https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157166&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716628.xml
Sastrería CRECENTE IRMANS
A MILLOR DE GALICIA
REAL, 28 - 1.º
TELÉFONO 180
A CRUÑA
F. ROMÁN E SACO
DROGUERIA
E FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
DISPONIBRE
LEA VOSTEDE A
NOVELA QUINCENAL
SUSCRICIÓN A 6 NÚMEROS 1'60 PESETAS
LAR
Administración e imprenta
REAL, 36 1.º
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571663.xml
IMPRENTA LAR
Rúa Real, 36 1.º :: A CRUÑA
Viajes Marsans
Encárgase da organización de toda sorte de viaxes, sexan comerciales, de turismo, recreo, etcétera.
INFORMES GRATUITOS
Sucursales en VIGO, Urzáiz, 2-Oficinas de la Agencia Escalera
Dispoñíbre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571669.xml
NÓS aparece no ouletos d'adorno: cinlurós, brazaletes y-algún torques; a cerámica toma pr'a sua decoración, motivos emprestados á arte helénica: meandros, grecas, que simullaneia cos motivos indígenas: espiras, eses e circos sinxelos ou concéntricos; coma no período anterior, o modo d'enterramento mais xeral é baixo túmulo, empregándos os ritos d'inhumación e incineración; a xente vive dispersa en aldeas y-ergue pr'a sua defensa campos murados semellantes ós nosos castros.
As tres fases de La Tene, que teñen o seu centro de difusión nas Gallas, e que non influíron na arqueoloxía peninsular mais que d'un xelto secundario, caracterízanse pola volta ás espadas longas, que s'enmangan por mélo d'un espigo n-un puño de corno ou de madeira; pola unión do apéndice co arco nas fíbulas, chegando a desaparecer aquil no derradeiro período; por un gran desenvolvemento das artes da xoiería, que produce torques ben repujados, brazaletes d'ouro e de prata y-ouletos diversos esmaltados ás veces con rara perfeición; nos modos d'enterramento, o túmulo é substituído pola tumba plana, e no grado final, os campos de refuxo comenxan a se converteren en cibdades emprincipiando unha vida urbana que non abrangue un desenvolvemento autónomo por mor da incorporación dos países céltigos ó Imperio Romano.
O Hallstatt I non está apenas representado na Hispania. Soio dous grupos de necrópolis situadas na costa da Cataluña e na provincia d'Almería, y-entre culo mobiliario apareceron ouletos de ferro falanos de posíbeis infiltracións de Francia ou d'Italia. Pero estas infruencias non pasan da rexión levantina, y-o centro y-oucidente permanecen alleos a elas. Mais de súpeto, estas partes da península vense invadidas por formas pertencentes a segunda fase Hallstattiana. Espadas curtas con antenas de bronce, típicas da centuria -VI, época do grado final d'iste período, aparecen en Castela y-en Galiza, amostrando co-a súa aparición a entrada na escena d'un povo novo que trai co-il istos elementos culturais forasteiros na Hispania, pero propios e peculiares dos países ocupados pol-os Celtas. A coincidencia da arqueoloxía cos textos que no século -VI, -V e -IV asinaban unha poboación d'esta raza á Meseta y-ós países do litoral atlántico, é pol-o tanto absoluta e indubidábel. E tal coincidencia aínda se confirma mais o ver coma dend'este momento, Celtas e Iberos nos seus respectivos territorios, desenrolan dúas civilizacións inteiraménte distintas. Nos países ibéricos e tartesios do Sul e do Levante, profundamente infruídos pol-as colonias púnicas e gregas, xurde unha cultura qu'aparte as súas diferenzas locais, precisas nas cerámicas pintadas, nas falcatas, nas figuriñas votivas, e ten a súa suprema expresión artística no busto d'Elche e na estatua da sacerdotisa do Cerro dos Santos.
Paralelamente, os Celtas peninsulares, afastados dos seus irmáns de Francia, que por aquil entón forxaban a civilización de la Tene, crean unha cultura que por seguir apeada ós primitivos tipos hallstattianos, recibo o nome de post-hallstattica, e que se desenvolve en tres grupos autónomos: o grupo castelán, o grupo S dos Castros, no centro de Portugal e probablemente en parte de Salamanca y-Extremadura, y-o grupo N dos Castros nas provincias setentrionais portuguesas y-en Galiza, con derivacións en Asturias, León e Zamora.
Os dous primeiros ben caracterizados, o de Castela pola atrofia progresiva das antenas das espadas e pol-os influxos de la Tene, y-o portugués pol-as infiltracións tartésicas d'Andalucía, patentes nas vastas cerámicas dos poboados de Santa Olaya e do Castro, terminan a súa existencia no século III, asolagados pola invasión ibérica que se representa arqueolóxicamente en Numancia, e cecaís tamén nas estacións de São Julião e Guifões.
O terceiro grupo mais isolado a causa da súa situación xeográfica excéntrica libre d'infruencias estranhas, e non tocado pola invasión ibérica, segue desenvolvendo a súa especial modalidade deic'o final das guerras cántabras. Mais duradeira qu'as súas irmás de Portugal e de Castela, a cultura galega dos Castros aparece tamén mais individualizada. As súas armas, os seus brazaletes, os seus torques, os seus xeitos construtivos, relevan que Galiza y-a súa continuación nas terras d'alén Miño, tivo na Edade do Ferro unha personalidade ben marcada e barudamente sostida que s'acusa craramente ó examinar a totalidade dos nosos elementos de xuízo.
Continuarase
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716624.xml
bir na nosa lingua, da que sabemos porén que fai un estudo miudo e serio.
O Anarquista, de Leandro Pita Romero, foi o segundo volume. Ben dado o ambiente, xusto e con zelme o estilo, escorreita a fala, é esta unha nova historia de caciques, que non por elo chega a ser vulgar. Trata ademais d'un elemento relativamente novo na vida das nosas aldeias: a tenda, somentes qu'a tenda. É eiquí elemento pasivo. Había ter interés estudal-a influencia da tenda na aldeia.
O Pastor de Doña Silvia d'Aurelio Ribalta é un idilio d'un encanto moi seu, imitante á sinxeleza feiticeira de Néveda, ou dos contos recendentes de Francis Jammes. O caso - a fidalga namorada do labrego - aseméllase ben ó d'Almaide d'Etremont. Ademais esta noveliña sácanos, inda que nonos leve moi lonxe, da época actual. E non imos dicir ren de com'escrebe un dos mestres millor postos da nosa lingua.
Os probes de Deus, de L. Amado Carballo, pasa n-un asilo de vellos: xuntanza de vidas doentes que rematan n-unha doce, morna, queda tristura, envolta en sol de caridade, en esceas referidas n-unha prosa entenrencida, lene de piedoso agarimo, sacandolle moita espresión ó tesouro sentimental da fala galega. Leandro Carré, o director da pubricación e coñecido autor dramáleco, preséntanos en Naiña un sentido caso d'amor e de sacrificio, unha frolación de delicados sentimentos anir'a vulgaridade d'un escritor. Porqu'eiqui deixámolo ambiente aldeán y-entramos por primeira ou segunda vez nadamais, na homildeza do traballo vilego e da vida comercial, hoxe lá importante nas nosas cibdades. Unha soila novela galega lembramos agora que teña por escea o mundo do negocio: Posta de sol, de José Alcrudo Gorchs, pnbricada en Terra a nosa; mais esta pasa en Barcelona y-é d'autor catalán. Leandro Carré fai pol-o tanto unha verdadeira inauguración.
E chegamos a Martes d'Antroído, da autora de Néveda obra que teremos que lembrar tanlas veces coma falemos de novela galega. Ten Martes d'Antroido pasos en qu'a lenta emoción de Néveda volve aparecer chea de perfume. Moito é o estilo, molto fal o lésico na obra de D.ª Francisca Herrera Garrido, mais non é somentes por esto o ter posto de honra antros nosos novelistas.
Antón Piruleiro de Xesús Fernández e González, vólvenos traguer de cheo á vida da aldeia. E a vida d'un mozo labrego e soldado. Vai ben o asunto dos paus na festa e o romedio que lle dan os cregos.
Pol-o derradeiro, ven unha obra premiada na Festa da Lingoa Galega de Santiago, e que se non imita ás obras qu'adoltan seren premiadas nos certames. Pantelas, home libre, de
NÓS Ramón Otero Pedrayo, é unha vida sacada do natural y-enxergada por un escritor de primeira forza. Está feita seguindo o pensamento que levou ó autor a escribir-as avocacións do século XIX que len pubricado en Galicia de Vigo, e ollando a aldeia co mesmo esprito que no estudo en col d'ela pubricado n-estas páxinas. Tanto o Pantelas com'os outros cadros, só teñen parello, si acaso, nos contos do Castelao. Hai eiquí un pulo novo, que non é o da literatura decadente de moda. Hai un vel-o home na terra e a terra no home, que já vai mais aló do puramente arlisteco pr'entrar nas interpretacións filosóficas.
V. R.
AS PUBRICACIOS DE +LIBREDON+
Xurdeu primeiro que Lar vai mais de vazar. Ate d'agora non sacou mais que dous volumes: Mariña Andrade, do seu director Xavier Pardo e Conceición singela do ceo, de Correa Calderón. O mesmo formato e disposición que a outra. Camilo Diaz fixo pra Lar unha capa que é a mesma pra todol-os volumes, e qu'apresenta, antremelas dos monstros do Portico da Groria, o céltigo trilito diante do redondel da lua. Alvaro Cebreiro fixo capas e ilustraciés difrentes pr'os dous volumes pubricados de Libredón, d'estilo mais humán no de Xavier Pardo, d'estilo mais moderno no de Correa Calderón.
Mariña Andrade é unha sinxelisma historia d'amor e misterio, mais ben un ensaio na novela que fal o Xavier Pardo, tradutor da Legende de la Mort dans Sasse-Bretagne de la Braz, tradución que pubricou en Galicia. Está ben escrita, e desenvolta en certa feitura poética que lle dá moi bó geito. Anqu'intervén a superstición, non a confirman os feitos. Non saberiamos dicir ate que punto é estética unha solución asina. Anque seña mais emotiva.
Na Conceición singela do ceo andivo alinado o Correa Calderón. O seu ceo é unha síntese tan perfecta e tan nidia do material e do intemo da terra galega, que ven ser un caso, mesmo escrito d'ispiración, dos merecentes de seren salvados do esquecemento. A novela é feiluca e recendente. Mais non sel que demo de preconceito lingoístico se lle meteu na chola, qu'o levou a empregar unha ortografía arbitraria e mais ben regresiva, e construcións que repunan á nosa lingua, coma poñer os pronomes qu'en galego van enclítecos, diante do verbo: -lhes dijo- por -dixolles-, verbigracia.
Libredón anunciou hai tempo o seu 3.º volume c'un conto escénico d'Antón Vilar Ponte, e o 4.º c'un ensaio dramático do Bouza Brey. Ogallá nol-os dea logo.
Imprenta LAR. Real, 36 1.º - A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716616.xml
12
a cópula, o termo medio, o extremo mor e o menor.
Él non é esto unha sutil invención? ou mais ben un soño? Así enganan un pouco ó seu principe. Istes non o comprenden nin o siguen, engáñanse moito mais: ate que por fin caen en lantas vanidás, arredándose sen dárense conta da verdade:
Mais voltemos á Aristóteles. Non pode ser disculpado: n-un lado decía que hai ciencia dos primeiros principios, pro que é indemostrábel. N-outra: qu'o coñecemento dos primeiros principios se non chama ciencia, mais inteleición. Esto val fora de propósito. A ciencia d'unhas e d'outras cousas, s'a houbera, había ser perfecta. Mais coma se non ten ciencia d'istes, tampouco se ten d'aquelas cousas das cales lstes son principios. D'eiquí sacamos que se non sabe nada.
Ademais, que outra cousa é a ciencia si non a inteleición das cousas? porque logo dicimos que sabemos algo, cando non o entendemos. Mais tampouco é certo qu'a ciencia sexa dobre; unha e simples sería, si a houbera, com'é unha a visión: habería non embargante modos d'outela; un simples, cando coñecésemos unha cousa simples, com'a materia, a forma e o espírito, si queres; outro composto por dicilo d'iste xeito, cando coñecésemos unha cousa composta, que conviñera espricar primeiro e coñecer primeiro cada unha das suas partes, e despois o todo. O primeiro modo precede de cote ó segundo; mais non sempre iste segue a aquil.
Nos dous casos, a demostración non serve pra outra cousa que pra amostral-a cousa que se ha coñecer. Mais abonda, pois dixemos moito mais do que semellaba convir pra quen nada sabe. Mais non sen razón foron ditas estas cousas. Ate eiquí, amostrei a ignorancia dos outros tocantes ó coñecemento; agora exporel a miña definición, non vaya ser que pareza ser un soilo o que sabe algunha cousa. Por elo poderás ti saber quan ignorantes somos. As cousas que ate agora foron aceutadas por moitos, a min parécenme falsas, coma xa amostrei; as que en adiante direl, parécenme verdadeiras. Pode que ti xusguel-o contrario, e cecais sexa iso certo; d'eiquí seguiráse a confirmación da tese: non se sabe nada.
NÓS
Imos ver o que sexa saber, pra que mais manifestamente se concruya si se sabe algo. Scientia est rei perfecta cognitio. Veleiqui unha fácil, e emporiso verdadeira espricación da verba. Si perguntas pol-o xénero e a diferencia, non chos darei; pois estas son verbas mais escuras qu'a definición. Que é o coñecemento? De certo non saberia espricalo d'outro xeito; e si d'outro xeito o definise, d'esta definición e das suas partes, poderías ti preguntal-o mesmo; así endexamais chegariamos á fin, sendo perpetua a dúbida tocantes ás verbas. Por esta razón ás nosas cencias son infinitas e inteiramente dudosas; cos nosos esforzos intentamos demostrar con verbas as esencias das cousas, e d'esprical-as verbas por medio d'outras, o cal non somentes é difícil, senon imposible. Nada sabemos.
Dis que nas cuestións chega un instante que copre deterse. É certo, por que se non pode proceder d'outro xeito. Mais non sei o que é o coñecemento; definemo. Diría que é a comprensión, a penetración, a inteleición da cousa e calquer outra verba, si a hai, que sinifique o mesmo. Se d'isto ainda dudaras, calarei; mais pedireiche outra definición; si a deres, dubidaría d'ela e d'iste xeito traballaremos de cote en perpetua ignorancia.
Que é o que nos queda? Estremo remédio: pensa ti por ti mesmo. Pensaches e cecais na mente comprendichel-o coñecemento: mais é igual, si non. Eu tamén paréceme telo comprendido. Que se segue d'eiquí? Que cando falo despois contigo sobre de coñecemento, supón que é atal e coma eu e comprendin: ti pol-a tua banda, atal e coma o comprendiches. Eu afirmo que é unha cousa; ti pola banda, atal e coma o comprendiches. Eu afirmo que é unha cousa; ti pola banda contra que é outra. Quen val fallar n-iste preito? O que teña coñecido verdadeiramente o que é o coñecemento. Quen pode ser? Ningún. Cada un parez doctismo pra si mesmo; a min parécenme todos ignorantes. Podía qu'eu soilo sexa o ignorante: eu quixera saber esto, mais non podo. Que vou dicir, logo, qu'estea exento d'ignorancia? Nada. Enfón, porque escribir? Eu que sei. Com'os ignorantes, serei ignorante, home son, que facer? Nada importa.
Volvo ó asunto. Nada sabemos. Mais a fin de que o discurso siga, supón a explicación
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716613.xml
Todo dico de africiónpol-o curto dasua contempración deu a volta o noso bon Amaro. As maravillas da gloria foran para él, cal visión axiña esvaida e das que, como San Pablo ao subir ao terceiro ceo, non atinaba á se dar conta.
O miragre
Dirixiuse, Amaro, en precura da sua nave e da sua xente e trasposta, agora facilmente a montaña, en de chegando á terra chá ollou inutilmente en todol-os sentidos pois non descubriu unha nin outra. Mais xulgou se ter trascaburrado no camiño pois fora moi curto e non tardara en recorrelo senón un día, cando empregara moitos na sua ida. A mais en troques da soedade na que deixara os seus, vía nas beiras do mar, que enchían numerosas embarcacións unha grande e populosa cidade, sobre da que descollaban, cal reinas e señoras, as erguidas torres de unha igrexa. Grandes fatos de xentes, o mesmo por mar que por terra, dirixíanse cara á urbe.
Como chegaba a noite, determinou Amaro ir él tamén ao pobo en busca de casa cuberta, pra descansar e largar á mañán seguinte en busca dos seus. Mais antes quixo matar-a sede que o esligaba facía longo rato bebendo nun craro regato, e chamoulle a atención, ao se ver refrexado nas augoas, o vello que estaba e a brancura do seu pelo e barba mais achacouno ás penalidades da sua empresa.
Xa entremedias dos ‘camiñantes ao se misturar co eles, dirixiuse cara ao templo pra facer as súas cuotidianas oracións e darlle rendidas gracias á Deus pola protección que lle dispensara no seu viaxe.
Ao demandar aos seus compañeiros de camiño a advocación da igrexa, grandiosa pola-a súa magnificencia e estensión, non se quedou pouco pampo ao lle decir que era a de San Amaro, sendo cada vez maior o seu espanto ao lle añadir que a cidade se chamaba tamén San Amaro, en recordo do seu santo fundador, un venerable peregrino que chegado á aquel porto, dende longas terras, facía uns 300 anos, no mesmo día en que se alcontraban, había ordenado á tripulación do buque que o levara, e que tiña o nome do seu dono, que alí o agardara. San Amaro internouse polo país adiante, e nunca xamais volveranse á ter noticias suas.
A tripulación, cumprindo as ordes que lle deran, seguiu esperandoo, e ela foi á que votou os cimentos da cidade no primeiro aniversario da partida do que tiñan xa por santo.
Posta baixo do seu patrocinio, axiña medrou e non se tardou en levantar o templo en honra á varón tan santo e milagreiro como o tifa probado ao correr do tempo. En acción de gracias pol-os beneficios alcançados porsanto tan abegoso, cal era San Amaro, todol-os anos no seu aniversario, celebraban o pobo con festas e regocijos, tributandolle ao mesmo tempo a sua gratitude co as mais grades solemnidades relixiosas.
Asi, Amaro, entendeu can grande é o poder e sabidencia de Deus Noso Señor e como éste llas había amostrado no que él entendera fora tan só rápido istante.
Santa morte de Amaro
Nada lles dixo, o Santo aos seus acompañantes. Procurou chegar canto antes á igrexa e despois de postrarse diante a Santidade de Xesús Sacramentado á quen adorou reverentemente, presentes crerecia e fieles fíxolles exacta relación do que lle acontecera. Tan pronto arrematou, o mesmo que o frade de Armenteira, entregou a sua alma ao Creador de Ceos e terra; mais antes de cisalar o seu derradeiro salayo, antes de deixar a compaña dos homes á que volvera por curtos momentos, pudo repetir, Amaro, o que o Apostol San Pablo, dixo na sua Epistola aos corintios:
“Os ollos non viron, nin os ouidos escoitaron, nin o corazón do home sentiu, canta e qué grande é a felicidade que Deus prepara aos que o aman.”
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716621.xml
NÓS
pazo, de leda ornamentación barroca, solaina e parra vella. En Santiago a auga decorre coma por riba dos outeirales: drento de moitos sigros os edifizos veránse fondamente traballados pol-a erosión das chuvias, ó igual dos cotos. Xa teñen contribuído á ornamentación n-un senso románico ou barroco. Na Quinta- na zoa cando chove com'o cair da auga n-un- ha fonda cisterna: é de certo unha cisterna d'e- ternidade e d'ensoño secular. Está laxeada co-as pedras d'un mosteiro desfeito, e o muro impracabre de San Payo é unha d'esas supre- ficies de pedra que parescen seguir a un por ruas e prazas, axigantándose na noite. Hai n-esta praza un misticismo maduro, feito, ce- cais un pouco escurialense a primeira vista. Mais as ventaniñas románicas do ábside vello asoman cheas d'alborada por riba da frialdade neo-crásica dos ábsides novos.
O ARCEBISPO BARROCO
Fray Alonso Monroy, un riquismo mexica- no da ordre de Padricadores, gobernou os trinta derradeiros anos do sigro XVII. O barro- quismo ten muito dos novos mundos: a fartura de lus e coor das selvas e dos mares foi en- trando pouco a pouco en Europa. Comenzando pol-e manuelino portugués e mais oumienos contido pol-a disciplina crásica, van dominando as variadas sortes do ba- rroco: n-esto arte, á veira da fartura que nasce do comprimento de todos os fis, hai a dita infruenza dos mares de coral e das sel- vas cheirosas do Trópico. Monroy gastou un platalen obras decorativas (o Camarín do Apóstol, por eix.) e cousa ben sinificaliva, no órga- no mor da Catedral. Eiquí pódese apricar a doutrina de Spengler. Dorme na capela, feita por il. de Nosa Señora do Pilar, no ábside: a lus cai escenográficamente dend'a bóvada oc- tógona sobr'as marmóreas de coores dispostos n-un xeito decorativo e suntuoso. Sesenta pro- lixas liñas de latín outonizo forman o epitafio do Arcebispo, o mais elocuente da Catedral. Retórica, plata, luxo; esta capela e irmá da elrexa de Guadalupe en México.
TEÓLOGOS E FILÓSOFOS
As dúas fundacións do gran Fonseca, os Co- lexios de Santiago Alfeo e San Xerónimo fo- ron lamentablemente desfeitas en 1830. A vida corporativa cuasque conventual dos colexiais de terse conservado, formaría fogares de outos estudos crásicos e teolóxicos animados, como en Etón, pol-o vida sportiva. Os vintecatro becarios probes de San Xerónimo, ouian os cursos de Sumulas, Lóxica e Filosofía duran- te tres anos; levaban mantos de buriel, comian ás once e ás nove no inverno, ás dez e ás cinco no vran; tiñan tres profesores (Regentes) y-eran dirixidos por un Vice-reutor. Os dazaol- to colexiais de Santiago Alfeo levaban lobas de buriel e becas de grana; estudaban seis anos de Teoloxía, pois xa eran graduados en Artes; o Reutor e os consiliarios eran nomea- dos antros colexiais. A vida nos dous cen- tros era severa e ocupada. Os filósofos reci- bian cada día unha libra castellana de carneiro, e os días de pescado, o valor equivalente. «Mas no se le ha de dar vino ni ante ni post; sino tres maravedís de azeite para cada uno para cada noche para que estudien». Os Ieó- logos de Santiago Alfeo recibían diariamente unha libra galega de carneiro e «un quartillo de vino, que en este reino se dice nelo, alento a que son estudiantes y han de andar en el curso de Teología». Os leutores tiñan dous cuartillos. A Filosofia era «Ancilla Theologia».
O PAZO DE ALTAMIRA
A casa gótica que había n'outrora na praza do Pan debería chamarse palazzo, a flo- rentina. Un pazo galego non pode ser oxival; está feito pra erguerse acolledor, sobre xardis, soutos e searas. Inda trasportado á cidade garda un pouco do seu tipo labrego. O pa- lazzo torreado, forte, c'unha legancia d'arma- dura é propio das guerras familiares, do feu- dalismo inxertado no medeo ciudadano. En Santiago xa nonqueda ningún, a vila éncheu- se nos séculos XVII e XVIII de pazos feitos pra dominar pol-a etiqueta, pol-os foros e pol-as leises, non pol-os homes d'armas. Hai que buscalos en Noya, os esquivos palazzos oxivales cobrindo ca sua sombra marcial as rúas medioevales, á veira do porto esquecido, o mais evocador das nosas costas.
AS CAMPÁS D'ABRIL
As bateladas das eirexas románicas sempre parescen espallarse na espranza d'una albo rada primaveral. A románica e a nosa arqui-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571666.xml
A EDADE DO FERRO NA GALIZA
TRABALLO LIDO NO SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O DIA 18 D'ABRIL DE 1924
INTRODUCCIÓN
Os feitos da ór importancia na formación da individualidade galega acontecen nos cinco séc: los que colle a nosa Edade do Ferro, a invasión da Galiza pol-os Celtas, y-o desenrolo no noso chan d'una cultura engebre. Com'os nosos coñecementos non permiten pol-o d'agora, un estudo completo e ó miúdo d'este período limitareime n-este traballo, a apañar sinxelamente os elementos de xuízo qua lingüística, os textos, a epigrafía y-a arqueoloxía sobre todo, nos emprestan para presentar relacionandoos entre sí, un feixe de datos que aínda que non sexan de abondo pra intentar unha verdadeira reconstitución histórica sirvan pol-o menos pra pór de manifesto canta foi a forza de conservación e de creación con que a nosa palrea afirmou por primeira vez a súa rexa persoalidade.
A TEORIA DE SCHULTEN E A SUA COMPROBANZA ARQUEOLÓGICA
As primeiras fontes literarias que d'unha maneira certa aluden ás terras do Occidente europeo, pertencen ós séculos VII e VI enantes de Jesucristo, pero compre chegar ós autores gregos das centurias - V e - IV para distinguir, nomear y-ata en ocasións localizar os tres pobos qu'ocupaban aquela rexión. Son istes pobos, o ligur, o ibero e o celta.
Cál ou cáles d'eles foron os que viviron no noso país? Verea Aguilar (1), Villamil (2), Sarralegui (3) e Murguía (4) non dubidaron na resposta, e rexamente sostiveron a orixe céltica dos galegos; mais as súas afirmacións, apañadas moitas d'elas nas vellas creenzas da escola de Cambry cairon no esquecemento ó esborrallarse o mal cimentado edificio erguido pol-os arqueolos da primeira fase celtista, e ás tribus da antiga Gallecia perdida a súa persoalidade étnica, pasaron a ser un elemento mais de discusión no cadro confuso e contraditorio da protohistoria hispánica. Pero, ó revisarse con crítica verdadeira, as fontes literarias e lingüísticas a elas relativas, as opinións dos nosos devanceiros, inda que fundamentalmente reitificadas no seu aspecto cronolóxico, volveron gozar d'inteiro creto y-o celtismo galego definiuse, e concretouse d'un xeito afirmativo e forte.
O autor d'esta revisión, por certo ben necesaria, foi un hispanófilo alemán, o Profesor Adolfo Schulten (1) da Universidade d'Erina-
(1) Historia de Galicia.
(2) Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia, Lugo. 1878.
(3) Estudios sobre la época céltica en Galicia, 1887.
(4) Historia de Galicia.
(1) Vex. Real - Encyclopädie der Klassischen Altertumswissenschaft, art. Hispania e Numantia I. Die Ergebnisse der Ausgrabungen, (Munich 1914).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716622.xml
18
teltura natural, e a ordenación artística do granito cerne da nosa terra, de tal maneira que a eirexa románica non parés un ouxeto d'arqueoloxía: sempre viva e nova coma todas as cousas eternas. Esquécese un de estilos, de escolas e de datas. Non é erudita e importada como a arquitectura mozárabe que leva en sí os ideais d'outros soles - O arco e a abóveda fánse naturalmente redondas coma un rapaz domea un bimbic, un vello un pau de cayada, un carpinteiro as laboas d'una cuba. A ideoloxía da arte gótica escolástica e doutrinariamente mística pódese comprender, pódese expresar. O misticismo do románico e o mesmo da terra, fuxe d'una interpretación filosófica, sintese millor que se define. As pedras gardan o ensono secular que dormien nos outeirales dos que foron arrincados polo picar cantareiro dos cantelros labregos. Na eirexa romaneca sintese o fresco da sombra dos carballos venerabres dos campos de feira. Na decoración latexan ensonos campesios, florecen as sinxelas prantas que medran nos sulcos das herdades o pé dos centeos dourados - Os anxeles, os santos, os gaiteiros, as escenas bíblicas e evanxelicas de archivoltas e capiteles son familiares pro palsano. Soio en Galicia se puido facer a catedral románica grande d'abondo pra acoller na sua sombra campesia a multitude dos pobos cristianos. A perda de grande parte da catedral románica foi tan lamentábel coma a de basílica medieval de San Pedro, de Roma. O románico de Compostela vai asociado o nome de Xelmírez. En Santa Susana, en San Fiz pouco queda. Abonda. Un pórtico, un abside do sigro XII dan á eirexa mais restaurada e anodina un aire de mocedade somellante a ises lústrigos de neno que as veces brillan no sorriso, no ollar dos homes vellos:
O SANTIAGO PRE-APOSTÓLECO
Por unha elocuente contradición a maisilustre vila de Galicia e a mais nova das nosas vilas históricas. Non ten bronce, nin cemento, nin epigrafía romana. Pra estar mais preto da eterna esencia da terra durmiu moitos sigros sen historia haste que o milagre viuna des-
cobrir pra facela rutilar no coro das igrexas apostólicas. Nas carballeiras pechas, nos esquivos coulos mollados pol-os orballos adormeceu a alma celta de Galicia nunha homildade dona do porvir. O Apóstol chegado pol-os camiños do mar, quixo dormir ignorado lonxe das rías romanas, apartado dos portos, haste saber que a cruz triunfaba en todol-os cumes de Galicia facendo recuar os cultos naturalistas nunha longa epopeya digna de ser dramatizada por o Zacarías Werner da *cruz no Báltico* ou polo o Gerardo Hauptmann da *Campana alagada*. Cando o ermitán Payo *dicía misa aos mouradores de San Fiz*. Os deuses das augas e das pedras estaban confinados na noite e xa Galicia sentíase libre da ameaza do Islam: Santiago podía por-se o frente do seu pobo eleito
OUTONO FARTO E DOURADO
Obradoiro traballado como unha casulla, altares solenemente flamexantes de San Martiño e de San Payo, fantasía xeométrica de Santa Clara. O barroco leva o nome portugués das pedras imperfeitas e decorativas, ás que soio sirven para compoñer conxuntos, non pra brillar con serza lus. O barroco galego refrexou un sol-por de vendima e de farta recolleita. A súa época é na historia de Galicia un solene período somellante o dos Antoninos na antigüidade; fai falla o estilo d'un Gibbon pra contalo. Os fidalgos erguen pazos - non castelos - e fundan foros, os mosteiros dormen sestas lembrando vagamente o tempo heróico dos seus orixes, os arcebispos gastan as rendas fabricando imensas arquitecturas - O correr do tempo o barroco gana en dignidade: o sol e a chuva, a saudosa neboeira atlántica recoñece a súa amiga a pedra e van-a cooreando, amorosamente haste darlle o caris dos outeirales. O labrego gosta do luxo do barroco como gosta das cangas dos bois traballadas a navalla, da pruma de pabo rial no chapeu, dos follós e das solainas adornadas con espigas de millo. Hai tardes en Santiago n'as que as torres resaltan no sol derradeiro, parescen, luxosamente revestidas, celebrar n-a Misa Mayor.
Ramón Otero Pedrayo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571668.xml
3
Prioridade dos Celtas sobre dos Iberos coma povoadores da Meseta castelá.
A comprobanza d'este derradeiro punto non podía ser dificile. Povos tan distintos, de orlge e procedencia tan diversa, debían crear nzcesariamente civilizacións pouco semellantes, y-estas civilizacións. ó moverse as razas qu'as produxeran n-un área geográfica reducida y en tempo relativamente curto, tiñan que representarse nos feitos arqueológicos con craridade d'abondo pra poder seguilas nas suas emigra» ciós, acompañalas nas suas conquistas y-estu- dalas nas suas superposiciós e nos seus arre- damentos.
Pero coma queira qu'a arqueologia peninsuar deste período está fondamente avencellada co-a do centro e do Oeste da Europa, lerei denantes de entrar no esamen das suas particularidás que Irazar sintéficamente un cadro da Edade do Ferro n-estas regiós, particularmente necesaria pr'a millor inteligencia da protohistoria galega que delas ben recibir unha raza e unha cultura.
A chaira Igualdade da Edade do Bronce luray/, europeo crébase de pronto no alborexar permlleeneciro milenario denantes de Jesucristo preto e Ó Tema, da metalurgía do ferro parece n-este lraballo, “novos que durante sono no C. e no N. do movos que trae conanas de creación
A TEORIA DE SCHULTE%, artes, civill-
As primeiras fontes litererias quel? rudeza maneira certa aluden ás terras do Oucló5 suas europeo, pertencen ós séculos VII e VI ensemenos tes de Jesucristo, pero compre chegar ós auto res gregos das centurias — V e = IV para”? distinguir, nomear y-ata en ocesiós localizar y os tres pobos qu'ocupaban aquela región. Son istes povos, o ligur, o ibero e o celta.
Cál ou cáles d'eles foron os que viviron no noso pais? Verea Aguiar (1). Villamil (2). Saralegui (3) e Murguía (4) non dubidaron na resposta, e rexamente sostiveron a origen céltiga dos galegos: mall-as suas afirmaciós, apañadas moitas d'elas nas vellas creenzas da escola de Cambry cairon no esquecemento 6
Historia de Galicia.. Antigiedades prehistóricas y célticas de Galicia, Lugo. % 3, ' (3) Estudios sobre la época céltica en Galicia, 1867. (4) Historia de Galicia.
NÓS e Iraslormar os lipos que, procedentes da su» perlor cultura ltálica, lle chegaban pol-os antigos vieiros comerciás do ámbare. Y-estas dúas civilizaciós foron estudadas pol-os arqueólogos que non sollo conseguiron penetral-o senso das suas evoluciós tipológicas, sinón tamén, e por meio dos sincronismos emprestados 6s lexlos e ós achádegos d'ouje- los gregos d'época histórica polderon subdividilas y-encalxalas n-un marco cronológico,
Averlguous2 asi qu'estas civilizaciós céltl» gas, que tomaron de dúas estaciós a elas pertene. osnomesde Hallstatt e ta Tene, collían un espazo de tempo comprendido antr'a centuria IX enantes de Jesucristo, y-os pirmeiros anos da nosa era, e tendo en conta as variantes do seu utillage, chegouse a repar- tirlas y-a datalas do geito seguinte (1):
Hallstan 1, de - 900 a - 700 Hallstatt Il, de - 700 a - 500 La Tene 1. de - 500 a - 3500 La Tene Il de - 300 a - 100 La Tene lll, de - 1006 comenzo do reinado de Tiberio. No pirmeiro periodo de Hallstall, qu'asegún Dechelelte ten seu orige nos paises véneto ilíricos, os Celtas non fan mais que reproducir en ferro os derradeiros tipos d'armas da edade anterior. As longas espadas caraiterísticas d'esta época, son fabricadas sucesivamente en bronce y-en ferro; as fibulas son escasas y as poucas que s'atopa son das chamadas de dobre espira e de navicella, habendo en troques d'aborido fistas de bronce e navallas da bar ba de corte semicircular, ornadas con buratos, Na Francia as sepulturas están de cofe baixo un túmulo de terra ou pedra usándose indistinq tamente a inhumación y-a Incineración. ó n A segunda fase hallstattiana, a mais inireliterante pra nós, coma logo veremos, distinguese niós dginha renovación geral das formas. As esmente reigeórianse. adornando o seu puño con volveron góngaciós postas ó gelto das antenas galego defini@s: as follas drestas espadas son mativo e forte. tro, reservandos'algunhas veces o O autor d'esfé empuhaduras: xurden novos jS que se coñecen cos nomes de de ballest cesaria, foi un hi?: Adolfo Schulten (forme, de botón € Y Ver. Real o cues de Archeologie Prebistorique, Ceiti- sonacheft. art. Sth E, pags. 62) e segs. (Paris. 1914). der Ausgrabungen (Mie da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716619.xml
NOS 15
co. que se metera alí, e andabas ás fuci- co-as portas. O crego e mail-o sacristán ñadas cos bancos e cos confesionarios. se medo levaba un. medo levaba o O sacristán papou un gran medo; pe- «outro,
chou a porta sen mirar e veuse corren- O crego abríu o libro, e díxoll'o sado á reutoral, dicirlle o Abade: sacristán:
—Ay, señor, veña, veña por Dios, Abra a porta y-entremos, qu'anda o demo na eirexa! O sacristán, que tremaba com'unha vara xerde, respond€u;
—E logo como é eso, hó? —Ai, señor Abade, pirmeiro vostede.
—Si señor, anda, sentino eu qu'anda metendo un barullo grandismo, a cou- —Boeno logo! Non f'esquencias: a ces cos confesionarios, e a cornadas. todo qu'eu diga, ti respondes ainén! Veña desconjuralo correndo.
—Imos logo alá. Foron abrindo a porta a modiño mais o porco de que viu un sitio por onde fuxir, botou a correr car'a porta, e coma non tiña sitio, meteuse por antrías pernas do abade que non sabía quen era o qu'o levaba, principiou a berrar:
—Ay. Ay. Ay, que me leva o demo! E o sacristán iba berrando atrás d'il —Ti. a todo o qu'eu diga, non dís mais que: Amén! entendes?
—Amén, señor, amén! E foron. Dentro da eirexa sintiase o porco andar a catro pés e a toupadas
REFERIDO POR M. F. (LAMPAZA)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571662.xml
B O L E T I N M E N S U A L
d a
C U L T U R A G A L E G A
D I R E I T O R L I T E R A R I O
Vicente Risco
D I R E I T O R A R T Í S T I C O
Alfonso R. Castelao
D I R E I C I Ó N E R E D A C I Ó N
Sto. Domingo, 47 - O U R E N S E
A D E M I N I S T R A C I Ó N:
Real, 36 1.º - A C R U Ñ A
A B O N A M E N T O
Doce números, na Península 6 pesetas.
Fora da Península 15
Número solto na Península 1
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30
Pagos adiantado
Iste boletín non pubrica mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pola Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que, por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
S U M A R I O
A Edade do Ferro en Galiza, por FLORENTINO L. CUEVILLAS.
A lenda de San Amaro o Pelengrino, por EUXENIO CARRÉ ALDAO.
Quod nihil scitur, (continuación), tradución de XAN AZNAR PONTE.
Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Temas compostelanos por RAMÓN OTERO PEDRAYO.
Os homes, os feitos, as verbas; pola REDACIÓN.
L E A V O S T E D E A N O S A T E R R A I D E A R I U M D A S I R M A N D A D E S
Administración Real, 36 - (A Coruña)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716615.xml
NÓS
universás; home, cabalo, etc. Así é de certo: e por iso dicía eu enantes, qu'a tua cencia non é do home verdadeiro, senon do que ti inventas; por iso non sabes nada. Mais sexa: considera ti ese home finxido, non o has coñecer, se non coñecelas causas suas. Non ten causa eficiente? Non o vas negar. Si queres coñecer esta, tes que coñecer primeiro a sua causa eficiente. Non chegarás á fin, nin saberás o que seña ise feu home: nin saberás o que fose o verdadeiro: logo non sabes nada. Cecais recurres a Deus, imenso e boísemo coma causa primeira e fin derradeiro de todo, e dirás que aí tes que parar e non penetral-o infinito. D'esto hel falar mais adiante; pol-o d'agofa consinto. Que se deduz d'elqui? Que non sabes nada.
Fuxes do finito e ves cair no infinito, imenso, incomprensíbel, inefábel, inintelixíbel. Ou é que o infinito pódese saber? De ningún xeito. Mais pra ti é a causa de todo. Por iso asegún a tua definición, pró coñecemento dos efectos é preciso o coñecemento do infinito. Logo non sabes nada. Si pro coñecemento das cousas non xusgas precisas as causas eficiente e final, porqué non distinguiches na tua definición? Pois eu entendía todas, cando ti falabas en absoluto: coñecelas cousas pol-as causas.
Mais n-outro lado comprende y-enumera Aristóteles total-as causas, eficiente, material, formal e final, cando di que nós xusgamos coñecer as cousas cando coñecemol-a sua causa primeira. Mais concédoche (ainda cando non deba, nin licitamente poida concederse) que non sexan precisas a causa eficiente e mais a final. Quedan dúas, a material e a formal que penso entendes que han ser coñecidas: mais esto é o de menos.
Si queres coñecer-a forma, compre, asegún a tua definición, qu'a coñeces pol-as súas causas. Non pol-a eficiente e final, com'enenles, mais pol-a material e formal. Mais non as tés, por conseguinte, non a coñecerás. Mais si a esta non a coñeces, tampouco podes coñecer aquelo de qu'ela é forma; pois ignoradal-as partes, ignorase o todo.
Direi tgoal da materia, qu'ainda é mais simples e menos Ente e da que cecais non haxa causa ningunha, pol-o menos eficiente, material e formal, asegún Aristóteles. Da final, pó-
dese dudar. Que dis d'Esto? Qu'abonda o coñecemento calquera das causas pra ter cencia d'unha cousa, anqne non sexa perfecta. Esas son fábulas. É imposible coñecer perfectamente o todo cando non coñeces perfectamente as partes.
Agora ben; s'eu che concedera iso, pergunto: pode haber forma da cencia e da materia? Concederás que si, posto que confesaches qu'o sabes todo. Aínda unha vez, Sabel-o pol-as causas? Si non é así, a tua definición é nula; si é así fago a mesma pergunta respecto das causas, é que poden coñecerse? Non me qu'aquelas, senon millor, por qu'asegún ti, son mais simples, mais coñecidas por natureza e por conseguinte mais coñecíbeis. Cecais pol-as causas? Iremos dar ó infinito. A definición é nula. Pol-as mesmas razós, non sabes nada.
Xa Aristóteles s'ouxetou a si mesmo isto: si a cencia sollo é aquela que s'oulén por demostración; posto qu'os primeiros principios se non poden demostrare, non haberá cencia d'iles. Mais non satisfaciu dicindo que non toda cencia era demostraliva, senon que é indemostrabre a d'aquelas cousas que non teñen medios. D'eiquí siguese ser certo que non fol dita simplificiter aquela frase: «saber é coñecer as cousas pol-as causas» e aquela outra «a cencia é un hábito adequerido por demostración», si é que hai algunha que se non outén por demostración.
Millor dixera n-outro lado e podiase excusar, si sempre houbera falado do mesmo xeilo e algunha vez s'houbera espricado craramente tocantes á cencia. Mais coma de cote é vagaroso, confuso e incostante, non deixou lugar prá disculpa.
Il tina dito: «a cencia das cousas das que hai principios, causas y-elementos, depende do coñecemento d'istes. É ridículo o modo com'espoñen esto os seus secuaces, pois cambeando as cousas por verbas e siloxismos (adormentados pol-o erro antigo e podrecendo n-il) interpretan os principios com'as proposiciós primeiras da cencia, coñecidas ou supostas, ás que chaman principios e dinidás; esprican as causas com'as proposiciós medias que se fan antraquiles e a cousa que se val pro» bar; os elementos son o suxeto, o padricado.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716620.xml
TEMAS COMPOSTELANOS
A PAISAXE
Santiago frorece secularmente n-unha rexión de contauto dos dous tipos difrentes da paisaxe galega: o montesio, esquivo, cuasque ermo das terras do Tambre e vals verdecentes que preludian a saudosa beleza do val Ullán e da ría d'Arousa. Despois do cemiterio a final da rua de Bonaval, romantizado pol-as oxivas nórdicas do ábside de SanotDomingo, despois do crucelro de San Pedro, a túneca de pardomonte do ermo paisaxe alóngase en lexanias griseiras. A carretera da Cruña tamén sai en precura dos abertos hourizontes d'un dos de pays batido pol-os ventos, comesto das ovelhas, soilo decorado nascedas primaveiras pol-a sinxela froración das uces e dos toxos. Os camiños pechados antras outas taplas d'hortas que saen de San Francisco, levan ós fresqueiros prados do Sarela. O bosque de San Lourenzo, a carretera de Noya, as terras e lugares que chegan preto da Ferradura, xa son d'outro xeito. Dend'a Ferradura dominase un dos hourizontes mais comprelos de nosa terra: ó lonxe azuleian os curulos de Barbanza e do Treito na direición da ría de Noya, os milleirales e arboredos da Mahía contrastan co cume penitente do Pedroso, os piñeirales de Conxo xa son irmaos d'aquiles da velramar que soan á compás do Atlántico. Pra sintir o esprito de Compostela é preciso fuxir algunha ves do feitizo das arquiteituras pra paseiar por estra»das e congostras. Santiago lan penetrado pol-a vida da aldea, cidade de pazos, de mosleiros, centro de palsanaxe, fogar das tradiciós, xurde mais compreto e vivo conlemprando o fincar das suas raíces no vello chán galego. Como todal-as grandes ercaciós é universal.
A RUA NOVA
Santa María Salomé co seu sinxelo pórtico aldeán parés unha fidalguiña d'aldela entrros grandes pazos de señores encopetados. Esta Rua Nova é un anaco d'unha Ravena menos tráxica, menos desfeila, como que en vez do sopro morto do Adriáleco, chega eiquí os creadores nevoelros atlánticos. Na Rua Nova hai ó menos oito perspectivas difrentes, un xogo de soportales asegún andamos por ela. Os pazos grandes coma Audenclas Territoriais, alternan c'as fachadas barrocas nas que a pedra sabe xugar co-a luz do sol e da lua, e os ferros froridos c'as improntas súpetas das chuvias. Hai os soportales de loggia italiana, os que forman un narthex ós pazos, os mais familiares que collen varias casas e teñen telto caleado con bombillas eléutiricas com'as si domésticas. E eu conceitúoa a vía mais nobre desta Compostela que non ten unha gran rua trasversal com'as cidades mediterráneas (Corso). N-a Rua Nova, os oficios teñen carís arcaico ou arlisteco, carpinteiros, xastres, chocolateiros d'aspeuto crerical, sobre todo os chocolateiros, que van rasurados, visten de loito. Trepan pouco, teñen e coor do cirio e as manelras soaves dos que traballan pol-a noite ó acollido.
A QUINTANA DOS MORTOS
Toda Compostela está chea da ledicia do campo galego. Hastra a graníteca praza Quintana, ascéleca e fría, animase nolado N. sobr'as escaleiras, co-a fachada d'un verdadeiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716617.xml
NOS
dada por min da verba cencia; e d'eiquí deduzamos non se saber nada, pois supor non é saber, senon finxir; e por esto das suposiciós nacerán fluiciós, mais non cencia Olla onde nos levou o discurso: toda cencia é unha fluición. É evidente; a cencia outense por demos-
tración, esta supón a definición, maill-as deficións non poden ser probadas, senon que deben ser creidas; logo a demostración por su-
posición producirá unha cencia suposta, non firme e certa. Todas estas cousas dedúcense dos teus principios.
ARCHIVO FILOLOXICO E ETNOGR-
FICO DE GALIZA
CONTOS
O zapateiro a o demo (1)
Na noite de San Silvestre, solen as bruxas ir ó campo de Sevilla, a bicarlle o traseiro ó Demo.
Achándose unha bruxa amigada c'un zapateiro, e tendo qu'ir ó dito campo, dixolle a il que non fose á noite á sua casa, que tiña que faguer un viaxe, e il respondeulle que quiría ir co-ela, ó que ela lle respondeu que non podía ser, mais despois de tanto terquearlle, cedeu a bruxa, y-emprenderon os dous o viaxe.
Chegados misteriosamente a dito campo juntáronse todal-as bruxas, e antr'elas o zapateiro, vestido de muller; as cales puxéronse en ringla, e o Demo no comenzo d'ela e ibanlle bicando o traseiro, unha por unha.
Chegoulle a vez ó zapateiro, e parouse diante de Satanás, e dixo pra sí:
—Y-eu voulle bicar o traspuntín a iste larpeiro?
E acordouse d'unha sobela que traguía no bolso, quitouna, e cravoulla no traseiro ó Demo, ó que il respondeu:
—Ay, hó, que barbas tés!
(1) Iste conto, do que non temos escarecido a procedencia, coma tampouco dos dous que veñen atrás d'el, é o mesmo que serve de vase ó Valentin Lamas Carvajal pra seu Zapsatreiro de Cangas publicado no libro Gallegada, Ourense, 1887. O coreiquí damos, e unha lembranza popularizada da lectura da Gallegada, os € a fonte popular en que s'ispirou Carvajal? Non é dosdo determinalo sin mais dalos.
Notemos: que di o campo, e non o arcaif de Sevilla, conrontros contos de bruxas. Qu'o zapateiro pra ir á funtanzo das bruxas tense que vestir de muller.
Qué se vai o San Pedro
Querendo un Abade presentarlle ós feigreses pol-o dia de San Pedro a image do Santo, víu qu'estava moi vella e comesta da polilla.
Perguntoulle ó sancristán qu'iban facer pra non perdel-a esmola qu'aquil día ofercía a gente; e o sancristán díxolle que había na parroquia un home moi imitante ó San Pedro, e que dándolle ben de jantar e pagándolle, faría aquil día de Santo.
Enteirado pol-o sacristán, o home parecido acetou; e despois de llíndica ren mil veces que non tiña que se mo ver nada, arranxárono e púxose no altar (1).
As pirmeiras horas pasounas sen remexer. O peto ja iba cheo, e a eirexa chea de gente.
Chegou a hora da misa, alcenderon as velas, e o probe do santo ja non aturaba coa calor e as moscas quío viñan picar.
O comenzo da misa foino resístindo,
(1) É un caso ben socorrido nas contos populares iste d'un home que fai de santo, os d'esteun de calquera crás. Por chegar, chegamos agor, a unha novela de George Meredith. Nos nosos contos hai moitos casos d'istes. O humorismo galego sácalle molta punta á comprometida situación do home-estaula.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716611.xml
A Cántiga do Rey poeta é a primeira relación que d'aquela leenda aparez escribida na nosa mélida fala e inda cando D. Alfonso non sinala o lugar da acción, é indudabre que se deben inspirar, non en outra tradición estranxeira ou allea, como creen todol-os que teñen o prurito de esculcar para todo o noso un orixen elsotico, cal se foramos negados para toda creación, se non na que se refire ao sonado mosiciro de Armenteira ou á que se contrae ao convento de Rivas do Sil.
Mais non é o noso obxeto nos ocupar n-estos leendas, nas que tantos outros levan xa espigado, se non o facer notar os puntos de contacto que teñen con outra tradición dos nosos campos e que se refire a San Amaro Pelengrino.
Damos, pois, á continuación a leenda tal cal a ouvios de labios aldeans, na feigresia de Figueiroa (Abegondo) onde se celebra unha romería para festexar o Santo fan abegoso.
Denantes de relatala faremos a indicación de que en toda a Galicia, ben baixo a denominación de Amaro ou ben a de Mauro, pois de dous santos diferentes fixose un só, confundindo o santo galego co santo alleo, atopanse feigresias, lugares, capelas, etc. etc., co nome de San Amaro.
E romatamos este xa longo proemio dicindo que nas leendas encóntrase o compremento da historia e inda mais millor o seu comentario por sere grande a valoria que así alcanza a crítica histórica pol-o impulso que lle presta a evocación poética.
A LENDA
Vida do Santo
Foi Amaro, un nobilísimo varón, ao parecer galego de nacimento, que á morte dos seus pais, topouse herdeiro de unha gran facenda.
Home piadoso e enteiramente cheo de fé, mais ben que en esplación de culpas pasadas, pois a sua alma era branca como unha pomba, pol-osseus impetus relixiosos desprendeuse de total-as suas riquezas en favor dos pobres e dos homildes, e fundou hospitales e asilos para os meneslerosos, facendo ao mesmo tempo levantar mosteiros nos que se pedira a Deus o perdón dos pecados dos homes.
De toda a sua pasada grandeza, reservouse tan só aquela suma precisa para o desenrolo do pensamento que agarimoso acuciaba e que era o único ideal da sua vida cristián.
Mandóu constuir forte e lixeira nave, na que, o millor e mais xeitoso lugar estaba destinado á render culto á Deus, reservándose as incomodidades para os homes, como predispostos ao sacrificio pol-o amor á Xesucristo, e él e a sua tripulación, despois de ben probisto o buque, lanzáronse, levando toda a sua confiança posta no Alto, en aventureira e longa espedición pol-os mares, sin mais guía que a esperanza e a fé, no percuro do lugar do Paraíso onde moran as almas dos patriarcas profetas.
O viaxe
Entregados por enteiro á mercede da misericordia divina, nin os ventos mais desatados nin as mais desfeitas e violentas tempestades, fixeron minguar o ánimo dos viaxeiros e sin se abater endexamais o seu espírito nin perder-a confiança pos'a en Deus, seguiron entre duras e continuas penitencias e morlificacións a sua pelingrinación, durante días e días, meses e meses, anos e anos, pregando á cotío ao Señor lles permitira realizar-os seus deselos: mais a terra tan cobizada non se deixaba ver por ningures, toldadapol-assomas do misterio.
Chegada ao porto
Compadecéndose Deus de tanta constancia e tan gran fé, permitiu que a nave de Amaro topase c'un seguro e apacibre porto n-unha costa descoñecida e solitaria.
Unha voz interior, a voz que caladamente fala no peito dos escollidos, dixolle á Amaro que aquel tan alongado paraxe era o tan salayado que buscaba e que dera ao fin co él, tras tantas e tantas zozobras e perigros continuos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716623.xml
NÓS
19
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LIBROS
D'OUTONO, por GONZALO LÓPEZ ABENTE (Editorial Ronsel, Cruña, 1924)
Algús dos sonetos que compoñen iste libro, publicamol-os lá equí. Por mais qua fei-jura clásica dos sonetos do López-Abente – é non hai mais que lembrar aquiles tres: No facho, O Carballo, Medo – é perfeita, escorreita, impecábel, sen mágoa, a sua inspiración barudamente romántica d'home da veiramar, atópase estreita na gayola dos catorce versos, e cobiza a cada instante fuxir voando. Debeu ser pra il o compor iste libro un riguroso exercicio de disciplina da vontade e da intelixencia, bó pr'aflrmal-o seu esprito forte e repousado.
Co gallo d'iste libro, dixo o Vilar Ponte en Alfar cousas moi atinadas en col da expresión racial na literatura. Porqu'efeutivamente, os mais dos sonetos de López-Abente tratan temas universaes: os sentimentos primarios e prepotentes do corazón dos homes, lírica suxetiva, anque descriva e anque refira. O que si acaso ten de clásico iste libro, é a nobre outura espiritual, a aristarquía en que se mantén o autor, esa dinidade tranquila que teñen todas as suas verbas, e que compre dicir que resulta confortante no meio de tanta barballocirada coma ceiban por ehi adiante pra chamar a atención.
O López-Abente, sinxelo, modesto e calado coma é, aínda ten torre de marfín, e non espón a sua musa no taboado. Philéas Lebesgue, que tanto aprecia os seus versos, poderá comprobar, cando lea D'Outono, qu'iste poeta galego, que é dos seus preferidos, non vai pra trás, senón pra diante e pra riba.
Alvaro Cebreiro puxo ilustracións ó libro de López-Abente, do qu'a Editorial Ronsel fixo unha edición feituca y-escorreita, que non ten mais que ll'apor, senón que s'imita demais, até nos tipos empregados, ás da Revista de Occidente. Pensamos que hai gelto doado de qu'a unha edición feita en Galiza se-lle coñeza que é unha edición galega: compre crial-o tipo do libro galego. Moret, qu'imprentou iste libro e qu'anuncia ediciós dos nosos clásicos podía facer moito n-iste-senso. As ediciós da sonada Biblioteca Gallega de Martínez Salazar, tiñan
cerla persoalidade E sobre todo, compre non imitar, e menos a Madri.
Os deseños do Cebreiro son agás dous de figura, paisaxes abstrautas, laponizantes mais que cúbicos, decorativos, con certa lembranza do Castelao, conservando a disposición lineal das nubes propia do autor n-outro tempo. S'istes paisaxes dicen ben e agariman os ollos en froques valen mail-as figuras, que son mais alinadas e verdadeiras.
V. R.
AS NOVELAS DE «LAR»
Inda qu'outro mérelo non tiveran estas recadivas – das que n-iste segundo tempo de renacencia galega, lembramos lá seis: Terra a Nosa, na Cruña, que publicou 15 volumes: Céltiga, no Ferrol, que publicou 13: Alborada, en Pontevedra, que sacou 4; Libredón de Santiago, que leva imprentados 2: Lar, vai nos 8; e derradeiramente, a intentada Follas galegas, da que non chegou a se ver mais que un, c'unha escolma de versos d'Añón – sempre habían servir pra vermol-o géito que levan en xeral ar letras galegas, especialmente no tocantes á novela, género qu'eiqui non fai mais qu'escomenzar.
Seica já nos temos layado outra vez, falando d'esto, da decadencia antre nós da arte da min lira – o dito é d'Oscar Wilde – porqu'efeutlvamente, vemos qu'as máis das novelas son mais ou menos realistas, e ademais, semella qu'os autores se non estreven a sairen do que nas comedias chaman época actual, Falla, pol-o d'agora, a evocación histórica – a pesar de lermos un Vicetto –; falla o elemento preternatural: dixérase que nonos serve pra nada o folk-lore. D'iste géito, o que segue dando mai persoalidade á nosa novelística, son as obras d'ambente labrego.
O ilustre humorista Wenceslao Fernández Flórez fixo pró pirmeiro número de «Lar» unha noveliña do seu geito predileito, A miña muller, que ten, ademais do tipo estupendo do Picouto, verdadeira superación do filisteu eterno e omnipresente, a originalidade de pasar á mitá d'ela antre pantasmas de mortos. No estilo estirado e periodístico qu'adoita empregar pra marcal-o contraste antros conceitos convencionais e a verdade da vida, nólaselle n-iste caso, o non estar afeito a escri-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716627.xml
AGUAS MINERO-MEDICINALES
BICARBONATADO-SÓDICAS
MONDARIZ
Gran Hotel Balneario con todas as comodidás e adiantos modernos
Propietarios: FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ (Pontevedra)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716626.xml
Reservado pr'os irmans
RODRIGUEZ
Fábrica de muebles
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716612.xml
8
Deixou, pois, o santo no porto a sua embarcação, á que lle puxera o seu nome, non por vanidade senón por misterioso impulso, ao que non se poderá liberar e ordeando aos seus compañeiros que alí o agardaran, largou-se valentemente cara a terra adentro, non levando outro apoio e defensa que un báculo de forte pau de toxo e sin outra provisión algunha, cheo de confianza n-Aquel que proveendo de alimento aos paxariños, non había de deixar morrer de fame ao seu devoto servo.
En precuro do Paraíso
Inda ben non dera comenzo á sua camiñata xurdiu ante dos seus ollos, agría e impoñente serra, cal seo chan lanzara á conquista do ceo, serra que dende a bordo non tiña visto.
Por mais que lle parecía tela preto, canto mais camiño facía, día tras día, e noite tras noite sin case descansar e alimentándose das raíces que topaba, xamais podía chegar á aquela, somellante aos deseios que magóan aos humanos que por cerquiña que se creia tel-os, sua realización, tarde ou nunca se chega á ver realidade.
Monte arriba
Por fin chegou á tripare as faldas da serra. Esmagado do corpo, cansos e desfeitos os pés, mais co ánimo enteiro aprestouse á fatigosa subida de aquelas enfestas que somellaban se perder no Ceo.
Moitas foron as dificultades que lle saíron ao paso; mais logrouna vencer todas e asentou as suas prantas triunfadoras no cume mais oulo.
Dende ali ollou á vertende oposta e vislumbróu un val ridente no meio do que erguiase un muro branquíssimo que no seu centro deixaba ver unha oulísima porta de ouro, ornamentada de pedras preciosas nas que, en múltiples e vivísimos refrexos, que ferían a vista, desfacia o sol as suas brilantes rayolas.
Non dudou, Amaro, nin por un só momento que aquel tiña de sel o tan cobizado lugar dos seus longos desvelos, e reposou da santa emoção que lle embargaba, axillonouse reverente dando gracias a Deus por lle haber permitido o ardente desejo da sua alma fervorosa e crente.
NÓS
Chegada ao Paraíso
A baixada foi fácil e cómoda. Ás asperezas que deixara atrás, sucederonse sendeiros deleitosos, de cespede mol, e embalsamados os ares pol-o perfume das abondantes flores que os bordeaban.
Chegado ao muro, o mais santo dos respetos chamou timidamente na porta, primeiro cos colenos, e non tendo remposta, o fixo logo un pouco mais forte co caxado.
Correuse, ao fin, unha á modo de plancha, e deixou ver unha ademirabre e ben labrada mirilla, que somellaba delicado encaixe. Tras dos ferros que a defendían viuse aparecer o nobre rostro d'un venerábel vello, de longa e pobrada barba branca cal folerpas, o que co aspecto mais severo, á par que non desprovisto de dozura, preguntou quen era o ousado e atrevido que chamaba á aquela porta, turbando a paz, sosego e silencio que reinaba en tan santa mansión.
Díxolle, Amaro, o seu nome e o fin que había sido o norte do seu viaxe, pregando humildemente autorización para penetrar, siquera fose por breves momentos, n-aquel paraxe do Paraíso.
Repricoulle o anciano, que era nin mais nin menos que o patriarca Henoch, facendolle saber que a sua demanda non podía ser atendida pois endexamais home en carne mortal poderia entrar onde moran os xustos e benaventurados, e que o millor que faría tiña de ser, de dal-a volta, que abondo fortuna tivera con chegar onde ollos humanos non puxeran nunca a sua vista.
Impetrou de novo cremencia o pladoso Amaro, demandando encarecidamente que xa que non a entrada, lle fora siquera permitido ollar algun tempo á través da mirilla, para se gozar na contemplación das delicias celestiais.
A visión do Ceo
Moveuse a piedade o Santo Patriarca e obedecendo ás designios do Alto, otorgoulle o don pedido; mais non ben tiña apricado a sua vista o devoto pelengrino, ordenoulle Henoch que deixara o silio e se alongara pois xa había estado mirando tempo abondo. E pechou a mirilla.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716610.xml
A LÉNDA DE SAN AMARO
O PELENGRINO
TRABALLO PREMIADO NA FESTA DA LINGUA GALEGA DE SANTIAGO DO ANO 1924.
PROPIEDAD DO SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS
PROEMIO
NTROMEDIOS das múltiples relacións maravillosas que enchen e adornan as haxlografías, que nos deixou en herdo a Edade Meia, figuran moitas procedentes das ficciós célticas cristianizadas e que, á través do tempo, conservou a tradición oral entre dos galegos.
Unha de elas, é a moi popularizada de O Monxe e o Paxariño, tan cheo de piedade como de encanto, e que pol-a sua formosa e sinxela forma a recolleu o noso gran poeta lírico Alfonso o Sabio, na suas celebradas Cántigas, sendo número 103 e intitulándoa Como Sancta Maríafezeestaro monge trecentos anos ao canto da pasarijnna porque lle pedía que lle mostrase qual era o ben que ansían os que eran en Paraíso.
Os historiadores e eruditos buscan o orixen d'éstas, como o de outras tantas tradiciós, asignándolle variadas fontes, ora cristians e europeas, ora paganas e orientales cristianizadas, remontándose alguns hasta a antigüedad.
Na humanidade é inmanente o deseio da realización ultraterrenal d'unha dita sin fin que se non pode atopar no mundo que habitamos e que para os cristians ferventes somente lle é dado buscar, como na sua poesía *De la gloria del Cielo*, escrita no ano 1590 nos dí, Damian Vegas, na
paz perfecta y cumplida con gozo tan sin rival que es Dios la medida del aunque es El tan sin medida.
Mais non tan só nas creencias da antiga Grecia e nas do cristianismo vense refrexados tales anhelos. No paraíso dos celtas é na isla do occidente está a terra da eterna xuventude na que se ofrez ao home cantas ditas poida ambicionar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571667.xml
NÓS
gen, e d'ela resultou asegún verbas dos señores Bosch Gimpera e Artigas Ferrando, consignadas no prólogo da edición castela da Hispania: «un más exacto conocimiento de la geografía antigua y de los pueblos que ocuparon nuestra Península, ordenando y haciendo inteligibles muchas noticias que antes aparecían confusas, sirviendo más para confundir que para aclarar el cuadro de los hechos de nuestras tribus pre-romanas».
Com'a totalidade da teoría schultiana non intresa a Galiza, daremos soilo agora en liñas xerais, unha idea dos puntos de vista mais saintes do sabio alemán.
Asegún il, o pobo primitivo da Península é o Ligur, e non o Ibero, coma denantes coidabase, y-esta afirmación apóyase n-un pasaje de Hesíodo que no século — VII, chama o Ligues (ligur) a todo o Occidente europeo; en Eratóstenes, que sin dúbida recollendo unha noticia serodia, nomea á Hispania Ligustiche, y-en Avieno, que fala na Bética d'un Ligustinos lacus, e pon na Galiza y-en Portugal ós Cestrimnios, de nome idéntico ós Ligures da Bretaña. Cita tamén diversas toponimias caracterizadas pol-os sufixos asca, osco e ur coma ligurianas. y-arremata dicindo qu'os Vascos son os derradeiros representantes d'esta vella nación.
Pra Schulten, os Iberos viñeron á Península despois dos Ligures, créelos de procedencia africana, e raza bereber, e supón qu'a súa entrada debeu verificarse en temp.s moi recuados, sendo a Andalucía o lugar onde primeiro se asentaron. Dend'ela, estenderonse por Murcia e Valencia, ond'os xeógrafos gregos atopan ós Bastetanos y-Edet. Esta terminación /anos y-os sufixos e nr aur, fala. olbe il sirven a Schulten pra guil-os nomes d'estirpe ibérica e priaf.? sua procedencia africana, por identid se semellanza con outros no mes da anti” nas
Perto do ano -600 estaba pol-o ly + Époda a Península por Ligures e Iber aparecen dos‘os primeiros NON, W. e C., no S. e no E., e n-esta data, éc. d'Erlangen fai entrar en escea forastei- que entra na Hispania case seg, peculiares dos paso de Roncesvalles apodér A coincidencia Meseta, e chegando despois ale no século Océano, obriga os Ligures a?9voación d'es- regiós do N. SW. A lembranza) litoral atlántico-
atópase na fonte vella d'Avieno, que menciona ós Saefes, Cempsi e Berybraces com'habitadores do centro y-ocidente da Península e qu'ainda que non aparecen filiados coma Celtas, deben selo, já que nos libros posteriores de Herodoto, Éforo, Aristóteles e Timaios, as partes da Península por iles ocupadas, designanse constantemente co nome de Keltike. Pero no Intre, os Iberos fóronse estendendo por Cataluña, e dend‘ali pasaron ó Mediodía de Francia onde permaneceron deic'ós fins do século — IV. N-esta data, os Galos começam a exercer presión sobre d'eles, fanos recuar caros Pirineus, por cuios desfiladeiros vense obrigados a voltar á Hispania. Já na Meseta, os Iberos guerrean cos C~ 3, véncenos y-OS que non son absorvidos emadopovo Celtibero, precisan'refux “zaenoS, de Portugal, ond:o” lat baixo o nome de Cef esien- tas fragas das serras ( > nos restos Aprer 4 célliga en * 7 étr. 0 de T 3 antenas de la Tene, y-o, 3 lariésicas d:Andalas cerámicas dos po» y Viaya e do Castro, terminan za no seculo Ill, asolagados pol-a Jérica que $2 repersenia arqueológiNumancia, e cecals tamén r o Julião e Guiffó terceiro grupo mais isolado a causa da ya situación geográfica excéntrica libre d'in¿ruenclas estranhas, e non tocado pol-a invasión ibérica, sigue desenvolvendo a sua especial modalidade deicto final das guerras cántabras. Mais duradeira qu'as suas irmás de Por» tugal e de Castela, a cultura galega dos Castros aparece tamén mais individualizada. As suas armas, os seus brazaletes, lor» ques, os seus geilos cosirulivos, relevan que Galiza y-a sua continuación nas terras d'alén Miño, tivo na Edade do Ferro unha persoalidade ben marcada e barudamente sostida que s'acusa craramente 6 esaminar a totalidade dos nosos elementos de Juizo.
Continuaráse
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716614.xml
NÓS
COLOFON
Véxanse, pois, as analogías que gardan entre de sí as leendas de El monje y el pajarillo e a de San Amaro o Pelengrino. Nestas formas son coñecidas en Galicia, sobresaindo nelas o principio fundamental e piadoso de que somente na graça de Deus está a fonte perenne das ditas sin lindeiros nin tempo.
A leenda de San Amaro, de non vir dos celas, trae o seu orixen da antiguidade grega que nos fala por boca de Homero e Herodoto de que os Campos Eliseos e as illas dos Benaventurados achábanse nas misteriosas rexións de Occidente, pintándonos eses paraxes como onde «nin neva, nin chove, nin os elementos se descadean, sen non que o Océano fai soprar de continuo unha bris soave e refrixerante, e nos que, materializando eles a vida, «O corpo se deleita c'os manxares que mais prestan.
Según Plutarco nos conta na vida de Sertorio (121-72 a J. C) este sintiu vivismos deseos de habitar n-aquela illa e foi nasua busca cobizoso de disfrutar ali unha existencia libre de toda tiranía e de toda guerra, n-aquel lugar de tranquilidade e felicidade absolutas.
Esas illas dos Benaventurados ou Afertunados, (1) eran as illas Canarias e no partido xudicial dos Llanos, na da Palma, hay no concello da Punta Gorda, ao NO. de aquela, o pago e feigresia de San Amaro ou San Mauro, que asi a chaman indistintamente e que está dominada por unha outa montaña, lugar que tan ben concorda co a leenda que vimos de relatar.
A pureza da relixión católica, libre da groseira materialidade do paganismo, nos fai saber que é o Paraiso, non paraxe de satisfaciés de apetitos terrenás, se non a mansión celestial na que somentes á alma lle é dado achar a aspiración do seus ideás n-unha "eternidade de santos goces e delicias espirituás.
Euxenio Carré Aldao.
(1) Asignaroniles difrentes situacias. HESIODO foi quen en Obras e días chamounos así por primeira vez. Para as inscripciós referentes a este punto: Kaldel: Epigrammata Graeca y Berlin, 1858.
QUOD NIHIL SCITUR (1)
Porseguimento
Que é saber? Coñece-las cousas pol-as causas, din. Non está ben: a definición é escura, pois sigue axiña o problema das causas, mais difícil qu'o pirmeiro. Pra coñecer unha cousa, compre primeiro coñecer todal-as ‘causas? A eficiente, de ningún xeito: pois, que, pon meu pai pr'o meu coñecemento? Ou‘impéna o fin? Ademais, si qués, coñecer perfeutamente a causado, compre que coñezas lamén perfeutamente as causas. Que se sigue drelquí? O non se saber nada, si queres ler un coñecemento perfeuto das causas eficiente e final. Demóstroo. Pró meu coñocemento perfeuto convén coñecer perfeutamente ó meu pai; pra coñecer a iste, compre que coñezas denantes ó pai d'il, dispois o pai diste, e así ale o Infinito. Das demais causas o mesmo; e o mesmo da final.
Has dicir que non consideras os particulares que non cán no dominio da ciencia senón os estudado, aportar as escrarecimentos precisos pra reutifical-a ses opinión ou sostela no seu caso. Pra nós, tando dá que fase de Tuy coma que fose de Braga, pra qu'o teñamos noso. A evidencia d'un mesmo esprilo — a y-alma des vellos Canzomeiros — a latexar d'unha e doutra veira do Miño — e que mon é tampouco descoberte nasa, senon evidescia que comparteu os millores inxenios de Portugal — val mais no orde do pénsamento ¢ da coltura, que todol-os arredamentos que por outra banda polda haber antre Portugal e Galiza O pobrema mais principal a resolver pol-os pensadores e pol-os esculcadores de y-alma popular e da y-alma erudita des nosas terras, é o de sí as obras e as idelos de Premcisco Sánchez responden efeltivamente ó noso esprito extremo oucidental golsico-portegués, ow sl mais ben non refrexan o esprido mediterranes de Montpellier, ou o vello sangue judaico que levaba nes ves...
(1) Véxanse os números 12 ó 15 d'iste boletín, onde principiou a publicación do soadissimo tratado do Francisco Sánchez. O Sr. Alberto Feio, de Braga, tivo a gentileza de nos remitir un número do Diario do Minho, d'aquela vila, onde ven un seu artigo rebatindo os argumentos do nosso compañeiro D. Xan Aznar Ponte sobre ter nascido en Tuy Francisco Sánchez. Trai partida de bautismo do filósofo, atopada e publicada polo Dr. José Machado e que se publicou no Boletim da Biblioteca Pública de Braga, tomo I, páxina 140. O Dr. Aznar Ponte era a quen competía, pois ten iste asunto.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716625.xml
NOS
Dr. MOSTEIRO
Médico Odontólogo
Medicina e Ciruxía da boca :- Eleatricidade :- Rayos X
A Clínica Dental mais compreta de Galicia :- Cantón Pequeno, I (Casa Pastor) A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
DROGUERIA E FARMACIA
Progreso esquina á Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
Do mais dura qu'os de pruma e limpa millor
Véndesa on todol-os estabrecimantos do ramo
Andrés Perille
OURENSE
Reloxería ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas
e accesorios
M. Calvino
OURENSE
Sombreireiría
L E M U S
A MAIS ECONÓMICA DE GALICIA
San Andrés, 74
A CRUÑA
VINOS RANDULFE de Bodegas Gallegas
Finos de mesa :- OS PEARES :- (Ourense)
SANATORIO QUIRÚRGICO. Direitores
Manuel Peña Rey
Ginecología e Partos
José Mosquera Blanco
Cirugia géral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten todal-as condiciós precisas. — Prauticase tode crás d'operaciós - Dotado de todol-os adiantos que pide a aulual Cirugía — Modernas istalacios de RAYO X pradiagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda. con voltaxe de 250.000 voltios. Aparello de Diatermia pra tratamento d'anextis, procesos inflamatorios, reumatismo, etcétera. Lámpara de cuarzo pra sol d'altilude e ultra-violeta pra tratamento d'escrofulosis, raquilismo, alopecias, eczemas, etcétera. Admitense embarazadas, e cóntase con material esterelizado pra fora da cibdade en casos d'urxencia - Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos direitores.
Progreso, 95
OURENSE
Teléfono 371
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE, LOS GALLEGOS blanco e tinto.
Macía e Valeiras, Apartado 18 -- (Ourense)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/115716618.xml
14
mais chegada á metá, ja non aturaba coa calor e as moscas quío viñan picar.
O comenzo foino resistindo, mais chegada á metá, já non aturou e brincou do altar embaixo e botou a correr pra casa. Os feigreses ficaron espantados, berrando:
Qué se vai o San Pedro! Qué se vai o San Pedro!
A misa dos difuntos (1)
O crego d'unha aldeia pasmábase de que todal-as noites tocaban as cámpáas, sen que ninguén soubera quen era o campaneiro.
Despois de perguntar a todol-os veciños quen cra o valente que quería velar unha noite ó que tocaba, ninguén se decideu a tan medoñento cárrego, e o crego non tivo mais remédeo que chamar un piquete de tropa, e perguntar quen era o valente que tiña decisión pra faguel-a garda de noite na eirexa.
Presentouse un diles e púxose á noite no altar mór, e pol-o meio da noite, víu unha das louxas que s'erguía, e saíu un crego que foi tocal-as campáas; o soldado amedrantado, lle non dixo cousa ningunha, mais ó vir de tocar, deulle o alto, mais o crego non fixo caso, e meteuse outra vez debaixo da louxa.
Pasou un pedazo, volveuse erguel-a louxa, e saíu o mesmo crego. O soldado enrabechou e pillando o fusil, dixolle:
—Ou te dás, ou mátote, e despois non volves tocar mais!
O crego respondeu:
NÓS
—Non toco mais, pro tesme quíaxudar á misa, e non tés que mirar nada pra trás en toda ela.
O soldado dixo que ben, emprincipiaron coa misa.
O comenzo foise sostendo sin ollar pra trás, mais chegado deicaamitade, já non pudo mais e mirou arredor, vendo con espanto quía eirexa estaba cheadas almas das persoas alí enterradas. Mirou outra vez, e já non viu nada, e o crego questaba dicindo a misa, desparecera.
Despois saíu da eirexa, contou ós veciños o que ll'acontecera, e morreu ós poucos istantes.
As astopas
Ur domingo, o crego d'unha aldeia mandou o sacristán que collera un cuartillo de gas e unhas poucas estopas, e candistivera íl padricando, que había ser tocantes ó inferno, rubira ó tellado, quitara unhatella, e pol-oburatofora botando pouco e pouco estopas ardendo. Principiou o crego o sermón, ¢ o sacristán a botar de cando en cando estopas acesas, e o crego dicia:
—Mirade, hastro demo sabe que estamos falando do Inferno!
Sigueu coa plática, e d'alí a pouco, advirteu quías estopas ardendo já non caían. D'aquela berrou:
— Anda Satanás! sigue botando mostras do teu lume eterno!
E o sacristán, que rematara co-as estopas respondeu:
Gas inda hai, señor Abade, mail-as estopas já acabaron!
RECOLLIDOS por Ñ TOMÁS CID g IGNACIO HERRERO ALUMNOS DO MAGISTERIO 0d
Refiren na Limia, qu‘indo unha noite o sacristán pechal-a eirexa de Lampaza ou Parada d'Outeciro, que n-esto non andan seguros, sinteu drento un grande estronicio, causado por un por-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571665.xml
BOLETÍN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VI Ourense 25 de Julio 1925 Núm. 19
O Dia de Galiza do ano 1923 pubricouse o número 18 de NÓS que moitos habían pensar, despois, se cadra, que fora o derradeiro. Dous anos xustos, a contraria sorte tivo parada a nossa obra, que tan pacenzudo esforzo e tan duro sacrificio nos custara, sen que n-iles deixáramos por un instante esmorecer-a arela do seu rexurdimento. A nossa fé volveu obral-o milagre, e NÓS volta outra vez a vida, hoxe, Día de Galiza de 1925.
Non precisamos unha nova declaración de principios, porqué mesma concencia da substantividade espiritual de Galiza — “categoría eterna” — qu'os feitos endejamais poderán desfaguer, porquéla ten unha realidade trascendente, criadora dos feitos, pra semprevividoira e inmorrente — esta mesma concencia de xurdia certidume qu'outrora nos trouguera á luz, é a qu'agora nos serve de guieiro.
Todos saben ben, asimade, o qu'o reaparecimento de NÓS quer dicir: a Renacencia galega, de cote ergueita x-en camiño pro conquerimento do futuro.
Por iso volve NÓS no Día de Galiza, n-iste Día de recollido pensar e de religiosa lembranza. Poida nosso traballo de positiva construcción engebre, espilir ós adormentados, quentar ós tépedos, soster ós dubidosos, recadal-o esforzo de todos prá Grande Obra común do erguemento da “nosa” cultura.
E co-esta fé fortemente aniñada no peito, repetimos como en 1920: “Pra ledicia de todos e pra ensino de moitos, sai hoxe NÓS.”
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/9e/9edf/9edff314-f340-40ce-a666-94d413e8a25d/11571664.xml
Motores & máquinas CELTA Marca Rexistrada
Suministros industriales — INSTALACIÓN
Gasolina, Petróleo, Aceites pesados SHELL
Cubiertas - Cámaras - Macizos BERGOUGHNAN - MICHELIN
JOSÉ RAMÓN PÉREZ CID
Progreso, 54 e 90 — OURENSE
Fabricación especial de toda sorte de Cristais Ópticos
Egecución esmerada das recetas dos señores Médicos Oculistas
(MARCA REGISTRADA)
Praza Maior, 18 — OURENSE
STUDEBAKER
Os mellores autos. Tres tipos de motores e quince de carrocerías. Somentes o Studebaker ten a capota DUPLEX, que consinte trocar en cinco minutos un coche aberto en pechado
REPRESENTANTE PRA OURENSE E PONTEVEDRA
Manuel Rasilla Salgado :-: Vilagarcía d'Arosa