https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157114&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711421.xml
NÓS
189
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
REVISTAS
BROTERIA, Vol. X, Fasc. VI, Junho de 1930, Lisboa.
SUMARIO: Emilio Salgueiro: «A Moral Pombalina».—Domingos Mauricio: «Os Jesuítas e Camões».—Serafim Leite: «Democracia e Sindicalismo».—«Na Rússia dos Soviets».—Revista de Revistas.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redacção.—Efemérides.—Indices.
SEARA NOVA, Revista doutrina e crítica.
NÚMERO 208. Sumario: Raúl Proença: «Factos e documentos».—«Da imitação da França».—Vitorino Nemésio: «Salão dos Independentes».—A G: «Portugal pequenino».—Augusto Casimiro: «A tua door é a tua formosura».—Sebastião da Costa: «O porto de Macan».—Manuel Mendes: «Os arquitectos no 1.º salão dos independentes».
Número 209. Sarmento de Beires: «Conferências».—M. Teixeira Gomes: «Carta a Viana de Carvalho (sobre coisas mínimas e máximas)».—Maria Portugal Dias: «Uma escritura e um Livro».—Mayer Garção: «Portugal pequenino».—Manuel dos Reis:
Número 210. João da Silva Correia: «Factos e documentos».—«Acção linguística da métrica».—João Gaspar Simões: «Tendências e individualidades da moderna poesia portuguesa».—M. Teixeira Gomes: «Cartas ao pintor Sousa Lopes sobre a sua arte».—Sarmento de Beires: «O problema da Índia Inglesa».—Lago Coutinho: «Será a Relatividade em princípio absurda».
Número 211. Osório d'Oliveira: «Considerações actuais».—João Gaspar Simões: «Tendências e individualidades da moderna poesia portuguesa II».—Sarmento de Beires: «Aviação e aviões».—Carlos Parreira: «O "caso horrível" dum poeta».—Jaime de Magalhães Lima: «Scismas de rebeldes».
TAULA DE LLETRES VALENCIANES, Maio de 1930.
EDUARD MARTÍNEZ FERRANDO: «La llengua valenciana».—Carles Salvador: «1830 Teatre - 1930».—«Eduard Ranch: «L'Orfeó català en Valencia».—Enric Durán e Tortajada: «La senyoreta Inquietuts».—Exposició Mistral i dels felibres valencians. Sobre taula.—Notes.—Bibliografia.
Imp. NÓS - Linares Rivas, 50 - A Coruña
F. ROMAN e SACO
DROGUERIA e FARMACIA
Pereira, 19 - OURENSE - Teléfono 28
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711412.xml
NÓS
180
semellan doadas e nono son, que son case imposíbeis n-un pobo sen concencia de seu, e que se dan de seu n-un pobo qu'a posee. Pensemos somentes no urbanismo, e ollaremos a suma imensa de sacrificio, de desinterés, d'acatamento a autoridade, de participación de todos nos problemas que pranteja, de cultura de sabencia, d'esprito que compren pr'a realización d'una cidade moderna, e digádesme a min s'isto pode ser ond'o patriotismo se non impón aos intereses particulares. Os bascos teñen limpeza, cartos, istrución, crianza, belas cidades, teléfonos, estradas con asfalto; mais fixémonos ben en que teñen unha concencia nacional moi forte, unha soberbia de raza primigenia e un idioma que ninguén entende todos recollidos. Por frente, alén da Bidasoa, cintilaban en troques os milleiros de brilantes luces de Fuenterrabía,
6. CÁMARA D'HOTEL.
Confeso que lle teño lei ás pousadas, e quen calquera ond'estea, tendo a atoparune ben. Cecais seña unha contradición do meu caraute. Prefiro—e isto si que non contradiz en nada a miña Weltanschauung—as pousadas aos hoteis, e n-un hotel, canto mais s'asemelle a unha pousada, millor me parez.
Esta cámara onde me trouxeron é mais de pousada que d'hotel, no bon senso da verba; póde se queredes de pousada fina, ou de pou-
Tipo de Casa Basca moderna: Hotel Jauregui, en Fuenterrabía
non sendo iles... E ainda eiquí, non está fora de lugar unha chirigota, que poidera ser paradoxa, que poidera ser sentencia: C'm'imos querer qu'o noso pobo se lave, s'ainda está deitado durmindo?
sada elegante, anque coido que millor seria de lle chamar pensión, nome que já se vai internacionalizando. Cámara coma pra morar n-ela un coengo, un magistrado, un señor raro, un home metódico, un modesto sibarita. É unha cámara grande, que ten dous leitos co-as suas mesas de noite, imitación bambú, faguendo jogo c'unha mesa central coberta con tapete, e c'un almario d'espello. Duas amprias feestras, dando a ruas difrentes, co-as suas cortinas d'encaixe, deixan entrar á maña toda a luz e toda a paz e tod'o chiar dos paxarinos. Hai pra o inverno, unha chamineia de mármore con espello enriba, a vella chamineia francesa das novelas, a chamineia
N-un comercio, ollamos unhas belas manchas de tinta do pintor Marín Ramos. É ja un pouco pasado o gosto d'estas cousas. Marín Ramos, de quen vira eu unha esposición en Madrí, hai anos, co Castelao, vive eiquí agora. No Café da Marina vímolo pasar, gordo e barbudo.
Cando chegamos a Hendaya a cear, já todo estaba en silencio, pouca luz e ninguén pol-a rua. Vida francesa: ás nove da noite,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/11571143.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XII ★ Ourense 15 de Setembro do 1930 ★ Núm. 81
POESÍA LIDA NO BANQUETE DA «BARXA», O DIA DE GALIZA
A cumprir as escuras vaguedades,
da costa verdecente ten chegado
o bardo das edades,
lanza e escudo dos bós e xenerosos;
o que apreixóu outrora,
no ben acompasado
fungar dos rumorosos,
a profética voz alentadora.
Está con nós, ergueito à veira nosa,
o do céltigo clán, mestre druída
co-a litúrxica fouce miragrosa,
a lira de ouro e ferro
e a barda en albas rosas frorecida;
o dos craros acentos sonorosos,
cantor dos altos feitos;
o que ordeóu, para os afáns groriosos,
aparellar os esforzados peitos.
¡Os tempos son chegados! Galicia canta e prega!
¡Xa madurón a espiga
na campía galega!
Como na enxebre, céltiga cantiga.
da alborada que anuncia o alto gozo
das xornadas de sega,
o novo sol, o sol ridente e mozo
está batendo á porta
da casiña labrega.
¡Xa está lograda a espiga,
randeando, doirada,
as luces da alborada
na campía galega!
E forza porse en pe! E nosa obriga
temprar as fouces, encoirar o mallo
e saír, animosos, cara a veiga,
a escomenzar o redentor traballo.
¡Tras do loitar sin trégoa
virá o repouso á sombra do carballo!
¡Irmáns na Causa! ¡Os tempos son chegados!
Nestrora de varil rexurdimento,
en cibdades, aldeas e escampados
Galicia enteira estremecida escoita
o berro nunca dado a esquecimento
con que nos chama, impregador, á loita
o que comanda os miticos guerreiros
do pinal encantado de Froxán,
o que deixóu os bélicos loureiros
a verdecer na estrofa que pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán...!
¡Irmans, todos a unha! ¡Arrodeade a leira!
¡Qué regue a nosa terra o suor noso
e a fouce corra no tronzar certeira!
¡Escoitade o punxente
berro do vagoroso:
«Diante de bós ondea
a barda de ouro ardente...
¡Segade a vosa herdade!
¡Ay de aquél que non sea valente!
¡Segade, galegos; con forza, segade!»
RAMON CABANILLAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711420.xml
Sol-por. Dan as Trinidades as freiguesías do redor. Acantázanse os rapaces do río que xogan ao Barranco do Lobo. Chora unha nai o seu cantar de berce. Pasa o velliño do fiscornio. Noite de folión: foguetes, madamitas, resóleo e ruada.
Voltamos á procura do antigo castelo dos Condes, xa todo desfeito. E foi esta a antiga corte do Rei da Galiza? Foi este o señorío dos Sarmientos? Foi esta a forte vila cobizada pol-o mariscal Percy, o campión do Duque de Lancaster? Foi esta a Atenas do hebraísmo galaico? Foi esta a vila amada de Alfonso IX, de Alfonso X, de Alfonso XI, de Fernando II...? Esta é a antiga Abróbiga, de que falan os xeógrafos crásicos? Esta é a que venceu ao Conde de Camiña? Esta é o campo de loita de Doña Teresa, a nai de Alfonso Enríquez? Foi eiquí onde naceron Fray Tomas de Lemos, Estéfano Gallego, Vizmanos...?
Ribadavia refaise, fortifícase, pro ainda nos seus bairres millores e mais novos, óvese de cotío o xemer destas santas e groriosas ruinas que o enchen todo. Gostaríamos de fuxir por esas outas cumes de Avión e de Pena Corneira, por ese Avia prodixioso que se deita no recuncho incomparabel de Leiro, por esa cume do Bou-Bou fonte de tantas lendas, por eses pazos antergos de Esposende e de San Clodio, pro algunha cousa hai que nos retén perto destas pedras venerabres, destas muradelas cobertas d'edras, destas casas esmigalladas. Séntese latexar a historia da raza; séntese no sangue todo o misticismo da caste, e andan diante dos ollos as visións todas da nosa epopeia de séculos. Quixéramos ficar sempre eiquí, neste castelo romántico de liñas impercisas, que se desvai com'unha figura de névoa. Quixéramos ficar na conversa destes vellos que ainda falan de aqueles irmáns que se foron no quiñentos, e ainda sofian con voltar.
Imos a Santo Domingo, o antigo mosteiro que se desfai sen dor con tal de manter en pé esta espréndida irexa gótica que s'ergue fidalgamente entre o anodismo dos roteiros turísticos. Pouco se pode ollar nesta hora litúrxica da noitiña, e, con todo, canto impoñen estas boutas trenzadas sobre os ci-
NÓS
mentos daquelas outras que se abenzoaron alá pol-o 1271. A irexa está soíña. Lonxe canta unha nena un alalá de camiño. Voltea unha curuxa a lume miuda da lámpada. Nas capelas absidales e todo ao largo, sepulcros fidalgos: donas, guerreiros e abades de pedra deitados sobre almofadas recheas, aquentando os pés nos lebreus, gardados por anxos de asas tesas, ben loados en longos letreiros de boa letra. Quen é toda esta xente? Serán os antigos donos e señores dos temibres castelos de Sande, de Roucos, de San Xinés, de Soriz, de Sobroso, de Viduedo, da Pena, de Milmanda, de Cavadoso, de Fornelos, de Orcellón, de Pambre, das Curuxeiras, do Castro de Caldelas...? Ensoñadas e inolvidabres torres que han sinalar por todo tempo os vieiros da mais vella e limpa nobreza do mundo. Quén sodes, rexos fidalgos que ainda tedes a espada na man? Ficou entre vós aquel amado Don Diego de Lanzós, o irmán mor, ruibo como os millos e forte com'un Carlos Martel? Durme entre vós aquel Adiantado Don Pedro de Miranda, morto na alborada da vida? Cál de vós é o desventurado Don Tristán de Montenegro? Quén é o fidalgo da Casa de Puga? Quén son os das Casas de Pardo, de Ulloa, de Hermida, de Loureiro, de Cabo, de Albor? Que imperturbabre sono o voso!
O sancristán remexe no badallo, na hora d'Animas. Voan lánguidas bateladas a resoar nas campás. É noite pecha. Os guerreiros semellan erguerse e camiñar faguendo a roda d'un cabildo do Temple.
Miserere mei Deus...
Saio arrepiado. A vila acouga no frescor das augas do Avia. Sopra o nortiño do Arenteiro. Tremelucen bombilas a imitar fogos de camposanto. A emozón recorda nos meus ouvidos:
Egli, che dopo il grido udi il tumulto, che par che sempre piti terribil suoni...
ALVARO DE LAS CASAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711424.xml
Aguas de Mondariz
Fuentes de Gándara y Troncoso
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos de aguas minerales, Restaurantes y vagones-camas de todos los trenes.
Estas aguas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquísima auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondariz-Baneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711410.xml
178
Ás veces hai forces impresións mais que de paisaxe de coores e contrastes. Por exemplo na Saga «O desterro dos fillos de Usnech», texto do século XII con variantes do XIV e do XV, ben coñecido pol-as publicacións d'Arbois de Jubainsille, Thurneysen («Sagen») e O'Curry («Atlantis»), Deirdré a nena que falou no ventre da nai, a Darthula, do Ossián de Macpherson, destinada pra esposa de Conor ve o seu tutor esfolando un becerro sobre a neve e un corvo que descia a beber sangue, e dí Deirdré: «Soilo amarei o home que teña sobre si as tres coores: cabelgira com'o corvo, meixelas com'o sangue, corpo como a neve». Na novela galesa, Peredur, arela tamén unha dona que teña as tres coores.
Cadros compretos de paisaxe son raros nas Sagas. Na «Navigación de Brán, fillo de Febal», unha fada no medio da asamblea dos guerreiros colle unha pola da maceira de
NOS
Emain ou terra das fadas, e canta as belezas d'aquil país: «arredor brilan os cabalos da mar» chao «lediza dos ollos, eistensión groirosa» albre con froles «sobr'as qu'os paxaros chaman pol-as horas» terra «de fermosa paisaxe, incomparabre na brétema» sobr'a que o mar bota «os pelos de cristal da sua cabeleira».
Un vivo sentimento da terra patria sentida nos menores currunchos e do qu'as illas d'ensoñosonapenas idealizacións ademirables caracteriza a epopeya antiga d'Eirín, a filla do Océano simbolizado n'unha saga por unha becerra de pelo negro que se chama Aicenn (Océano). Pódese notar un certo parentesco entre a maneira dos poemas antigos i-o dos grandes autores de hoxe (J. Joyce, Synge, O'Flaherty por ex.) no tocantes ó sentido da paisaxe.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711415.xml
NOS
183
te antiga é d'un tipismo solprendente: casas de moitos pisos, cen corredores de pau en case todos iles, especialmente nos de mais enriba. Saedizos de pau nos tellados, con trabes primorosamente traballadas. Solerbos pazos con enormes escudos, todos iles artísticos. A casa típica ten principalmente un frente de pallabarro antre dúas paredes de pedra, que d'andar en andar, veñen cortadas en ondas de ménsula ou calzorro de barbacana, coma n'unha que hai na rua aquila d'Ourense que a erudición municipal do século passado fixo chamar de Lepanto, e que a miúda xente sigue chamando do Tecelán. D'iste xéito, cada un
Tamén é interesante a rua da Mariña, bairro dos pescantís, con toda unha banda de casas vellas, co-as súas portas de cristais nas tendas e os seus visillos d'encaixe nas fezes.
A eirexa ojival, n'unha rua en costa moi pina, con pazos e casas antigas, pola que ruben dúas inglesas vellas, namentras baixa unha pesca berrando:
—Anchu...iii...
- Que seica son sardiñas. Vendo as inglesas, o Temes di:
—Mira estas dúas maletas: velas ehi van, veñen eiqui e non s'enteran de nada.
N-efeuto, as dúas vellonas británicas se-
ALGÚS TIPOS DE CASAS BASCAS MODERNAS
mellaban indiferentes a canto vían. Viajaban por costume, por mimetismo, coma a maor parte dos turistas. A esplotación do turista é unha das cousas mais justificadas que hai; o turista foi criado pra isto, pra tirarll'os cartos. Ja qu'o aturamos, compre que pague. Porque o turista é o becho que derrama todol-os panoramas, e qu'emporca todol-os lugares históricos. Un turista ond'un moimento é como produto d'una defecación riba d'un sofá. O turismo é fundamentalmente, profanación; tivo que nacer no tempo en qu'o home se deu a brincar con todal-as cousas sagras e con todol-os misterios, e foi a consagración da impiedade. Que diríamos d'un home que fixera unha esposizón pública de todal-as lembranzas íntimas dos seus pais difuntos, de
dos andares, d'embaixo enriba, voa un pouco mais qu'o inferior. Ademais do baixo, solen ter dous ou tres andares, ás veces catro. Moitas veces en cada andar, tres ocos: balcón no meio, voado ou non, e dúas feestras aos lados, con poyal de madeira. A madeira domiña nos frentes, e coma hai moitas adornadas con tallas, hainas que semellan obras d'ebanistería. A Pampinot Calea é a rua que resulta mais interesante n-iste respecto, das qu'eu vin.
As casas modernas imitan con gran variedade e pantesia iste tipo, e hai edificios verdadeiramente fermosos en toda a parte nova de Fuenterrabia, que é a da playa, toda de casas de lujo, c'unha manifesta mirada riba do mar, e o mesmo refiñamento de sábea urbanización qu'en todal-as vilas do País Basco.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/11571142.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47— OURENSE —A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Númaro solto 0'70
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
Poesía, por Ramón Cabanillas.
A Mocedade do P. Feixóo, por Armando Cotarelo Valledor.
Notas Políticas, por Arturo Noguerol Buján.
Notas encol da paisaxe na antiga epopeya irlandesa, por Ramón Otero Pedrayo.
Da Alemaña, por Vicente Risco.
Roteiros lírecos - Ribadavia, por Álvaro de las Casas.
Os homes, os feitos as verbas, PÓL-A REDAUCIÓN.
Reloxería ZENITH MAQUINAS PARLANTES. DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS
Vicente Risco Abogado
M. CALVIÑO - Ourense
Santo Domingo, 47-2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711413.xml
NÓS
que non sei porqué citan sempre Dumas, Sué e Ponson du Terrail. O lavabo'é á antiga, de madeira, e ten enriba dúas barreñas co-as suas jerras de pedra, con deseños azúes, as toallas moi ben dobladiñas, e no piso un cubo con tapa. Hai un gran colgador con moitos tornos de pau, e unha cortina de cretona por diante. Cada leito ten seu alfombrín, e cada mesa de noite sua palmatoria co-a sua vela, por si a luz eléitrica fallara de noite. Aixiña inquirín s'había orinal na mesa de noite, porque me dixeran que nos Estados Unidos, ou seña no Norte, coma din os nosos peisanos nenes había, e tiven medo qu'iste fora un detalle de modernidade d'ises qu'impoñen a cotío ao home novos tromentos... Habíao: estaba en terra civilizada. Non sabería dicir canto me tranquilou o resultado d'iste inquérito, a íntema satisfaizon que puxo na miña concencia, a seguranza e a calma que me deu. Habería que ver o estrangeiro que m'eu sentiría, o abandoado, o isolado, o desamparado, se non chego a atopal-o bacín no seu sitio. Hai que telo pasado, com'o estou pasando en Berlin—porqu'en Bonn habíao tamén—pra saber o qu'elo sinifica.
Por fin, ademais de dúas cadeiras soltas, había un bó sillón de brazos, renchido e apricación de crochet na cabeceira.
Durmín d'un pulo, e pra o outro dia erguinme cedo, abrín as dúas feestras, ollei o sol nas casas e nos arbres e nos montes, laveime, e Victorine tróuxome café, leite, manteiga e pan pra o almorzo. Soilo e case espido, co-a bata e o camisón, no sillón de brazos, co almorzo na mesa central, ouvindo os paxaros e ollando o vrau, repousadamente almorzei e botei un pito, ali no sillón, veira da mesa. E sentínme ben, ata co gozo de non facer nada, no qu'está se cadra o senso mais fondo de tantos sensos ccma ten a vida. E contemplei agradecido os mobies e as paredes, e o servizo valeiro, e a borralla do pito, e a luz, e o verde.
No fondo d’asto hai un evangeo qu'o home esquece e desatende, levado da megalomania: o evangeo renacentista do impresor Plantin, do Beatus ille, a poesía latina mais veces traducida ao galego, síntese pagao-cristiá d'un ideal qu'está morrendo soterrado baixo dos cimentos da Torre de Babel.
Mais, ata cando vou seguir sendo eseravo da literatura? Pra que matinar arestora no porvir do mundo, e derramar d'iste geito o
181
istante iste qu'estou pasando, e que se cadra tarde virá outro, cecais somentes cando volte á miña casa? Que parvos son os homes, iba dicir—e craro que é certo— mais n-iste istante somentes debo dicir: que parvo eu son! Se m'houbera deixado vivir todo o tempo, lle non houbera roubado minutos ao estar ben, pra os derreter en fume de pensamentos que non han ao cabo de dar proveito a ninguén.
7. O POBO BASCO.
Ja vestido, fun buscar a Temes, e fúmolos dous ao Consulado. Están facendo un novo, moi boa casa n-estilo moderno, mais eiquí ondestá, se non revolve un. Hai dúas mesas, almarios, mapas, libros: os códigos andan por riba das mesas, crar'está.
O inteligente Canciller Lafón amostroume uns quadernos nos que ten apegados os retratos dos pasaportes: os mais deixándose levar dos apelidos, son bascos, de geito qu'eiqui podes'estudal-o tipo fisiogrómico da raza. De geito que, empiricamente, sen lembrar ningún estudo antropológico qu'un tena feito, pódens'ousarvar dous tipos difrentes: un teutonoide, co tramo meio da cara curto, e o naris tendendo á curva cóncava, tipo semellante ao de moitos alemás, e que sole coincidir coa costitución atlética, cadrada, de largo lombo, tipo muscular.—E outro leptoprosopo e aguileño, co tramo meio da cara moi longo, sen gran diámetro bicigomático, senon en xeral de cara estreita, e coincidindo ben c'un tipo atlético, ben c'un tipo ostenico. Os dous tipos teñen a decisiva e inconfundibele espresión basca.
O que se non vé na jcoleizón de retratos de que falo, é que Lafón tidúa ambiciosamente Libro de la Raza, é o perfil basco: todol-os retratos están de frente. E o perfil paréceme a min qu'é o mais caraiterísteco d'esta raza. E' un perfil especial, tendente á verticalidade, e de pouco releve. N-il aparez un narís—no tipo leptoprosopo—longo, mais non longo d'adentro pra fora, senón d'enriba pr'embaixo, sen que destaque moito do perfil, sen que se marque moi sainte: é un narís contido e coma domeñado por unha forza interíor do individo. O frente sole ser estreito e un pouco botado pra trás, e a queixada, que de frente non ten importancia, no perfil aparez adiantada e firme, signo inequívoco de caraute.
Lembro, crar'está, a ademiración qu'o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711411.xml
NÓS
DALEMAÑA
I.—A VIAXE.
(Proseguimento)
ceses. Quixera qu'os nosos emigrantes, en lugar d'iren pr'América, onde van brutos e voltan parvos, viñeran pra estas terras, onde tanto poderían deprender, principalmente, a perfeitamente lograda alianza do progreso co-a tradición, que fai qu'o progreso semelle eiquí cousa natural, espontánea e engebre.
A idea do Temes, un pouco desfigurada se cadra por min, ven ser pouco mais menos a seguinte: a obra do galeguismo preocúpase de mais das últimas cousas; concencia, esprito, arte, pensamento, cencia. Todo iso está ben e fai falla; mais enantes, compre educar aos galegos na limpeza, na comodidade, na boa crianza, na orde, na obediencia á lei, na utilidade, na estética púbrica, no urbanismo, no intrés pol-o coleitivo.
Non vai descamiñado. Mais compre saber primeiro s'un pobo sen concencia de si mesmo pode facer estas cousas qu'eiquí xurden de seu, e qu'atre nós haberia qu'impór c'unha ditadura.
Todo pende en qu'ollémol-as cousas coma saílas d'adentro afora, ou coma formadas d'afora adentro, a cultura d'un pobo com'aposición ou coma desenvolvemento. Podemos supor qu'a cultura d'un pobo medra por justaposición d'elementos, coma medran as pedras, ou por desenrolo de predisposiciós contidas no germe, coma medran os seres orgánicos; no primeiro caso, tería razón o Temes; no segundo, teríamola nós. Mais hoxe se non pode soster qu'una cultura seña unha justaposición mecánica de produtos indiferentes; unha cultura é de cote unha unidade orgánica, é unha creación social, e pol-o tanto, é a forma esterior d'unh'alma coleitiva. Por iso, en primeiro termo, a cultura non é imitábel. Veleiquí o erro dos asiáticos qu'acollen a cultura oucidental, erro do que semella que se decatou Gandhi—e o erro dos americanos que creen sel-os continuadores da cultura europeia. América posee total-as formas esternas do europeismo, mais non as esencias, non o senso, non a y-alma qu'as criou. Algús americanos já se van dando conta d'isto, e enantes, já outros andiveran á precura do senso da vida, téndoo ido buscar deica á India. Mais atinados andan se cadra, os qu'o precuran no indianismo americano. Ora, elementos isolados poden pasar d'unha cultura a outra, mais pra que d'algo sirvan han ser incorporados, asimilados n-ela, acculturados, e cand'esto acontez, ises elementos de cote trocan de senso.
O caso de Galiza é un caso ben estrano, por certo. Pertencendo dende logo á cultura oucidental, a sua posición de fisterre póna n-un estado d'incompreta asimilación. A historia amostra isto na serodia introdución do gótico—a arte mais propiamente oucidental—antre nós, e a nosa difizle comprensión d'ise estilo, que se pode ouservar por eixempro, n-un sepulcro da nave da Epístola da Catedral d'Ourense, e ainda nos baldaquinos góticos das eirejas de Xurenzás, Serantes, e outras que non lembro da terra do Carballiño a de outo Ribeiro. Non coñezo d'abondo aos bascos, pra saber s'as cousas por eiquí andan ou non do mesmo geito; mais dende logo, no que toca á cultura moderna, á civilización, os bascos son europeos perfeitos: os cachivaches do progreso son pra iles cousa familiar, que nen tan xiquera lles causan ise pasmo dos nosos peisanos cand'os atopan na América.
E convindo en qu'hai que civilizar Galiza, insisto en que compre proceder d'adentro pra fora, primeiro o esprito, primeiro a y-alma, primeiro a concencia galega. Somentes espertando a concencia galega poderemos faguer xurdir a arela de milloramento e o esprito de sacrifizo preciso pra criar e soster todas esas indispensábeles pequenas cousas adjetivas, que necesitan o esforzo costante de todos, que
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/11571146.xml
174
branza. A nai das ciencias, a par que as demáis vilas de Castela ou tal vez mais que outras participou da mingua xeneral da monarquía, da dexeneración intelectual e moral, da corrupción literaria e artística que caraiterizaron os derradeiros reinados dos Austrias. O mesmo Feixóo refire algúns cusos grotescos, que mostran a postración de aquelas célebres aulas, nos derradeiros anos do XVII. Un catedrático exprica soyo dúas leicións sin importancia no ano. Outro toma con excesivo fogo unha argumentación e vese acometido n-un ataque de apoplexia quedando inmóvil, e tendo que ser levado a casa n-unha silla de mans. O curso dos estudios da sua carreira era unha esfera moi limitada pro esprito de Feixoó. Y asi extendeu a sua apricación a outros coñecimentos superiores causando admiración dos seus condiscipres que quedaban suspensos ó escoitalo porque coidaban que todol-os galeerancomo os segadores que víannasuaterra, alí onde como medio siglo antes escintilara na cátedra o seu parente Don Xoan de Puga. Os legistas D. Pedro Samaniego. Don José de la Senra catedráticos de aquela Universidade, Fr. José de Barnuevo, Mestre do noso frade, non desdeñaron o seu trato, e os seus compañeiros cobraronlle fraternal cariño, como aquel Fr. Rosendo de Caso, abade que foi despois en San Vicente de Aragón. Unha febre tivoo moitos días no leito privado do coñecemento. Por moitos coidados pudo retornar a saude.
Tres anos duraron os estudos de Feixoó. Cabo d-eles graduado xa en Artes recibeu o mesmo título en Teoloxía en 9 de Marzo de 1696, no colexio de San Vicente. Defendendo baixo os auspicios de Fr. Mauro Roldán seis conclusións teolóxicas sobre o misterio da Encarnación que foron según o uso da época impresas en seda e que hoxe se conservan en Casdemiro. Voltou de estoncias Feixóo a sua terra y en Samos, que sempre o considerou como fillo y-o favoreceu canto pudo, foi leitor e pasante de Filosofía.
En 1705 cando a guerra civil topábase en Valladolid no ricaz mosteiro de San Bieito. Permanesceu n-el algúns meses enseñando Filosofía, sin descuidar por eso os seus particulares estudos, antes ben cultivandoos na Biblioteca do Colexio e na do veciño Santa Cruz. Resideu tamén Feixóo en San Martín, en Eslonza onde lle comenzou a reuma, e nos primeiros meses de 1709 aos 33 anos de edad foi a Oviedo, como leitor de aquel famoso colexio de San Vicente onde había de residir deica a morte e onde compuxo todal-as suas trascendentales obras.
ARMANDO COTARELO VALLEDOR
NOTAS POLITICAS
Á caída do poder do dictador Primo de Rivera as momias da politeca começaram a rebulir n-o medio dos seus podres atadallos; y-enton deuse n-a manía de dicir que era necesario difinirse entendendo por tal, o optar pol-a Monarquía ou pol-a República. Teóricamente pódese un incrinar onha forma de goberno ou a outra sin inconveniente algún, porque o mesmo Papa León XIII n-a Encíclica Libertas di que «ningún xénero de goberno reproba a Igrexa; con tal que sexa apto pra utilidade dos cibdadans» e n-a Immortale Dei manifesta que «o direito de soberanía de si propio non está vinculado a tal ou cal forma de goberno», e que non «hai razón algunha pra que a Igrexa non aprobe o goberno de un ou o de moitos, con tal que sexa xusto e encamiñado ó ben común». Pol-o tanto o conto é custión de gustos ou pareceres: todal as formas de goberno tefien as suas ventaxas e os seus inconvenientes. Agora ben; determinarse n-a práctica por calquera de elas xa € fariña de outro costal, pois denantes de nada sería preciso faguer un estudio ben
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157114&posicion=9
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/11571144.xml
NÓS
172
A MOCEDADE DO P. FEIXÓO
(1676-1709)
O Ilustríssimo e Reverendíssimo P. Maestro Dr. D. Benito Xerónimo Feixó e Montenegro, do consello da Sua Maxestade, xeneral honorario e Mestre xeneral da Orde de San Bieito, da reforma de Valladolid, con honores e consideración de prelado xenerale voto perpetuo en capítulo, abade tres veces de S. Vicente de Oviedo, socio de honor da Real Academia Médica de Sevilla, do Gremio e Claustro da Universidade Ovetense, en ela catedrático de Prima de Teoloxía... naceu a 8 de Outubro de 1676 na pequena aldeiña de Casdemiro, da provincia de Ourense. Bautizouse en 19 do propio mes na eirexa parroquial de Santa María de Mélias por man do licenciado D. Antonio de Quintas, en vez e con licencia do párroco coengo na colexiata de Xunqueira de Ambía, sendo padriño D. Garcia de Puga, deudo da sua nai.
Os seus pais, correspondendo ó ilustre do seu nacimento, educaronno nos principios da fé e inclinaronno as letras, creendo con xusticia que o dereito de sucesión non os autorizaba pra descuidal-o insinio do seu fillo. Non era esto cousa corrente na sociedade de aqueles tempos e deste xeito eran poucos os primoxénitos útiles á airexa e ó estado «persuadiéndose no pocos que esta cualidad los destina solo a la propagación de su familia y disfrute de sus rentas, sin advertir que la nobleza se adquiere con las acciones ilustres a beneficio de la nación y se conserva con la estimación de ellas en los descendientes, no con la ociosa posesión de rentas adquirida por la virtud de los antepasados» (Campomanes).
Sobresaíu axiña entre os escolares que viñan á cotío ás venerabres celdas, polo seu grande afeizoamento á leitura e por aquela prodixiosa memoria pol-a cal casi coincidiron n-el o ler c-o estudar; «los maestros advirtieron... un espíritu capaz de las ciencias y un corazón hecho para la virtud» (Nóvoa).
Cóntase que abondaba citar diante d-él calquer pasaxe ou texto pra que de súpeto nombrase non soyo o autor mais o libro e a páxina; antes de saber apenas o que eran os versos compuxoos en louvanza da vida do campo e ánque ó que pode creerse non serían moi notables porque nunca sobresai o P. Maestro no arte da poesía, é un bó dato pra a declaración do seu raro e precoz inxenio.
Alternando c-as labores escolares dedicábase ó estudo da música, da que sempre fixo particular aprecio, adeprendendo á tanxer a guitarra segundo o método e as regras de Gaspar Sanz, cicais inclinou a sua afición pra aquel instrumento tan pouco noso o paso casi diario dos romeiros portugueses, que pola sua porta, camiño de Galicia, pasaban entoando ledas cantigas ó son das suas guitarras. Deberon ser éstos xogos de infancia porque nos seus escritos non se volve á falar de esta habilidade sua anque se mostre a outura dos seus coñecementos na teoría e na filosofía da música.
Pra contribuir ó seu insiño e pra fortecer o seu natural cativo soía o seu pai leval-o Galicia adiante nos moitos viaxes que facía. Fixo d-este xeito moitos dos nosos camiños sendo rapaz de dez a once anos cando podía soportar mellor as molestias de andar longo tempo á cabalo por mal coidadas corredoi-
No recanto do fogar adeprendeu primeiramentes baixo o guieiro agarimoso do seu pai o camiño da sabencia. Cursou despois no mosteiro bieito de Ribas de Sil soterrado nos frondentes arboredos e nas fragas de aquela sagra ribeira que é a mais forte paisaxe da nosa terra.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/11571145.xml
NÓS
ras. Visitou Ourense, Ribadavia, Allariz, Vigo e Pontevedra, chegando deica Ferrol, a Cruña e Betanzos, con moito proveito do seu xenio pescudador e aberto.
Deu boas mostras dél sendo neno descubrindo a astucia de certo saudador que asombraba as xentes tripando cos pés ispidos e ocultamente protexidos por certa pasta un ferro candente. E aquel esprito xovial e critico que andando os tempos había de leval-o á loitar sin tregoa contra vulgares preocupacións e supersticiosas creencias, burlábase ledamente das aprensións dos amigos da sua familia en orde á hixiene e mediciña e da pueril costume seguida ainda hoxe de coller hervas, especialmente fiuncho na noite de San Xoan conservandoas durante o ano como saumerios contra as tempestades. Era o mesmo que, contra a sua época, cortaba as uñas en sábado, comía despois do chocolate, e dormía, cousa tida por moi peligrosa, despois de purgarse...
Por este tempo veuse turbada a sua fébele saúde por unhas tercianas casi epidémicas n-aquela comarca. Martirizaronno os médicos, sangrándoo copiosamente seis veces n-un mes e prohibíndolle beber líquido algún pra apagar a sua intolerable sede; debilitouse tanto que estivo perto da morte pero ao cabo libre de novo consagrouse con mais forza ao estudo.
A frecuencia das tranquías celdas do mosteiro de San Esteban, o espetáculo da leda vida dos monxes e mais que nada o seu carácter retraído e austero inclinaronno ó estado eclesiástico e fomentándose mais co tempo este degaro declarou o seu firme propósito de arredarse do mundo. «No faltaron quiénes se opusieran a la vocación del P. Feijoó exhortando a su padre a que le resistiera, pues siendo el primogénito debía ser destinado á continuar al frente de la familia. Mas aquel caballero reunía al talento y austeridad de costumbres, un gran fondo de religiosidad cristiana y contestó que eso mismo le excitaba á dedicar á Dios con preferencia las primicias de su familia».
Autorizado Feijoó, renunciando pra sempre os licitos placeres da vida social n-unha posición desafogada, recibeu a beizón pa-
ternal e foi a chamar ás portas do mosteiro en ano de 1690 e ós 14 escasos de edade.
Recibeu a cogulla no Mosteiro de Samos, por mano de «singularísimo varón, modelo de sabios, de religiosos y prelados el Ilustrisimo y reverendísimo Señor D. Fray Anselmo de la Peña, hijo y abad de esta casa, general de la Orden de San Benito, Obispo de Cretona y de Gargente cuya virtud y ciencia merecienron la estimación de los soberanos, su caridad y vida apostólica eternizaron su memoria, que estará siempre llena de alabanzas y bendiciones.»
Homildoso e sinxelo nas suas costumes, ledo no seu falar, Feixoó, querido de todos, pasou os primeiros tempos do seu noviciado n-aquel convento «tan recogido, tan estrecho, tan sepultado entre cuatro elevados montes que por todas partes no solo la cierran, mas le oprimen y solo es visto de las estrellas cuando las logra verticales».
O seu xenio mostrouse dende o ingreso na casa, nos consellos que repartía á compañeiros de hábito e veciños da aldea pra libralo das pantasmas, ridiculizando tamén, adaxios e sentencias tidos por utiles e certos.
Lémbrese aquela explicación do «si quieres vivir sano, la ropa que traes en invierno, traela en verano», de que a roupa do inverno pode soyo usarse no vran porque xa chega a el de abondo raída e con pouco pelo e lixeira de certo.
De Samos pasou á Lerez onde tivo estreita amistade con Juan de Ballisca.
Deica o ano 1695 estivo n-aquel colexio en calidad de oyente cursando artes, primeiro período da carreira regular nos reducidos estudos monásticos de aquel tempo. Pero si o ensinio era cativo o medio do aplical-o era optimo. Os novicios tiñan certa libertade, reglamentábanselle os actos do día e permitiánselle distraccións úteles e honestas por aqueles enmeigados arredores eternamente arrolados pol-as augas do noso incomparabre río.
No 1695 rematados os seus estudos pasou á Salamanca pra seguir os de Teoloxía no colexio de San Vicente, hoxe totalmente destruído.
Do grande esplendor de aquela cibdade no XV e no XVI non quedaba senón a lem-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/11571148.xml
NÓS
176
Notas encol do sentimento da paisaxe n’antiga epopeya irlandesa
A Irlanda «a irmanciña adourada que pasou o mar» a «Erin, green gem of the silver sea» sempre foi niño d'esprito rayolando sobr'ó Atlántico com'os seus valentes promontoiros no sólpor. Raíña da Poesía ocidental espalla en catro literaturas sucesivas en língoa gaélica, en lingua latina, en lingua inglesa, agora en trunfante celta volvendo á coller o fío do seu destino—unha orixinalidade de forza incomparábel. O renacimento da Galiza inspirouse dend'os primeiros días no exemplo irlandés. Compre seguir e sosteñer e amprier aquil pulo. Os pobos da nova cultura precisan d'outras humanidades. E na Galiza é urxente o coñecemento de literaturas como a irlandesa e a lírica medieval galego-portuguesa, simpáticas á alma, que na cultura xeral equilibren polo menos o imperio do clasicismo grego e romano e do clasicismo castelán.
A literatura antiga irlandesa, ceibe d'infruxos estranhos, en grande parte anterior ó cristianismo, contida en mais d'un milleiro de manuscritos, hachase hoxe cuáseque toda publicada. Agás dos conteúdos nas revistas («Revue celtique» «Zeitschrift für celtische Philologie» «Eirin» entre elas) os textos atópanse nas coleicións eruditas («Irische Texte mit Übersetzungen und Wörterbuch» de Wh. Stokes e E. Windisch, «Silva Gadelica» de Standisch O'Grandy, i-outros) con traducións e comentarios. Obras difícildosas de procurar e que piden ser mais espalladas, polo menos en antoloxías semellantes á publicada en francés polo ilustre celtista Dottin, de Rennes.
Non imos falar n'istas pequenas notas, da beleza da epopeya irlandesa, da psicoloxía ou da sociedade que ela refrexa, nin comparala con outras que disfrutan de maor prestixio. Os celtistas siñalan a cativeza das des-
criciós. Unha lembranza rápida d'algús pasaxes das «sagas» mais notabres ou coñecidas, demostraránnos qu'os «fili» qu'as compuxeron tiñan un vivo sentimento da paisaxe, por mais que a dinámica do mundo guerreiro, da exaltazón heróica, e do misterio das fadas e do mundo fantástico, non lle deixaron fixar aquil sentimento en forma verdadeiramente literaria, cousa d'agardar en raza de esprito panteísta que por vivir no medio d'una natureza dramatizada non podía enxergala obxectivamente. Mail'o pouco que se trasloce indica un ademirabre acerto de sínteses i-evocación ó siñalar unha paisaxe, un momento, unha estación do ano, e os epítetos teñen a sinxeleza e o valor incomparábel—como os epítetos de Pondal—da epopeya homérica.
Unha illa sinte a cada instante a presenza do mar. Do mar, deus terrible ou amigo, ensoño, camiño, polo que se vai e se ven. Nas sagas abondan evocacións do mar. Nunha das mais antigas, a da Batalla de Moytura cóntase qu'as tribus Dé cando chegaron á Irlanda pra conquerila do poder dos Bolg, viñeron en nubes de brétema mariña, porque asegún a saga que dá eiquí unha eispricazón crítica, os invasores, moito dinantes de Tarik e de Hernán Cortés, queimaron as naus cuio fume cobriu a bisbarra. Na mesma saga, a virxen Eri (nome que se identifica coa da illa: Erin, Erinn) olla pr'o mar tranquilo «como si fora unha táboa sin xunturas».
Na navegazón de Bran, fillo de Febal, o héroe olla chegar un home que guiando un carro sobr'as ondas, canta á mar que é pra il «un prado frolido» as olas «froles roxas» «cabalos brilantes no vrán» «coores rayolantes, prata, escalas d'ouro» a mar é «unha branca nube» os salmós son anos e becerri-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711416.xml
184
todol-os segredos da sua vida reservada, Je todol-os misteiros do fogar en que naceu, e cobrara a entrada? Pois cand'un pobo eso fai, ademirémolo, e precuramos de lle seguil-o eixempro. E non embargante, o turismo é o mais inmoral dos negocios; é o que mais s'asemelha à prostituição. Compre ver ben o que sinifica de perda de pudor e de vergoña. Cand'un moimento s'abre aos turistas, compre lembrar aquelo de que se non deben botar margaritas aos porcos, porqu'o turista é por esencia a incapacidade de comprender, já non digo a d'amar. O turismo é un negocio inmoral, mais, posto que é negocio, haberá que facelo, ja qu'estamos no tempo; mais lembremonos de que é un pecado de simonía, de comercio co-as cousas santas, un pecado social, dos que falei non hai moito, e de que tarde ou cedo, haberá que pagalo, haberá qu'atural-os seus resultados kármicos, cando menol-o pensemos.
A eireja ten enriba un friso gótico moi fermoso, e vidreiras de coores nos ventanás. Non vímol-a sancrietia, qu'encerra un tesouro, asegún rezan os afiches que hai na porta.
O castelo ten cousas intresantes adentro da sua mole prismática. Nas ruinas ojivais cheas desa vegetación das ruiñas que tanta compana fai na soedade, hai antre moitas balas, cachorrillos, etc, recollidos n-ousequio do turista, uns cacharros con piantas que deben ser de cerámica indigena, con adornos en oco de losangos e espirais. O qu'aquelo dá gana é d'ir ali ás tardes a leer, ou a meditar, ou singelamente a estar; digo leer e meditar, porque hai pouca gente capaz do terceiro. Ora qu'onde millor se vé a inutilidade da leitura é precisamente onde s'astá ben: mais tamén é certo qu'estar ben n-unhas ruiñas, antr’ortigas, amentas e canafrechas, é cousa que se cadra eisige ter leido moito.
Enriba hai estanzas con vouta, desertas, n-unha dous cañós pequenos, do século pasado, nas suas cureñas, cos seus escobillós e atacadores, n-outra un altar vello, n-outra un taller de carpinteiro, ond'estaban facendo unha talla basca. Enriba a terraza á que se vai n-un ascensor. Dend'ali vese abaixo Fuenterrabía, co-as suas ruas en costa, típicas, aló Irún, as tres Hendayas, a punta tras da que está Biarritz; acó o cabo Higuer, ao que se vai por unha estrada feita atergo.
Despoixas, no bairro novo, sentados por frente ao mar aberto, diante de nós beilaban
NÓS
na y-auga movida as barquiñas de coores, cada unha c'outra pequena enriba, com'unha nai co seu fillo, e aló longe, atrás dos penedos que chaman les deux Jumeaux, asomaba unha punta, e n-ela o faro de Biarritz.
9. LE MAIRE DE SOASAIN.
A mañá seguinte ocorreu un sucedido. Estaba eu escribindo na miña cámara aquela d'hotel tan feita pra min que ali debin quedar se cadra o tempo todo, en lugar de vir pra Berlin, cand'o Temes chamou na parede de por meio, petando coa man. Vou onda il e n-esto chega a Señora do hotel dicindo qu'estaba ali o Maire de Soasain con dous velliños hespañois, pra ilos meter no hospital d'Irún. Baixamos, e entrou o Maire, co-a sua boina.
Iste alcalde francés, por mais que seña francés d'orige, fala moito millor o hespañol que non o francés. Crar'está, no seu pobo fala basco, e lego botou moitos anos en Cuba, onde ten unha frábica d'encurtidos. Ali, os obreiros que tiña eran galegos, e ten da nosa gente unha idea moi outa: traballadores, serios, ben criados, listos. No salon do Hotel, o Temes convidouno a un Porto, que é o qu'eiqui é moda tomar. É un home de tipo labrego, ben vestido, con gran leontina d'ouro, cortés e inteligente. Falouse de Cuba, dos galegos, dos portugueses, de Vigo, ond'estivo. Despois baixamos vel-os enfermos, que traguía il n-un auto, en compaña da sua dona.
O velliño chémase Carlos Madrazo, é hcspañol de nacionalidade ten unha gran cara basca das que se ncn trocan, escorreitamente rasurada un traxe moi limpo, a sua boina, a sua camisa sen colo, com'a neve. Pouco pasa dos setenta anos, mais asi e todo está impedido das pernas, e moi desfeitiño e escrercsado. A vella chámase Josefa Oyarzábal e é d'orige francés, magra e mácia, penteada pra trás e c'un mandil con bolsos. Dóese un pouco do peito. Ningún dos dous fala mais que basco. Non teñen a ninguén no mundo, ficaron os dous soliños, e agora van rematal-a sua vida n-un hospital, os probiños. E debian ser benqueridos ond'estaban, porqu'o mesmo Alcalde ven coa dona traguelos, e di qu'estaba o pobo todo despedilos... Cando queden no hospital d'Irún, já non terén nada, nen amigos, e o que lles quede de vida iráse apagando pouco e pouco e na espera da morte. Namentras estean os dous xiquera non terán a ne-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711419.xml
NÓS
fiestras que mais semellan saeteiras, e por elas adiantarian o fociño picudo as comadres, pra ollar as ricas-femias en xeito de minueto.
N'esta rúa é qu'está a antiga e belisima irexa do Sant-Yago, do mais belo románico, qu'uinda ofrece o prodixio dos seus venta-nales e canicelos e do seu vello pórtico. Qué misterioso feitizo ten este románico que en todas partes fica ben e sempre dí algunha cousa? Pechade os ollos e recordade cantos ábsides románicos teñades ollado na vosa vida: un alá en Castela, na terra chá, entre os trigueiros; outro no bairro vello d'unha cibdade abandoada, entre pedras desgastadas e muradelas a cair; outro n'unha boa cibdade monumental, Burgos, Avila, Toledo, Compostela; outro n'unha aldeiña montesia, entre os piñeiros e as carballeiras; outro nos roquedos esgrevios na beiramar, envolto nas brétemas... Non é verdade que todos vos impresoaron da mesma maneira? Cada un no seu lugar, todos fican ben, todos son proporcionados, todos gardan certas relaviós afins c-o fondo. No entanto unha capeliña prateiresca ou unha ermida gótica, poden parescer calquera cousa de bricabraque; teñen d'axustarse ao meio en qu'han perdurare; un maxinouse pra pazos, outro pra grandes irexas ergueitas ben na lús, nos outros caos. Galiza impresoa moito e é por que impresoa sempre. Teu seu estilo propio e seu estilo único, pois ainda o seu gótico e o seu barroco, teñen certo ar que lle ven das nosas millores cousas do románico.
Agora, pol-a irexiña de San Roque, imos á praza de D. Gumersindo Buján: unha solaira que aproveita un corte nos paredós pra ofrecervos unha das paisaxes mais belas do país. Embaixo, no fondo, ollade o muiño tal cual unha ruina de castelo feudal; na fronte o bairro da Foz, á nosa beira a porta da Tafona, qu'era unha das entradas do bairro xudeu. Nenos nús bótanse á nadar no frescor das augas brancas; brincan pol-os penedos, rin, aturuxan, corren d'eiquí pr'ali. Nas viñas que choutan montana enriba traballa a mocidade nas sulfates. As mazairas e os pavieiros verdecen nos recantos. Todo é unha festa de lús, de cores, d'armunías. A natureza désprezase nun indefinido bafo pracenteiro.
Entramos nunha rúa estreita e anguiosa. En cada porta os veciños parolan meio deitados no chán. As mozas son fortes e fermosísimas; as vellas, feias, semitecas, hosudas. Todas ollan pra nós, con curiosidade. Veleiquí outra porta, a Porta Nova, pequena, blasonada, defendida guerreiramente. Laten cás baixo os alpendres dun curro.
Vou dunha beira á outra, desexando perderme nestes rincós de saudade: rúa de Tabernillas, rúa do Xuez Viñas, rúa dos Pulpos, rúa dos Fornos, rúa do Arrabal, O Serralleiro, A Rastrada... A cibdade, antiga e gloriosa, durme seu sono de séculos nas sombras qu'este sol ardente vaise entretendo en faguer. Agora a bela irexa do San Xoan, agora outra pequena praza co-a sua botica dos derradeiros do dazanove. Os balcós frolecen en cheiros reitoraes, as fiestras entrábrense no espionaxe dos amores furtivos, as portas pechadas queren manter este ar de lenda qu'o reverdece todo. Os pretos alciprestes do San Roque muxen a chamar unha bandada de pardaos. Outro alcipreste, rexo, ferruxinento, anda a tecer a sua alambreira pra pillar reiseñores.
Outra rúa. Cheira a taberna e adivíñase o bulir do viño ribeirán nas cuncas brancas e vidrosas. Unha vella, retorta com'un mollo, limpa as suas leves gafas xudáicas. Unha moza varil cobre c-os seus cabelos mouros as neves ensombrecidas do peito, com'una Madanela d'ilustración. Un cesteiro fai gueipos pr'a vendima que ven. Un gabacho chama ao namoro con chisco de ollo. Unha casa desfeita, e outra, e outra mais. Eiqui un no-bre escudo crebado; eli a fidalga pomposidade dunha chimeneia, avergoñada da sua nudez sen paredós, semella a falda dunha bruxa no pulo pra voar.
O Concello co a sua torre de sinos e ferros de forxa. Escudos e reloxo de sol. Un letreiro di: Castro año 1733. Siendo procurador G. Cuebas. Os pazos pechan a roda desta Praza Maior.
Rente de murallós vai a rúa de Escobetes, feita de casas vellas, probiñas, a cair. A rúa remata no curro dun pazo campesío. Sae un franciscano, magro como o coitado de Asis.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711417.xml
NÓS
185
grura da soedade: poderán falar os dous das suas lembranças e das suas doores; mais que van sel-os derradeiros dias do que vexa morrer ao outro?
Imos tomar un coche de cabalos pra Irún: o mayoral, hespañol que já non sabe falar mais que francés, di que non pod'entrar na Hespaña, porque é desertor. Vai buscar outro Namentras, outro Porto, no Café, co Maire e a sua dona, unha paisaniña vestida de señorita, moi simpática e educada, que tamén fala basco, hespañol e francés. O Café, pequeno e cheo d'espellos, frente á estación, ten gente que fala e ri.
Ven o coche; os Maires ruben a il cos velliños, e nós imos da pé pol-a estrada asfaltada que bota lúme, e baixo do sol que queima que da genio; gracias aos arbres que nol-o quitan un pouco. Chegados a Irún, ainda hai moito camiño deica o Hespital, que é moi bonito e limpo, con jardín moi ccidado dediante e monjas dentro, e médecos e prauticantes de.bata branca. Ali quedaron os probes velliños; o Maire e a dona despedironse d'iles con moito agarimo. O Temes recomendoullos a un médeco novo. Daba pena deixalos alí.
Despois fumos dar unha volta por Irún, cos Maires. Andivemos a avenida de Colón. O Maire entón, dixo que de Colón, uns decian qu'era galego e outros qu'era italián.
Agora vese ben que boa a armou aquil deño de Don Celso García de la Riega. As hípóteses mais aventuradas e mais fora de camiño solen ser as que teñen millor fortuna, sobre tedo cando son contraditas pcl-a gente verdadziramente entendida; e as cousas que menor importancia teñen pr'a vida d'un pobo, son moitas veces as qu'ise pobo colle con maor porfía; o qual proba que decote o que domiña nos homes é a parvada, e qu'o ben senso e a inteligenza son de cote herdamento das minorías. Non colle dúbida de qu'a de Colón galego foi e ainda é nas colonias gele-
gas d'América, unha tése popular, e hai pra elo fundamentos psicolóxicos d'abondo: d'un geito supreficial, o feito de o galeguismo de Colón ser un tema que nen pintado pra discutir no Café, e ainda mais o de poderen, cand'os americanos falen mal dos galegos, responderlles que se non fora por un galego América estaría n-estado salvage, ou calquera cousa polo estilo, con seguranza contribuiron á popularidade da tése. Mais hai algo mais fondo e mais importante: a segreda espranza de qu'os sabios sallan vencidos na porfía; en realidade, en todas estas discusiós de caraute centífeco que chegan ao gran púbrico—sixempro tamén d'elo o asunto de Glozel—o vulgo semiletrado, coscentemente ou non, non agarda outra cousa. De modo e de maneira que s'a Academia Galega e a Academia da Historia se non houberan posto en contra da teoría de Don Celso, non houbera esta tído fanáticos partidarios. Mais asi, había a espranza de que Don Celso chegara a probal-a sua tése d'un geito decisivo, e pol-o tanto de qu'os sabios quedaran en ridículo. Don Celso houbera sido un vengador, que houbera vengado ao vulgo semiletrado da sabencia d'Oviedo Arce e demias señores das Academias. E' o sentimento social do resentimento qu'aluma todol-os iconoclasticismos e que, no mesmo terreo da cencia, producíu, misturado con outras tendencias, o caso do Dr. Asuero, eiqui ben perto, qu'antronte m'amostraron o hotel onde consultaba.
Mail-a importanza que ll'eu atopo ao meu encontro co Maire de Soasain, pende na consideración de que tamén en Francia, e n-unha das suas terras mais cultas e civilizadas, hai quen non sabe falar francés, sen qu'elo lle seña un estorbo pra vivir, e ineruso pode haber un alcalde que fala millor unha lingoa estrangeira que non a lingoa oficial do Estado. S'isto nonos enseña algo, é que somos parvos.
Xa apareceu
ARREDOR DE SÍ
Novela, por Ramón Otero Pedrayo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/11571147.xml
NÓS
feito das condiciós do pobo e indagar a sua vontade subconscente, así como a sua tendencia emocional, porque de nada serviría pra o progreso de España que unhas Cortes, elexidas á base de un descontento transitorío, provocado pol-a políteca dos últimos anos da Dictadura e fomentado pol-os representantes do poder clandestino e de farándula que caíu o 13 de Setembre de 1923, se decrarasen soberanas e procramasen a Repúbrica, si n-o curazón do pobo quedasen vivas as raíces da instituceón monárquica, porque nos atoparíamos ante un edificio de paredes desaplomadas, ante unha forma de goberno divorciada do pensar e sentir popular, que daría marxen á toda cras de aventuras e revoltas.
Así como o Arquitecto ten que suxetar a sua obra ás normas da estética e ás leis de resistencia dos materiais pra que resulte fermosa e non se lle esborralle, o politeco, que debe encamiñar o seu labor ó ben común, ten que prescindir de si mesmo e deixando onha veira os seus gustos particulares, someterse á vontade real e persistente do pobo; un estadista por mui monárquico que sexa non debe tratar de impor a monarquía on pobo de concencia e tradiceón repubricana.
Por outra parte, o importante, dende o punto de vista doutrinal e da práctica, non son as formas de goberno, senon os reximenes constitucionales; e ainda istes non teñen ningún valor n-a práctica sin os bós costumes polítecos e a acción moral pra refrenar
175
á gobernantes e gobernados: a moral posta sobre de toda políteca é a úneca garantía constitucional verdadeira.
Ademais, un país donde o pobo non sabe vivir sin caciques; crase aristocrática sin directores espirituales fixos; e os partidos polítecos sin o encasillado oficial dos candidatos, é un país sometido voluntariamente á tutela que interpreta a Constituceón c-un criterio absolutista. E un país onde as persoas que se dicen relixiosas oucen tranquilamente blasfemar; as persoas chamadas de orden se bulran dos polizontes; os cregos, esquecendo que según a doctrina catoleca non hay potestá que non proceda de Deus e faltos da mansedume e caridá cristianas, permitense censurar pubricamente as Autoridades por actos alleos á moral e á relixión; e os obreiros se matan ús ós outros por diferencias ideolóxicas, é un país que sufre unha desnutriceón moral e intelectual tales, que o incapacita pra o exercicio da libertá e da democracia n-o grado necesario pra que poida subsistir o rexime repubricano sin caern-a oligarquía ou n-a ochlocracia.
O interesante n-o momento político actual é unha forte actuaceón cívica pra que o Xefe do Estado non apareza ante o pobo coma o home de un partido cuio trunfo electoral se prepare n-o Ministerio da Gobernaceón por medio do encasillado oficial dos candidatos; e que a Constituceón se interprete conforme as eisixencias da opinión púbrica real e verdadeira.
ARTURO NOGUEROL BUJÁN
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711422.xml
Pardo
Óptico Científico
Preguntoiro, 32
San Andrés 50
SANTIAGO
A CRUÑA
Casa exclusivamente dedicada a óptica científica
Fotograbado
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a' Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu-os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os establecementos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Bodegas Gallegas, Peares e Ourense
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18-Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO
GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711418.xml
[?]
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711414.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
182
Lousada Diégues tiña pol-os bascos. Esta raza non sabemos cantas veces milenaria, enigma antropológico e histórico, com'a sua fala é un enigma linguísteco, leva en si un sinal d'eternidade. O pobo basco ten que vivir: sostén o seu con forza estraordinaria, e consegueu unha alianza nada chocante, senón pol-a contra, moi natural da tradicion co progreso; tan natural, que semella que tiña que ser asi, e que non podía ser d’outro geito, e ainda souperon facer de certos detalles de progreso, caraiterísticas nacionais, ao menos dentro da Hespaña, e que chaman a atención de todol-os viageiros. No fondal da y-alma asi e todo, cecais os bascos seipan ou sintan qu’o progreso en realidade non é nada fundamental, senon accesorio, un meio, un istrumento, unh'arma pra defendel-a tradicion, e que s'aquil mata esta, d'aquela já non serve de nada, já perdeu il mesmo tod'o valor que podía ter.
E” certo tamén qu’hai en Basconia, conven Galiza, moitos desleigados. Eiquí com'acol:, hai tamén moitos homes—e a gente pensa qu'os millores—desenreigaidos do basquismo e totalmente incorporados á vida e á cultura castelán: Unamuno, Baroja, Maeztu, etc. Concedamos por un istante qu'istes señan os millores—cousa qu'en Galiza non acontez—cal non será a forza d'esta raza, cando asi e todo, por riba d'ises esponentes alleeiros, logra impór os engebres valores coleítivos da caste! Compre, no caso dos bascos, conceder toda a importanciia que teña a dous elementos superiores de cohesión social: un é a raza, e o outro é a religión. Dixérase qu'eiquí o sangue a selva sagra do carballo troncal, do arbre dos antergos, é tan forte, leva disolta tal cantidade de vida nova, moza e puxante, é tan bermella e tan quente a pesar dos séculos, vai tan oisigenada, tan carregada de préna vital, que o seu fervente bulir ptirgase de seu dos escarrios perigosos da inteligencia, © mantén o ritmo da saúde no pulso do país. El coma fixo iste pobo pra mantel-o seu sangue tan puro? Nono sei, mais si sei qu'unha das suas caraiterísticas é a castidade. Ramiro de Maeztu escribeu unha vez, e débeo saber sendo d'alí, qu’os mais dos rapaces bascos iñan virges ao casamento. Compre ver eiquí un dos meios mais importantes de preservación da raza, non somentes no fiseco, senon no espirtual, porqu'isto indica un pouco d'inocencia primigenia.
O outro elemento é a religión. Crar'está
NÓS
qu’os hai relajados, mais en conjunto, iste pobo sóupose manter perto de Deus, na mais estreita comunión da Eireja Católica; foron fieis áo estandarte de Cristo, e lles non fallou a sua ajuda. A vida dos homes prémiase ou castígase principalmente no outro mundo; a dos pobos é n-iste onde recibe o, pago que merez. Os teósofos falan non descamiñadamente do karma nacional; o individo pode desviar o karma de si, e pra elo serve a penitenza; mail-os pobos non poden. E quen fala dos pobos, fala tamén, n-iste respeito, de todal-as coleitividades humáns. A teoría do pecado coleitívo, do pecado social, indiqueina eu n-A Coutada. Pra desenrolala: compr'estudar na Sagrada Escritura, onde s'atopa tod'o que ao home lle compre saber. Dioibo, confusión de lingoas, cautividade de Babilonia, ete, son sanciós impostas a pecados d'esta clás. O que non colle dúbida, e ainda postos no puremente humán, é qu'a religión é unha das grandes forzas d’efeitividade histórica dos bascos.
E ainda hai a fala, tan escrusiva, e d'un intrés tan universal coma probrema,qu'adeimais négase a entregal-o seu segredo. E moita a gente que non fala mais que basco; eiquí mesmo, na fonda, hai unha criada hespañola que nen sabe francés nen hespañol. Acontez amiúdo qu'antre dous hespañois (un basco e outro castelán) teña que servir d'intérprete un francés, ou antre dous franceses no mesmo caso, un hespañol. Todol-os bascos teñen o orgulo do seu idioma. O acento é un pouco áspero e duro, com'o castelán, e a maneira de falar moi súpeta e cortada.
8. FUENTERRABIA.
Despois de jantar, voltamos ao Consulado, ond'estiveron traballando un pouco, e despois ccllimos un tranvía pra Irún. Na ponte internacional, tivemos que baixar pra pasar pol-a Alfándega, entrar por unha porta e surtir por outra. En Irún collimos outro carro eléitrico pra Fonterrabía.
Pol-o camiño, vimos moitas casas bascas, e letreiros en basco. En todos istes pobos, señan de Francia señan d'Hespaña, os letreiros todos: nomes de ruas, avisos nas estaciós, ete, están en basco e na lingoa oficial: basco e francés ou basco e hespafiol. Moita boina. En Irún seguian as riolas de portugeses: os seus chapeus e os seus bigotes amóstranos aixiña.
Fuenterrabía é unha vila preciosa. A par-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/a1/a1d1/a1d179c1-6eea-4df4-910f-889d7bc7c56d/115711423.xml
A hixiene nos dedos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desen-
rolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e
o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro