https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157123&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712312.xml
NÓS
142
gantía, e a cibdade ficou valeira diante d'iles; porque non moito despois que Golamh fora precural-a Scythia, o seu abó Breoghan morreu, e a genreira dos seus nemigos. por riba dos que estaban na Hespaña, persigueu ao Gaedhil ata qu'os esparexeron e botaron as veiras das terras veciñas, tanto que iles se non estreveron a visitaren, entraren ou habitaren na cibdade de Breoghan, ou seu alfor arredor d'ela, ata entón. Golamh estabreceuse despois d'isto co seu pobo en Brigantía, e chamou e ajuntou a tribu de Gaedheal,
159. Scota, filla de Faraón, paríu dous fillos na Hespaña, despois d'isto, Eremhon e Erannan, os dous mais novos dos fillos de Golamh. Pra comemoral-os varios lugares ond'aquiles fillos de Golamh foron nados, díxose asina:
a Oito fillos de Golamh de ledicia, cuio nome era Mil de Hespaña, mil chairas foron por il limpadas; en que terras foron iles nados?
b Airech, Febra e Donn, qu'era o seguinte (?) de Seng, nados na Scythia; Scota paríu no plácido Egypto a Emer o branco e Aimirgín.
c Ir, que certamente non era o maor héroi, foi nado na parte de Thracia; Colptha o da Espada foi nado en Gleann Gampa no Gaethlaghe.
d Nados na Torre de Breoghan, sen pena, Erannan e Eremhon; os dous mais novos dos hérois sen lixo. Fillo de Deus abateu o seu orgullo.
160. Tocantes ás varias razas da Hespaña, juntáronse e acordáronse de cada quartel e de cada fronteira d'onderan, Frisios, Lombardos e Bachra, pra arrempuxaren e botar fora a toda a posteridade de Gaedheal. Porque eran de herdamento nemigos d'iles, e non tiñan por comenente o deixalos entrar e moraren nas veciñas terras arredor da vila de Brigantía, já qu'enantes os tiñan botado. Cando Golamh cos seus fillos e irmans soupo da malquerencia e ruin intención que tiñan contra d'iles, pufiéronse en garda contra diles pra os combateren; asina catro e cinco batallas foron rifadas antr’iles, unha após da outra. Un valente soldado foi Golamh n-estas bata-
llas e por il foi cada batalla ganada aos seus nemigos en redor, tanto que por esta razón lle foi dado o nome de «Miledh»; así qu'isto apegouse a il en todol-os bicos dend'aquela, por mais que Golamh fose o seu pirmeiro nome, (1)
161. Despois que ganou aquelas batallas, loitando pol-os dereitos dos seus antergos, colleu o goberno da Hespaña pol-a forza, e despois d'esto, as linages e os habitadores, as tribus e razas da Hespaña, foron
(1) Murguía tratou d'atopar n-iste sobrenome de Miledh ou Milidt, dado a Golamh, a orige do nome da vila de Melide ou Mellide.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571239.xml
Golamh. Suirge, fillo de Caicher, fillo de Manntan, fillo de Caicher, etc; co-a escoIleita d’istes valentes herois d’entorgado tronco do qu’iles nasceron, tan ben com’aquiles. Entón navegaron pol-o estreito do mar de Gades, ás Colunas d'Ércoles, á Sicilia, e dend'alí, d'un porto n-outro, chegaron a Scythia. (t)
150. Quen d’aquela era rei da Scythia, era Reffloir, fillo de Nem, da castimonia de Noenbal, fillo de Fenius Farsaidh. Cando tomaron porto, inquireu quen eran. Iles dixéronllo. Cando houberon relatado a sua parentía aos scythianos, istes foron hospitaleiros co-iles, honráronos e servíronos, escollendo toda cousa boa que lles fora precisa. El-rei Reffloir cos scythiáns, e Golamh co seu pobo, foron benévolos e afeizoados un co outro, despoixas de teren sabido da sua amizade e parentía, e despoixas que tiveron feito sabel-o propósito e a idea de cada un diles. Despois d'un pedazo, o rei considerou qu’era comenente pra il casar unha fermosa filla casadeira que tiña con Golamh, en atenencia a sua nobreza e ilustración, a sua forza e valor. Díxollo e il amostrouse conforme, tanto qu’acordouse a boda. Golamh e o seu pobo demoraron na Scythia, já qu’era genro do rei Reffloir, ata qu’a filla do rei—Seng filla
149. Istes son os nomes dos chefes e fidalgos que foron na sua compaña n-aquela geira: Occe, fillo d'En, fillo d'Occe, fillo d'Elloth, fillo de Noenbal, fillo de Neimidh, fillo d'Elloth, fillo d’Oghamain, fillo de Toithechta, fillo de Tetrech, fillo d'Eber o negro, fillo d'Agnomain, en quen a sua genealogía encontra a de Golamh. Uicce, fillo d’Un, fillo de Uiccé, fillo d'Elloth, etc. Caicher, fillo de Manntan, fillo de Caicher, fillo d'Erchadh, fillo de Caimthecht, fillo de Soet, fillo de Manntan, fillo de Caicher o Druida, fillo d'Eber, fillo de Fai, fillo d'Oghamain. Buas, Bres e Buaigne, os tres fillos de Tigernbard, fillo de Breg, fillo de Breoghan, en quen a sua genealogía atópase co-a de
(1; Nótese que n-iste libro teñen unha importancia decisiva as genealogías, as quales na Irlanda son de cote coidadosamente estudadas e conservadas. Non colle dúbida, ademáis dos entronques que no Leabhar Gabbhala se procuran sempre coas castimonias dos antigos Patriarcas, a influencia das genealogías da Biblia n-estas genealogías irlandesas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712310.xml
de Reffloir era o seu nome—lle deu dous fillos: Donn e Erech foron seus nomes. Un sobrenome tivo iste Donn, foi chamado Eber Donn.
151. Entón Golamh adequireu forza e gran poder antros Scythanos, ata que foi en todo estremo máis forte na comarca quo rei Refiloir, pol-a grandeza con que o pobo todo ao longo da comarca o quería pol-os seus méretos. O rei decatouse d'isto, tanto que ficou cheo de ciume e odiou a Golamh, por medo qu'il poidera vir contra d'il arrebatarlle o reinado e a comarca, com’os denantepasados do mesmo Golamh someteran á sua troncalidade original d'unha vez alá atrás. Novas d'esta nemizade e ruín disposición foron relatadas segredamente a Golamh, de xeito qu'iste estaba en garda e preparado. A hostilidade de Reffloir car'o seu genro medrou e foi a maores, ata que se non poido conter de provocalo a singular combate. Golamh pensou que lle non daría creto o refusar un singular combate con calquera que fose, e d'iste xeito, il e mais Reffloir atacáronse un ao outro e estivéronse batendo un no outro moito tempo; ata que Golamh feríu a Reffloir, e chantou a lanza bermella de sangue no seu muslo; e os seus pobos arredáronse un do outro. (1)
152. Tendo Reffloir deixado no seu leito de morte, tanto que morreu da ferida que lle fixera, xenreira e grande inquinia encheu aos máis dos chefes e nobres da terra en xeral contra Golamh e o seu pobo, por aquela morte que fixera; tanto que s'ergueu cun sóio pensamento en contra d'il, e puxérono fora e botárono co seu pobo da Scythia. En canto a Golamh foi navegando co seu pobo todo, e deixou a filla do rei coil e levou os seus dous fillos. Corenta naos co-as suas tripulacións e cos seus correspondentes campeós, esta era a súa conta. Nave-
A ferida no muslo que Golamh lle fixo a Reffloir, é frecuente na literatura cabaleiresca. Eixemplo d'elo é o episodio da espada partida no muslo de Joseph d'Arimatheia, na lenda do Santo Graal. Partindo o fémur co-a maza d'urmas, é coma no Mahabh'arata mata Bhima, un dos cinco Pandava, a Duryodana, o máis vello dos Kusava, por consello de Krishna.
NÓS
garon arredor da Asia, ao suleste a illa Taprobana; estiveron alí tres meses. Tres meses máis andiveron no mar ata que chegaron ao Egypto. Faraón Nectanebo era rei d'Egypto cand'iles chegaron, e foi hospitaleiro con Golamh, pol-o seu renome e gloria e a amizade dos seus denantepasados n-outro tempo.
153. D'estas aventuras de Golamh cantouse a estanza:
Golamh feríu, e foi unha rara morte,
a Reffloir o duce, que non era moi floxo;
tanto qu'il deixou a forte Scythia longe,
da ribeira do Nilo, ata qu'atopou a Faraón.
154. Agora Golamh viveu no Egypto despois d'isto e recibeu alí un Estado, e colleu a Scota, filla do Faraón por muller. Iste Faraón Nectanebo era o trigésimo segundo Faraón que tomou o reinado d'Egypto despois do Faraón que foi solagado no Mar Rubio. Agora «Faraón» era o nome de todol-os reis d'iles, un despois do outro, dend'o pirmeiro rei cuio nome foi Faraón ata iste derradeiro rei; coma «César» é o sobrenome de todol-os reis en Roma, e «Ptolomeu» de todol-os reis d'Aleixandría. Iste é un sino d'honra aos reis. Istes son os nomes dos reis que tiveron o Egipto antr'istes dous Faraós, co número dos anos do seu reinado:
Faraón Cerres........ 15 anos
» Armades........ 5
» Rameses........ 60
» Amenoses........ 40
» Amenomes........ 28
» Tures........ 7
» Daremandis........ 26
» Senres........ 40
» Thustus........ 9
» Oschorus........ 7
» Csinachus........ 9
» Csimes........ 25
» Sessonchus........ 21
» Pissamus........ 40
» Bachor........ 47
» Etheops........ 12
» Silvicus........ 15
» Etheops........ 20
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712313.xml
NÓS
143
obedentes a íl. Pacífeco e afortunado foi o seu reino e seu governo, depois que trouxo a todos baixo o seu domínio e governo e jugo e poder d'esta maneira. Mil esteve um longo tempo governando ali o seu reinado, e em gran força ata qu'a pestilenza veulle a il mesmo e ao seu povo e ao número do seu povo; tanto qu'alí morreron o rei Mil, Occe e Uicce e cinquenta parexas de casados do seu proprio povo co-iles.
162. Estas son as aventuras de Golamh dend'a Scythia, asi que d'il foi dito: Cionnfaeladh o Instruído o compuxo:
a Golamh chegou da Scythia—
unha historia na qu'os bardos atopan dozura, depois de ferir a Reffloir, fillo de Neman, co-a sua lucente verde e branca lanza.
b Corenta naos a conta da sua expedição; alá iban polo mar abondo de familias; a hoste era millor que ningunha banda, eu lembro eiquí a sua jornada.
c Estiveron tres meses na insua de Taprobana, d'acollida, tres meses n-outro lado, unha estación sen demoranza navegando polo mar d'escuma.
d Depois d'isto viñeron á terra d'Egypto, á corte do Faraón de guerreiras bandas, Scota é outorgada a Mil, Galeinh, de quen nunca se ganou vitoria.
e Un número d'aquela tropa colleu pra deprender-as artes na sua estada: Sedga, Sobairce e Suirge, en artesanía sen tristeira dificuldade,
f Druideiría por Mantan, por Caicher, por Fulman o inventivo e grande; jurisprudenza polo mortal de branco gionllo, por Gosten de severo dedo, por Donn.
g Tres reis dos guerreiros nós contamos, seu favor esténdese riba do mar; deprendendo valor e proeza, Golamh, Uicce, o nobre Occe.
h Iles marcharon ao cabo de oito anos, de costas no dereito camiño; estiveron un mes na Taprobana anque non era causa de pesar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712320.xml
da cafeteira, Cunha tenalla, e un platiño cun Brötchen (panciño de tres pulgadas de diámetro) partido en dous e untado de manteiga.
Tomei café, e agardei ao Armesto moito tempo, Agardei, e chegou ás once horas e meia. Levoume á Ludwigskirche, qu'asegún di, é a única eireja católica de tod'esta barriada.
Cadra já en Wilmesdorf, e pra ir, compre atravesal-a Kurfúfstendamm e coller logo por Olivaer Platz e Pariserstrasse. É unha eireja nova d'un ojival que farían os irmáns Garrido de Parderrubias; se coma son carpinteiros e escultores, foran canteiros e arquiteutos, posta no meio d'un lindo jardinciño.
Entramos por un lado, e a eireja, com'era a misa derradeira, estaba que non collía unha agulla. Gente de pé, apretuxada. Eu non vía en qu'estaban. Tocaba o órgao, e a gente cantaba de cando en cando, sen dúbida influencia dos cultos protestantes. Despois soou a campaiña, e non soupen a qué. Volveron tocar, botaron a beinzón, e algunha gente saíu, outra ficou a corear en alto as avemarías.
Surtimos. No cancel, moito anuncio, e venda das follas parroquiás. Anúnciase unha Oficiña d'información pra católicos estrangeiros. Vexo qu'a isto teño que vir soilo e cedo, pra aproveital-as primeiras misas.
Despoixas viñemos jantar a un restaurant Fucher, da Kurfúfstendamm, e logo arredámonos. Eu viñen á casa, e demorei n-ela, eu soilo, no meio do silenzo, deica as oito. Sentado na butaca, escribindo no costureiro de Fran Tornegg, botei toda a tarde. Tarde tristeira e cómoda e boa, de domingo, con sol na rúa e soedade e traballo.
Eu teño matinado moitas veces na vida d'un solitario estudoso, perdido n-unha d'estas inmensas cibdades. Somentes qu'eu maginoo máis ben n-unha mansarda, mais imitante á qu'ocupei no Hotel de l'Intendence, en París, qu'a iste rente-a-rúa de Fran Tornegg. Teño esta maginación, dende qu'un día d'arroyada en Madrí, cos pés mollados, un amigo meu, Urbano Feixóo de Sotomayor, me levou á sua pousada —tamén máis imitante a iste rente-a-rúa berlines qu'a
NÓS
parisién mansarda— pra leermos unhas historias pantástecas d'Erckmann-Chatrian. Impresión que se non esquece. Estou arestora relativamente preto d'esa miña pantesía, cecais d'abondo. É a semi-realidade d'un soño. Lembremos a viage a Londres de des Esseintes— quen se lembra arestora de des Esseintes, n-iste tempo de literatura proletaria... ideológica, literaria, e esteticamente proletaria?—, e convén calar!
As oito surtín, co-as miñas chaves no peto. Púxenme a rúar. Fun por Mommsenstrasse, logo voltei, collín por Wilmersdorferstr deica Kantstr. Andiven por alí e volvín; metinme por Gervinusstr e logo por Dahlmannstr; saín á Kurfúfstendamm, sempre demoradamente e ollando as cristaleiras das tendas. Seica dicía Azorín, alá nos seus tempos bós, que cando chegaba a unha cibdade, pra coñecela, o primeiro que facía era ir aos escaparates dos retratistas pra ver que señores había alí retratados. D'iste xeito sabía coma eran os habitantes da cibdade. Mal procedemento, porque, ao millor, moitos d'aquiles podían ser forasteiros. En troques, a psicoloxía dos pobos pódese ver moi ben nas cristaleiras das tendas. Eu deprendín moito nas cristaleiras das tendas de Berlín; deprendín cousas qu'eiqui han ir referidas, e deprendín outras que pertencen ao Gran Brahman d'Ortega Gasset, mais que poñen en craro moitos problemas históricos e sociás da hora presente —anque as cousas teñen a súa importancia, sen precisión de seren históricas nen sociás.
Xá na Kurfúfstendamm, déronme as nove e meia da noite —relativa noite— e determinei cear. Com'era domingo, todo estaba pechado, se non eran restaurants e cafés. Pasei diante d'un café que se chama Kurfúfstendamm, onde s'anuncia boa música, por máis que seña música de varietés. Entrei tomar un chiculate de 90 pfenniges. Sentado n-unha boa butaca, a unha mesa con mantel —n-Alemaña, as mesas dos restaurants non solen ter mantel, e as dos cafés, si— servironme un chiculate ben raro n-unha xerra qu'enchia dúas cuncas das de café, cun platiño d'unha porcallada que chaman crema (Sahne) e que ben pode ser escuma d'enxabón, bebino, ouvín tres pezas de música.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712317.xml
NÓS
de caridade, d'enseño e d'asistencia social, os que máis se preocupan dos homildes, os que máis propaganda fan.
Tamén me falan dun recente discurso do ministro da guerra, na Cámara, decindo que hai que remilitarizar a Alemaña, non somentes pra aumental-o seu poder, senón pra crial-o espírito militar na mocedade, coma base d'educación moral pra ela. Din qu'é un home moi elocuente.
Por fin, falamos dos alemás. Com'os de Boun, tamén fan d'iles un juizo severo:
—A cultura alemá é cousa supreficial e imposta. O alemán non cumpre co-elo un gusto, unha afeizón, senón un deber, unha obriga: obedez a unha regra. O alemán é fino, non nativamente, senon porqu'o adeprenderon a selo; déronlle aquela orde, e il cúmprea a concencia, mais por adentro fica bárbaro. Non ten, coma nós, com'os francéses, com'os judeus mesmos, o senso da ironía; non sabe disimular; di sempre o que sinte, e non minte endejamáis. O qu'un alemán di, é de cote a verdade; palabra que dea, háa cumprir. Son tardos, non se lles ocurren de súpeto as cousas; teñen que pensar ben no qu'un lles di pra chegalo a comprender. Un alemán di also, pra namentras ir matinando o que vai dicir. Os alemás débeno todo á organización que teñen e á sua apricación pra o traballo.
Ainda me din outras cousas: que non está permitido limpar os dentes c'un pauciño diante de xente —probe d'aquil señor noso amigo d'Ourense, qu'anda toda a tarde co palillo nos dentes!—; que pode un arrotar diante de calquera, sen incomenente —Baracaluce!, coma diz que din os mouros—; que hai que saudar ajuntando os tacós; que hai que facer moitas reverencias, e outra chea de chafalladas.
AS MILLORES HORAS DE BERLIN
O Tobío, levoume despóis que sereou a tarde á sua casa, onde iba coñecer ao Canedo, e ond'iba pasar dend'entón, moitos días, horas inesquecentes.
Terei que lembrar toda a vida aquelas conversas, nas que, a pequena colonia galega de Berlín —catro ou somentes tres amigos, despoixas soilo dous— comentábamos a vida estranha no plano máis ergueito do espírito.
Imos ver.
CANEDO E TOBÍO
O Canedo, demora, co Tobío, na casa d'un matrimonio holandés d'apelido Dzialiner, en Gieselerstrasse, rúa longa e larga, queda e silandeira, un pouco triste, do barrio de Wilmersdorf. Ten unha cámara con dúas fenestras que dan a páteos e traseiras de casas, e n-ela, unha mesa e un alzadeiro ateigados de libros raros e de moito prezo. Ten Los Problemas fundamentales de la Filosofía y del Dogma, unha edizón antiga do Rig-Veda, un libro en col das iscripciós oghámicas e unha historia da filosofía.
Cando me puxo nas maus o Rig-Veda, eu abrino con emoción e respeito, e tratei d'emprincipiar a lér, soletrando. Sentín enveja e pena de non poder lér de corrido estas cousas, com'il fai. Sentín de súpeto toda a miña inferioridade.
É un home de cencia: estuda lingüística indoeuropea, e non consinte que lle chamen filólogo. Debullou o sánscrito, o avesta, o lituano, o celta, o grego, o latín, o gótico, o slavo. Pol-a lingüística é nacionalista alemán e antisemita. É un home pechado na sua especialidade, e, pol-o menos nos meios universitarios, único na Hispania. Tan único, que na Universidade hispánica, atal e coma hoxe está constituída, non pode haber máis qu'un soilo posto, unecamente, pra il: a cadeira de sánscrito na Universidade de Madrid. Ou consegue ise posto, ou non poderá vivir na Hispania.
Total, qu'o Canedo ten conquerida unha posición centífeca, mais é carecente de toda posición económica; pra vivir, por todo ter, ten unha pensión da Diputación da Coruña, que a outro non lle chegaría pra nada, máis qua il tenlle que chegar por forza. Velehí está: eu, en troques, mal que ben, teño un achego económico, e teño máis anos qu'a il, e non teño unha posición centífeca.
Merez a pena —socialmente— de ter unha posición centífeca?
O Canedo, que ten a ingénua ledicia e o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571234.xml
SOBRE AS CANTIGAS DE MARTÍN CODAX
POR XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
J. J. Nunes fai no derradeiro volm. (XXIX) da «Revista Lusitana» un novo estudo das «Cántigas de Martín Codax, presumido jograr do século XIII».
O tema, capitalísimo na hestoria da nosa lírica, e o prestixio do autor, considerado como o máis xenuino continuador portugués da obra de C. Michaelis, prestan un dobre interés a estas páxinas que veñen a fixar casi definitivamente, o texto crítico das máis famosas «cántigas d'amigo».
O traballo escomenza c'unha breve nota bibriográfica sobre as pubricacións de Vindel, C. Michaelis e Oviedo Arce en col das que foron malamente chamadas «Canciones de la enamorada». Lástima grande que o reducido da introdución e o afán de síntesis do A. impedira insertar eiquí unha pequena crítica das tres obras anotadas.
O máis saínte da introdución, e o que merecería un comentario mais detido pol-o nosa parte, refirese á estrutura das cántigas a estudar. Un breve análisis métrico e unha alusión á parte musical, comentada no seu día por Tafall, levan a unha longa e preciosa referencia ás cántigas paralelístiscas, xenero que está despertando o meirande interés entre todol-os estudiosos dos nosos cancioeiros, e que merecerían un detido traballo comparativo sobre material folk-lórico.
Nunes expon a coñecida tese do orixe popular de estás cántigas, e as ouxecións que lles percuran unha pretendida fonte literaria, quizáis ecresiástica. A sua fbnda coñecencia de este xénero, tan abondoso entre as «cántigas d'amigo», permítelle exercer sobre unha cántiga popular recollida por Leite de Vasconcellos en Braganca o experimento de adaptala estrictamente ó «leixa-pren» trovadoresco. I-e curioso anotar eiquí con canta mais facilidade poidera ser levada esta investigación no noso acervo popular onde tantas e tan garridas mostras de paralelísmo topamos a cada intre.
É este un dos puntos máis suxestivos dos nosos estudos literarios. Os folk-loristas non sempre souperon decatarse de que as moitas cántigas de este xeito merecerían unha depuración especial e detida. C. Michaelis pubrica nos seus comentarios ó C. A. un exempro galego moito mais craro que o de Leite de Vasconcellos, o do baile do «maneo»:
«Como se manean as troilas no río...»
Hoxe poidéramos engadir unha abada mais de exempros soio con follear o compretisimo cancioeiro da ría de Arousa que con garimosa anotación acaba de pubricar Bouza Brey no III tomo dos «Arquivos do Seminario». Asi as cántigas que recolle cos números 164, 165 e 234 poden ser cotexadas cas máis escorreitas cántigas paralelísticas dos Cancioeiros, sendo de notar que o tema coincide ca que antes citábamos, comentada por C. Michaleis, e procedente de unha bailada popular. Trátase de unha cántiga popularizadísima en todal-as rías galegas:
«Pol-o río abaixo vai
unha troita de pé
pol-o río abaixo vai»
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571236.xml
AFIRMACIÓN PATRIÓTICA
POR XERARDO ALVAREZ GALEGO
Discurso pronunciado o «Día de Galicia» en Vilagar cía d'Aurosa,
A ARELA
Oxe, menos que nunca, coido indispensable, o escomenzo d'istas verbas, saudarvos con algunha das invocacións topiqueiras, o senso das vellas parolas retóricas, pois cantos eiquí nos xuntamos —poucos ou moitos— somos dos afervoados e dos bós, e sabemos o segredo de que o que nos funde n-estroras, o que nos aperta n-un mesmo agarimo, a cadea de brazos irmáns que nos estruxa, ten un postulado xenérico, un mesmo berro de loita, unha tácita consigna común: Galicia ceibel!
E, percisamente, oxe máis que nunca, compre acougar a arela peito adentro e mecela no berce quente do noso curazón. Porque é n'iste Día da Terra cando nos compre aparellar máis nosa xuntanza, temperar máis o espírito na emoción da mesma laboura e comulgar na seguranza do mesmo trunfo.
Fagámolo, pois, irmáns, a maneira d'invocación, e pondo a ollada na nosa Bandeira. E fagámolo dende eiquí, dende a xentileza de Vilagarcía, d'iste pobo de maravela que todol-os días, erguido na puntiña dos pés, vai a faguerse un retrato no líquido ouxetivo da ría arousán.
que a vos d'un cantor se erguese pra tremolar nosas glorias. E, así, poideron aldraxarnos Cervantes e Lope, Góngora e Tirso, a musa anónema de longos anos e-o derradeiro sainete «castizo».
No rexional, temos sido un pobo sin persoalidade, dend'os Reises Católicos deica a postreira pingallada borbónica, pasando por aquil malvado, en fedor de santidade, que foi Felipe II, o que, ca sua anxélica dozura, quixo ensaíar enriba do noso asoballamento, «a doma pol-o rigor do castigo».
No político —como fixo ouservar, con outísima ollada, Otero Pedraio— endexamáis tivemos unha política. Tiflamos —iso sí— políticos iñorantes, cacicóns, nosos pol-o Rexistro civil, mais estranxeiros pol a súa i-alma; políticos cuia única sensibilidade pra coa Terra, era a de seren capaces de curar nas suas despensas cantos xamóns tivera xeito pra producire toda a comarca do seu mandarinato.
No ademistrativo e no económico, pagamos, dend'os desastres coloniais, ata as maiores falcatrúas centralistas, sin que recibíramos, en troques, outra cousa qu'estradas parlamentarias, malecóns pra ficcións de portos e copas pra carreiras ciclistas...
Galicia, en fin, amigos, foi pra o centralismo unha rexión descoñecida; orfa de comprensión pra a sua sensibilidade; de abandono pra os seus problemas; de iñorancia pra as suas arelas, e de desdén pra os seus cramores. O poder central, irmáns, de todol-os xeitos, mallou en nós, chupou en nós, bulrounos, aldraxounos, fixo de nós a raíz! Raíz: fura na terra, fai coba na terra, traballa e xime, pra que cando o tron-
PAISAXE POLITECO
Compre, no día d'oxe, ollar o panorama do que fumos e do que soñamos ser, pra non esquecernos do primeiro e pra reafirmar a nosa vontade inquebrantabel de conquerir o segundo.
No literario teñen pasado cinco séculos sin
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712321.xml
NÓS
ca, namentras ollaba os palcos e a pouca gente qu'alí había, fumei un par de pitos, e rematou o primeiro domingo alemán.
Vagarosamente fun chegando á casa, polas anchas louxas das aceras de Waitzstr, abrin a pesada porta de cristais, puxei no botón da luz, e ingresei «bei Tornegg» pra me deitar.
Dend'aquil día, tres meses, un após do outro, iría os domingos á mañá á Ludwigskirche, quitando un soilo, que fun aos jesuítas da Neue Kantstrasse; mais o resto do domingo, quitando tamén ise día, había ser ben diferente d'iste primeiro.
PREUSSISCHE STAATSBIBLIOTHEK
O lús á mañá veume precurar o Canedo, e levoume, en autobús á biblioteca de Prusia.
Dend'entón, vou todol os días. Collo o Stadtbahn na estación de Charlottenburg e báixome na Friedrichstrasse. Mecánicamente, lembro as estacións que hai que pasar: Savigny Platz, Zoologischengarten Bahnhof, Tiergarten, Bellevue, Lehrterstadtbahnhof... Logo collo por Georgenstr, torzo Louis Ferdinand Str.
Alí atopo os carretós onde venden libros vellos. Carretós de man, já dispostos pra elo. Libros ben baratos, anque non de moito intrés, moita literatura, moita tradución, moito folleto, libros vellos empastados, revistas vellas, albums d'arte. De cote perde un meia hora refollando.
Despois, na Unter den Linden, está a fachada suntuosamente neoclásica do que din que é o maior edificio pra biblioteca no mundo inteiro. Pásase a un gran portal todo en pedra de grá, que se pecha con reixas. Á dereita está a entrada da Academia prusiana. Logo ven un páteo que ten no meio unha fonte con chafaris, e cadros d'herba aos lados. Despois hai dobles portas de ferro e cristal que compre forza pra arrempuxar, e já está un dentro.
De fronte unha enorme escaleira de pedra. Na parede da dereita, a primeira porta é a do gardarroupa. É lei deixar alí chapeu, abrigo, pariaguas e caxato. Pol-o gardarroupa, éntrase ao restaurant. Iste restaurant é pra os empregados da biblioteca, que son
320; mais, despois da unha, danse tamén comidas ao público. Alí non sirven pol-as mesas: os clientes van precurar os seus servizos e as suas raciós ao mostrador. Cheira a cociña económica a comedor de caridade, ademais co-aquelas longas mesas e aquiles prebes que revolven o estómago.
Atrás, debaixo da escaleira, están os departamentos onde se van buscar os libros qu'a biblioteca empresta pra lér na casa —pois é unha biblioteca circulante, coma din os pedagogos— e onde se van entregar os que se devolven. Hai alí o demo d'empregados atrás das ventanillas, que non pasan por movimento mal feito.
No outo da escaleira, hai dous pasos, polos que non colle máis qu'una soila persoa, e pra iso por unha d'esas cancelas giradoiras de ferro que fan tac tac ao movelas; un paso é pra entrar, outro pra surtir. En cada un, hai unha gurita de cristá, c'un empregado dentro. Ao entrar, hai qu'amostral-a tarjeta de abono ao empregado. Ao sair, hai qu'abrir a Mappe —cartifol de coiro que levan na man todol-os alemáns, e o empregado olla dentro, e ainda mete os dedos, por s'un quer fuxir c'un libro.
E despois de pasar, está un já n-unha sorte de hall, con bancos de pedra e piso de mosaico, no que, arredor d'una dupla águia imperial, unha iscripción latina perpetúa a adicatoria do Kaiser a Apolo e máis ás Musas. Por fronte, está a sala Apolo, e aos dous lados da entrada, dúas fontes con grifos, nas qu'os leitores beben por vasos de papel ou de celuloide, despoixas de comeren os seus sandwichs.
Hai unha vella, moi vella, moi vella, tipo de sufragista anticuada, seca com'una sardiña, momificada com'un bacalau eu non sei que cencias estranhas, co cabelo branco penteado pra riba e rematando n-un periquito arcaico, vestida c'un vestido pasado de moda hai moitos anos, negro, con pechero d'eicaixe, que pasa o día inteiro na biblioteca, e non sai nen pra comer, senon que come alí, a carón da fonte, o que saca da sua mappe. Non atopei quen me dera razón de que fose esta muller prehistórica, que m'encheu de curiosidade. Qué sería ela? Ao millor, unha vulgar teósofa, ou unha vulgar comunis
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571232.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
¡Montañesal, por Xosé Manuel Cabada Vázquez
Sobre as cántigas de Martín Codax, por Xosé Filgueira Valverde.
Afirmación patriótica, por Xerardo Álvarez Gallego.
Leabhar Gabhála, Libro das Conquistas d'Irlanda (proseguimento).
Da Alemaña, por Vicente Risco (proseguimento)
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda cras de traballos tipográficos
Trasmitanbs os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712319.xml
NÓS
Íresco coma n-un jardín. Chiaban os paxaros. Pol-o día, e aínda á noite; podíase alí fumar e parolar de geito gustoso.
Máis pra erguel-o espírito da conversa, había qu’agardar á hora lúcida do lusco-fusco. D’aquela, o Tobío, que é un rexo temperamento filosófico, podía esparrexer o seu verbo. Soía d’aquela voar do poleiro do comunismo onde Berlín apousara, pra polas ben máis ergueitas do pensamento. E eu recreábame na crareza lumiosa do seu pensar, na repousada abelencia lóxica no tino e no acerto extraordinario das súas sentenzas, na súa dialéctica de cote un pouco quente e vibradoira de sentimento, e ata gorentaba a súa voz, que semellaba ter ás veces com’un estrangulamento cordial no meio do seu cheo resoar de campana.
Cando o Armesto, na súa rígida ortodoxia marxista, exposta n-un estilo anguloso co-as imaxes detonantes da nosa literatura -qu’a caía máis co seu sorriso de bon rapaz bromista que co-a sua voz decrebada-- quería barrer todo sentimentalismo, toda filantropía, toda febleza justiceira ou ética, o Tobío argumentaba que se non fora por un sentimento de xustiza e de fraternidade humán, ninguén podería ser comunista. Entre nós, o Tobío, qu’era o máis novo, era o elemento ecléctico e moderador, o espírito da comprensión e da síntese.
A luz acesa, ollábase na parede onde caía a cabiceira da cama do Tobío, un gran retrato pendurado. Era unha d’esas ampliacións fotográficas que na nosa Terra se poñen nas casas cando morre un da familia. Paralelamente, era aquil o retrato d’unha filla do matrimonio Dzialiner, morta moi nova. Unha rapaza de 15 ou 16 anos, d’unha beleza soave e d’un ollar tristeiro e impresionante. Din qu’as irmás, que viven, son moi fermosas, e Fran Dzialiner asegura qu’ésta era a máis fermosa de todas.
Aconselleille ao Tobío que se namorara d’aquela morta. O Tobío láyase, coma min, da desaparición da Alemaña romántica; mais non conseguín que se namorara d’aquil retrato. A mocedade d’agora já non entende d’iso; a nosa foi a derradeira xeración capaz d’un sentimento d’ise xeito.
Mais logo, o Tobío descende da cadeira fi-
losófica e xurídica e vai pr’a cocina, e namentras o Canedo cobre a mesa e pon n-ela queixo, pan centeo e un queipo de froita, volve c’unha bandeja de laca na que trai café con leite e máis unha tortilla de man de mestre preparada co-as súas mans profesorais. O Tobío ven satisfeito de ter deixado un istante a Kelsen por Picadillo.
E veleiquí a cea: cómese a tortilla, córtase o pan, úntase de manteiga, aplícaselle unha cortada de queixo ou de xamón, cómese, bébese café, e ríllase logo unha mazá. De remate, alcéndese un Abdulla. E volven presidir a mesa Husserl, ou Heidegger.
As ceas galegas de Berlín... Despois, xa tarde, aínda me veñen acompañando deica a Kurfürstendamm. Vimos andando: Gieselerstrasse, en cúa esquina hai unha cervecería ond’unha noite de tronos m’acollín, e onde ouvín os ensaios d’un coro qu’ali s’ajunta, e agardei bibirrichando cervexa que pasaran as horas; Hohenzollern Damm, ond’hai unha estación baixo terra do Untergrundbahn, que s’escoita tronar por abaixo cando pasa, semellando que se vai afundir o piso debaixo dos pés; Fehrbelliner Platz, sorte de deserto d’asfalto onde se perde a vista, c’un oasis d’herba arrodeada de froles no meio; Preussen Park, xardín cun redondel d’herba no meio, onde se pode entrar tres días á semana, e unha cuncha onde tocan a música os domingos; Brandeburgischestrasse, toda escura a aquela hora, ata que se vé ao longe, na Kurfürstendamm, o anuncio lumioso do Stockwerk Schokolade, por fronte ao cal, diante d’unha tabacaría, despedimonos deica ao outro día.
LUDWIGSKIRCHE
Chegou o domingo, e había qu’ir á misa. O Armesto quedara en me vir precurar á miña casa. Il demora eiquí preto, en Sybelstrasse, que cruza co-a miña rúa.
Erguinme, funme bañar, puxen roupa nova, e atopei o almorzo frío: n-uha bandeja laqueada, coberta con papel de seda, unha cunquiña das de café co-a sua culleriña, unha cafeteira de louza branca con riscos vermellos, con café —ou d’isto qu’os alemáns chaman café— pra dúas cuncas, compañeiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712316.xml
146
Dixéronme qu’eran nacional-socialistas (cecáis foran da Stahlhelm).
—Os nacional-socialistas --espricáronme-son unha sorte de fascistas revolucionarios, cuia doutriña é o misticismo nacional. Pra iles, a nación é a úneca realidade terrea superior ao home. O seu mestre é Hitler, austriaco, teórico do racismo. Queren a revancha contra Francia, o erguemento económico d'Alemaña, a posta en poder do seu país.
E seguindo a sua tema marxista, engaden:
—Os nacional-socialistas, son todos iles pequenos empregados, estudantes, clase meia burguesa, a qual, apertada d'unha beira pol-o comunismo e d'outra pol-a aristocracia, especialmente a do diñeiro, atopan unha saída no racismo. É nacional-socialista o que non pode ser comunista nen nacionalista da dereita. Son pequenos burgueses, e por iso son antisemitas, porque os judeus son eiquí os donos do diñeiro, e anticapitalistas. O nacional-socialismo é a defensa natural do pequeno burgués, que non pode vivir...
Non hai caso: co marxismo, espricase todo coma lle dea a gana a un. O que é eu, non vexo moi crara a espricadeira, mais non é cousa de porfiar arestora.
—Tanto istes com'os comunistas, coma todol-os demáis partidos —siguen iles— aman o uniforme, os grandes desfíes a paso militar, as voces de mando...
Tamén isto s'esprica por un imperativo económico? Él é leria?
—Os alemás —acrecentan— levan o militarismo na masa do sangue.
Na masa do sangue? Veleiquí unha espricadeira ben pouco marxista...
—Os Stahlhelm —din aínda— forman unha verdadeira milicia autorizada pol-a lei, unha sorte de somatén. Son antigos aristócratas, polos pera, máis gente forte, valente e arriscada, que se sabe bater, morrer e matar. Están, máis ou menos, d'acordo, no fondo, cos nacional-socialistas, iso qu'agora iles son partidarios de Hindenburg, e os nacional-socialistas nono poden ver. Os Stahlhelm eligen sempre coma presidente a Hindenburg, mais iste endejamáis aceta... Hindenburg é o caso típico do senso do deber no militar alemán, pois sendo coma é, no
NÓS
fondo, monárquico imperial, é presidente da República e cumpre fidelmente coma tal.
—Eiquí —van dicindo— todol-os partidos son craros e definidos: o democrático é o dos judeus que non son ricos; o social-demócrata, o dos obreiros de boa posición e pequenos burgueses, etc.
Sigo vendo que chaman partidos definidos aos que s'esprican asegún o criterio marxista. Pero non verán istes homes qu'o marxismo esprica demáis as cousas, é craro demáis, defiñido de máis, pra ser verdadeiro?
Comprendo que homes de masa, de mentalidade simple, o novo bárbaro das grandes cibdades, ou os que levan demasiada presa na vida, e non teñen tempo pr'exercitaren o pensamento crítico, señan marxistas; máis qu'outros se deixen engaiolar, me non colle na testa... Ben é certo qu'o mesmo Armesto, que semella un marxista ortodoxo, faloume d'unha volta a Lasalle, no socialismo alemán. Esta volta a Lasalle é unha volta ao romantismo, é unha proba de que hoxe, o materialismo, já se non pode sostér.
Prosiguen os informes:
—Agora, todol-os partidos se van desfaguendo pra enrequentaren os partidos estremos: o comunista e o nacional-socialista, que son arestora os máis poderosos... Sostense o partido católico do Zentrum. Iste partido praitica unha política de balancín, abelenciosa, diplomática, sabia, case galega. Istes católicos son todos liberais e partidarios da liberdade de concencia; son o verdadeiro sostén da República, e en realidade, co-a sua prudente política, gobernan a Alemaña... O catolicismo ten unha grande importancia n-Alemaña; os católicos impóñense pol-a sua reititude moral: as familias católicas consérvanse ceibes da desmoralización xeral, e chegan a un punto qu'os rapaces universitarios católicos consérvanse case todos virges. D'iste xeito, o catolicismo progresa de día en día; de cote hai novas de conversións, case todas de gente importante, de familias aristocráticas ou d'antigas firmas comerciás, e tamén de gente en masa. N-efeuto: son moitos os que s'arredan das comunións protestantes, e d'iles, moitos ingresan na eirexa católica. Ademais, os católicos son os que teñen millores istituciés
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712323.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empree o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712314.xml
NÓS
144
i Navegaron, pasaron a punta de Sliabh Riffe, chegaron toda a terra na onda un ano botaron preto de Tracia ata tomaren acougo na escura Dacia.
j Estiveron un mes na colorada Dacia, e foron despois á crara Gothia, ao Delgaint, ao orballado Breoghan, na fria esquinada Hespaña.
k Duas partes e catorce batallas os cumpridos guerreiros rifaron; pol-o dereito á Hespaña, elas foron ganadas pol-o gran Mil.
l Entón é «Mil da Hespaña» sobre d'il, por aquelas batallas que rifou; Golamh é o seu apacíbele nome propiamente, meu mestre, sen ruín xenreira.
m Peste víu riba di'les no seu fogar cincuenta parexas morreron d'ela, cos tres reis que son menzoados, ídolos que non foron aldrajados no duelo.
n Golamh da Scythia de craro escudo en terza feira, non é acusado de falso, tomou a Hespaña, en canto ao día, era pra il un tesouro prontamente.
(Seguirá.)
D A L E M A Ñ A
POR VICENTE RISCO
III. BERLÍN
(Proseguimento)
BERLÍN DIANTE DOS OLLOS
Todas estas primeiras esperencias han ser, por forza, confusas e enleadas; han ser a descripción do descoñecido, a viaxe d'un cego, o naufragio dos sensos no Maelstrom. Andiven moito por lugares de cote novos, de cote estranos; fun por onde me levaron. E Berlín, namentras, un nono engerga, é d'unha mostruosidade esmagante, é o estranho en toda a sua forza formidábel e irresistíbel, armado das máis tremendas armas. Despois, ven resultar, ao cabo, que é unha cidade boa de coñecer, doada d'andar, fácil de vivir, que responde perfeitamente ao seu plano, e onde todo áchase disposto da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571237.xml
NÓS
co engorde e-as pomas florezan, veñan os alléos a abanear o arbre e a recolleitar os froitos!
DICTADURA E REPÚBRICA
E asi chegou o ano vinte e tres.
Dende entón ata oxe, ¡cántas cousas pasaron por riba da Hespaña! Pasaron, pol-o pronto, as cirolas abafantes do Dictador primeiro e do segundo e do terceiro, que se diron tal maña pra pisar forte e ben na escombreira do réxime, que o réxime inteiro —toda a noxenta fachenda da Monarquía—, un día grorioso, deu apodrecida no chan.
E así veu a Repúbrica. Veu ila soila. Xurdiu porque tiña de xurdir, porque sí, pol-a mesma metereolóxica razón que, na treboada, desfanse as núbens en auga. Ninguén intentóu siquera detela. Non era posibre. Ninguén foi tan neno, ou tan tolo, que maxinase que aquil manifico volcán poidera apagarse póndolle no cráter un pucho da Guardia civil, como si se tratase de esmagar un cigarro.
¿E agora? Pois agora, diante da aitual paisaxe politeca hespañola, compre que votemos —pra compretar a prometida segunda parte d'iste índice de discurso— unha ollada ao porvir da Terra, a nosa traeitoria futura, á canto Galicia ten a obriga de faguer e a espranza de conquerir.
Denantes, é fundamentalmente importante deixar afincado que sere repubricano so mentes, é —como poido decir Marañón— non ser rén. Galicia, como toda a penísua é, sin dúbidas, craramente, afervoadamente, repubricana. Nin xiquera é lícito dubidar do seu repubricanismo, si se ten en conta que o réxime, groriosamente trunfante na Hespapa, non era soio unha arela afincada, nin unha invocación amada nos nosos sonos de libertade e nas nosas espranzas d'unha vida máis diña e millor, senón que a ansiedade repubricana de Galicia, era sober de todo o dito unha necesidade cuásique fisiolóxica. ¡Así nos tiña de amargurados a vergoña infinda d'aquil caciquismo que medrou á nosa beira e que fixo o seu leito de infamia na mitade do vivir cibdadán da Terra!
Compre xuntar iste antecedente, e incruso modestísimo e persoal de quen vos fala —que ten contrastado o seu repubricanismo denantes da xornada que o trouxo— pra que teña algún valor isto que vou a decir. E a saber: que, non sómentes pra Galicia ser repubricana é non ser nada, senon que selo d'unha Hespaña unitaria, uniforme, chauvista, do tipo francés, por eixemplo, é o mesmo exaitamente, que ser monárquica. Descuberto o peito e limpa a vos, tiñamos a valentía de decilo así. Si a próisima Constitución non troquela unha figura de Repúbrica federal, recoñecedora integralmente das autonomías rexionáes —dentro, xa se supón, d'unha unidade xeográfica que ninguén, que non foran os que andan imbécilmente a inventar acusacións, intentou esfolar, entón Galicia, non pensará en monárquico porque nós non facemos parvadas, pra ferida da Repúbrica, desengañada da Repúbrica, apartada, con dina friaxe, d'unha Repúbrica de sucre, de banqueiros e d'outos cregos, terá de saber que a sua libertade está, como sexa, n'ela soila. ¡E nón, por iso, deix a. ra de conquerir a sua libertade! ¿Abonda irmáns, con que todos prometámonolo asil
Pois ca uniformidade d'istes pirmeiros tempos de Repúbrica, levan xeito de medrar todol-os maes que viñemos secularmente padecendo. E como non teño tempo, nin vós xustamente, pacencia pra faguer nin un índice levísimo en apoio da miña tesis federalista, e como, por outra parte, non son home que deixe no ar afirmacións que conquiren ser demostradas, somentes cun eixempro pretendo poñer en pé canto levo dito.
NOVO CENTRAISMO DA LEI AGRARIA
Velaiquí o caso n'isa reforma agraria próixima 'a sair, pol o que parece, nas páxinas da «Gaceta», ben derradeiramente malladas de prosa lexislativa.
Todo n'ela ten un forte senso centraísta. É craro xa qu'os gobernantes casteláns non se decataron ainda de que o noso probrema agrario é, non somentes distinto d'Hespaña, senón oposto a il: que non é Hespaña enteira nin unha debesa extremeña, nin un
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712311.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712322.xml
NÓS
ta; ao millor, unha escritora de soado nome; unha sabia ou unha tola. Aos seus anos, que deben ser incontábeles, con qué fé e con qué voracidade rilla nos libros da sala Apolo!
A sala Apolo é redonda, con outos ventanais baixo da vouta e con mesas dispostas en circos que se van estreitando. Baixo das arcadas laterais, hai almarios abertos, cheos de libros, rigurosamente clasificados. Os leitores chegan, e sen pediren nada, van aos alzadeiros, e collen os libros qu'apetecen, e séntanse coiles a lér. Cando se queren ir, fan o mesmo: deixan o libro no seu lugar, e marchan. A Sala Apolo está de cote chea de leitores, os quales saen ao hall, pasean, falan, comen ou séntanse nos bancos de pedra. O que se non pode, é fumar.
No hall, a man dereita, está, cara a entrada, a sala de revistas, que é longa, e ten, en alzadeiros, postas á vista, e perfeitamente clasificadas, as revistas que hai. O procedemento é o mesmo que na sala Apolo.
Sempre na mesma man, está a sala de Oriente, onde hai cousas d'orientalismo, de servizo libre, com'as anteriores. Enriba hai ainda as salas de Geografia e de Múseca.
Por frente á Sala d'Oriente, está o Catálogo xeral, que tamén pode un consultar libremente, e qu'está en grandes volumes encadernados en negro, e ocupa dúas salas seguidas, o alfabético d'autores, e outras dúas, o de materias. Correspondendo á sala de revistas, están na parte oposta da entrada, os retretes. Non sei se saberendes que en cuestión de retretes, Alemaña non recoñece rival...
Esta formidábel bibrioteca ten 2.000.000 de volumes impresos, 6.000 incunábeles, 56 mil manuscritos, 400.000 autógrafos, 300.000 mapas, 300.000 volumes de múseca e 2.500 discos fonográficos. O presuposto anual é de 2.000.000 de marcos.
A tarjeta de leitor, por seis meses, custa 6 marcos. Pagando unha cantidade pra garantía, hai dereito a sacar libros emprestados. Pra elo, compre encher unha ficha que se bota n-unha caixa que hai na sala do Catálogo. Igualmente, por iste meio, pódese pedir pra a sala de leitura un libro dos que non estean n-ela. Ademáis, a bibrioteca está en correspondencia con total-as do Reich; de sorte qu'ali pode un pedir pra lér calquera libro que s'atope en calquera bibrioteca d'Alemaña.
A Preussische Staatsbibliothek é realmente unha cousa seria. É unha das fundacións do Kurfürst, o Gran Eleitor, cuia lembranza consérvase devotamente en Berlín.
(Continuaráse)
Imprenta NÓS. Hortas, 20. Santiago
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndense en todol-os estabrecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINEÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712318.xml
confiado optimismo do home de cencia, pensa que sí. Pechado n-ise pequeno mundo no que viven os seus ídolos —Amor Ruibal, von Wilomowitz, Moellendorf, Lüders, Schulzer —non pode ver com’a cencia pura e desintresada vai perdendo creto e fortúa no mundo actual. Coma ve os nossos sabios universitarios alemás ainda gozan de certo respeito público, ben seña por tendenza atávica, por hábito adquirido, por pulo que ven d’atrás ou pol-o que seña, se non pode decatar de qu’o mundo lles vai virando as costas, e deixándoos isolados co-as suas chifladuras, entretido com’está c’outras cousas. Non pode comprender qu’a cencia que non teña unha inmediata aplicación á satisfacción das necesidades materiais da vida humana, cumpriu já o seu tempo, e que vai vir unha sociedade que terá aos sabios desintresados da sua casta coma lastre inútil, coma parasitos improductivos, e lles ha negar, s’é que queren vivir, pol-o menos unha gran parte do tempo que precisan pra matinar nas musarañas. Eu coidei deber de concencia espallar diante dos seus ollos, defendidos por uns anteollos con montura dourada e por unhas sobrancelhas bastas e juntas de estudante de crego —il nega telo sido, por máis qu’o afirmen, a máis das sobrancelhas, o seu sectarismo anticatólico— esta visión d’un porvir qu’está a chegar. Non hai modo d’o convencer. Il sigue pensando qu’a cencia pura gana prestigio no mundo, qu’o espírito e o pensamento son os que guían a historia, qu’o progreso —porqu’o Canedo, que é fundamentalmente reaccionario, coma cumpre cecais a un home d’outa cultura, cré ainda no progreso— se non pode deter endejamáis.
Iste rapaz, tan bó, tan extraordinariamente bó, e tan sabio, é ademáis un bó galego. Nado en Tordoya, percorreu toda Hespaña —fala de Sant’Yago, de Madrid, do Porto, de Granada, de Bilbao, de Barcelona, coma tendo demorado tempo en cada un dos sitios—; botou anos en París e n-outros sitios de Francia, n-algunha outra Universidade alemáa, e já leva, o menos, dous en Berlín. E non perdeu o seu carácter racial. É galego da cabeza aos pés, anque da sua cabeza aos seus pés non haxa unha distancia eisage-
NÓS
rada. Ama a Galiza, sinte, comprende, profesa o galeguismo; fala galego. Pois ben: Galiza non poderá sacar proveito ningún do raro talento e da máis rara sabencia d’iste home, por non termos nós máis qu’unha quarta parte ou menos d’Universidade, e a que temos, de tipo español, e regimentada asegún regras ditadas pol-o centralismo enseñante. O podermos ter ao Canedo na Universidade Compostelán, atraguería a ela gente de toda Hespaña —dado que na Hespaña houbera quen lle dera por ises estudos— e d’afora da Hespaña; o sair d’ela as publicacións do Canedo, daríalle sona universal. Mais temos que deixar marchar a iste coma se foron outros...
Bohemio da cencia, vivindo coma pode, aforrando en vestidos, coma Erasmo, pra mercar libros, fugindo d’eiquí, o Canedo conquireu unha personalidade científica á que nós, solicitados por todo o qu’eiquí hai que facer, sacrificados á Terra e a un ideal que non logramos qu’os nosos compatriotas compartan, non poderemos já chegar a ter. A tragedia nosa velehí está: pol-o ideal renunciamos á cencia e á sona e ao prestígio; mais, sen ideal, pra qué a cencia, pra qué a sona, pra qué o prestígio?
Dende logo, o Canedo e máis eu intimamos de contado, e na nosa relación, aconteceu que il, o sabio, era quen gardaba toda-as consideracións a min, o dilettante. Apracíalle qu’estivéramos sentados de parola, e confioume ata o seu pensamento filosófico. Traguía sempre zapatos que lle mancaban —o que lle faguía falar pestes dos zapateiros alemás— e máis eu conseguía que fixera comigo longas camiñatas. Misógino por austeridade científica, eu obrigábao a reparar en toda-as rapazas que pasaban ao noso lado. A pequena cantidade de vida de que vai turrando o meu cativo ser, vencía así e todo a inmensa cantidade de cencia qu’il aturaba riba do lombo.
CEA BERLINESA
O Tobío tiña unha cámara c’un balcón de cemento sobr’a rúa, todo cinguido de froles e enredadeiras. N-aquil balcón puñamos unha mesiña e sillós de junco. Estábase alí
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712315.xml
NÓS
millor maneira pra lle tirar á un de diante todol-os pasos dificultosos. É unha obra de man de mestre, antr'as vilas sorbedoras d'homes. É un gran mundo artificial de estrema perfeizón mecánica, coma s'os homes houberan querido erguer un novo mundo montado asegún a cencia, e non asegún a natureza. É —e já voltaremos sobre d'elo— unha sorte de Torre de Babel concebida n-hourizontal.
Guiado pol-o Fernández Armesto, que já domina iste mecanismo, da casa de Fran Tornegg, fumos eu non sei onde: un interminabel camiñar, en longos días sen cabo, —ista era sexta feira— por rúas, restaurantes, cafés estacións, viages no tren eléctrico (Stadtbahn), vista d'edifícios, tendas, librarias, cadros, anuncios, gente, escaparates, siñas lumiosas (bermella pra parar os coches; marela, intermeia, verde, pr'andaren os coches pra diante), hotéis —o Armesto amostroume o de gran luxo, do que sacaron a Rosa Luxemburgo pra guindar co-ela ao río, dend'una ponte que pasamos— eirejas protestantes, d'estilo románico ou ojival, cinemas da Ufa, que son infinitos, etc.
O Armesto vaime espricando todo, faguéndome os honores de Berlín. As suas espricadeiras son da meirande utilidade.
O Armesto posúe unha mentalidade moderna; gran cazador de novedades, d'estraordinaria abelencia práctica, d'unha capacidade d'adautación inteiramente galega, prescindeu de todo ligame co-a tradición, e botouse de cabeza no inédito e no utópico. Pra il, todo o que é principio, regra ou costume, é unha pexa, un vencello que compre esgazar pra deixar vir o renovamento total do mundo; soña unha sorte de paraíso terreal movido a máquina. D'esta sorte, pra il todos istes símbolos que desfían diante de nós —pra min, hoxe ainda non son símbolos— sinifican outra cousa difrente do que sinifican pra min. O Armesto está por elo chamado a verdadeiros éxitos no jornalismo, que hoxe por hoxe, é o seu traballo.
Á noite, presentoume un escritor hespañol: Ayala, colaborador da Revista de Occidente e autor, asegún creio, de Indagación del Cinema. Ayala, que marchaba ao outro
día pra Madrí, é un hespañol típico, absoluto, cumprido, racial. Bohemio, namorado (máis ben á moderna), señorito, conversa, pensamentos, maneiras castizas... Trabuqueime? Non sei, en dúas ou tres horas de compaña; penso que é indubidabelmente inteligente, cecais capacisemo —dende logo, moito máis capaz qu'a min— d'amar o moderno, mais, o seu temperamento, o seu carácter, o seu xeito, non teñen nen migalla de moderno.
Fumos jantar juntos, aló pol-a Friedrichstrasse, e despois, fúmolo levar á sua casa, no vello Berlín do Norte, onde se fala somente o dialecto berlinés. O Armesto esprica que ise Berlín comenza alén d'Alexander Platz, e a il refírese a novela de Döblin: Berlin, Alexander Platz. Barrio d'obreiros, pequenos empregados, e tamén de xente maleante, centro do comunismo...
O sábado «levoume ao Consulado de Hespaña. Longo viage n-autobús. Os autobuses, marelos, teñen dous andares, e no segundo, pódese fumar. Ningunha lembranza d'este viage.
O Consulado está no fondo d'un páteo. Ten unha soila cámara divida en tres c'un tabique de táboas e un mostrador. Hai carteis de turismo hespañol e unha mecanógrafa alemá, que fala español. É unha oficiña probe e tristeira.
Despachado, viñemos jantar co Tobío n-un restaurant que non poido lembrar, e despois fumos ao Romanisches Kaffe, na Augusta Victoria Platz. O Romanisches Kaffee é un café de literatos e artistas. Ten diante unha terraza con toldo. O café é ruin e caro. Augusta Victoria Platz, iba ser toda ela d'estilo románico. Ten algunhas casas d'ise estilo, antr'elas o Gloria Palast, cinema da Ufa, e no meio está unha fermosa eirexa do mesmo estilo. Namentras alí estivemos, tronou e choveu se Deus daba auga. A terraza estaba chea, e a chuvia batía na lona coma n'un tamboril. A xente acollíase.
Despois pasou un camión cheo de homes cantando. Aquiles homes levaban unha sorte de chakó doblado pra diante, un levitón gris, correaxes militares e bandeiras brancas con triple cruz negra.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/115712324.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en total-as
Boticas, Droguerías,
Hotels,
Depósitos d'augas
minerás,
restaurans e
vagós-camas de
todol-os trés.
Estas augas, de sona universal son
o remedio enxebre e eficacísimo
cand'un quer combater o Artritismo,
a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades
diversas, doenzas do Aparello dixes-
tivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571238.xml
coto andalús; que namentras no resto da penínsua o pantasma inquedante é o latifundio, eiquí o mal é a terra en anacos; que si alí hai trínta millóns de hectáreas sin cultivar e d'elas decenove millóns de hectáreas desertas —e deixo a responsabilidade dos números o derradeiro libro do escritor castelán Cristobal de Castro— nós temos, en troques, as terras divididas e minimifundiadas.
Si aló, pois, hai unha demanda dramática, a berros aburados, pra expropiación fulminante, coa parcelación das terras e a colonización interior, Galicia, posta en pé, prega fortemente pol-a desgravación das gabelas fiscaes, pol-o reparto do patrimonio comunal, pol-a concentración parcelaria, pol-os novos módulos de sembra e pol-os modernos procedimientos d'abono.
Denantes de min, xa vos falou Núñez Búa dos traballos, n'este senso, da Misión Biolóxica de Pontevedra. Eu teño que rubircar as suas verbas e ter pra ise home que se chama Cruz Gallástegui, que puxo en outo o miragre de maxinar e de escomenzar a faguer unha Galicia nova e farturenta, a reiteración da nosa gratitude infinda. Eu prégovos que cun aplauso voso quede tamén eiquí pubricamente recoñecida.
Pero eu coido, eu teño a seguridade, que Gallástegui pensa tamén, como levo falado, porque sabe tamén, mellor que todos, que namentras na traxedia do campo andalús fai falla laboura pra os brazos en famento descanso forzoso, pra os campesinos nosos —cuia dor repuxa ista mañán precisamente Fernández Mato, na crónica belísima dun xornal de Vigo— pra os nosos labregos servos da terra, escravos da terra, dobrados, de sol a sol, sober da gleva allea e forzados eternamente a bogar nas naos aldraxantes por riba dise outro mar, pardo e rizado dos sulcos; temos que buscar, co seu milloramento económico, unha trégola humán.
Distintos, pois, —e non uniformes como parece que se pensa no Goberno— han de ser os remedios. E si pra a parameira compre que sexan cantos ensaiou a Prusia posterior a Bismark, eiquí terán de aproisimarse ás reaicións de Francia contra o fraicionamento de excesivo do seu solo, e ó que fixo Alemania pra ter cinco millóns de pequenos
NÓS
propietarios, e Hungría pra ter un millón e Yugoeslavia pra ter cinco centos mil.
Pra eso, é sómentes perciso que se faga carne de realidade o postulado indeclinabel de Herzen: «a terra pra quen a traballa». Que non tome medo ninguén. Esto terá de ser asi inexorabelmente, xa que mentras non ocurra, mentras dure entre nós o réxime vixente dos arrendamentos; non dará a terra canto ten no seu ventre ubérrimo. Lembradevos das verbas exemprares de Arturo Young: «dádelle a un labrego en arrendo unha terra fecunda e fará d'ela un deserto; dádelle en propiedade unha roca pelada e fará d'ela un xardín».
Repito que non haxa pavor. Porque, aínda que de cotío non vol-o pareza, un país así orgaizado sería a máis forte garantía de paz e de orden, como asegurou e probou Horacio Pluchkett, é fixo ver Aquiles Loria e demostraron cumplidamente os campesinos de Hungría, pequenos propietarios todos, que por sel-o, fixeron fracasar, iles soilos, non declarando a folga agraria, o comunismo draconiano de Bela Khum.
¡A NOSA TERRA, NOSA!
E ren máis, que xa falei d'abondo,
Trunfante na Hespaña a xesta da proclamación da República; morto, ou pol-o menos abafado o caciquismo que eisclavizaba A Terra; vivindo unha atmósfera de democracia limpa, temos de conquerir, pol-a nosa vontade, e ca nosa manumisión económica, a nosa libertade políteca, xa que sin aquela non é posible ísta, como houbo de decir un de verdade ilustre políteco hespañol.
No intre de todo elo, vivamos oxe ista xornada brincadeira da Terra. Porque, ao fin, no seu gran Día, Galicia érguese, e trunfa e treme, como se faría cramor un berro paseniño de multitude. Rizase a bandeira en olas azúes e brancas porque o tento morno que a abanca é o mesmo que pon de xionllos os trigaes. Soan as estrofas pondalianas ca forza de aturuxos rimudos. E na crara mañán de Sant-Yago, toda lucencia de vran, a Terra enteira, pringada de alboradas novas, teña un lento latexar de desprecio, É así como a nosa Terra será nosa, irmáns.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571233.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII ★ Ourense 15 de Agosto do 1931 ★ Núm. 92
¡MONTAÑESA!
pra ir morrer na tua veira
amarridas de saudade,
ceibo eu as coitas miñas,
irtas arelas, ó aire:
ten de elas dor, montañesa,
a das olladas soaves.
—
hei de mandarche, senlleiro,
irmán na dor e nos males,
nun alongado sospiro
o meu curazón sangrante:
xa coidarás, montañesa,
amor e agarimo darlle.
—
lelías da miña terra,
ó teu ouvido soaves,
ledos che han levar nas azas,
mainos, mainiñol-os aires;
e a dona has ser do poeta,
do seu curazón a amante,
o agarimo dos seus fillos,
¡a santa Paz de un fogáre!
xosé ml. cabada vázquez
pazo de raxoi de santiago, 13-7-1931
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/ae/ae90/ae9061a3-45e8-4901-a883-965ced1ed848/11571235.xml
NÓS
135
quen a poidera coller
quen a poidera coller
quen a poidera pillar
pol-o río abaixo vai
unha troita a nadar».
Unha simple modificación na disposición tipográfica das copras amostra de cheo o paralelismo ideolóxico e métrico dos versos. Outro exemplo, e poderíamos multiplicalos sempre dentro da mesma colleita, nol-o dan as cántigas 56, 164 e 155, onde existe un paralelismo ideolóxico mais vivo. Pra facelo notar abonda xuntar as tres cántigas como formando parte de unha mesma composición. Trátase do coñecidísimo:
«Eu enguedellar, enguedellar enguedellei-[me...?
E o mesmo xeito poderían fornecernos, c'un pequeno contexto de variantes copras tan sabidas de todos, como o
«Ai Maruxiña, non vaias á herba,...»
ou as que se anotan cos números 141, 142 e 211, no traballo que citamos, pero abonda o dito pra indicar o que n-este aspeito poda escrarexar unha boa colleita en Galicia, e mais ainda se pode engadirselle un estudo musical como o que veñen intentando en repetidas xeiras pol-a nosa terra Torner e Bal.
Voltando ó estudo de Nunes, do que nos arredou esta digresión, continúa espondo o pouco que da vida do xograr pode suporse e o contido poético das súas trovas. Refórzase a tese da súa presenza na corte portuguesa de Alfonso III e síguese, con demasiado apego cicáis, a teoría de Oviedo Arce sobre o senso lírico das cántigas.
Pero a parte fundamental do traballo consiste na recolleita das transcripións paleográficas do C. V., do C. B. e do pergameo de Vindel. A segunda é moi importante pol-a sua novedade, sendo como é feita sobre o mesmo códice. En troques a derradeira, feita sobre unha copia manuscrita da edición fotográfica, apura menos o escrúpulo paleográfico. Do confronto das tres logra-o A. unha versión crítica que regulará den de agora toda edición de estas cántigas, e que vai avalada por un breve comento filolóxico e por unha lixeira anotación de variantes.
Nada pode oporse a este traballo cheo de fidelidade. Anotaremos, na pax. 28, unha acertada interpretación das verbas «mar saido» e «mar levado» con relación á marea. Pudo non embargantes arriscarse a hipótesis de que a primeira locución indique a mar baixa e a segunda a pleamar. En col do «por que eu sospiro» do Códice Vindel, cicáis fora cousa de pensar en interpretar como «quen» a q do C. V. e do C. B. E por último conviría que Nunes, tan sabido en ortografía medieval, ampriase as notas que fai ás substitucións de /h por /l e de /nh por /nn no pergameo Vindel. Este feito en relación co uso de «senneiro» en ves de «sennheiro», e de «gardas» por «guardas», pode ser fertilísimo nas mans do profesor lisboeta pra fixar n'un novo traballo algunha indicación sobre a data e a procedencia do códice. Estes mesmos datos compre que sexan lembrados sempre pol-os nosos escritores que ó citar anacos das cántigas, ou ó facer novas edicións de elas, deben aterse a estas variantes que se acaroan á grafía galega.
Non remataremos estas verbas sen desexar que J. J. Nunes veña ler algunhas leccións de literatura medieval portuguesa na nosa Universidade no próximo curso. Será o mellor homeaxe de agradecimento que podemos rendirlle despois do moito que leva traballado nos eidos da nosa cultura.
Romantismo, Saudade, Sentimento da Raza e da Terra en Pastor Díaz, Rosalia de Castro e Pondal
ACABA DE APARECER ISTE NOVO LIBRO DE RAMÓN OTERO PEDRAYO