https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157115&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571156.xml
194
O xastre resulta de muito interés pr-o labrego escitando a sua curiosidade e asi corren tantos contos deles, non pouco curiosos.
As bulras do alfayate fánse en moitos sitos: Bretaña, Gales, Escocia, Irlanda, todos paises de alcuña celta como Galicia. En Alemaña teñen tamén rica literatura popular xa na Edá Media. Prumas esgrevias escriben deles entre nos, tales que Lamas Carvajal, Picadillo, Rodríguez López, Vicente Risco e outros.
No folklore galego, o xastre aparece mariquileiro e medrán. Amostra sempre algo de femenino, según compre a sua labor de agullas e de tesoura. Son como medias entre home e muller, dándoselles, en xeneral, mui pouco aprecio.
Conoscín unha vella que o perguntarlle que era seu home, respondéume:
—Xastre, señor, con perdón de vostede.
O mesmo pares que se dí (sauf votre respect) na Bretaña.
Esta pouca estimanza do xastre ven deerarada no dito «sete xastres fan un home» que recollen os cantares, núms. 78 e 79 e ainda se engade que esto é así nos anos de pan barato, pois nos de pan caro «o xastre perde mais das dúas terceiras partes do seu valor» (núm. 79). Semellante cousa dáse na Bretaña solo que alí son nove os xastres precisos pr-o equilibrio.
A todo hai quen gane, hasta a refugallo. Con non seren homes os xastres (núm. 47), pior serán os peneireiros: «ainda que fose xastre; pero peneireiro, inon!» (núm. 86), dí unha malnamorada do Canciceiro.
«Os xastres—escrebe Risco (Nós, núm. 29)—aparecen no folklore galego coma mui pillos e agudos, o mesmo nos ditos que nos feitos, dispostos sempre a faguer bulra da xente, a meterlle pegotas, a quedarse vés por riba pol-a forza do inxenio, mañosos e dispostos para todo. Xa que non teñen for-
NÓS
za pra turrar pol-a aixada, nin valentía pra lle faguer cara a un home, teñen, en troques discurso e agudeza, coma compensación, se cadra. Déles son as pilladas, as retesías, as copras picantes, etc.»
Velaiqui unha superioridade moral que os campesinos non estiman, anque a teman, como non estiman, pero temen, as arteirías do volpe. O trunfo do inxeño sobre da forza, pol-o cal os xastres arellan a xente aproveitando na sua comenencia os intereses dos homes e a vanidade das mulleres.
Asi aqueles alfayates que tallaron o manto al Rei no sustancioso conto de D. Xan Manuel (Conde Lucanor, ejem. 32); así o vice-xastre de que fala Picadillo (Mi historia política, 37) que lles tiña armada unha panterma as mozas—«ay que caray!»—c-o gallo dos xustillos.
As cántigas do pobo aldraxam os xastres podéndose tomar por remenescencia da Edade Media cando eran universalmente tidos en disprecio. Pensa Hersat de Villemarqué que deste xeito se amostra o desdén das razas guerreiras pol-o oficio mulleril e vida sedentaria dos xastres.
E tan mulleril, non somentes pol-a maneira de traballar sinon tamén pcl-o mesmo traballo: os xastres de aldea fan vestidos de home e vestimentas de muller. Tal pasaba antronte en todas partes; os vellos libros de xastrería—todos mui raros—trán régulas e patróns pra cortar mantos, basquiñas, toucas e mais paxelos femeninos.
Das cras de alfayates fala o Cego de Ourens decindo:
«Non eran da caste do de Valinas que cosía de valde e puna a maores as linas, nin tampouco dos remendóns que andaban a secas botándolle unhas palas ós calzós dos viciños; eran xastres de lembradía que o mesmo facían traxes de homes que de mulleres, e tan feitos e dereitos saían das suas mans unha chaqueta, un chaleque y-us calzós de rizo que unha muradana y-un dengue» (Lamas Car-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711519.xml
NÓS
207
senso. O problema resólvese pr'a nosa mente actual, se cadra n-ist'outro: débes'un guiar de cote pol-a concencia vigiante, ou ben pol-a inspiración? Sempre teremos qu'orixinalmente, quen nos apresentou o primeiro fito, ao qual os demais veñen subordeados foi de cote a inspiración, e quen en cada caso ten qué decidil-o dilema, é ainda a inspiración, os motivos incoscentes. Se cadra, é de cote a inconscencia lumiosa tamén a que guía a apreciación da concencia vigiante. Mais de cote tamén fica en pé qu'o que se propón un fito perde a liberdade e ven ser escravo d'ise fito; pero un home que non ten un fito, que é, que val, pra que serve? Mais é que compre servir pra algo? E' que compre valer? E' que compre ser?... Ser... Namentras preguntámol-as outras cousas: servir pra algo, valer, é doada a negativa; mais cando se trata de ser, quen é o home que s'estreva a afirmar que non debera ser? Pode ser negada— coma valor —a existencia, non a esenza. E cada home pende na sua estimativa da sua esenza concreta.
(Continuaráse)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LIBROS
OS PELOURINHOS PORTUGUESES, por Luis Chaves.
O segundo volume dos Estudos nacionais sob a égide do Instituto de Coimbra, adícase ós pe'ourinhos portugueses, símbolos, cuaseque sempre artísticos do poder monárquico, da justicia do pobo que un equivocado e cego espírito moderno—igual que na Hispania—ás veces negou con intoleranza. O estudo non soilo crasifica, agrupa, precisa, a materia dispersa e interesante sinón qu'a cingue con total-as relacións—historia, direito, folklore—que lle prestan vida, e d'iste xeito fica unha rematada contribución a un aspecto da arte e da vida pasada, de Portugal. Agardanse con impacenza os futuros volumes d'ista bibloteca. Hoxe sin parexa na Península.
PANCHO DE RABADE, por Álvaro Das Casas.
Dición Alauda dina d'una tipografía do vello Amiens regostados da quietude bibliográfica á beira das augas tranquías da Illa de Francia. A obra xa foi gostada, en pequena parte, polo público de Nós. Inda ela mantén o brío mozo e lonxano—de raza, de camiño, de ideal a través do desacougo do instante dramático—do anaco publicado. Un
SANTA MARGORI, por Cándido Fernández Mazas.
Un dos libros do ano na cultura hispánica. E na nosa tamén. Hai n'il moitas cousas sinaladas pol'os críticos, mais cecais non se teña fixado aquila rara calidade moral, ó nosso parecer, a verdadeira orixinalidade do libro: un helenismo que sofre, que s'abraza á door misticamente, sin confesaio cecais, a única interpretación da vella discordia qu'un fino galego moderno poidera donar xenerosamente como fai todo o Fernández Mazas.
CINCOENTA HOMES POR DEZ REAS, de Castelao, Nós A Cruña-1930.
Eiqui os tendes. Cincoenta. Poideran ser mais. Castelao ténos ás dúcias, os centos, il que dibuxa moitedumes. Os densos capidoos das posibres novelas circulan arredor de cada figura dibuxada con crueldade
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711515.xml
NOS
que me botou a min un día Don Xoxé Verdugo, un coengo aquí como o Sr. Ulloa, non despreciando, e a quen ti non coñeciches: «Metete a canteiro».
E pasaron algúns días e o novo coengo mandou pol-o fillo do carpinteiro, pra que lle arrombase unhas cousiñas que trouxera de Roma, e andúvolle falando, mostroulle láminas grandes de fino grabado e libros pequeniños de fonda leitura, e fixoo traballar no Obradoiro, e despois de algún tempo, cando viu que traballaba a pedra como denantes traballara a madeira, e que rifaba cos mestres porque quería poñer todo o rivés do que estaba, metéuno a dirixir obras.
Nas casas que él fixo, a soma da Berenguela fai medrar ouricelos somellantes ós que medran pol-os árboles, nos soutos e-curos, e emporiso as i-augas non magoan as arestas duras de pedra que tallou un cincel que fora trencha, e que alisou unha escoda que denantes fora guillame no taller d'un carpinteiro.
XI—O CANTEIRO
Este mestre tivo un fillo (mégoa d'el, meu probe!) que adeprendeu o oficio, e dende neno soupo manexar como canteiro a maceta e o pico, i-escoller a boa pedra de gran, non salitrosa, nin pizarrenta, e poñer en cada parte da obra aquela cras que mellor l'aquecera. E o pai fóralle dando algúns choios e os fixera de boa labra e mellor xeito.
Fixo unha casiña, como non hai outra na nosa terra, crara, limpa e da mellor pedra do Ulló (que a fora buscar ben lonxe) co seu patín e a sua solaina, todo sinxelo e sin arriveques: pedra encoira onde o sol non xoga con estranas tallas, nin as i-augas caen en fervenzas por grandes retallos; casa quente no inverno e no verán fría, amparada dos ventos, asoellada á raxeira das seráns do inverno, feita pra domear os hourizontes e pra termar das ventanías, onde cada cousa ten o seu canto e non poidera ter outro pra ser bela.
O mozo coñecía, como os bois, a vida labrega, e como o ferro a pedra de gran. Non era home leido, tiña un amprio gosto pol-as artes dos vedraños e sabía que posto tiña cada un dos seus devanceiros no xogo dos tempos. Pero entre todo o que en Compostela lle falaba da sua artesanía, tiña en agarimo, cal si fora seu, aquel fastial do Paraíso, abafado pol-as novas arquitecturas, aquela portadiña, ordeada como un día de traballo, que contaba a creación do mundo e a vida leda dos primeiros pais.
E un día en que tornou á vila veu que os oficiais do taller do seu pai, andaban a desfacer o portal románico pra ergueren unha nova fachada ó gosto novo de Don Ventura Rodríguez. O mozo, ollando guindar as vellas pedras, esterrexeuse de espanto, comezou a falar sen siso, e fuxíu maldizoando a Compostela, cara as terras outas onde as pedras cabaleiras compoñen fantásticas arquitecturas.
Din que morreu guindado pol-as estradas, falando sempre d'aquela Porta do Paraíso que desfixeran, a percurar entre os santeiros d'aldeia quen lle soupera poñer o corpo a unha cabeciña que collera no chan da Azabachería. Dáballe a tolemia por dibuxar estranas figuras nos areaes e na poeira dos camiños, e mantíñase das codias que lle daban nas reitorais, onde pedía sempre anacos de papel, pra dibuxar unha nova porta pr'a eirexa do Señor Santiago, unha porta feita con grandes chantos, dispostos como as ceibes penedías.
Ná aldeia onde morreu, o crego puxo sobre a cova a cabeciña románica que o antigo mestre canteiro traguía sempre consigo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571155.xml
NÓS
crescendo, coido profitosos estos apurrimentos por cras ou por bisbarras, xa que o arrecadamento de todo él fáise laboura mui rexa, imposibre a un home soyo.
Xastres e costureiras son tipos enteresantes da vida campesiña cotidián e enteresantísimos na artística e social. Amos representan a espiritualidade da campía, onde o fallo trunfan, digan o que queiran os cantares, eles pol-o inxeño; elas pol-a gracia.
Unhos e outras atíran a imaxinación do pobo que sobre eles se exercita de cotío, cuasi sempre en trouleo ou bulra. Hai noutros países, Alemaña, poño por caso, gran literatura folk'órica en col de entramos oficios, do de xastre en especial. A visibre afroancia galega contrasta co-a probeza de outras rexós da Penínsua. O Cancioneiro popular portuguez, pubricado por Braga (Lisboa, 1911; 2 tomos en 4.º) non contén cantares de esta cras. En Andalucía corren algunhos de xastres e menos de costureiras, o revés de aquí (LAFUENTE ALCÁNTARA, Cancionero popular; Madrid, 1865; 2 tomos en 8.º); agora que o esprito ven a ser o mesmo pois de unhos e de outras rexouban por alá tamén.
Esaminando o presente Cancioeiro hachamos que a primeira calidade que o peisán ve nas costureiras é a sua fermosura; de 64 cántigas, 20 chámaniles bonítas, señoritas, doadas, roxiñas, etc. Logo marca ben—demasiado ben sin dúbida—a sua facilidade en rescibir amoríos (14 cantares), de sere «amiguinas dos mozos como as abellas da mel» (núm. 8); o seu vivir fidalgo (7 copras) e seus melindros e mixiriques (6). Tres ou catro cántigas as notan de folgazanas, en troques de unha que as gaba por traballar (núm. 1) duas de cantadoras e tres de festiras, outra de mermurantes e unha soya de ladras (núm. 43).
Encol dos xastres aprendemos que a tacha
mais destacada e a de ladrós (5 cántigas), logo as de viles e mozeiros (4 cantares por cada) despois as de cobardes (3 copras), larpeiros, folgazás, sabidos—con 2 cantares por cada nota—e un pra os de froxos, arteiros, faladores e sarnosos (núm. 45).
Comparando agora unhas e outras castes de copras, vemos como, o reves de outros países, abundan muito mais as cántigas de costureiras (64 × 101) quizaves por sere compostas por elas mesmas.
Según é de supoñer, xastres e costureiras acaen en bastantes calidades, no sentir do Cancioeiro: amos valen pouco, amos son folgazás, froxos, lareteiros, sabidos e demasiado penzos os amoríos.
Outro enterés mui grande teñen estes tipos: o de difusores do pensamento popular. O seu oficio, que permete falar no traballo, dálles tergo e relanzo pra escoitar e contar adumia e como andan de casa en casa, veñen a sere importantísimos conservadores e trasmisores da literatura folklórica. Por eso saben sempre moitos contos, lendas, refrans, cántigas, adivíñas e tradiciós, sendo de vellos mui estimados pra distraer as noites de invernía.
Con todo, en razón dos seus mesmos oficios que son caseiros e non piden esforzo, por vivire desviados do trafego da eira e do eiro, pol-o ben que se lles dá a folganza; pol-a sua incrinación a aseñoritarse e pol-as mañas que empregan ou lles supoñen, son móralmente desdenados da peisanaxe, inda que recoñezan a comenencia de costureiras e alfayates. O certo é que, ou por mangas ou por faldras, toda esta ralea val mui pouco, según o Cancioeiro: nun real véndese xastre, costureira e trebellos de coser (núm. 75).
Muita semellanza de oficio e caráuter hai entre xastres e costureiras e muita mais lles asina o pobo en contos e cántigas; emporeso, costureiras e xastres non xínzan, —icraro ¿quén é teu nemigo—Adiante está un cantar (núm. 74) que supoñe vintecinco xastres rapando unha costureira.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711523.xml
A bixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empree o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571159.xml
NÓS
Por todo, as costureiras son envexadas das outras mozas. Véncennas en fidalguía, en xentileza, en alegancia e, por remate e consecuencia, fúrtanlles festexos e galanciños. De esta senreira dan crara mostra mais de vintecinco cantares do presente Cancioeiro.
Mais, e verdade. Xeneralmente as costureiras parescen «apertadas de cintura e largas de corazón» (núm. 91). Como sempre: a civilidá escorrega á certos achanzamentos.
Bastantes cántigas, de acentuado realismo, nos informan neste particular, algunhas hasta brutalmente.
E calo porque; Dios nos aparte das linguas de xastres e costureiras!
A. C. V.
CANTIGAS
1 A agulliña vai cosendo ibota por ela dedal! rematémol-a costura... para gañar un real.
O que diga mal de min ou da miña compañeira, héille de cortal-a lingua co-a punta de unha tixeira.
Malpica
Traballo, resiñación, pacencia ¿Qué dirán de esta copra os marmurístas das costureiras?
rematarei a costura Cambre
2 A agulliña vai cosendo e o dedal váina seguindo, así fan as costureiras que do amore se van rindo.
Non sería mui boa, de seguro; pero, o que eles dirán: cada cal no seu oficio. de botar o grau na eira isi virades que par fai
Arzúa
3 A quen diga mal de min ou de outra costureira, héille de picala lingua co-a punta desta tixeira.
Esprito de gremio sempre loubabre; pol-o demais, é de pensar que esta vingadora topase traballo en adunia.
Quizaves non serán moitas, según o folklore; con todo, a'gunha haberá. así fai a boa nena que do amor se vai ríndo
A Cruña
4 Agora que ven o tempo de mallar o pan na eira iqué parelliña farán o xastre co-a costureira!
5 Amor xastre non-o quero que non me ten comenercia; dorme fora moitas noites y-eu teño pouca pacencia.
Pero moita franqueza e así da gusto. Fai parella co núm. 22 referinte as costureiras. Ver tamén os núms. 45, 47 e 56.
Home xastre non-o quero Aranga dorme muitas noites fora e y-eu non teño pacencia. Ourens
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571158.xml
196
de prata que levan cirimoniosamente na man». (Lamas CARVAJAL, As mulleres de Calvelo; Galicia Moderna, núm. 8).
Mais traballar, tamén traballan no seu oficio. De sol a sol, por un rea! e a mantenza, que ven a ser de xanta unicamente, pois a parva fánna nas suas casas e pra cear úsase en moitos sitos darlles un ovo e un codelo que levan ô largare do traballo.
De mozas, arrayan os lugares e recrean as romerías; de casadas, atenden o gabexo da casa e a crianza dos rapaces; de vellas, percuran pol-os netos e alegran cos seus cantos esbrugas e fiadas, axudando sempre co xornal mesquiño. Celmoso toque de gracia e fermosura no vivir campizán, a costureirina cosendo á fiestra ou sentada no pendello a turrar pol-a agulla; levando xentil na cabeza a pequena máquina de beo—mercada a prazos—por carreiros e corredoiras, a mañán, madrugueira, no sol abrente, a serán, no sol ponte, en volta serodia que as veces... tarda os inquírios en chegar o sarego.
Certo que hai algunhas que traballan bravamente no labramio cando non hai costura; outras que non se recean de botar unha man as faenas mais rexas en casos de apuro; pero as mais son, cal amostran os cantares, mixiriqueiras, festeiras, aseñoritadas, condidiñas e namoradizas.
As mais son das que nin «sachan no campo nin mallan na eira», nin gustan de «davar no río nin apañar toxinos secos» nin ir a herba nin c-o gando. Por favor van catar unha sellina de auga a fonte ou unha presiña de berzas ó orto. Teñen «mans de señora, mans fidalgueiras» e
boca de reina
corpo de dama,
comprell'a seda,
foxen da lama.
(Rosalia Castro, Cantares gallegos, V).
As mais devecen pol-as foliadas
NÓS
y ali con aireidar cada volta!, os ollos baixos, a perna salta.
Pol-o xeneral son, en efeuto, cumpridas beiladoras e por eso dí a que non quere escoitar consellos da santa:
Faláime solo
das muhineiras,
de aquelas voltas
revirandeiras.
Tolean pol-os mociños e por parolar con eles e por eles se deixan «roubar o dedal da faltriqueira» ¡E sí fora eso soo!...
Pero fácil defensa teñen as suas fraquezas. Elas andan limpas, van xeitosas, están frescas, sin lixo de traballo bruto nin magoa dos intemperos: «ven a chuvia e non me molla, ven o sol e non me queima» (núm. 42). Como elas mesmas se fan e refan o seu gusto os vestidos, vénenlles axeitodos, parescendo decote galanas e fermosas. Sobre esto non hai dúbida: a maoría dos cantares, chámanlles bonitas. Craro que non-o son sempre; pero tal figuran por comparación co-as labradorinas que nin saben nin se poden traguer tan gclaneiras por mor do traballo.
O igual das tecelanas, que tanto semellan, saben contos e cantares, moitas len e escriben correntío e con eso, e sere lerosas e mainas, conversan docemente, resultando a sua parola fina, variada e escolleita ¿Que ten de estrano que os mociños as axexen e as persigan? «A mazán coloradiña todos a queren comer» (núm. 32). Eles, os homes, son os curpabres das suas caídas por que eles lles fan as beiras e arreo lles poñen ichós e visgos. O mesmo pasa co-as modistiñas da vila. Verdá que elas, folgadas e con lecer pra cavilar, andarán bastante vieiro, moneando gasalleiras; mais inda sin esto ¿qué non abranguerá a zeimeria namorada peterreando a cotío nestas graciosas cacholiñas?
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571152.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711518.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
NOS
206
des na campa de Ofelia? Vai sendo noitiña; logo han campaiñear os sapos; asubía xa o voo dos primeiros mouchos. D'eiquí a pouco sairá a estadea do correxidor. Escoitade: encoménzase a ouvir a prédica do vellote cando topa a calivera de Yorik.
gabacho bota seu alalá baixo o arco de Amoeiro. As rapazas vánse; apáganse as luces do casino; a vella fúndese na chavola. A unha...; as dúas...
—Imonos deitar.
—Onde é o meson?
—Hai dous: O Espía e A Groria.
Vades reparando n'estes nomes todos que Allaríz manten sin medo á bulra d'estes tempos de calcamonía? Xa non ha sere posibel acreditar que andamos polo trinta: estamos no 1658, por un supoñer.
Noite pecha; unha espadaña badalea as once; un reloxo de cuco pon seu comentario de consola. Na porta do casino—fundado alá pol-o 54—parolan unhas rapaciñas de boa caste. A oscuridade é tal, que non hai modo de coñocelas. Cual é a Chonchiña de Don Manuel? Cual a Carmiña de Puga? Cual a Luisiña Bouzas? Cual a sobriña de Don Alvaro? Volto a vivir os dias inolvidabres. O mesmo xemer da auga na fonte da Paneira, o mesmo bater no enlousado das rúas... pasa un neno; rosma unha vella; de lonxe, de moi lonxe, veñen latidos d'un can agoreiro. Un
Son as catro. As casas estan pechadas, o silenzo é de morte, e, con todo, a cibdade non durme: reméxese, zóa, latexa, como espabilada. E sinte unha inquietude de poseso.
Agria melancolía
de 'a ciudad decrépita;
me habeis llegado al alma
o acaso estabais en el fondo de ella?
Allaríz, 1930
D A L E M A Ñ A
I.—A VIAXE.
(Proseguimento)
HENDAYA-PARIS
E chega por fin o istante de deixal-o País Basco. O meu propósito que já non é un propósito, senón un compromiso, arrempúxame car’un oujetivo lonxano e descoñecido. Arestora, en realidade, eu estou literalmente facturado pra Berlín, porque fora do meu compromiso con quen me paga; levo un billete direito que, pol-os cartos que me custou, e principalmente por non ter pra outro, obrígame a chegar a Berlín n-un tempo determiñado. Ora, isto todo argalleino eu, en usanza da miña libérrima vontade; fun eu quen s'encadeou a Berlín con grillóns de papel e diñeiro, e agora, por moi fermosa que seña esta terra, por moi intresante que seña a sua fala, por moi acolledora que se ña a miña cámara, por moi discreto e amigo que seña o Luis Temes, non hai remedio senon espilirse pr'acomprir fidelmente o programa.
Pol-o tanto, que é o que é millor: ter un fito ou non telo? Eu teño deprendido no Tao-teking, qu'aquil que se propón un filo, arrédase por «¿lo mesmo do senso (tao), que ven ser atrás Jo qu'eu quixer andar. Tamén din alí que hai dous camiños pr'abranguel-o
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711514.xml
tolo, a frolecer no silenzo e na quietude da gandra. E torna a abrir os ollos sobre a vidraza que espella as pedras da fonte, e berra.
Ven un lego:
—Que che pasa rapás?
E o mozo contesta entre sonos:
—Quixera facer un foguete que non se apagara, unha roda de fogo que estivera queda e que non parara nunca.
A parbada do rapás brinca de cama en cama, pol-os tramos dos mozos; rube ó raiar da i-alba as escadeiras dos frades; sae cos que van decir misa en San Payo, e na Catedral.
—A noite houbo moita troula nos novicios. O fillo do fogueteiro da Sionlla, que entrou onte no convento, dóulle por soñar cos foguetes e andaba a berrar que quería facer un que nunca se apagara, unha roda que estivera queda e andivera sempre.
E o mestre dos canteiros da Catedral, que se enterou rindo da baraxenia do rapás, topa un día ó fogueteiro e lle dí:
—Mira, deixate de contos, o teu rapás sirve tanto pra crego como eu, dalle pol-a pantesía, e soña tolerías. Méteo a canteiro que che vai ser millor.
E o mozo, que non adiantaba na carreira, sempre a coidar nos foguetes e na gandra, saíu un día de San Martín pra traballar no Obradoiro da Catedral ó lado do mestre da Berenguela.
E din que foi ál o mestre que ergueu ó poente esta fachada de fogo que se chama o Obradoiro, acesa sempre n'un lume de bengalas; onde os foguetes das torres, e as cóbregas das volutas, e os estrellóns dos remates, arden sin se queimar, deitando sempre ouros e roxos sobre a praza das festas.
X—O CARPINTEIRO
O pai traballaba nos grandes altares en que Casas e Novoa recollia a lucencia dos foguetes barrocos. O fillo sabía d'abondo que
NÓS
ricas madeiras encobrían os panos de ouro. Todol-os seus paseos pol-a vila ian prendendo os ollos na fartura de madeira que se fitaba: rexo castiñeiro, ben traballado, nas portas da Catedral; carballo fino das alfardas da casa dos Ulloas, noceira escura dos teitos de Fonseca, tecidos como os lambizos d'unha manta farrapeira.
O mozo chegou a aborrecer o castiñeiro, o carballo e a noceira, e inda os seus soutos de aquecida soma, de tanto escoitar da forza e da vellice das mellores madeiras da vila e comenzou a desinquietalo un degoro de deixar as trenchas e os bedanos pra s2 meter no saber da mediciña. Termaba d'el no oficio o gosto de albanar as madeiras e o pracer de lle levar a contra ó pai e mais ó mestre, dándolle a cada peza non o seu altor, como viña nas trazas, senon aquel que lle petaba.
D'aquela chegou a Santiago Don Diego de Ulloa cargadiño de libros, mercados en todal-as tendas do mundo, cos ollos afiados de afondar nas proporcións de cada moimento e no lugar de cada pedra, degoirantes do agarimo das miudas orfebrerías e do vagar dos e/ongadas logias. E visitou o taller, no intre en que o mestre e o carpinteiro rifaban como tolos co rapás que teimaba de poñer sobre as colunas d'uns altares uns cabaquiños redondos sin emparrar.
O coengo entrou na discusión e foi escoitado: felou da obra de Juvara e do tratado de Ruggieri e gabou o arte da madeira «como unha orfebrería». E aquí saltou o mozo:
—Unha orfebrería de xentes probes e fa: chendiscas, que non teñen ouro e poñen unha pelica sobra as madeiras; que Vde. Don Fernando debera darlle noxo facelo, un bó canteiro metido a andar con estes tablóns que por rexos que sexan logo apodrecen.:.
O coengo fitou calado a aquel rapás agudo, que se revoltaba contra o seu oficio; mentras Don Fernando Casas lle decía:
—Mira rapás, non foras tan alporizado, nin tan maxinativo, i-eu te dixera aquelo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711516.xml
ROTEIROS LÍRECOS
A L L A R I Z
por ALVARO DE LAS CASAS
Pra o prof. Hernani Cidade.
Xa estou, como por milagre, fundido no morto silenzo d'esta bela e saudosa irexa do Sant-Yago, no mais vello da vila d’Allaríz. Mañanciña tristeira e húmida com'as do San Martiño. Longas soedás nos catro ventos do desexo. Tremelucen nos vidros pingas do neboeiro e nos ollos tilintea o brilo litúrxico da lámpara.
En longas olladas vagariñas vou furoneando-lo entr'estas pedras douradas, cobizoso por atopar o recanto malencónico. Din os contos das vellas qu'eiqui gárdanse as cinsas de Witiza, rei de moitas terras alá nos tempos dos reises das barbas brancas. Dí unha lenda qu'o corpo do rei foi traguido eiquí por catro doncelas da outa Limia, que despois un embruxo trocou en donicelas pra que endexamais poidesen decir a ninguer onde deixaran os hosos reaes. Pro non hai na eirexa toda, cousa que recorde nin conto nin lenda.
Baten os sinos o tantarulo do meiodía. Os ollos fican presos da meiguería d'este rapáz graníteco que dorme un sono de séculos c-os pés postos sobr'un can lebreu; non é tan fermoso como aquele outro da encastelada catedral de Sigüenza, pro teño pra min qu'este anxiño de pedra que esta rente d'ele pregando por sua ánema, chora mais magoado.
Quen será este rapáz? Cuaes foron as suas fazañas? Qué terras correu? Verdade é que aínda manten o seu nome escrito en longa carteleira, pro eu—loado sexa Deus!—non sei nada d'epigrafía, e mais vale asi: por acaso pode sere un patarata do século XVI, e prefiro maxinalo un valente fidalgo do meu seor o rei Don Sebastián.
Vai correndo o tempo. Agora os ollos préndense d'esta mañífica santiña do altare da Epístola. Efeitivamente ser‘ cousa de Juni? A cabeza é perfeita, inconfundibel a maneira como lle caen as roupas, brilante a policromía do estofado, cheas d'elegancia as mans...
Saímos á praza de Abaixo onde se ergueu a capela do San Lourenzo e imos logo á praza d'Arriba pra ollar millor o románeco d'este ábside purísimo, e botámonos pol-a rúa da Cruz deténconos diante do nobre casal dos Valcárcel, todo caiado á moda dos pazos portugueses.
Pasa D. Ramon Peña.
—Outra vez por estas terras?
E víuse camiño do casino en busca da conversa de Don Manuel, de Don César, de Don Eladio.
Logo rubimos pol-o Portelo pra vere o pa-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571157.xml
NÓS
VAJAL, As mulleres de Calvelo; Galicia Moderna, núm. 8)
E Rodríguez López así se esprica: (A malla; Gallegadas, 43)
«El é un xastre que en toda a redonda ten moito traballo.
e que dín que as meniñas engaña por arte do díaño.
Non hai outro que teña mais gracia, nin mais avispado pra ter sempre contos que veñen o caso nin que faga vestidos e dengues mais riberetados»
Pol-o que toca a esto das rapazas habría moito que decir.
Estránanse os mozos dos trunfos dos alfayates. Eles soen sere desgalichados, probes caseiros, mariquitas, e con eso... Debe haber «arte do díaño». Non se decatan que a falta da brillante virilidade dos xastres está contrabalanceada pol-a pibela enlabiadora a que tan poucas mulleres resisten—Motivo de envexa pr-os nugallóns desafortunados que pensan que todo ha de ser a paus—Empero, as nenas caen por engado e cando pasa, repínanos a causa da mesma falla de masculinidade.
De outra parte, creo de min, que será como no muíño: mais o ruxir que a auga. Po'-o menos os xastres das cántigas, conténtanse con aproveitar as ocasións que lles guinda seu oficio no aquel de tomar medidas pra dengues e muradanas. (núm. 68 e 84).
A parte de estas cousas de sicoloxía sexual, as tachas mais craras dos xastres son tres: cobardes, larpeiros e ladrós.
De froxos andan abondo enzoufados. Nas mallas fan cativa figura (núm. 4); entre sete non chegan a un home, o dobre compoñen un testigo e vintecinco fan falla par firmar un papel (núm. 78); témenlle a unha ran (núm. 101); fuxen de un rato (núm. 6) e, como as costureiras, precisan xuntarse vintecinco pra faguer calquera cousa (núms. 58, 74, 78, 88 e 101).
Larpeiros tamén figuran (núms. 24 e 54), anque arranxándose eles mesmos cunha tixola e sendo bos de contentar.
—iAy, comadre!—escoitei a unha vella— ¿e terá por ahí un pouco de sebo pra lle fritir un par de ovos ó xastre?
En canto a roubar, mais que ladrós serán enfomadores ou rateiros; rateiros do pano (núms. 10, 52, 71, 73 e 80).
—iAsús, qué demo de sono!—dice un xastre a sua muller, despreguizándose.
—iE logo?
—Coidei que chegaba as portas do ceo e que San Pedro me amostraba unha grandísima bandeira de moitísimos cores, feita cos retallos de pano que 'evo agachados na miña vida.
—Xa ves. Hai sonos que son ensinos e compre deporcatarse.
Puxéronse a traballar nun mantelo de terciopelo, mais a tesoura do xastre—pol-o costume—tallaba de arrodeo, como quen mal ara.
—Relémbrate do sono, Xacobe—lle dixo sua dona.
—Ca'a, muller, que de esta cor non había ningún mendiño.
Simpática figura a costureira aldeán, que na miña terra chaman «señoritas de media tiseira». Elas, na sinxeleza da campía, son a rayola de arte e de elegancia que dumiña as carballeiras.
«Costureiras repinicadas, de esas que teñen moita fantasía de agulla, que coñecen os novelos de fío negro pol-a fiaza e que saben enredar a madeixa n-o tocante a palabras de amores; de esas que se gaban de non turrar do sacho nin de luxarse na cocina cos potes; de esas señoriteiras con riberetes de sabidas, que por cortexos escollen os mellores mozos da alcaldía, que teñen a moita honra que as conezan nas festas pol-o dedal
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711517.xml
NOS
zo do Intendente, un pouco con cheiro colonial, e o de Oxea, e tantos outros, todos petruciás e empoleirados. No do Intendente morreu un xuez forrado de ouro que xuntou aos seores da vila en festas cortesáns, de sona en vinte légoas ao redor. Foron tempos! Xa nin recordo d'estas festas queda, e a rúa, perdido o bisbiseo das donas enxoiadas, semella unha corredoira de Calvario entre o viacrucis de tanto recordo: eiquí viveu Don Emilio elí morreu Dona María Luisa, lá casou a filla pequena de Don Payo...
Agora imos ao campo da feira pra repousar unha vez mais diante esta impoñente traza do mosteiro das Clarisas. Está como denantes: as enreixadas xanelas pechadas, as tellas a cair, sexas as enredadeiras, e sempre frolecido de xeráneos roxos o xardinciño do seor Vicario, enriba do porche. Con que pracer eu viña de neno todatas tardiñas a ouvir o latín d'estas freiras descoñecidas que faguían tan ben o almibare de cereixas! Aínda qu'o ronronear das madres zoase com'unha colmea, non era posibel calar aquela limpa voz de sor Sabela, aquela cristaíña e ducal sor Sabela a quen todos coñecíamos pol-a voz.
Vou correndo todos estes recantos c'unha emoción fondísima. Eiquí a irexa de San Esteban, tamen con vellas campas fidalgas e porta d'arquivolta e ábside de canicalos; logo o mercado, solar do nomeado e desaparecido colexio de latinidade que ergueran os Salgados; logo a rúa da cárcere, e a congostra do castelo, rexo castelo erguéito un tempo nos esgrevios roquedos do outeiro. Descemos pol-a Fonteíña e imos pol-a rúa do Arroyo—co-a casa anterga dos Feixós—á rúa do Hospital que toma nome do que eiquí figueron os cabaleiros de San Xan de Xerusalen. Magoada, tristeira e virxiliana rúa do Hospital, c-o paredón enramexado de ácios de caíño, e aquela casa, vilega e burocrática, onde rebulía a nena loira das miñas primeiras paseatas.
Vaíse pondo o sol; cheira a doce d'améndoas e a coiro en preparo. Non pasa ninguén.
Allaríz semella de pirmeira ollada unha cibdade morta, unha d'esas cibdades groricsas que diron inmortalidade a un século e que morreron sin saber porqué; e, con todo, Allariz non está morto: ficou dormido canso de loitar e comenza a espertar agora, e revólvese nervoso, como si ferido de noxos de modernidade quixese dormirse outra vez. Ficou desvelado. Non-o vedes? Non reparades n'estas pedras que se bambean nos frontis, sin cair d'unha vez? Non reparades n'estas xentes que van pol-a rúa sin camiño certo?
Vimos dar na irexa de San Pedro; non ten moita cousa que valla e mais érguese tan maxestuosa con sua torre feudal, que semella basílica. Dende lonxe parez un castelo; de perto semella unha d'esas catredales fronteiras do medioevo. E valta a señardá. Eiquí, rente de min, aínda se manten en pé o casal dos Gándara, tan amigos, tan meus; fraterna casa sempre aberta sobr'a que cairon as mores infelicidás. E logo o casal de Dona Xesusa. E' posibel ter coñecido a unha muller de liña mais aristocráteca que Dona Xesusa? Ainda me parez que a estou vendo no canapé como unha mañífica grabura isabelina. Agora... todo pasou: Xa nin a sombra de Don Luis ven a cintilar no vagaroso desfío do sol-por.
Despois a rúa do Sul, a de San Lázaro, a de Lobariñas, a de Gándara. Baten Trindades entre lusco e fusco. Que fidalgamente se derrete o sol n'esta centenaria e petrucial vila d'Allaríz! Imos ao pazo dos Soutomayor, na rúa d'Arriba, e logo á rúa de Vilanova tamén cun grande pazo baixo cuia solaina rechouchan luces d'oleo alumiando a Virxen da Guía. Rúa de aldeia e de vila, rúa de bairro disposta a maxinaciós. Unhas varas mais e xa estamos na capela de Vilanova, envolta pol-o sagrado velo. Tamén eiquí hai canicelos e portas románecas, e campas brasonadas, e carteleiras de nobreza. A caron o río remexe nas ponlas dos amieiros. Non sentides o esprito de Hamlet? Non ouvides a parrafada dos sepultureiros? Non repara-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711513.xml
NÓS
o aquel adeprendido nas longas leituras de Quintiliano. Co seu ollar, dilatado pol-as grandes arquiteituras, ven abranguendo toda a peisaxe, e no centro da peisaxe aquela ventaiña en que un estudante de crego soña, sobre un libro medio pechado. Agora xa de perto a ollada enfía ó libriño que se pecha de todo, á man que se abre distraida, e á pola d'unha roseira que se creba, e a uns circos que se abren no estanque do xardín, circos amprios e regulares, como as grades d'un anfiteatro. O coengo avanza silandeiro entre as medas da mirta do pomar, dispe o brazo feito pra acenar extremas ós muros da Quintana, saca o libriño da i-auga, abaneao nas máns, e fai que se axeiten as follas, como a lan d'un can recen bañado. Logo berra:
—Ai Domingos, Domingos, que xa estás dormido. Esperta, hom, así andan os libros que te deixou teu tío. Vaites, vaites, se fora o teu pai metíate a canteiro.
E pasou o tempo, e os días envo'veron ó Domingos n'unha hestoria moi longa que nin sei nin ten que ver co conto, e deixou os hábitos e meteuse canteiro, comenzando por ser rapás dos picos, na obra da Catedral. E Don Xosé, o fabriqueiro, protexéuno, e cando chegou a oficial (sido que foi un dos mellores canteiros da nosa terra) nomeóuno mestre de total-as obras de Santiago. E cando chegou a vello, ordeouse, e leeu de novo a Verxilio, e compuxo versos latinos. E foi él, quen fixo medrar sobre o sartego do Apostolo (ergueita como un vido, a frolecer narcisos; leda como unha uveira, roxa de pomas; testa como un carballo a deitar laranxas) aquela torre que por garrida chamase a Berenguela. A que conta como un relós de sol, as horas dos días e o devalar dos tempos sobre as pedras de Compostela, e alvisca o agromar dos pomares antergos, e o frolecer de total-as torres de Galicia,
porque as suas polas deron pugas pra elas, e pode chamal-as as suas fillas, como a pereira vella do pazo llo chama as pereiras noviñas que de ela foran enxertadas.
IX—O FOGUETEIRO
Dende a casiña do fogueteiro (prendida no ourizo cacheiro da montana) vese agora de lonxe á Berenguela, a medrar ainda, baixo a man do mestre. O fogueteiro, que mestura, como a terra, celmes estranos pra xermolar unha vexetación de coores, ten un fillo a quen lle tiran o latín e mais as letras. Sobre o lombo das terras que ouricela o gateño das urces, o pai e o fillo acércanse a nova torre; van cara o mosteiro de San Martín, onde quedará o rapás.
Xa marchou o pai, e calou o tanguido dos picos e dos sinos, e o rapás, abafado pol-as pedras da vila, deitouse canso na sua nova cama do mosteiro, entre outros mozos, vellos xa en Compostela. Desvélao un gorgullar de fonte, de unha fonte outa e redonda que espella a soma do seu remate nas vidrazas do tramo.
A i-auga devala renxendo, como as madamitas das romaxes, as pingotas remexen o silenzo, como os sarelos de fogo da noite do Apostolo. O anaco de ceo que enmarcan os lenzos do claustro vaise tinguir de roxo, de marelo, de verde, con lonxanas bengalas cintilantes. A Compostela cincenta e mollada que acaba de topar é un pesadelo da noite, e agora, no sono, espertará na sua Compostela, na vila das festas acesa en luminarias e foguetes. Pero olla sempre a moura soma das pedras da fonte sobre os vidros da ventán, e torna a durmir e a soñar c'un gran folión de fogos que nin estalen nin se apaguen; de montantes que se deteñen a deitar, inmobres, bagullas de ouro; de morteretes que guinden, a suspenderse no ar, baliñas de prata; de foguetes que pinguen un calado orballo de estrelas, que o ar tépedo fixe no espazo: a gran festa da vila do Apos-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571154.xml
CANCIOEIRO DA AGULLA
ENXERGADO CON DOAS DO POBO
POR ARMANDO COTARELO VALLEDOR
LIMIAR
Recollo aquí cento e unha cántigas populares de xastres e costureiras: 64 corresponden as costureiras, 31 ós xastres e 6 a entramos. Seguramente andan moitas mais de boca en boca, pero acaroar este asunto non é cousa de unha vez, como non-o é nos millenta asuntos semellantes.
Inda con sere tan cativo, o presente Cancioeiro dá mostras de total-as cras de cantos usados polo pobo: copras, cantares, tríadas e muiñeiras. As veces as parolas costureiras e xastres veñen arronsadas pola rima; as veces apricaselle unha cántiga nascida pra outro argumento. Algúnhas aparecen tecidas con versos alleos, quero decir, con versos correspondentes a outras cántigas, cousa adoitada pola musa aldeán. Nosos cantadores desartellan as copras segun lles peta e logo enxergan versos de aquí e de acolá para compoñer un cantar novo. Favoresce semellante traballo a disposición bimembre de moitos cantos populares, onde os dous primeiros versos gardan certa independencia dos derradeiros.
No pé de cada copra poño as variantes que me son coñecidas e os lugares onde se atoparon. Estes son; primeiramente, o pobo mesmo en longas esculcas por diversas campías durante moitos anos; despois as colleitas seguintes:
—Braga, Parnaso portugués moderno; Lisboa, 1877; 4.º (Parte III. Os Lyricos gallegos)
—Folk-Lore gallego (Biblioteca de las trad. pop. españolas, tomo IV) Sevilla, 1884; 8.º
—Valladares, Diccionario gallego-castellano; Santiago 1884; 4.º
—Pérez Ballesteros, Cancionero popular gallego; Madrid, 1886; 3 tomos en 8.º
—Saco y Arce, Literatura popular de Galicia (Bol. de la Comis. prov. de mon. de Orense, tomo IV) 1910 y siguientes.
—Cantares populares de Galicia. (Bol. de la R. Acad. Gallega; núm. 40) 1910 y siguientes.
—Noriega Varela, Como falan os brañegos; A Cruna, Nós 1928; 8.º
Das 101 cántigas de este libriño teño por inéditas 18, pol-o menos non están nas colleitas avanditas.
Como queira que o Cancioneiro popular é un verdadeiro piago que de cote está arre-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/11571153.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XII ★ Ourense 15 de Outono do 1930 ★ Núm. 82
TEMAS EN CORAZÓN
Tascadoras do meu liño,
teño o corazón lizgairo
tascaredes amodiño.
Sementai, sementadores,
no meu corazón lizgairo
ventos de novos amores.
Pranxideiras, a carpir;
teño o corazón lizgairo
e pódeseme durmir.
Bule, bule, amor leijado
que o meu corazón lizgairo
fugirache de contado.
Cantadoras, a arrolar;
teño o corazón lizgairo
e adoita a se despertar.
Bule, bule, amor perdido...!
Que azo o corazón lizgairo
por prisarche de corrido!
BOUZA-BREY
—Acordade o voso bruído,
que durmindo esté desperto
e desperto ande durmido—
Agosto-1930
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711522.xml
PARDO
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32 San Andrés 50
SANTIAGO A CRUÑA,
CASA EXCLUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu’os de pruma e limpan
mellor. Véndese en todol-os estableci-
mentos do ramo
Progreso, esquina a Luís Espada OURENSE
Andrés Perille - OURENSE
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18-Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711520.xml
208
cheia d'amor. Iste prodíxio d'evocação da «Danza da Vida» soilo podía faguelo Castelao. Il, a cada paso se asegura pra todos —menos pr'algun criteco de «El Sol»—coma a concenza vixilante da Galiza. Moitas cousas suxire a nova obra do Castelao. Sí é qu'a sátira tén eficacea social ¿non arrincaría deiqui, d'iste libro, unha estadea de arrepentimentos? Coidamos que xa d'istas horas aleúns «homes» teñen mentes de se correxiren. Mais como isas cousas se non confesan pubricamente resulta qu'o millor trunfo do libro fica na hestorea -calada de cada ún: diant'a posibre hora da Morte.
EN TORNO E DAS IDEAS COMUNISTAS DE PLATON.
CONFERENCIA pronunciada por Ricardo Car-
ballo Calero no «Centro de cultura» de El Ferrol. Ouxetividade i'a necesaria dosis de paixón eispositiva.
DOS ORIXENS DA POESIA LIRICA EM PORTUGAL NA IDADE MEDIA, por M. RODRIGUES Lapa, Lisboa.
COMA nos tempos xenerosos da primeira
filoloxía románica o autor—ben apreciado por outros traballos—trata o tema emocionado do xurdir da fonte do lirismo portugués c'unha superioridade filla da cencia e do esprito. Unha formidábel erudición que non resulta fadigosa nin académica. Pol-o contrario axuda a sentir os probremas facéndonos alentar no aer mañanceiro do medievo, poil-o autor valoriza os mais pequenos indicios d'un pasado aínda ben perto das nosas almas e sabe zugar a mel i-o proveito de cada fonte histórica e de cada teoría sabia. Hai no libro unha luz de crítica i-unha luz de re-creación. Pódese dicir qu'empeza dun xeito ademirabel a nova historia da lingua e da literatura portuguesa en función da Europa, no tempo inicial en qu'a Europa era unha, sendo viventes todalas partes d'ela. Vai envolto o probrema xeneral dos orixes da lírica eurcpea e todo o forte volume (250 páxinas) estabrece que «o fondo visivel da poesía románica, dita popular, é a poesía litúrxica». Medio latín, latín novo, de cada terra do Oucidente. Un libro sabio e vivente que será guía e consello, mestre i-amigo, A
NÓS
Galiza i-os seus modernos estudosos están tratados con xustiza i-amor. A nosa embora i-ademiración pr'o Sr. Rodrígues Lapa.
R. O. P.
RE VISTAS
BIBLOS, Coimbra. Volume VI Maio e Junho 1930.
SUMARIO: Manuel da Silva Gaia; João de
Deus.—Guido Batelli: Les Saudades Paganas di Anthero de Quental e la poesia clásica di G. Carducci.—Gongalo de Reparaz Junior:Mestre Jacome de Malhorca cartógrafo do Infante.—Vergilio Correia: Da importancia. dos Museus regionais.—Dr. José M.ª Rodríguez: Ainda a dupla rota de Vasco da Gama em os LUSIADAS V. 4-13, e a argumentação do Sr. Almirante Gago Coutinho. —Amorím Girao: Esbogo duma carta regional de Portugal.—Mariano Saldanha: O sati hindu e o centenario da sua abolição.—Ernesto Donato: Os reservados da Biblioteca da Universidade de Coimbra.—P. José dos Santos Mota: Métrica de Camoens.
O INSTITUTO. Coimbra, 4.ª Serie Vol. 8, núm.5.
SUMARIO: Vergilio Correia: Artes industriais ou aplicadas em Portugal no século XVI-Ouro e Ferro.—Agostinho da Silva: A religião grega.— Álvaro Neves: Doutor Teófilo Braga musicólogo.—Saavedra Machado: Os estudos germânicos em Portugal.—Sousa de Viterbo: Subsídio para a História da Música em Portugal.—C. S. Corrêa da Silva: Ensaio sóbre os latinismos dos LUSIADAS.
BROTERIA, Vol. XI - Fasc. II Agosto 1930.
SUMARIO: C. Z. Pinto Coelho: Contradições
da lei civil sóbre o direito de associação.—S. S. Tovares: O salmão no Rio Minho.—Domingos Mauricio: Nota Camiliana.— Francisco Rodriguez: Poder e Segredo da Associação.—E. Jambari: Direito canónico (Respostas da Comissão Pontifícia para a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711511.xml
NÓS
—Quedan na hucha pechados para poñer o domingo.
Cántiga famosa e ben-o merece pol-a sua gracia e o axeitado refrexar do ser leroso das costureiras.
—Deixoos na hucha gardados para traer os domingos. A Cruña
¿onde deixal-os melindros?
—Deixoos na hucha pechados
—Costureira melindrosa
¿onde deixal-o melindro?
—Déixoo na arca pechado
—Deixeinos en cas meu pai
na cestiña dos remendos
15 Costureira, costureira,
tes as pernas esfoladas
de baixar e de sobir
denoite pcl-as ventanas.
Inédita?
Sangrento virote contra as cacho'iñas da agulla
de sobir e de baixar
16 Costureira finiquita
si te mágoa o teu dedal
o milliño está na leíra,
a ligoña está no ullar.
Inédita?
Sátira fina e inocente re'acionada co número 20.
A verba ullar amostra ser inventada en
Lugo ou na sua bisbarra.
si te mágoa o dedal
o millo estáche na leira
17 Costureira melindrosa,
arrechégate a este valo,
quéroche contar un conto,
o conto do meu cabalo.
Este cabalo debe vir na busca do valo de enriba. Por outra parte, o valo proteutor e sinificativo:
Costureira, costureira
18 Costureira melindrosa,
dáme ese alfiler de prata
para quitar unha espiña
do corazón, que me mata.
Cántiga famosa. Hai outras semellantes, derivadas dela seguramente.
Costureira bonita
dáme unha agulla de prata
dáme un alfiler de prata
para sacar unha espiña
19 Costureira melindrosa,
dis que non comes touciño,
icomerías un porco enteiro
dendel-o rabo ô fouciño!
Sátira contra o popular larpeirismo de xastres e costureiras e aínda de cantos traballan a mantido. Ver o núm. ¿7.
Costureiriña bonita
dí que non come o touciño,
inda come un porco erteiro
desde o rabo hastra o fouciño.
que non lle gusta o tousiño
icome ela un porco enteiro
(Continuaráse)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711524.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GÁNDARA Y TRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos d'augas minerás, Restaurants y vagones-camas de todol-os tres.
Estas aguas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurasteria
Riquísima auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondariz-Baneario, áchase á de 35 Km. Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711521.xml
NÓS
Interpretacáo do Código).—Soares de Azevedo: Pelo Brasil.—M. V. Notas e Factos.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redacgáo.—Efemérides.
Vol. XI. Fase. III. Setembro de 1930.
S umanio: E. Jombari: A Encídica sóbre S. Agostinho.—José Agostinho.—As tendencias da literatura contemporânea.—C. Z. Pinto Coelho: As leis contra as Congregacóes são contra direito.—L. Chaves: A rosa na lírica popular.—Riba Leça: O home que matou o diabo de Aquilino Ribeiro.—Revista de Revistas.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redacção.—Efemérides.
PORTUGALE. Vol. III, núm. 15.
S umanio: Mario Beirão: Antonio Carneiro, (versos).—Magalhães Lima: Natureza e caracter especulativo e estético do Folclore.—Ferreira Soares: Preparativos.—Pereira da Silva: Professor Aníbal Bettencourt.—Pedro Vitorino: Artistas portuenses.—Luis Chaves: O rio Douro, (excerto).—H. de Campos Ferreira Lima: Bocage no Arquivo Histórico Militar.—Madrugada, (folha solta) escultura de Antonio de Azevedo.—Pedro Vitorino: Inéditos e autógrafos. Cartas do Marquês de Sá da Bandeira.—Julião Machado: Página humorística.—Rodrigo de Sá Nogueira: Subsídios para o estudo das consequências da andologia em Portugal.—Abel Viana: Estações Paleolíticas do Alto-Minho.—Alberto d'Oliveira, Ana de Castro Osorio, Pedro Vitorino, H. de Campos Ferreira Lima, A. Saavedra: Varia.—In Memoriam: Aníbal Bettencourt, Alves Cardozo, Costa Mota, Antonio Carneiro e Francisco dos Santos, Frederico Oom.—Bibliografia.—Novidades.—Leitões de Libros.—Res et Verba.
LA NOSTRA TERRA, Mallorca
Juliol, 1390.
S umanio: Luis de la llengua pròpia a Mallorca.—Ponsi Marqués: De la llengua literària.—Bartomeu Barceló: Primera Comunió.—Antoni Pons: Mateu Obrador Bennàsser, (continuació).—M. Duran: D'Educació.—Associació per la Cultura de Mallorca.—Els Llibres.—Reculls de Fora.—Noticiari.
REVISTA DE GUIMARÃES. Publicação da Sociedade Martins Sarmento. núm. 12. Janeiro, Setembro, 1930.
S umanio: Cartas de Martins Sarmento ao Padre Capela.—Demografia e ensino (conferência pronunciada na Sociedade Martins Sarmento, por S. A. Pires le Lima).—Th.G.: S. Gualter de Guimarães. Ensaio biográfico.—Alberto V. Braga: Usos e Costumes, Tradições e Bruxaria nas obras de Camilo Castelo-Branco.—P. Alberto Gonçalves: Quatro D. Priores da Colegiada de Sta. Maria da oliveira, de Guimarães.—Regimento de salários e preços de 1522.—Conferência.—Boletim.
Imp. NÓS - Linares Rivas, 50 - A Coruña
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA E FARMACIA
Pereira, 19 — OURENSE — Telefóno 28
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711510.xml
198
6 Aquel xastriño de bimio, aquel xastre esquirrichado, anda fuxido no monte, anda fuxindo de un rato.
Inédita? Pouco mais se poderá encumar o medo de ninguén. Aquel xastre do Vimio, aquel xastre encuchipado, vai fuxindo no monte, vai fuxindo de aquel rato. Ribadeo
7 Arriba meu pau de agullas, miña caixa de alfileres; tes a tixeira na man, dálle por onde quixeres.
Raro que non se empreguen aquí as verbas agulleiro ou agulleteiro e alfileteiro, usadas noutros cantares. Algo semella os núms. 94 e 95. a tixeira tes na man Ourens
8 As costureiras bonitas foron feitas o cicel, son amiguiñas dos mozos como as abellas da mel.
Tal é a chata mais visibre que o folklore campizán delata nas costureiras. As costureiras de agora son amiguiñas dos homes A Cruña
9 As costureiras de ogano todas son mixiriqueiras, para pasar os piñares van cobertiñas de fenta. Inédita? Sátira fina e alegante que semella ó núm. 25.
NÓS
As costureiras de agora levan cubertas de fenta. Arzúa
10 As tixeiriñas do xastre van decindo: Rapa, rapa; con este pedazo e outro xa facemos unha capa.
Cuasi tradución de unha copra andaluza. Ver LAFUENTE ALCÁNTARA, Cancionero popular, II, 389.
11 Ben-a vin subír, ben-a vin baixar, a costureiriña, pol-o carballal.
Inédita? Está composta aproveitando os primeiros versos de outros cantares. Notabre pol-o metro.
12 —Bonitiña costureira, ¿onde che vai o dedal? —Perdino na carballeira unha noite de luar.
Inédita? Fermosa cántiga seméllante o núm. 31, pero mais bonita e con maor entención. Ver tamén o núm. 35.
13 Castelo de San Antón, estás que morres de risa de mirar as costureiras con peineta e sin camisa.
Castelo ou forte de San Antón na Cruña. Cuasi tradución de outra andaluza. Ver LAFUENTE ALCÁNTARA, Cancionero popular, II, 409.
14 —Costureira bonitiña ¿onde deixache os melindros?
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/6b/6b62/6b620e2b-8702-4982-a51e-a62c2dd1d4c2/115711512.xml
ARTISTAS ALDEANS
Parábola dos catro mestres canteiros
por FILGUEIRA VALVERDE
VIII—O LABREGO
Na corga onde o río, ourelado de unha sebe de vidueiros e sanguiños, molla as mellores terras do val, o pazo fronteiro ó «recreo» dos coengos abre as fiestras sobre o macio verdor d'un pomariño vello.
Domingos tornou hai días de Compostela, moi envclto no seu fatelo de estudante, os ollos embazados de miudas verbas latinas, arclando deitarse, ceibe, a ollar a larganza dos agros; trae poucos libros e o degoro de pousa'os, ben, pechados, na mesiña do cabán.
Pero hoxe topou unha noxenta soedá nas leiras, tornou á casa, e douse a percurar un libro calquera, entre os papés do tío, e veleiquí un pequeno Verxilio que lle vai descubrir que os latines son algo máis que textos gramaticais, e que unha oración de relativo pode acobillar ledos pensamentos. O rapás séntase na ventán, co libriño: as verbas teñen ás veces írtida lumiosidá de abrente e lentura de terra labrantía; outras, envoltas en novelos de brétema, son alleas como laxes de picoutos lonxanos. O latín solene das cátedras, vestido de crego ou de escolante, trócase agora n'un latín festeiro, adobiado como unha moza labrega, rillote como un rapáz de cego.
De súpeto, na gandra das mitoloxías e dos alaudos, unha baraxenia de neno: «Incultisque rubens pendebit sentibus uva»
(Lembranzas dos curtos días de xogos, cando aínda andaba co Chisco e co Miguel. No cansancio das seráns longas, cando o suar apega xa a roupa ó corpo e todol-os xogos se cortan por pequenas rifas, acaroarse ó peitoril da ponte a babilonear:
—E si agora os carballos deran uvas, e as noceiras mazáns, e as pedras mel...)
Sigue leendo e topa un novo frolecer de tolemias:
«Mala ferant quercus, narcisso floreat al[nus; Pinguiacorticibus sudent eletra myricae»
E pecha os ollos a soñar troques en todal-as cousas do mundo: nos arbres mesmos do pomar, a se trocar en esteos de pedra; nos centeos mainos, a camiñar como moitedumes; nas pedras vellas do pazo dos coengos, a se trocar en arbres. Esto sí que estaba bunito: que primadeira frolecida de ouricelos, que outono froitoso de pomas! Olla as fiestras cos nembros pendurados, coma polas, de mazás camoesas e de peras urracas; e as lumieiras, tortas, como carballos, cheas de pingas de orballo na follateira; e a espedaina da capela, zoando ós ventos como a frouma d'un piño...
Pol-a porta do pazo dos coengos, rexa aínda na sua lóxica vella, de canteiría dos mazoneiros da Montaña, saeu Don Xosé da Vega e Verdugo, e avanzou polos carreiros, con andar de orador román, sin descompor