https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571723.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VII • Ourense 15 Xaneiro 1926 • Núm. 25
A ESPADA ESCALIBOR
(DUAM)
Kaerleón, a cibdade das pedras milenarias ergueltas pol-os dioses vencidos das pregarias, a do ferro batido por varudos guerreiros ás proféticas voces de osiánicos troveiros, a cibdade dos nobres, raciaes prestixios, bicada do misterio, frorecida en prodixios, onde as místicas forzas d-unha espranza e d-un sono apiñando unha raza son asento de un trono, afundida na sombra salaia latexante ó arrolo do Uska fervente e resoante, mentres voa, caindo, a neve silenciosa en folerpas múidas como follas de rosa.
Medióu a noite sagra da festa do Nadal e o xentío enche a nave da vella catedral. É o povo que levado das iras do Destino seguindo o rumbo fúlxido do sol no seu camiño iramontando da Europa as fragorosas serras dende os castros azúes e as verdecentes terras das fontes do Danubio, inquedado, esitante, atravesou a canle do bravo mar de Atlante e arribou ós rochedos que o misterio druida siñalara por lindes da terra prometida: da terra én que repousa afiando as espadas para as novas, variles e sangrentas xornadas, que os gaélicos bardos das arpas armoñosas xa anunciaron os tempos das loltas fazañosas.
Medióu a noite sagra da festa do Nadal e fixe baixo a neve a vella catedral.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157172&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717213.xml
NÓS
vite da glória, e tendo tomado um solo manxar, quando formou o seu pazo, topou todo trocado, e no seu canto, um mosteiro, pois liñan fuxido 240 anos (1).
2° Pol-a vista. Luzel recolleu unha variante, moi importante do conto bretão +o pastoriño que foi levar a carta ao Paraíso.+ Nela, Joll ponse os anteollos de San Pedro e no mesmo istantiño en que olla por eles, pasan cinco centos d'anos (2).
3° Pol-o olfato. Non pode distinguirse lenda especial, mais nas que não especificam o senso, aparecen as flores recendentes, como logo ollaremos.
4° Pol-o ouvido. É o tipo da lenda da Armenteira. Sendo a música o mais espiritual prazer e a arte mais adoitada a ser símbolo da harmonia cósmica e da beleza divina, como na primeira conferência deixamos dito, não ten de estranho qu'iste grupo sexa o de mais difusão e literalização.
Podemos recoller algunhas localizações:
Portugal. — Localiza-se no mosteiro de Vilar de Frades, fundado por San Marliño Dumiense e reedificado por Sueiro Guedes, neto de D. Arnaldo de Bayão nas abas do monte Avro, sito na província do Minho. Primeiramente foi dos monxes bieilos, mais D. Fernando da Guerra, Arcebispo de Braga, doouno ás loyos, coengos de San Xohan Evanxelista ou do hábito azur. A lenda aparés vinculada a iste troque de donos, i-o frade —un santo abade bielto— topa no mosteiro cando torna, ás cóengos. Respeitiva á cronoloxía, tópase moita diversidade, pois mentras o eruditíssimo Bluteau (3) no seu Vocabulario, o P. Francisco de Santa Maria en O ceo aberto na terra, Fr. León de Santo Tomás (1644) na Benedictina Lusitana, e também a Nobiliarchia Portuguesa, dan por tempo do ensono do monxe 70 anos —número de poridal— outros autores como Pinho Leal (4) dan cento e tantos, i-o P. Manuel Fernandes chega a trescentos (5).
Como derivaçom literária do meirande interés podemos citar a lenda do P. Manuel Bernardes, moitas vezes reproduzida e que se topa nos Tratados vários (1).
De somellanza c'a d'Armenteira, a lenda portuguesa tivo a sua derivaçom iconográfica. Pinho Leal fala das fermosas capelas feitas no horto do mosteiro pol-os congregados e conta entre elas a do paxariño, erguida no sitio en que o abade o ouzou. Ista ermida foi estrizada —e provavelmente co-ela a imaxe que tinha— pol-o primeiro dono do mosteiro, muito depois da extinção das ordens relixiosas.
Th. Braga, ainda que não recolle esta lenda nos seus Contos tradicionais do povo português, cita nas notas da edição das Cántigas feita pol-a Academia hespañola (2). Pódense consultar as Histórias de Frades de L. da Assunção l-o livro de José Joaquim Nunes. O monxe e o passarinho. Respeitivo ó mosteiro véxase o Portugal de Rodrigues i-Esteves Pereira (3).
Navarra. Cóntase de San Virila, abade lendário do mosteiro de San Salvador de Leyre.
Yepes (4) nota que o nome d'iste abade não se topaba na lista que lle mandou Fr. Benito de Osta, distinta pol-o menos nas eras, da contida no Compendio historial de Garibay (5), e di que deve ser anterior a D. Fortunho (832), primeiro que n-ela aparece, e fala da verisimilitude de que tivera vivido denantes do tempo d'Inigo Arista. Logo conta que a sua festa celébrase con moita solemnidade no dito mosteiro, e que no lugar de Terma gárdase como día de vagar por existir n-él unha fontenla mol abondosa e de boa i-auga, na mitade d'un bosque, chamada a fonte de San Viril. Mais con todo isto, Yepes non conta o caso, nin ningún dos que de tal abade se referen. «porque después que se han contado las virtudes, penitencias y mortificaciones de los Santos, son (os brodixios) el esmalte que cae muy bien sobre el oro» e como non ten a sua
(1) BARÓN y ASÍN—Luz de la fé y de la ley.—Madrid 1774, páxina 588, cap. LXV, lib. IV.
(2) LUZEL—Legendes chrétiennes de la Basse Bretagne—Paris, Maisonneuve, 1881—t. II, páx. 240.
(3) BLUTEAU—Vocabulario português e latino—Lisboa, da Silva, 1721—t. VII, páx. 493.
(4) PINHO LEAL—Portugal Antigo e Moderno—Lisboa, Favares, 1886, t. XI, páx. 1225.
(5) PERNANDES—Alma instruída, Lisboa, 1696, páx. 988.
(1) BERNARDES—Tratados vários—Ed. 4, Vd. C. AULET—Selecta Lusitana—Ed. 19, páx. 145.
(2) R. A. E.—Cántigas de Don Alfonso el Sabio, Madrid, 1889, vol. I, XLIX.
(3) ESTEVES PEREIRA E O. RODRIGUES—Portugal, Lisboa, 1815, t. II, páx. 559.
(4) YEPES—COSA, t. III, fol. 74 e 85.
(5) GARIBAY—Compendio historial, lib. 22.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717211.xml
NÓS verbo; e no caso de haber troqué de r ou s en / diante os artigos o, a, os, as, como tal troque está condicionado por estes artigos, que ademais han de ir soparados, debe interpoñerse un guión entre o verbo y-eles: busca/-a muller, tremol-os dous.
As palabras quenonsexan verbosanlepostos a o, a, os, as tampouco se escriben nunca xuntamente co-istas formas, tanto que desempeñen papel de pronomes coma de artigos, si, pois, aquelas palabras acaban en s ou r hal que tro» car estas letras en l, é preciso o guión intercalado entre elas y-as formas o, a, os, as, que condicionan o troque: Diol-o deu, pol-as lumieiras.
Enlaces. — O único enlace que aquí procede ter en conta é o do n final de algunhas palabras coma ben, non, nin, quen, tamén diante o, a, os, as, cando hai que destruir-a nasalidade do dito n. Este enlace procede indicado c'un guión: non-o viron, quen-as pillara, ben-o dixo, nin-o souben, ben-a amocou.
Concrusiós. — Resumindo, estabreceremos que se denotará a medio de un guión — ademais da xuntanza da preposición elítica co
y-os personás y-os demostrativos, punto xa estudado no noso artigo do número pasado:
1.º A intercalación do y eufónica entre o artigo a y-os nomes que empezan por a tónico (a y-alma, a y-auga).
2.º O troque da conxunción e en y diante palabra que empeza por vocal (os homes y-as mulleres).
3.º A perda do n derradeiro de non diante o pronome nos (no-nos viron).
4.º O troque en l do r ou s fins das formas verbás diante os artigos o, a, os, as (buscal-a muller, comichel-o pan).
5.º O troque en l do r ou s fins de algunhas palabras (varios nomes y-adxectivos, os pronomes nos = nosoutros-as, vos = vosoutros-as, adverbios como mais, mentras, preposiciós coma por, tras, conxunciós coma pois, etc.) diante o, a, os, as, sexan artigos ou pronomes (pol-os camiños, nol-os padríños, moitol-os chamaron).
6.º O enlace do n derradeiro das palabras ben, non, nin, quen, tamén, etc., con o, a, os, as, cando o dito n perde a sua nasalidade (non-o chaman, non sei quen-o dixo).
ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717224.xml
NON DEIXE DE MERCAR
COV[?]S
PO[?]
CA[?]EI[?]O
2.º volume da Biblioteca
do Seminario de estudos
Galegos
EDICION LAR
PREZO catro PESETAS
F. ROMÁN E SACO
DROGUERÍA
E FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717216.xml
oval, son idénticos nos ús e nas outras. A Citania (1) é a filla do Castro, mais medrada, mais ampria, d'arquitetura cecais mais coidada, pero nada da mesma cultura, saída da mesma ideia generatriz. As murallas das Citanias son tres (Monterredondo, Falperra, Bristeiros), con foso diante (Santa Lucía) ou sin él (San Ciprián de Lás), ou presentan unha sola obra defensiva (Monte das Caldas, cecais da Santa Tecla). Estas murallas qu'están feitas de cachole pequeno e posto en seco, y-en ocasiós, coma neun lenzo de Briteiros, de paramento ciclópeo, presentanse mais ou menos arredadas unhas das outras, chegando a estar tan juntas as duas mais esteriores en San Ciprián.
As casas das citanias aparecen lá postas sin orde (parte do ponlerte de Ciprián das Lás), lá formando ruas estreitas y-enlousadas Briteiros, Santa Lucia). Algunhas veces, estas casas fallan na parte superior da citania, que s'alconira ispida d'edificações, e provista d'un muro (Santa Lucia).
Semellantes habitacións podense clasificar pol-a sua planta, nos tipos seguintes: circulares ou ovalada (fig. 6.?), circulares ou ovaladas c'unha prolongación que lles da o geito d'unha castañola (fig. 7.?), circulares metidas n-un cadrado (fig. 8.?), cadradas ou reutangulares co-as esquiñas arredondeadas (fig. 9.?), cadradas ou reutangulares co-as esquiñas angulosas (fig. 10.?), varias habitacións cinguidas por un valado, formando o que Leite de Vasconcellos chama un barrio (fig. 11).
O paramento dos muros das construcións de todos Istes tipos, é de cachote pequeno en seco labrado pol-a parte d'afora, feito geeralmente en fiadas horizontais (fig. 12), ou angulares (fig. 13), coma se vé en Santa Lucia e Monterredondo. As pedras das esquiñas angulares,
(?) Ob. cit.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571726.xml
erguelta en céltigas mans,
símbolo, florón e escudo
da Cruz, do Amor e da Paz.
De beizos de Taliensín
honra da raza de Celt,
que na debesa dos bardos
por seu herdeiro me unxéu,
fóronme ditas as verbas
de encantamento e poder
con que a inorada ribeira
de áreas de ouro alcancei.
Aberta a furna segreda,
á hora do estrelecer
na arpa das nove cordas
a liberdade preguél
do povo por Dios chamado
o seu lábaro a soster.
Ardendo en chamas bermellas
o dragón morto caieu
e o águia de azas abertas
ras do escumoso ferver
das verdes ágoas, voando
foise perdendo no alén.
Como raiola de lúa,
cravada en terra, a tremer,
ficou o máxico aceiro
que está tendido ós meus pés.
Valeiro o céltigo trono
o Ceo disposto ten
que seja nobre ou pecheiro
o que a espada poida erguer
en triunfo e gloria da raza
cinga a corona de Rei.
Cando o bardo profeta recadou en silencio
foi aberto o xuicio e a proba deu comenzo.
Con esforzo xigante, pol-a cruz aferrada
un a un os mais fortes erguer queren a espada
mais vencidos, maltreitos, decaidos na arela
todos renden o pelto sin que alcancen movela.
Ali foron crebados esforzo e poderío
das ponlas mais louzanas do vello señorío:
Cumar, a lanza forte de encastelado asento
na Armórica mariña do ceo neboento;
Caruth, rubí queimante da casie de Fingal
temido por ousado, querido por letal,
que as frechas voadoras detén no seu camino
e nos cumes esalta o águia no seu niño;
o nobre Bedivere, o cabaleiro fiel
forleza de carballo e dozura de mel;
Brásidas valeroso, a quen Brigo dou vida
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717223.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
— Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEÁRIO está situado a 35 quilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717220.xml
NÓS
mil crases d'outro xeito. Cando untra-mos as augas d'un río facendo un suco n'o monte, pensamos que se vai criando un val. Tamén asistimos a creación de vilas por un camiño, unha fábrica, un balneario, unha estación, un porto. Noutro tempo podemos maxinar-nos como se fixeron arredor d'un mosteiro, d'un-a barca, hasta d'un muíño ou d'un mesón.
18
ven sempre a posteriori. N'as dúas vilas allan-tecas o cerne antigo e ben visíbel. Mais en Compostela a vila relixiosa, fidalga, oficial, compricou-se c'a vila de camiño e c'a vila mercantil sen que se formaran órganos novos.
O estudo e de verdade suxestivo. Sobre todo n'a nosa terra n'a que baixo os ollos temos fan diferentes maneiras de creación de vilas. Por conxugación: Arosa. Por desenvolvemento atrautivo da vida de relación: Monforte. E
RAMÓN OTERO
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LÓSTREGOS, por ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL, Ourense, 1925.
CABALGADAS EN SALNÉS, por F. Bouza Brey, núm. 14 de Lar, A Coruña, 1925.
Non hai dúbida que Xan Quinto foi un ban-dido dino de Schiller e de Walter Scott. Mollo será qu'en terras de Salnés, si agora nono fan, non veña un tempo en qu'amosiren n-algún penedo o sinal das ferraduras do seu cabalo. Os seus feitos heróicos atoparon hai tempo chantre en Ramón Cabanillas, que perdeu un poema que fixera sobre do asunto; tamén Valle Inclán tirou a cazar iste paxaro lan do seu gusto afeizoado ó bravío. Agora atrapouno o Bouza Brey n'un dos instantes mais propios, que non deixaría de dar envexa ó Señor do Caramiñal. E atrapouno ben, que nol-o presenta en toda a sua romántica poesía de rebelde, deixando atrás da sua figura a comente lonxedade, a perspectiva de misterio que compre pr'os persoaxes épicos. O Bouza Brey, que sabe faguel-as cousas ben feitas, é ademais dos que se sinten atraguidos polo grande, o mesmo nas letras literarias - perdendo a maneira de falar - que nos seus inquéritos d'erudito, nos que precura de cole o mais fondo e sustancial, e asi foi o modo d'ir il fergar n-esta materia épica, ben pouco mollada pol-os nosos escritores. Saíulle unha noveliña fidalgamente escrita que ben val por unha mais longa. V. R.
Cerveza MAHOU
A Millor
da España
ALONSO e ALBERTE
OURENSE
Imprenta LAR. Real. 36 1.º - A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571724.xml
Pol-os longos vidrales e os outos rosetóns, cos brados pregadores de salmos e oracións a luz saíndo a feixes en fíos e lampadas aloumiña as imaxes no tímpano labradas, esténdese nos lenzos das paredes espidas, doira entallas e follas nas colunas frías, fal brincar os refrexos dos forxados de aceiro nos cornos e nas poutas das gargolas do aleiro, encende as verderolbas cristiñas adoas que dos santos de pedra esmaltan as coroas, en regos lumiosos as cornisas percorre e alongando as riolas rube á outura da torre. Toda luz de miragro e pregante rumor, cubierta de folerpas, a casa de El Señor ergueita no albo circo da longa escalinata semella un cáliz d-ouro baixo un cendal de prata. Estalan con balbordo de triunfadores hinos no esguio campanario os atronantes sinos, e os tanguidos de gloria van decindo no vento a nova redentora do santo nacimento. A bradar sai do tempo a grea relixiosa e, súpeto, delense pasmada e silenciosa. Namentras as campanas voltexan na outra torre a xente, inqueda, sinte que pol-o adro corre un resprandor bermello de encantamento sagro e escolta a voz que zoa nas horas de miragro.
N-un nimbo lumioso xurde o bardo adivino envolveito en brancuras recendentes de liño, ollos gazos profundos, longa barba fría, cingue a fronte co-as edras da coroa druída e na man, que reloce como un lirio bendito, ten a fouce de ouro do litúrxico rilo, a fouce segadora da madrágora, ó ralo de feitizo e de agoiro dos luares de Malo. É Merlín o profeta, o celta armoricán dos silvos e das lumias ollado por irmán, sabidor dos encantos e os máxicos conxuros das virtudes das erbas e dos fados escuros que nos craros dos bosques e os baixios costeiros deprendéu o diviño lenguaxe dos luceiros; o bardo das edades, o da segreda ciencia que a terra fixo súa, impóndolle obedencia ás ágoas da riada, ós rochedos do cume, ás nubes da tormenta, á ardentía do lume. Imponente, amostrando nativa maxestade, na mirada un sereo craror de eternidade, ten ós pés, cruz de ouro, folla núa afiada, sobre o manto da neve unha fúlxida espada. Aceiro puro e virxe das entranas da terra, c-os lumes sideraes das estrelas en guerra.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717217.xml
NÓS están labradas y-escadradas coidadosamente. No Santa Tecla, hal unha edificación úneca feita de grandes laxes.
Atópanse moitas veces, salindo dos muros casas, pedras acodadas (fig. 14) ou furadas (fig. 15), que debian servir pra prendel-o gando ou pr'encolgal-as redes asegún cree falando das do Tecla, Don Ignacio Calvo.
O grandor das habitacións nunca é moito, 3 a 7 metros de diámetro nas circulares, e de lado maor nas reutangulares. Soilo por excepción s'atopan edificios meirandes, com'un de San Ciprián de Lás que chega ós 12 metros.
Opinan algús arqueólogos qu'as casas das dereitos mangados n-unhas pedras provistas pro caso d'unha fura, que se colocaban no centro das casas. Cand'esta pedra non eisiste, cousa corrente nas edificacións non circulares, a coberta estaría sostida por unh'armadura apoyada nos muros.
As portas eran de dous geltos: feltas rentó chao e pechadas con madeiras partidas en dúas follas, que giraban com'os nosos cancelos, en col de dous espigos de madeira ou ferro, metidos en conzós praiticados nas lumeiras e soleiras. Soleiras d'iste geito que conservan ainda os seus couzós laterás y-a fura central pra un pecho, apareceron no Tecla y-en San Ci-
citanias soilo tiñan de pedra a parte inferior, a maneira de zócalo, send'o resto de palla-barro, pero tal caraute non era costante; pol-o contrario, a grande cantidade de cachote procedente de muros esborrallados, qu'a pesar das continuadas depredacións alcóntrase aínda nos lacimentos d'esta clas, fai supor qu'a maor parte dos edificios eran totalmente de pedra.
A falla de tégulas e ímbrices, amostra qu'os tellados eran de colmo. ó que s'engadía en ocasiós, unha capa de barro (algús anacos d'il, co-as improntas de ramas miudas, afoparonse en Santa Olaya, no grupo Sul dos Castros. (1) Istes tellados sostíñanse por pés
(1) Santos Roche, Op. cit.
prián das Lás (fig. 16). Outras veces, as porlas abríanse a algunha oulura do chan, rubindos'a elas sin dúbida por unha escaleira. Entradas d'iste derradeiro tipo debían telas as casas culas ruínas non ofercen solucións de continuidade e que son mollas nas citanias.
Diante das entradas, erguíase ás veces un pendello sostido por seis postes (Brileiros) y-estrado delouxas (Santa Tecla, Santa Lucia).
O piso das casas era o natural ou un girado d'arcilla apisoada. O fogar púñase n-un estreito, na prolongación, nas habitacións en forma de castañola, ou no centro. Taes fogares están sinxelamente no chao ou n-unha laxe que ten á sua beira outra estreita, ben labrada e mais oula, que presenta n-un exemplar de San Cl-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571725.xml
NÓS
nas fragas treboantes dos lóstregos forxado,
que no dolmen batido e no Xordán temprado,
follle dado a unha raza de homes sans é valentes,
cabecera de povos, guladora de xentes,
para impor unha crenza, siñalando o camiño
que por riba dos tempos leva o trunfo diviño.
Ergueito como o pino que as outas nubes fende,
os brazos sarmentosos o bando ós ceos tende
e escóltase na noite solene resoar
a sua voz bruante sonora como o mar.
Baixo a dozura do ceo
da nobre Galicia irmán,
onde pol-a nosa gloria
inda dolrando o fogar
vive aceso o lume sagro
dos craros días do clan,
hai unha illa encantada
de rochedos de coral,
esmeralda verdegaia
ó resprandor do luar,
bicada de manseliñas
ágoas de limpo cristal
nas que as sirenas ensaian
seu namorante cantar
mentras os pinos lanzales
escoltan voces leviáns
que chegan esmorecidas
do misterio de alén-mar.
Amada dos vellos dioses
mortos e esquecidos xa
que Sálvora lle chamaron
afeitos n-ela a topar
repouso doce e tranquío
de celestiaes afáns,
inda está tendida a escala
que baixa do ceo ó chan
envolvelta e recuberta
de bretemoso cendal
feito de rendas garnidas
por diviños teceláns.
Nunha furna que galgantes
zarran as ondas do mar,
apreixada nas firentes
poutas d-un águia reial
gardada por un dragón
de atento que é solimán
brilaba a fúlxide espada de
Escalibor, o trunfal
aceiro da heroica edade
cantada por Ossián,
que ten de ser sobre a Terra.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717221.xml
Dr. MOSTEIRO Médico Odontólogo
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
Cantón Pequeno, 1 (Casa Pastor) - A CRUÑA
LUIS FÁBREGA DROGUERIA E FARMACIA Progreso esquina a Luis Espada OURENSE
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM De mais dura qu'os de pruma e limpa millor Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo Andrés Perille - OURENSE
Reloxeria ZENITH Máquinas parlantes, Discos, Agullas e Accesorios M. Calviño OURENSE A mais económica de Galicia
Sanatorio Quirúrgico Direitores: Manuel Peña Rey Ginecología e Partos José Mosquera Blanco Cirugía xeral Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten todol-as condicións precisas. Prestaise toda clase d'operación. Dotado de todol-os adiantos que pide a actual Cirugía. Modernas instalacións de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda, con voltaxe de 250.000 volts. Aparato de Diatermia pra tratamento de Axexies, procesos inflamatorios, reumatismo, etcétera. Admitense embrazadas, e cóntase con material esterilizado pra fora da cidade, en casos d'urxencia. Poden colaborares todol-os compañeiros, previo consentemento dos directores.
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571727.xml
NOS 5
na Galicia paterna, de sona escrarecida, loitador a coitelo, sin escudos nin mallas brazo a brazo c-os osos nos pinales de Xallas. Alí, da forza do miragro rendidos de Erin e Caledonia os mozos mais ardidos Incensado, entre os coros, o palio arcebisplal adianta pol-a nave da santa catedral, e cuberto de rendas e de báculo alzado sobre o peito tremente Xesús crucificado, nos beizos dooridos fervorosa pregaria o prelado benzoa a espada lexendaria e á velra d-ela, orante, agarda o trunfador que a erga en ben da raza e en honra de El Señor
De novo os cabaleiros mais variles e bravos os mais rudos vilegos e os mais rexos escravos apreixan con firmeza o máxico mandobre: no circo sobre a neve tendido fica inmobre, mentras vendo afundirse os seus sonos de groria e a dos tempos antigos fazañosa memoria o xentío, frebento, n-un eramor relixioso prega os ceos o brazo d-un herol miragroso.
Lanzal gallo frorido no tronco da realeza ó par escrarecido no berce e na forteza, o orfo do rei Uther. o príncipe varudo chamado a ser do reino a coluna e o escudo que no albor da mais leda garrida mocedade e espello ledizoso de honor e lealtade, adiantase, e ós ventos o arón enloitado, o xubón en sinxela fina malla trenzado, as esporas calzadas, encendido no peito o ardor que pon o ceo no unxido e no escolleito sin divisa guerreira nin retorzo de guante chega ó circo do sagro craror esciniilante apreixa o puño de ouro aceso en resprandores, o pensamento en xuro da fé dos seus maiores, e alzando á outura a nobre lumiosa mirada ó povo axoellado amostra a rexa espada que ergueita docemente abala na sua man. como pruma sostida d-un ventino levián. Seguro da diviña e trunfadora axuda con brados de ledicia o xentío saúda ó forte mozo esgrevio en quen presinte o Rei que imporá ó mundo enteiro o lábaro e a lei que teñen os da caste varil de Pendragon azas forles de águia e poulas de león.
A neve recollendo seus cendales de nolva deixou ver das estrelas a fúlxida luz roiba, batidos os badales de anxélicos sineiros verleron na cidade soidos milagrelros e en honor e loubanza da mística vitoria resoou ceo adiante un cántico de groria.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717215.xml
NÓS
A EDADE DO FERRO NA GALIZA
(Proseguimento)
XI A ARQUITETURA
Restos da arquitectura-protohistórica galega son os Castros, as citanías y-o pouco que queda das construcións que tras dos seus muros abrigaban.
O Castro, lugar forte, verdadeiro castelo d'un clan ou d'una tribo, construíase case sempre no cume d'un outeiro ou d'un monte, anqui'algús, com'o de Lubre, citado por Angel del Castillo, (1) aparezan emprazados en lugares charros. A forma é constantemente circular ou oval, y-as obras defensivas estaban constituídas, por singelos terraplés, que deberon estar remalados por parapetos de terra ou por unha ou varias murallas concéntricas, precedidas en ocasión de foso. Construíans estas murallas con terra e mais xeralmente con cachote pequeno, posto en seco, e por excepción con pedras grandes sen labrar, formando un paramento ciclópeo. Unhas veces, estas obras cinguen sinxelamente a área defendida, con frecuencia aplanada, e partindo a muralla do mesmo plano horizontal, mais n-outros casos practicábanse un corte vertical ou en talude, que chega a ter hasta vinte metros, na ladeira do monte, corte qu'era revestido por un muro que contiña as terras e sobresaindo na cima, servía de parapeto. Semellante xeito construtivo, apreciouno Don A. del Llano (2) no castro asturiano de Carabia d'idéntico estilo e da mesma época qu'os nosos, y-alcontrouno tamén o señor Gómez Moreno (3) en castros portugueses e da raia zamorana do Douro.
Cando existían varias murallas ou terraplés case nunca cinguen todas a área fortificada, limi-
(1) Op. cit. págs. 6.
(2) El Libro de Carabia, Oviedo 1919, pag. 37. Murallas semellantes foron alcontradas tamén por Mancifelra en castros ortigueiros, vex. Castros rehistóricos de Galicia, loc. cit. ms. & 9. II, e 12.
(3) Sobre Arqueología primitiva de la región del Duero, B. de la Academia de la Historia. t. XLV, pag. 47.
tándos'a mais exterior a porteger unha parte d'ela, formando que se chama un ante-castro. O seu grandor varía moito: o maior dos mencionados por Castillo, mide 350 metros no diámetro máisimo, e 420 mais pequeno na mesma dimensión (1).
O caraute mais sainte d'istes recintos murados, y-o que millor pode distinguilos, é o número das defensas e dos espazos por elas limitados, y-así poderemos clasificalos sen eslabrecer co-elo nada definitivo, en Castros de recinto único (fig. 3.a), de dobre recinto (figura 4.a), de triple recinto (fig. 5.a) e de cuádruple recinto de cuio tipo non damos planta y-alzado, por desconocelo Castro de Viladonga (2), qu'ofrece esta particularidade das catro coroas, e non ter visitado ningún outro de tal xeito.
Dentro da área dos Castros, non aparecen nunca restos abundantes d'habitacións permanentes. Como já se dixo, na época en que se ergueron, vivían sen dúbida os povos espallados en pequenas aldeas abertas, os vicus ou pagus dos latinos, formados por cabanas de ramallo e colmo de feitura fácil e ligeira. É seguro que cando a necesidade obrigara á xente d'una tribo a longa permanencia no seu castelo, ergueríanse dentro d'il chouzas d'esta clase, e coma restos d'elas temos que considerar as áreas de barro aprisoado qu'o señor del Llano (3) observou en Carabia, e cecais tamén as capas d'arcilla qu'asegún Amor Mellán apareceron n-un Castro dos arredores de Lugo (4).
Esta carencia de restos d'habitacións e tamén o seu grandor, é o que distingue os Castros das Citanias. Pol-o demais, a disposición das defensas, o seu número, y-a forma circular ou
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571722.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO Vicente Risco DIREITOR ARTÍSTICO Alfonso R. Castelao
DIREICIÓN E REDAUCIÓN Sto. Domingo, 47 - OURENSE
ADEMINISTRACIÓN: Real, 36 1.º - A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6 pesetas.
Fora da Península 15
Número sólo na Península 1
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30
Pagos adiantados
Este boletín non pubrica mais orixinás qu'os que foran direitamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non liren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
A Espada Escalibor, por RAMÓN CABANILLAS.
Encol da Morfoloxia das Vilas Galegas, por RAMÓN OTERO.
A Nosa Ortografía, por ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL.
A Lenda de San Ero, por XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
A Edade do Ferro na Galiza, por FLORENTINO L. CUEVILLAS.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36 - A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717210.xml
8
poden perdei-o y derradeiro na pronunciación, especialmente na vulgar, cando van inmediatamente antes de outra palabra que empezan ta» nén por m Exempros: anda(n) no monte, comeín) no regazo, a nós serve(n) nos iles, a nós dixéro(n) nos que non viñades, no(n) nos viron, no(n) nos atoparon.
As formas verbás de primeira persona de plural perden sempre o s diante o pronome nos átono. Exempros: quentémo(s) nos, imo(s) nos, librámo(s) nos
Vexamos agora o que da consideración dos casos ditos se desprende para a escritura:
a) A perda do n no primeiro caso é mais ben un vicio da pronunciación, ó que tampouco é estraño o castelán, segundo pode observarse n'este exemplo: te(n)me el lápiz. Pol-o de hoxe non cabe admitir que o son de ese n debas desaparecer na pronunciación correita, como igualmente ningun defende esa desaparición no castelán. Trátase de unha elisión popular, do vulgo, semellante a tantas outras, que inda non ten os debidos alcances para constituir unha lei de linguaxe e que, pol-o mesmo, xa que non está autorizada no ben falar, tampouco debe praticarse na escritura.
b) N'algús dos exemplos aducidos no segundo caso, a perda do n pode orixinar confusión: así, dicindo simplemente anda(n) no monte, non sabemos, ó calar o n, se fala en terceira persona de singular ou plural. Dende logo, n'estes casos dubidosos non procede deixar de figural-o n: escribindo e pronunciando sírvennos queda perfeitamente craro o sentido da expresión, que ten moita mais importancia que o mal parecer de dous enes xuntos. Pasa no castelán o mesmo coa pronunciación de términos así, o mesmo que na nosa fala, e non por eso se pensou en suprimil-o n na escritura. Varía a cuslión no tocante ás frases no (n) nos viron, no (n) nos atoparon: aquí é completa a desaparición do n no falar tanto vulgar coma culto, sin que, ademais, se siga a menor confusión dé non espresalo graficamente; en vista do que deberáse escribir no-nos viron, no-nos atoparon.
c) A perda do s no terceiro caso é sempre forzosa. Así, pois, se fagará na escritura, sin indicación algunha de tal supresión quentémo-nos, imo-nos.
TROQUES. — Os troques de letras que aquí nos importa esaminar son:
1.º O da conxunción e en y diante de palabra que empeza por vocal. Exempros: os homes y-as mulleres, aguaciles y-escribanos. Algús n'ouservan este troque, imposto pol-a euforia. O que convén indicar na escritura dándoo a entender, como o fixemos, por medio do guión.
2.º O das letras fins s, r en / diante o, a, os, as. Troque que non sempre é obrigado, a saber:
a) Nas formas verbás acabadas en s trócase este sempre en / diante os pronomes o, a, os, as, (comichelo, pidichelas) y-acostuma a faguerse ese troque cando o, a, os, as, son artigos (iremol-os dous = iremos os dous, ti él-o demo = ti es o demo).
b) No mesmo caso que as formas verbás acabadas en s están as que levan os pronomes encliticos nos, vos, lles, sendo, pol-o tanto, obrigado o troque de s en / diante o, a, os, as, pronomes (cóllenllelos fixovola) e xeneral cando o, a, os, as, son artigos (pideunol-a corda = pideunos a corda, dinllel-as navallas = dinlles as navallas).
c) Os infinitivos trocan sempre o r final en l diante o, a, os, as, pronomes collela, chamal-os y-é corrente que se faga o mesmo troque diante o, a, os, as, artigos (buscal-a muller = buscar a muller, muxil-as vacas = muxir as vacas).
d) Algús nomes y-adxectivos acabados en s ou r, os pronomes nos = nosoutros as, vos = vosoutros—as, certos adverbios como mais, mentras, algunas preposiciones como por, tras, a conxunción pois, etc. trocan correntemente o s ou r fins en / diante o, a, os, as, sexan pronomes ou artigos (Dio/-o deu, cantol-o viron, pol-a lumieira, mentral-os deixaron, ambal-as partes, tral-as mozas, vol-os namorados, postol-os vistidos).
¿Qué deduclós ortográficas se sacan de estes troques de s, r en /?
Convén fer en conta que na nosa lingua forman os pronomes enclíticos unha soila palabra có verbo, segundo ocorre tamén no castelán. Escribiráse, pois, o pronome xuntamente có verbo, haxa troque ou non: comichelo, cóllenllelos, chamalas.
O artigo nunca se escribe xuntamente có
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717212.xml
A LENDA D'ARMENTEIRA
(NOTAS DE FOLK-LORE)
(Conferencia dada no Seminario de Estudos Galegos, n° Nadal 1920).
Na nossa primeira conferenza deixamos sinalado o orixen das características desta belida historia e falamos da sua incursión no conxunto de lendas medievais que tentonanamostrar a diferenza do tempo e da eternidade, valéndose da coñecida observación do longo que é o tempo do dór i-o curto que topamos o tempo de le-dicia. Todo un ciclo de lendas de dormientes, de descripçons do Paraíso e de viaxes en per-cura d'él, forxouse carón seu. Suas derivacións foron moi estudadas por Hertz (1), Köhler (2), Graf (3), D'Ancona (4), Ozanam (5), len xeral por todol-os tratadistas das fontes lexendarias da Diviña Comedia; teñen un gran espallamento, unha profusa literatización i-o
A lenda da Armenteira é do tipo das lendas de dormentes que Asín e Palacios, á vista da obra de Graf, caracterizou d'iste xeito (1):
1.º Os protagonistas, monxes ou príncipes, visitan o paraíso terreal e ó tornar ós seus fogares, coidan que a sua ausencia durou curtas horas en breves días, cando xa teñen fuxido anos e ainda séculos.
2.º En secuencia, os protagonistas pásmanse ó ollaren os troques en edificios, persoas e cousas.
3.º Danse a coñecer, mais ninguén os recoñece, senón que os teñen por tolos ou bedos.
4.º Por fin conseguen demostrar-a sua persoalidade, ben pol-a testemuña d'algún vedraño que vagamente lembra o seu nome e desaparición, ben pol-a axuda de vellos libros de memorias onde se garde nota da sua existencia.
Respectiva ás lendas d'iste ciclo, pode, ó meu ver, faguerse certa ordeazón, distinguindo o senso corporal ó que o pracer do ceo se dirixe. Eisi teremos:
1.º Pol-o gusto. Barón e Arin conta que un cabaleiro invitado por un amigo seu, ó con-
(1) WILHELM HERTZ —Deutsche Sagen in Elsas, Stuttgart, 1872, páx. 265 s.
(2) REINOLD KÖHLER —Germanis — II, 42, e tamén na Zeitschrift für deuts philologie, XIV. Prometen un estudo posterior.
(3) GRAF —Miti, leggende e superstizione del medio evo. Arturo Graf - Torino, Loescher - 1893.
(4) D'ANCONA —I Percursori di Dante-Firenze, Sansoni, 1894 studi di critica e storia letteraria, páx. 310.
(5) OZANAM —Des sources poetiques de la Divine Comedie, Apud Oeuvres completes de Ozanam, tome V, Paris, Lecoffre, 1899.
(6) ASÍN PALACIOS —La escatología musulmana en la Divina Comedia, Madrid, Maestre. 1919-páx. 276-281.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717214.xml
vida «milagros raros y estupendos así a secas» non s'estreve a poñelos, que moi ben s'espile a crítica cando se non queren ferir orgullos de mosteiros.
O P. Pedro Calatayud (1) di que o tempo pasado pol-o abade foron trescentos anos que lle somellaron ser tres horas. Pol-o demais, as características da lenda - bosque, fonte, monxe do Cister - asoméllanse moilo ás da lenda, astra na derivación iconográfica, que tamén existe en Leyre.
A engulada sinxeleza, co garimoso misticismo de Xavier Vallejos fixeron unha belida páxina de vello exemprario c'a lenda enmelgada de Leyre.
Picardía. Localízase no convento de Templarios de Beaucourt i-engádese á xenreira da xente pr'os Templarios, e ó cambio d'orde com'en Portugal. Foi recollida por Carnov (2) no tomo XIII da sua *Literature orale de la Picardie*, de labres de Amedée Debart de Warlois (Somme). Di eisí:
«Un mosteiro de Templarios topábase anta no perto de Beaucourt. Os Templarios eran maos monxes, ocupados dos praceres todos e coidando mais no demo que en Deus. Solo un d'entr'eles chamado frei Xohán facía excepción de todos l-era notado pol-a sua fonda piedade, seu amor pr'os probes l-o pouco interés que tiña pol-os praceres do mundo. El sí quixo Deus recompensalo arredándoo da morte cruel que os monxes do seu mosteiro sofriron d'ali a pouco.
Un día que frei Xohán estaba, ó seu costume, arredado no bosque viciño do mosteiro pra faguer as súas oracións e adicarse á meditación, escoitou perto d'el, sober d'un arbre baixo do que estaba axionllado, un pimpín que asubiaba de xeito cheo de meiguice. O bon monxe esquentou os pregos e ficou a escoitalo; «como arelaría ficar eiquí douscentos anos a escoital-a vos diviña do pimpín» coidou.
O bon Deus escoitou os seus pregos. O pimpín cantou moito tempo e o bon frade ficou a escoitalo todo ise tempo. Os días, as semanas, os anos paseron; os Templarios foron queimados en castigo dos seus crimes; mais frei Xohán, esquencido no bosque, escoitaba sempre a meiga música.
Os arbres creceron, as ponlas cruzáronse riba da sua testa, a hedra gabeou pol-os troncos e pol-os ramos e gardou ó bon templairo da chuvia, da neve e do sol.
Ó fin, cabo de douscentos anos, o paxaro finou de cantar e voou, e o monxe colleu o camino do mosteiro, coidando que liña pasado pouco tempo a escoital-o pequeno cantor. Sen mais matinar, o monxe petou na porla de entrada, o freire torneiro veulle abrir: levaba un hábito descoñecido ó frei Xohán.
— Quén sodes, irmán?
— Qué quén son? Andalí, o freire Xohán!
— O freire Xohán? Descoñecido! Ademais non portadel-o hábito da orde.
— Eu sain hal mals d'unha hora, pra ir pregar a Deus no fondo do bosque.
— Descoñecido!!
Fixérono entrar non embargante, compulsáronse os archivos dos Templarios e topouse que douscentos anos denantes, pouco tempo diante do suplicio dos monxes, un certo frei Xohán tiña de súpeto desaparecido. O monxe comulgou e morreu d'ali a pouco.
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
(Pra rematar no número que ven).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717219.xml
N estado da morfoloxía - e pol-o tanto da morfoxenía - das Vilas faí-se cada instante mais perciso pol-a oula siñificación dos feitos antrop xeográficos n'os que están intresados cada vez mais a Historia, a Economía, a Psicoloxía da nosa Terra. O problema comprícase hoxe pol-a medra das vilas, a nacencia de complexos de agro e vila, o desenrolo das relacións e outros feitos que van reducindo o estadio das unidades naturais. O estudo está dificultado por non verse na vila a relación co medio xeográfico tan limpamente como n'a aldea e pol-a feitura do noso espírito que tende a considerar as vilas como creacións da civilización. Os tipos dominantes (de casa, agrupación, forma, desenrolo etc.) son malos de estudar nas vilas; é necesario afondar na xeografía histórica traballando sobre os documentos, e tratando de isolar primeiro e xuntar despois os tipos esenciales nos desenvolos evolutivos das vilas. Así pode-se chegar a un-a boa exposición cartográfica n'a que sexan indicadas entre outras cousas: a) ó material de construción (pedra labrada ou non, ladrillo, madeira, palla barro, trechos de pizarra, de fella, de fella prana etc.) b) Os organismos espirituais e de traballo (eirexa, mosteiro, escola, fábrica) c) o carácter da vila (pazos, habitacións, hoteles, centro ou suburbio, formas complexas de vila e agro como currales, hortas, etc.). E moitas mais categorías pra chegar a un-a representación xénetica n'a que se vería como a vila aventa sucesivamente os seus marcos, ou pol-o contrario vai-se mirando dentro d'eles; como un-as porcións (barrios, rúas) responden as necesidades d'hoxe, outras feitas con outra tendencia acomodan-se as razós de vida presente, outras (as mais intresantes) quedan mortas, fósiles; n'o cerne ou n'a sombra das porcións vitais.
Reducindo-nos, pol-o de hoxe, á fisonomía das rúas e mirando pro exemplo que temos mais preto, Ourense, contamos pol-o menos, cinco categorías xenéticas de rúas:
I. As impostas pol-o terreo, pol-o río e a sua ponte. As rúas encostadas que baixan cara Burga, cara Barbaño; a rúa do Progreso imposta pol-o paso do río. Inda que n'este caso complícase pol-a determinante do camiño.
II. As determinadas pol-as necesidades espirituais e cidadanas; e rúas caras portas da catedral. Ruas que buscan a praza, corazón da vila cidadana.
III. As impostas pol-o comercio en todol-os tempos o criador mais importante de rúas. Rúas novas cara estación, carretera de circunvalación, transversais como a que se pensa entre o Seminario e o Liceo coronando un-a agrupación de edificios d'outro tempo ou que pol-o menos non responden as inquietudes presentes da vila; a urbanización das carreiras e hasita dos camiños imposta pol-a medra da dos establecementos comerciais.
IV. As rúas xeométricas dos barrios completamente novos. Exemplo o barrio de hoteles da carretera de Ervebelo.
V. As feitas cun-a finalidade estética e hixiénica.
Pol-o estado das rúas feito historicamente pode-se chegar e atopar o tema esencial da vila, a sua razón de vivir, o xerme primixenio, a característica propia que a aporta do campo. N'iste punto derradeiro non hai un-a lei universal e constante, como tampouco n'o da fixación dos límites da cidade. ¿Cáles son os límites de Vigo ou da Coruña? A categoría oficial
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571728.xml
O príncipe trunfante na catedral é entrado e das céltigas xentes novo Rei coroado no entanto que deixando un raío ardente e louro na escuridade aberto pol-a fouce de ouro, o profeta que a verba de Taliensin unxéu e a espada defensora da Raza conquiréu, o bardo de ollos gazos e da barba frorida desparece en silenzo na noite estrelecida.
Rei Artur de ollos pechos n-un ensoño diviño pide forzas ó ceo para dar o caminho e nestora solene de visión sagra e fonda, descorridos os velos veu a Taboa Redonda a lexión trunfadora, a bélica irmandade que ten de ser nos séculos blasón da cristandade.
Cando a espada cinguida e na fronte a coroa, cubizando sosego, o estrado abandoa e na porta dos reises entre os nobres parece linda dona ó seu paso unha rosa lle ofrece. Pol-o doce presente un instante detido sinte o neno e sinxelo corazón malferido que o Amor, da doncela no brial en axexo, enchautóulle na entrana o seu dardo mais rexo.
Lirio de ouro frorido no varal miragroso do nobre Cournuailles antigo e prestixioso, mais belida que as rosas de Sarón ten a cara a princesa louriña, a xentil Guanhumara. Mais belida que as rosas de Sarón a princesa leva a alma en rencores criminaes acesa.
Non darán fror tres veces as campías de Tura sin que o Irono se vexa anegado en tristura, que a vegada de loito e dolor se aveciña en que o Rei ten de alzala por señora e raiña, e, cinguida a coroa por soberbia arelada, a pureza do leito ten de ser enlixada da treición de Medraldo, a serpe pezoñenta que no furo sombrizo do seu peito adormenta.
Ó vir o día esperta do seu sono a cidade doirada por festelra ridora craridade. E unha verde esmeralda o mar raso e tranquío e vereda de prata son as ágoas do río. As nubes no ourizonte finxen rendas de seda é ten soes das arpas o rumor da arboreda. Dende as fontes de Uska, a voar, a voar pol-a comba do ceo sobre o espello do mar vese a águia imperante que na illa encantada por mandado segredo tivo a máxica espada e no ar recendente da mañán lumiosa vai rubindo, rubindo, feila cruz, maxestosa, pol-o azul diamantino e das nubes encol, a afundirse nos ouros encendidos do sol!
RAMÓN CABANILLAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717218.xml
prián das Lás, dúas furas nos estremos (fig. 17) que cecals servirían pra mangar dous paus ou ferros con ganchos, que converterían o conxunto do dispositivo nunha especie de trasfigueiro. Y-outras ocasións, o fogar está atuado na terra e formado por catro pedras ó xeito de ciste (fig. 18).
A citania, en resumen, non parece ser outra cousa, que a xuntanza de varios vicus, que s'alcontraren en certas condicións de seguridade, emprincipiaron a mellorar o xeito construtivo dos seus edificios. As casas circulares, o mais característico d'istes hábitats, non son mais que as cabanas de madeira, palla ou bimbios entretecidos, que paseniñamente van trocando pola pedra os materiais dos seus muros, an-
tatinos, aparecen cirados reutangulares (Steinburg, Champs franceses da Lorena) chegando a predominar tal forma nas vilas de la Tene III (Alesia) y-hasira a ser escrusivas n-algunha d'elas (Bibractis).
De todas maneras, calquera que sexa o seu orixe e procedencia, as edificacións d'esta clase son minoría nas nosas citanias, onde as prantas circulares son de cote preferidas, e qu'incruso perduran aínda na nosa terra, no Cebreiro e pol-o menos perduraban hai pouco tempo nas Porlillas, ourensán con Casiela.
O conxunto de todol-os datos enumerados, indica qu'os povos que vivían nas citanias eran guerreiros (emprazamento no cume dos montes, número e importancia das obras defensivas), e que debían pasar a moor parte do seu tempo ó aire libre (cativeza das casas e falla n-elas das comididades máis rudimentarias). As diferenzas sociais tampouco s'acusan nas nosas cidades protohistóricas: nada hai nelas de semellante ós pazos dos opulentos galos de Bibractis, e pol-a contra as súas casas imitanse unhas ás outras, na feitura y-ainda no grandor, e soilo admitindo qu'as cinguidas por un valado, pertenceran a unha mesma persoa, podemos coxetural-a existencia de xentes cuxas habitacións distinguíranses das dos seus concivís.
Canto ó orixe das casas de planta reutangular, preséntas'o problema de saber si son cousa indíxena ou aportación forasteira chegada da Bética, por intermedio do grupo Sul dos Castros, ou mais tarde por infuxo romano. Das dúas suposicións, a primeira é a mais provável, pois si ben é certo que no mundo céltigo e germano, hai d'abondo prantas circulares (Steinburg, Gadstonbury, Alesia, fonds de cabannes (1) da Champaña, releves da coluna Aureliana) á súa beira, e lá en hábitats halls-
(1) Vox. Dechelette. Manuel, t. II
Continuarase
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/11571729.xml
A NOSA ORTOGRAFÍA
De certas adiciós, supresiós, troques y-enlaces de letras
REQUIREMOS hoxe as comenzadas observacións sobre a nosa ortografía. O novo punto a tratar serán certas adiciós, supresiós, troques y-enlaces de letras, producidos por razón de eufonía, y-a maneira de representar todo elo.
Adiciós. - Compre parar mentes nas que siguen:
1.º As formas verbás terminadas en ditongo e seguidas dos pronomes o, a, os, as, intercalan sempre n entre o verbo y-o pronome. Exempros: levou-n-o, hai-n-a, collerei-n-o, deixarei-n-as.
2.º As formas verbás terminadas en a tónico e seguidas dos pronomes o, a, os, as, intercalan sempre y entre o verbo y-o pronome. Exempros: está-y-o, habrá-y-a, andará-y-o, terá-y-as.
3.º Entre o artigo feminino de singular y-os nomes que empezan por a tónico e xeneral intercalan un y. Exemqro: a y-alma a y-auga, a y-ama.
Nólese que as adiciós verificanse sempre nos casos primeiro e segundo, mentras que no terceiro non socede así: tolérase tamén o hiato de a alma, a auga, a ama.
As adiciós obrigadas, ou sexan as dos casos primeiro e segundo, n'é mester reseñalas con ningún sino especial na escritura. A ortografía que procede adoutar é, pois, ésta: levouno-estayo.
Convén, en troques, indicar a adición do y eufónico do terceiro caso a medio de un guión que veña dar á entender que a necesidade de fal y impona o a tónico inicial da palabra seguinte, cá que sona para evital-o hialo: a y-alma, a y-auga.
Unha ouservación aínda: algúns escriben a i-alma, a i-auga, e tamén estaño, haberálo; e nós consideramos que cando o son i fire a unha vocal, aquel son é rigorosamente consonante e, polo tanto, procede empregal-o y consonante ou grego.
Supresiós. —Prescindindo dos casos de contraición e supresión xa estudidos no noso artículo anterior relativamente ó apóstrofo, aquí tócanos considerar estes:
1.º Moitas palabras que acaban en n, sobre todo pronomes, verbos, adverbios e conxuncións, cando se empregan diante de términos que empezan por m, especialmente a pronome me, perden ás veces aquel n na pronunciación, en particular na do vulgo. Exempros: non sel que(n) mo dixo, no(n) mo pideu, ni (n)mo falou, te(n)mo na casa, ve(n)me traguel-o adival, be(n) mo ten mandado, falaro(n)me, contaro(n)ma.
2.º As mesmas palabras do caso anterior
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a9/a987/a98700ab-9bd9-4e6b-919b-e43c7da47329/115717222.xml
Sanatorio Quirúrgico de Ourense
Direitor: Don MANUEL POL PIÑEIRO Cirugía
co-a colaboración dos Doutores
D. FRANCISCO JOSÉ RIOMEGRO DÍEZ e D. MANUEL BOUZO FERNANDEZ
CIRUGÍA PARTOS E DOENZAS DA MULLER
Situado na carretera da Loña, practicase a-4 toda crés droperación de Cirugía gral, especialidás, ginecologí A pensión é de 10 pesetas diarias. Inclusa n-ela a mantenza, Material de curas per
€ visita médeca diaria, As o tor
especíbs serán cule Mai Gabinete de RAYO X, aparato de DIATERMIA (pra tratel~ material elétirico preciso pre disgnósticos
see
E 4 a NOTA: Hal de cote material exterelizado pra operaciós d'urxencia pros os qué Ron se poldan traguer Ó Sanatorio,
€ mais pea partos, adentro e fora e. Pre Informes, pódese escribir a calquera dos médecos do estabrecimesto.
OURENSE Carretera da Loña Teléfono 179
Lea L A R Ademinis-
vostede tración e a novela Suserición a 6 números imprenta
mensual 1160 pesetas Real 36-1.
Fabricacion Execucion
esmerada
especial de
das recetas toda sorte
de Cristaes dos seño-
res Médicos
(MARCA REGISTRADA) ópticos Oculistas
Praza Mayor, 18 - OURENSE