirrou esta doudice non debería esperar muitos leros costureiriles; por mais que dánse casos... e por boa costureira Cervo
88 Tí non viches o que eu vín na feira do Rapadoiro: ivintecinco xastres xuntos cosendo nun limpiadoiro!
Rapadoiro, lugar de Terrachá (Lugo). A mesma entención do núm. 58 e do 82 en col das costureiras. Ver os núms. 74, 81 e 101. ¡A qué non viche o que eu vín cosendo nun barredoiro! A Cruña
89 Toda miña vida andei tras de unha costureiriña, sin ela agora quedei como unha agulla sin fía.
Copra aconsonantada. ¿Terá razón o cantar núm. 63? agora quedei sin ela A Cruña Toda a miña vida anduven Ordes
90 Toda-as costureiriñas son amigas de conversa, o que con elas parola non che pode levar presa.
Xeralmente non-a traen os que as buscan; con que, todos contentos. o que ha de falar con elas
NÓS n-ha de levar moita presa Abegondo
91 Toda-as costureiriñas vos direi cal elas son: apertadas da cintura e largas do corazón.
Inédita? Precioso cantar. En dous versos resume as principais calidades das costureiras: beleza de corpo e xenerosidá de ánimo eu direi como elas son Mugardos
92 Todo-os xastres son burros; héinos de cargar de sal: iarre burro, digo xastre! iarre para Portugal!
E engano; os xastres sempre son listos. Sospeito que esta copra sea aplicación a eles de outra contra distinto oficio. iarre xastre! iarre burro! Pravio
93 Tráime lume, tráime lume, tráime lume, costureira; tráime lume, tráime lume na puntiña da tixeira.
Sabido que un dos xeitos mais adoitados pra escomenzar conversa na aldea, é a demanda de lume pr-o cigarro na porta da moza cobizada. casiña de costureira A Cruña
94 Un xastre toma medidas pra me botar a tixeira, eu no sendo do meu pano que corte por onde queira.
Semellante a outra andaluza; ver LA-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572159.xml
NÓS
xuiciar simpre e craro das cousas, collendo sempre pol'o camiño do medeo e locindo en temas de caza, de viños e de trato social unha mestría completa. Unha boca que endexamais dixo verbas de dubida i-un corazón tan reuto que os abades severos, moitas veces escandalizados pol'a sementeira de pecado que D. Xohan faguía a rego nas parroqueas, non podían por menos dicir: «D. Xohan peca ca sinxeleza dun neno e de fixo non acouga o mal na sua falma de nenos. Gran neno mimado pol'a fertuna, pol'as mulleres, pol'a saude. Ningunha emoceon, ningún problema. Millor que cos homes fala sin palabras nun diálogo de olladas e xestos co can das perdices. Os animás, os probes e coitados animás, sinten por D. Xohan un amor particular. O seu asubío e a sua vos pode máis nos cáns que o asubío i-a vos dos criados. Fixo un viaxe longo, no medeo do inverno, por ver n'un pazo da montana, ó probe «Soult» can de palleiro, bo servidor, leal amigo, qu'estaba a morrer. Deitado no estrume d'unha corte nin tiña ánemos pra s'achegar a un consolo de sol cue locía na porta. Cando sentíu trepar o cabalo e percibíu ise olor particular, cecais feito, de volatiles esenzas de carsuter qu'os cáns poden percibire nos homes, de D. Xohan, Soult erguendo as probes orellas amuchadas, meneando un anaco do rabo, chegoúse á porta a zorro, sentíndose outravolta cachorro, ouv ndo unha armunía de noites estrelecidas baixo a fiestra do amo, maxinando doces soños, és seus pés na alfombra da sala. D. Xohan non s'afastaba do cán, os ollos dos dous prisiceiros n'un diálogo non maxinado por ninguen. Caindo a noite i-o frío os caseiros respeitosos trouxeron lume, e D. Xohan debeuse precatar d'unha súprica nos ollos do cán pois sin dubidar meteulle na testa un tiro certeiro. «Gran cabuleiro!» marmulaban os labregos sospeitando en D. Xohan unha dinidade superior, cando vian o gado dos lameiros parar de pacer e ficar con ollos estasindos, húmidos da terneza que n'outrora ispiraban os grandes xefes pastores, ou as pombas envolvendo en agarimos azados a figura do fidalgo, na solaina, co primeiro sol churrusqueiro da mañán, ou os bois baixándolle a poderosa testa serva pra apañarlle na mau as roibas espigas, ou o pavo rial faguendolle a roda maxestosa de cortesanía.
D. Xohan percorre no seu coche as carreteiras da beiramar. Non somentes por folgare. Agora son outros os tempos. D. Xohan que nunca soupera o que tiña nin contaba as voltas dos cartos, fixose home de negocios. E de por si se non mete en nada. Ten servidores listos, algús señoritos da vila, que traballan todo o negocio das contratas de camiños. D. Xohan ademira a eses homes de empresa, calculadores, que saben trazar as curvas, e sufincar as pontes, iengajolar os inxenieiros, i-entenden das fianzas e dos plazos. D. Xohan sempre pronto a se maravillar sorri e paga. As veces as cousas non marchan ben. O millor hai que variar un trazado, hai que mercar a concencia d'un funcionario, pódese perder, non se sabe ben porque, o importe d'unha fianza. Os conselleiros do asunto son agora seus amigos. Algús con moitos fillos, e poucos ingresos andan mal de fondos. D. Xohan con delicadeza, pra non ofendelos, fáilles chegar ós bolsos rollos de billetes. Moita xente ten envexa dos compañeiros de D. Xohan: levan gabás novos, trepan con autoridade dinantes descoñecida n'eles, algús erguen casiñas novas, outros mais homildes poñenlle tendas os seus familiares. Unha sería por caso raro D. Xohan demora na casa. Está ó fresco con D.* Rosina: os rapaces pequenos enredan no xardín. A maor logo haberá que póla n'un internado na capital. D.* Rosina fala d'algo que lle roe no peito; ela ben quixera aproveitare aquila presenza do seu home na casa. «Dispensa o que che digo; non me gusta isa xente con quen ándas. Non me teñen boa cara. Ti pra que procuras negocios? Non estaríamos mais descansados coidando das terras? Teño medo a que con tanta cavilaceón che veña unha infirmidá. Tes unhas cañas no pelo...!» D. Xohan escoita, en silencio. E sorrí. Non, seus amigos son todos boas persoas homes pra se matar por il; é preciso qu'os cartos bulan pol'o mundo, hoxe xa se non vive, como enantes, nos pazos. D. Xohan vai enserillando as suss razós, sin grande fé nelas e sorprendese d'unha acordanza estrana. Non faguía moito estivera ca Bibiana muller xa seródea, boa moza no seu tempo, a quen D. Xohan sacára con namoros de sachar leiras i-agora, grosa e coidada, rexía un fato de mozas da vida na cidade. A Bibiana gardaba a millor lei ó fidalgo. E dixéralle
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721522.xml
Apareceu o volume I da "Biblioteca Murguía"
DE ESTO Y DE LO OTRO
por Roberto Blanco Torres.
Pedidos a NÓS - Linares Rivas, 50 - A CRUÑA
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia LUIS FÁBREGA Progreso, esquina a Luís Espada OURENSE
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Vendese en todol-os establecementos do ramo Andrés Perille - OURENSE
O movimento demóstrase andando...
O galeguismo lendo as pubricazóns NÓS
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura Teléfono número 195 Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721510.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
8
máis craramente o mesmo pensamento da señora: «Ises teus amigos son unha tripulación de ladrós. Fartan a fame a conta tua. Si segues tan parvo deixaranche mais pelado qu'unha pelica vella. E logo non vés como engordan? Ti es señor, vive no teu e deixate de manter zumezugas e de negooeos.» Estrana confluenza d’opiniéns, Chega o maordomo a falar ó señor: mañán feira de Soutoledo. A millor pra mercar a parexa de bois. Fán moita falla. D. Xohan bota máu á carteira. Logo escudriña nas gavetas e nos caixós. Por primeira ves na vida non tén diñeiro. O sol, onza d'ouro como as qu'il sementoú as mancheas, váise poner na comba dos montes. O fidalgo cazador sempre olla pr’o ceo, como o mariñeiro pr’a mar, No ceo vibra quieto, feroz, domiñador, un miñato. O rei no solpor. Aduvifiase un medo pechado no branco pombal. D. Xohan agarra a escopeta, e baixa polos eidos de millo medrado, Está agora o miñato riba dos grandes piñeiros mansos. O fidalgo ademirzo un istante; esta tán fermoso! Logo tira. Caí o paxáro dando voltas, un istante para n'unha ponla, derrubase pesado no chán. Os ollos, o pico, as farpas, as ázas son agora probes cousas redicolas. D. Xohan 6 voltar pr’a casa vai pensando por primeira vez: Cecais logo haxa grandes pagos d'algunha obra» Terá qu'sceceder as falas melosas do Estornelo sobre hipotecar a casa de Sant-lago?
1885, Unha oficiña po'a serán. Chuvía nes
vidros lixados. Fedor de colillas. Traballo -
cistraordinario. Medo á chegada d'un novo xefe. Testas encol das mesas. D. Xohan na sua. Como fidalgo é moi dado, Nin lle pareve mal que un antigo zapateiro, que lle fixo n'un tempo moi boas botas de caza, lle fale denda mesa veciña: «Ola Juán» D. Xohan tén unha serra d'espedentes riba da mesa. O. balduque vai estralar com'as fitas Yun cursé de xoven posto en corpo de xamona. D. Xohan non sabe por onde comezar, Cecais pensa: «Vivirá o Leandro meu caseiro de Ribacoba? Casaría a Frolinda? Xa debe ter vint'anos. Sofia no corpo de palla de centeo da nai da Frolinda e do lume—mantido cás leñas de D, Xohan—do seu fogar. Tempo das resacas. Como estará a bodega do Ribeiro? O novo amo desfaría aquila pipa vella, de carballo. Boa serán pra pasala co
NÓS
estilador, Tremanlle diant’os ollos as partidas d'un reparto. Boeno. Inda hai cigarriños. Agora as seráns do outono son mais longas que dinantes.
D. Xohan saindo da oficiña non quer mirar un grupo de rapazas que pasan. Il ben coñece a figura, da sua filla, a mais elegante. Leva 6 seu carón un noivo, Un empregado d'almacén. D. Xohan cruzando diant'o casino por pouco o collen os cabalos d'un coche, O cccheiro para, haixase, dille: «Señorito, dispense» Foi servidor de D. Xohan. Dentro do coche a figura do prestamista parece unha serdiña en lata. Fai que non ve a D. Xohan. Tén medo d'unha Jabazada. Boh, o caso é que teño pazo fidalgo con escadeira de corte i-escudos, en Compostela, pensa acouchandose
coma un Zorro.
D. Xohan, con dous retirados paseia baixo os arcos da rúa. Horas sin remate. Mais il figura non se decatar. As fillas estarán cosendo e non convén estorbéias. Na hora da cea todos están ledos arredor da mesa limpiña. Doña Rosina tén os cabelos brancos, Dille ó seu home: «Tí figuras un polo ó meu lado». As rapazas reciben un recado urxente: compre rematare os volantes i-as mangas d'un vestido, pro baile, dinantes das once, E sin probar migalla de queixo poñense a cosere. D. Xohan non pode ser dono de contefier unha tristura, Non é ren de particu ar. Na xerriña sojlo fican dous dedos de viño da taberna, No comedorciño hai un oco, Ali estaba o fermoso taburete taraceado. Agora non está. D. Xohan e D.* Rosina falánse cos ollos. Ela pónlle na man un cartucho de pesos. D. Xohan asomado á fiestra considera as luces da cibdade na noite, A rua escura fai unha volta, Mais aló hai un calexón e no calexón unha taberna sonada pol'os bos callos que prepara. A taberneira foi e ainda é moito de D. Xohan. Fai pouco mandaralle
«unha empanadiña de peixe. Tamén tén pra
il outros peperetes. Hai un demo de portuguesiña que da xenio vela. Cansoúse de servir. D. Xohan sofre cavilando: «Terei qu’ir pol'a outra rua e rubir pol'as escaleiras.. Non se pode chamar a atenceón n'istas rúas de xente devota» D. Xohan é moi franco. Ende» xamais ocultóu ren do seu vivir. Quén lle volvería os abertos camiños da aldea!
Colle o grande chambergo pra sair. D.* Rosina, 6 despedilo na escaleira, dille baixiño:
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572156.xml
4
tes d'outras cubaxes. Enche a bodega i-a serán o romor de dous rios en camiños.
O neno por raro caso está quieto. O pai disfroita co ista atención do rapaz. Olla o neno con pracer o correr da poderosa canilla. Un xogo. Un decorrer que aquece á inquedanza infantil. Logo o caño vai amolecendo, xa non fai aquil forte arco coor de lume, xa se creba, e devece. Desiguida para. Entón o neno estrala en choros. Il quer ollar sempre aquila cousa fermosa que fuxe. Si fora grande colleríaa cas maus como a unha serpe esbaradiza. O pai trema, inquire, logo decátase e manda autoritario: «abride todal-as canillas» os homes, asombrados, temendo o castigo divino, dubidan obedecere: non hai outras pipas dispostas. O señor manda enoxado. Todos coñecen o imperio da voz terribre do amo. C'as maus tremorosas, faguendo ás escondedelas o siñal da crus— lles non son responsabres—abren as pipas. A grande palabra do fidalgo econ na bodega:—«Que meu fillo, meu herdeiro, a fror da miña caste, disfroite» E corren as pipas as do branco, as do tinto, as da Enoosta, as do Bacelar, as da Teixugueira, como corrian as fontes de Versalles no Grande Século. Un ruxir de Dioibo na bodega, unha colleita antiga polo chitin de sábrago faguendo un lago de naumaquia ofrecida á crudelidade incoscente d'un Nerón neniño. O viño figura sangue bañado no asombro do sol, emborracha o ambente da bodega, os homes, o capolán refuxen os pantalós, tinxelles o viño as pernas. Pernas de perdís. O neno ri, berra, bate as maus de gozo. Cánso durme nos brazos do pai cando o enorme sospirar da cubaxe valeira enche a bodega do sentimento d'unha fatalidade. Os homes ca noite e co remordimento ván pr'a cociña, camiñan pr'os lugares, dicindo: «que gran cabaleiro é D. Fulano!» A excramaccón na voz do pobo e na envexa do señorío vai dicindo moitas légoas á redonda: «que gran cabaleiro, que gran cabalciro...»
1845. Polka chemineia baixa fungando e salferindo as brasas o aire invernizo na luzada. O capelin quéntase as maus, paseia inquedo, ás veces asomase á porta da alcoba. Arrodeado de curmáns e irmáns o fidal go loita ca morte no grande leito. A branteura da barba misturase ca brancura das sabáns. Os ollos fixos no crucifixo, mais tamén ás veces cruzados por unha impacenza
NÓS
e nuha door. A de todos. O capalán—un frade escraustrado—rube a quentárese na chemincia i-a ollar pol-os vidros. Penosamente a mañán fría nace n'un paisaxe de cotos brancos. Sairon moitos propios a procuralo. E ven o día, e ven a morte, e D. Xohan, solo i, non ven.
Todo está arregrado nos bufetes do despacho: os pergameos, os tídoos, o testamento. E) Señor con grande concurso de fieis visitoú solenemente o pazo. Había panos de encaixe en todal-as mesas, altariños dourados, e mangados de froles, por miragre no curazón do inverno e da montana. Na cociña os caseiros nin s’astreven a falar. O fidalgo n'un pulo que ningunha forza poido domiñar, ú chegar El Señor, botóuse do leito, il tan sin forzas, e comulgoú axiollado no chán, cos brazos en cruz, como un Rei cristián. l-o fillo non chegaba. derradeiro cáliz d'amargura na agunía do fidalgo. Pol-a medea mañán os pasos máinos da morte cruzaron a sala de volta da alcoba, cando xa fixera sua angueira. Unha vella mangoleta olloúna, á Morte, d'acarranchapornas na solaina pra baixar ó xardin e proseguire a xeira gadañadora.
Están chamados os cregos de tres arciprestádegos, o señorío de sete xurisdiuciós, e virán os probes de vinte parróqueas. Os rosarios enchen o pazo como unha morea supricante. C'a noite alirmase a chama dos grandes cirios. Com'as portas se non pechan, ninguen sinte chegar o novo señor. O capelán quérelle rifar, mais cala didiante da lanzal figura do mozo. Chega de botas outas tabardo montesio, c'unha grea de cóns qu'ouvean 4 coro á morte. O fidalgo salfire chicotazos ós cáns, manda qu'atendan o cabalo na corte e con xesto de gran señor ispe a cabeza e axionllase pra bicar as manciñas do morto. O capelán lembra a data: «Feira en Monteseixos e ollando pro fidalgo: «Facies pecaminosa». Toda a noite vela, rexo silencioso, ergueito. Pol-as once cantan o enterro setenta cregos, un pobo de xente bule nos pateos, non collen as bestas nos pesebres nin o señorío nas salas. D. Xohan recebe og pésames con triste e socegada dinidade. Hai nas facianas unha seguridade despoixa da terribre visita da morte poil-o Don Xohan será bo seguidor da caste...
O poente arrempuxado pol-a noite fuxe deseguida cando ainda había xente nas mesas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572154.xml
2 NÓS
e engebre da sua tradicion e os seus vencellos étnicos e culturais cos pobos do mundo.
Galiza é hoxe, por sorte, un fervedeiro d'ideias encontradas. Calquera que percorra as nosas coleizós pódese decatar doadamente d'elo. Ha d'atopar na vida do noso boletín unha chea de fases ben marcadas, que s'entón pasaban sen se notaren, hoxe aprécianse ben no conjunto. Fases non ben arredadas por soluciós de continuidade, senón indo ás veces unhas d'acabalo das outras, mais non por iso confundíbeis. Hase atopar unha fase que diríamos psicolóxica, d'interrogación do noso ser tradicional e racial; unha fase d'intrés predomiñante pol-as artes plásticas; unha fase d'espansión cordial cara Portugal e cara Irlanda; unha fase d'audaz ensayismo filosófico, de febre criadora; unha fase d'acentuado avangardismo, aínda confusionario; unha fase de veleidades ocultistas e teosóficas; unha fase d'intrés arqueolóxico e erudito. De cote, o que constituíu a actualidade espiritual de Galiza foi o fondo de NÓS.
A vida de NÓS, coma de Galiza n-istes anos que non finaron aínda, foi unha sorte d'eterno recomenzamento. Pois ben: imos unha vez mais recomenzar.
NO ANAL DE MANOEL-ANTONIO
«Agora ando a preparar a miña marcha (non quero darche o gusto de que volvas a chamarme "piloto en seco") e un día próximo penso embarcar.»
CARTA DE M-A O AUTOR.
Porque crebóu o mastro da nao pegureira n-unha Arcadia mariña sen ovellas nin fontes é que prisóu a miña antena silandeira layar de singladuras e carpir de hourizontes.
Porque ós boureles rexos da rapeta infinida secótlle a ramallada de loureiro esculcante é que a rede da Terra leva a pesca perdida...
Poeta:
no teu posto de cote vixiante de catro a catro, a eterna bitácora xa diante, eres piloto «en terra», no mar e na outra vida.
¡Aaa...vante!
F. BOUZA-BREY.—1931
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/11572153.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII * Ourense 15 de Xaneiro do 1931 * Núm. 85
AO ENCOMENZAL-A NOVA XEIRA
No meio da indifrenza dos mais, e co gustoso agarimo d'un fato de fideles leitores, o boletín NÓS mantén aínda a sua posizón dianteira no frente literario do galeguismo, e entra con ledo optimismo n-un novo ano da sua vida.
Temos a fachenda e a legría de qu'o noso boletín teña sido, dend'o ano 20, a proa e o guieiro da cultura galega, e de que todol-os camiños qu'ela pisou dend'aquela, foran por NÓS primeiramente abertos e iniciados. E de que moitos que logo s'arredaron mais ou menos, nas nosas llanas houberan encomenzado a se debatiren co ambente.
NÓS ten refrexado fidelmente e limpamente, por espazo de dez anos, o movemento vital da nosa cultura literaria, artísteca e centífeca; ten acusado todol-os seus avances e recuadas, total-as suas preferenzas e repunanzas, total-as suas seguranzas e fluctuacións. Dez anos que, ata d'agora, teen sido os de meirande inquedanza, de meirande turbulenza, de meirande actividade da vida espirtual galega. Foron os anos en que a élite inteleitual galega, restituída ao sentimento da Raza e da Terra, púxose por fin en contauto co mundo e sinteu chegar ao seu esprito total-as correntes dos tempos novos. Entón, comovidos ata o cerne do seu ser, aínda a sua propia Terra se lles volveu probrema. E viñeron as vacilacións, as porfías e os desacordos. Galiza realizou n-istes dez anos a descoberta do mundo, qu'enantes unha falsa cultura allea e imposta lle non deixaba ver, e foi en todos nós, os novos e os un pouco mais vellos, o comenzo da verdadeira concencia galega, obtida a un tempo por introversión no noso e por contraste co alleo.
Aínda non temos rebasado—por fortuna se cadra,—iste tempo tan intresante e tan fecundo. Aínda ten NÓS por diante unha ingente laboura destrutiva e orientadora.
NÓS repersenta o senso moderno e europeo de Galiza, o mais íntemo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721514.xml
CANCIOEIRO DA AGULLA
ENXERGADO CON DOAS DO POBO
POR ARMANDO COTARELO VALLEDOR
(Remate)
59 No camiño de Santiago dóume a morte nunha eira; deixo dito que me enterren na cama da costureira.
Parece que o autor gardaba boa lembranza dese leito.
Indo para Santiago
Betanzos
60 Non-a queiras costureira, non-a queiras meu irmán, que ten as perniñas tortas de estar sentada no chan.
Inédita?
Outros cantares achacan este defeuto as tecelanas, con menos razón. que ten as pernas tortas
Santiago
61 Nosa Señora da Barca, ben-a vín eu na vidreira, c-unha agulliña na man deprendendo a costureira.
Nosa Señora da Barca, célebre santuario de Muxía.
Graciosa cántiga. Tanto esta como a seguinte aprícanse a outros santuarios.
co-a agulliña na man
Malpica
62 Nosa Señora de Sada vela ehi vai pol-a ribeira en manguiñas de camisa, parece unha costureira.
Hai unha variante que dí «parece unha rianxcira» (Ares) que resulta mais propia.
aló vai pol-a ribeira
Betanzos
63 O amor da costureira é amor de pouca dura, porque todas clas teñen un ramiño de tolura.
Copra de senreira composta por algunha labradora.
todal-as costureiras ten un ramo de locura.
Ourens
64 O amor da costureira é un amor mui delicado, pois si lle apertan o dedo logo entende aquel recado.
Tamén esta foi de inimiga. que si lle apertan o dedo
Elviña
65 O amor da costureira era papel e mollóuse.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721516.xml
14
De estas sátiras de oficios en serie, hai abondancia no folklore.
pra p... os cegos
Ourens
74 Pasei a ponte correndo, passina nunha carreira: quedan vintecinco xastres rapando unha costureira.
Mui graciosa sátira dobre que, ademais, mostra a empencha entre xastres e costureiras.
Enlázase cos núms. 78, 82 e 101. Ver tamén o núm. 58.
Pasei a ponte do Burgo
A Cruña
75 ¿Quen me compra quen llas vendo catro cousas nun rayal?
Un xastre, unha costureira unhá agulla e un dedal;
Non se pode pubricar mais graciosamente a pouca estimanza de todo esto.
costureira con tixeiras unha agulla e un dedal.
Santiago
76 San Antoño garde os porcos,
San Ramón garde as ovellas,
San Roque os cás de palleiro,
Santa Rita as costureiras.
Santa Rita é abogada de imposibres, con que...
San Antoño garde as cabras e San Ramón as ovellas,
tamén garde as costureiras que andan por portas alleas.
Parga
77 Santa Rita franciscana,
a curmán de San Francisco,
é costureira do ceo,
fáille as camisas a Cristo.
¿A qué devota se lle ocurriría esta par-
vada? e a hirmán de San Francisco
A Cruña
78 Sete xastres fan un home
catorce fan un testigo,
para botar unha firma precisanse vintecinco.
Non somentes en copras, en contos, en refrans, en ditos, anda esta despeutiva valoración dos xastres.
e catorce un testigo
A Cruña
e fan falta vintecinco
pra firmar calquer recibo
Foz
79 Sete xastres fan un home,
no ano de pan barato,
porque si caro anda o pan precisanse vintecatro
Parella da cántiga anterior.
o ano que o pan e caro
xa fan falta vinte e catro
A Cruña
Sete xastres fan un home
sete peneireiros outro,
canteiro fai home e medio
e pra tres fáltalle pouco.
que no ano de pan caro
Muros
Entrimo
80 Si San Amaro foi xastre
tamén che sería ladrón;
non houbo xastre no mundo
que non roubase un calzón.
Iñoro quen poido sere este San Amaro ou San Mauro. De entre os moitos que se cele-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721523.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e
moral o día de mañá.
No diario asco dos nenos empreg o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desen-
rolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e
o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721524.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Hospedería de los Sres. Hijo de Peinado
Véndese en todas Boticas, Droguerías, Hoteles, Depósitos d'augas minerás, Restaurans e vagós-camas de todos-os trés.
Estas aguas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetis, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721517.xml
NÓS
bran baixo de tales nomes, ningún tivo oficio de xastre, anque como frades beneitos que foron os mais deles, ben cosicarian algunha vez no convento. Esta copra trae Braoa (Parnaso portuguez, 291) como ga[?] e quizaves seya contaminación co núm. 71.
81 Si ti viras o que eu vin na feira de Monterroso: ivintecinco costureiras acabalb de un raposo!
Monterroso, cerca de Chantada (Lugo).
Inda que este cantar poida ter unha sinificación picaresca pola asociación das costureiras e do raposo, ou raposa, outras vezes son xastres os que camiñan nesa cabalgadura e tamén frades.
Enlázase cos núms. 58, 74, 82 e 101.
82 Si ti viras o que eu vin ó sair onte da misa: vintecinco costureiras cosendo nunha camisa!
Ten a mesma entención do núm. 58 apricado ós xastres; motellar de folgazás a unhos e outros.
Ver tamén os núms. 74, 81 e 101.
domingo vindo da misa
A Cruña
Na miña vida tal vín domingo vindo da misa
Betanzos
83 Si ves probeza na Cruña non é falla de diñeiro que se atopou unha mina de xastres e zapateiros.
Ademais de sere pouco estimados os xastres, abondan demasiado, con-o que se disprecian mais.
Si a nosa Cruña está probe
que descubréuse unha mina
A Cruña
84 Teño de aprender a xastre e muito me hei de apricar; para tomalas medidas labraciños que hei de dar!
Semella que os xastres son homes de bó contentos ben caro me ha de costar, pol-as medidas do corpo labrazos que me han de dar!
Aranga
Para deprender a xastre e o tomalas medidas icanto abracifio hei de dar!
Cines
85 Teño en Gontán miña, roca, meu fuso no chao da Veiga e o liño por sementar, icindo me has vir costureira?
Gontán lugar 'do auntamento de 'Abadín, cerca de Mondoñedo.
Asina esta copra as costureiras faltonas e tamén as amas demasiado apuradas.
Teño unha roca en Gontán, un fuso no Chao da Veiga.
Vilarente
86 Teño un amor peneireiro nas cordas do corazón; aínda que fose xastre, pero peneireiro, non.
Como os peneireiros teñen oficio mais mulleril que o de xastre, son inda peor tratados.
quixera que fose xastre
Bergondo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c0/c069/c069f4e0-3e99-4cab-af1e-3a60f31f83cf/115721513.xml
NÓS
Royaumes de Siam, de Cambodge, de Laos et autres parties de l'Indo-Chine — Relation extraite du Journal et de la Correspondance de "Auteur [Henri Mouhot] par Ferdinand de Lanoye (4.* ed., Paris 1882, pág. 156). Transcreverei não só esse passo, mas duas páginas do livro, por terem também grande interesse etnográfico, respeitante à cultura da terra (pág. 154-156):
«Hormis quelques esclaves, chaque individu a son champ, toujours à une assez grande distance du village, et entretenu avec beaucoup de soin. C'est sur ce champ que, blotti dans une petite case élevée sur pilotis, il passe toute la saison des pluies, époque où le mauvais temps ainsi que les sangsues, qui, comme dans les forêts de Siam, pullulent ici d'une manière prodigieuse, l'empêchent de se livrer à la chasse et à la pêche.
«Leur manière de préparer un champ de riz diffère beaucoup de celle que nos cultivateurs emploient pour un champ de blé ou d'avoine: aussitôt que les premières pluies commencent à tomber, le sauvage choisit un emplacement et un terrain convenables et de grandeur proportionnée à ses besoins; puis il s'occupe du défrichement. Ce serait une rude besogne pour un Européen; cependant le sauvage ne s'y prend pas à l'avance. Avec sa hachette emmanchée à une canne de bambou, en quelques jours il a abattu un fourré de bambous sur un espace de cent à cent cinquante mètres carrés; s'il s'y trouve d'autres arbres trop gros pour être coupés, il les laisse en place, et, au bout de quelques jours, lorsque ce bois est à peu près sec, il y met le feu: le champ est ouvert et fumé tout à la fois. Quant aux racines, on s'en occupe peu, et de labourage il n'en est pas question; sur ce terrain vierge il ne s'agit que d'ensemencer. Notre homme prend deux longs bambous qu'il couche en travers de son champ en guise de cordeau; puis, un bâton de chaque main, il suit cette, pour faire de distance gauche et de droite, pour faire de distance en distance des trous d'un pouce à un pouce et demi de profondeur. La tâche de l'homme est alors achevée, et c'est à la femme à faire le reste. À demi courbée, elle suit l'espèce de sillon tracé par son mari, prend dans un panier qu'elle porte au côté gauche une poignée de grains de riz, en glisse une soixantaine au moins dans sa main qui les déverse dans les trous avec rapidité et en même temps avec une telle adresse que rarement il en tombe à côté.
«En quelques heures la besogne se trouve achevée, car il n'est pas plus besoin de herse que de charrue. La bonne mère nature enverra avant peu quelques fortes ondées qui, en lavant le terrain, couvriront les graines. Alors, le propriétaire s'établit dans sa case, du haut de laquelle, tout en fumant sa cigarette faite de tabac roulé dans une feuille quelconque, il décoche quelques flèches aux sangliers, aux singes ou aux chevrotains, et s'amuse à tirer de temps en temps une corde de rotin qui met en branle deux bambous placés au milieu du champ ou au bout d'une perche au sommet de sa case, de manière à s'entrechoquer au moindre mouvement, et dont le bruit épouvante les colombes et les perruches, qui, sans cela, mangeraient toute la semence. La moisson se fait à la fin d'octobre.»
Esta transcrição diz respeito a «Les sauvages Stiêngs». Desta tribo, explica o autor:
«Les sauvages Stiêngs qui habitent ce pays sortent probablement de la même souche que les tribus des plateaux et des montagnes qui séparent les royaumes de Siam et de Cambodge de celui d'Annam depuis le 11° de latitude nord jusqu'au-delà du 16°, entre les 104° et 116° 20' de longitude orientale du méridien de Paris. Ils forment autant de communautés qu'il y a de villages, et semblent être d'une race bien distincte de tous les peuples qui les entourent. Quant à moi, je suis porté à les croire les aborigènes ou les premiers habitants du pays et à supposer qu'ils ont été refoulés jusqu'aux lieux qu'ils occupent aujourd'hui par les invasions successives des Thibétains qui se sont répandus sur le Laos, le Siam et le Cambodge, etc. En tout cas, je n'ai pu découvrir aucune tradition contraire.» (Loco cit., pág. 152-153).
Viana-do-Castelo (Portugal), Junho de 1930.
ARREDOR DE SÍ
Novela, por Ramón Otero Pedrayo