https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710111.xml
A EDADE DO FERRO NA GALIZA
(Proseguimento)
Número 8, cecais d'Ourense. Seición romboidal con ornamento central de dez grupos de catro semicircos concéntricos. Remate en dobre escocia (fig. 107).
Número 9, cecais d'Ourense. Seición circular, liso, rematado n'unha especie de campaíñas c'unha punta no interior (fig. 108).
Número 10, de León. Seición circular, liso, rematado en dobre escocia.
Número 11, procedencia descoñecida. Seición romboidal, con remates formados por dous discos grosos, un cilindriño y-un pequeno deseño terminal (fig. 109).
Número 12, de Cangas de Tineo. Seición romboidal, ornamentado na parte central por catro aramios retortos que saen das aristas. Remate en landras (fig. 110).
Número 13, de Jubial (Mellid). Seición romboidal, liso, remates en landras.
Número 14, da Croa de Riotorto (Mondonedo). Seición romboidal, liso, remate en landras.
Número 15, do Cruceiro da Cruña (Santiago). Varios anacos de torques, tres asegún Villaamil, catro pra Ferreiro e cinco pra Saraílegui; algún con remate en dobre escocia, outro de labor retorto e con oilos.
Número 16, da Croa de Riotorto (Mondonedo). Varios anacos, un con labor retorto e con oilos.
Número 17, do Castro de Masma (Mondonedo). Anaco d'un torques ornamentado con cinceladuras (fig. 111).
Número 18, no Castro de Masma. Anaco d'un torques ornamentado con filigrana, formando lazos con boliñas no medio (figura 112).
Número 19, d'Ortigueira. Seición romboidal, decorado en toda a sua superficie por un ligeiro punteado, remate en landras (figura 113).
Número 20, de Lebução (Chaves, Portugal). Un eixemprar inteiro, de seición romboidal, liso, e con remates en dobre escocia, decorado no disco exterior por un exágono radiado posto no meio de dous circos concéntricos e restos d'outro torques de seición circular e rematado en pérulos de elegante feilura (figura 114).
Número 21, cecais de Pontevedra. Seición romboidal, liso e rematado en Landras (Conserva d'il. unha fotografía D. Federico Maciñeira).
Número 22, de Viladonga (Lugo). Seición circular, recoberto nos dous tercios inferiores por un aramio com'os de Foz e da Recadieira, e nos cabos, dúas rodelas feitas c'un fio d'ouro enrolado en espiral. Remate en landras (figura 115).
Número 23, d'Ois (Cruña). Idéntico ó anterior, anqu'aparece hoxe ispido do aramio enrolado, mais do que conserva siñal.
Número 24, de Centroña (Pontedeume). Idéntico ós anteriores pero con catro rodelas en vez de dúas.
Número 25, S. Vicente de Curtis - Viiasantar - De seición romboidal e remate en landras (1).
Os números 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 22, son propiedade do Sr. Blanco Ciceron. Os números 8 e 9 pertenceron ó canónego ourensán Sr. Arteaga. Os números 10, 11 e 12, están no Museu arqueolóxico de Madrid. O 13 na Academia da Historia. Os 14, 17 e 18, pertenceron ó Sr. Villaamil. O 23 a D. Jenaro Ares; o 24 a D. Juan Leira, y-os 15 e 16, desapareceron.
Do conjunto material enumerado, destácase somente con claridade tres tipos: un de labor retorto e con lazos en forma de oito; outro de
(1) D'iste torques había unha reprodución feita por un ourive da Cruña na colección de D. Santiago de la Iglesia.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571012.xml
BOLETIN MENSUAL da CULTURA GALEGA
DIREITOR LITERARIO
Vicente Risco
DIREITOR ARTÍSTICO
Alfonso R. Castelao
DIREICIÓN E REDAUCIÓN
Sto. Domingo, 47 - OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Real, 36 1.°-A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce númaros, na Peninsua 6 pesetas.
Fora da Peninsua 15 ..
Númaro solto na Peninsua 1 ..
Na Arxenlina 60 centavos
En Cuba 30 ..
OS P\GOS SON ADIANTADOS E OS GASTOS DE XIRO DE CONTA DOS SUSCRITORES
Este boletín nonjpubrica mais orixinás qu'os que foran direitamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Cántico do Sol, asegún San Francisco de Asís.
No centenario de San Francisco de Asís.
Do futurismo e mais do karma, por Vicente Risco.
Tres contos, por R. Otero Pedrayo.
A Edade do Ferro na Galiza, por Florentino L. Cuevillas.
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
Os homes, os feitos as verbas, pol-a Redaución.
LEA VOSTEDE A NOSA TERRA IDEARIUM DAS IRMANDADES
Administración Real, 36 — A Cruña
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157101&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710118.xml
16
do mundo, un dos fisterres da Europa, concelto qu'ainda lembra a tradición n-aquela cántiga
Fum ô Santo San Andrés
alô no cabo do mundo
Crar'esta qu'a locución cabo do mundo, empregada eiqui a cada istante pr'indicar un lugar distante calquera, se non pode tomar no sinificado preciso que lle dá o ilustre mitógrafo. En xeral, Galiza podería parecer o cabo do mun- á xente que vive lonxe d'ela; de ningún xeito pr'os que n-ela viven.
E lembra a iste respecto a tradición dos mariñeiros da Bretaña, a quen espertan de noile as almas dos difuntos pra qu'os leven á Gran Bretaña, nas suas barcas, e as barcas van lan cargadas d'almas, que s'afunden a'os bordes, e en menos d'unha hora fan o viaxe, que sin as almas, de dia, non fan en 24. E relación o Fisterre galego co Fisterre breton, e o Promontoiro Artabro co Promontoiro Sacro (Cabo San Vicente, en Portugal).
A terceira consideración importante, é a da tradición, que tanto se dá na nosa Terra, das vilas asolagadas (Limia, Lamas da Goa ou d'Agoa, e outras que non cita, coma as de Carragal, Doniños, Maside etc.) e que pra il son vilas dos mortos.
Crar'esta qu'esas vilas asolagados pol-as augas, nas qu'ainda se sinten — coma na bretoa de Is, que cita a mór abondamento — dobrar os sinos ou cantar os galos, parecen levar á idea de que n-elas viven as almas dos mortos; mais esto se non atopa nin moito menos craro nas leendas, e leno que supor o mitógrafo xuntando datos difrentes. Das leendas, o que se saca mais ben, é que os que ali viven son os que ali vivian cand'a vila foi asolagada en castigo d'un pecado — moilas vegadas, com'acontece en Maside, por non quereren recibir á Nosa Señora, ou a outro persoaxe santo que viña camiñando — e non outras almas que viñeron d'outros lados penar ou gozar ali. E ademais, os que ali están, son almas en pena, ou son homes vivos encantados? Non é doado atopar precisión de conceitos nas creenzas populares.
Mais indica en troques o ter habido en Galiza un río do esquecimento, o Limia, qu'os gregos ou romanos identificaron co Leteo do seu inferno. Cabal cita o feito que provavelmente
NÓS
inventou Strabon, ou os seus informadores pr'espirical-o nome e o mito. Mais non será mais ben o mito orixinado pol-o nome, e o nome flumen oblivionis non virá do nome probabre indixena Belionis ou Belión — d'onde lago Beón — que levaba o río? O mito prendeuse se cadra n-unha falsa elimoloxía, e o mais seguro é qu'o creeran somentes os romanos, e cecais os outros habitantes da Península, e non parece moi racional qu'o creeran os indixenas.
É tamén curiosa a cita que fai de La Romera de Santiago, de Tirso de Molina:
— ... El campo nos brindó. ¿Que te parecen los de Galicia?
— Retrato de los jardines Híbles.
— Los Eliseos los llamaron muchos antiguos.
O qual non aparez tampouco craramente en ningunha fonte clásica, senon qu'o debe- mos tomar com'unha hipérbole de Tirso apoiada en lembranzas vagas, principalmente do Leteo, e cecais d'algunha trabucada atribución a Galiza das leendas das Hespérides, terras tamén oucidentás.
Pol-o derradeiro, fai alinhadas consideracións en col da convivencia garimosa dos galegos cos mortos. Mais tamén n'esto hai lembranzas do culto dos antepasados e ainda se cadra d'una mansión das almas, precisamente, non localizada, senon coexistente co mundo dos vivos.
Non podemos asentir á tese do ilusire folklorista. Mais así e todo, o seu traballo resulta ben útil pra nós, mais pol-os problemas que propón que pol-os que resolve. Achega, pr'amosiral-o seu pensamento, unha chea de feitos dinos d'estudo, que xuntos vense con nova luz, embora non leven ó mesmo convencimento qu'il ten. Pol-o menos amostran a importancia da nosa Terra nos problemas da mitoloxía peninsular. V. R.
Non deixe de mercar
COUSAS por CASTELAO
Prezo CATRO pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710116.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
14
Bosch Gimpera (1) pon a diadema de Riba» deo en comparanza co cinto repuxado d'Arcó» briga e c'outras pezas análogas do posthallstállico castelán qu'ostentan traballados n-un eslilo bárbaro, figuras d'animás, pero dí tamén que «recuerda los bronces repujados de la verdadera cultura hallstáflica, situlas de Watsch, elcétera»..
En efecto, antros achádegos d'esta rica necrópolis da Carniola, alcontramos tamén repuxados en caldeiros e cintos esceas da vida d'aquil entón: carreiras de carros, combates, desfiles de soldados, sacrificios funerás, que pol-a sua execución, pol-a disposición en faixas paralelas, y-hastra pol-a introdución d'animás nos espazos valeiros, lembran moito ó historiado da joia galega. Per’esta especial modalidade de decoración que xurdíu asegún Dechelette (2) baixo o infruxo das colonias gregas d'Italia, limita a sua área ós paises venetoilirios e non parece ter penetrado no territorio verdadeiramente célligo, en cuias estaciós fallan por compreto esta clás d'adornos.
Ta! circunstancia prantea con relación á diadema luguesa un difícil probrema lipológico, porque debemos creer qu'os Celtas, a pesar da falla que siñalamos, coñeceron denantes da sua entrada na Penínsua o historiado das sítulas € dos cintos véneto-ilirios, ou debemos supor millor a eisistencia d'unha infruen-
cia itálica posterior, semellante a qu'acrimatou
na España as fíbulas chamadas de cabalo, ou derradeiramente relacional-as figuras das follas áureas de Ribadeo co-as dos vasos gregos, imitadas tamén ó parecer n-algús eixemprares de cerámica ibérica?
O isolamento en que viveu a Galiza na Edade do Ferro, y-en col docual tantas veces temos insistido, parece dar forza á pirmeira d'estas hipóteses, que cecais futuras descobertas encárguense de confirmar prenamente.
As doas enfiadas. — Na notabre coleición de Joias antigas do Sr. Blanco Cicerón eisisten ‘ocho cuentas desiguales de oro y tamaño como de avellanas, engarzadas en un alambre también de oro, en disposición que pudiera haber servido de collar». Parece ser qu'estas doas, de tal geito descritas por Villaamil,
(1) Portugalla, t., Il. (2) Los Celtas
NÓS
«ofrecen gran semejanza con los collares de cuentas de oro y otras materias galo-romanas, caladas, que hay en el Museo del Louvre, entre los llamados bijoux anfiques».
Fundados n-esta semelianza, incruimos na ourivesaria castreja taes doas de colar, anque pol-o seu alipismo nonos pareza a sua alribución inteiramente segura.
Os brazaletes de bronze.— Anque pol-a materia de qu'están formados, non collen istes brazaletes n-un capitulo adicado ás Joias incruímolos n-il por seren os únecos oujetos metálicos que c'os torques, as armillas y-as diademas, estiveron desliñados escrusivamente ó adorno persoal.
Foi o bronze n-outros países moi empregado na frabicación d'adornos; mais n> noso, sen dúbida pol-a gran fartura d'ouro, quedou cinguida a sua apricación á feitura de pulseiras semellantes ás qu'apareceron en Sabroso e na croa do Riotorto (1) e que poden reducirse ÓS tres tipos seguintes:
A) Aberto, sen remates e de labor retorto (fig. 122).
B) Abertos, de seición circular e rematados n-un ensanchamento anelado e campanilorme (fig. 123).
C) Aberto, de seición circular cos remales ensanchados e revollos car'o aro (fig. 124).
Teñen istes brazaletes, con certos tipos de febillas, e de torques, indudabres semellanzas. y-o seu protolipo hallstattico debémolo ver-nas manillas tamén abertas e con grosos botós terminás qu'apareceron na necrópolis de SaintSulpice (Tarn).
(1) Manuel. t.. Il, pág., 777.
Pida á nosa administración
O MARISCAL
por
A. Villar Ponte e Ramón Cabanillas
Franco de portes contra envío do seu valor
3'50 pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710123.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 quilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571018.xml
6
serras enfariñadas, unha friaxe no soutelo de follas podres e brazos retortos, un can tristeiro encadeado no recuncho do curro) foron longas pr'o neno. O tío crego e mais o médeco chegaban ó mediodía i-á merenda falando verbas duras, prontos ás determiñacións fortes. O neno tiña que debullar o latín: moito Raimundo e moitos paus: cando fora un pouco mais grande era perciso que fora á montana pra aliviar ó seu pai e tratar alá com'un home c'aquiles diaños de peisanos renteiros que non pagaban e ladrós que facían a crís nas leñas das carballeiras. Da cociña chegaban esprandores d'un forte lume, anacos de verbas prontas, roídos d'istrumentos de supricio e morte. Tudo parescía demudado na casa. Tiña medo de cando pechara a noite; astreveuse a andar amodiño car'a solaina pra gozar d'un derradeiro anaco de día e voltou espaventado pr'o sofá da sala xa toda colgada de tréboas; na grande viga do corredor penduraban catro porcos disformes na escuridade.
O neno aniñou no recuncho do sofá e pechou os ollos, tremando. Co trafego da angueira, a tía esquencérase de acender o quinqué das calcomanías. Fíxose noite fonda, tudo calou na tréboa arripiante, o rapás faziase pequeniño no seu acougo cando sentíu unha cousa mol que esgarabellaba con poutas peludas e artelladas na carne de galiña do seu probe colo nú. Refregouse contra as almohadas, correu atolado na escuridade e caíu por unha trapa aberta; caía, sen chegar ó fondo. Pr'onde iría? Detivose n-unha crás de cociña de terra; non s'alcanzaba a mirar o treito nin as parés. Na lareira queimabase con fogo mortotaboas de cadaleito, aquilas que ollara o neno na casa da Hirmandá cando foi o domingo á misa do tio: unha vella escanastada, mislura de galiña esprumada, bruxa e probe de pidir pol-as portas, alizaba o lume c'un óso de mor» to e coidaba de escumar un pote negro no que fervian cabezas rizas, maus, costelas, de rapaciños.
O neno sentado n-un fallo tremaba com'un azougado e ben sentía que outra cousa había tras d'il que non-o deixaría fuxir; unha cousa que bufaba baixiño verbas noxentas e impracabres, cicais aquiles lalinorios que estudaba o seu irmán mór. Ollou d'esguello e vio os calro porcos, de pé abaneándose mainamente
NÓS
ó compás do qui, quae, quod, cantado moi baixiño. Tiñan os bandullos abertos, cruzados por estacas, os dentes recachados i-os ollos atentos pra il.
Cando chegaron c'a lús, o rapás tiña calentura. Deitárono n-un xergón acarón do leilo da fia, fixéronlle rezar moilos padrenuestros e prometéronlle encargarlle unha corza viva ós caseiros da montana.
Il
O LUAR I-OS PENEDOS
Os penedos pol-o dia calan no monte coma c'un silenzo pranetario. Mais pol-a noite, cando o luar vai apalpando entre núbens e penedos, as pedras falan.
Por iso o piñeiro torto da gándara garda o medo d'ouvir aquelas verbas da pedra i-esta sempre en ailitude d'escoitar.
O pastor da avenza ten medo de ficar soilo acarón do penedo que ten feitura de rá; aixiña s'avergoña i-o can mira con ollos tristeiros ó rapáz montado no penedo. O home acarranchapernas do monstro. O sol-por faille unha apoteósis i-o vento da serra limpalle os ollos i-espértalle as arelas do trunfo.
O luar nasce nos penedos craro e doce com'o pensamento na serie animal, asegún os sabios d'outro tempo.
O luar i-os penedos falan coma vellos compadres.
Os cotos amontoados comestos pol-os fios de serra da auga das invernius; as pedras en figura de ovo, somellantes ós celebros dos homes primeiros; as laxes tendidas que teñen mareias non vistas pol-os ollos humans, mareias do fogo interior da terra que as fan rubir e baixar a maneira do salgado lombo das badias.
Tudo o monte creba a sua sede de verbas na pulpa de froita da lia.
E din: Chegaron os canteiros e racharon a nosa entrana.
Con tiros e con picarañas cortaron lousas pra covas, lumieiras pr'as casas, postes pr'as viñas, pedras traballadas en curva com'as táboas das pipas pr'os arcos das eirexas. Tudo o coto salayou caladamente c'a door das feridas i-un arripío morno foi correndo en onda
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710121.xml
NÓS
19
Antonio Sardinha, por Tavares Ferreira. — Velharias Vimaranenses, por João Lopes de Faria. — A nossa casa (quadras) por Parente de Figueredo. — O Anatema de Flandres, por João de Ourique. — Crónica política, por Rolão Preto. — Integralismo lusitano, nota da Junta Central. — Vitrina dos livreiros, por M. Alves de Oliveira. — Revistas novas. — Gravura (Antonio Sardinha no seu gabinete de trabalho).
O INSTITUTO, 4.ª série, vol. 2.º, número 4, Coimbra, 1926.
Trai: um interessante trabalho do Sr. João da Silva Correia, sobre O problema do simbolismo fonético, com atinadas considerações dos fonetistas modernos em col da independência antro valor semântico das palavras e o seu som, e estudo da harmonia imitativa nos poemas e seus fundamentos. — O Dr. Gustavo Cordeiro Ramos segue o seu estudo da Epopeia alemã de Kudrun, e das suas heroínas galegas e portuguesas, a principal. Hildeburg, chamada n-un pasaje, Hildeburg de Galiza («Hildeburg diu edele von Galizen fande») e Hetel, que tinha o seu castelo em Campatille, que Wilmann identifica com Compostela. — Prehistoria de Salamanca, pelo P. César Morán Bardón, agustino, com referência das estações paleolíticas e neolíticas, de 32 dólmenes e 4 penedos, dois d'iles abaladoiros, da região salmantina. — Subsídios para a história da música em Portugal por Sousa Viterbo. — Observações à hipótese de Mr. L'Abbé Moreux sobre «La Science Mysterieuse des Pharaons», por João Carlos A. B. da Costa Gomes, rebatendo a crença de que as indubitavelmente pasmosas coincidências nas mensuras da Gran Pirâmide, já outrora esculcadas por Piazzi Smith, Ralston Skinner, Kennet Mackenzie e outros, podem ser intencionadas. O Sr. Costa Gomes desfaz alguns dos cálculos do abade Moreux. Nós, sen que pensemos que tão prodigiosa ciência se possa atribuir aos antigos — cuja ciência poderia sem dúvida ser bem superior à nossa — outras cousas, se calhar — e cuidando que depois de tudo, pode que ele não encerre mistério nenhum, não deixamos de alopar curiosas algumas das coincidências, especialmente as das coordenadas geográficas do moimento, a sua perfeita orientação, e a sua posição no vértice do Delta, e mais ainda não tendo sido precuradas. — O desacato que se diz praticado em Coimbra pelo Arcebispo de Braga D. João Peculiar, não tem base histórica aceitável, por Mgr. José Augusto Ferreira. — Tentativa de interpretação simples da «Teoria da Relatividade Restrita» pelo Almirante Gago Coutinho. — Bibliografia, em col d'un trabalho de Homero Seris sobre a Reaparição do «Tirant lo Blanch», de Barcelona de 1497. — Livros recebidos.
BOLETIN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA, 1 Sepbre, 1926.
Trai uma lembrança em honra do que foi seu ilustre Presidente D. Francisco Ponte y Blanco. — Los altares primitivos del Apóstol Santiago, por Celestino García Romero (não trai mais que a introdução do trabalho, em col dos primitivos altares cristãos). Estudio biobibliográfico-crítico acerca de Rosalía de Castro, por Eugenio Carré Aldao (continuação). — Palacios y fortalezas de la Mitra de Santiago antes de la guerra hermandina, por José Couselo. — De la guerra de la Independencia: La Gándara de Piñeiro, por Manuel Amor Meilán. — Sección Oficial, incruindo unha relación das obras de numismática que tem a Academia. — Noticias: sobre visita à Cruña de Miss Georgiana Goddard King, autora de Pre-Romanesque Art in Spain, e da importantíssima descoberta d'una eirexa cristã primitiva, com voutas e parés adornadas de pinturas debaixo da eirexa atual de Santa Baya de Bóveda, termo do concelho de Lugo, um dos mais importantes achádegos arqueológicos d'istes anos em Galiza.
Imprenta LAR. Real, 36 - A CRUÑA
Dr. MOSTEIRO
MÉDICO ODONTOLOGO
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
SÁNCHEZ BREGUA, 5-1.º
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710124.xml
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
OURENSE
Teléfono 28
ADEQUIRA
SINTESE XEOGRÁFICA
DE: GALICIA: POR: P.
OZER0: PEDR[?]YO
TRES pesetas
SI LLE INTRESA
O MARISCAL
Lenda tráxica-histórica por
Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte
Pídao á Adeministración de LAR Real, 36 1.º - A Cruña a 3'50 pesets
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571015.xml
NOS
pés lumiosos pisaron o poó do camiño dos pelegrinos xacobeos. Entroulle na y-alma o recender dos nosos vals, misturou a cinza na cunca do caldo, cruzou gabando a Deus a sombra do Castelo, abenzou ós paxaros das carballeiras nos arboredos montesios. Os seus xionllos gastaron as pedras sagradas do Sant-Yago románico e cosmopolita, esprendente de xemas, poboado d'isolados mosteiros, barulleiro nas rúas de todol-os falares da Cristiandade.
No recuncho mais homildoso do solar apostólico, ó pé da sinxela corrente das augas, baixo o nivel da radiosa basílica e dos vellos cenobios, inzou San Francisco a semente do convento dos Menores. Por algo é a violeta o embrema da Orde franciscana. En Sant-Yago pagou foro, com'os labregos e criou heroicos misioneiros que despois, cangados pol-os crimes estranos, rezaban na vellez, en Herbón c'o acento amoroso do Santo Patriarca.
O esprito franciscano livo en Galiza un garimoso acollemento, na raza traballadora e homilde, apegada ó chán. De como sinte Galiza aquil incomparabre esprito fala con suprema verba o San Francisco d'Asorey. Ben quixeramos saber o que pensan os lendeiros e os ricos, os rapaces namorados do diñeiro dend'os anos froridos, diante dos farrapos lixados, do éstase da y-alma apenas envolveita en corpo, qu'Asorey traballou, en compaña do irmau Lobo. Mais non soilo iles; todos n-iste tempo de desorientación, no fracaso de todal-as seguranzas. Debemos adicar unhas horas do inverno que chega, a pensar na vida do Serafin d'Asís. Gregorio IX dicindo o seu panexírico, tomou pur tema o testo do Eclesiástico: «Quasi stella matutina in medio nebulae et quasi luna plena in diebus suis et quasi sol refulgens, sic iste effulsit in templo Dei». Hoxe com'entón.
PEQUENOS ENSAIOS
DO FUTURISMO E MAIS DO KARMA
SCRIBIAME hai pouco Teixeira de Pascoaes, falando das correntes intelectuais de Portugal: «Uns queren tudo destruir, outros tudo conservar: futuristas ou integralistas...». Outro tanto acontez un pouco en todos os lados, no día de hoxe, e, o que pode que sea pior, outro tanto, se cadra, aconteceu sempre, embora en certos tempos con mais intensa e mais grave tensión. O que chaman tradición - pra min tradición non é mais qu'o desenvolvemento normal d'una cultura - sempre tivo inimigos: as forzas de disolución social estiveron de cote loitando, e o que pra elas é mais grave, colaborando co-as forzas cohesivas, centrípetas, o qual non é estrano, pois é un feito que por fin, toda loita é unha colaboración, e todo trunfo unha transixencia co vencido. As porfias dos homes desenrólanse adentro d'un estreito circo de condicionalidás qu'os salva, en cada caso crítico, do derradeiro e mais esposto centrifuguismo. Quéreo d'iste xeito a economía da natureza, e a sua conxénita polaridade que se dá ainda adentro do mesmo esprito individual.
O dito non é mais qu'unha das apricacións do qu'espuxemos no traballo qu'adicamos ás ideas de Hermann Keyserling, tocantes a qu'a vida universal - sen qu'esta vida sea, se cadra, unha entidade en si mesma - busca sempre, non precisamente o mínemo esforzo, senon unha sorte de tensión meia, o camiño mais doado.
O que é, é que, propiamente falando, pode haber pasalismo, mais non hai nin pode haber futurismo.
Efeitivamente: é certo qu'o pasado xa pasou, mais foi, é un feito, e por mais voltas que lle dean, xa non pode deixar de ser; non podemos impedir que fora coma foi. Os feitos son irreversibeles.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710114.xml
19 NÓS
los, na cultura galega dos Castros, e si ainda podese aprousimar tal ouleto, polo seu geito abarrilado os brassards das ribeiras do Doubs, non pasa o mesmo co gallonado que cobra sua superficie, pois si ben é verdade qu'un laborsemellante observase en oujetos análogos da Cole-d'Or, da Marne e do Jura, a sua disposición é vertical y-empregabase en adornos de brazaletes abertos qu'en nada s'imitan ó de Lebução. Pol-o contrario, nas pulseiras da Edad de do Bronce qu'esaminamos no comenzo d'iste capítulo, os gallós anque mais estreitos, aparecen colocados horizontalmente, e feitos res, lerminando n-us remates, que na fotografia que teño á vista, semellan seren demasiado grosos pra se poder espelar nas furas das orellas, e que fai sospeitar si cecais se sujetarian por presión, ou si estarían en tempos provistos d'unha prolongación filiforme capaz d'introducirse facilmente na dita fura.
Foron as arrecadas Joias moi usadas, pol-as mulleres, sobre todo no La Tene I, alcontrándose d'abondo en tod'a area d'ista cultura, presentando moitos dos eijemprares recollidos en Francia (fig. 119) (1) notabres semellanzas cos nosos. Derivan ó parecer todos istes tipos
n-unha lámina d'ouro cilíndrica e pechada, tendo o seu aspeito tanta analogía co d'aquela Joia, que necesariamente fai pensar na eisistencia d'unha tradición ben anterior ó noso posthallstático e n-il recollida e conservada.
As Arrecadas.- Villaamil e Castro (1) o afortunado rebuscador d'antiguidades protohistóricas, atopou en terras luguesas as arrecadas que van reproducidas na fig. 118. Forman unha fina lámina aurea circolar, dobrada e con adornos lineares de filigrana nos lados esterior-
d'un modelo hallstálliano, feito geralmente n-unha folla delgada de bronce, ensanchada en crecente car'o centro y-afiada nos estremos, que se trasforma, mais tarde dobrando pra riba os seus bordes, n-unha especie de carabeliña encorvada.
O prototipo hallstálliano estivo moi estendido, sinalándose a súa presenza nos Pireneos e ainda na Andalucía, estensión que podemos relacionar cos movementos dos cellas na península, os coales deberon introducir tamén na
(1) Op. o loc. cit.
(1) Dechelette, Manuel, I., II, págs., 1079 e 1263.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571016.xml
4
En troques o futuro é pra nós coma si nono houbera. Temos que distinguir ant'o futuro que nós pensamos, e o futuro real, qu'ainda ha vir, e non sabemos como ha ser, ainda na parte en que tal futuro ha ser obra nosa. Ainda ise pode non ser coma nós queremos. Nós podemos ter agora, non hai duda, intenciós fixas, precisas, defiñidas, pra realizarmos no porvir, Mais non sabemos si o futuro mesmo, nonos vai traguer intenciós novas, cecais opostas ás qu'agora temos.
O pasado é noso, é cousa xa realizada, xa feita, ninguén nol-o pode quitar. O futuro, en troques, pódenos fuxir das maus.
En realidade, nin hai, nin pode haber futuristas porque se non pode ser partidiario do que non eisiste, do que se non sabe o que é, o que vai ser. Por iso todol-os futuristas, unha de duas: ou son sinxelamentes amigos da desirución ou son en realidade presentistas, que queren proieutar no porvir o presente, ou o presente n'aquelo que s'arreda do pasado, ou unha escolma d'iste presente, ou unha eisaxeración de todo ou d'unha parte do presente.
Porque non podemos surlir do presente mais que pola lembranza ou pola espranza, que veñen a sel-os dous elementos da saudade, cobiza do lonxe - coma lle chamou Viqueira - en amol-os sensos. Mais resulta qu'idealmente non podemos vivil-o pasado, nin podemos vivil-o porvir, mais que co-as ideas do presente. Interpretamol-o pasado co-as nosas ideas de hoxe; agardamos do futuro a realización das nosas ideas do instante autual. Mais veleiquí que maña: esas ideas han ser xa outras. Non podemos ter agora ideas futuras, coma non podemos vivir realmente o futuro mais que cando veña, cando se faga presente.
Non podemos vivir realmente o futuro mais qu'en adiviñación ou profecia. Non hai mais ciencia do futuro qu'a astroloxía xudiciaria e similares, as ciencias apotelesmáticas e diviñaloiras. Mais estas non todol-as teñen por certas, e ainda os casos de prescencia ou videncia do porvir, non serían casos normais, senon isolados e esporádicos.
Idealmente, tampouco podemos vivir o futuro mais qu'en conxetura, en espranza, en intención. Conxetura que se pode trabucar, espranza que se pode esvair, intención que se pode virar. E ainda o que asina vivimos non é
NÓS
o futuro, senon o que nós supomos que ha ser, ou queremos que seña o futuro.
Porque non somos aínda o futuro. Somol-o noso pasado, e se cadra somol-o pasado todo da terra, e do Universo inteiro. E ainda ise pasado é o que ha sel-o porvir, pol-o menos, o que o ha facer. O pasado é o criador do futuro. Quen sabe si o porvir todo non estaba xa no comenzo na panspermie orixinal? E antes do comenzo, non estaba xa, dende sempre, no pensamento de Deus? Suprimide a Deus, e a vida toda do Universo, o porvir da terra e do home, había estar aínda en potencia na sumidade de nebulosa orixinaria, ou no qu'a sustiuía na nosa representación do comenzo, ou no fondal da eternidade, se pensades que non houbo comenzo.
O pasado é a preformación do futuro. Canto hai e canto ha d'haber, non é mais qu'o desenrolo das protoformas pasadas. O que é e o que ha ser é secuencia do que foi, e tal cousa acontez porqu'enantes aconteceu tal outra. Por que non hai, nas causas segundas, propiamente creación, senon trasformanza: aparecimento de novas formas do mesmo sustrato sustancial. Iso é a vida, a Evolución Criadora, e canto hai é creación da vida.
A vida é desenrolo, esencialmente, e o seu modelo é o arbre. Ainda o home é esencialmente un arbre: no seu corpo ollamol-a disposición arbórea das veas e dos nervos, asunto do qu'outro día temos que falar. Iste feitío vexetal da vida, aínda nas suas formas superiores, nas que recibe a infusión do esprito, foi o que fixo pensar qu'a raiz da mandrágora podíase trasformar en home. O arbre é ainda o símbolo da caste, da raza, e o home leva iste símbolo adentro de si. A natureza amostra de cole ó home o camiño reulo, asegún aquil dito de De Maistre, de qu'o home é sempre adverlido do que lle convén saber.
E nós nacemos xa c'un futuro herdado, un futuro que nos foi preparado pol-os que viviron antes que nós. E nós mesmos, no noso pasado e agora mesmo, e obedecendo en gran parte ó pulo hereditario, estamos axudando a criar o noso futuro, incoscentemente, sen nos decalarmos e sen o querer.
Veleiquí o que chaman o karma: suma dos feitos dos nosos devanceiros, e dos nosos propios feitos, que levamos, queiramos ou non,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710120.xml
18
arrodear cada un dos temas tratados; vivenda, enfeiles e vestidos, riles funerarios, alimentazón, caza e arte, de un ambiente vivo e animado que xurde da mesma evidencia dos feitos. En resume a primeira hora boa de vulgarización que en col do paleolítico se ten escrito na península e tamén a mais completa e entrefida.
F. L C
REVISTAS
A NOSA TERRA, 1 Sbre 1926.
SUMARIO. Follas sin data de un diario de bordo. Ao Mariñeiro afogado, versos de Manoel Antonio, un dos nosos poetas do mar - Esquemas, por Ramón Otero. Dunha xusteza perfeita, destaquemos dous: "Un paisano facía a casa o pé do grande penedo que lle daba a pedra. A casa crescía no penedo como o pito no ovo." - Os antigos - os árabes fixeron no ceo construcións pechadas, limitadas, inmobres, euclidianas. A Edade Media fixo o camiño, imaxe do movemento: o camiño de Santiago. Novos dereitos arancelarios para o millo, en col d'una disposición recente que, coma de cote, deixa a Galiza no desamparo - Semellanzas por U. Losada Martínez, sobro problema das nacionalidades enxergado dende a bioloxía - O Congreso de Estudos Galegos, por Ramón Martínez López, sobre unha iniciativa d'Anton Vilar Ponte - No camiño de Sant Yago, comenzo da relación da peregrinaxe feita por un fato d'escrilores e amigos galeguisas, por Xavier Pardo - Ramón Suárez Picallo dando conta da estada en Galiza conferencias e traballos do ilustre escritor e propagandista do agrupamento da revista Céltiga, de Bos Aires, á sua volta de Xinebra, onde estivo d'asesor da Delegación obreira arxentina no Congreso da Conferencia Internacional do Traballo, e do pensar do distinto galego en col da transformación d'ideas en senso galeguista das nosas colectividades arxentinas - Bibliografía, en col de Xelo o salvaxe, de Fernandez Armesto.
BIBLOS, revista da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra, Março e Abril, 1926.
SUMARIO: Dr. Antonio de Vasconcelos. Arqueología - Duas cartas sobre indumentaria litúrgica na iconografía medieval (A propósito dos painéis de S. Vicente de Fora) - Dr. Serras e Silva. Sciéncia Social e Educação, estudo de moita importancia, onde fundamenta a prosperidade social na familia, e traça as bases da escola de Leplay pr'o estudo cenlífico da familia - Dr. Mendes dos Remedios, Um notável "Memorial" dos cristãos - novos - Dr. Mario Brandão. Contribuições para a história da Universidade de Coimbra - Uma Oração Académica do Renascimento. - dolor.
NÓS
João da Silva Correia. Nota pedagógico-lingüística - Estilísticas escolares - Ernesto Donato "Os Reservados" da Biblioteca da Universidade de Coimbra. - Livros de Portugal (livros publicados em 1925) - Biblioteca de "Biblos", em col de livros recentes. - Varia, em col d'assuntos da Faculdade e outras cusliós d'enseño.
Junho e Julho, 1926.
SUMARIO: Dr. Mendes dos Remedios. Finta para o pagamento do perdão, seguindo vicissitudes dos Xudeus em Portugal - Álvaro Julio da Costa Pimpão. A "Crónica da Guiné" de Gomes Eanes de Zurara, començo d'un notável estudo do escrito histórico mais importante do tempo de D. Henrique o Navegante - Dr. Mario Brandão. Contribuições etc. - Ernesto Donato "Os Reservados" - Dr. Mario Brandão. Uma carta acerca da viagem do Cardeal Alexandrino a Portugal - Livros de Portugal - Varia, com noticia d'una notável conferência do Prof. J. Meunier em col dás aplicações da fonética experimental e estudo das línguas vivas à terapêutica.
REVISTA DE GUIMARÃES, Janeiro - Junho, 1926.
SUMARIO: Uma carta de Emilio Hübner a Martins Sarmento (encol da citânia) - João Lopes de Faria. Santa Maria de Guimarães. A jurisdição da sua igreja - Carlos de Passos. Século de Perices - A Tibúrcio de Vasconcelos. Coleção de estampas e índice de gravadores - Eduardo d'Almeida. Os Cónegos da Riveira. Regimento de Sacristia, Tesouro da Colegiada - Alfredo Guimarães. Azulejos de Guimarães (estudo), sobre arte tão portuguesa; refiro-me aos revestimentos d'alguns eirexas - Alberto V. Braga. Usos e costumes, tradições e bruxaria na obra de Camilo Castello-Branco sumamente curioso. - Mario Cardozo. Consagrado às Ninfas (Acérca de uma lápida votiva do Museu Arqueológico da Sociedade Martins Sarmento) - Alberto V. Braga. Boletim. - Conferência, dada por Antonio Sergio na Sociedade Martins Sarmento - Francisco de Assis P. Mendes. Balancete da Sociedade - Relação dos sócios.
GIL VICENTE, 1 e 2. 2ª Série 1926.
SUMARIO: Um ano volvido - A imortalidade de Antonio Sardinha, por João Ameal. - O casamento de meus avós (conto inédito) de Antonio Sardinha - A Antonio Sardinha (soneto) por Simão Pinto de Mesquita - Uma página de memórias por Rodrigues Cavalheiro - Obras de Antonio Sardinha - A lição do mestre, por Horacio de Castro Guimarães. - Chuva da tarde, por César de Oliveira -
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571013.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano III ★ Ourense 15 Outono 1926 ★ Núm. 34
Cántico do Sol, asegún San Francisco
Moi Outo, omnipotente e bon Señor
Pra ti son as gabanzas, a groria e a honra e toda beizón.
Pra ti soilo, Moi Outo, conveñen
E ningún home é dino de dicir teu nome
Gabado sexas, Meu Señor, con todas as creaturas tuas
Particularmente, Meu Señor, o irmau Sol
O que dá o día e por íl ti nos alumas
E íl, fermoso e raiolante c'un grande esprendor
De ti, Moi Outo, leva a sinificación
Gabado sexas ti, Señor, pol-a irmá lua e as estrelas
No ceo ti fixéchelas, craras, preciosas e belas
Gabado sexas ti, Señor pol-o irmán vento
E pol-o aer e a nube e o sereo e todol-os tempos
Pol-os que ás tuas creaturas dás mantenza
Gabado sexas ti, Señor, pol-a irmán auga
A que é moi doada e homilde e preciosa e casta
Gabado sexas ti, Señor, pol-o irmau lume
Pol-o qu'alumas a noite
E íl é fermoso e ledo e cheo de forza e valente
Gabado sexas ti, Señor, pol-a irmá nosa nai terra
Que nos mantén e coida
E dá os variados froitos c'as frores cooradas e a herba
Gabado sexas ti, Señor, pol-os que por teu amor perdoan
E aturan a door e os traballos
Benaventurados os que viven na paz
Pois eles han ser por ti, Moi Outo, coroados
Gabado sexas ti pol-a irmá nosa morte de corpo
Da que se non pode librar ningún home vivente
Malura pr'os que morren no pecado mortal
Ditosos os qu'atoparon as tuas santas vontades
Pois non lle fará mal a segunda morte
Gabai e abenzoai ó Meu Señor e daille grazas
E servido c'unha grande homildeza.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571019.xml
NÓS
vibradoira por debaixo dos chaos traballados, por debaixo dos vals cobertos de terra mol, nosa filla desleigada que se deixou misturar c'as materias podrecentes do toxo, do arbre e do animal, rubía pol-as costelas esgrevias da serra e sentíase nos outos píncaros espidos e luzentes coma ti morno penedo pantasmal do ceo.
A fonte que andivera o correr dos anos descubrindo eiquí e alí pola penedía, tamén ouvíu como o piñeiro o falar cósmico do ermo; hoxe encañada chora polo mistéreo da montana.
Unha vegada cando xa as brancas feridas do monte se cobriron c'a lona piedosa dos ouricelos, a verba praleada do luar cobríu com'unha névoa de voce os oufeirales silenciosos, decindo:
- As pedras, vosas irmans, arrincadas pola ferramenta dos homes amigos do estrondo, xa voltaron a ser ceibes. Longamente falei con elas nas noites derradeiras e demorei na sua compaña. Fuxiron os homes da cidade orgullosa; as pedras, disoltos os cementos i-enfurruxados os ferros, estran a campía que foi n-outro tempo solar da urbé crara. As lousas tumbals mordidas polo tempo rañador das letras amontoanse en cotos ceibes; perdéronse as finas arestas da talla i-os arcos con riolas de pedras soltas salferidas sen traza da arle; as lumieiras cr badas polo medio, hastra as colunas ergueitas com'os arboredos ordeados dos parques, todas elas fan no chao silencioso unha nova penedía. Vosas irmans outra volta. Mais estou triste porque falándolle eu garimosamente coma nos antigos tempos, non souperon responderme.
Os penedos do ermo abanearou mainamente dicindo: Xa non son nosas. Outra y-alma ficou n-elas, a y-alma que lle sopraron os arlistas, os obreiros, e ademais a door acugulada das xeneracións crescidas e mortas ós seus pés. Nin o fogo eterno da Terra ou do Sol sería capás de limpalas da vibrazón human; sempre tremará no cerne das pedras traballadas. Endexamais volverán a sere as nosas irmáns. Para sempre perderon a sua virxinidade planetaria.
A lúa pra arredar os penedos d'aquiles tristes sentires, fixo tolas carreiras entr'as desfeitas neboeiras; danzou a danza dos veos i-ó
final coroouse c'un halo de lazo astral dino da raíña da noite eterna.
Os penedos gardaron dende entón unha melenconía de pelrucios abandoados.
III
AS ONZAS
A tertulia estaba ben animada. De cando en cando ouvíase un decorrer de ferrollos, ladraba o can, i-entraba na sala un novo persoaxe en compaña do frío vento de marzal. Xa estaban dende cedo as escribanas, nai e fillas, ocupando o mellor sitio rente á chemineia (o escribano restaba na casa chorando a lús que lle facia gastar aquil endiañado preito d'Oseira), o crego sentado coma sempre no grande arcaz labrado, atufado de rapé as nocas peludas e deixaba ver as polainas de guerra baixo o balandran verdecente; o fidalgo esguío das Quintás cicais soñaba c'os tempos da estudiantina, cando en Sant'Yago era ademilido nos salós e podía ler libremente d'aquiles libros que viñan de Francia. Qué mal fixera en non demorar na vila, il. home feito pr'as luzes do sigro e non pra esmorecer na aldeia lonxana deitada com'un can ó pé d'un maorazgo bcbo e d'un crego noxento e tiráneco! Mais aquila casiña brasonada, aquilas parras i-a nai velliña trouxérano ó tristeiro estado de fidalgote cazador de coellos e farto de cuncas de caldo.
Tamén asistían as primas d'Ourense e por decontado as fillas do maorazgo. Pequenas, fracas, d'un raro e luzente ollar, andaban d'eiquí pr'alí bufando xordamente entre elas e sin fazer apenas caso da probe nai, médeo parva. Misia Xacinta, que sentada no sillón i-envolta en cobertores soilos 'alegraba unha miguiña cando as moedas locían e soaban na mesa. Os fillos, úlos! Tabernas e feiras había d'abondo no país. Como non eslivera algún c'a testa rachada nas lousas do camiño das malas mulleres.
O maorazgo, o dono do grande pazo, sentiase triste aquila noite. D'ordinario era de poucas falas; n-aquilas seráns xa longas, pasaba o tempo alancando polo corredor de pedra; nin lia os vellos libros da bibrioteca, nin cazaba, nin apenas s'entendía cos peisanos. Un bimbastro d'home, xa vellote que soilo se lle quentaba o sangue á vista d'unha boa moza.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710110.xml
8
Os derradeiros en chegar foron o capitán e a súa muller. Il era o elemento dinámeco d'aquila tertulia de pantasmas. Ela inda nova, sempre disposta e faladeira, andaba na angueira de erguer o patrimonio familiar (casiña e viñas, na rlbeira outra casa, lameiros, touzas e rendas na parroquia do Chao) botado a disbarate pol-as toladas do pai, un vello aínda vedrayo, amigo das mozas e do viño. O home, un militar liberal de vivo xenio, viñera había pouco do Norte onde se vira por frente dos osos navarros de D. Toinás e conocera as noites de marcha pol-os penedos vascos, as loitas moi de mañán entre a nevoeira i-o sirimiri, o carís inimigo das aldeiñas carlistas de curazón. Viñera desterrado porque seu xenio demasiado franco e destemido non se conliña diante das parvadas estratéxicas dos xenerales da reina. Vivo e ledo, sempre tiña un ollar de desafío pr'a sorna-morna do abade.
Sentáronse, e começou a xogada. O grande velón botaba unha luce páleda de lámpara de estudo sobre o fato de cabezas atentas ó correr das cartas. A señora fixaba na mesa o seu ollar abobado, o maorazgo non xogaba. Tristeiro e valeiro de pensamentos, paseiaba pol-a grande sala i-a cada volta perdíase na escuridade facendo rencher as vellas táboas do piso.
De súpeto parouse e sinliu un arripío de medo: na alacena onde se gardaba a louza xurdira unha nota cristaíña, soila, temerosa na noite, unha pinga de psalterio de dúas copas que se tocaban. O maorazgo pensou: «É un aviso». E quedou sen enerxía, disposto pr'a desgraza que sen dúbida aletexaba pol-os arredores do pazo n-aquila fria noite de marzal.
Nas verbas dos xogadores, no estralar do logo, no ar frio que viña pol-as fentas das madeiras, non había nada de particular. Soilo a espera d'algunha cousa.
NÓS
Salayou o grande portón da muralla, i-os ollos mortos do pai miraron o fillo mais grande entrar pol-a sala. Calvo, torto, enrugado, d'ollos baixos, non parescía levar o sangue d'unha caste fidalga.
Era o herdeiro. Á morte do pai non se porían marcos nos eidos. Os irmáns pequenos terían que vivir cuaseque da sua esmola. Respeitado e temido pol-a torta intención, tiña sona nas festas e nos fiadeiros de todal-as parroquias veciñas.
Aquela noite estaba mais páledo; as suas mans finas lociron na mesa botando as cartas con maestría. O xogo cresceu c'a sua presenza; houbo emoción nos vellos e intrés no capitán, hastra entón somentes cortés. De súpeto fixose un grande silenzo i-abatíuse unha sombra nos rostros, cando o herdeiro pousou na mesa unha tras d'outra, hasta sete onzas de Carolus III.
Rematada depresa a tertulia, o pensamento de todos falou pol-a franca boca da muller do capllán. Era veciña de sempre i-estimaba á xente do pazo. O herdeiro tiña a sua mesma edade. Colleuno a un lado:
— Ti fixeches algo malo! — dixo tremando e angustiada.
Un falso sorrir latexou nos beizos do mozo. Os veciños fóronse aixiña pr'as suas casas. Fechouse o portón i-acugulouse o silenzo nas salas do pazo. A nai tolleita e parva tiña ollos d'espanto.
A noile longa e fria foi percorrida por grandes ventos ouveantes. Ó romper o día a dúas légoas do pazo, as primeiras vellas que corren á misa atoparon o ganadeiro morto no camiño fondo onde inda reinaba a noite. Ferido en loita franca ó volver da feira, tiña sido romatado por man aristocrática pol-o prezo d'unha xugada de bois.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710119.xml
17
OS HOMES, OS FEITOS AS VERBAS
EL PATRIMONIO ARTÍSTICO DE GALICIA, por ANGEL DEL CASTILLO, Cruña, 1926.
O Concello da Cruña editou con primor esta fermosa conferencia, dada pol-o seu autor no Salón d'autos do Consistorio o 6 de Febreiro d'isttano. É unha de tantas, sempre diferentes, com'o ilustre arqueólogo e querido colaborador e amigo noso, ten feito pra espallar a coñecencia da riqueza artística e monumental da nosa Terra, que ten en Anxel Castillo un antusiasta e teimoso esculcador, preparado con respeitabre aparato de coñecimentos istrumentais.
N-esta conferencia, d'un xeito sintético e con maxistral agudeza, vai amostrando Castillo conxuntamente o desenvolvemento histórico da vida e da arte galega, escollendo e pondo en releve as características de cada tempo e de cada estilo, cos mais típicos exemplos, que ademais dá en fotografías, debidas todas á sua man, pois Castillo ten andado toda Galiza e ten estudado, medido e fotografiado cada un dos moimentos que cita.
Asina, van desfiando diante de nós, a un tempo, as épocas e os xéneros arquitectónicos: o prerrománico, o románico e o oxival, na arquitectura cristiá; os pazos e os castelos; logo o barroco: os mosteiros e os pazos, e por fin a escultura, a pintura, a ourivesaría, o mobiliar litúrxico.
Como Castillo, ademais de arqueólogo, é home que ten o senso da historia, sabe ver n-estas cousas a expresión da y-alma imorente de Galiza, qu'il sabe unha, inconfundíbel, e chamada aínda a meirandes destiños. O seu labor é de verdadeira importancia na actual renacencia galega, e cando sea coñecido en todo o seu tremendo volume, a cultura galega terase enrequentado en gran maneira.
V. R.
NOTAS SOBRE JUSTICIA MUNICIPAL, Dr. PEDRO FRAGA DE PORTO, Puertollano, 1926.
O noso compatriano e amigo Dr. Fraga de Porto, coñecido hai tempo no periodismo galego, mándanos iste libro de 135 páxinas sustanciosas, onde fai unha axeitada crítica da xustiza municipal española, dend'os seus fundamentos doutrinários ata a esterioridade dos locais onde tal xustiza se fai. Sen que perda un instante os supremos conceitos teóricos en en que se funda toda misión xusticeira, é íste mais ben un libro inspirado na observación da realidade inmediata do caso xurídico, alal e como s'apresenta no exercicio profesional, no que a repetida inadautación, cando non a irremediabel inadaulibilidade do preceito ó feito, a limitadísima previsión da ley, amóstrase flagrante tantas vegadas.
Estuda Fraga de Porto con moita agudeza a nobre e aínda múltiple función atribuída pol-a lei, inspirada en diferentes criterios a un tempo, ós xuzgados municipais: a d'avenencia, ineficaz nos casos en qu'a ley a fai obrigada, e non autorizada n-outros en qu'a concencia popular a pide, e a d'intervención contenciosa ou punitiva, e aínda a tuitiva, a de xurisdición voluntaria e a de fé pública e rexistro do estado civil, que contribuyen a faceren complexo o cometido d'uns funcionarios a quen tan poucas condicións técnicas se lle eisixen e tan mingoada representación social se lle concede. Critica cheo de razón a hierarquización da xusticia pol-a cuantía dos pleitos, e outros vicios das nosas leis orgánicas e adxetivas, de verdadeira importancia, e defende a misión d'educación pública, d'estímulo e de protección dos dereitos de todos que corresponden según il, ós xueces municipais. O libro, d'un estilo móvil e craro, faise ler con intrés e gusto.
LA VIDA DE NUESTROS ANTEPASADOS CUATERNARIOS EN EUROPA, discurso de entrada en la ACADEMIA DE LA HISTORIA, do PROFESOR HUGO OBERMAIER. Madrid 1926
Fondamente suxestivo e intresante o discurso do ilustre catedrático da Historia primitiva do home, lése de un pulo millor que moitas novelas; mais que o traballo inxente e seco de un científico é o parolar sinxelo e sabente d' espezalista que quer facer acesibres e amabres os seus coñecementos a unha sociedade de xentes cultas e non espezalizadas. Nin por iso ha de coidarse que o Profesor Obermaier se afastara un instante da seriedade mais escrupulosa. O seu segredo está non en arriscar opinións ventureiras nin en descreber gabachos cadros sintéticos, se non en esmiuzar os datos e avencellar as relazois e os parelelismos etnográficos cos primitivos ailuais ata
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710122.xml
Apartado 67
Fernández, Torres € €.*
FERROS -- ACEIROS -- FERRETEIRIA
MAQUINARIA AGRÍCOLA
Linares Rivas, 12 A CRUÑA
LUIS FÁBREGA MERQUE VOSTEDE
DROGUERIA E FARMACIA Plumeiros RAFIUM
Progreso esquina a Luis Espada Véndense en todol-os establecimientos do ramo
OURENSE Andrés Perille - OURENSE
Reloxeria ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas e Accesorios
M. Calviño OURENSE A mais económica de Galicia
MERQUE VOSTEDE
SÍNTESE XEOGRÁFICA DE GALICIA por Ramón Otero Pedrayo
SANATORIO QUIRURJICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey José Mosquera Blanco
Ginecología e Partos Cirugía geral Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten todal-as condicións precisas.—Prauticase toda crás d'operacións.—Dotado de todol-os adiantos que pide a actual Cirugía.—Modernas instalacións de RAYOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda, con voltaxe de 250.000 volts.—Aparelho de Diatermia pra tratamento de Auxeites, procesos inflamatorios, reumatismo, etcétera. Lámpara de cuarzo pra sol d'altitude e ultravioleta pra tratamento d'escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcétera. Admítense embarazadas, e cóntase con material esterelizado pra fora da cidade en casos d'urxencia.—Poden colaboraren todol-os compañeiros, previo consentemento dos directores.
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710117.xml
NÓS
Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza
O país dos mortos
Un ilustre mitógrafo asturián, D. Constantino Cabal, n-un traballo publicado no Boletín del Centro de Estudios Asturianos, ano 1, número 4, titulado: El infierno de la Asturias pre-romana, quer demostrar que Galiza foi pr'os pobos antigos da Península, polo menos pr'os astures, o país ond'iban morar as almas dos difuntos.
Fúndase principalmente n-un conto asturián, no que un señor foi ó inferno buscar a un procurador, e non sabendo como había sair d'alí, púxose en oración, e d'alí a pouco, aló enriba n-un burato moi oíto, apareceu a faciana d'un home que chamaba por él. Era o Apóstol Sant'Yago, o cal botoulle unha corda, e o home gaveou collido á corda polo burato enriba, e de que surtíu afora, atopouse en Galiza.
Iste pensar ven arriostrado pol-as consideracións seguintes:
Doña Carolina Michaelis de Vasconcellos (non aparece craro cal é a obra que cita, seica é os comentarios ó Cançoeiro d'Ajuda, Halle, 1904) di qu'en Compostela hai un burato por ond'un ten que pasar por forza, si non é de vivo, de morto. Ora, iste burato pensa o señor Cabal que debe ser o da cova do Pico Sagro, onde o Barón de Rosmital quixo entrar, porque lle dixeran que quen entrara, conseguía o perdón dos pecados, mais non entrou, porque un dos qu'iban co-él, entrou e por pouco aloga.
Non hai dúbida que o Pico Sagro é un dos lugares mais cheos de misterio que hai na nosa Terra. O mais seguro é que sea o Mons Sacer de Justino, protexido de profanacións por un tabú qu'alnda somella qu'o arrodeia hoxe. Xa se lle ten dado unhas poucas voltas, mais son tantas as lendas que se viñeron localizar n-el, que calquera dixera a sua sinificación primitiva, sen un estudo detido feito á luz das ideas modernas en col da mitoloxía. Todo lugar ond'o misterio se manifesta, é sen dúbida unha fenestra aberta sobr'o outro mundo; mais o que sea precisamente a porta d'íl é o que non podo enxergar craramente, visto sobre todo, que eiquí non coñezo lenda ningunha na qu'iste feito apareza.
En troques, na Bretaña, atopa a do Yeun Elez, n-unha turbeira ó pé do Mont Saint-Michel, ond'hai un burato fondo, polo que s'oyen berrar os condenados. Non se pode negar que hai certas coincidencias lendarias antr'o Mont Saint-Michel e o Pico Sagro; mais se cadra esta é unha das cousas nas que se non imitan.
Outra cousa hai en relación co-esto, dina de nota:
Hai pol-as terras d'Ortigueira a lenda de que o San Andrés de Teixido layábase un día diante d'El-Señor de s'atopar n-aquil santuario tan lonxano, tan recuado, onde ninguén ll'iba rezar, e d'aquela El-Señor, compadecido, déulle consolo, e prometeulle qu'o que non fose visitalo en vida, d'alí adiante, tería qu'ir despois de morto, senon non podería entrar no ceo. Pois outro tanto, co-as mesmas verbas cáxeque, refírese n-Asturias, somentes que alí non é o San Andrés de Teixido, senón o Señor Sant'Yago.
Ainda a mesma tradición refírese en Portugal, e consérvase na seguinte cántiga que Cabal colle de Doña Carolina Michaelis:
Santiago de Galicia
Vos sodes táo intresseiro,
Ou em morte ou em vida
hei d'ir ao vosso mosteiro.
O cal indica que houbo un trasporte de lenda, de Santiago pra San Andrés, e as formas mais antigas consérvanse nos lindeiros da área etnográfica galega, que colle ademais da Galiza actual, Portugal ata o Douro polo menos), Asturias deic'o Navia (polo menos), o Vierzo e probablemente Sanabria.
Voltando ó asunto, outras das consideracións con qu'abona a sua tése o Sr. Cabal, é o ser Galiza (con Bretaña e Irlanda) un dos cabos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710115.xml
NÓS
nosa terra ista crás de joias, modificadas lego con arreglo ô gusto local, que chega a producir tipos mais evolucionados e d'indudabre fermosura, coma son os alcontrados en Afife e no Castro de Laudos (Portugal) (fig 120) (1) en qu'o corpo da arrecada desenvolvese en circo graciosamente decorado y-arremata por abaixo n-un triángulo adornado con puntos ou liñas cruzadas en losango, e por riba en dous anels, nos que prende un cordón destinado a encolgal-o oujeto no lobulo superior da orella.
As Diademas. A diadema ou millor cicais cinto de Ribadeo, a que tantas veces nos refe-
curta, dous guerreiros a pé un en actitud igual e con armas idénticas ás do genete, y-outro que en vez d'espada sostén duas lanzas ou dardos, e un terceiro persoage qu'agarra as asas de dous caldeiros en forma situlas. A veira do ginete vese unha vez un cabaliño pequeno, estando os ocos que deixan valeros estas figuras, ocupados por representacións antropomórficas, peixes aparelhados, sapos conchos, aparecendo repetido moitas veces un animal de pescozo direito, grupa ergueita e longas patas traseiras, cuia identificación é pouco doada. Varias liñas paralelas de puntos serven de fondo ó cadro, comprelando o decorado da
rimos no trascurso d'iste traballo, sinala coa sua presenza un elemento completamente novo y-esceucional na nosa ourivesaria preromana.
A mais notabre singularidade d'ista diadema, da coal conservanse soilo cinco anacos, consiste en ter repuxadas figuras d'homes e d'animás ás que tampouco afeizoada foi a arte castreja. As figuras d'homes son catro, que se repetem desenrolándose en faixas horizontais e paralelas: un guerreiro da cabalo, qu'ergue n-unha mau a cetra e n-outra unha espada
(1) Op. e loc. cit.
joia duas espirás que corren entrelazadas e postas verticalmente no estremo d'un dos anacos, e uns triángulos que se recortan no cima d'outros dous (fig. 121).
Que é o que se quixo representar no repuxado d'esta diadema ou cinto? Unha danza guerreira? Un combate? Unha escea de culto ou un rito funeral? Non se sabe. As miudas figuras de xeito esquemático seguen herméticas a pesar dos esforzos que se teñen feito pra penetral-o seu sinificado. Qu'infruxo cultural aportou á nosa arte esta representación d'homes e d'animás tan alleas ás acostumadas geometrias das decoracións galegas?
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710113.xml
NÓS
que dá ó ouleto o aspeuto abarrilado carai-terísteco dos brassards da Baviera e do Franco Condado. A sua supreficie aparece inteiramente coberta por unha ondulación (fig. 116) pos-ta en senso horizontal, co-as convexidades arredondeadas, prominentes e ampriamente desen-voltas. N-elas, a mau hábil do ourive, deixou grabada unha serie tan longa e variada de mo-tivos ornamentaes que é case un compendio ou un muestrario da decorativa casireja. As ro-sáceas des citanias e nus filigranas dos torques, están ali junta ós pétalos, óslosangos y-ás grecas, finamente executadas, habilmente dis-postas. revelando unha vez mais a técnica adiantada y-o gusto artístico dos nosos ourives protohistóricos.
D'esta riqueza d'adornos da manilla de Le-bução darán ideia os esquemas da (fig. 117), tomada do citado artigo da Portugalia, sendo moi dino de se ter en conta que Ricardo Seve-ro, o ilustre diretor d'esta revista, que non era un cellómano nin mollo menos, e qu'es-tudou o assunto cecais un pouco incrinado ó li-gurismo micénico de Sarmento, ó pelengriñarporto-dol-os periodos prehistóricos e protohistóricos en precura d'antecedentes e semellanzas das gravuras da armilla, veu parar as mais das vezes, ó circo da civilización hallstaltiana.
Dos motivos siñalados cos números 1 e 7, que califica de chevrós, oJ formas d'iles deri-vadas, dí que predominan nas estacións da pri-meira Edade do Ferro (Hallstalt, Bolonia, Vilanova, Este, Toussem e val do Ródano) y-engade qu'os triángulos con circo termiñal, vense en enfeites suspensos y-en asas de cistas de Magni-Lambert.
Atopa as grecas ds. 5 e 8, que dá pri-o de-mais coma características da Edade do Ferro, na Cote-d'Or, y-os semicircos do número 9
postas. revelando unha vez mais a técnica adiantada y-o gusto artístico dos nosos ourives protohistóricos.
D'esta riqueza d'adornos da manilla de Le-bução darán ideia os esquemas da (fig. 117), tomada do citado artigo da Portugalia, sendo moi dino de se ter en conta que Ricardo Seve-ro, o ilustre diretor d'esta revista, que non era un cellómano nin mollo menos, e qu'es-tudou o assunto cecais un pouco incrinado ó li-gurismo micénico de Sarmento, ó pelengriñarporto-dol-os periodos prehistóricos e protohistóricos en precura d'antecedentes e semellanzas das n-algús ouletos de Hallstalt e confessa derradei-ramente qu'o trenzado do número 5 y-os seg-mentos de circo do 6, son idénticos ós que se ven n-unha folia d'ouro alcontrada en Eygel-bilsen (Galia belga).
As rosáceas, as espirás, y-os pétalos, rela-ciónaos co-as figuras semellantes de Sabroso e Briteiros, analogías que podemos extender pol-o que toca ós semicircos y-as espiras, ó decorado d'algús dos osos torques.
Si coma se ve, a ornamentación do brazale-te transmonlano, é de filiación crarisema y-en-tra de cheo e pol-a totalidade dos seus elemen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571017.xml
NÓS
com'un pesado fardel enriba do lombo: o pasado a gravitar nas nosas costas. Non podemos botal-a conta das sequenzas que no porvir pode ter o mais pequeno dos nosos feitos. O cristiano sabe que pode ceibar a sua y-alma do Karma individual — o pecado e o seu casligo — gracias á penilenza; mais ninguén pode fuxir ó Karma cósmico, nin ó Karma social. Coma nós recollemos dos nosos abós, os nosos fillos e os nosos netos han recoller o noso. Pode a decadenza nas culturas ser un feilo natural, com'a ancianidade do home, ou o outono do ano, mais as suas formas en cada caso, son Kármicas.
Veleiquí com'o futuro ven do pasado. En realidade, o valor todo que damos ó pasado non pende mais que n-esto: o futuro está xa esencialmente no pasado, coma preformación e coma Karma.
D'eiquí sacamos dúas verdades importantes:
1.ª Precisamente de ser o futuro función do
pasado, ven o que o futuro seña ata certo punto previsibre e calculabre, previsión e cálculo que se funda no estudo do pasado, o qual sempre ten que ser tido en conta. Efeitivamente, os homes cando van emprender calquera cousa, teñen que botar de conta qu'a natureza ambente por unha banda, e a natureza humán pol-a outra, hanse seguir portando coma fixeron ata hoxe. S'iste cálculo crebara, non habería obra posibre.
2.ª Quía oposición pasado-futuro, é ainda unha falsa oposición, como a oposición cultura-naturra. Responden as dúas no mais fondo, a unha conceición filosófica dogmática e pre-Kantiana, unha trabucada conceición espacial do tempo coma sucesión; e pra nos ceibarmos d'ela, pra nos ceibarmos a unha do pasalismo e do futurismo, fémonos qu'acoller a unha conceición bergsoniana do tempo coma duranza.
VICENTE RISCO
TRES CONTOS
I
O MEDO
O neno espertou ben tarde sen se dar conta d'onde estaba: nin amolecia na escuma priguizosa do seu leito da vila nin chegaba a mai pra darlle bicos de tres estralos i-a xicara do chiculale. Agora non s'astrevía a estarricarse na larganza do disforme leito outo e frío; alá abaixo debía estar o seu fatelo novo, o orinal, o libro dos contos. Por enriba penduraban das vigas do treito, xamós curados e queixos d'Holanda; unha vella araña reumática rubía adespaciño pol-as madeiras da fiestra coartelada.
O neno ben se decataba de que aquila sabia araña facía a sorna morna, queollaba prailcomo quen non quer a cousa, e pensaba alcanzar o treito e vir correndo com'una estrela negra pra deixarse cair enrugada e fria cas palas recollidas, na quentura do leito. O neno non era capás de baixar soilo ó chan frío; un salayo rubíalle pol-a gorxa cando de súpeto che-
gou un novo espanto: viñan non se sabe d'onde oulos berros espaciados, estranos, de mór a menor, rematando n-un estertor de morte, coma cando un xigante era ferido pol-a espada d'un cabaleiro. — A porta abriuse i-entrou a tía ulindo a xiada i-a chamusco.
— Érguete, meu filliño, hoxe temos festa grande. Os da vila criádesvos demasiado señoritos e non lle tendes amore a istas cousas. Estamos co-a matanza. -E collía ó rapás pra baixalo do outo leito.
Ó correr do día víu o neno homes terribres, de gargallada de verdugos que acenaban con grandes coitelos afiados e usados coma s'esliveran afeilos a curtar moitas gorxas. Mulleres de brazos nús roxos do frío e rostro de pedra, chegaban con cestas de bofes e tripas, cicais de pobres nenos mortos n> bosque aquil onde asegún o médeco ouveaba o lobo todal-as noites i-un grande ogro acougábase no oco d'un caracocho. As horas do curto día d'inverno (un sol canso fazía o seu oficio de mal xenio paseiando moi preto das
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/11571014.xml
San Francisco eslivo na nosa Terra; os seus
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/56/56ea/56ea17af-c7b3-4e71-9547-d31b34711cdc/115710112.xml
NÓS
10
seición romboidal, liso en con remates en lan dras, y-o terceiro que comprende os eixemprares recobertos c'un aramio enrolado en espiral. As restantes pezas aprousimanse mais ou menos por algunhas das suas carauterísticas a istes tres tipos, mais teñen en troques outras particularidades qu'os individualizan notabremente. Tal ocorre cos torques do Museu arqueolóxico de Madrid cujos remates sepáranse dos correntes en dobre escocia ou en landra, no eixemprar incompleto de Lebucão e n-un dos que foron do Sr. Arteaga, que remata en dúas campaíñas ocas e provistas d'unha punta que cecais serviu pra asegurar un botón d'esmalte ou de vidro.
de Galiza, coma demostran algunhas estatuas de guerreiros y-o mesmo texto de Plinio (1) que fala das pulseiras qu'eran chamadas viriolae na Céltiga e viries na Ceiltiberia, a pesar de que d'esta denominación parece derivar-o nome de Viriatus, qu'eisiste na epigrafía latina das duas ribeiras do Miño, os brazaletes que craramente pertezan á nosa cultura do Ferro, andan ben escasos en Museus e coleiciós particulares.
É moi posíbel que com'enantes s'indicou, algunha manilla do tipo das d'Arnozella locira nas campas dos homes dos castros, mail-o seu alipismo impídenos incluílas no cadro da nosa civilización posthallstática, ficando redu-
O procedemento de frabicación dos torques galegos, parece ter sido, pol-o menos pr'os que non teñen labor retorfo, sempr'o mesmo. Fusión do metal en crisoes e vaciado en moldes separados da barra e dos remates, que se soldaban despois entre sí, conseguindose o decorado ben por grabado de puntos praulicado c'un trépano, ben por apricación de delgados fios d'ouro, sendo tan constante iste caraule que soilo un eixemprar de todol-os coñecidos ostenta labor cincelado, método que co repuxado son os correntes na ourivesaria galo-romana de la Tene.
Os brazaletes - A pesar de qu'esta joia debeu ser moi usada nos tempos protohistóricos
Fig. 305
Fig. 302
Fig. 303
Fig. 304
cida a nosa tarefa a estudar o único eixemprar craramente castrejo que coñecemos.
Iste eixemprar único foi atopado xuntamente cos torques a que denantes fixemos referencia, e con anacos d'unha manilla, en Lebucão a dúas leguas ó nacente de Chaves, dando Ricardo Severo conta do seu achádego n-un artigo que publicou da Portugalia (2) acugulado de citacións eruditas e ilustrado con farlura d'escelentes dibuxos.
Está feilo tal brazalete d'unha folla d'ouro fechada e c'un ensanchamento na parte central,
(1) XXXIII, 13.
(2) T., II, fas... II.