https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718418.xml
OS HOMES, OS FEITOS AS VERBAS
HOMENAXE A UN PRECURSOR
A Real Academia Galega quixo rendirle un homenaxe a D. Francisco María de la Iglesia no primeiro centenario do seu nacimento que se cumpriu o 2 de Febreiro.
Con este ouxeto organizou unha velada no salón de festas do «Circo de Artesanos», da Cruña á que asistiron os fillos do relembrado, D. Santiago e doña Eladia.
A velada foi moi solene. Abriuna o Presidente da doula corporación D. Eladio Rodríguez González, lendo unhas sentidas cuartillas aculadas de loubanzas para o ilustre patriota compostelán.
O Sr. Carré Aldao deu a coñecer ó público seguidamente, nun traballo notable, algo da laboura enxebre e cultural feita por D. Francisco María de la Iglesia.
Pronunciou logo un discurso en galego Antón Villar Ponte, cantando de xeito incidental á liberdade e á rebeldía, nal da historia.
D. Fernando Martínez Morás leu un estudo brillante de Amor Meilán, encol da personalidade do relembrado; e despois unhas cuartillas de D. Alfredo de la Iglesia, fillo de D. Francisco, nas que se apuntaban conceptos moi interesantes en relación coa época dos primeiros «precursores».
Pol-o derradeiro, doña Eladia de la Iglesia, ateigada d'emoción, nunhas cuartillas tamén, dou grazas á Academia, pol-o homenaxe feito a seu pai; e D. Santiago de la Iglesia pechou o acto cun discurso elocuentísimo, evocando a Galiza de mediados do século XIX, no que demostrou que sin liberdade non pode florecer a arte.
A síntese de canto se dixo na velada é esta: que D. Francisco María de la Iglesia, nado en Compostela, foi un mestre d'escola exemprar que levaba os seus alumnos a faguer xeiras pol-o campo, de carácter cultural, falándolles na lingua materna; que fixo descubrimentos arqueolóxicos; que recolleu datos folk-lóricos; que escribiu moitas poesías galegas e que compuxo o primeiro drama enxebre «A Fonte do Xuramento» e o primeiro libreto de zarzuela escrito na nosa lingua, ó que puñera música Pascual Veiga; que tiña un corazón humanitario que lle levou a consolar ós coléricos e a amortallalos cristianamente cando aquela famosa peste que azotou á Galiza; que plantou árbores que inda hoxe se conservan na Cruña, que, pol-o mesmo, merecente sería d'un capítulo no libro de Murguía «Os precursores».
Como compremento da velada de que falamos o coro «Cántigas da Terra» o remate d'ela cantou a Alborada de Veiga, en homenaxe a D. Francisco María de la Iglesia, que, segundo sabedes, foi autor da letra.
A Academia Galega tenciona facer outros homenaxes semellantes a insignes centenarios, do século pasado, que traballaron moito pola cultura galega e que hoxe fican xa esmorecidos para a maioría dos seus paisanos.
E merecente, pois, d'un aprauso por empresa lan xenerosa e patriótica.
O SENTIMENTO NAZONALISTA E O INTERNAZONALISMO
Ingresou no Seminario de Estudos Galegos, como socio correspondente, Ramón Villar Ponte. D'este leu un traballo, Xavier Pardo, titulado «O sentimento nazonalista e o internacionalismo», que coldamos debe de se imprimir e facelo público, posto que demostra con argumentos rexos e con xuízos autorizados d'ilustres pensadores radicais dos pobos mais progresivos do mundo que o internacionalismo non somentes é compatible co nazonalismo, senón que só pol-o desenvolvemento triunfo dos ideais nazonalistas, poderá chegarse a unha verdadeira e fraterna es.ruluración internacionalista.
Por suposto, que Ramón Villar Ponte concruye, esgrimindo razóns crarisimas, que o nazonalismo que él defende — e que é noso — resulta inimigo do imperialismo.
O IDEAL AUTONOMISTA NA ALSACIA
Nun artigo publicado en «El Sol», falaba Gaziel do problema alsaciano, do que dixo Corpus Barga que é «primeiro gran novo problema da política Interior francesa». Tratáse d'un «pleito autonomista, tanto mais serio canto que Francia non entende de ningunha crás de autonomismos».
A Alsacia saiulle un alma diferente da francesa, e como di Gaziel con grande lóxica, o feito é grave: porque cando a unha masa de homes lles sal un alma, tardan pouco en aspiraren, pol-o menos, a ter tamén un corpo. Inda que, sexa serodio. O se dar conta de que tiña un alma foi o que fixo xurdir na alsaciana iso tan rudo, tan abraian-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718419.xml
NÓS
te e inesperado que é o alsacianismo. O alsacianismo que xa alporizou ós centralistas políicos franceses, levandoos a tomaren rexas medidas disciplinarias contra deputados, alcaldes, concelleiros e empregados púbricos d'aquel país agora xunguido á República d'alén os Pirineos.
Os laios que deitan da Alsacia responden os xornaes de París falando da sacrosanta unidade nacional e de rexionalismo ben entendido, que debe limitarse ó folk-lore e á cociña. N'unha verba, que a Prensa parisién, falnos lembrar da madrileña - di Gaziel - con respecto a Cataluña.
É, pois, o de Alsacia, un caso interesantísimo pra nós, que no porvir ha de nos ofrecer curiosas leicións de moito proveito.
Unha vezada meis imos ver experimentalmente, concorreu Gaziel, qué método e millor pra tratar eses estados clínicos de política d'un país que se caracterizan pola irrupción e erguemento súpeto, fatal, das almas rexionaes: o de pecharlles de firme o paso, saia o que saia, termando de os esmagar co rodelo da uniformidade, ou de acollel-os con amore, garimosamente, deixándolles sua indomábel personalidade, coma son d'unha nota crara e única, pro fundindoa, con todas-as complementarias, nun magno acorde maior.
A “SOCIEDAD CULTURAL CURROS ENRÍQUEZ” DE CELANOVA
Esta sociedade no pouco tempo que leva d'eistencia ten realizado xa unha serie de actos culturais e proleuta outros da meirande importancia e interés.
Invitados por ela diron conferenzas Euxenio Montes, Vicente Risco e Florentino L. Cuevillas. Pra logo anúnciase outra conversa a cargo de Ramón Otero e coincidindo co-as festas das Marzas poráse a primeira pedra d'un moimento a Curros e celebrarase unha velada no seu honor a que mandarán adesión moitos escritores galegos e que ha ser presidida por un fillo ilustre da nosa Terra.
Acesamente damol-o parabén á Sociedade Curros Enríquez e ó seu presidente Fernando Meleiro.
LETRAS D'AFORA
RAINER MARIA RILKE
O coro d'espalladas voces dos puros artistas da verba e do pensamento xuntouse n-isles días pra honra d'un outo e raro poeta. Din os quo coñeceron, coma cicals a y-alma latexante d'estrela de Rilke lina voado fai tempo, dosilo dinantes qu'o probe corpo feble finara mosoedade romántica d'un castelo do Valais, na ampantes neveiros, heroica beethoveniana. Rel lorreaies baixo os abetos pensalibres! De
feito Rilke viviu en compaña da sua moria. Nos Cahiers de Malte Laurids. Brigge, a obra capital en prosa do poeta, a morte (non con M. senón a sua, a de Malte) é cicals o personaxe sempre presente no diálogo interior. Di Antonio 'Marichalar no derradeiro número da Revista de Occidente: “No estaba muerto; pero ido sí. Era un turbio despojo fantasmal. Vivía, como había vivido siempre, como un trasgo medroso, como un duende: alma en pena que va por donde quiere, sin dejar huella de su paso jamás”. Non s'albisca nas derradeiras frases un frémolo romántico? Fai pouco, un novo non s'astrevia a escribilas.
É preciso falar do seu vivir, das suas relacións. Nasceu en Praga no 1775; deixou a Escola Militar, fixo estudos en Munich, en Praga, en Italia. Nos primeiros versos hai lembranzas do Goethe lírico, de Heine. Porqué non sinala coma influencia directora a de Novalis? Principiou a ser grande artista cando volveu os ollos xa cansos de letras, ó chan patricio. É a lei de todol-os verdadeiros poetas. “De que fonda maneira m'enfeitiça - a cantiga do pobo de Bohemia - Paseniñamente entra no corazón - e faino pesado d'emoción - Cando un rapaz xogando - asubía calquer aire do pobo a sua cantiga inda m'acompaña - na noite, ó fondo do meu ensoño”.
Viu Rusia no 1897 (Dostoyewsky, Tolstoi, con quen falou moito). Logo a Francia (Rodin) o Norte (Dinamarca, Suecia), a Arxelia tamén doada, nas vacacións do pensamento a André Gide. Venecia na amizade da derradeira muller capaz de levar a coroa de dogaresa e de se casar co morno Adriático bizantino: Eleonora Duse. Andivo moito por España coma Hauptmann. Por onde? Non se franqueou con ninguén. Logo moitos anos en París. Un bó departamento no Hotel Biron (Rilke era rico entón, arruinouno a grande guerra), amizade de Paul Valery, Gide, Verhaeren, medos, escapadas, eisallazón das puras potenzas do esprito. No 1914 pechouse no malencónico castelo de Muzot. Igual que a Obermann os Alpes acolleron coma pelrucios ó grande isolado. Un castelo pequeniño, terriblemente soilo n-un vasto horizonte de montes tristes; cámaras antigas e pensalivas de sombrizo moblaxe e pouca luz lembra Paul Valery.
Cando se publicaron en francés os Cahiers de Malte Laurids Brigge, os poetes franceses e algúns de fora (Marichalar) fixéronlle o homaxe tidoado Reconnaissance á Rilke. Na dita obra o personaxe danés é Malte con a trasposición da persoalidade de Rilke, o florecimento da sua longa experiencia íntema das pantasmas. Poucos libros van no século de poesía e sentimento tan descubridor de novos acentos d'insospeltadas lonxenias nas verbas e no misterio do mundo interior. E logo a estranxeza das situacións, das lembranzas e a in-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718420.xml
terpretación dos felios diarios. Un anaquiño calquera:
E si penso n-outros que eu vin ou dos qu'ouvin falar, sempre a mesma cousa. Todos levaban a morte n-iles. Istes homes qu'a levaban na coraza coma un prisioneiro; istas mulleres que se voltaban velliñas engurruñadas e tiñan unha morte fina e fidalga, no grande leito, com'un esceario, diante toda a familia, os criados e os cas da casa. Si, hasta os nenos, inda de pequeniños, non tiñan unha morte calquera de nenos: refacianse e morrianse asegún iles eran e asegún fosen a sere.
E de que malencóneo dulzore era a beleza das mulleres encinta, cando de pé, sin quererlo, deixaban cair as mais longas sobrio ventre enchido de dous frollos: un neno e unha morte! Seu sorrir paledo, soila vida no rosto valeiro, non viña de que cicais coidaron sentir e medrar un e outra dentro de si?
Ten moitos poemas alemás e franceses. Os primeiros traducidos por Valery e por Maurice Beiz. Os derradeiros que fixo compoñen o volume Vengers.
Unha opinión de Rilke sobr'a poesía: “Pois os versos non son sentimentos senón experiencias. Pro fazer un sollo verso é preciso ter ollado moitas vilas, homes, e cousas. E preciso repenser camiños en terras descoñecidas, en viaxes que se ven longamente chegar nos dias da infancia inda cheos de misterio, nos mares, nas noites de viaxe. É preciso sabelos esquecer cando son moitos e ter a gran paciencia d'agardar a que cheguen. Pois por eles non son nada. Sollo cando chegan a sere en nós sangue, ollar, xesto, cando non leñen nome e non se distinguen de nós, soilo entón, pode acontecer que n-unha hora moi rara, xurda dentriles a primeira verbo d'un verso.
Libro de imaxes. Elexías de Duino, Soneitos a Orfeo. Pra rematar, dous poemas de Camiños:
Camiños que non levan a ningures — entrios lameiros — e diríase qu'afastados — adrede do seu onxelo — camiños qu'ás veces non ollan — diante d'eles — mais qu'o espazo puro — e a primaveira.
Segue calada si o Anxo — de súpeto se senta na tua mesa — docemente desleal as enrugas — do mantel baixo o teu pan — Ofrecele leu esgrevio compango — pra qu'il á sua volta o probe — e que erga ó seu beizo puro — a sinxela copa de todol-os-dias.
UN NOUVEAU MOYEN AGE, por Nicolas Berdiaeff
Iste libro está chamado a espertar moitas ca-
vile-iós encol do tema vital da decadencia
NÓS
d'Occidente e dos caminhos do porvir. Un estudoso d'hoxe pódese fazer unha especialidade soilo con seguir atentamente a maneira d'enxergal-o problema. Por falta de perspectiva inda non sabemos si os libros traballan na marcha das sociedades coma n-outrora, si é que os estudosos non se lles dá demasiada importancia por aquelo do oficio. Si a sensibilidade social se deixa traballar pol-as ideas, n-hal dúbida que Berdiaeff deixará un vibradoiro ronsel. Ara destemido, forte e sinxelo. O seu fanal de proa loce misticamente. E a mau do timoeiro vai guiada por un seguro sentimento cristião. Deus vai sendo algo mais que o iceberg á deriva qu'axexa Ortega e Gasset cos seus ollos escollastas de literato. É intresante a carreira d'iste Berdiaeff, home d'entrecello e naris eslave (a carátula que se pega á vidreira acedando a dixestión do burgués ben calafateado) e cabeleira de Kappelmeister ou profesor de filosofía co seu anaco de calva crecedeira. Foi, naturalmente, marxista e levaba aquiles sombrelhos brancos dos socialdemócratas do 1900. Mais n-iste ano rompeu co socialismo comunista co libro Suxetivismo e individualismo na filosofía social. É que seguiron outros (Filosofía da Liberdade, O senso do auto criador, Filosofía da historia) inspirados no pensamento ruso ortodoxo, da Eirexa patriarcal frente do Santo Sinodo, demasiado apegado ós dourados do poder. Foi exilado pol-o zarismo. Logo, baixo os Soviets seguiu profesando na sua cátedra de Moscou un ensino cristião, o que lle valeu a cadea e o desterro en 1922.
No seu novo libro, compretando o pensamento dos devanceiros, Berdiaeff faise profeta e asegura qu'estamos entrando n-unha nova Idade Media. O Humanismo (o espirito do Renacemento) está xa morto. Esgotou as suas limitadas posibilidades. Limitadas por que o Humanismo, cada vezada mais distanciado de Dios, remalou por se distanciar por completo tamén do home, pois iste non eixiste senón coma imaxe e lembranza de Deus. O proceso desenrolouse dende o final da Idade Media hastra os derradeiros do século dazanove. O principio foi unha cousa fermosa o ollar as forzas criadoras do home traballando celbes. Unha primaveira soante de xogos. Mais por demasiado confiado en si, por demasiado humano, o sentimento moderno foise queimando n-unha lampa crecente chegando ás iristes furias (positivismo, socialismo, anarquía) ben conocidas. E o vello Adán apartándose da gracia pra facer a experiencia da natureza. O home ledamente liberado ó principio, chegou a afundirse no informe dos elementos inferiores da vida (marxismo, comunismo, imperio do Estado). A civilización (no senso de Spengler, xa clásico) que fuxiu de Deus e erguer tantos veos d'ilusión, cevu na guerra e na re-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571847.xml
NÓS na teoría da herencia psicolóxica, que inspiro cecais o credo priscilianista e os versos d'Ayras Núñez e as arelas dos Irmandiños e os escellicismos de Francisco Sánchez e as páxinas millores dos PP, Feixóo e Sermento e do crego de Frulme e as Prozzas de Galicia de Fernández Neira e as Follas Novas e os Cantares de Rosalia e o humorismo de Esa de Queiroz e a arte de Castelao e Asorey... Que ese esprilo é o fondo de permanencia do noso ser enxebre, trunfador a través dos séculos de todas as invasións estranxeiras, creador dos costumes e das supersticións do pobo, lánlas veces lomadas por ouxeto de bulra pol-os vilegos letrados e hoxe estudadas en serlo pol-os mais sabios homes de ciencia, e fontenla perene é inestinguible do noso lirismo saudoso... E non falo da raposería que moilos coidan unha virtude da raza, porque a raposería pra nós é o froito de cinco séculos d'escravitude e rebaixamento: a esencia da raposería chamase cobardía. E se os galegos novos queren ser algo, teñen que empregaren contra a raposería franqueza. Cecais a franqueza cos» telán sexa un eco do imperialismo de Castela. Por iso o despertar do catalanismo e do vizcaitarrismo, é un feito de franqueza ruda.
Coma xa dixen outra vez, deica o d'agora, dend'a nosa longa decadencia, só os labregos, os aldeáns foron artistas dinos de tal nome na Galiza. Porque eles cultivaron e conservaron os cántigas, os bailes, as tradicións, as saudades, o culto á terra, a riqueza da fala; só eles, co'as suas almas infruidas pol-a paisaxe, con sustancializaron o seu ser na eterna armonía do anaco de cosmos onde Deus lles dou a vida. Todol-os elementos da arte propia ficaron perpetuados por eles somentes a través do tempo. Sin eles, Galiza no pórtico do futuro verla escrito o lasciate ogni speranza que Dante leu no limiar do Inferno. Os outros galegos, os galegos das vilas, os galegos de partida bautismel unicamente, con toda a sua ciencia e a sua arte non fixeron cousa fecunda, cousa de trascendencia. Viviron formando cola no leatro da vida. E eu digo dos labregos e aldeáns pensando na parábola de Cristo: «Vos sodes o sal na nosa terra, e si ese sal perdera o seu sabor ¿conqué Galiza será salgada? ¡Qué cultos son os nosos “campesiños analfabetos”! cabería afirmar co'a frase de
Charstenton. É o Humus do que o Home foi formado a primeira sustancia da concencia.
A INORANZA CULTA
Brindovos, pols, elquí, a paradoxa, diste canto á bendita inorancia aldeá porque somellante inorancia foi preservadora da nosa cultura esencial: porque dita inorancia culla peteluadora da nosa personalidade, da nosa alma colectiva, len un fondo de trasoendencia, superior centos de veces á cultura librasca e reflexa dos desleixados, por outro nome inítrantes cultos. Porque aquela cultura, que é a sabiduría popular sempre viva e flexante, acesda como unha chama vestálica no escrazón da terra, hanos de permitir ós pensadores galegos novecentistas realizar, aque nos séculos IV, XII, XV e XIX, momentos cumios da nosa Historia, estivo a rentes de se realizar. Ben dixo Ortega Gasset: «¡Disgraciada a raza que non fai un alto na encrucillada, enantes de proseguir a sua ruta; que donse fai un problema da sua propia intimidade, que non sine a heroica necesidá de xustificar o seu destino, d'emborcar ceridades sobre a súa misión na historia; porque ninguén pode orientarse no Universo senon a través do diverso da sua raza, xa que vai acochado n'ela, como a pingola d'auga na nube vioxeira...»
Nosoutros, vilegos, por o esquecercere todo, temos esquecido que o camiño de Santiago foi o camiño d'Europa, camiño de dúas vías: a vía franca, aberta na terra pol-os pés sangrantes dos peregrinos e a vía laciea pendurada da bouta do ceo por unha fé que fixo xermolar o noso xenio. E ese camiño hai que volver a abrilo, porque pra abrilo se non percisa da influencia dos políticos nin dos cartos do Es ado, senón do esforzo da mocedade universitaria, da prestación persoal dos bos galegos mancomunada c'o esprito dos poboadores dos nosos eidos, que coñecen as verdades en primeira man, segundo a frase do poeta. Nosa misión non é violentarmos a realidade pra axeliala a un esquema ideolóxico; nosa misión é de alumear as enerxías autóctonas e deixalas en liberdade d'obrar, de culapril-a sua evolución, desenvolvendo todal-as posibilidades herdilarias. Coma dixo Risco, temos que ser máis folkloristas que filósofos, entendendo conforme a frase do mis liberal dos es-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571843.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano IX Ourense 15 Febreiro 1927 * Núm. 38
O PELINGRINO
Na esgrevía penedía, tempro da soedade,
Onde chora a pantasma divina da saudade,
Entr‘os mornos outeiros deita maina fontela
Con soar de psalterio e refulxir d'estrela.
O probe pelingrino empocirado, desfeito,
(Un corpo que non lembra a quentura do leito,
E na y-alma aniñadas as arelas da espranza)
Vai car‘a penedía con firme seguranza.
No farto chán labrego hai lugares d'abondo,
Quéimase na lareira a frouma con estrondo,
Corre escumoso o viño i-o branco pan da terra
Preside a limpa mesa en compaña da xerra.
Hai leito, lume, acougo; o probe pelingrino
Nin-os olla, levado pol-a voz do seu sino.
Sua descoberta frente non pensa na fartura
Pois soilo arela a friaxe da domiñante outura.
A carón do camiño estoupa unha fervenza
E nos cotos de xestas comestos pol-a avenza
Cantan loiras pastoras as historias das fadas,
Dos gnomos e dos elfos, con aire de baladas.
Triste camiñante
Deixa teu andar
Ven ós nosos circos
Riseiro beilar
Nos verdes lameiros
Ao craro luar
Com'as volvoretas
Imos boligar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718421.xml
NOS
volución. Coma Rusia non soupo do Humanismo e por iso fixo a revolución bolchevique, de fondo relixoso, pois vai levada contra Dios, é satanocrática, pois o pobo ruso len que realizar ou a fraternidade en Cristo ou a camaradería no Antecristo. Berdiaeff profetiza un definitivo rexurdimento do espírito cristián que fará un réxime demótico, non democrático, que santificará o traballo lixado pol-o capitalismo e o socialismo e criará o ascelismo salvador. O autor, enemigo do feminismo de hoxe, pensa pra muller unha función mais outa. A muller, mais achegada por natureza á y-alma cósmica, foi por mala via no movemento da emancipación; ela será ó igual que no Evanxeo a portadora dos aromas cando na nova Edade Media o senso mísmico do amor se volva car'á eternidade.
O libro de Berdiaeff está presentado en francés pol-a casa Plon, un dos órganos do movemento tomista moderno, do que inxire un sentimento filosófico cristián nos paisaxes espirituais das novelas, nos temas dos ensaios, na maneira d'enxuiciar os libros. A casa Plon ten sua editorial e libreiría na rue Garanciere, calada, sabia, pensativa, preto de San Sulpicio, o templo das grandes misas orquestadas, e da fonte dos catro bispos, no cerne de París eclesiástico no qu'inda interesa Por!-Royal.
R. O
REVISTAS
CÉLTIGA, Bós Aires, 25 I 1927.
ORIXINÁS de Xulio Sigüenza, João de Deus, Leandro Carré, Lois Tobío, Herminia Fariña, Paz Andrade, M. García Barros, etc. Poñamos en releve as alinadas verbas de Paz Andrade enco! das linguas ibéricas na Real Academia Española, que resumen o sentir de moitos galegos, excais os máis asisados e que millor se decatan do choyo.
"Pra nós a reforma que vimos comentando, non ven a ser outra cousa que a centralización do único que non estaba centralizado. O Estado, en troques de nos tirar coa esmola de dous académicos, e de nos afagar, solerimino, descernindolle oficialmente a categoría de idiomas ós que algúns parvos aínda viñan reputando dialectos, en realidade o que ven é a nos arrebatare de feito a faculdade de exercer a hexemonía da nosa fala; ven a nos disputar o dereito e a misión de coidala, refacela, perfeucionala i-espellala coma nos pete.
A cousa ven logo razoada. En todo caso, coidamos debermos chamar a atención sobrio pensar do Paz Andrade, que ademais non é il solo en soster.
EL DESPERTAR GALLEGO
Éste órgano da Federación de Sociedades Agro-
grarias e Culturales dos galegos da Arxentina traeinds a cada novo número unha nova alegría e unha nova espranza.
Nunca, en ningunha colectividade de galegos emigrados se traballou tanto, con tanto entusiasmo e tanta intelixencia com'agora se ven traballando na colonia residente na República do Plata.
Suárez Picallo, Blanco Amor, D. Rial Seijo, Alonso Ríos, Isla Couto, Xulio Sigüenza, Cao Turnes e outros moitos, homes todos de rexa ideoloxía, de forte cultura, d'intelixencia clara e precureda e sobor de todo de vontade varuda, teñen posto mau na tarefa de galeguizar ós que se esquecen da terra e de tirar a máscara ós desleixados.
Serie cousa longa o enumerar ó miudo a serie de labores que teñen feito, loitando de cote ca indiferenza suicida ou cas ruís intencións máis ou menos encobertas, e mencionaremos solo a Semana Gallega, de cuio programa xa lerán noticia os nosos leitores pol-a prensa diaria, programa que se cumpriu en total as súas partes e no meio do meirande entusiasmo.
As verbas acesas de Sigüenza, Blanco Amor, e Picallo, non deberán cair en terra erma e a semente das ideas boas e xenerosas prenderían n'algús corazóns.
Ó felicitarmos ós nosos irmáns da Arxentina compre que ó fagamos tamén á Federación patrocinadora da Semana Gallega, e ó mesmo tempo, que dirixirlles unha súprica: que as Sociedades que a constituíen non deixen esmorecer a suscripción aberta pro libro escolar galego, cuia necesidade sintese mais cada día.
A NOSA TERRA
Febreiro 1927.
Sumario: Ao decorrer os días: Esquemas e lembranzas. R. Otero Pedrayo: Cousas. Víctor Casas: No camiño de San Yago (diario da peregrinación). X. Pardo: Marxinales. Francisco Abelaira: Lírica. José M. Cabada Vázquez: Lembranza dos loitadores. As cobas dos céltigos. Xuan Fernández Merino: Unha bandeira no ceo; Da renac. 2 galega: A evolución do galego e os seus críticos. V. Risco: Flores de Portugal; Francisco María de la Iglesia (en do seu centenario); Lecturas.
LEA VOSTEDE A REVISTA NÓS BOLETIN DA CULTURA GALEGA MENSUAL
Imprenta LAR. Real, 36 - 1.º A Coruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718411.xml
NOS
O método e ben románteco. Xa nas crases ouvimos decir que Rousseau fora o descubridor da natureza no senso moderno. Será certo ou non. Isto de poñer marcos na Historia das almas é demasiado ambiciosa. Seméllase ó dito tamén ben acreditado do que o Petrarca fora o primeiro en apreciar a beleza das montanhas. Seguiriase, de ser certo, que o Renacemento soupo ollar a natureza e n-hai afirmación tan arbitraria. Millor a sentiron os poetas dos Canzonetiros, os monxes arredados na soidade dos cumes, os pintores flamengos de Bruxas, de Gante, que non axexaban nas escumas o xurdir do lombo da sirena, nin facían a Xúpiter presidente das nubes tromentosas. Os homes da Edade Media levaban dentro d'eles unha filosofía e proieulábana na paisaxe. Igual os modernos i-os novecentistas, todos levamos unha filosofía mais ou menos confesada.
Voltando a Rousseau, abrimos o seu derradeiro libro: *Rêveries d'un promeneur solitaire*. Non parés feito por home vello, desfeito, ventando pol-a morte. Tén anacos — os millores — feitos pol-a mau d'un mozo, de neno grande, insatisfeito, mal criado e xenial que sempre foi Rousseau.
Unhas liñas. O autor botaniza. Sinte emoción sinxela ó parecer na catalogación d'una herba. En troques o mundo mineral non l'interesa: o réxime mineral n-a rien en sol d'almable et d'alrayant. Ben é certo que o concepto de roca non sa liña formado i-a mineraloxía era tida por estudo noxento ou chifladura de rico. Inda na Italia de Stendhal, un príncipe parvo non arelaba senón facer medrar a sua colección de minerais. Os pobos i-as lendas celtas sentiron millor a beleza dos requedos. A relixión das pedras está n-iles ben incada. Chateaubriand camiño do Norte americano, desembarcado na nebaenta Terranova, fal con laxes unha especie de dolmen, lembranza da Armórica deixada.
En Rousseau, e sen sair das *Rêveries*, temos a maneira de paisaxe garimosa ós primeiros románticos. Logo houbo o Sul, o Oriente, a paisaxe humanamente apaixonada das ruínas e dos ce niterios. O devandito é un vago paisaxe do Norte e millor do Norte outonizo. Rousseau fala do lago de Bienne: «as orelas son mais salvaxes e románticas qu'as do lago de Xinebra porque as rocas e os arbo-
redos chegan preto da i-augas». Nólese o emprego da verba románticas, en 1777 ou 78. Inda faltaban mollos anos pra decapitación d'Andrés Chenier, pro prefacio de Cromwell e pro Hernani. O centenario do Prefacio cai n-iste ano de 1927.
É decir qu'o romantismo na verba e no senso, mais escrusivamente no noso tema da paisaxe, é mais vello que Rousseau. Ispiraba as literaturas xermánicas, coma mostrou Mad. de Staël na *Allemagne* traducindo o pensamento de Schlegel no seu *Curso de Literatura*. Cando os profesores s'ocupan das cousas, é qu'as cousas van maduras. Literariamente estaba formado na Gran Bretaña i-en Suiza, terras montesas.
Un dos millores capítulos da *Historia da Literatura inglesa* de Taine adicase a amostrar o xurdimento do novo esprito no peisano escocés Roberto Burns. Dend'il a balada e a montana escocesa foron a novidade i-a vanguarda. Mais forte foi o infruxo de Thomson e d'Ossian.
Nas *Estacións* de Thomson (sería curioso facerse unha biblioteca de libros inspirados pol-o clero do ano, dend'as meditacións cristiás pra cada día, haste as *Sonatas* de Valie-Inclán i-os *Pensadores* de Reymont. O vivir das vilas esquece demasiado o ritmo cósmico) choulan as cachoeiras, galga o mar caros cons, baixa o ceo neboento sobrios bosques salouzantes. O sensualismo inglés tiña descoberto a natureza n-un senso alivo. Xa non era unha decoración, senón unha chea de perso-
naxes. Pol-o mesmo tempo, no comenzo do XVIII, Kent, un pintor, inventou o xardín inglés. Outros pintores ingleses fixeron paisaxe moderna. Inglaterra non se pode pensar sen a paisaxe en primeiro termo. Londres medra gardando nos seus tentáculos anacos de paisaxe, a averza pasta en verdadeiros lameiros a carón do asfalto vilego. Un orgullo salvador de raza de gentlemen cazadores, de yeomen do Norte, endexamais ben metidos na vida de salón dinantes, agora na de cosmópolis.
En Thomson atópase por primeira vez a verba romantismo e unha das sues xustas aplicacións. Mais nos orixes hai unha soma mais poderosa: Ossian. Pouco importa a mistificación literaria. Hai un latexar que enfeitizou a xenios tan diferentes coma Napoleón, Cha-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718415.xml
NÓS
A lembranza do amigo pol-a contemprazón do mar non aparés en ningún segrel elspresada con tanta cralidade como en Roi Fernandes que di:
Candeu vexo las ondas
e las muit altas ribas
logo mi veñen ondas
al cor, por la belida;
maldito seia el mare que me faz tanto male.
Se eu vexo las ondas e vexo las vostelras.
logo mi veñen ondas
al cor, pol-a benfeita;
maldito sela el mare que me faz tanto male. (1)
En troques o mollvo do baño lén moita menor importancia en Esteban Coello, e. 322 que di na primeira estrofe:
Se ox'o meu amigo
soubese iría migo
eu al río
me vou bañar
al mare.
Nos outros poetas menores do mar tópanse as ceraileríslicas notadas n'estes tres e ainda os seus lemes como vemos son repetidos de cote. Asi en Xulao Bolseiro:
Nes barcas novas fois'o meu amigo d'aquí
e vex'eu vir barcas e teño que ven hi
miña madre, o meu amigo! (2).
1-en Nuno Fernandes Tornerol:
Vi eu madre andar
as barcos en o mar
e mórrome de amor (3)
lópanse os molivos de Xohan Zorro, elsallados en Gonzalo Eanes do Viñal;
Cando eu sobi nas torres sobre lo mar
e vi onde sola abafordar... (4)
(1) Rol Fernandes. c. <£8. Integra.
(2) Xuleo Bolseiro, e. 774 e 776.
(5) N. Fernandes Tornerol, c. 146.
(6) Gonzalo Banes do Vinal. c. 809.
como en Nuno Porco;
Irei a lo mar vel-o meu amigo,
preguntalo ei se querrá viver migo,
e vou namorada! (1)
Moitas mais cousas sabemos do mar e dos
trobeiros. Nos cantares andivo que Pero d'Ambroa, por medo ou pol-o que fora, non embarcou nunca:
Pero d'Ambroa sempre ou center
que nunca vos andastes sobre mar... (2)
Per'Amigo de Sevilla conta como se lle ofrecen pra ficar como pagada sua unha rapariga natural do mar, cando veu en romaxe a Compostela (3)
Pol-a sua parle D. Afonso X cando andaba desacougado dábaselle por embarcar e por coldar no mar, contrariamente ó que lle pasaba a Pero d'Ambroa e non pra faguer o que fixo D. Fernando que «conquis de mar a mar» no verbo de Pero da Ponte (4). Don Afonso de Castela e de León confesa co espanto das armas «por cuanto mui perigosos son: que o mellor «é un bon galeón que m'alonge muit'axiña...» e jura por Deus non traer manto, nen grañón, nin ter razons d'amor, nen amar e adicarse a ir «pol-a mariña vendend'o ceb'e fariña» ca xa fora mariñeiro e queriase gardar do alacrán (5).
CABO
Deixei adrede pra rematar a soia cántiga con que Meendiño aparés no Cancioneiro da Vaticana porque coido elspresa, millor que ningunha, o sentimento da paisaxe e da sua saudade. Nela a paisaxe son as ondas do mar, pero nen xa como decorado, fondo pasivo ou accidentalmente altuante, senón como principal elemento da aición. Esta cántiga, a 438, arrédase pol-o seu carailer de lodal-as outras e garda nos seus dazaolto versos un sintético dramatismo. Pra min é a mais lograda manifestazón poética do noso medioevo e
(1) Nuno Porco, c. 712.
(3) Gonzalo Eanes de Viñal, c. 1004.
(4) Per Amigo de Sevilla, c. 65.
(5) Pero da Ponte, c. 54.
(6) Don Afonso o Sabio, c. 83.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571849.xml
NOS
concencia nacional son, en primeiro termo, a comunidade do logar xecgráfico (comunanza di sede geográfica, di o profesor Riechieri) de que nascen os costumes e analoxía d'intreses e sentimentos. Na creación e caralter do dereito, da lírica, da épica, da pintura, hai que lle concedere, a pouco que se afonde o análisis, maior intervención á terra e o clima que ó home mesmo. Son mais ben produto da sua recíproca concomitancia. N'ista tésis — afirma Ricchieri — queda iluminado todo o proceso histórico pola xeografía mesma — nexo eterno do que foi e do que ha ser, que no variar dos sucesos perpetua a súa esencia permanente. A historia é a auga que gurgulla; a xeografía, o oculto depósito do que deita, capaz de lle comunicar a súa calidade perdurable.
Pra todo home — escribiu Dantín, xeógrafo alleo ás ideas políticas — a súa nacionalidade é ante todo, seu país, a súa terra: a lingua, os costumes, a tradición quedan fundidas n'este termo do que arrincaron. As manifestacións espirituais fillas son do interior do home; pro iste interior. ¿quén o condicionou? ¿Houbera sido o mesmo o misticismo de Santa Terixa de ter contemplado a paisaxe galega en troques de contemplar as parameras d'Avila? Gabriela Cunninghame na primeira páxina da súa obra *Her Life and Times* fala disto con notable claridade. Nunca a paisaxe pareceu interesante ós crásicos casteláns, emporiso o medio se lles adentra: o que parece seu interior hermético non é senón o lago espellente onde a paisaxe anda a se refrexar. A visión de Castela que por contraste ofrécenos Rosalía nos *Cantares*, é outra proba do dito.
Por eso eu vos manifestaba que Galiza ten unha cultura guieira que é a cultura que latexa nos ditos dos nosos pelriños e nas cancións das xentes dos nosos eldos. E nós con esta cultura popular, inda que non poséramos nominalizacións de sona universal representativas da mesma, poderiamos alardecarmos d'un releve cultural superior ó de Bélxica. verbigracia. Porque Bélxica, país tan progresivo, non conta unha cultura propia con raíces tradicionais, e os nomes de Verhaerne, Maeterlinck, entre outros coñecidos universalmente, non se achan ligados á tradición belga, non son unha espresión racial como é a nosa Rosalía, merecente de se calificar mais ainda que de poeta da Raza de toda a Raza n'un poeta. Certo que non temos nomes da sinificación d'un Cervantes ou dun Frei Luís. Pro, percisamente, pra aspirar a telos, queremos o recobro do noso espiritualismo. Que por recobral-o Portugal mostra na épica cincocentista o cumio lumioso de Camoens.
O MOLDE COMPOSTELÁN
Ora pensamos todol-os galegos na nosa comeniencia: pensemos que a Santiago lle corresponde por dereito histórico e por dereito xeográfico, ser a capitalidade espiritual da Galiza. Porque Santiago é a nosa cidade máis enxebre, a nosa cidade máis natural, e cicais por ser nada d'un milagre. Coma dixo Otero Pedrayo nace naturalmente no cerco montañoso no que adormece: óllase o granito arrincado das canteiras posto en severas ordeacións con tanta claridade coma vemos erguerse pouco a pouco unha casiña de perpiaño preto da canteira, a carón da estrada. Santiago rise do sol, da lua e da auga. Non'a teme: o contrario, ela continúa a obra dos arquitectos e dos escultores decorándoos co'as fermosas cooractés dos musgos e liquens, dos orcelos e das parietarias. E por Santiago o curso da civilización mundial que iba camiño d'oriente co'as cruzadas tornou pra occidente.
Santiago, sede da gloriosa cultura do século XII, centro e omphalos do antigo mundo occidental que atraiu a Galiza un tempo a Europa Inteira xunguindonos con ela directamente e independentemente do resto da Hispania; Santiago superador da arte románica c'o poema en pedra do mestre Mateo, e masculinizador da arte barroca, coma podedes ouservar na Eirexa de San Francisco; Santiago, pobo universitario, onde cada pedra lembra unha gloria e onde cada gloria áchase petrificada: Santiago, onde o siñor de Lanzós conclbiu os estatutos dos irmanxiños, onde Carlos V foi rechazado pol-o pobo, a nobreza e o clero; onde Antolín López Faraldo formou o seu cerebro e Brañas e Cabeza de León sentino o rexionalismo e Pondal fixose bardo e Díaz de Rábago agrario e López Ferreiro historiador e Cotarelo enxebre e Taibo poeta e Rosalía áchase durmindo o derradeiro sono; Santiago, posto providencialmente coma xigantesca estela de granito labrado n'un punto.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157184&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571848.xml
6
crilores ingleses, Chesterion, que nada hal mais democrático que a tradición. Somentes onde hai tradición hai Porvir; e onde non hai tradición somentes hai mimetismo. A tradición é axelamento ás libresespontaneidades. O consuetudinario é o espello racial. E xa chegou a hora de que nos enfrentemos contra d'aqueles que queren que o pobo queira o que eles deprenderon nos libros, e que resultan inde piores que os tiranos que impoñen a vountade dend'o Poder. porque son os cegadores das fontes crislaiñas da libre espontaneidade popular.
O UNIVERSAL NO CERCANO
Guerra Junqueiro, ó remate do seu poema *Os simples* di: *Tentei unha obra d'arte que fose ao mesmo tempo absolutamente individual, ingenitamente portuguesa e vasta e fundamentalmente humana*. Veleiqui un versículo exemprar: o universal no cercano, o latexo de vida de todol-os séculos e de todal-as distancias, n'un latexo noso. A universalidade está nos enardecidos -escribiu alguén- coma a san coor da intemperie nos mariños de carabela. Preocupados ante o doorido sentir alleo, aproveitan millor as horas velando pol-a door coñecida e cercana, porque non precisan gastaren o tempo do camiño nin o da adaptación ó Iren mais alá, porqué tran ensiños que aproveitar e millorar.
Un panorama d'inmediacións teria de ser pra cada galego o programa concreto da sua actividade, antes que o valeiro ideario das tertulias de café ou casino. Panorama d'inmediacións representado pol-a nosa campía e pol-a nosa mariña, compoñentes da rexión natural, xa que dentro da bioloxía moderna óllase que cada individuo nasce c'o seu medio propio e que a vida do home é un diálogo antr'o espírito e o seu contorno, diálogo que sosteñen dous millóns de galegos inda hoxe e que catrocentos mil vilegos andamos a interrampire desvencellados da propia e específica cultura por un posticismo cultural xenérico imposto por exósmosis dend'a meseta do centro. l-eu digovos que pra o amor todo mundo é patria; pro que pra o coñecemento requirese a limitación ó noso, que tral após de sí a característica mais pura da civilización, consistente en poseer o sentido da reciprocidade, según o ten probado Chesterton. E d'isio que xa ven decatán-
NÓS dose os labregos dos nosos vales, das nosas montanas e das nosas mariñas, teñense que decatar lamén os inxenios abogadescos envenenados pol-as universidades da Edade da Pedra. Envenenados dixen, e dixen ben, porque podedes ouservar, coma teñoo eu ouservado, que son os aldeáns que se fan señoritos de carreira os piores nemigos das reinvindicacións da terra.
Desconfiade dos que, por amor á humanidade, dindesenxerguérense de amaren á Patria. ¡E tan duado por os nosos amores nas estrelas! Ise amore pol-as abstraccións lonxanas non molesta, nin elsixe sacrifizos, nin responde con ingratitudes. O dificile é amare moi de perto o que unhas vegadas é ledicia, outras vegadas dór e moitas tristuras; ó que si cleais nos alxeira a cárrega da vida, outras vegadas é pesadume.
Ises que non aman perto e pertenden faguernos creere que aman moi lonxe, lembran aos seres de sensibilidade perturbada, que se non emocionan por nada na realidade, e choran có autor ó leren unha novela.
O verdadeiro patriotismo, que é amore e desejo da xustiza, non pode endexamais arredare a unhas nazóns de outras, senon xuntalas estreitamente n'unha mesma aspiración. Como non hai patria sin familia, sen patria non pode habere humanidade.
¡O universal no cercano! Eiqui compre ista chamada: o universalismo, reducido a nominalización simbólica esquemática, é Oxford, Cambridge ou a Sorbonna. O cosmopolitismo Sanghai ou Singapoore. Universalista foi Santiago antano; cosmopolita é o Vigo d'hoxe.
Pensade que frente a todal-as entidades astrautas a rexión natural- á que cada vez a Xeografía moderna vaille concedendo maor importancia - afirma a sua calidá real, meten-dose pol-os ollos, e que somentes é rexión, somentes é unidade xeográfica natural aque, anaco de planeta cuios caracteres típicos poden acharse persentes n'unha sola visión. Só eisí se esprica - di Dantin Cereceda - que a concencia ouxetiva da realidá rexional superviva a lodo subxelivismo de doutriña e d'escola, xa política, xa d'outra crás. A Xeografía física ten que condicionar estreitamente a Xeografía política.
Os elementos e faulores xernoladores da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571844.xml
Cangado o pelengrino pol-os aires da serra,
Non escoita as chamadas garimosas da terra.
Á soma d'un cruceiro pensaba un vello monxe
Ó ritmo misteiroso das campanas de lonxe
Chega a noite, camiñante,
Ven comigo a parolar
E na celda do mosteiro
Moito temos que falar.
Os froitos da miña cencia
Teranche que contentar.
O pelingrino n-ouve a tentación do sabio,
Pois xa gostou dos libros o amargurado labio.
As tremantes estrelas choran na fonteliña
E n-auga estrelecida vai deitando mainiña.
As verbas de consolo pr'a probe y-alma núa.
Brinca riba dos montes o novelo da lua...
O pelengrino bica a fríaxe do granito
E sinte nos seus beizos os beizos de infinito.
R.
A fontenla viva da nosa cultura
Libros enteiros poderian escribirse falando do do eterno informundo que afrixe ós noace aldeáns e mariñeiros, sols e verdadeira xente do traballo no noso país.
ROSALIA DE CASTRO
GALLEGOS E GALEGOS
Va pra perto de corenta anos, ó desembarcare en Norteamérica, decíalle Parnell a O'Neill istas verbas curiosas: - Sei que viven nos Estados Unidos e no Canadá, case que un millón d'irlandeses emigrados; veremos se teño a sorte d'atoar alguns irlandeses entrese millón d'Irlandeses.
O falar así Parnell quixo establecer unha diferencla crara: a diferencla real e fonda que existe entres nados na Irlanda e os que, ademais de nados na Irlanda pensaban de xeito intenso nos problemas da illa verde.
Pois cu tamén, sempre que falo n'unha vila galega penso si entros galegos que m'escoltan haberá algúns galegos. E o meu pensa-
O arquitecto Antón Palacios, pensando nas frases de Rosalia, postas encol d'este traballo, deseñou unha coroa que il xusga a mais espresiva pra por sobre do escudo da Galiza. Ista coroa ten como materiais únicos mezorces de millo e cónchegas de avileira, tan ben dispostas, que dan a perfeuta impresión d'una coroa mural. Pois ben; isa coroa maxinada por Antón Palacios clércenas a verdadeira realidade.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718417.xml
NÓS
(Cotobade) de boca d'un vello cego. Carballedo é terra de canteiros que van e veñen, e isles ditos refirense ós seus viaxes.
Habia refrás, segundo din, que seguian o camiño dende Madrid do xeito que os da primeira riola siguen o de Ribadavia a Mourente (Pontevedra) seguindo a estrada que vai a Madrid. Eixemplo: Altas casas en Madrid - Colexos en Peñaranda, etc.
CASTELAO
Folk-lore de Cariño.
Teño unha navalla nova
tres pesetas me custou
catro ben as vale
cinco xa mas dan
o que a queira en seis
que veña a miña casa
buscala en sete
que en oito poida que lla deixe.
Recollida en Cariño, Condado de Orligueira
Ben-Cho-Shey
Orazón a S. Miguel
San Miguel está en la puerla
con la capa descubierta
preguntando, preguntando
por las borlas del cordón.
Yo le dije una oración,
oración al peregrino
cuando Jesucristo vino
Y se puso en el altar
con los pies echando sangre
Y las manos a tobal
Y le vino Magdalena
que se los vino limpiar.
Tente, Magdalena, tente
no me vengas lastimar:
estas son las cinco llagas
que tenemos que pasar
por los vivos y los muertos
los cristianos observar.
Encontré una señora
muy devota del rosario
le pregunté donde iba.
me respondió caminando:
Anda niña, anda niña
que al pronto que lleguemos
le estarán crucificando.
Angeles van para el cielo
todos van en procesión,
debajo de aquel pendón
va Jesucristo clavado
clavado de pies y manos
con la lanza en el costado
la sangre que de él caía
caía en un cáliz sagrado
los hombres que de ella beban
serán bienaventurados.
El que esta oración dijere
todos los viernes del año
sacaba un alma de pena
y la suya de gran pecado
Recollido en Cariño, Condado de Orligueira
Ben-Cho-Shey
Orazón pra denanlas da so dailer
Na miña camiña me deitei
sete anxeliños encontrei:
tres ós pés, catro á cabeceira
Nuestra Señora pol-a dianteira
Ela me dixo: durme e repousa
non teñas medo a ningunha cousa
Con Dios me deito, con Dios me levanto,
con la Virgen Maria y el Espíritu Santo.
Arca Sagrada divino secreto
donde Nuestro Señor está encerrado
con llaves como un hombre muerto.
A cantar de gallo primo
sete anxeles conmigo
sete libros están lendo
sete candiles ardendo.
San Vicente, meu parente
que me puxo la cruz en la frente
para que el demonio non me liente.
Amen, amen, Jesús.
Cristo muerto en la cruz
nin de noite, nin de día
ni en la hora de mi muerte
desampare el alma mia.
Recollido en Cariño, Condado de Orligueira
Ben-Cho-Shey
Non deixe de mercar
COUSAS por CASTELAO
Prezo CATRO pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571842.xml
NÓS BOLETIN MENSUAL d a CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO Vicente Risco DIREITOR ARTÍSTICO Alfonso R. Castelao
DIREICION E REDAUCION Sto. Domingo, 47 - OURENSE ADEMINISTRACION: Real, 36 1.º - A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6 pesetas.
Fora da Península 15
Número solto na Península 1
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30
OS PAGOS SON ADIANTADOS E OS GASTOS DE XIRO DE CONTA DOS SUSCRITORES
Este boletín non pubrica mais orixinás qu‘os que foran direitamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por ron iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
O Pelingrino, por R.
A fontenla viva da nosa cultura, por A. Villar Ponte.
Notas en col da paisaxe romántica, por R. Otero Pedrayo.
A paisaxe no Cancioeiro da Vaticana, por Xosé Filgueira Valverde.
Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Os homes, os feitos as verbas, pol-a Redaución.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36—A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718410.xml
NOS
8
equidistante por igual das ondas do mare de Vigo que cantou Martin Codax e das ondas do mare da Cruña que espelleron a imaxe de Breogán. lén a obriga de ser a cabeza xermoladora da cultura nova pol-a que peltamos con fé os que xa chamamos ó Atlántico o mare nostrum, porque é o mare das descobertas, o mare cella, o mare pol-o que rolan as brétemas velaínas levando e traguendo saudades.
Todos queremos que Santiago seña outra vez a capital directriz da Galiza e non sepulcro xacente d'un pasado, coma agora. Mais pra selo non lle abonda con se considerare insula d'homes ilustres e berce de lembranzas gloriosas pra recreo de turistas. Necesita crear homes egrexios. Porque poden acharse moitos homes ilustres n'aquel pobo, coma n'este e n'outros; pro egrexios, poucos. Poucos egrexios, entendendo que egrexio quer dicir etimolóxicamente, fora da grey e da grea, por riba do rebaño. E fora da grey, por riba do rebaño, somentes están os loitadores, os que se non adican a liquidaren o caracter coma diciría Ganivet — pra faguejo adatabre a todal-as vasixas que lles oferza calquer oleiro con mando. E Santiago hoxe, si fai ilustres e ilustrisimos, non fai egrexios, non fai homes de caracter sólido e insolubre. E eu non sel de nada mais triste que os sabios que liquidan o seu caracter pra non molestaren a ninguén.
Os derradeiros historiadores alemáns, os historiadores post-monsenianos — coma fixo ouservar ben Euxenio Montes — afirman que Roma, a maior e millor estrutura social que houb» endexamais, foi feita xermolar pol-os rapaces deportistas que moraban alonxados das cibdades vivindo unha vida d'esport e d'estudo. E o país que, según Emerson e Chersteton, relembra hoxe a Roma, o país de millor estrutura política actual. Inglaterra, foi precisamente quen inventou o fútbol e sintía a primeira devoción pol-a paisaxe, chegando na sua arte á humanización dos animais. Lembrade a escola dos laquistas. E logo pensai — chegando á mais sinxela das sínteses — que o rusticismo deulle a forza a antiga Roma republicana e anda a vigorizar a moderna Inglaterra, verdadeira República coroada. E concrude que pra que non sigan xenerando almas de xelatina as nosas vilas e cibdades é perciso ollar ó campo e ó mare, na esculca do vertadeiro ser da raza, que alenta inda vivo no esprito dos aldeáns e os mariñeiros, a soya xente do traballo no noso país, como dixo Rosalía.
A. VILLAR PONTE
Notas encol da paisaxe romántica
Sera doado fixar algunhas características da interpretación romántica da paisaxe? Sempre fumos nemigos das crasificacións e catalogacións na radiante e difusa materia poética e coidamos que a fé, moitas veces incoscente, nos sistemas da historia literaria é culpabre en grande parte da priguiza espiritual e da suficiencia burguesa da maor porceón do público letrado. Non me cansarei de padricar ós mozos que fuxan dos prólogos, das eritecas e dos manuales, d'incirralos pra que afonden destemidamente no misterio das almas dos poetas e dos filósofos. Si a impresión deixada n'iles por Goethe, por Rousseau, por Proust, é contraria á que doumatizan os eritecos oficiais, millor, e si despois de ler e pensar algunhas páxinas resolven deixar o libro no estante pra bolarse a axexar pol-o campo o frorecer novo das acacias, millor que millor. Mais sempre que se cumpra co-a limpa arela de ler e de pensar.
Pra facer as notas seguintes leimei un procedimento sinxelo: maxinarme que teño dazasete ou dazaolto anos, i-esquecendo toda a estrafalicación de comentarios e relacións que se teñen doutamente acugulado sobre dos grandes románticos, entrar nas suas páxinas c'aquil novo curazón pra facer n-un coaderno de crase unhas notas espalladas pro meu uso particular. Mais ben que liñas cosirutivas, itinerarios topográficos com'os que fan os viaxeiros en espera de que co tempo s'erga o mapa completo da rexión. Sistema de paseante isolado. Ledo vagar nas horas sereas deixadas pol-o lalexar das paixós. Xogo. Non esqueza o leitor que volta ea miña compaña ós dazaolto anos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718413.xml
NÓS
O PINTORESCO
Lembrarei un caso do pintoresco, ben contraposio o liñalismo de todal-as cántigas de amigo, de rara persislenza no romantismo do século XIX. Tópase na c. 825 de Pedr'en Solás.
A que vi antras amenas.
Deus, como parece ben,
eu mireila das arenas
des i penado me fen.
Eu das areas la mitei
des entón sempre penei.
O TÉMERO
O témero na paisaxe do Cancioeiro é a serra allea e hirla. O suxeto do serventesio de don Afonso pasouna na sua fuxida:
O que foi pasar a serra
e non quis servir á terra... (1)
A idea das donas barudas xúntase á das serras. Di Alvaro Afonso:
...a terra de Cintra, ó par d'esta serra,
vi unha serrana que braadava guerra (2).
Das prantas o toxal e o pouco belido. N'él se meteu o Don Estebo de Soares Coello:
... ou se o vise andar fora da vía
como o eu vien xunta Amarante
que non sabía sair d'un toxal. (3)
Das aves, os corvos xa citados.
O LAQUISMO
Na xa citada cántiga 902 de Fernand'Esquio, tópase un caso de laquismo ben notabre na poesía dos Cancioeiros pol-a infruencia que amostra:
Vaiamos, irmana, vaiamos dormir
nas ribas do lago hu eu andar vi
a las aves meu amigo.
O MAR
Tres grandes segrels de xeilo marino e inspiración oceánica tén o cancioeiro: Xohán Zorro, Pal Gomes Chariño e Martín Codax. As sas cántigas, como as dos outros moitos cantores do marna nossa poesia medioeval, teñen a mais fonda difrenza de estrutura e ritmo cos demais cantos d'amigo e samelan ser feas sobor dos temas musicaes cantados pol-o pobo nos barcos e nos peiraos.
O motivo poético mais usado é o da dona que agarda no porto ó seu amigo ou o da que vai gozar con él no mar. Abordan os paralelismos das vagas e do amor e as referenzas ó baño ritual do que é lembranza o da Lanzada. A saudade dos que van e dos que esperan tén no Cancioeiro moilas manifestazóns que elixen o mar e a ribeira pra se localizar. O mar ou o río levan poucos epítetos, os cisixidos pol-a métrica somentes. O mar pode sere salido, levado, e alto, salgado, forte. As ondas son tamén altas, ou grandes, ou costeiras.
As cántigas que se refiren ó mar son as mais forlemente fermosas dos Cancioeiros.
Da serie poética de Xohan Zorro (751 a 761 incluídas) soio tres trovas non falan do mar, as demais o teñen por principal motivo. Así:
753
Per ribeira do río [alto]
vi remar o navío [barco]
e sobor el da ribeira! (2)
754
En Lisboa, sobre o mar. [lez]
barcas novas mandei labrar [lacer]
ai, miña señor belida! (3)
755
El rei de Portugale
barcas novas mandou labrare,
e la irán nas barcas sigo
miña filla e vos amigo! (4)
(1) Don Alfonso X, c. 77.
(2) Alvaro Afonso, c. 414.
(3) Soares Coello, 1011.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571846.xml
4
de campesiña, sin precisáredes de investigadores da Facenda nin d'empregados do Catas-
tro nin de xueces nin de maxistrados. Aquela nube de fume azul que nimba o verdor da pai-
saxe, escoando pol-as lellas d'unha casa, pertence ó fogar d'esta familia que se val ben
de seu; aquela outra pertence ó fogar d'estoutra familia que se val medianamente; aquela
de mais alá sal d'unha chouza onde a existen-
cia é serodia e catlva; aquela... E o vello
petrucio vos irá eisí inventariando todal-as
chouzas e faguendo o censo das mesmas sen
dubidare nunca, sereo e xusto coma o deus da
paisaxe... deus honrado inda que probe, deus
filósofo e sentenciador e inda que sin letras.
E desceredes do ouleiro, pol-a curripa co-
bregueente fella os pés dos labregos an-
tros fentos irtos e os toxales de chourimas
d'ouro, recibindo a venia sotene dos piñeiros
lanzás que abalan a bris, pensando na mentira
do Estado, na farsa do Concello e na verdade
da parroquia que unhas leis ausurdos, arga-
lladas por vilegos, descoñecen e esquencen.
O venerabre petrucio de brancas guedellas
que as ralolas do sol trocan de prata, vos
parecerá entón un patriarcal héroe d'unha lenda
na que anda a se definire o vello e eterno
direito arlo, d'onde viñeran as leis de Manu
e as Doce Táboas, os costumes xermánicos
e os cánones da Eirexa, todal-as leis dos po-
bos civilizados que viven mais que os imperios
e que non as tumban as revolucións. E inda
eicais buligará d'aquela nos vosos miolos a
alrevida conceución d'un posibre réxime de
soviets parroquiaes que mancomunados serían
capaces de foguer da Galiza un pobo orgánico,
un todo vivo e armónico, sin Estado. É xeilo
dos Estados d'hoxe.
Levade, pois, a emoción da parroquia na
i-alma cando queirades pensar en galego
Pensade que toda xustiza e todo dereito terá de
se basare na parroquia, verdadeira e primaria
unidade real da nosa terra, ond'as vilas sinifi-
can tan pouco, que non recadan pra si mais
que catrocentos milleiros d'almas, mentres dous
millós de galegos, gobernados dend'as vilas
en vilego, alén do radio parroquial non ollan
outra cousa que capataces ó servizo d'un ente
lonxano e invisibre que lles impón deberes a
ello e non lles reconoce dereitos de ningunha
cras.
NOS
¡As veces, o renxer do carro pol-as cor-
redoiras fondas é frolidas, no mesto silenzo
aldeán, lémbranos unha queixa doente. Irmán
do canto das estepas de Borodine, un terrible
salaio oferendado ó ceo pol-a parroquia es-
quecida e opreixa! As veces, cando nos deca-
tamos d'este deslelgamento que os nosos
vilegos esperimentan pol-a aldeia, lembramos
aqueles versos fortes e bruadores que Shelley
ceiboulles ós homes da Inglaterra. «Homes
d'Inglaterra -dicia- ¿porqué aradel-a terra
pr'os siñores das vilas que vos teñen asoba-
llados? ¿Porque tecedes con traballo e coidado
as ricas roupas que os vosos tiranos levan?
¿Porqué alimentades e vestides dend'o berce á
cova aesesingratos vilegos que esproia o voso
suor, mais ainda, zugan o voso sangue?» E en-
tón a poesía de Alfredo Brañas Como n'Irlan-
da, parécenos ispirada. Easnosas vilas parécenos
coutos ulsterianos e ulsterianos os centros
docentes das mesmas. Non temos presente que
na vida terreal poderíamos vivir sin merceiros,
sin homes de curla, sin meciñeiros, sin sol-
dados; sin labregos, non. Un esgrevio esquir-
tor da nosa raza deixou estas verbas: «Todo o
pode iñorar o home sin perigo da vida agás
o tempo da sementeira do pan. E os que iño-
ran esto, son os que se bulran, se cadra, dos
que non'o iñoran, que son os peisanos.
A CULTURA ESPECIFICA
Pois ora digovos: aquel petrucio que nos
deu o ben da sua compaña hastra o oufeiro,
aquel petrucio mestre en agudezas e humoris-
mos, algo filósofo coma todol-os petrucios
galegos, segundo o dito de Unamuno, tan obe-
dente á oculta tradición, antiga e nobre, da
Raza, parécenos — como llo parecería a Euxe-
nio D'Ors — que inda que non deprendeu a
léte, pose unha cultura, a cultura específica,
orixinal da nosa terra, que o fai superior
ós bachilleres e doutores das vilas, escravos
d'unha instrucción mimética e sin alma.
Aquel petrucio merece un vitor na nosa univer-
sidade futura, porque somentes Galiza ha ser
grande, somentes Galiza ha ser Galiza e non
un territorio con habitantes coma é hoxe senón
un país con almas, cando logre infundir o
esprito patriarcal nos ensiños das novas xene-
racións. Que ese esprito, o esprito dos nosos
vellos, é o eternal esprilo, probador da moder-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718414.xml
12
Pel-a ribeira do río [alto] cantando fa la dona sigo [d'algo] d'amor:
- Veñan as barcas pelo río a sabor (1)
758
Mete el rei barcas no rio forte; quen amigo ha, que Deus llo amostre; 'a la vai madre, e ox ei suidade! (2)
759
Xus a lo mar é o río oxe namorada irei u el rei arma navío amores con vosco m'irei (3)
760
Pel-a ribeira do río salido [levado] trebellei, madre, con meu amigo [amado] amor ei migo, quen non ouvese. Fis por amigo que non facese?
Non esclarexarei o argumento, de seu cralo, d'esta serie narrativa, eicais superior á de Codax nos recursos métricos anque de molta menor importancia poética.
Paio Gomes Chariño, outro dos catro grandes cantores do mar, almirante, e señor de Rianxo tén cántigas de lipo mariñeiro feitas sobre temas musicais populares. A 401 xunta o motivo erótico das froles co do mar:
As froles do meu amigo [amado] briosas van no navío, [barco] e vanse as frores d'aquí ben cos meus amores.
Briosas van no navío, [en o barco] para chegar ao ferido, [losado] e vanse as frores d'aquí ben cos meus amores.
Para chegar ao ferido, [losado] e servir mi corpo belido, [loado] e vanse as frores d'aquí ben cos meus amores (4).
(1) Enteira.
(2) Primeira das duas.
(3) Primeira das catro.
(4) Integra.
Esta cántiga de idea cralamentes desenvolta movimento aquecido e xusta proporción é unha das mais rigurosamente perfeitas do Cancioneiro según os cánones da versificación dos troveiros. Baixo os seus versos están, non embargante, os remos a bater nas augas como na 429, de caraller somellante na que apárés o Apóstolo como padroeiro no mar.
Al Santiago, padrón sabido vos madugades ó meu amigo sobre mar ven quen frores d'amor ten mirarei, madre, as torres de Xaén (1).
Cicais perlescente á mesma serie, en parle non coñecida por nós, é a razón 424 onde o mar apárés no seu espeito tráxico:
Dixéronm'oxe, ai amiga, que non é meu amigo almirante do mar, e meu corazón xa pode folgar e dormir xa, e por esta razón, o que do mar meu amigo sacou saqueo Deus de coltas c'afogou... (2).
De todos coñecidas son as cántigas de Codax. O estudo de Oviedo (3), nunca ben gabado, afórrame de insistir no seu elsame. Lembrarei, pois, soio o mais sainte do moilo que fería que recoller elqui do meirande dos nosos poetas mariñeiros. Xa teño falado da Interrogazón ás vagas (4):
Ondas do mar de de Vigo, se vistes meu amigo, ai, Deus, se virá cedo? (5).
Tén interés remarcar a alusión á contemprazón das ondas, que fan lembrar ó amado:
Miña irmana fermosa treides comigo a la elrexa de Vigo, hú é lo mar salido, e miraremol-as ondas (6).
e do baño, xuntoiro dos corpos, como o amor o é das i-almas:
Cantas sabedes amar, amigo, treides comigo a lo mar de Vigo e bañarnos hemos nas ondas (7).
(1) Integra.
(2) Primeira das tres estrofas.
(3) Vd. B. A. G., números, 112-118.
(4) Vd. a Interrogazón ás cervas de Pero Meago.
(5) Codax, c. 884. Vd. 880.
(6) Codax, 886.
(7) Codax, c. 888.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718424.xml
Puxose a venda
Hostia por Armando Cotarelo
Seis reais
F. ROMAN e SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
OURENSE
Telefono 28
ADEQUIRA
Síntese Xeográfica de Galicia por P. Otero Pedraio
Tres pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718416.xml
NOS
14
Non ei barqueiro, nen remador. morrerel fermosa no mar maior, en atendend'ó meu amigo!
penso que a escorrella ordeazón da métrica no impulso, oscilante e crecente de vaga, que a anima, non foi superada ainda nos novos. Di.
Non ei barqueiro, nen sei remar. morrerei fremosa no alto mar, en atendend'o meu amigo!
Seriam'eu na ermida de San Simón, e cercaronm'as ondas que grandes son, en atendend'ó meu amigo!
Estando na ermida, anfo altar, cercaronm'as ondas grandes do mar, en atendend'ó meu amigo!
E cercaronm'as ondas que grandes son, non ei barqueiro, nen remador, en atendend'ó meu amigo!
E cercaronm'as ondas do alto mar non ei barqueiro, nen sei remar, en atendend'ó meu amigo!
Con esta historia de amores quero rematal-as miñas verbas de oxe cativo adobio d'unhas papeletas adicadas ós que non tendo vagar de enxergar o comprexo dos nosos Canciociros queiran coñecel-as belezas que gardan e os problemas que suscita o seu estudo.
XOSE FILGUEIRA VALVERDE
Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Ditos referentes a xentos e pobes.
De Carballiño bó pan e bó viña En Portela de Lamas ricas damas En Toresas parar poucas veces En Pereiros fúxeme ós carreiros. No Paraño corre que te apaño Nas Antas moito frio e poucas mantas Soutelo moito pago e pouco bebo En Vilapouca dano de pé por non gastal-a roupa.
De Bora un e de Xeve ningún Dous de Xeve e un de Bora botan ó maestro fora da obra e se vai un de Marcón hasira vai o patrón.
Pra maestros de alboradas, Lugo ten a fama. Pra tripas en Ourense. Viño tinto en Ribadavia. Pra porcos na Cañiza, que nunca foron lavados. Pra capas Ponteareas, e no Porriño roubadas. Sardiña salada en Vigo. Ostras na ponte San Payo.
En Cerdedo moito pago e pouco bebo Canotos os de Pedre Farraquiteles (1) os de Sacos Ladrons os de San Xorxe Alpurrantes (2) os de San Xorxe Saramagueiros os de Viascón Tratantes os de Tenorio Carreteiros de Mourente Refugallo en Rebordelo Xente honrada en Carballedo.
Estoupa - xogos os de Loureiro Na Lama xanta e vaite Atestados os de Barcia Bestelros na Corredoira Farramonteiros os de Caroy.
(1) Farraquiteles é unha verba dos canteiros. (2) Alpurrantes tamén é verba dos canteiros.
Istes ditos foron recoilidos en Carballeda
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/11571845.xml
NÓS
de da vida galega. A vida galega é labrega e mariñeira. Vida do «rus», balismada pol-a fouce, embrema do labradorío, que somella un sino interrogofivo de ferro acelrado, e pol-o remo, embrema dos mariñans, que somella un sino admirativo de madeira. A fouce co'a que as mous dos segadores afellan as fazulas da terra e o remo c'o que as maus dos mariñeiros peitean os cabelos do mare...
Dos dous millóns e medio de habitantes que ten Galiza, según as derradeiras estadísticas, somentes catrocentos mil compoñen as vilas, todal-as vilas, e o resto, ese resto considerable de dous millóns d'almas, moran, traballan e sofren nos campos e nas mariñas, alonxados do elemento vilego e horfos de toda protección e axuda dos que nas vilas s'educan. Dous millóns d'almas irás poboadas das nosas paisaxes. Dous millóns d'almas pra quenes mais alá do vencello da parroquia, orgaismo natural, non existe outra cousa que unha austracción confusa á que chaman Goberno de Madri — pra eles Estado e Goberno é o mesmo — que lles arrinca contribucións, que lles leva fillos pra serviren o Rei, que lles obriga a pagar foros, e unha concreción crara, o camiño d'América, que coidan posibre medio do conquerimento do vellocino d'ouro. Mais alá da parroquia, escomenzando pol-o auntamento, todos son cercos hostis á vida do labrego e do mariñán; cercos impoñedores de deberes sin dereitos. E eu penso: Pra o campo fan falla ligas de dereitos do home; pra a cidade ligas de deberes, enantes que de dereitos.
CONCEITO DA PARROQUIA
A parroquia, pois, é coma mosca na tea d'araña. Na fermosura das nosas paisaxes hai a fonda door dos poboadores d'isas paisaxes. Doores que non ollan o que non queren ollar os vilegos que van pol-o vrán ó campo e á mariña sintindo no fondal da l-almi a paradóxica escravitude que lles impón a moda de pasaren unha tempada, saudosos da mintira urbana, no seio da Natureza libre, na grande liberdade dos horizontes amples, entro mar e a montana... Doores que se agora escomenzan a atopar pequeno eco entr'algunhas persoas das vilas mais é, case sempre, por comencía politiqueira que por arela de fraternidade e de xustiza. E o espírito da paisaxe galega péchase a comprensión dos vilegos vraneanles e dos propagandistas políticos. Porque sin amor non hai comprensión.
Acontece coa paisaxe — díxolle unha vez Concepción Arenal a D. Francisco Giner — o que con certas pousadas aldeás, nes que, cando o viaxeiro pergunta: ¿qué hai de xantar? contéstaselle: so que vostede traiga. E iso terá de sel-a paisaxe; o que cada un traiga. E que ha traguel — levare, diciriamos millor — á dela o señorito que val a aldea escravo da moda ou o abogado universitario ou dos silveiras que non ve no campo mais que votos incoscentes que se poidan conquerire?
Hérder afirmou que pra intensificarmos o amor á terra, percisábase engadir o coñecemento ó sentimento. Ruskin, que comprendendo a Natureza en toda a sua agarimosa sinxeleza. E elsí nós en Lugo, na primeira asambreia nazonalista galega, conformes con Hérder e Ruskin, sintindo deitar bágoas d'emoción dos nosos ollos, ouvimosile a Banel Fontenla, coma a un patriarca bíblico, estas verbas, todas verdade e poesía, que nos faiguian lembrar de Fustel de Coulanges:
*Abonda con votar ás doce unha ollada pol-a parroquia; onde haxa un lume, onde haxa unha chimineia que fumegue, eli hai un voto, eli hai un fogar, unha entidade reial e viva.... E Risco engadía: Eli hai un deus, o deus agai, na primeira persoa da sua triple manifestación que se chama aló na India o fogo de Garhapatya, centro da familia, base de todo dereito e de toda lei e de toda xustiza. Patriarcalismo, comunidade, supercidadanía. As esencias do vello e eterno dereito ario, d'onde viñeron total-as leis dos pobos civilizados que viven mais que os Imperios e que non'as tumban as revolucións. ¡Cousas vellas coma o mundo que son as mais futuras! ¡Cousas tan de ote que ninguén se lembra de cando puideron escomenzare e que son tan de mañán e tan de sempre!*
¡A parroquia! Única verdadeira unidade primaria natural da sociedade nosa, que vive nos recunchos da paisaxe obedecendo ó espontaneismo do costume superior a total-as leis escritas. Rubide a calquer outeiro á hora do mediodía, cando a campana tanxe brindando a oración do descanso, e saberedes fidelmente, concienzudamente da vida d'una colectividade...
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718423.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718422.xml
Dr. MOSTEIRO
MÉDICO ODONTOLOGO
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
SÁNCHEZ BREGUA, 5-1.º
A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
Droguería e Farmacia
Progreso esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpa millor
Véndense en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Reloxeria ZENITH
Máquinas parlantes, Discos Agullas e Accesorios
M. Calviño
OURENSE
A mais económica de Galicia
MERQUE VOSTEDE
SÍNTESE XEOGRÁFICA DE GALICIA
por Ramón Otero Pedrayo
SANATORIO QUIRURJICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey
Ginecología e Parios
José Mosquera Blanco
Cirugía geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/bb/bbbf/bbbf41de-1609-4a4f-9339-b6c7a55adf04/115718412.xml
NÓS
teaubriand e Goethe. Cicais quen millor sentiu a poesia cósmica do ermo oulonizo i-a forza élnica da raza atlántica da veiramar, foi o noso Pondal. Té un moimento feito pol-as brétemas dos mares do Norle. Non é enxebre no senso vulgar da verba, sendo o millor intérprete da paisaxe nas nosas letras.
Nos orixes romántiques andan - entr'outros dous suizos ben esquecidos. Un foi naturalista, non balánceo coma Rousseau, senón atento estudoso estalado no misterio dos pregamentos alpinos: Haller. Antes do seu poema, os Alpes eran tidos por feros e salvaxes desertos, bós pra cruzalos de présa, coma fixeron César, Benbenuto Cellini, o crásico l-espirtoal Presidente des Brosses. Craro que no pobo e nos monxes había unha impresión da poderosa natureza que non se manifestou na literatura culta. O outro suizo, Gessner, foi moi lido na España no século pasado. Logo soilo quedou com'un eixemplo de poesía pastoral nas retóricas, por sere mansiño e d'un deismo inocente. De fixo infruíu nos poetas galegos do rexurdimento moderno, inda que non sexa doado calibrar a sua aición.
Cando no 25 de febreiro de 1830, Benxamin Constante, Chateaubriand, Mad. Recamier, ollaban dend'os palcos a batalla de Hernani, o Romantismo tiña frorecido suas millores posibiliadades. Na Interpretación da paisaxe chegou moi logo e seguiu idéntico a si mesmo. Todo veu do Norle: os cemiterios de Young, a Edade Mela de Walter Scott, a marcha ou estadea dos morlos de Bürger, o satanismo de Byron. O leitor terá stas indicacións soilo com'esquemas de memorandum, pois n'hai vagar pro'outra cousa. Pra remalar, imos comparar dous pasaxes de mocidade.
«Estamos defendidos pol-as rocas do Jura. Erguerse, andar nos cheos e nos bosques, sentarse á some, falar das cousas políticas, preveñir os acontecementos, volver á hora do sinxelo compango». (Lamartine, no 1815)
«Estou en Versailles fai catro meses: mais é de verdade estar en Versailles? Non deixo o leito, nin puden tr unha sola ves ó castelo, nin ó Trianón, nin a ningures. Abro os ollos na noite pechada e perguntome si o lugar herméticamente pechado e alumado pol-a electricidade no que vivo está posto n'outra parte millor qu'en Versailles, do que non ollei unha sola folla murcha boligar sobre ningún dos estanques. Tal é miña bela mocidade e meu belo vivir. Somentes dos meus pensamentos estremadamente resiñados coma un que ten todo perdido e ren pode perder. Irouxo vosa carta moita tristura. Estivo enferma? Está vos-té cansada? É triste? É imposible e será preciso que vos vexa en París». (D'unha carta do grande Marcel Proust, en 1890).
Estas liñas saien do noso tema da paisaxe, mais teñen ensinos que non compre sinalar.
RAMON OTERO PEDRAYO
A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana
(Proseguimento)
poil-o cervo hi ven esta fonte seguídea ben... (1.a e 2.a)
791
Marchou o mozo que diante da nai fixose o collado pra mellor gañala. Diálogo entre a nai e a filla. Outra das cántigas inmorrentes do Cancioneiro. Di a filla:
Tal vai o meu amigo, con amor que l'heu ei, como cervo ferido de montero del rei.
Tal vai o meu amigo madre co meu amor, como cervo ferido de monteiro maior. E se el vai ferido irá morrer al mar si fará meu amigo se eu del non pensar (1.a, 2.a e 3.a das 5)
Anque escollín, por típicas estas cántigas, ainda ten outras que falan das fontes, o Cancioneiro, entre elas a 271 de Soares Coello do mesmo tema que a 793 de Pero Meogo.