https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717924.xml
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
ADEQUIRA
OS:NEROS
POR
FILOVEIRA VALVERDE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717922.xml
Gran Café Royalty
RUA PAZ NOVOA - OURENSE
NO MILLOR SITIO
O millor café e as millores bebidas
Orquesta e varietés
O preferido dos ourensans e dos forasteiros
ESTÁSE IMPRENTANDO
O MARISCAL
Lenda tráxica-histórica por
Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte
Apartado 67
Fernández, Torres e C.ª
FERROS -- ACEIROS -- FERRETEIRÍA
MAQUINARIA AGRÍCOLA
Linares Rivas, 12 A CRUÑA
DISPONÍBRE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571797.xml
NOS
acendendo un candieiro, un home sacando unha por unha cada unha das suas bolinas, un home deixando a cociña c'un candieiro de 1 C. P.
Voltou o home xurdir n-outro lado?
Loge de catro minutos, o lume do seu candieiro víase pol-o semicircular vidro semitrasparente riba da porta do páteo. A porta diu volta nos couzós. No aberto espazo xurdiu o home sen chapeu, co candieiro.
Obedeceu Stephen seu aceno?
Obedeceu, entrando docemente, axudou a pechar i-encadear a porta e següi 6 longo do hall a traseira do home e listados pés i-acesa candea, pasaron unha alumiada bufarda de porta e amodiño balxaron unha escaleira de caracol de cinco escalós, que levaba á cociña da casa de Bloom.
Qué fixo Bloom?
Matou o candieiro c'un soplido agudo na chama, puxo dúas cadeiras de piñeiro d'asento liso na pedra do lar, unha pra Stephen d: costas á fenestra, outra pra il cando lle cumprise, axoellouse n-un xoello, compuxo na reixa unha pira de gulzos resinosos cruzados, algús papeles de coores e polígonos mal feitos do millor carbón d'Abram a 21 shillings a tonelada, do almacén dos Sres. Flower e Mc Donald, num, 14 da rúa D'Ollier, puxo lume en tres puntas de papel c'un mixto, co que liberdouse a enerxía polencial contida no fogón por entrar o seu carbono e o seu hidróxeno en ceibe unión co ousixeno do áer.
En qué apariciós pol-o xeito malinaba Stephen?
Sobre d'oultras en calquera lado, cando axoellado n-un xoello ou nos dous, acendia lume pra il, do irmau Michael na enfermería do Colexio da Compañia de Xesús en Clon. gowes Wood. Sallins, condado de Kildare; do seu pai Simón Dedalus, n-un desalaxado carto da sua primeira residencia en Dublin, núma- ro 15 da rúa Fitzgibbon; da sua Madriña Miss Kate Morkan na casa da súa difunta irmá Miss Xulia Morkan, no 16 Usher Island; da sua nal Mary, viuda de Simón Dedalus, na cociña do 12 da rúa North Richmond, na mañá da festa de San Francisco Xavier, 1898; do Direitor de Estudos, Padre Butt, no anfiteatro de físeca do Colexio universitario, 16, Stephen's Green. N; da sua irmá Dilly na casa do seu pai en Cabra.
Qué pudo ollar Stephen erguendo a vista á outura da lapa, na parede oposta?
Debaixo d'unharingleira de cinco campaiñas, unha corda combada estesa antre dúas grapas postas nos socalcos da chemineia, da que penduraban catro pequenos panos cadrados dobrados consecutivamente en reutángulos adxacentes e un par de calcetas gris de muller con corchetes de ligas Lisle e pés na sua adoitada posición, descansando en tres clavixas de pau, duas nos cabos e a terceira no punto d'unión.
Qué mirou Bloon na reixa?
A dereita (mais pequena) penduraba un cazo de porcelana azul; á esquerda (mais longa) unha cazola de ferro negro.
Qué fixo Bloon?
Removeu o cazo á esquerda e levou a cazo- la pr'o fregadeiro pra lapal-a corrente ó abril-o grifo.
Correu a i-auga.
Correu. Do Depósito de Roundwood no condado de Wicklow d'unha capacidade cúbica de 2.400 millós de galos, percorrendo o longor d'un aqiieduto por balxo da terra de filtros principás de simpre e dobre tuberia feitas asc. gún un plan inicial ó coste de 5 pesos por yarda lineal pol-o trayeuto de Dargle, Rathdown, Glen de Downs e Callowhill ó depósito de 26 acres en Stillorgan, unha distancia de 22 millas, e dend'ali ó longo d'un sistema de cada vegada móres tanques, d'unha extensión de 250 pés deic'o lindeiro da cibdade na ponte d'Eustace, sobra rúa Leeson inda que nos vraus. de moita seca e c'un gasto diario de 12
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717917.xml
NOS
Traballo anual.—Nuevos documentos para la historia del patronato Jacobeo, 2 Febreiro. Comunicazóns.—Narraciones de la perigrinación a Santiago, 15 Marzal; Ceremonial de entrada de los Arzobispos compostelanos, 5 Abril.
1924-1925
Traballo anual.—A eirexa románica de San Mamede de Moldes, 4 Outono. Comunicazóns.—O leatro en Santiago nos escomenzos do século XIX, 25 Outono; A lenda do paxaro da Armenteira, primeira conferencia, 24 Santos; Os nenos, 14 Febreiro; A sage d'el Rei Branel, 18 Abril; A festa dos maios na Galiza, 30 Abril.
1924-1925
Traballo anual.—A paisaxe no Canzoeiro da Vaticana, 23 Outono; Alendada Armenteira, segunda conferencia, 5 Nadal; O Vigairo, 27 Febreiro; Os soños de Alain, 17 Abril.
Ramón Martínez Lopez
1923-1924
Ingreso.—Una carta de la Emperatriz Isabel al concello de Santiago sobre la victoria de Túnez, 10 Santos.
1925-1926
Traballo anual.—La industria de la salazón en Galicia, 20 Outono. Comunicazón.—Unha nota bibliográfica, 6 Febreiro.
Manuel Magariños Negreira
1923-1924
Ingreso.—A Reguela, 16 Santos.
Lois Tobío Fernández
1923-1924
Ingreso.—Unas monedas castellanas halladas en el Valedouro, 25 Santos.
1924-1925
Traballo anual.—O testamento de Froitoso de Ulloa, 22 Marzal.
1924-1925
Traballo anual.—Proclamación de Felipe II en Viveiro, 11 Outono. Comunicazóns.—Sobre el Colegio Seminario de Viveiro, 8 Santos.
1925-1926
Traballo anual.—A eirexa románica de Santa María de Viveiro, 16 Xaneiro. Comunicazóns.—Viveiro no século XVI, 17 Abril.
Xosé María de la Fuente Bermúdez
1923-1924
Ingreso.—A socioloxía de Follas Novas, 12 Xaneiro.
Manuel Banet Díaz Varela
1923-1924
Ingreso.—A nova organización de Galiza na futura división nacional, 25 Xaneiro.
Xosé Pena e Pena
1923-1924
Ingreso.—El Puente de Vidán, 9 Febreiro.
Vicente Risco
1923-1924
Ingreso.—O Castro de Caldelas, 16 Febreiro.
1924-1925
Traballo anual.—O bufón d'el Rei, 24 Xaneiro.
Comunicazóns.—Preito dos veciños de Caldelas co Conde de Lemos, 21 Febreiro.
1925-1926
Traballo anual.—Ensaio de un catálogo da lingua galega, 30 Xaneiro. Comunicazóns.—Discurso necrolóxico de C. Michaelis, 14 Marzal.
Fermín Bouza Brei
1923-1924
Ingreso.—En col do arte rural galego e unha das suas manifestazóns, 5 Abril.
1924-1925
Traballo anual.—Necesidade de unha revisión das obras de Pondal e novos datos pra a sua biografía, 16 Santos.
1925-1926
Traballo anual.—Notas de prehistoria galega, 21 Santos.
Florentino López Cuevillas
1923-1924
Ingreso.—A edade do ferro na Galiza, 18 Abril.
1924-1925
Traballo anual.—As mámoas do Concello de Lobelra, 25 Outono.
Comunicazóns.—Ensaio de catalogación dos castros galegos, 7 Febreiro.
1925-1926
Traballo anual.—Varias papeletas para a catalogazón dos castros galegos, 5 Nadal.
Alfonso Rodríguez Castelao
1923-1924
Ingreso.—O novo espírito.
1924-1925
Traballo anual.—Cousas, 16 Maio.
1925-1926
Traballo anual.—Deseños pra vestiren dous monecos os traxes da bisbarra de Santiago con destino ó Museo Etnográfico, 1 Maio.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717913.xml
NÓS
chegada do renomado xefe foi saludada por un trono de berros da disforme moitedume, as donas vicereais axitaron seus panos ó tempo qu'os mais escilabres delegados estranxeiros armaban unha misturanza de berros: hod, banzai, eljen, zivio, dinchin, pollo Vironia, hiphip, vive, Allah, antros qu'o soante evviva do delegado da terra do canto (unha oula dobre F. lembrando equilas penetrantes e felticelrasnotascasquales o eunuco Catalani es noses tataralatareboas) era apenas ouvido. Eran precisamente as oito. O sinal d'orazón foi dada por megaphono e de súpeto total-as testas quedaron núas, sendo removido pol-o conselleiro médico do cortexo Dr. Pippi o chapeu patriarcal do comendador qu'estaba en posesión da familia dend'a revolución de Rienzi. O sabio prelado queministrou as derradeiras axudas da santa relixión ó mártir preto da morte axoellouse co mais cristiano espírito n-unha charquela d'auga de chuva, coberta coa sotana a branca testa l-ergueu ferventes oracións ó Altísimo. Esgrevia, a carón do auto lallo, estaba a terrible figura do verdugo ca testa metida n-unha ola de 10 galós con dous buraliños redondos por onde uns ollos miraban furiosamente. Agardando o sinal fatal, verificaba o fio da sua horrible arma asentándoa no seu amorrenado antebrazo, ou decapiteba alxiña un tras outro unha grea de carneiros fornecidos pol-os admiradores do seu cruel mais necesario ofício. Preto, riba d'unha fermosa mesa de caoba, estaban lindamente dispostos, o coitelo pra escuarlizar, as ferramentas de diferentes temples (especialmente fornecidos pol-o fabricante de Sheffield Mr. John Round and Son, sonado no mundo inteiro) pra estraer as entranas, unha tarteira de terracota pra recepción do duodeno, colon, cego, apéndice, etc. cando foran sucesivamente tirados e dúas cómodas xerras do leite pro sangue da preclosisema vílima. O camareiro da casa amalgamada de cás e galos agardaba pra levar istos vasixos cheas á benéfica institución. Unha fina comida composta de torrixas, ovos, talladas fritidas e cebolas deliciosas e quentes bolos d'almorzo e té vigorizador, fora disposta pol-as autoridades pr'o consumo da figura central da traxedia, a qué, erguéndose c'unha abnegazón rara n-istes tempos espresou seu desexo derradeiro (que foi alxiña ademitido) de que mandaran os pratos por partes iguais ós membros das asociacións protectoras de doentes e indigentes coma proba d'oula estimonza. O nec e non plus ultra da emoción abranguerónse cando a sinxela noiva rompendo por antir-as pretas fías da xente, botouse no peito musculoso do qu'estaba a piques de qu'o botaran na eternidade pra a súa satisfacción. O héroe lacrimando a sua figura en aperta d'amor marmullo: Sheila, my own. Logo animado pol-o uso do nome cristiano beixou apaixoadamente total-as áreas da sua persoa que a decencia permite precurar con ardor. Ela dixo misturando as verbas c'un río de bágoas qu'endexamais s'esquecería do héroe que viña á morte cantando coma se fose pra un ledo macht no parque de Clonturk. Lembrou cando eran nenos, os pasatempos dos dous nos bancos de Anna Siffey con tal forza que riron xuntos, e todol-os espectadores, incruso o pastor, xuntáronse n-unha alegría xeral. Mais logo todos verteron rios de bágoas pol-os condutos lacrimais, sendo o vello pastor dos mais emocionados. Hombres grandes coma bois, oficiais de paz e xigantes da real constabulary d'Irlanda fixeron uso dos seus panos, i-é satisfaitorio dicir que non houbo ollo enxoito. Foi un caso mais romántico; cando un fermoso rapaz graduado en Oxford, sonado pol-as suas fazañas cabaleirescas en col do belo sexo, adiantándose presentou a sua tarxeta, o seu libro de cheques i-arbre xenalóxico, solicitando a mau da abandonada rapaza, pidindolle que dixera data e sendo inmediatamente aceptado.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157179&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717916.xml
14
SEIZON DE INFORMAZONS
X. Manoel Magariños Negreira.
Xulio Cordal Carus.
Socios Fundadores
Armando Cotarelo Valledor, Fermín Bouza Brei, Lois Tobio Fernández, Xosé Filgueira Valverde, Ramón Martínez López, X. Manoel Magariños Negreira, Xosé Pena e Pena. Francisco Romero Lema, Wenceslao Requeixo Buet, Alberte Vidán Freiría, V. Requeixo Cambeses.
Socios asesores
Mestres Drs.
Armando Cotarelo e Valledor, primeiro presidente; † Manoel Lago e González, presidente de honor; Salvador Cabeza de León, presidente; actual: Lois Iglesias, diretor da Seizón de Cencias Naturás.
Socios de número por orde de ingreso
1. Armando Cotarelo Valledor; 2. Xosé Filgueira Valverde; 3. Ramón Martínez López; 4. X. Manuel Magariños Negreira; 5. Lois Tobío Fernández; 6. Xosé Pena e Pena; 7. Salvador Cabeza de León; 8. Xulio Balboa López; 9. Xoaquín Xil Armada; 10. Xavier Pardo Bedía; 11. Lois Iglesias; 12. Lois Feixoo Sánchez; 13. Lois Santaló e Rodríguez de Viguri; 14. Urbano Lousada; 15. Victoriano Taibo; 16. Eduardo Lence Santar e Guitián; 17. Salustiano Portela Pazos; 18. Pierre Ledevin; 19. Fr. Samuel Eixán; 20. Mariano Tito Vázquez; 21. Francisco Asorey; 22. Camilo Díaz Balliño; 23. Lois Catá.
Socios correspondentes por orde de ingreso (1)
Xosé María de la Fuente Bermúdez. * Manoel Banet e Díaz Varela, Vicente Risco. Fermín Bouza Brey, * Fermín López Cuevillas, Alfonso Rodríguez Castelao, Angel del Castillo López, Manuel Lugris Freire, Antonio Lousada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Xohan Rof Carballo, * Leandro Carré Alvarellos, Gonzalo López Abente, Ramón Cabanillas, Antón Noriega Varela, Xoaquín Airas Sanxurxo, Xoaquín Lourenzo, Antón Magariños Granda, Anxel Romero Cerdeiriña, Alfonso Herbella Courel, Lois Ksado, Xohán M. Saenz Mon, Xosé Novás.
Socios aspirantes por orde de presentación
N. Requeixo Cambeses, fundador; Wenceslao Requeixo Buet, fundador; Alberte Vidán Freiría, fundador; Xohan Pérez Millán, 27 Outono
(1) Os sinalados ca * pasaron a socios correspondentes por estare ausentes de Compostela.
1923; Fr Manuel Bandín Hermo, 27 Outono 1923; Carmen Sierra Domínguez, 10 Santos 1923; Manoel Banet Fontenla, 10 Santos 1923; Manoel Taboada Roca, 16 Santos 1923; Antonio Taboada Roca, 16 Santos 1923; Xoaquín Fontes, 11 Outono 1924; Antón Vilar Ponte, 11 Outono 1924; Luisa Cuesta Gutiérrez, 18 Outono 1924; Constantino Candelra Pérez, 25 Outono 1924; Xullo Cordal Carús, 25 Outono 1924; Valeriano Villanueva, 25 Outono 1924; Antonio Villanueva de Castro, 25 Outono 1924; Feliciano Rolan Vicente, 25 Outono 1924; Fr. Atanasio López, 29 Outono 1925; Enrique Ramos Fernández, 7 Santos 1925; Xosé María Castroviejo e Blanco Cicerón, 7 Santos 1925; Secundino Lugrís González, 7 Outono 1925; Celestino Noya González, 7 Outono 1925; Pedro Isaac Rovira Carreró, 14 Outono 1925; Pedro Varela País, 21 Outono 1925; Xosé Inacio Poch e Gutiérrez de Caviedes, 21 Outono 1925; Evaristo Correa Calderón, 28 Outono 1925; Felipe Fernández Armesto, 5 Nadal 1925; Isidro Parga Pondal, 5 Nadal 1925; Alexandre Rodríguez Cadarso, 5 Nadal 1925; Manoel Portela Valladares, 16 Xaneiro 1926; Robustiano Sandes Otero, 20 Febreiro 1926; Manoel Silva Ferreiro, 6 Marzal 1926; Lois Bouza Brei, 1 Maio 1926; Casto Sampedro e Folgar, 1 Maio 1926; Xohan Lois López, 1 Maio 1926; Manoel Puente Castro, Pedro Boo Pita, 10 San Xohan.
Socios de nomeamento non comunicado aínda
Mestres Drs. Frankowki e Phileas Lebesgue.
TRABALLOS PRESENTADOS
Armando Cotarelo Valledor
1923-1924
Ingreso. - «El convento de San Francisco de Cambados», 27 Outono.
Traballo anual. - «Elia Flaccilla Augusta», 1 Nadal.
Comunicacións. - «Homenaje poético en 1877...», 19 Xaneiro; «La juventud del P. Felix», 23 Febreiro; «Un gallego en La Florida», 5 Abril; «Hostia», pantasia tráxico-histórica, Maio.
1924-1925
Traballo anual. - «Un villancico galego», 4 Outono.
Comunicazón. - «Un romance galego», 15 Santos.
1925-1926
Traballo anual. - «Un arcebispo galego descoñecido», 30 Xaneiro.
Xosé Filgueira Valverde
1923-1924
Ingreso. - «Fiestas compostelanas en honor de S. Pío V», 3 Santos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717920.xml
caracteriza pol-a zona xeográfica que ocupan os seus megalitos e pol-a especial modalidade que imprime os elementos alleeiros.
Non queremos rematar istas liñas sen espresar o noso degorante desexo de ollar incorporado o Dr. Perico, oxe catedrático da Faculta de de Filosofía e Letras de Compostela, á tarefa de investigación das nosas antigüidades prehistóricas. Home que tanto e tan fortemente leva traballado en prol da cultura catalana, non pode deixar de axudar ca sua experiencia, co seu saber e co seu talento, os que n-ista terra, e sentindo as mesmas arelas que cecais il sinte, andamos a erguer unha miga o creto esmorecido da Galiza.
F. L. C.
BULLETÍ DE L'ASSOCIACIÓ CATALANA D'ANTROPOLOGÍA, ETNOLOGÍA I PREHISTORIA, Volum tercer - Fascicle 1-Barcelona, 1925.
La caverne sepulerale du Trou de Vivies a Narbonne. A Schulten - Una Descripción desconocida d'Emporium (Salusti, Hist. III, 6). Joan Amades: El ball de les gitanes. Bibliografía e Notices. Particularmente interesante pra nos o baile dos xilanos que non deixa de ter imitanzas na nosa terra (os balles de cintas), e na bibliografía o traballo de D. Manuel Cazurro «La riqueza en metales preciosos de la España Antigua» Memorias de la Academia de Ciencias y Artes de Barcelona, en que se ocupa do ouro galego.
ANACLETO CABEZA - UNA SERIE DE 17 CRÁNEOS PROCEDENTES DE LA ISLA DE MINDANAO, separata das Actas e Memorias da S. E. de Antrop. Etnogra. y Prehistoria, Madrid, 1927.
Interesantísimo estudo antropolóxico de cráneos de Mandaya, Bagobo, Manobo, Tagacaolo, Alta, Bilan Samal, Negrito, Moro e Subano.
Os cráneos en cuestión foron donados polo autor a Universidade de Compostela, onde deben atoparse.
Moita sería a nosa ledicia se o Sr. Cabeza que é galego e de caste de bós galegos adicara algunha parte do seu tempo e do seu moito saber o estudo da nosa antropoloxía que tanto precisa de investigadores serios 1-enteirados.
F. L. C.
NÓS
REVISTAS
BIBLOS, revista da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra, Xaneiro e Fevereiro, 1926.
Soberba publicación da grande e nobre Universidade portuguesa, que nos visita por primeira vez, e que é merecente da nosa mais fervente acollida.
Non somente está n-ela representada brillantemente a ciencia e a erudición portuguesa, senón que n-un amplo senso de colaboración espiritual, procura unha aproximación co pensamento xermánico a meio do Instituto Alemán da Universidade de Coimbra, cuxo boletín forma parte d'esta revista, que xa a miúdo insertaba traballos en lingua alemá. Dixérase que o espírito de D.ª Carolina Michaelis de Vasconcelos, onde tan ben s'axuntaron os dous espíritos, orienta este labor. Tral, polo tanto, copiosa bibliografía alemá, de libros e revistas.
O sumario d'iste duplo fascículo da Biblos é o seguinte. Os judeus portugueses sob o dominio dos Felipes (III) polo Dr. Mendes dos Remedios. - A propósito do Infante Santo en Fez, polo Dr. Davial Lopes. - «Os reservados» da Biblioteca da Universidade de Coimbra, por Esneto Donato. - Biblioteca de Biblos. - Livros de Portugal. - Varía. - Boletim do Instituto Alemão.
Non saberiamos encarecer a utilidade d'esta revista prós nosos estudosos.
S. N.
NAÇÃO PORTUGUESA.
VELEIQUI os números 9, 10 e 11, da serie actual, que o pensamento e ainda as verbas d'Antonio Sardinha siguen mantendo, enchendo as suas páxinas d'un insistente doutrinari-
mo antiliberal. N-esto habría moito que comentar, que surte fora d'unha notiña bibliográfica.
Ensayos e outros escritos do Sardinha, ou en col do Sardinha; un interesante traballo do Pequito Rebêlo: As falsas ideias clarasen economía agraria; escritos de Manuel Muriss, Jackson Figueiredo, Hipólito Raposo, J. da Cunha Saraiva César de Oliveira, J. Osorio de Oliveira, etc. e as notables notas políticas e literarias da Crónica do mes e das outras secciós xeraes.
PARIS CONFERENCES.
NÚMEROS 5, 6 e 7, coa reseña das conferencias da Universidade Aleixandre Mercereau qu'outro día hemos reseñar.
Imprenta LAR. Real, 36 - A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717919.xml
NÓS
Eduardo Lence Santar y Guitián
1925-1926
Ingreso. — «La Santa Hermandad», 24 Abril.
Salustiano Portela Pazos
1925-1926
Ingreso. — «Las hermandades gallegas en el siglo XV», 30 Abril
Xoaquin Lourenzo
1925-1926
Ingreso. «O carro galego», 1 Maio.
Antonio Magariños Granda
1925-1926
Ingreso. «Acougos», poemas, 1 Maio.
Pierre Ledevin
1925-1926
Ingreso. «L'ame bretonne», 12 Maio.
Fr. Samuel Eixán
1925-1926
Ingreso. «El franciscanismo literario en Galicia», 22 Maio.
Anxel Romero Cerdeiriña
1925-1926
Ingreso. «Unhas notas sobre o rupestre na bisbarra de Ourense», San Xohán.
Alfonso Herbella Courel
1925-1926
Ingreso. «Colleita de romances galegos», 10 San Xohan.
Mariano Tito Vázquez
1925-1926
Ingreso. «Sono», Oleo, 10 San Xohán.
Loís Ksado
1825-1926
Ingreso. «Aportazón fotográfica á Catalogazón de moimentos», 10 San Xohan.
Francisco Asorey
1925-1926
Ingreso. «O Códeo Compostelán», escultura, 10 San Xohan.
Camilo Díaz Baliño
1925-1926
Ingreso. «Ara-Gael», grabado, 10 San Xohan
LIBROS
P. Bosch Gimpera - LA MIGRATION DES TYPES HISPANIQUES À L'ÉNEOLITHIQUE ET AU DÉBUT DE L'ÂGE DU BRONZE, separata da Revue Archeologique. Paris 1925. Éditions Ernest Leroux (con catro mapas.)
Desbotando toda idea relativa a grandes invasións e cinguiñose a hipótese de peque-
nos desprazamentos de pobos e mais ainda a pacíficas e vagorosas relazóns comerzás, estuda o ilustre profesor de Barcelona o inzamento cara o N. (Francia) e cara o L. (Italia, Cerdeña e Sicilia) de diferentes tipos propios do neolítico peninsular e dos primeiros tempos do bronce.
Dous son pra Bosch, os principais axentes de iste inzamento: a cultura pirenaica, por cuio intermelo pasa o vaso campaniforme o Rhin e mais Alemaña e o val do Danubio e mais tarde ca invasión dos braquicefalos do rounds - barrows, a Inglaterra, e a civilización megalítica lusitano-galaica que infruíe considerabremente no circo armoricano e das illas Británicas.
Pasado iste período de prepodenza peninsular e xa na plena Idade do Bronce o centro da civilización parez trasladarse o N. da Europa (Alemaña, Scandinavia) e oval do Danubio, cousa que ven espricar o esmorecemento, observado nos nosos inventarios da época devandita e a falta n-iles dos tipos intermedios da evolución dos machados.
Semellante decadencia non remata se non nos fins do Bronce, nos que se comproba un forte rexurdimento que ten por teatro principal a Andalucía e que sen dúvida é debido a pre-cura do estaño peninsular pol-os pobos da vel-ramar mediterránea.
E inutel facer notar o intrés que pra Galiza encerra iste traballo que ven por ó día e de un xeito sistemático dous dos problemas mais importantes da nosa prehistoria: o das nosas relazóns co circo armoricano-irlandés e cos países do Mediterráneo, problemas que de coto teñen preocupado os investigadores rexionais.
En col do método, do xeito de esposizón e da bibliografía, non hai ren que falar, pois de abondo son coñecidos o prestixio e maisima autoridade que pol-a sua sabenza e pol-o seu talento goza o profesor Bosch en toda a Europa.
F. L. C.
I. luís Pericot y García - LA CIVILIZACIÓN MEGALÍTICA CATALANA Y LA CULTURA PIRENAICA, Publicazóns da Universidade de Barcelona, Barcelona, 1925, (con 40 figuras e 17 láminas o fin do testo.)
Vélaquí un libro de prehistoria modelo acabado e perfecto de método, de esposizón e de claridade.
Divide o Dr. Pericot a sua laboura en dúas partes, adicada a primeira a civilización megalítica catalana e a segunda as restantes zonas pirenaicas e as conclusións.
Os dous asuntos están tratados maxistralmente e cun orde admirable e ilustrados a fartura con reproduzóns de sepulturas e de material.
Xurde nidiamente amostrada n-iste libro a persoalidade da cultura pirenaica que o autor
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571793.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VIII ★ Ourense 15 Agosto 1926 ★ Núm. 32
LELIAS AO TEU OUVIDO
O pumariño da noite quer froitificar estrelas.
O tanxer de ista cantiga é a siñal para alcendelas...
—jay meu amor—
...é a siñal para alcendelas
Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar,
no, seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar...
—jay meu amor—
...de herbiñas de namorar.
As nove ondas do ensono espreitan co seu engado
pra enguedellar a toleira de ista noite de noivado...
—jay meu amor—
...de ista noite de noivado.
Bisi ao fontegal da espranza, antes de que saia o día
iremos enguedellados catar a frol da auga fría...
—jay meu amor—
...catar a frol da auga fría.
Ao alén!, que no pumariño madurecen os luceiros;
nosos dous curazós beilan tolos nos ledos turreiros,
ay meu amor;
no labradío das ondas albea a frol do luar,
lámpada para o teu leíto de herbiñas de namorar,
ay meu amor;
si algún malfado nos fire axolaremos o mal
a bicos, jouh caramiña de un virxe caramiñal...
—jay meu amor—
...de un virxe caramiñal.
F. BOUZA BREY.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717921.xml
Dr. MOSTEIRO Médico Odontólogo Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia SÁNCHEZ BREGUA, 51.º A CRUÑA
LUIS FÁBREGA DROGUERÍA E FARMACIA Progreso esquina a Luis Espada OURENSE
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM De mais dura qu'os de pruma e limpa millor Véndense en todos los establecimientos do ramo Andrés Perille - OURENSE
Reloxeria ZENITH Máquinas parlantes, Discos, Agullas e Accesorios M. Calviño OURENSE
A mais económica de Galicia MERQUE VOSTEDE SÍNTESE XEOGRÁFICA DE GALICIA por Ramón Otero Pedrayo
SANATORIO QUIRURJICO DIREITORES Manuel Peña Rey Ginecología e Partos José Mosquera Blanco Cirugía geral Especialista na gorxa, naríz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten todas as condicións precisas. -- Practícase toda clase d'operaçións. -- Dotado de todos os adiantos que póde a actual Cirugía. -- Modernas instalacións de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda, con valiase de 200.000 volts. -- Aparello de Diatermia pra tratamento de Axexes, procesos inflamatorios, reumatismo, etcétera. -- Lamprea de carbono pra sol d'aflicción e alza violeta pra tratamento d'escorbuto, raquitismo, alopecias, eccemas, etcétera. -- Ademais cabarazas, e clínica completa d'analyses. -- Tratamento d'urxencia. -- Poden colaborarem idól-os compañeiros, previo consentemento dos directores.
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto Macía e Valeiras, Apartado 18-- Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717914.xml
ARCHIVO FILOLOXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA
ETNOGRAFÍA
A SEMANA SANTA EN OIMBRA
Miércoles Santo. - Pra facel-o moimento dividese a xente en dous bandos e forman unha terceira cos do Rosal (anexo da parroquia). Fano c'unha grade que hai pra eso na eirexa coberta con colunas brancas e no centro unha de coor, caxeque sempre bermella. Esta grade súbena con catro roldanas deic o retablo, e dos lados penduran sáboas ata o chao. Debaixo d'esto e coincidindo coa mesa do altar, forman un escadoiro coberto tamén con sáboas, e poñen por ela arriba dúas ringlas de santos, e no primeiro peldaño, unha imaxe de Xesús pra adoración da Cruz.
Xueves Santo. - A mañá hai a misa con procesión por adentro da eirexa, e cando a procesión pasa por frente á porta principal, no istante de chegar a ela o Santísimo, abren a porta con estrondo uns guardas que lle dan escolta namentras dura a procesión.
Os guardas van vestidos c'un pano ou mantón de crespón, millor si fose dos de Manila, botado c'unha punta sobr'a testa, de xeito que o fleco lle tape a face pra que non os conozan, e suxeto co chapeu adubado con frolas artificiais e anodado d'una gran fita de seda, das mais vistosas coores; unha lanza c'una rella e o pau coberto de fitas de seda de varias coores, presas nos cabos con lazadas do mesmo, de xeito que somentes a lanza e a rella queden descobertas, e un sable desenvaínado forman o seu armamento. Por certo qu'iste ano derradeiro, os gardas levaron traxes de crudillo castaño por haber xa por eiqui ben poucos panos de crespón.
A+ que rematou a misa, os guardas en dúas fías dan custodia á imaxe de Xesús qu'está no moimento e serve pra adoración da Cruz. Aínda siguen elí firmes todo o serán, sen rebullir e coa obriga de rezar 40 credos, namentral-a xente fal as cruces, na eirexa. Siguen no seu posto namentral-o oficio das iréboas, e non permiten que ninguén chegue ond'o moimento, agás os penitentes e os que han levar a Cruz. Cando apagan a derradeira luz do candieiro litúrxico, en lugar de carracas e trécolas, os guardas baten co-as puntas das rellas no enlousado, metendo un ruldo infernal e sacando grandes moxenas na pedra, namentral-a xente berra e asubia, volven as luces e sai a procesión pol-o orde seguinte:
Van os penitentes en ringla, e atrás d'eles tres homes n-un frente coa cruz, as escadas e os fusiles, custodiados pol-os guardas.
Os penitentes levan un pano coor de rosa atado ó pescozo, por dúas puntas e abaixo pol-o tercio superior do muslo; o calzoncillo remangado alo punto do pano, descalzos e a testa coberta c'un chapeu ancho tapado c'un pano de seda de xeito qu'as puntas lle tapen o face pra que non os conozan, e van de xionllos, ou a gatas toda a procesión. Os que levan a cruz van c'una enaguo de muller atada á cintura c'un sedeño que da 10 ou 12 voltas, e o resto do corpo en coiro e descalzos, e na testa unha coroa d'espiñas e un trapo tapando a face. Un leva a cruz en que han cravar pr'o outro día o Nazareno; outro as escadas do desencravo e o outro representa o Bon Ladrón. Os fusiles son dúas escopetas aladas unha á outra pol-os canos e postos nos hombreiros ispidos do home, que leva os brazos atados ás culatas. Co-a volta da procesión á eirexa remala a función do xueves.
Viernes Santo. - Os guardas van de loito: chapeu negro sen adubio, pano de merino negro, lanza con filas mouras. Asisten á meia misa e ó alzar, pónse xionllo en terra e tiran co sable, e quedan asina ata consumir. Y-entón foxen correndo da eirexa.
Ás nove da mañá, é o Encontro: Diante da reitoral poñen un púlpito. Sai o Ecce-Homo n'una anda e un xudio c'una gran moca na mau. Levan a anda catro mozos con gorros de feiltra cónica e fumando cigarros puros. Deirás van tres rapazas novas vestidas con traxes de mahón, chorando (as tres fillas de Sião), e diante e por outros sitios ocultos dous homes cos mesmos traxes das fillas de Sião tapadas testa e face con gorros cónicos, un tocando unha bocina (pro que empregan o tubo d'una máquina d'encher chourizos) e outro un tambor; os guardas protexen os da procesión e manteñen o orde. O demais é coma n-outros lados. As imaxes son de certo valor, e teñen brazos e testa articuladas que fan varios movementos que conmoven á xente, quen canto ven mover a San Xoán ou abril-os os brazos á Virxe, choran coa gran desconsolo.
Serán fan o Desencravo na eirexa, e os guardas van na procesión do Santo Enterro ond'a urnia, que se deixa na capela do Pilar, qu'esta arredada da eirexa.
Os guardas e os penitentes son ofrecidos que van pra purgar-os seus pecados.
PEDRO GONZALEZ PRADA
Olmbra Malo 1925.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717923.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 kilómetros de Vigo e a 20 das estaciós de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571794.xml
B O R E A S
A LBOR, quer decir escomenzo, craridade, lus nova. ¡a lus, visibel ou invisibel é a áne-ma do mundo. As suas vibraciós fan cór, fan liña, fan forma, fan pensamento, fan vida.
A paisaxe n'está soilo nas cumiadas e pen-dores, nas arbres e nas augas. Está lamén no ceo, na lumiosidade da outura, nos refrexos que arranca, no soplo vital que pon en canto chinca. Terra e mar son súbditos da lus, sumisos sempre a seguiren o seu tono; artesans que baixo a sua voz compoñen a gran sinfonía da natureza.
Esta lel de correspondencia antre o seitor alto e a parte inferior da paisaxe foi ben coñecida e praticada pol-os pintores holandeses, os que mais deberían influenciar por afinidades de lus nos futuros artistas galegos. Ruysdael, Hobbema, Poller, reproducen sempre esalamente no chan as nodoas i as tintas do ceo.
Un pedazo de terra, quemada de séculos, despoboada, antoxóuseme no frescor da mañán, nos cendais, de brétema que puxera recente chuva, que tiña, no regato sedento antre mortas valgadas e na rara vexelación, as perspectivas dun cadro do Norte. A alma inten-sa, tráxica, adoecida do planalto fuxira diante das fecundidades de auga. O horizonte frocara por galas de bonitura o seu intrés de gran-deza atormentada.
O arte cláseco -euritmia, predominio da liña, medida que xurde espontánea dos ollos- nas-ce dunha lus cegadora que mata as córes, que afía as aristas, que presentando só contornos permite reparar a mais nimia irregularidade. Velehi o equilibrio soverán do gran tempro de Karnac, d’Acropolis, dos moimentos do Nilo. Requiren base uniforme alonxada de todo accidente, e igoaldade no ar.
Na pedra -inmovilidade e perennidade- busca o pensamento - os seus módulos - arquilectura e escultura-. Son as artes da serenidade, son Homero, Sócrates, Zenon, o espirito da Grecia sen o viaxeiro Dyonisos.
E por iso a pintura nasceu no Norte. Endenantes a policromía -oposición de córes- representaba todo o contrario do que a pintura, figazón e desvanecementos, representa.
Vivimos nosoutros en mol soavidade, sen que ren nos fira de fora, nunha constante afabilidade -outra vez volta ante min o recordo dos Países Baixos- en repouso sensual, en tépedo agrado do mirar. Unha luz húmida, esmerilada, deixamos contemplar en quietude eiscesiva o mundo exterior e lévanos a nos recoller naquelas vagas sentimentales intimidades do espírito que constituino o xenio da nosa Rosalia. Canto mais chove mais pra dentro miramos. A saudade galega fórmase como as nubes, de vapor d’auga, que a vegadas cállase nos ollos.
Os pobos i as razas son a Geografía, i a Geografía pódese dibuxar, pol-a lus.
Non falemos demasiado, pois, da paisaxe galega, senón de humidade galega, de lus galega para eispresarmos o noso carailer, para lusgar canto nos arrodea.
E así alcontraremos que cando ven o vento de Boreas limpando o ceo, secando o chan, cravando as suas agullas, panorama e homes pasamos a outras actividades e ingresamos nun ritmo diferente. Sentimos firmes os pés, podemos avanzar, podemos saltar i entrámos degaros de facer, de traballar, de progresar.
Estonces lembramos de que as nosas rías teñen semellanzas cos deseños da gran península da civilización antiga, que pol-os nosos mares pasou a Helade e comprendemos o culto d’Apolo, a festa de San Johan, o reino do Sol.
É un contraste, unha compensación, unha harmonía plea de posibilidades que eixiste na alma galega.
Pra esta hora de anovamento, neste albor da nosa terra, desexo os ventos do Norte, secadores, que queimen moitas cousas que nos abafan, que nos fagan marchar e nos aguilloen pra ir de présa.
M. PORTELA VALLADARES
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717911.xml
NÓS
repelida comenencia (menstruación) da femia simia e (mais especialmente) humana estesa dend'a pubertade deic'o retiro da regra: os casos inevitabres na mar, nas minas, nas xuntanzas dos gremios; certas terribres doenzas i-as operacións quirúrxicas que xurden d'elas; o lunalismo conxénito e a criminalidá nativa, padem'as esgotadoras; cataclismos catastróficos que dan medo ó cimento da mentalidade humana; tremores de terra que localizan os seus epicentros nas zonas mais poboadas; o feito do crescimento vital ó longo das convulsións dos cámbeos, dend'a infancia, pol-a madureza delic'a decadencia.
Por qué s'afastou da especulación?
Por ser un gosto pra intelixencia superior o trocar outros fenómenos mais aceitabres en lugar de remoer os fenómenos menos aceitabres.
Tomou parte Stephen no seu afastamento?
Il afirmaba a sua sinificanza com'un coscente animal racional, indo siloxistecamente do coñecido ó descoñecido, e un coscente reaxente racional ant'un micro e un macrocosmos inelutabreme afirmado sobr'a incerteza do valeiro.
Tiña parte Bloom n-esta afirmanza?
Non verbalmente. Sustancialmente.
Qué cousa lle daba alento na sua incompreta adesión?
Qué coma un cidadán competente sen chave procedera enerxéficamente do descoñecido ó coñecido a través da incerteza do valeiro.
Ademitía (Bloom) com'un artigo de fé a infruenza dos astros nos desastres sobluares?
Parecialle tan posibre de probar coma de confutar e a nomencratura empregada nas cartas selenográficas len propia d'intuición demostrable coma d'analoxía mintireira: o lago dos soños, a mar das chuvias, o golfo do orballo, o océano da fecondidade.
Qué afinidás particulares había, asegún il ant'a lua e mais a muller?
A sua antiguidade nas pasadas e nas presentes xeracións telúricas; a sua predominanza na noite; a sua dependenza de satélite; a sua refleusión de lús; a sua constanza baixo todas as fases; a obrigada invariabilidade do seu aspecto; a sua resposta indeterminada diante das interrogacións non afirmativas; o seu poder sobras augas efluentes e refluentes; o seu poder pra namoriscer, mortificar, dar beleza, dar loucura, incirrar i-axudar á delinquencia; a tranquila inescrutabilidade da sua face; o terrible da sua isolada, dominante, impracabre, esprandecente veciñanza; os seus pronóstecos de treboada e bó tempo; a estimulación da sua lús; o seu movemento, a sua presenza; o sermón dos seus cráteres, os seus enxoitos mares, o seu silenzo; o seu sprendor (cando visibre), a sua aliranza (cando invisibre).
Foran indefindamente ociosos?
Por suxestión de Stephen e istigación de Bloom, os dous, primeiro Bloom, logo Stephen, mexaron na escuridade, un a carón do outro, os seus órganos de mexamento reciprocamente invisibres pola circumposición da mau, os seus ollares, primeiro o de Bloom, logo o de Stephen, erguéndose á proieulada semilumiosa sombra.
Similarmente?
As trayeutorias das suas mexadas primeiro seguidas, logo ó tempo foron desemellantes: a de Bloom mais longa, menos floente, na incompreta figura da letra bifurcada ante-derradeira do alfabeto que no seu derradeiro ano na Escola Superior (1880) fora capés d'abranguer contra toda a forza inteira concurrente da institución, 210 alumnos; a de Stephen mais outa, mais asublante, que nas derradeiras horas do día anterior fora aumentada por diurética consunción en forte presión vesical.
O derradeiro adiós foi impresionante por certo. Dos campanarios lonxanos e inmediatos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717918.xml
16
Manoel Lago e González
1923-1924
Ingreso. - Discurso de apertura da Eisposición Castelao*, 4 Maio.
1924-1925
† Temos de unirnos pra defendere á Galiza, 18 Marzal.
Salvador Cabeza de León
1923-1924
Ingreso. - «Un episodio de la vida académica de Fontán*, 6 Maio.
1925-1926
Traballo anual. - «Festejos de la Universidad Compostelana por el nacimiento del Rey Luis I*, 9 Outono.
Comunicacións. - «Os Galegos no teatro castelán*, 24 Santos; «Discurso na sesión necrolóxica de C. Michaelis*, 14 Marzal.
Anxel del Castillo López
1923-1924
Ingreso. - «Munio Pelaez*, 10 Marzal.
1924-1925
Traballo anual. - «A eirexa de Cambre*, 6 Nadal.
1925-1926
Traballo anual. - «La fecha de la Catedral Compostelana*, 9 Maio.
Conferenza. - «La riqueza artística y arqueológica de Galicia*, 8 Maio.
Antonio Lousada Diéguez
1923-1924
Ingreso. - «A prosa galega*, 12 Maio.
Xavier Pardo Bedía
1924-1925
Ingreso. - «Mariña Andrade*, 18 Outono.
1925-1926
Traballo anual. - «As leendas da morte na Baixa Bretaña*, trad. de A. de Braz. cun estudo limiar, 28 Santos.
Ramón Otero Pedrayo
1924-1925
Ingreso. - «Síntesis Xeográfica de Galicia*, 10 Xaneiro.
Traballo anual. - «Pantelas, home libre*, 28 Febreiro.
1925-1926
Traballo anual. - «Discurso na sesión necrolóxica de C. Michaelis*, 4 Marzal.
Xulio Balboa López
1924-1925
Ingreso. - «Muxía e o Santuario da Barca*, 17 Xaneiro.
NÓS
Manoel Lugrís Freire
1923-1924
Ingreso. - «Unha conversa en col de Pondal*, 8 Maio.
1925-1926
Traballo anual. - «Routono*, poesías cunhas verbas limiares sóbor da lingua galega, 11 Abril.
Xoaquín Xil Armada
1924-1925
Ingreso. - «Os probes da Catedral*, escultura, 25 Abril.
Xohan Rof Carballo
1924-1925
Ingreso. - «Bioloxía e Espírito*, 8 Maio.
Leandro Carré Alvarellos
1925-1926
Ingreso. - «O engano*, drama, 7 Santos.
Lois Iglesias
1925-1926
Ingreso. - «Aves de Galicia*, 22 Xaneiro.
Luis Feixóo
1925-1926
Ingreso. - «Escolma de contos galegos do pobo*, 6 Febreiro.
Xosé S. Santaló e Rodríguez de Viguri
1925-1926
Ingreso. - «Don José Rodríguez Seoane: Su vida y su obra*, 20 Febreiro.
Augusto María Casas
1925-1926
Ingreso. - «Festa no ceo e na terra*, 27 Febreiro.
Urbano Lousada
1925-1926
Ingreso. - Superstición, suxestión e medicina*, 6 Marzal.
Gonzalo López Abente
1925-1926
Ingreso. - «Poesías*, 14 Marzal.
Ramón Cabanillas
1925-1926
Ingreso. - «Na noite estrelada*, 14 Marzal.
Antón Noriega Varela
1925-1926
Ingreso. - «Poesías*, 14 Marzal.
Victoriano Taibo
1925-1926
Ingreso. - «Poesías*, 14 Marzal.
Xoaquín Airas Sanxurxo
1925-1926
Ingreso. - «Colleita de ouxetos pra serviren de base a un Museo Etnográfico*, 14 Marzal.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571798.xml
6
millós e medio de galós, a l-auga tiña baixado por baixo do nivel da chea, pol-o que o Ispeutor e inxiñieiro hidráulico Mr. Spencer Harty, C. E. nas instrucciós pr'o emprego da i-auga tiña prohibido o gasto das augas municipás proutros fis dos do consumo (ollando a posibilidade de ter que botar mau das augas po-dresdoscanles Grande e Royal, coma no 1893), especialmente en Gardas do Hospicio do Sul de Dublin apesar da sua ración de 15 galós diarios pra cada probe, tinan sido causantes d'un gasto de 20.000 galós cada noite por unha varlante do seu medidor, como demostrou o axente legal da corporación, Mr. Ignatius Rice, procurador, o que era molio en dano da outra porción do pobo que pagaba ben as tasas, solvente, pol-o que diu a voz d'alarma.
Qué ademirou Bloon, ollando pr'o grifo, na i-auga, amante da i-auga, augador, carreleiro d'auga?
A sua universalidade; a sua democrática igualdade e costancia de natureza mirando seu propio nivel; a sua larganza no océano na proieución de Mercator; a sua fondura nos estreitos da sonda e no Pacifico, que sobe das 8.000 brazas; a inquedanza das augas e movilidade das partículas de superficie, visitando por turno todol-os lugares das orelas; a independencia da sua unidade; a variabilidade dos estados da mar; a sua quetude hidrostática na calma; a sua hidrokinética turxididade nas grandes mareas; a sua tranqilidade despois da desvastación; a sua esterilidade nas terras circumpolares; a sua sinificanza climática e comercial; a sua preponderanza de 3 a 1 sobr'a parte enxoita da terra; a sua indisputable heguemonia estendéndose en légoas cadradas por toda a rexlón do trópico de Capricornio; a primordial estabilidade da sua primitiva ba-cía; o seu leito de trollo leonado; o seu poder pra disolver e manter disollas todal-as sustanzas que se disolven contando millós de toneladas dos mais finos melds; as suas graciosas erosiós en peninsuas e promontoiros vixiantes do largo; os seus depósitos aluviás; o seu peso, volume e densidade; a sua tranqilidade nos lagos e lagoas das montanas; a gradación das coores nas zonas xeadas, temperás e quentes; as suas ramificacións conductoras nas correntes dos lagos e na confluencia dos grandes ríos clas correntes Irasoceánecas: gulfstream, correntes norte e sulecuatorías; a sua forza nos terremotos, manantiales, puzos artesiáns, erupciós, torrenteiras, remoíños, maelströms, resacas, regueiros, cachoeiras, olas, puzos das minas, geysers, inundacións, dioibos, treboadas; a sua esiesa circumterrestre e ahourizontal comba; a sua secreción nas primaveiras e humedade latente amostrada pol-os aparellos higrométricos l-exemprificadas pol-os buratos da parede da porta d'Ashtown, saturación do ar; estileci6n do orballo; a simpricidade da sua composición, dúas porciós de hidróxeno pra unha d'oxíxeno; suas virludes curativas; a sua densidade no Mar Morto; a sua penetración costante nos canos, fochas, diques malfeitos, buratos do casco dos barcos; as suas propiedades pra crarear, matar a sede e o lume, mantel-a vexetación; a sua falibilidade coma paradigma e paragón; as suas metamórloses coma vapor, nebocera, nube, chuvia, orballo, pedrazo, neve; a sua forza en rixidos hydrantes; a sua variedade de feitios en badias, seos, golfos, fiords, estreitos, albufeiras, attolls, arquipélagos, canles, pasos, esteiros e brazos de mar; a sua solideza en glazlares, ice-bergs, xelos frotantes; a sua homildeza en traballos hidráulicos, mulños, trubinas, dinamos, estaciéseléutricas, serradoiros, fábricas; a sua utilidade en quelles, ríos navegabres, docks frotantes; a sua potencialidade derivada das cachoeiras e das mareas; a sua submarina fauna e frura (anacústeca, folófoba) numéricamentes, senón literalmente, a verdadeira habitadora da terra; a sua ubicidade formando o 90 ¿1 do corpo do home; a peste das fonduras onde podrecen os herbas na i-auga, doentes froles da i-auga, augas mortas na lua mingoante.
Despois de pór a cazola mediada en col dos carbós ardentes agora, porqué voltou ó grifo?
Pra laval-as maus lixadas c'unha melo gas-tada pastilla d'enxabón de Barringión coor de limón, que inda tiña algún papel apegado (mercada había trinta horas por catro pence e inda non pagada), na fresca l-auga corrente non conservada mais anovada na sua caida, e
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571792.xml
BOLETIN MENSUAL
da
CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO
Vicente Risco
DIREITOR ARTÍSTICO
Alfonso R. Castelao
DIREICIÓN E REDAUCIÓN
Sto. Domingo, 47 - OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Real, 36 1.º - A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península
Fora da Península
Número sollo na Península
Na Arxentina
En Cuba
6 pesetas.
15
1
60 centavos
30
OS PAGOS SON ADIANTADOS E OS GASTOS DE XIRO DE CONTA DOS SUSCRITORES
Este boletín non publica mais orixinás qu‘os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Lelfas ao teu ouvido, por F. Bouza Brey.
Boreas, por Manuel Portela Valladares.
Ulyses, Tradución de R. Otero Pedrayo.
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Os homes, os feitos as verbas, pol-a Redaución.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36 - A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717912.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717910.xml
Pentateuco. Libro de Dun Cow. Libro de Ballymote, Garland de Howth, Libro de Kells; a sua dispersión, persecución, renacencia e ressurreição: o isolamento do seu sinagóxico e eclesiástico ritos no ghetto (S. Mary's Abbey) e casas de Misa (taberna d'Adán i-Eva); a proscrição dos seus vestidos nacionais por leis penás e actas; a restauración de Sión en Chanaan e a posibilidade da autonomía ou devolución política da Irlanda.
* * *
Cal era a sensazón auditiva de Stephen?
Ouvia n-unha fonda, antiga e varil melodia e acugulación do pasado.
* * *
Cal era a sensazón visual de Bloom?
Vía n-unha graciosa, moza forma familiar e predestinación d'un porvir.
* * *
Cales eran en Bloom e Stephen as coasquesimultáneas volicións coasque-sensazós das pechadas identidades?
Visualmente, de Stephen: a tradicional figura de hypostasis, pintada por Xohan Damascenus, Lentulus Romanus e Epiphanius Monachus coma leucodérmica sesquipedaliá, con cabello de viño mouro.
Auditivamente, de Bloom: o acento Tradicional do éxtase da catástrofe.
* * *
Qué contrarias arelas foron por un e polo outro propostas, aceptadas, transformadas, desprezadas, postas n-outros termos, reaceptadas, reificadas, voltas a confirmar?
O comezo d'un curso d'instrución italiana, lugar: a residencia do instrutor. O comezo d'un curso d'instrución vocal, lugar: a residencia da instrutriz. O comezo d'una serie de diálogos estáticos e peripatéticos, lugar: as residencias dos faladores (supondo que vivían xuntos) Ship, hotel e taberna, 6 rua Lower Abbey (W. e E. Connery, propietarios) a Libreria Nacional d'Irlanda, 10 rua Kildare, o Hospital Nacional de Maternidade, 29, 30 e 31 rua Holles, un xardín público, a veciñanza d'un lugar de culto, a conxunción de dúas ou máis pasaxes públicas, o punto de biseción d'unha liña reta, tirada entre dúas residencias (supondo viviren os dialogantes en diferentes sitios).
* * *
Qué cousas facían problemática pra Bloom a realización daquelas proposicións mutuas e procomunadas?
A irreparabilidade do pasado: unha vez n-unha función de circo na Rotunda, Rutland Square, Dublin, un clown médeo e intuitivo, choutou da área ó público en procura de paternidade: atopando a Bloom, ali sentado e isolado, o clown declarou diante da xente toda que risa qu'il (Bloom) era o papá (do clown). A imprevisibilidade do porvir: en certa ocasión no verán de 1898, il (Bloom) tiña sinalado un florín (21) con tres siñas no canto e diuno en pagas d'una conta debida e recibida por J. e F. Davy, tendeiro pra familias, 1, Parque de Charlemont, no Gran Canal pra que circulara riba das augas da finanza civil pra posible retorno, xa directo, xa circular.
* * *
Era o clown fillo de Bloom?
Non.
* * *
Vollou a peza o Bloom?
Endexamais.
* * *
Porqué lle deron tanta pena estas frustracións?
Porque no crítico eixe da humana existencia, il desexaba mellorar algunhas condicións sociais, o resultado da desigualdade i-a animosidade internacional.
* * *
Il pensaba que afastadas aquelas condicións sería a vida humana infinitamente mellorable?
Tiñan quedado condicións impostas pola natureza tan diferentes da lei humana coma integras compoñentes do todo humano: a necesidade de destruir pra se manter; o penoso xeito das derradeiras funcións da existencia isolada; a door da nacementa e da morte; a constante e
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571799.xml
NÓS logo enxugal-as maus i-a face n-unha tohalla de holanda de molta basta, envolta n-un soporte de madeira.
oo o
Qué razós liña Stephen pra non aceitar o ofrecimento de Bloom?
Qu'era hidrófobo, odiando o parcial contauto por inmersión ou parcial por sumersión na l-auga fria (o seu baño derradeiro fora no mes d'Outono do ano anterior) desprezando as sustanzas aquiosas de vidro e cristal, desprezando aqlacidade de pensamento e de fala.
oo o
Qué empechaba a Bloom dar consellos de hixiene e profiláuteca, ós que poidera engader suxestiós prelimiares sobr'a molladura da testa e contraución dos musclos con vivos movementos da faciana, pescozo e rexiós torácica e gástrica en caso de baño no río ou no mar, sendo as partes da anatomía do corpo mais sensibres á l-auga fria, o carrolo, estómago e prania dos pés?
A incompatibilidade da aquacidade co-a orixinalidade erráteca do xenio.
oo o
Cál, reducido á sua simple recíproca forma, era o pensamento de Bloom sobr'o pensamento de Stephen sobre Bloom, e o pensamento de Bloom sobr'o pensamento de Stephen en col do pensamento de Bloom sobre Stephen?
Il pensaba que pensaba qu'il era un xudeu, por canto il coñecía que coñecía qu'il coñecía que non-o era.
oo o
Qué probas daba Bloom pra demostrar qu'a sua arela era pre cencia apricada millor que pr'a pura?
Certas posibres invenciós nas que tiña ma tinado cando deitado n-un estado de supina fartura e dixestión, animado pol-a sua estima da hoxe común, mais d'aquela revolucionaria, importancia das invenciós, por eixemplo o paracaídas acrostáleco, o telescopio refleutor, o espiral tirabuzón, o sifón d'auga mineral, a canle con esclusas, a bomba aspirante.
oo o
Qué anacos de versos das antigas léngoas hebrea e irlandesa eran citados con modulacións de voz e tradución de texto por visitante e visitado e por visitado a visitante?
Por Stephen: sull, sull, suil arun, suil go sio cair agus, suil go cuin (anda, anda, anda o teu camiño, camiña satisfeito, camiña con tino).
Por Bloom: Kifeloch, harimon rakatejeh ni baad l'zamatejeh (a tua tempa antro o teu cabelo é com'un anaco de curtiza de granada).
oo o
Com'era unha glífica comparanza dos fonemas dos dous lenguaxes feitos en sustanciación da comparanza oral?
Na antederradeira folla branca d'un libro d'estilo literario inferior, Delicias do Pecado traguido por Bloom e tan gastado que case perdera o groso) c'un pincel (pedido por Stephen) escribíu Stephen os caracteres irlandeses de gee, ch, dee, emsimpree modificado, e Bloom á sua volta escribiu os caracteres hebraicos ghimmel, aleph, daleth, e (a falla de mem) un substitutivo qoph, espranando os seus valores aritméticos coma números ordinás e cardinás, a saber 3, 1, 4 e 100.
oo o
A coñecencia que tiñan os dous d'istas léngoas, a morta e a viva, era teórico ou prác-teco?
Teoréticamente, reducido a certos accidentes de gramáleca e sintaxe, e práculicamente escruido o vocabulario.
oo o
Qué puntos de relazón existen antéestas léngoas e as xentes que as falan?
A presenza de sons guturais, aspiracións diacríticas, letras epentéticas e serviles nas dúas léngoas; a sua antiguidade, sendo as dúas ensinadas no chao de Shinar 242 anos despois do Dioibo no seminario fundado por Jenius Farsaig, descendente de Noah, proxenitor d'Israel e abó de Heber e Heremón, proxenitores d'Irlanda; as suas literaturas arqueolóxicas, xenealóxicas, haxiográficas, exexéticas, homilécticas, toponomástecas, históricas e relixosas, comprendendo as obras de rabbis, Torah, Talmud (M sc'ma e Ghemara), Massora.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571796.xml
esquinade Leonardo erúa de Synge, erúa de Synge i-avenida de Bloomfield. No 1885 con Percy Ahlton nanoiliña, recrinados contr'aparede, antre Vila Gibraltar e a casa de Bloomfield en Crumlin, baronía d'Uppercross. No 1886 con amigos de viaxe, falando frente por frente e ollando pras portas, nas terceiras do tren suburbano. No 1888 moitas veces co Maior Brian Tweedy e a sua filla Miss Marion Tweedy, xuntos ou arredados, nas vacacións na casa de Matthew Dillon en Roundtown. Outra volta no 1892 e outra no 1893 con Xulio Mastiemky, nas dúas ocasións no despacho do derradeiro, na rúa Lombard. W.
Qué consecuencias reflexábanse pra Bloom da irregular secuencia das datas 1884, 1885, 1886, 1888, 1892, 1893, 1904, infringindo no seu fado?
Matinaba que a progresiva extensión do campo do seu desenvolvemento individual i-esperimental era regresivamente acompañado da diminución do campo da conversa e das relacións interindividuais.
Asegún qué camiño?
Da incistencia á eisistencia fi chegaba a moitos i-era recibido coma sin: eisistencia con eisistencia il era co-algún coma algún co-algún: de eisistencia ido á ineisistencia ha ser por todos percibido coma ningún.
Qué fixo Bloom en chegando ó seu destino?
Na escaleira da casa do 4.º do equidifrente desigoal dos números, número 7 rúa Eccles, botou mecanicamente a mau na alxibeira d'atrás dos seus calzós, precurando a chave de.
Ond'estaba?
Estaba na alxibeira correspondente do pantalón que tiña trocado no día.
Por qué s'enrabechou dobremente?
Por mor do esquecemento e mais por lembrar ter pensado por dúas veces en se non esquecer.
Cales foron logo as alternanzas diante a.
NOS
premeditadamente (respectivamente e impensadamente, parexa sen chave?
Entrar ou non entrar. Chamar ou non chamar.
Acordo de Bloom?
Unhas estrataxema. Pondo os pés riba do muriño, rubiu na balaustrada, aprelou o chapeu na testa, agarrou dúas punias na baixa unión da balaustrada co-a escaleira, baixo o corpo pouco e pouco, no seu altor de cinco pés, nove pulgadas e meia, deica dous pés dez pulgadas da superficie do enlousado, e permitindo ó corpo moverse libremente no espazo, arredándose dos balaústres e baixándose en previsión da caída.
Il caeu?
Pol-o sabido peso do seu corpo, de nove pedras e catro libras, asegún a graduada máquina pra periódico peso na casa de Francis Froedman, farmacéutico-químico da rúa Frederick, 19, N, pol-a derradeira festa da Ascensión, a saber, o doce de Malo do ano bisesto de 1904 da era cristiá (era xudia 5664, era manometana 1322), áureo número 5, epacta 13, ciclo solar 9, letra dominical C. B. Indeción romana 2, período xuliano 6617, MCMIV.
Il ergueuse lastimado?
Ganando novo equilibrio estabre, ergueuse sen golpe, inda que axitado pol-o choque, ergueu o aldabón exercitando a forza no seu libre flanco movente e por forza de palanca de primeiro xénero alcanzou a cociña pol-o fregadeiro subxacente, acendeu a forza d'un mixto por frega, celbou gas inflamable de carbón dando volta á chave producindo unha outra lapa que regulou a calada candescencia, e por fin acendeu un candieiro.
Qué sucesión de imaxes ouservou ó tempo Stephen?
Apoiado na verxa mirou a través dos trasparentes vidros da cociña un horre regulando unha chama de gas de 14 C. P., un home.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/115717915.xml
NOS 15
OS HOMES, OS FEITOS AS VERBAS
OS MEMBROS DO SEMINARIO DE ESTUDOS NA SUA PRIMEIRA XUNTANZA XERAL
O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
romatare o terceiro ano de laboura o Se- Estado do S. de E. G. ó rematare o seu terceiro curso
minario de Estudos Galegos mandounos un avance do seu anuario que sairá axiña. NOS que ven adicando, n-esta segunda xeira, a meirande atenzón ó xurdio xuntoiro com- postelán quixera poñere eiquí a mais cumprida gabanza d'él mais diante d'estes listeiros de nomes e traballos folgan os alaudos. Nós que coidamos que o Seminario ven ca chegada dos tempos a enroilaren as alilvidás da nosa mocedade pol-os canles austeiros da discipri- na poñeremos eiquí somentes, como un saúdo afervoado, as verbas con que o Castelao azou ó fato de rapaces que xuntos na casa do Cas- tro de Ortoño, sementaron a nabiña do que hoxe é dourada barda na seltura, repetindo as espranzas mesiánicas do Profeta.
- Os que andaban en terra de trebas ollaron en vos gran lus...
COMISIÓN DIREITORA
Presidente - Dr. Salvaler Cabeza de León
Censor - Xosé Filgueira Valverde
Segredario - Lois Tobio Fernández
DIREITORES DAS SEIZÓNS
Cencias naturees - Dr. Luis Iglesias
Catalogazón iconográfica - Constantino Can- deira
Antropometría - Dr. Alexandro R. Cadarso
Dr. P. Isaac Rovira Carreró
Xeoquímica - Dr. Parga Pondal
SEIZÓN DE BIBLIOGRAFÍA
Ramón Martínez López
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/94/94f7/94f73de9-c5cd-472c-ab64-ccc1a5962b56/11571795.xml
NOS
ULYSSES
(ANACOS DA SOADISEMA NOVELA DE JAMES JOYCE. POSTOS EN GALEGO DO TEXTO INGLÉS, por RAMÓN OTERO PEDRAYO)
Que paseio paralelo trouxeron ó dar volta Bloom e mais Stephen?
Surlindo co andar ordinario da Praza de Beresford, eles seguiron no orde nomeado as rúas Lower e Middle Gardiner e praza Mountjoy, ó W: logo menos Temple, ó N: logo, menos axiña pola praza Gardiner, seguiron sen decatárense deica o cabo da rua do Temple, ó N: logo, inda mais adispacio, deténdose moito seguiron dereito a rúa do Temple, ó N, deica a praza Hardwicke. Chegándose, apartándose e con andar vagaroso, cruzaron diametralmente o circo diante da eirexa de San Xurxo, sendo a corda do arco sempre menor que o orco que aquela sostén.
De que falou o duumvirato ó longo do itinerario?
Música, literatura, Irlanda, Dublin, París, amizade, muller, prostitución, xantar, da influencia do alumbrado e da luz d'arco ou de lámpara sobr'a crecencia dos enxertos d'arbres paraheliotrópicos, Eirexa católica romana, celibato eclesiástico, nación irlandesa, ensino xesuítico, profesións, estudo da medicina, o dia d'onte, o malfado do pre-sabbath, colapso de Stephen.
Poldo Bloom descubrir fautores de semellanza n-as suas iguás ou desiguás realcións diante da esperiencia?
Os dous eran mais sensibres ás impresións musicais que ás plásticas ou pictóricas. Os dous gostaban millor unha maneira continental de vivir, que insular, unha residencia cisatlántica que tras-atlántica. Os dous traballados por esperiencias domésticas e por herdada forza de resistencia heterodoxa profesaban sua desrreenza pra moilas doutrinas ortodoxas relixiosas, sociás, nacionás i-éticas. Os dous ademitían a influencia alternativamente estimuladora e deprimidora do magnetismo heterosexual.
Stephen afastábase abertamente da opinión de Bloom sobre da importancia da axuda cívica e alimenticia, namentras que Bloom afastábase tacitamente de Stephen sobre da eterna afirmanza do espírito humán na literatura Bloom daba asenso caladamente á reitificación que fixera Stephen do anacronismo envolto en por a data de conversión da nación irlandesa do druidismo ó cristianismo feita por Patricio, fillo de Calpornus, fillo de Potitus, fillo d'Odyssus, mandado pol-o Papa Celestino I, no ano de 432, no reinado de Leary, ó ano 260 ou arredor, no reinado de Cormac Mac Airi (†266 A. D.) morto d'unha enchenta en Sletty i-enterrado en Rossnaree. O colapso, ó que Bloom puña por causa a priguiza gástrica e certas misturas de variada adulteración e forza alcohólica, xuntamente co traballo mental i-a rapideza do movemento circular n-unha atmósfera carregada, apúñallo Stephen á reaparición d'unha nube da mañá (ollada por entrambol-os dous dende dous diferentes sitios, Sandycove e Dublin) mais pequena ó comenzo qu'unha mau de muller.
En que cousa as suas opinións eran as mesmas e negativas?
A infruenza do alumbrado ou luz eléctrica na crecencia dos enxertos dos árboles paraheliotrópicos.
Tiña Bloom porfiado d'asuntos semellantes ó largo de longas camiñadas, no pasado, á noite?
No 1884 con Owen Goldberg e Cecil Turnbull de noite en pasaxes púbricos antre a avenida Longwood i-a esquina de Leonardo, e