https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157118&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711816.xml
cos loiros cabelos à moda da Nova Guiné, e as antiparras de carey. Carta da miña casa, súpeta e desordeada conversa, lembranza de todol-os amigos, un plan d'estudos e viages completo, meia guía de Berlin, crítica dos hispanistas tudescos, observacións e juízos en col do caraute alemão, da ciencia alemã, da sociedade alemã, das mulleres alemãs, unha foliada e unha cántiga d'arrieiro no gramófono—todo alemão tén un gramófono; todo hespañol que leva algún tempo d'Alemaña, tamén; ao son d'iste gramófono já bailaron as monjiñas d'esta Krankenhaus...—e a chegada da Sr. Noguera, que vai se'-o meu guía en Bonn.
O Sr. Noguera entra falando em hespañol, mais n-isto vénse a min, e di ajuntand'os calcañares:
—Ah ¡Guten Tag!
Fixome o efecto de que se ll'houbera tronzado a espontaneidade da entrada ao s'atopar c'un suposto alemán, e qu'a presentación ll'houbera devolto o humor.
O alemán non tardou en chegar. Era o médico, e era judeu. Moi bromista. Pouca parou. Sigueu a conversa.
Do que din e do que pensan istes hespañoles de Bonn; falarei despois. Noguera é catalán e traballa n-arquitetura cristiáa no Seminario de Teología católica da Universidade. Todos son católicos en Bonn; o que é protestante, é que é forasteiro. Asi e todo, na Universidade hai dúas Facultades de Teología: unha católica e outra protestante. Hai tamén unha eireja disidente, dos católicos que non acetaron as decisiós do Concilio Vaticano; teñen eireja e culto, mais o clero vailles escaseando.
O MUNSTER.
O Sr. Noguera e mais eu surtimos pra ver a cibdade.
Primeiro, o Münster. O Münster é a catedral de Bonn. Románica restaurada, d'ise roménico alemán tan coñecido, tipo, por eixemplo Domo de Bamberg, tan repetido nas historias elementás da arte. Ouso redondo con arqueirías e torres aos lados, claustro característico, bárbaro e rudo, con curiosos capiteis, que non tiven tempo de detallar, vidreiras de coores, boas images. Unha cripta románica con capiteis cúbicos primitivos, restaurada tamén. Por outra lado andan fa-
NÓS
cendo escavações, e atoparon restos moi antigos d'outra eireja con diferente orientación. Todo un pouco frío.
Noguera dalle pouca importancia; di que é bárbaro, pesado, que non ten escultura, que o mais que ten é restaurado. A min satisfaime mais, ben seña por non ter o gosto exigente do especialista, ben pola primeira impresión de ver na realidade o que soilo se ten ollada en estampas. Mail-a visita fai tan pouco demorada que teño todo case esquecido.
Non me pasou isto coa a impresión xeral da cibdade, que cada día se me foi afincando mais na y-alma. Algún tempo despois, ainda dicía eu en Berlin que Bonn era a cibdade mais fermosa que vira na miña vida—despois de ver Lisboa!—e layábame de non ter quedado en Bonn.
Despois do Münster, demos unha volta pal-as ruas, enantes de jantar: lembro librarías moi ben postas e clasificadas por materias, xardíns cheos de verdor e coor, a Kaiser Platz.
Fun jantar ao Rote Kane, sopa de letras, esa sopa erudita e pedagógica que debeu inventar Gutemberg, e non Picadillo, e unha Kotelette preparada à inglesa. Non tomei café, e cando estava escribindo as miñas notas, veume precurar o Sr. Noguera.
O MUSEU.
As sezóis de Prehistoria dos Museus alemás son mareantes, estonteantes, provocantes a vértigo. Son d'unha profusión tal, que n-unha visita d'estas, semella qu'as cristaleiras andan bailando arredor, vólvese un tolo, porque aquilo non se dá visto, e adiós. Salas e salas que non rematan nunca, ata qu'acaba c'un a canseira, e já non fican forzas mais que pra pillar a porta o mais axiña e surtir logo á rua, porque semella qu'o persiguen a un os coios e os testos, e qu'o acomete a un febre.
No de Bonn, qu'o Noguera me levou ver despois de jantar, hai de todo, dend'o musteriense pra diante. Ja non quixen parar na Steinzeit, farto de tanta cerámica neolítica coñecida, dos vasos campaniformes con decoracións com'as nosas ou diferentes, algunhas curiosas pola sua aparente irregularidade. Da Edade do ferro non vin mais que sete pezas d'ouro, brazaletes e torques que coido de
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157118&posicion=18
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571189.xml
San Francisco pregando ós paxariños
(Do Poemu en catalán «San Francesch» de Mosén, X. Verdaguer.)
Camiña o Apóstol do amor por unha fraga da Italia; i-o amor que él ten a Xesús xa non lle colle na i-alma. Fálalle ós ríos e As froles, e ós piñeiriños se abraza o eisilado Serafin que ten do ceo añoranza. Antre ledo rechouchio os paxaros o acompañan; os que aledan o arboredo revoan de galla en galla e os que pol-o ceo voan atentos no aire pairan. Francisco por lles falar baixo un carballo se para. Uns sobre a herba se pousan, outros sobre o touzal baixan, póndose os mais cariñosos sobre os seus xionllos i-espaldas. Hai un sobre cada herbifia e moitos en cada galla. —«Irmáns paxariños —dilles— ‘Canto o criador vos ama! Sin sementeiras nin segas na vosa mesa non fallan sementes de homildes herbas, da fonte pingotas d'áuga si no cáliz das froliñas querés bebel-a rosada. Coser e fiar non sabedes, mais Deus vos veste e vos calsa e voso traxe e calsado valen mais que d'ouro e prata. Por leito vos dona un gromo, as follas por sobrecamas, ceo e terra por gaiola, por niño fermosas fragas. Paxariños, meus irmáns, ‘canto o criador vos ama! Amádeo, pois, tamén vós, que amor con amor se paga; cantálle ó cair da tarde, cantádelle na alborada do amor a cántiga doce que os homes tén olvidada!» — Ás aves así pregando, San Francisco se estasiaba. Elas, por reverencial-o, suas cabecifias abaixan; a anduriña alarga o colo, a perdiz estende as alas, i-erguendo ó ceo seus ollos, abre o peteiro a colandra; fai a roda o paxarel, saltarica a cogullada, erguendo e baixando ón tempo sua capucha franciscana. Cando Francisco as beizoa, de amor chían e salaian i-algún reiseñor diviño doces arpexos espalla. Do sagro sino que él fai collen a forma en bandada e voan cantando ó ceo como unha cruz que se agranda dende Nacente a Pofiente dende o Sur A tramontana. Asi a Cruz de Xesús que o Mártir de amor abraza será erguida en todo o mundo pol-os fillos da Seráfica, que probes coma os paxaros, xa por montes e valgadas de amor a cántiga doce, do home esquencida, cantan.
XOSÉ M. CABADA VÁZQUEZ
Pazo de Raxoi, Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711821.xml
NÓS
res.—Novas da Causa.—Unha tradución de Galicia cara y cruz de Xulio Sigüenza.— Fins d'ano, por A. Martinez Doval.—Follas novas.—O ano derradeiro en Betanzos, por Luis Cortiñas.
LA NOSTRA TERRA, Mallorca, núms. 33-36
No núm. 33 (Setembre) publica: Catalunya a Ginebra, El VI Congrés de Minories Nacionals; no 34, Interpretacions de la ironía, por B. Forteza, Meditació romana de Louis Le Cardounel, trad. por J. P. i M. Cant de tardor, por Francesc Vidal i Burdils. No 35, Eynegeticon, poema de caza de Gratius Faliscus, trad. por A. Pons. No 36, dedicado a lembranza de Mistral, trai: Mistral i la seva obra, por Guillem Colom y Esquitxada, trad. de Mistral por Maria Antonia Salvá. Tamén se refire ao cinquentenario da Sociedade Arqueolóxica Luliana, celebrado o 18 de Nadal.
SUDETENDETSCHE ZEITECHRIFT FUR VOLKSKUNDE, Prag, 3 Jahrgang, 1930 6 Heft.
INHALTSVERZEICHNIS: Egon Lendl, Sudeten-
deutsche Kolonisten in Oberslawonien.— Dr. Gustav Jungbauer, Sprachinselvol kskunde.— Karl M. Alier, Zum deutschen Vo'kstanz.—Richard Zeisdl, Der Dumme hat's Glúch Máarchen aus der Deutsch-Probener Sprachinsel.—Franz J. Beranek, Zum Hausban in Karpathenrussland.— Kleine Mitteilungen.—Atlas der deutschen Volkskunde. etc.
L'ALLIANCE LITTERAIRE, París, núm. 2.
SOMMAIRE: Alexandre Mercereau, Comment peruettse aux Concerts symphoniqués de vivre, ou la crise de l'Intelligence Française.—P. N. Roinard, Leon Talboom et Eugène Figuiere.—P. N. Roinard, Anibition, poème.—M. de Nicolay, Le Dr. Jaworsky.— Dr. Jaworsky, La réincarnation au point de vue philosophique.—E. A. Larit, Paul Bruat et son oeuvre.—André Billy, Leon Deffoux.—L. Leclerc, Camille Fabri.—Marie-Reine Agnion, H. J. Magog.—Paul Dalveire, Robert Veyssié.— Me. Maurice Prévost, Henri Tirrés.—Jeau Desthieux, Ode pour Lucien Rolmer.—Alexandre Mercereau, A la mémoire de Nicolas Tarkhoff.—Adrien Gaignou, La Fédération des Sociétés d'Ecrivains et des Revues Littéraires de France.—Charles Dervillier, A la recherche de Marcel Proust, Lucien Aressy.—Nous progressons vers Gallipoli, Albert Cerisier.—Les Mouches.—P. Dalveire, Leçons d'amour á l'usage des jeunes filles, de Odette Dalac.—Felix Galipaux, Vous ferez bien...—Theo Vaslet, Me. Pon, notaire de province, de Reginald Granlich.—R. Granlich, Une fin de vente en Flandre, Un honnête homme.—L. Martín, Lames de fond, de Maurice Rhéne.—M. Rhéne, Lames de fond.—Alexandre Mercereau, Qui découvrit l'Amérique.—Lucien Aressy Le 6 me. Congrès des Ecrivains (compterendu).—Bonne langue e mauvaise langue, ou A travers la grammaire.—Oniscocratie.— A travers la presse.—Livres reçus.—De tout un peu.—Petite correspondance
IMPRENTA NÓS, Llavares Rivas, 50. A CRUÑA
SEGYRDO LIBRO DE COVSXS POR CASTELAO
Pedidos a NÓS - Hortas, 20 - SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571182.xml
NÓS
BOLETÍN MENSUAL
da
CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47— OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número salto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
Inno alla Galizia, pol-o P. Celestino García Romero † — TRADUCIÓN DE GUIDO BATELLI.
Leabhar Gabhála, Libro das Conquistas d'Irlanda.
San Francisco pregando ós paxariños, traducción do Poema de Mosen X. Verdaguer por Xosé M. CABADA.
Da Alemaña, por VICENTE RISCO.
Os homes, os feitos as verbas, POL-A REDAUCIÓN.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Sanlo Domingo, 47.2º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571184.xml
Qual pecorelle manse qui sono le fiumane,
i venti non le túrbano, ma l'onde a baciar van
e póngonsi seduti á piedi degli ontani
a favellar d'amore e li tranquilli stan.
Cantatemi Galizia quanti sapete d'ella,
cantate la Galizia quanti qui san cantar,
quanti nel petto avete amore a cose belle,
voi che del Cielo un giorno udiste favellar!
Se i monti vi son alti, é perché su nel cielo
le cose di Galizia amano raccontar,
e levano gli aromi dei fiori nel lor canto,
come la madre il figlio quando lo vuol cullar.
Che splendide pinete sui monti di Galizia,
e quant'altre potrebbero sovr'essi prosperar,
se furon la corona di tutti i suoi signori,
a quanti poverelli il pan potrebber dar!
Senza confine i boschi e sempre verdeggianti,
par che la terra intera cerchino d'ombreggiar,
all'ombra delle piante invitano i suoi figli
perché sereni vengano a ridere a danzar.
Cantatemi Galizia quanti sapete d'ella,
cantate la Galizia quanti qui san cantar,
chi di profeta al labro sa modular la tromba,
e chi su una zampogna di canne sa suonar!
I figli suoi dispersi il mondo han riempito
di beni e di ricchezze, di nome e di splendor,
e quando dè lor fatti qualcuno fa memoria
s'arresta per udirli attento fino il Sol.
Cantate, miei galleghi, orsú con tutta l'alma,
la terra benedetta che il Cielo ci donò,
con rivi d'acqua chiara sopra l'arene d'oro
con baie quete e calme che Dio per noi creò.
Cantatemi Galizia quanti sapete d'ella,
quanti nel petto vostro levate alcun valor,
e quanti ora qui siamo, le nostre mani in alto,
guiriam la nostra terra portar sempre nel cuor!
P. CELESTINO GARCIA ROMERO
traduzione di Guido Battelli
Coimbra, marzo 1931.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711813.xml
NÓS
e señores, mozos e vellos, vellas e criadas, e ninguén sabía de Coburgerstrasse. Estábache boa a navalla! Por fin, na porta d'unha casa, había un rapaz outo loiro, colorado, d'ollos craros, co-a cara simpática e sorridente de todol-os habitadores de Bonn. Faleille. O de que me perguntou se falaba inglés, cela va sans dire... Non faltaba mais. Mais aquil rapaz, que por certo levaba o calzón curto bombacho e as meias escocesas que tan ben din, e tanto se levan na Alemaña, resolveume o probrema. Resultou qu'os feitos dicían coa cara. Figuraivos que boa persoa sería, qu'estaba parado il soilo diante da sua casa; ja compre ser bon. Perfeitamente: tampouco sabía de Coburgerstrasse... Mais, válat'o demo, nen que Bonn fora tan grande; eu já estava un pouco asustado. Resultaba que n-Alemaña, cada vila é un mundo... Mais non.
O rapaz, todo atento rubíu precurar un plano. Coil na man, antr'os dous buscamos Coburgerstrasse. Ainda tardou en parecer. Cadraba lonxe, case no cabo de Cablentzerstrasse. Mais non había perda: diante de nós case, estaba a Coblentzertor, por ond’a Coblentzerstrasse sai. O rapaz aconselloume que pillara un carro eléitrico, mais en non quixen mais compricaciós. Dinll'as gracias dend'o fondo da y-alma, e lástima que non viñera algún día a Ourense, qu'o había levar a ver todal-as cupletistas.
Botei a andar, despois de pasal-os arcos da porta de Coblenza. Atopeime n-unha rua fermosisema, toda d'hotals arrodeados de frondosos jardís dos que viña o arrecendo das froles e da terra mollada da chovisca recente. Rua tranquía, de luxo, na qu'ía já anoitecendo, e ficaba silenzosa e calada, com'o paseio d'un jardín.
Anda, anda, anda, camiña, camiña, camiña, alanca, alanca, alanca, cheguei á Coburgerstrasse. Precurei o número, e atopei pechado o valado de ferro, entretecido d'enredadeiras. Por mais qu'andiven no pecho, non había modo d'abrir. Mais a casa do lado tiña a cancela aberta. Entón entrei, rubín dúas ou tres gradas, e piquei no timbre. Surtíu unha señora. Perguntei pol-a casa do Profesor Meyer-Liibke. Era a do lado, a qu’estaba pecha. Volvin mirar s'habería un timbre por afora, e nada.
Ja non sabendo que facer, vin luz na casa do outro lado, e petei. No balcón apareceu un señor en camisa, por certo moi falador e simpático. Perguntoume s'iba en precura do Profesor hespañol, e dixome que non sabía onde fora, e que Meyer-Liibke non estaba. E faloume en hespañol. No meio da miña anguria, vin o ceo aberto... Pol-o menos, ist'home vaime dicir d'un hotel:
— De manera — dixenlle — que no sabe V. donde está el Profesor hespañol?
—No sé nada, no sé nada! —respondeu a toda presa.
—Pues estoy fastidiado—Dixenlle por non dicir calquera verba pior—porque no conozco la ciudad, ni sé tan siquiera de un hotel.
—Oh, muy malo, muy malo! —berrou pechando a fenestra.
E eu ali quedei, nas escaleiras, giado de desencanto... Que se ll'iba facer! Había que dar volta. E din volta por antre fermosas residenzas silenzosas e pechadas, arrodeadas de froles, e vizoso follax... Que ben debía vivir aquela gente,... e qu'amocado iba eu!
Cheguei ao Market, e vin un hotel con restaurant, chamado Rote Kanne. Entrei, pedín unha cámara, e déronma. E namentras, entrel a cear no restaurant. Coma primeirizo, pedín sopa, un plato e postre. O plato era de carne: bisté á inglesa, e trouxéronme un cacho de bisté tan formidable, e tal cugulo de patacas e ensalada, qu'apesares dos tragos de cervexa, eu non podía con todo. Eu estaba n-un curruncho da sala. No oposto estaban unha chea de señores falando, rindo e trasegando unha man de cervexa que puña medo. Ouviase cantal-a Viuda Alegre, por radio. Servía un velliño de smoking, moi atento, que de cando en cando botaba a cabeza unhe porta, e berraba:
—Matilde! Matilde!
E despois marmuñaba alá coa Matilde pol-o baixo.
Crar'está que de que rematei de tragar o que puden da cea medieval que me puxeron, e de ver as evoluciós dos cervecexantes, que cada volta que chegaba un novo, e cand'a algún se ll'ocurría brindar, erguianse todos moi cerimoñosos e daban tres ou catro toupiñadas de cortesía, todo rindo moito, rubín pra me deitar na cámara númaro 13.
Estaba no estado perfeito do ouservador e do viageiro: tiña a testa ten inteiramente valeira d'ideias, que podía aproveitar canto
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711810.xml
NÓS
D A L E M A Ñ A
POR VICENTE RISCO
II.—O RHIN.
(Proseguimento)
DE HERGENRATH (AACHEN) A COLOÑA.
Hergenrath é unha das estacións d'Aachen, Aix-la-Chapelle ou Aquisgram, coma queirades, a vila carolingia, imperial, paneuropea d'antr'os séculos VIII e IX, da que somentes podo recollel-a resoanza histórica do nome. Cando Calromagno gorentaba demorar n-ela, foi cand'o milagre fixo xurdir a Estrela do Apóstolo. A sóma imperial de Calromagno deita leendaría e simbólica juntamente so br'Aquisgram e Compostela.
Mais arestora, pra min, Aquisgran non é mais que Hergenrath, e Hergenrath non é mais qu'a alfândega.
Ao porme a falar no meu alemán co que recolle os boletos, os tres alemás que veñen comigo intervenñen. Pergúntanme se son francés ou belga. Ao decirlle que son hespañol, o elegante do ollo enloitado amóstrame unha Kölnische Zeitung que trai en letras grosas a chegada do Zeppelin a Sevilla. Se non decata, crarestá de que Sevilla é pra min tan exótica coma Aachen. Estivemos unha miga falando no andén. Despois rubimos pr'abrirmolas valijas, e chegan os da alfândega. Pouco miran mais eu pergunteilles que facia co meu baúl; coma me non lembraba d'outra verba, chameille caixa: dir xenlle que traguia eine grosse Kista... O elegante do ollo enloitado enmendoume moi fino:
—Einen grossen Koffer.
E tiven que baixar. Antr'un mozo e mais eu desenleamos o grossen Koffer—que soilo ao demo se ll'ocurre viajar co-ise canfornio—abrin, dixen que non levaba mais que gebrauchte Sachen, e vo'vín pechar e o mozo a enlear.
Non iba mais baúl qu'o meu, e non debe-
ra d'ir ningún. Un baúl é de cote unha cruz pra o viageiro: vai sempre cheo de moitos mais kilos d'inquedanzas e coidados qu'os que poidan pesal-a roupa barata e se cadra repasada que leva dentro. Os kilos pesan nas costas dos mozos, pero moito mais nos miolos do viageiro, que ten que pagal-o exceso, o mozo, a facturación onde non dan kilos, coma n-Alemaña, a consigna, ten que ter man de non perdel-o talón, de ter tempo pra facturar, etc. E despois, o mais pra que serve, é pra se sentar n-il.
Asi e todo, voltei satisfeito ao vagon, e seguimos cara Coloña: Poucas lembranzas teño tan confusas com'a d'iste anaco de camiño. Tan confusa e tan griseira, que vai desaparecendo apresa. Se cadra despois, lembranzas soltas: tal casa, tal ponte, reviven desencaixadas do seu sitio, e resulta qu'as vai un encaixar n-outro lado calquera. Son as mañas do trasno, que non anda somentes pol-a casa, fora de nós, senon qu'anda tamén por adentro do noso esprito, e arma todos ises ensarillados no noso pensamento—qu'a psicoanálise quer logo devanar—com'un gatiño novo que joga c'un novelo. O trasno non trastexa somentes nos cazolos da espeteira, mais tamén coas nosas ideas, que valve e revolve coma lle cadra. Somentes por brincadeira, pensamos nós, mais se cadra esas cousas todas teñen un fito que nós descoñecemos, e que pode ter un valor tamén pra nós descoñecido.
COLOÑA.
Chegamos a Köln. Eiquí si qu'emprinciparon as dificultades e os trabucamentos. Estación imensa—ao menos talmente me pareceu—severa, ferreña, escura, inzada de le-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711811.xml
NÓS
treiros en negras letras de rótulo sobre fondo branco: Ausgang, Eingang, Ankunft, Auskunft, Bahnsteig A, Bahnsteig B, Bahnsteig C... Ben: o alfabeto inteiro de Behnsteig. Debaixo, por enriba, a seguidas dos letreiros, grandes flechas negras que mais qu'indicar, semella qu'ordean e mandan. N-Alemaña non compre perguntar nada, porque todo anda escrito pol-as paredes. Ora que, crar'és, compre primeiro qu'a un se ll'ocurra ollar pr'aos letreiros, senón, adiós. E coma nas estacións hespañolas non hai d'iso, senón somente uns siñás misteriosos que non entenden mais qu'os ferroviarios, que d'iste geito s'aseguran a sua superioridade sobr'os viaxeiros, pois resulta que despoixas vimos eiquí, e non agardamos qu'os alemás sean tan finos e corteses que nos teñan ata mapas e guías dos camiños de ferro postas en cada andén, pra qu'un se poida enteirar de todol-os trés qu'entran e saen, con horas e prezos, nen qu'ainda por riba, indo un no vagon, veña ao millor un empregado calquera, e lle meta a un na man un Fahrplan, e calquera pensa en procurar letreiros indicadores.
E ainda hai outra cousa: os galegos—por culpa tamén dos costumes hespañoles—somos desconfiados; un galego endejamais está seguro d'unha cousa, se lla non dixeron tres ou catro veces persoas diferentes. A un galego lle non abonda c'un soilo abogado, c'un soilo médico, c'un soilo empregado do camiño de ferro; ten que preguntar-a mesma cousa a tres ou catro, e se pode ser, que non saiba un que lle preguntou ao outro. E se cadra, despois de tomar consello de cinco ou seis, e de lle dar cen voltas, revoltas e viravoltas a cada un dos recollidos, arremata por non seguir ningún, e facer o qu'a il lle sai d'adentro, e case sempre atina. O galego é de cote un hipercrítico, o cal ténselle aposto coma chata injustamente. A min paréceme tan ben a hipercrítica galega, qu'adoito practícala de cotío, e com'ademais, canto mais longe un está de Galiza, mais galego é, pois resulta que redobla un as precaucións aínda.
Concedo qu'onde se non pode andar co-esas andrómenas é precisamentes na estación do camiño de ferro, e menos na Hespaña, onde s'un expón a perdel-o tren e non ter outro por abondo d'información. N-Alemaña, porén, hai tres mais ben de mais que de menos, e pódes'un deter mais pra s'informar.
Pois foi o qu'eu fixen: pergunta d'acó, pergunta d'acolá, a min inda me comprendían, mais eu a iles, nen tan xiquera unha verba. A forza d'ir e volver, d'avanzar e recuar, atopei o Depot pra deixal-as valijas, que já me doían os brazos d'andalas carretando, e fiquei ceibe pra collel-o tren de Bonn. Ainda me custou atopal-o despacho de boletos, mais por fin pareceu, collín un pra Bonn, por 1'50 marcos. Mais cumpría atopal-o tren de Bonn. Fun preguntando, e trabucando de cote a interpretación da resposta, e d'iste xeito, rubin e baixei, coido eu, tod'o alfabeto d'andés, e non conseguía nunca saber s'iba ben, s'iba mal. Cheguei a sudar, a doerme dos pés... Pode que botara pra contra min algús xuramentos... Mais a poder de facel-o parvo, fun deprendendo todol-os letreiros, sen fallar un. Estudei cos ollos, co magín e cos ósos unha brava leizón d'alemán que me foi do meirande proveito pra d'alí adiante, e sen volver preguntar, atopei o andén e a hora do tren de Bonn.
Ainda había tempo. Baixei á sala d'espera de 3.ª longa, tristeira, escura, con pequenos lucecús eléitricos na vouta, con mesas de pau e cadeiras, e un mostrador de bar. Dous ou tres viaxeiros bebían cervexa. Eu pedín un café. Un mozo cadrado con chaquetilla de barbeiro, decorado coa insiña internacional da servilleta no braza!, manipulo do seu sacerdocio, tróuxome d'iso que n-Alemaña chaman café, tres anaquiños de zucre coma garabanzos postos n-un platiño d'ises das copas de licor, e un tarriño das bonecas onde collía unha bágoa d'un leite espeso e suculento. Semella qu'aquil leite vai ser pouco, e resulta qu'abonda, por qu'o café... non falemos d'il.
Ali estab'eu só, n-Alemaña, sen comprender a ninguén, case sen que me comprendesen a min. O meu desánimo era tan grande, a canseira, a negrura que m'envoltaba, a soedade que m'aterecía eran tan ruís, que me puña medo seguir adiante, e tentado estiven de dar volta... Asi e todo...
Rematei o café, e desbotado por aquela sala con ar d'hospital, rubin desesprado ao andén. Ali estaba aínda o Dr. R. T. Faloume en francés. Falamos da miña viaxe, de Berlín... Dixome que fose vel-a Catedral, qu'está
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571185.xml
A historia d'El-Rei Breogán e dos fillos de Mil, asegún o Leabhar Gabhala
Semella que o primeiro historiador galego qu'utilizou as fontes irlandesas referentes á expedición dos galegos á illa d'Eirín, foi o P. Alvarez Sotelo, profesor do Colegio d'Irlandeses de Compostela. Supón Murguía qu'o P. Sotelo utilizou principalmente o Leabhar Gabhala e o Libro dos catro Mestres. «Por lo demás, —escribe— nada más cierto que leyendo lo que escribe referente al asunto, se ve claramente que las noticias de que se vale están tomadas de ambos tratados, en especial del primero, y se halla todo ello redactado casi en los mismos términos que acabamos de consignar». (1)
O mesmo Murguía pol-a sua banda, pra falar da historia de Breogán e dos seus fillos, botou man do Leabhar Gabhala, do que cita unha edición francesa. (2)
«O Lebor Gabala (Leabhar Gabhala) «Libro das conquistas d'Irlanda»—dí un dos mais autorizados celtistas do noso tempo, o Prof. Thurneysen—é, na sua forma máis antiga, esencialmente unha prosificación de varias poesías «históricas» de Gille Caemain—o Caemhan que citan Murguía e Vilanova— (3) das que unha procede do ano 1072, con relación a poucas outras fontes. Nasceu, coma enriba, p. 35 foi ouservado, arredor do 1168 ou un século antes, e contén toda a historia d'Irlanda dende Noé (despois dend'Adán) deic'ao tempo da sua redacción, en parte, por certo, somentes en forma de loitas de reis». (4)
Tendo en conta a importanza considerabele que pra nós ten iste libro, no referente á invasión dos Milesians ou Brigantiños na Irlanda, imos pubricar eiquí a versión galeha dos capidoos XI, XII e XIII, que son os que á raza de Breogán se refiren.
Esta versión está collida da autorizada versión inglesa de Macalister e Mac Neill, que se pode comparar co texto gaélico qu'a acompaña. A qu'ofercemos eiquí ao púbrico galego está feita o mais literal que foi posibele, e está ademais ben contrastada e comprobada.
En col do contido do Leabhar Gabhala e da sua derradeira redaución, veleiquí o
(1) Historia de Galicia, 2.ª ed., Cruña, MCMI, p. 506.
(2) Ibid. p. 497, nota.
(3) Ibid. p. 496, e Ibernia Fenicia, respetivamente.
(4) Die Irische Helden und Königssage bis 17 Jahrhundert, Halle, 1921.
(1) A Literary History of Ireland, from earliest Times to the Present Day, London, T. Fischer Unwein, Paternoster Sq. 1899.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711815.xml
NÓS
repouso en terra estrana, e d'esas horas da mañá no leito, de cote tan gustosas, nas que se solen desfaguer en fume levián os coidados da víspora. Asi foi. Aisiña m'atopei alivíado e animado.
Entón erguínme, laveime por frente d'aquil espello, despois de ter descorrido os cortinages, e cando me viñeron chamar ás oito, com'eu dixera, estab'en já feito un señorito, sentado no vello diván, escribindo n-aquela mesa. Erguínme, e fun á rua:
A UNIVERSIDADE:
Do Market fun car'a Universidade. Fun por unha rua estreita e desemboquei n-unha placiña pequena, con arbres. A Universidade é un longo edifizo d'estilo neoclásico, liso, severo e frio, anque craro e de leda coor, co-a entrada por un xardín con reixa. Enriba da porta central da fachada, a image da Virge, padroeira de Bonn, sandoume da miña scedade, e fixome risoña e maternal compaña.
Todo era ledo. Entraban e surtían moitos estudantes, os mais coa testa ao len, calzón curto bombacho, loiros, colorados e riseiros, e rapazas en pelo, loiras, ainda mais coloradas, todas e todos cos cartifoles debaixo da brazo, pirmeira visión da vida universitaria alemáa qu'eu viña precurar cheo de fé, com'outros tantos, já un pouco vellouco pra istes trotes.
Metinme por alí adiante, por un andadeiro penumbroso todo en pedra, e din ao cabo ca Romanisches Seminar, qu'estaba pechado. Un estudante de chapeu desfeito, anteollos e gabardina, viña cara min do ganchete c'outro que ficou indetermiñado na miña lembranza. Perguntei, e il, sacando o chapeu, respondeume qu'abrían ás dez.
D'aquela, púxenme a agardar na acera, onde ata o asfalto mollado semelloume ledo e rideiro. Aló no cabo, a man dereita estaba a Coblentzer Tor, e por ali tiña que vir, se viña, o Prof. Martínez Santa Olalla, se cadra, n-un distes carros eléitricos... Mail-os carros pasaban, detíñanse, baixaba e rubía a gente, algús viñan car'a Universidade, e ningún d'iles era o Prof. Martínez Santa Olalla. Canso d'agardar, fun ali de frente a unha barbería, onde me serviron ben en pouco tempo, e pírceme que me puñeron un farrapo quente na cara. Eran as dez. Volta ao Romaniches Seminar. Aberto. Unha señorita
33
longa, resequida e sesésiga qu'ordeaba papeis atrás d'unha mesa, unha Secretarin ou Asistentin, dixome que o Profesor Santa Olala estaba doente n-unha Krankenhaus da que me deu o enderezo, e aconselloume que vira ao Prof. Moldenhauer. Non quixen mais parola. Din volta pra o hotel, pedin un taxi, e fixenme levar á Krankenhaus.
A KRANKENHAUS,
«Lindo panorama» coma houbera dito o ché da necrópolis... Emprincipiei a me decatar de que n-Alemaña val a pena estar doente, o que teña cartes pra se permitil-o luxo d'enfermar n-estas condiciós. O auto parou diante d'un precioso jardín tan vizoso e frolido qu'era maravilla, e daba mesmo genio sintir renxer baixo dos pés aquel'a area dos carreiros, coor d'azafran, com'eu pensei que non había mais que nos poemas d'ispiración verlainiana. Cheguei ao portal, cintilante de mármores e bronces, e canda min chegou un rapaz novo, moreno e escorreito, e de sócato dizme:
—V. es el Señor Risco.
Era compañeiro do Santa Olalla, que lle fixera o meu retrato verbal, de tan bó geito, que me recoñeceu aixiña. Non é unha cousa do outro mundo facel-o retrato d'un home coma min, que fica describido n-unha caricatura. Estivéranme a agardar n-un tren, e eu chegara n-outro; deixáranme un papeliño escrito, qu'eu non vin, na cancela da cás de Meyer Liibke. Todal-as precauciós foran collidas pra me recibir en Benn... Aquil rapaz —todos son mais novos que un, todos acordaron mais a tempo pra se faceren sabics— chamábase Prieto, e era granadino. Entramol-os dous juntos, e chegétmonos á cámara do noso amigo, cheo já eu d'unha emoción de benandanza... Levaba catro días de soedade... Ademais, resultaba qu'enantes de chegar, já eu era n-Alemaña coñecido dos descoñecidos.
O Profesor Martínez Santa Olalla, que semella un pouco o chefe da coloña hespañola de Bonn pol-o presitigio das variadas actividades centífecas, almorzaba n-unha cama d'operaciós, na mais leda cámara do mais ledo sanatorio do mundo, ond'as lindas polas frolecidas de kakemono japonés deitaban dita e consola pol-as fiestras abertas ateigadas de pirmaveira. A sua testa moza de sempre,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711814.xml
32
vira e canto ouvira, sen deformalo con ningún preconceito. Os yoguis levan ás veces moito traballo pra conseguiren o valeiro mental. Eu a quela hora conseguira o valeiro perfeito; amañecera aquil día en París, e íbame deitar en Bonn; atravesara o Norte da Francia, o Sul da Bélgica, remontara o val do Rhin, vira un sen fin de cousas e pasara unha chea de traballos, e por unha chea d'espranzas e desencantos. Arestora nen levaba conta do tempo, nen sabía nen pra qué viñera pr'Alemaña, nen que facía eiqui, nen case coma me chamaba. Cecais por iso teño todo canto vin na memoria.
A CAMARA NUMARO 13.
Dend'o portal estreito e longo, antre dous comedores, no que hai lavabos, colgadores, un cadro con númaros e chaves e outra chea de cousas que non lembro ben, compre rubir por unhas escaleiras a man esquerda, que levan a unha estrana cámara alfombrada e trasformada en salón ou recibidoiro, con mobles estilo Imperio brancos e dourados d'escura tapiceiría, cortinages e ata cornucopias. Duas gradas mais, e métese un por un pasillo, no que case sempre cruza un c'unha criada de brazos ao ar e mandil de tirantes. Os afeizoados supoño que non haberá incomenente en que lle dean un moxegón porque haber, hai onde. Coido qu'a pirmeira porta a man esquerda n-ise pasillo, e senon a segunda, é a cóímara númaro 13 do hotel ou paradoiro tidoada Rote Kanne.
A porta ten vidros traballados, e dúas fenestras ao fondo, baixas e apaixadas. Dan a un pequeno eixido, e o ollar topa aixiña coas fenestras de por frente. Estas fenestras da cámara númaro 13 non teñen madeiras, coma despoixas vin que sole acontecer na Alemaña. Teñen en troques abondo de cortinajes e de stores de puntilla. O qual non chega, coma ben se comprende, pr'arredal-a a crúa e crudel luz da mañán. Por outra banda, a porta é de cristaís, de geito que durme un coma pechado n-unha linterna.
Antr'as dúas fenestras hai un lavabo moderno, empotrado, con dous grifos, un d'auga quente e outura d'auga fría, e desaugue centífeco. Duas tohallas están penduradas dúns tornos nikelados que hai na parede, por meio d'unhos presillos de fita que teñen cosidos.
NÓS
O leito está a man dereita, coa cabeceira contr'a parede ond'está a porta. E' o primeiro leito alemán: antigo, de madeira bruñida. Ten a almofada moi ergueita, e está coberta coa sífbena e un groso edredón de seda bermella. Nós pés hai unha sorte de colchón que non sei ben pra que sirve, mais que, coma a sábena non chegaba ben aos pés, deixeino estar.
A mesa de noite, antr'o leito e a porta, é tamén antiga. Ten enriba un tapetiño de crochet, e unha lámpada eléitrica d'enchufe; mais non compre andar n-ela: unha pera que ven de riba da cama, premite alcender á vontade a luz do teito, a da mesa de noite ou a de riba do lavabo. Van as tres por turno, de cada vez qu'un lle dá á pera, alcendese unsa luz difrente. Por fin: a mesa de noite ten orinal, o qual m'amostrou qu'ainda hai cultura n-esta banda d'Alemaña.
Na parede que cadra a man esauerda conforme un entra, hai primeiro un colgador, e despois un gran sofá de reps, e dediante unha mesa con tapete e cinceiro de louza.
O almario está á esquerda da porta conforme s'entra, do lado opósto ao leito, e non ten espello. Espello hai un bó antr'as dúas fenestras, enriba do lavabo. Paredes empapeladas, teito caleado, alfombra no chao e dúas cadeiras compretan—como din os novelistas do século pasado—o mobiliar da cámara númaro 13. E pra unha noite, tiña de mais.
Atopei aquelo confortébele e comprensíbele. Porqu'esquecía referir que pra o inverno, tiña dous radiadores debaixo das fenestras. O pior era a iluminación: substituindo aos incomprensibeles e noxentos maineles dos hoteles hespafiois, habia eiqui aquela endiañada porta de cristaís. Ben é certo que tiña por adentro unha cortinilla forrada, mais nen por esas; a luz do pasillo colábase pol-os lados da cortinilla, algo escasa.
Non embargante, durmín aixiña, despois da deseiva que levara.
Ora, que despertei moi cedo. A luz entraba que daba genio, traspasando a cortiñada toda e vindo faguer cóxegas nos nervos. Acordei de todo e funme lembrando nidiamente ande m'achaba, do que tiña que faguer, do que m'agardaba... Ainda lle din unha miga d'acougo á nugalla, deixándome estar ao quente debaixo de tanta roupa, gozando do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571186.xml
LEABHAR GABHALA
LIBRO DAS CONQUISTAS D'IRLANDA
CAPÍDOO XI
A ocupación dos fillos de Mil
(Gabhéil Chloinne Miledh)
122. Unha vez que temos referido a ocupación de Ceasair, primeiro, que tomou Irlanda enantes do dioibo, e das catro ocupacións que houbo despois do dioibo, da caste de Aitheacht fillo de Magog, fillo de Japhet, fillo de Noé — estas son as catro ocupacións: Partholon, Neimhedh, Fir Bolg, Tuatha Dé Danann (1) é justo que contemos seguidamente o da caste do fillo que foi o mais nobre dos fillos de Magog, de nome, Baath e da sua caste, que tomou a Scythia grega o patrimonio dos fillos de Magog; despoixas foi a Egipto; de novo A Scythia; logo ao Gaethlaighe; despois d'isto A Hespaña; logo A Scythia; a Egipto; A Hespaña outra vez; e logo A Irlanda; e coma iles tomárona contr'os Tuatha De Danann; e a historia dos reis que tomaron a Irlanda d'iles, un após d'outro co número dos seus anos dende Eremon a Mael Shechlainn Mor, fillo de Domhnaill.
Dend'o dioibo ata qu'os fillos de Mil viñeron a Irlanda, 1258.
123. Noé dividiu o mundo en tres partes antr'os seus fillos Sem, Cham e Japhet. Sem sobr'o meio da Asia, dend'o rio Euphrates deica o estremo leste do mundo; Cham sobr'a Africa e a mitade sul da Asia; Japhet sobr'a mitade norte da Asia e toda a Europa. Japhet, fillo de Noé, fillo de Lamech, fillo de Mathusalem, fillo d'Enoch, fillo de Jared, fillo de Mahaleel, fillode Cainán, fillo d'Enós, fillo de Seth, fillo d'Adam. Agora Japhet; veleiqui os seus fillos: Gomer, Magog, Thiras, Javán, Mesech, Madai e Tubal.
124. Canto a Magog, fillo de Japhet, viveu na Scythia grega. Cinco fillos tivo Magog: Baath, Ibath, Barachán, Emoth e Aithecht. Da castimonia d'Aithecht foron as conquistas que temos relatado, exente a de Ceasair somentes. Baath o primeiro fillo de Magog, seu fillo foi Fenius Farsaidh. Iste Fenius era un dos principais chefes qu'había cando foi da construción da Torre de Nemrod. Fenius tivo dous fillos: Naenbal e Nel. Iste Naenbal, o seu pai Fenius deixoulle a autoridade sobr'a Scythia atrás d'il, cand'il iba pr'a Torre. Tocantes a Nel, o outro fillo de Fenius, nacera na Torre. Foi instruído nos varios lingoages que foron arredados na Torre, porque deica entón non había ningún, senon era o primitivo língoage, hebreo, somentes. Fenius entón volveu A Scythia outra vez, cando todos espalláronse dend'a Torre, así que colleu alí o reinado; ata que morreu ao cabo de corenta anos dend'aquelo, e deixou o reino da Scythia ao seu fillo, Naenbal.
Dende Adam ata qu'os fillos de Mil tomaron Irlanda, 3500.
(1) Macalister (The Archaeology of Ireland, London, 1928, p 27) identifica as cinco invasións post-diluviais d'Irlanda co-as antigas poboazós da insua: «Pasando por alto as historias antediluvianas—das que a leenda de Ceasair non é mais qu'unha de tantas—podemos cecais identificar o pobo de Partholon, o de Nemed o os Fir Bolg coas varias tradiciós do pobo aborige da edade do bronze; os fillos de Mil co pobo céltigo, e os Tuatha Dé Danann, que eran certamente seres sobrenaturais, coma os deuses qu'os celtas trouxeron collese. Os Tuatha De Danann veñen jogar no folklore irlandés un rol semellante ao dos nosos mouros encantados. Tocantes aos Fir Bolg, algús ven n-iles certa relación cos iberos e bereberes, e a leenda aponlles o terense adicado ás artes da feiticeiria e magia negra. Asegún algunhas versiós, sobreviviron á desaparición dos Tuatha Dé Danann, e aliáronse cos Milesians, chegando a teren un rel da sua caste. Sobre d'estas cousas todas pódese consultar tamén R. Rolt Brash, The Ogams inscribed Monuments of the British Islands, London, 1872.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711820.xml
38
récenos indubidable; Don Frontán, mais trágico, mais fatal, lémbranos certos istantes de Don Juan Manuel Montenegro, anqu'outras veces s'arrede moito d'il.
GALICIA, CARA Y CRUZ, por Julio Sigüenza, Montevideo, 1930.
V ELEQUÍ un libro do que non é doado dar unha idea sen repetido. Compre lélo. E' un libro aproveitado. N-il están todas as inquedanzas d'un desterrado agudo e coscente, pol-a sua terra. E' un libro moi persoal, coma de poeta, e moi de todos pol-o intres do que trata. Ten acertos sorprendentes, ás veces n-unha soila frase, n-unha soila verba. E', so imos clasificar, un libro de crítica, non furgadora nen demoledora, senón positiva. Libro espranzado, afirmativo e franco. Junta unha leda independencia de criterio, unha nidia e espontánea ortodoxia nacionalista. Vai revisando os nosos valores espirituais: homes, obras, raza, arte, cidades, institucións, problemas. Libro súpeto e ambicioso. Compre lélo.
REVISTAS
BROTERIA, dezembro 1930.
SUMARIO: O livro dos Espíritos, M. de Sousa Pacheco.—Soldados para a Epopeia, Serafín Leite.—A Crise da Família, Luis G. de Fonseca.—A nação formal do número, Julião Pécantet.—Aspectos da Poesia portuguesa, José Agostinho.—Deveres negativos do clero, E. Jombart.—Influência religioso-cultural do Bolchevismo, Mons. Pfiffer.—Revista de Revistas.—Notas bibliográficas.—Obras recebidas na Redação.—Efemérides.—Índices do Vol. XI.
O INSTITUTO, 4.ª Serie, vol. 9, núm. 3
SUMARIO: D. João VI e D. Miguel, João Jardim de Vilhena.—A religião grega, Agostinho da Silva.—Artistas portugueses do século XVIII.—Subsídios documentais para a biografia de Antonio Joaquim Padrão seguidos de uma nota relativa a um quadro da sua autoria, Júlio Jesus.—Ensaio sobre os 'atinismos dos «Lusiadas», C. E. Corrêa da Silva.—Os estudos germânicos em Portugal, L. Saavedra Machado.—Subsídios para a história da
NOS
música em Portugal, Sousa Vitervo.—Comentários de António Couto Castelo Branco sobre as campanhas de 1706 e 1707 em Espanha, Gastão de Melo de Matos.
Núm. 4.
SUMARIO: Cícero advogado, Luís da Silva Ribero.—La Théorie des Groupes et les Recherches récentes de Géométrie différentielle, E. Cartan.—Os estudos germânicos em Portugal, L. Saavedra Machado.—Alguns aspectos da prosa medieval principalmente através da «Primeira parte da Crónica de D. João I» de Fernão Lopes, Vitorino Nemésio.—Subsídios para a História da música em Portugal, Sousa Vitervo.—Do valor diagnóstico da cuti-reacção à tuberculina, em clínica infantil, João Porto.—Comentários de António Couto Castelo Branco sobre as campanhas de 1706 e 1707 em Espanha, Gastão de Melo de Matos.
O NOSO LAR, Revista Ilustrada de Antiguos y Actuales Alumnos del Colegio en Anceis, La Guardia y Vigo.
PUBLICACIÓN já antiga —áchase no décimo ano—na que se refrexa a atividade docente dos P. P. da Companhia de Jesús en Galiza. No meio da sua amena variedade de revista de caráter geral, destaca a informação escolar. Nos números que temos recebido publica um trabalho em cal de La Purísima de Juan de Juanes, de G. Bravo, outro en col do Monasterio de Melón, de Antonio Vázquez García, e A Cantiga do Xigariño, poesia galega de José Rubiños S. J.
A NOSA TERRA, Xaneiro 4.º 1931.
A conhecida publicação, Idearium das Irmandades da Fala, trocou o seu formato por outro mais moderno e popular e ao mesmo tempo, mais imitante ao que tinha no começo. Logo sairá quincenalmente, e ainda mais melhorada.
O número que ressalhamos traz: Ao decorrer dos dias.—O deber é berrar, por Vicente Risco.—A suxestión do mando, por V. Paz Andrade.—Do momento, por Victor Casas.—Xosé Lesta Meis.—Amor, por Manuel Lugris Freire.—O fito d'un camiñar, por Ramón Otero Pedrayo.—Na India.—Aos nosos leito-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711822.xml
Apareceu o volume I da “Biblioteca Murguía”
DE ESTO Y DE LO OTRO
por Roberto Blanco Torres.
Pedidos a NÓS - Hortas, 20 - SANTIAGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os establecementos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
O movimento demóstrase andando...
O galeguismo léndo as pubricazóns NÓS
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moí cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711812.xml
30
ahí ao lado, e qu'ainda tiña tempo de botar un rouso arredor, e ainda d'entrar. Entón fun.
Está saindo da estación a man esquerda. Ten a ventage d'estar toda inteira e cumprida, coas suas agullas, seus tres triples portais, seu ouso. Moderna é, mais é unha joia ojival, cecais sen ter ren d'estraordinario, mais precisamente por ser unha cousa tipo. Pu, se me mandaran pintar unha eireja ojival, coido que se me deixo levar da espontaneidade, pintaría a catredal de Coloña. Hai ainda pra isto unha razón: a primeira Obra gótica qu'a min m'encheu de pasmo, foi precisamente a catredal de Coloña qu'eu vin n-lgunha gravura d'algún libro que non podo lembrar, e ficoume tan chantada no pensamento que por moito tempo, eu non concebín o ojival mais que realizado n-iste Domo, at'ao punto de que a soila verba «gótico» evocábame infalibelmente e escrusivamente, a Catredal de Coloña, e eu non concebía, ademais, que poidera haber cousa millor. E cando, despois, já medrado—porqu'isto era de rapaz—emprincipiei a m'intresar pol-a arte, de primeiras, cando vía libros que falaban das mais importantes eirejas ojivais, estranabame moito qu'a de Coloña non aparecera en pirmeiro termo.
Já estava ao pé d'ela. S'hei falar verdade, noxoume un pouco vela tan rematadiña; sigo pensando qu'é o gótico mais lanzal que coñezo, mais cecais coma secuenza d'isto mesmo, aseméllase mais da conta ao gótico moderno dos altares de pau. Co'oña evoca Parderrubias.
Entrei. Estaba disposta pr'as Frores de Maio. Unha sorte de pinzerna vestido d'archimandrita armenio ou cousa asi, de raupón escarlata e outo gorro de seda com'o dos mandaríns chinescos, evocación dos tempos do Princepe-Arcebispo de Coloña, andaba recollendo unhas cordas qu'iban d'un pilar á parede. Semelloume oficio un pouco baixo pra un persoage de tan pomposa vestimenta e da tal volume de coengo com'o que tiña. Lembrei os barbeiros de tiara que rasuraban aos inperadores bizantinos. O Princepe-Eleitor de Coloña, ben se poidera dar o pote de vestir aos seus pinzernas de cardeales.
Recei á Virge de Maio, que presidía a nave, e ollei a fermosa perspetiva e as lindas cristaleiras. Ao sair, pasei por ond'ús carros
NÓS
eléitricos. Agardíndoos había moitas rapazas de boinas brancas e brazos ao len, non todas guapas, todas riseiras e ledas, coloradas, cheas de frescura primaveiral, millor ainda que se foran bonitas... As rapazas do Rhin! Rosas germánicas, que trunfan pol-a razón singela de qu'o maor e o mais natural engado das mulleres está na sua semellanza co-as froles.
Collín o tren de Bonn. Coloña quedou atrás. Campos con vacas, casas con caraute, bosque... BONN.
Chovía unha miga cand'eu entrei en Bonn, e asi e todo, a vila semellaba leda e ridente. Era ainda día craro. Fun andando dend'a estación deica chegar á Market Platz. Ruas un pouco antigas, cheas de tendas preciosas, moita gente pol-as ruas, autos bruñidos e rapazas con boina branca. En todo unha espresión d'alegría.
No meio da Market Platz había un Schupo termando da circulación, coas suas mans enfundadas en neve. Abeireime d'il pra precurar onde cadraba Coburgerstrasse. Fiquel parvo diante d'aquil home impoñente: esguío, loiro, gentil, aposto, fondos ollos d'azul craro e ergueito bigote d'ouro, facha distinta e fina, flamante uniforme, elegante capa azul de colo ergueito e engalonado, o estrano chacó dos Schupos qu'eu ainda non coñecia, e as suas botinas—clos tacones unidos, las puntas de los pies, separadas—afincadas no asfalto formando escuadra, relocian mais que charol, e logo, o detalle marcial e cortesán a un tempo de descansal-a man no peito metendo o dedo por antre dous botós da guerrera... Cando se voltou pra min, todo cortés, levando a man levemente á beira do chacó, espertiguei pensando qu'en lugar d'un Schupo fora falar c'un Coronel. Ao ver qu'era estrangeiro, perguntoume se falaba inglés. Non foi a pirmeira nen a derradeira, ou os alemás non saben mais lingoa estrangeira qu'o inglés. ou pensan que é obriga de todo estrangeiro o ser inglés ou ao menos falar inglés. Resultou qu'o meu elegante Schupo nen era Coronel, nen sabía de Coburgerstrasse. E” pra desconfiar un pouco das aparencias.
Boteime a andar unha miga amoscado, e non era pra menos. Perguntei a todos: homes
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571187.xml
NÓS
125. Iste Fenius que deixamos mencionado, foi o que mandou setenta e dous estudantes pol-o mundo, deprenderen total-as línguas, ata que llas trouxeron todas juntas a il a un lugar despois qu'as deprenderon. Il despois forneceulles mantenza e vestimenta, os sete anos d'estudo e os tres anos de colocación; e aquil Nel foi istruído en total-as línguas ata qu'as deprendeu e foi soado mais que todol-os nobres de todo o largo da sua terra. Cando o rei d'Egipto Pharaoh Cingeres ouvíu o que tiña feito, convidouno a ir onda il, en consideración ao grandor da sua coñecencia, abelencia e instrución. Nel acetou o convite, e despois estando unha vez no Egipto, o Pharaoh que é o rei d'Egipto, deulle a sua filla Scota por muller, con herdamento e terra. Entón Scota deu un fillo a Nel, Gaedheal Glas seu nome. Istes son os tres nomes dos quales os descendentes d'iste Gaedheal son nomeados, Fenius, Scota e Gaedheal. Feni é o seu nome por Fenius; Scots de Scota filla do rei d'Egipto, que era a muller de Nel, e Gaedhil de Gaedheal, fillo de Niul, fillo de Fenius Farsaidh.
126. Asina que pra comprobar istes vellos nomes dise aquelo:
Ferni, de Fernius foron chamados iles unha verba con enseño;
Gaedhil de Gaedheal Glas foron chamados, Scots de Scota. (1)
127. Agora Nel viveu cara ao Sul do Egipto, en Capachirunt (Pi-Hahiroth, Exodo, XIV, 2) nas beiras do Mar Bermello, que é chamado o Mare Rubrum. Era aquil o tempo en qu'os Fillos d'Israel fugiron da escravitude egipcia na qu'estaban baixo do Pharaon; asina eles chegaron a terra onde estaba Nel, fillo de Fenius, na veira do Mar Bermello. Nel foi onda iles pra saber quen eran; e Aaron, fillo d'Anaram irmán de Moisés, atopouno nos lindeiros do hóspede.
Falaron un co outro. Aaron refireu as suas aventuras e manifestoulle os miragres que Deus obrou por meio de Moisés na terra d'Egipto, en resgate da servidume do pobo d'Israel; antr'iles estaban as consabidas dez pragas que caíron riba d'iles (1), das que tanta gente pereceu. Aaron e mais Nel fixeron un trato e amizade antre si despois d'isto. Nel decatouse con pesar d'esprito da acorante calamidade que lles fora imposta e o grandor da necesidade en que s'achaban, e prometeu partir co-iles todol-os bens do seu poder namentras iles estiveran na sua veciñanza. E co-a mesma, arredáronse.
128. Aaron foi onda Moisés despois d'isto, e refireulle a cordial benvida que Nel, fillo de Fenius lles dera, e todo o ben que lles prometera namentras estiveran na sua compaña. Moisés ficou moi obrigado pra Nel pol-a sua amisade. Non embargante cando Nel s'arredou d'Aaron, foi ao seu pobo e refireulle as novas dos Fillos d'Israel, e os apretos en que s'achaban. Ademais contoulles coma il contraguera amisade coiles e que lles había mandar dons de mantenza e provisión. E com'o dixera, así o fixo. Moisés e Aaron, co seu pobo ficaron moi agradecidos por aquelo.
129. Agora, iste Gaedheal, a quen temos mencionado, era un rapaciño pequeno n-aquil tempo, e aconteceu qu'unha serpe pezoñenta feríuno todo arredor, tanto qu'a morte andaba preto d'il, e todos espantados de que fora morrer d'aquelo, a non ser que fora salvado ben aixiña. O seu pobo dixolle a Nel que debía levar o pequeno a Moisés, ja qu'iles fixeran pauto, e já que sabían das maravillas e grandes miragres que Deus operaba por il deica entón. Así se fixo; Moisés fixo unha acesa e diligente pregaria a Deus cando o neno chegou cabo d'il, e bateu co-a famosa vara na serpe ata qu'a tronzou en duas. O neno sandou d'unha sentada. Había un anel verde no seu corpo por onde a serpe s'apilicara a il, todo d'arredor, dend'aquela deica a sua morte, de geito que iste Glas («Green») (2) quedoulle coma nomeada. Moisés deixou por virtudes e gracias ao neno Gaedheal que ningunha serpe pezoñenta poidera nacer dende entón, nen ail,
(1) D'istes Feni tiraron o seu nome os Fentans, revolucionarios nacionalistas irlandeses do século XIX, que formaban unha forte sociedade segreda organizada militarmente por John O'Mahony en Nordamérica e por I. Stephens na Irlanda pol-os anos 1861 e 1862.
(1) Dos egipcios.
(2) Verde
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711823.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711819.xml
NÓS
37
tiao medieval. Cada seizón ten unha sala coas paredes cobertas de libreria e no meio mesas longas con sillas, todo pintado de negro e un silenzo absoluto. H nada mais. N-unha d'elas, un rapaz collía notas. Non é outra cousa un Seminario alemán. Habería quen agardaría mais utillage; mais os libros e o profesor fano todo Despois estivemos na de sociología e economía que son o mesmo. Pra entrar na sala de leitura dos estudantes, deixamol-os abrigos e chapeus n-un garda-roupa. A sala é grande, toda chea de libros, jornais e revistas distribuidos en seizóns. Alí o que hai principalmente, é literatura e actualidades: non é sala d'estudo, senón d'esparcimento, pra qu'os estudantes s'enteiren do que pasa no mundo. Estaba cheiña de rapaces e rapazas leendo n-un silenzo que s'ouvían volver as follas dos libros.
N-un páteo da Universidade, hai un moimento aos mortos da guerra: unha figura d'home encoiro, de testa enormemente aleméa en violenta postura, erguendo ao outo unha espada desenbaiñada co-a punta pra riba. Ergue a espada com'un viril. Tamén hai nos pasillos moitos retratos d'estudantes e profesores d'aquela Universidade mortos na guerra: están vestidos de peisanos, d'estudantes ou de militares.
(Continuaráse)
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LIBROS
ROMANCE DEL GAUCHO PERDIDO por Angel Aller, Montevideo.
ÁNGEL Aller é un galego con saudade, que lembra da sua terra e entrañase nas esencias das terras estranas e conserva moi ben o ton popular e heroico do romance, tratándoo á moderna, de geito que lembra o Romancero gitano de Garcia Lorca, con acento mais tradizoal e arcaico:
«Pálido broche lunar,
el cinturón le ponía
sobre negros merino
primores de argenteria.
Limpia, nazarena espuela
por la zaina piel corría,
corre que te corre, como
luz en tiniebla sombría.
Romancero, romancero sen dúbida. E ben.
VILLA DE CALVOS DE RANDIN, por Florentíno L. Cuevillas e Xaquin Lourenzo. Seminario d'Estudos Galegos, Sant-lago de Compostela, MCMXXX.
OSTITUIE unha das monografías de bisbarra que ten emprendido o Seminario. Leva unha introdución geográfica, un acaba-
do estudo d'arqueologia e etnografía prehistórica, co resultado da esproración de dúas necrópolis, unha de antas e autras de sepulturas planas e do achádego d'un acobillo de machados d'alvado; notas d'arqueología moderna, e abondosa colleita folk-lórica. Ven profesamente ilustrada con fotografías e moitos deseños de Xaquin Lourenzo.
Monografía moi valiosa e útile, na que s'enxerga moi ben o conjunto total da vida estudada, na coherencia de todol-os seus aspeutos, que é o que se propoñen esta sorte de traballos, os quales, ademais do intrés especial de cada aspeuto centifeco, amostran vivente e real o país de que trata.
VIAJE Y FIN DE DO FRONTAN, por Rafael Dieste, Editorial «Niké», Santiago de Compostela.
Trasno e o autor dramático de A fiestra estupendo contista de Dos Arquivos do valdeira, danos agora unha peza dramática en castelán merecente de ser sua. Farsa tráxica de senso un pouco escuro, mais impresionante e de fondo intrés. Non sabríamos dicir se n-ela predomiña o simbólico, mais ou menos precurado, ou o singelamente humán, anque dende logo é isto o que nos engayola, e é isto onde é mestre o autor. Os persoages, ainda sendo de lénda e ata indetermiñados— o caseiro, O Labrador, o Pelegrino—teñen vida real. A influenza de Valle-Inclán pa-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711817.xml
NÓS
La Tene. En troques, hai moitos torques grandes de bronze, de barra retorta de seizón cadrangular.
O mais importante é o romano: cerámica, estatuiñas, e moitos, moitos, moitos vasos de vidro, con gran variedade de formas, algunhas que non vira endejamais, e outros ben grandes e inteiros. Estupenda coleizón, a d'epigrafía romano-bárbara.
Logo, a seizón bárbara, con epigrafía, cerámica, vasos de vidro dos qu'andan pol-os libros, espadas de ferro, sepulturas inteiras.
Na seizón medieval, hai soberbas esculturas en madeira, sobre todo, do XV. O Noguera chamarme a atención pra unha Pietá de face convulsa de door, c'un Cristo terriblemente trágico nos brazos. A violencia da raza alemá—gran guerra, spartakismo, nacional-socialismo, cecais, coma resume, expresionismo—estarrica os ósos, retorce as juntas e domea o pescozo d'esta figura crudelmente martirizada.
Moito teño ouvido falar da violencia germánica. Mais o patetismo d'esta figura é mais que nada, romántica. El non é isto o romantismo, unha parte ao menos, importante, do romantismo? Romantismo, en parte, é paixón; violencia é paixón. Co gallo d'isto, censuran algús que non deberan—Sardinha, Maritain—o romantismo. Non hai razón: o romantismo é bó e ruín. O clasicismo é frío de mais pra ser bó. O clasicismo iñora a Cristo; mais por Cristo ou contra Cristo, o romantismo é de cote cristián. O Clasicismo iñora o pecado—s'il mesmo non é já un pecado contra do espírito, non contra do espírito atal coma o entenden os clasicistas e filósofos modernos: espírito=razón, inteligenza teorética etc.; senón contra do espírito verdadeiro, cuio prototipo é o Espírito Santo, o que descendeu en figura de flama, de lume, non luz somentes, coma quer ser o espírito dos filósofos, mais a un tempo luz e quentura, paixón, loucura da Cruz...—; o romantismo pódese gozar no pecado, mais ten de cote a noción do pecado, a mais cristiáa das nocións, allea ao clasicismo. E todo pecado pode ser perdoado, senón é o pecado contra do espírito, contra da lume vivificante que se fixo plástico n-esta figura, porqu'o seu criador, sobrabondosamente inspirado, deitou n-ela tanta sustanza espiritual, sua (fé) e comunicada (inspiración), que por forza tina que martirizal-a materia e sobrepasal-as for-
mas pechadas no cánon, nas que se detén o clasicismo, coma de feito as sobrepasa tantas veces a mesma natureza. Do que poidéramos tiral-a consecuencia de qu'hai mais lume, mais espírito na natureza, que no mundo racionalizado dos clásicos e dos filósofos. Precisamente é esa infusión d'esprito a que na natureza non pode captar a ciencia cando laprica un espírito artificial: o espírito matemático de Keplero e Galileu, empeñados na teima d'euclidianizar-a natureza... E se cadra, iste engano é a defensa do incognoscíbele, a barreira, o valado que descubreu Kant, e que puxo Deus á cobiza intelectual dos homes, en castigo do pecado original.
Por todo o Museu adiante, andan uchas de madeira d'arte popular, en cuio decorado predomiña a pola serpexante, os florós circulares de moitas follas e os recadros. Os ferrollos son singelos. Hai un arcón reforzado con tiras de ferro cruzadas e co mesmo sistema de pechos que o que tiñan no Consulado hespañol de Hendaya. Outro tipo moi arcaico, asegún o Noguera, medieval, con reforzos de ferro en feitio de ramos angulares, e sen mais talla qu'algús florós.
Outra cousa d'arte popular moi fermosa, son as de louza, que teñen unha saliña: platos coa Virxe e o neno, d'execución moi torpe, pero graciosa; con esceas d'amores, militares e cabaleiros en caricatura, señores de chisteira, moi chistosos. Placas cadradas con images pra pór na parede, escribanías das qu'ainda venden nas tendas coma pezas engebres, estatuas de persoaxes, serias ou caricaturescas, e outras moitas cousas que non podo lembrar. Coores azúes, verdes e marelos principalmente, anque tamén toda policromía.
A seizón de pintura non ten en moderno nada de particular: mestres secundarios da escola alemáa e holandesa, copias do Correggio, un Carracci, uns cadriños pequenos qu'apoñen a Velazquez, algús italianos de terceiro orde.
N-unha das salas, un garda vello e groso, grandote, fofo, de bigote branco, ao nos ouvir falar hespañol, ven onda nós falando portugués, dicindo qu'estivera moito tempo no Brasil. Eu faleille algo, mais non tiñamos tempo pra nada.
O mais interesante do Museu son os cadros de primitivos alemás da Escola de Colonia, cadros góticos moi fermosos, algús restaura-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/115711824.xml
Aguas de Mondaríz
Fuentes de Gandaray y Troncoso
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos d'augas minerás, Restaurans e vagós-camas de todol-os trés.
Estas aguas, de sona universal sona o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetis, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquísima auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571188.xml
NÓS
26
nen a ningún da sua castimonia, pra sempre; e que ningunha serpe pezoñenta poidera vivir ond'a sua castimonia vivira despois d'il; e que moitos reis e sobre-reis, santos e justos habían nacer da sua raza após d'il. Veleiquí a causa pol-a qué non hai nunca ningunha serpe pezoñenta na Irlanda. (1)
130. Despois d'isto, Nel díxolle a Moisés: «Pharaon virá a nós e asoballaranos en punimento da nosa amizade convosco, e a benvida que nós vos demos, e porque nós non vos preseguimos nen vos detivemos». «Ven conosco con todo o teu pobo» dixo Moisés, «se queredes, e quedai pra sempre conosco, e cando teñamos a terra que Deus nos prometeu, precurareivos unha parte d'ela; ora, se queredes millor qu'eu vos dea algús dos barcos de Pharaón, de geito qu'estean ao
voso mandado pra fuxirdes antes que veñan os egipcios, namentras non sabedes que nós e iles arredámonos un do outro».
131. Conviñeron en qu'os barcos estarían na posesión d'iles (1), anque foran os fillos d'Israel quen llos pillaron ao Pharaon, pra que os egipcios non poideran atopar equipos pra navegaren atrás d'iles e solprendelos. Nei marchou con todo o seu pobo pol-o mar adiante, nos devanditos barcos, aquela noite, namentras non souperon qu'os nemigos s'arredaran un do outro a mañá; e foron pol-o estreito do mar deica qu'os fillos d'Israel tiveron marchado a pé enxoito atravesando o Mar Bermello, e deica que Pharaon co-a sua tropa non foron asolagados cand'atentaba d'os ir seguindo. Veleiquí a conta dos qu'ali foron solagados: seis centos guerreiros de carro, cincoenta mil d'acabalo e douscentos mil d'apé. Cando Nel soupo d'esta sorte do Pharaon co seu pobo, tornou de novo ao seu propio Estado, porque non tiña medo ningún d'il, já qu'os egipcios foran de tal geito asolagados; e viveu alí deica a sua morte.
(1) Cf. esta tradición co-a recollida por Rufo Festo Avieno, na Ora Marítima, versos 155-157, de teren sido os Oestrimnios, antigos habitantes pre-céltigos de Galiza, botados fora por unha invasión de serpentes, e a interpretación que fai Schulten, d'iste pasage, identificando as serpentes (en grego sepes) cos Saefes, primeiros invasores céltigos de Galiza asegún Bosch Gimpera (Ensayo de una reconstrucción de la Etnología prehistórica de la Peninsula Ibérica, Santander, 1922, p. 79), ampiamente desenvolvidas por Florentino L. Cuevillas e Fermín Bouza Brey en Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatria en Galiza, sep. do vol. II dos Arquivos do Seminario d'Estudos Galegos, Sant'Iago de Compostela, 1929). N'iste traballo hai interesantísimas observacións e consideracións en col do culto das serpes en Galiza, suas supervivencias e lendas e tradicions co-il relacionadas. Unha d'elas, de Santa Ulia de Fermentão, Guimarães, Minho, Portugal, fala d'uunha niñada de serpes, que estaban debaixo da terra e fixeron fugir aos buscadores do tesouro (ob. cit. p. 145). Unha lenda irlandesa di tamén que houbo un tempo en qu'a Irlanda estivo tan enfeltada de serpes, que os habitantes tiveron que facer casas ergueitas sobre pilotes, e dend'ali colleren de comer con forcadas; ata que veu San Patricio e matounas todas, senon foi a maor de todas, que ficou viva, e era o demo. Tylor recolle outra asegún a que, na Irlanda hai cobras convertidas en pedras por San Patricio, e había mercaderes ingleses qu'iban buscar terra a Irlanda pra botala nos seus xardíns e protexelos asina contra as bestas pezoñentas ou matalas.
132. Gaedheal Glas, fillo de Nel, colleu o goberno e forte supremacía no devandito Estado, Capachirunt despois da morte do seu pai. Un fillo lle nacera a Gaedheal no Egipto, qu'era Easru. Foi criado ata que podeu levar as armas, e tomou o mesmo principado despois da morte do pai. Iste Easru tivo un fillo principal, Sru seu nome. Sobrepasou aos guerreiros do seu tempo en valentía e heroísmo. Easru morreu despois d'unha estación, e o seu fillo Sru colleu o principado despois d'il.
(1) Do pobo de Nel.
Está no prelo
O DERRADEIRO AMORE
Novela, por Aurelio Ribalta.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/63/6375/63753278-964a-467f-8053-fb92f94e3e7e/11571183.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII ★ Ourense 15 de Febreiro do 1931 ★ Núm. 86
INNO ALLA GALIZIA
Cantiamo la Galizia, la terra deliziosa
che veste eternamente un manto d'erbe e fior,
che mostrasi à suoi figli qual madre generosa,
ed anche ai forastieri offre delizia e amor.
Cantiamo la Galizia, cantiamola, ragazzi,
terra miglior nel mondo niuno può mai trovar,
é dolce come agnello, più dolce dell'abbraccio
che al figlio suo lontano la madre suol serbar.
Tien boschi tanto folti in cui non entra pioggia
ed alberete fresche dove non passa il sol,
tien valli e tien dirupi ed ha pinete immense
che di sua mano Iddio pose nel nostro suol.
Di temperato cielo é ricca la Galizia,
il freddo non v'uccide né bruciavi l'ardor,
i venti che qui giungono vi calano amorosi
e scendono al suo piede a dirle il loro amor.
Per questo son fiorite le valli di Galizia
e tutti i suoi sentieri adorni son di fior,
distendonvi un tappeto, un manto variopinto,
e al pari dell'estate, di verno danno odor.
Cantiamo la Galizia quanti la conosciamo,
cantiamo la Galizia quanti qui san cantar,
ch'é il più lieto paese che esista in questo mondo,
la terra più gioconda che Dio volle crear!
Il sole che l'allegra dimostrasi giulivo
vedendo tante rose di splendidi color,
la bacia del suo riso, mirando tanto verde
e sovra ogni sentiero la croce del Signor!