https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571394.xml
PAPELETAS PRA UNHA EMI-
GRAZON A BEIRA DA NOITE
Por Xohán Luis Ramos
I.—Os homes levaban ao lombo carneiros. O neno loiro era o que levaba o balóco de anguía i-a buxola do capitán louco. A nena ia crabando alfíletes nas cousas. Nas mazás un alfílete longo, dous roxos e verdes nos regatos pra abraiar as armenteiras que fuxen das cobras. Cantaba cousas cursis. As pegas tiñan gracia de raiñas tolas. I-ela tiña pel de pavía e por riba dunha cella a vea azul que lle fixera durmida o alfílete namorado. Andaba con indiscrecións escollidas de primadeira.
O vento atopara unha veleta i-escuma nas barbas dos homes e nas das xenas. Ian queixosos de que o vento do mar emboutase as roitas. E faguía tres días que non viñera a noite porque escaparan co-ela os homes das illas pra faguer veleiros.
N'aquela hora a terra chá tiña cuarenta e sete veces mais sono que a ribeira.
II.—Chegaron ao mar. O mar xa tiña ribeiras e gueivotas inmóviles agardando. Había ademais unha esaititude antiga. O mar acabara de chegar. Moitos espellos suicidas afogados no fondo. Multiplicando peixes X espellos dá fondos. E tamen viñan nas ondas os carneiros, as cousas perdidas no camiño, as mazás, o alfílete i-unha carta dun peixe namorado.
O vello andaba a arranxar as cousas. Na sua barba hai perfiles inxenuos que ollan con inquietude. Logo abriuse unha porta i-entraron os pais cegos traguendo ao ne-
niño loiro afogado. O neno traguía nas máns dúas rás novas i-unha ramiña branca de loureiro.
Agora todos teñen mans de emigrados. O derradeiro día é longo e informe.
A nena está cantando as canzóns do retrato e do sol i os homes tensan as cordas. A serán está toda dentro da paisaxe.
III.—É xa moito traballo. Agora descansan. Cantos problemas no fume das pipas. Adiviñanzas. Hai xeitos que queren ser resoluzóns. A baraxa vai ficando morta na herba. Invitaron tres ases.
Ou abrindo as fiestras. Hai cousas de cando as fiestras están pechadas. Afora pasan cousas iñoradas i-eternas. Hai esaititudes renovadas.
A clave está nas fiestras. Mares correxidos por abrirense a tempo as fiestras. A paisaxe naceu do xogo das fiestras i-os espellos cando elas se abriron i-eles ollaron pra fora.
É a hora dos movementos réitificados cando as cousas sumariñas aboian i-as élices atopan fondos. A hora dos meridianos incertos. Do nacimento do verde noiturno.
Os homes van cansos. I-é o intre das moitas pontes nos ríos cando están mais lonxe do esteiro.
XXIX.—Os homes van cansos de todo e de falar as mesmas cousas pero a rapaza i-o neno choutan collidos das mans arredor dun espello que ela sacou do peito. Todos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571391.xml
Nº 122
Tomo 11
R.O.S.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713910.xml
NÓS
28
MITTELEUROPA
(Proseguimento de Da Alemaña)
por VICENTE Risco.
I PRAGA
vila de nome engebremente germánico; en troques Berlín leva un nome posibremente slavo—chegamos diante da Anhalter Bahnhof. Alí despedinme de Margot Sponer, e ja na estación, do Canedo. E agardei, comendo un par de sandwichs, e dúas peras ben boas, e tomando café.
BERLIN-PRAGA
Non sei se referin já com'unha mañá, no Museum für Völkerkunde, falei do meu choio d'un dos Sres. asistentes cuio nome nón lembro, sabendo somentes que levaba a partícula nobiliaria von. Era mozo e bó mozo, distinto, elegante, e tan atento e sinpático como se cadra non vin outro por estas terras. Estaba na seizón de Prehistoria, mais era entendido en moitas cousas, e falando e falando, aconselloume que fora pra Viena e que falara co Prof. Haberlandt. Tanto me dixo, que me determiñei, mais non iba deixar de parar en Praga. O Prof. Bolte e outros déranme cartonciños e recadiños, e prepareime.
Era unha linda mañá de setembro na qu'a calor já non magoaba e Berlin semellaba mais cheo de gente, mais craro e mais ledo que endejamais. O trafego foi esmagante: despedidas, equipages, pagos, entenderse co-a Policia—n-Alemaña, a Policia é o mais sagrado que hai; é fina, educada, atenta, seria, respeitosa e servicial, mais tense qu'enteirar de todo, e non somentes compre darlle parte cand'un chega, senon cand'un se vai. Gracias a Margot Sponer e mais ao Canedo, puden dar feito. Chamamos a unha empresa d’equipages que viñeran coller o meu baúl pra mandalo pra Ourense, fumos ás oficiñas, alo en Neuköln, por ruas que semellan algo as de Vigo, cheas de camionetas e de tendas com’as da Ponte Mayor d'Ourense, demos mil voltas, e gracias qu'eu collera já o boleto o día antes no KDW... Por fin, collimos un autobus pra a Anhalter Bahnhof. Por certo quindo pola Kurfürstendamm, cruzamos co baúl meu, que colleu no carro pol-a Uhlandstrasse.
À media das doce, coma din en Berlin e n-Allariz,—non vos riades: Allariz é unha.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713924.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todos os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posíbeis, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeq[?]ira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713919.xml
NÓS
istante a i-alma céltiga coma razón e motor da nosa vida interna e esterna: «Cualesquiera que sean las opiniones respecto de la existencia de ese factor en el suelo gallego —y las más autorizadas se resuelven por la afirmativa— es el hecho innegable que existen notas y caracteres psicológicos en Galicia que son comunes a otras regiones de la zona atlántica, todas las cuales se vanaglorian de una ascendencia céltica». Reivindica as calidades galaicas de Sarmiento e de Feixóo; nega o Renacemento e afirma o Romantismo en Galiza.
Hai moi pouquiña heterodoxia en García Martí; non é ningún apóstata, nin xiquera se cadra, cismático. Mais ben semella un creente un pouco tépedo, un creente non praiticante.
Os estudos que fai, precurando a entrana psicolóxica do noso pobo son de fo do intrés, e debera seguilos deica o cabo —se é que se poden seguir—. As suas concrusiós —non sei se temos dito isto xa outra vez— que tiradas por nós non terían acoliida en moitos aos que serían sospeitosas de sistematismo ou de partidismo, pode que ditas por un escritor coma García Martí, non enrolado no movemento de renacencia galega, atopen agarimo e sirvan pra que algús galegos se descubran a sí mesmos.
V. R.
CON PRISMA AZUL, versos de José Luis Parente, Orense, 1933.
Parente, co-iste nome que sona un pouco italiano, adubado cunha chea de tídoos universitarios, galeguista dos de certo, tradicionalista da tradición galega integra, creente, romántico, propagandista, con múltipres actividades, poeta e namorado sen enmenda, e ademais é decote rapaz, c'un curazón que non lle colle no peito.
N-estas condiciós, crar'está, tiña moitismos versos gardados n-un caixón, dos que tiña feito dende meniño, seguramente, co a tendenza qu'il ten a vistir de lindas verbas os seus sentimentos. E por fin, decideuse a imprentalos en papel azul, que é toda unha definición do seu temperamento poético, faguendo un libro qu'un lee sen traballo, porque n-il a poesía non está reducida, coma en moitos libros modernos, aos principios activos. Son poesías sen química, anque estean feitos por un que sabe química.
A definición do Parente coma poeta está feita no prólogo, por Ramón Otero Pedrayo, n-estas verbas: «O autor do libro non ten vergonza do azul e fai ben». Non compre dicir mais pra sinalar a maneira sinxela e pura co-a que se espresa o autor de Con
prisma azul. Temas: os temas eternos: o amor, a peisaxe, a fé, a Terra, a liberdade... Romántico sen herexías.
Libro bilingüe. Os poemas en galego van misturados cos poemas en castelán. Millor sería ter feito dous libros, aparte un do outro. Non importa, porque o propósito é manifestar enteira a persoalidade, e n-ise caso, o faguelo asina, pode ser mais verdade.
Edición ben feita, de home de gusto, con capa e perfil do autor, de Prego. E, o que non é costume nos libros galegos, empastado.
RIBADEO ANTIGUO, por F. Lanza Alvarez, Madrid, 1933.
O noso coñecido colaborador F. Lanza adicou a Ribadeu iste libro, recopilación orgánica de notas e documentos, cos que vai trazando a historia d'aquela vila dende os tempos prehistóricos deica os modernos.
Encomenza pol-o nome de Ribadeu, recollendo opinións mais que discutíbeis de García de la Riega e outros mais atinados de García Teixeiro, Amor Meilán e Murguía. Fica asentado que o verdadeiro nome é o de Ribadeu (non Ribadeo), coma o río é Eu e non Eo; e que o mais antigo do río é Euve (documentos de 1143 e 1166) de onde a Ribeira: Ripa-Evii (Flórez, E. S. vol. XVIII). Estuda logo as armas: chave de ouro e estrela de prata por riba das ondas do mar, empregado (sen estrela) dende 1699. Menciona os castros de Vilaselán, Vilaosende, as Anzas, Arante e as mámoas de Mondigo. No primeiro dos castros aludidos, chamado das Grobas, recolle a tradición de ter aparecido puños de espada de ouro. Apón aos fenicios as antigas minas de Salave e a chamada Torre vella, hoxe desaparecida. Cita logo a diadema de Ribadeu e o torques de Dompi-ñor o vello, hoxe perdido. Opón a fantasía de la Riega, que pón n-aquela terra unha suposta tribu dos Eoisios (?) e o pensar de Villaamil e Castro, que supón ser a dos Cíbarcos, posto que a antiga xurisdición levaba o nome de Cabarcos. Do tempo romano, recolle coma curiosidade o relato das Antigüedades de Ribadeo, onde o xefe da flota de J. César púxolle á vila o nome de Portum Julianum, que se conserva no barrio de Porcillán.
A verdadeira historia encomenza coa repoboación feita por Fernando II, que mercou o lugar ao Conde Don Rodrigo, e trasladou a il a Sé mindonense co bispo Payo Cebeyra, manténdose ali deica 1233 que volveu pra Mondoñedo, baixo o bispo Don Martiño.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713913.xml
NÓS
mais de pizarra. Vapores de rodas no rio, palacetes e casas modernas, hoteles e pensións.
Dresden me non parecía, visto dend'o tren, tan fermoso como dio. Boeno, primeiro hai un barrio de jardis e casas moi fermoso, despois non tanto. Pasamos en Dresden por tres estacións: a primeira moi grande, fea, escura, negra, encristalada; as outras dúas mais craras.
En Dresden montan dous checos ledos e bulideiros coma catalás. Tipos de viajante catalán distinto. Falaban, rían, metían caixas de pitos nas malas. Todo o traieuto moi movido de gente, e a gente fala moito. Aos checos aixiña se lle nota a fala, somentes qu'agora é cando alemán resulta craro com'a i-auga, e convírtese en táboa de salvamento, porqu'isto do checo si que manda forza.
Ben. Chegou a noite. Chegou a fronteira e a Zollrevision. Primeiro viñeron vel-os pases, e nonos miraron. Viñeron vel os equipages e nonos miraron. Eu abrín somentes a mappe e a mala pequena, e nada. E foi o tempo pasando, e chegamos a Praga.
Primeiro vin letreiros en checo. Despois pasamos unha ponte, víanse moitas luces. Por fin paramos na nádraží Masarykovo. Quedamos moi longe, e tiven moito qu'andar, carrexando os bultos á mau e pesaban de raio. Anda, anda, anda, doíanme os hombroiros, algunha vez tiven que pousar. Cheguei onda dous carabiñeiros de longo levitón cincento e gorra de prato da mesma coor. Un perguntoume en checo; respondin n-alemán que non comprendía, e entón perguntou n-alemán que levaba. Respondín:
—Gebrauchte Sachen.
E pasei. Era mal encarado, chupado, cos bigotes curtos. Por fin cheguei á porta pousei, e veu un mozo vello, algo bébedo, con gorra bermella, faloume en checo, respondin n-alemán, e faloume n-alemán. Pedin un taxi, e deume un vello fiacre, semellante a aquil no qu'entrei en Berlin, somentes qu' aínda mais vello, guiado por un mayoral vello c'unha bimba especial, arcaica, galoneada, e turrado por un cabalo imensamente vello. Non levaba mais que diñeiro alemán, dinlle ao mozo meio marco e agrade
ceuno moito, ajudou a rubir o equipage, e saudoume moi ledo. Din o enderezo:
—Hotel Ametyst, Polská 9.
Eu mercara en Berlín a guía Grieben de Praga. Recomendaría estas guías a todol-os que viagen pola Europa central; custan moi pouco e tran moitismas cousas. A min rendéronme moi bó servizo. Alí topara o Hotel Ametyst, gut bürgerliche Hotel, 65 cámaras, de 18 a 25 croas, almorzo 2 e meia, auga quente e fría, calefaizón central, ascensor, garage.
Botamos a andar pol as ruas adiante, ruas e mais rúas, escuras ou mal alumeadas, sen gente, retortas, tan pronto car'a dereita coma car'a esquerda, tan pronto costa arriba coma costa abaixo, o fiacre choutando nos croyos, que me lev'o demo se non andamos de gambernia, botand'unha paseata por Praga adiante... Por fin, colleu a Polská, e d'ali a pouco parou diante do Hotel Ametyst.
Surtíu un porteiro galoneado, faleille n'alemán, respondeu, oferceume Zimmer n.º 34, segundo andar, cambeoume 10 marcos por 80 croas, e presentoume a cédula pr'a Policía. Cubrina, paguei 26 croas ao vello mayoral, rubin ver a habitación, qu' era boa e custaba 24 croas, e perguntei por un restaurant. Indicoume un, ali na esquina da Safarikova ulice.
Aquil restaurant tiña aire ribadaviense ou carballiñés. Había radio, catro individuos jogando ás cartas n-unha mesa, e outras tres n-outra falando c'unha señora; logo chegou cabo d'iles outra loira. Pediu a carta, e tróuxoma un rapaz moi novo; estaba en checo, e o rapaz foima vertendo ao alemán. Pedin uns ovos revoltos con non sei qué, saber, sabían, e cervexa. Todo silandeiro e tranquilo; aquela xente, semellaba leda e boa. Paguei 8 croas, e funme deitar. No portal, o porteiro xa me chamou profesor. Deiteime e durmin.
FRÜHSTÜCK
Erguinme á mañá. Estaba n un leito co-a cabiceira a carón da fenestra, oposta á porta. Aos pés, almario d'espello. Unha mesiña con tapete, alfombrín e todo o demás; estábase ben. Rasureime, laveime e fixen as demais angueiras. Namentras un as fai, cand'
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571393.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XVI ★ Ourense 15 de Febreiro de 1934 ★ Núm. 122
É G L O G A
Por AUGUSTO MARÍA CASAS
Cántico ao pór-do-sol
ise lene tremer dos lenes bímios,
que en lixeiro perfil desdibuxado
imaxina un arume qu'ha ser río.
No redondel do ceo o sol inventa
un abril de tan verde xa esquecido.
Canta o ar n'unha ponla de silenzo.
Eu canto n'isa voz que pode ser muíño.
Dafnis e Cloe bulen pol-as beiras
a surrir en relanzos de agarimo,
e pintan no tecer das somas eidos
para deitar o corazón ferido.
O ar esvara pol-o van das follas
e vai pechando a lús pol-os camiños.
Afiada coor pol-a paisaxe
proe os acios dos lobios infinidos.
Xa ven o boi, solene,
tanxido pol-o imán d'eidos esguíos,
co-a mágoa da saudade madurando
a ribeira a fuxir dos ollos nídios.
Unha fonte sin voz a namorarme.
Morte viva me pula. Estou vencido
pol-a arela de ser na ponla nova
o celme ausente do valeiro esprito.
1.933
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713920.xml
Ribadeu foi de señorío do bispo semella que deica 1369, en que Henrique II de Castela doullo en señorío ao normando Pierre de Villaines, chamado Lobesgue, cabaleiro das Compañías Brancas, que despois vendeullo a Rui López Dávalos, Condestábele de Castela, por 100.000 maravedís, vindo por fin parar nos Villandrando, e derradeiramente aos duques de Hijar. Un asunto intresante é o do lindeiro oriental de Galiza, que o A. trata especialmente. Resúltanos estrano o que, seguindo o pensar de Oliveira Martins e Gonzalo de Reparaz, faga derivar as aldeias e concellos galegos, coma os do resto de Hespaña e Portugal, na djemaa marroquí, cando os nosos teñen a sua orixe ben crara nas vilas romanas e góticas, sucesoras moitas veces dos clans castrexos, asegún amostrou A. Sampaio. A historia do concello de Ribadeu que failogo, contéa moitos datos d’intrés, coma tamén a do desenvolvemento urbán da vila, das suas eirexas e moimentos, fundacións, hospitais, conventos, gremios e cofradías, que vai facendo un por un por miudo, as notas en col do porto, os bés do común, as industrias de cáñamo e liño, ferrerías, muíños, artes e oficios; fábricas, etcétera. Remata o libro c'unha relación de ribadenses ilustres.
Ven avaliado con numerosa documentación gráfica (fotografías, mapas, gravuras antigas), levando ademais os capídoos fermosas cabezas e iniciás de Amando Suárez Couto.
NO CENTENARIO DE MARTINS SARMENTO. por A. A. Mendes Correia, Lisboa, 1933.
Conferencia realizada polo eminente antropólogo e prehistrista na Universidade do Porto o 9 de marzo de 1933, en lembranza do descubridor de Briteiros e Sabroso. Coma os nosos leitores saben xa, non é esta a única que Mendes Correia, investigador dunha prodixosa actividade, adicou á persoa e á obra de Martins Sarmento. Mendes Correia coñece toda a obra do sabio vimaranense. Na primeira parte da conferencia de que falamos, fai a súa biografía. Logo estuda e discute as súas obras principais: Os Gregos no Noroeste da Iberia, A Arte Mucénida no Noroeste de España, Os celtas na Lusitania, Os Lusitanos, a Ora Marítima e Os Argonautas, encamiñando as teses de Martins Sarmento: a tese antihelénica, a tese micénica, a tese anticéltiga, a tese ligúrica, as que vai pondo en comparanza cos resultados das investigacións actuais, a según os quales non se pode negar a influencia micénica na arte galega e portu-
NÓS
guesa, nen se pode negar a influencia céltiga, nen reducir as Lusitanas aos Ligures (o pernix ligus da Ora Marítima, sería, asegún Mendes Correia lucis, coma se atopa na edición príncipe, e reduciríase a lusis ou lusus, o cal recuaria algús séculos o aparecimento dos Lusitanos, que serían parentes dos Iberos).
Sinala coma un dos méritos principais de Martins Sarmento o ter proclamado a existencia dun foco atlántico de cultura e etnoloxía prehistóricas: «Está hoje averiguado despois dos trabalhos de S. Reinach, Loth, Brenil, José Fortes, Bosch Gimpera, Cuevillas, Bouza Brey, Serpa Pinto, etc., que entre o NO. da Península (N. de Portugal e Galiza), Bretanha, Irlanda e outras rexións do norte, houve no eneolítico e na idade do bronce, estreitas afinidades culturais e étnicas, dadas a migrações, influencias e tráficos, que se desenvolven nun alheamento case completo da evolución cultural que se desenrolava na área oriental mediterránea.»
Fala por fin, da sinificación de Martins Sarmento home esencialmente apolítico— coma «Mestre do Nacionalismo em dois campos opostos: de António Sardinha no campo monárquico, de Ricardo Severo no campo republicano». V. R.
REVISTAS
BOLETIM DE FILOLOGIA. Lisboa—Tomo II Fasc. 2.
SUMARIO: José María Rodrigues, Anotações ao texto e ao conteúdo de alguns sonetos camonianos.— Joseph M. Piel, Os nomes germânicos na toponímia portuguesa.— Rudolf Rübekeamp, A linguagem das Cantigas de Santa Maria de Afonso X o Sábio. Glossário (conclusão).— R. de Sá Nogueira, subsídios para o estudo da assimilação em português (continuação).— Livros e Revistas.
Iste n.º trai algumas cousas de especialíssimo interesse pra nós. Onde non hai estudos filolóxicos como acontez en Galiza— cousa vergoñenta, cando tratamos de rehabilitar a nosa fala— menos mal se nos escritos portugueses imos atopando algo que nos axude, aínda que non rematemos de deprender n-iles todo o que nos compre.
O traballo que encomenza n-iste n.º Joseph M. Piel en col das toponimias germánicas, problema pra nós d'un interesse histórico e lingüístico de primeira forza, limítase a Portugal: mais temos moitos nomes idénticos aos portugueses que il cita, e a espricadeira da-
da pra istes, fica, no caso, dado pra os nosos.
Piel considera pra Hespaña (incruindo Gali-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713923.xml
Os pobos somentes son grandes pol-a cultura.
Mercade Libros Galegos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571398.xml
26
LADY (meigamente)
Si quixese...
CAPITAN
Querer? Probe a que concertemos a partida pra mañan.
LADY (con moita intención)
E o reximento?
CAPITAN
Leve o demo ao reximento. Mañan; saiamos mañan pra Cruña e viaxemos no primeiro pailebote.
MARQUES (con intención)
Eu acerto sempre. Repare Lady; atenda ao xogo: esta partida ganeina eu. Visto?
LADY
Bó xogador.
CAPITAN
Réstame adeprender unhas cancións mais pra lle dar serenata cando saia a ruar e baixo a sua fiestra me deteña a cantarlle cos cabaleiros de Galway.
VIZCONDESA (outra vez ao quite)
Agora, capitán, si consinte probemos a danzar. O vals ainda está por adeprender.
SABEL
Estou a ver que chega o día da festa e aínda non teñen adeprendidas as voltas.
LADY
Proben outra vez; miña seora Sabel dá moi ben os compases.
SABEL (póndose ao piano)
Imos ver (ao pequeno). Lois entra en tempo. Re re, la la, re do la re mi... Entendiches ben?
Lois (encomenzando a tocata no violin)
Entendín miña nai.
Encomensan, nai e fillo, un vals que danzan a vizcondesa e o capitán namentras Lady Kilrush e o marqués seguen a sua conversa.
LADY
Coitada miña amiga; está a morrer. Decátase da voluvilidade do seu home e... das miñas lixeirezas. (Con diñidade). Marqués de Laiño: eu non nacín pra faguer estes papeis.
NÓS
MARQUES (apaixoado na espranza)
Unha noite calquera escoitaránse na Quintana os crarins dos coraceiros: Terra e Liberdade berrarán as xentes todas. Os estudantes aderiránse ao movemento e Antolín Faraldo léralles o manifesto da revoluzón. Compostela rebrilará en luces de abrente.
LADY
Tendes fé!
MARQUES
Logo, dende Raxoi, Don Bastián Arias dirálle ao pobo a sua arenga acesa de emocións históricas. Bandeiras azues e brancas lostregarán dende o mais outo de todal-as torres da cidade: Europa enteira ollará pra estas pedras sagras co-a ledicia e fervor con que noutrora veu axoellarse rente da campa apostóleca. A estrela da vila fará par outra vez á estrela de Belém. E camiñando por entre o balbordo das moitedumes, adiantaráse naquela hora, locinte de aceiros, levando na man o trunfo, o seor capitán Don Xosé de Leis. E vostede, miña amiga, vostede nosa irmá, vostede nosa fada madriña, dende a sua fiestra da rua Nova latexará de orgulos sabendo que o trunfo conqueriuse pol-a sua intelixencia suprema e a sua beleza eistraordinaria. Lady Kilrush: a nosa causa fica outra vez nas suas mans.
Lois (rematando os primeiros compases do vals)
Agora saíu ben.
LADY
Non gosto desas voltas. (a Don Xosé) Desculpe capitán: esí. (Ensiñándolle unhas voltas ao capitán). La ra la rá, la ra la rá... (logo, quediño). Veña con nós; perciso falarlle.
CAPITAN (asubiante)
Saimos mañan?
LADY (a Sabel)
Agora é que saíu ben. E ímonos xa que son horas andadas.
SABEL
Como queiran, miñas seoras.
VIZCONDESA (despedíndose)
Hastra mañan, Sabel.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157139&posicion=12
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571399.xml
NÓS
Lois
Boas noites, miñas donas (e sai pra o leito).
O resto vanse pol-o fondo. Fica a derradeira Sabel que collendo dunha man ao marqués dille reconvíndolle, magoada.
SABEL
Laíño!
MARQUES
Sabel, miña curmá Sabel: tí sabes de como eu quérote como a unha filla. Repousa; acouga. Un día ficarás satisfeita das tuas dores. Son percisas. Si agora non trunfásemos...
SABEL (desdeñosa)
As vosas vidas...
MARQUES
Galiza, miña filla; é Galiza a que morre. Saen os dous tamén. A escena fica soia uns intres. Logo volta Sabel, séntase ao piano, salaia, pespunleita uns arpexios, e rompe a chorar.
SABEL
Meu Deus, Meu Deus!... Coitada de min!!
Entran Lois e Bastián logo duns intres.
Lois
Bastián anda a xogar e non me deixa durmir.
BASTIAN
Nanai: non teño sono.
Lois
Choras?
SABEL
Non, meus pequenos, non.
BASTIAN (reparándolle nunha bágoa)
Esta parez unha pedriña de vidro.
Lois (collendo o violín)
Imos ver si sae o rondó.
BASTIAN
O rondó... o rondó... Miña nai: cóntanos o romance do Conde Claros.
Lois
O de Don Sancho que é mais fermoso e non dá tanto medo.
SABEL
A terra de mouros mañanciña fría, camiña Don Sancho a librar cautivos.
Lois
A beira da fonte, da fonte belida, as rendas de liño lavaba a mocifia.
BASTIAN
De terra de mouros Don Sancho volvía,
SABEL
a ialma na fonte deixara cautiva...
Lois fica durmidiño no colo da nai; Bastián adormece tamén, e nai e fillos compoñen unha dorida e dorosa estampa de maternidade.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713914.xml
32
está así soilo, dáse un a matinar nas cousas. Cand'un está fora da casa, son as millores horas do día, porque son as horas da espranza; e cand'un está en terra estrana, é a hora d'agardar grandes cousas.
Piquei no timbre, e chegou unha criada checa vestida de negro. Tiña unha face cóncava e fea, de naris ancho e guedellas grasentas, e viña rindo. Pergunteille a hora n'alemán, e respondeume en checo que non sabía máis que checo. Entón eu pinteille un reló n'un papel e amostreillo. A resposta pasmoume:
—Ah, quel or yé!
Así me sonou a min a resposta. Aquelo comprendiase moi ben, e semellaba bable. Era checo? Sen dúbida, mais...
Foi correndo precurar un reló d'ises despertadores, e vin qu'ainda non eran as nove. Pedín de comer, por señas. Respondeu n-alemán:
—Frühstück.
E tróuxome café con pan de froitas e manteca. Sentado a mesiña de tapete, por frente a fenestra leda de sol, almorcei con fame e con gusto, c'un gusto que non tivera dende Hendaya. Atopábame ben n-aquela cámara tépeda e acolledora. Sen dúbida, eu son unha estrana pranta.
COMA NA CASA
Crar'está, saín a rua. O Hotel Ametyst está n'un barrio que se chama Vinohrady (a viña) ao S. E. de Praga. Andiven a Polská ulice deica o cabo, e collin a esquerda pol-a Francouzská trida, deica a Mirové Namiesti. Gustoume todo canto vín.
Pasaban mulleres con pano a cabeza e homes sen cuello na camisa. Había tenduchas com'as nosas, chafalleiras e algunhas pouco limpas, cristaleiras pequenas istaladas nas fenestras baixas, artesanos traballando nos currunchos, e todo tan familiar e a confianza, que se non fora pol-as casas barrocas, Renacimento e século XIX con cúpulas nas esquinas, aquelo semellaba unha gran Ribadavia.
Estas casas, com'en toda a Europa central, son todas de coor negrecento, mais algunhas estanas revocando e pondo brancas.
NÓS
A carón do estiramento mecánico, do artificialismo e ordeanza de Berlín, eiquí semella que s'atopa un na casa. Esta gente é máis miña, com'a do mercado de Bonn. Estas facianas compréndense moi ben.
Estóu na capital d'un novo Estado, pequeno e familiar, sen empaque, coma se dixéramos, na capital d'unha República de confianza, onde dá gusto estar, onde todo ten un ar ledo d'encomenzo, onde semella que o tón da vida privada domiña sobr'o da vida pública. Eu non sei de certo s'isto é asina coma a min me p:rez, ou s'esta impresión qu'isto me fai traducirá más ben o desexo de que así fora. O que sei é que a forma ideal de goberno había ser aquela en que isto acontecera, na qu'o goberno fora imperceptíbel, en que o privado s'impuxera ao oficial, en que domiñara un régime de dereito civil e non houbera dereito adeministrativo.
Na Mirové Namiesti, atopei a eireja gótica de ladrillo de Santa Ludmila. «Aller à l'église —dí o Sar Peladan— c'est le premier souci du civilisé qui voyage, le seul souci de l'initié qui veut grandir». Entrei rezar en Santa Ludmila. Cumpria pregar pol-a muller e pol-o fillo, deixados alí, longe d'un, por Galiza ausente e de cote tan necesitada d'oracións, e sobre todo por mín, o máis míserento e o máis ruín dos homes, pol-a miña flebeza, pol-a miña probeza d'esprito, pol-a miña soberbia esmagada pol-o mundo:
«Pela flor que murchóu no esquecimento,
Pela aza que se eleva e logo cái,
Pelo sol, pelas nuvens, pelo vento,
O tristes labios meus, rezai, rezai»
Tamén en Santa Ludmila estaba na miña casa. E non somentes porque pra nós todos o é a casa de Deus, senón porque alí estaban os vellos coñecidos de sempre das nosas eirejas galegas: o San Antoniño, o San José, com'en Santa Eufemia d'Ourense, coma no Santuario do Castro de Caldelas, ou com'en Sant'Yago d'Allariz.
Despois pasei por ond'o teatro municipal e pasei a Rimská ulice e por ela cheguei ao museu nacional, Narodni Museum.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713921.xml
NÓS
za) definitivo o traballo de Sachs, Die germanischen Ortsnamen in Spanien und Portugal, Lena—Leipzig 1932. Mais na seizón de Livros e Revistas do mesmo n.° fai Rodrigues Lapa a recensión d'iste traballo e deduz de certas omisiós que «ou Sanchs náo explora exaustivamente o Nomenclator espanhol, ou—o que é muito mais provável—ésse indice geográfico está longe de ser completo pelo que respeita a Galiza».
Joseph M. Piel atense pra os Suevos escrusivamente a Idacio. Faise cárrego da dificuldade de determiñar as verbas que son suevas e as que son godas. Indica o contraste entre as poucas verbas xermánicas que ficaron no galaico-portugués corrente, e o númaro enorme que quedou na toponimia. «Os nomes germánicos da Península se encontram quási exclusivamente na Galiza e Norte de Portugal, quer dizer na regiáo que corresponde mais ou menos ás ocupadas pelo reino suevo»... «Sanchs fez o calculo centesimal desta reparticáo, achando que de 2:400 nomes germánicos na Peninsula se encontrou 15,9 na provincia de Corunha, 15,3 na de Lugo, 11,7 no distrito de Braga, 10,7 no de Porto, 8,6 na provincia de Pontevedra, 6,2 na de Orense, 5,1 no distrito de Viana, 3,5 de Aveiro, 3,5 de Viseu, 2,8 na provincia de Oviedo, 2’4 no distrito de Vila Real, 1,3 no de Braganga, 1,2 na provincia de Leáo, 1,1 na de Gerona, 1 na de Burgos, 1 no distrito de Coimbra, repartindose o resto pelas outras regióes de Portugal e Espanha». (Un mapa d'iles foi dado per S. Gamillscheg na Revista de Filología Española, XIX, 136). Estuda a formación gramatical do onomástico xermánico, composto case sempre de nomes de doces elementos, algunhas veces con sufixos. Indica a Bibriografía, e escomenza despois o estudo dos nomes por orde alfabético.
Na recensión do libro de Sachs, Rodrigues Lapa refirese en primeiro termo ao traballo do P. Sarmiento, onomástico elímológico de la lengua gallega (ed. Tuy, 1923) no que atopa moitos nomes galegos que Sachs non trai. Ouserva o maor arcaismo dos nomes da prov. da Cruña. Fai algunhas reitificacións ás interpretaciós dos fenómenos fonéticos de Sachs, e logo fai un estudo, fundado nos datos de Sachs, do fenómeno da síncope das consoantes. Son estraordinariamente valiosas as aportaciós de Rodrigues Lapa.
No mesmo númaro a de Henry Lang, The text af a Roem by King Denis af Portugal, Reprinted from Hispania review, I (1933) n.° 1 e de Harri Meier, Beitrúge sur spachlichen Gliederung der Pyrenäenhalbinsel unal thoer historischen Begründung, en Hamburger studien su Volkstum und Kultur der Romanen, vol. 3, Hamburgo 1930.
O segundo é d'un enorme intrés. Rematado enantes e pubricado despois de Orígenes del español de Menéndez Pidal, coincide coil en moitas cousas e arrédase e corrixeo n-outras. Estabrece a fronteira do galaico-portugués a Eo Navia, atravesando o Bierzo, collendo Ponferrada, logo preto da fronteira adeministrativa de Galiza e a portuguesa, deíxando fora as Terras de Miranda, e ensamiña a influenza das lingoas indíxenas, das razas, dos dialeitos romanos, das difrenzas antre o Sul e o Norte da Peninsua, do germanismo, do mozarabismo, na formación das lingoas peninsuares. Faise tamén a de Encol do nome de Martin Codax, de A. Cotarelo, publicada en NÓS.
LOGOS, boletín católico mensual, Pontevedra, n.° 35, novembro 1933.
SUMARIO: «Laetatus sum in his» (no Advento) por J. de Bourgogne.—Misioneiros de Galicia (O Mestre Frey Andrés María Solla García (1810-1889) estudo biográfico e bibriográfico en col d'iste ilustre dominico, por P. A. Pardo (O. P.).—A espiritualidade dos Cancioneiros, en col de Santuarios da Virxe citados polos nosos poetas medievás, por P. G. Placer (O. de M.)—O canto do pobo na Eirexa, por P. X. Miguélez (O. de M.)—Bibliografía.—Obras recibidas.
BROTERIA, Lisboa.
Janeiro 1934. Sumario: Paulo Durão, Acção Católica e Acção Política.—Domingos Mauricio, Fortunato de Almeida.—A Rocha, Que se pretende com a Escola Única?—J. da Costa Lima, Sob o misterio do fogo.—Francisco Rodriguez, O «Livro da seita dos Indios Orientais».—Amando de Mattos, Comentários heráldicos.—Revista de Revistas.—Bibliografia.—Obras recebidas.
N.° de Fevereiro, 1934. Sumario: Paulo Durão, Acção Católica e Acção Social.—A. Rocha, A selecção na Escola Única.—Eugénio Jalhay, Dr. Rui de Serpa Pinto.—Degasséis anos depois.—Industrialização á força.—Pedro Hispano, Renovação espanhola.—Armando de Mattos, Comentários heráldicos.—E. Jombart, Documentos recentes da Santa Sé.—Revista de Revistas.—Bibliografia.—Obras recebidas.
REVISTA DE GUIMARÃES
N.° especial consagrado ao Centenario de Martins Sarmento.
Contén a relación de todas as actas celebradas con motivo do Centenario do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713922.xml
40
grande e sabio investigador e escritor, a cuias descobertas e traballos arqueolóxicos debemos, galegos e portugueses, as bases da coñecencia da nosa cultura da Edade do Ferro.
Martíns Sarmento era ben merecente d'iste grande homaxe, que foi a un tempo un forte acto nacional portugués, e unha comemoracion centifeca internacional. A reseña da Revista de Guimaráes infórmanos de todos os actos feitos en sua honra, co texto dos discursos pronunciados pol os Sres. Mario Cardoso, Eduardo de Almeida, A. A. Mendes Corréa, F. M. da Costa Lobo e A. L. de Carvalho, e o fermoso poema de Correia de Oliveira.
FACULTAD DE HISTORIA. BOLETIN DEL SEMINARIO DE ESTUDIOS DE ARTE Y ARQUEOLOGIA,
Valladolid, 1933.
Recibimos os tres primeiros Fascículos d'esta manífeca pubricación, primorosamente editada e que contén fermosos traballos sobre arquitectura, escultura, orfebrería, excavacións, etc., con boas e copiosas ilustracións; traballos e notas de Etnoloxía e Folklore; sección Varía onde se insertan notizas de achádegos, traballos importantes de diversos países, escavacións en varios puntos, etc., e moi completa seazón Bibliográfica e de Revistas.
Repersenta un grande e ben endereitado esforzo, dino de loubanza, e constitui un valioso arseal onde precurar moitas referenzas e consultas.
BOLETIN DE LA SOCIEDAD CASTELLONENSE DE CULTURA, 1934, Cuad. I e II.
SUMARIO: Cuaderno I: La hipoteca dotal, Honorio García.—Les relacions del principat de Catalunya i els regnes de Valencia e Mallorca amb Inglaterra i el paral·lelismo monetari d'aquests països durant els segles XIII, XIV i XV, F. Mateu i Llopis.—Los nuevos hispanistas: Sir Post, Leandro de Saralegui.—El Museo provincial y D. Justo Bou.
Cuaderno II: Monólogo, J. Simón.—Pessebre, J. Agelet i Garriga.—Jaime I da a los Templarios una parte de Burriana, P. Ramón de María.—Poemes, Carles Salvador.—La diferenciación en los pueblos, C. Melía Tena.—El «Libre de Privilegis de Cati», Joan Paig.—El marinero, Bernat Artola Tomás.—Azar, J. B. Segarra Bernat.—Iniciación a la Historia del Derecho Valenciano, Joan
NOS
Beneyto Pérez.—Promesa, E. Soler Godes.—Notas bibliográficas.
AN OALED, Carhaix 2.º Trimestre 1934.
SOMMAIRE: Cont-rentel eus ar C'henstrif Canou-Cersel Gourennerien gant Tal dir.—War Sao, Gourennerien, gant Iann Ar Chamm.—Froudennou va bugaleaj, gant Loeiz Ar Floch.—Meleganez Sant Anton, gant Ab Sulio.—Petag enta men Dové? gant Efflam Koet Skaú.—Nos vieilles Hostelleries, L. Le Guennec.—Un duel á Roscoff sous Richelieu, Vicomte d’Herbais.—Pages inédites de Luzel, S. Ollivier Une veillée en 1836.—La Croix du Roch Allaz, Joseph, Jacob.—Les vedettes de chez nous.—La vie bretonne.—Questions et réponses.—Bibliographie, etc.
O Gorsedd d'iste ano teráse en Roscoff, León do 28 ao 31 do mes de Sant'Iago. Ainda non se rematou o programa.
REVISTA DE ESPIRITISMO. Lisboa.
Os dous derradeiros números de 1933 tran:
As tendencias evolutivas do Espiritualismo moderno e o seu estado actual, Pedro Cardie.—Mediunidade artística, Isidoro Duarte Santos.—E moi abondosas noticias d'investigacións, fenómenos producidos, bibliografía, revistas, conferencias, etc., todo elo, craro está, interpretado asegún as doutriñas de Allan Kardec, así coma do movemento espiritista mundial.
LA NOSTRA TERRA, Mallorca, Febrer 1934.
SUMARI: El Turisme colapsat.—Urbanisme mínim, Guillen Forteza.—Mediterranée, J. J. A. Bertrand, Trad.—Pensament acció, Joan Estelrich.—Associació per la cultura de Mallorca.—Els Llibres.—Les Arts.—Reculls de fora.—Noticiari.
ARQUEOLOGIA E HISTORIA, Lisboa, vol. X.
TRAI: Da Instituição dos Registos paroquiais en Portugal, por Antonio Machado de Faria de Pina Cabral.—A oficina régia litográfica, por Ernesto Soares.—XV Congresso internacional de Antropología e Arqueología prehistórica por Afonso do Paço.—Catálogo da Exposição Biblio-iconográfica antoniana e máis da do Centenario de Nuno Álvares Pereira, etc., etc.
Imp. NÓS - Rúa do Vilar, 15 - Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571397.xml
NÓS
CAPITAN (nos ouvidos da Lady)
A par dunha muller como vostede, Lady,
xúlgome home pra loitar contra todol-os diaños do inferno.
LADY
Capitán...
CAPITAN
Non sei faguer comprimentos nin adeprendín a mentir namoros.
VIZCONDESA (receosa do ton desta conversa)
Entón, Don Xosé, temos festa o vintecatro como se anunciou?
CAPITAN
Certamente. Pol-a miña parte téñolles dito...
Vai faguer conversa con Sabel, sua muller, e a Viscondesa. Lady e o marqués continúan a sua partida.
LADY
Non conten co Capitán.
MARQUES
Pois precisámolo.
LADY
Endexamais se porá contra o goberno.
MARQUES
O resto dos oficiaes do reximento aínda o poden decidir. Lousada prometeume...
LADY
Non soñe, marqués, non soñe: Lousada si, mais o resto dos oficiaes son xentes que non se poden intresar nunha pelexa que non sinten. Os mais son eistranxeiros.
MARQUES
E sin este reximento Solís non sairá; é cousa vista.
LADY
Teimen aínda. Faraldo conta co-a Universidade. Que volte a falarlle.
MARQUES
Xa probamos.
LADY
E nin esí?
MARQUES
Nin esí.
LADY (desacougada)
Entón...
MARQUES
Entón xa vostede sabe o seu camiño. Si, como estou certo, non duvida en sacrificios pra axudarnos, ánimo. Unha nova proba que lle suplicamos; xa nos ten dado moitas, pro veleiquí qu-esta é a definitiva. O capitán está a morrer por Lady Kilrush.
LADY
Non asegure.
MARQUES
Estou a ollalo.
LADY
Mais...
MARQUES
Non duvide.
LADY
E Sabel?
MARQUES
Non duvide. Son probas heróicas, está craro, mais Galiza percisa neste intre de decisións heroicas.
LADY
Non teño forzas pra levar ao capitán nesta aventura.
MARQUES
Ele é novo, namorisqueiro, apaixoado; non é posibre convencelo doutro xeito e olle que sin ele, pol-o menos eiquí, en Compostela, ninguén pode maxinar en decidirse pol-o movemento.
CAPITAN (a Lady)
Estamos a falar de Irlanda. Non é verdade que elí teñen tamén foliadas e gaitas e festas como as nosas?
LADY
O seor capitán está canso de saber que pode ir comprobalo cando quixera.
CAPITAN
Non esquecerei o convite.
LADY
Meu irman podería levalo por todal-as nosas vellas vilas e cidades, e no meu casal sería honra pra nós darlle pousada.
CAPITAN
Si poidese...
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713918.xml
36
búlgaro, estudos bíblicos, místeca, polémica teolóxica ergueita pol-a herexía dos Bogomilos, unha seita búlgara de xeito oriental, ispiradas en ideas traguidas da India. Fixo isto nascer unha ricaz literatura de apórrifos de un gran valor poético caxeque non investigada.
No tempo do segundo imperio búlgaro, aparescen poesías relixosas populares, a meirande creación artísteca d'aquil pobo, onde se corporiza a vida da nación, e que dura os cinco séculos que os búlgaros viviron baixo o xugo estranxeiro. Logo a Otez Paissi siguen unha chea d’escritores eclesiásticos nacionalistas: Sofronio Vratschanski, Neófito Rilski, Neófito Bosveli, Hilarión Makariopolski. O primeiro poeta leigo foi Georgi S. Rakovski, a quen siguen Petko R. Slaveikoff, Ckristo Boteff, Dobri Tschuntuloff, Luben Karaveloff, directores políticos do pobo búlgaro no camiño da sua liberdade, e poetas de grande outura artística.
O Dr. M. Raltscheff, autor do artigo que recollemos (Momente der bulgarischen Literatur) sigue dando nomes d'escritores búlgaros: Vasil Drumeff, Ivan Vasoff, Pentscho Slaveikoff, Peio K. Javoroff, e os seguidores d'iste, os simbolistas: St. Michailouski, Konstantin Velitschkoff, Petko I. Todoroff, Kirill Christoff, Aleko Konstantinoff. Escritores que os mais de nós non hemos ler endexamais, e que cecais por iso mesmo, lévannos mais curiosidade. E mais, quen sabel Ao millor o Tobío trainos calquera día a versión d'algún libro d’ises iñorados autores.
V.R.
LIBROS
CODESEIRA, por Crecente Vega, José. Poemas. Sant-lago MCMXXXIII.
Iste libro, compretamente ao marxe da estética actual, reúne composicións de ambiente campesiño, escritas nos metros tradicionais, agás do emprego esceicional do verso encasilabo acentuado á francesa. O autor versifica con soltura. Un profundo amor ás cousas enxebres da nosa terra e un senso franciscán da natureza, parello ao de Iglesia Alvariño —de cuia leitura hai calcos nas follas de Codeseira— pairan encol dos poemas do señor Crecente. O señor Crecente é crego. Un dos nosos cregos rurás que comprenden a Galicia, a aman e a eisaltan ao seu xeito. Como outros colegas seus—Gómez Ledo—e tamén como outros fracasados colegas seus —Cabada, Iglesia— sintíu a chamada da terra pol-o vieiro do verso. O Sr. Crecente é un de tantos campesiños galegos que atinguiron o cómaro da cultura rubindo pol-a corredoira do latín ecresiástico, e que, voltando á súa xente, souperon conservar i-arrequentar as esencias raciaes, a cuia eisaltación consagran as súas afeicións de escritores. Craro está que a maoría de istes cregos poetas, por efecto da súa educación, non están en condicións de producir un xenero de poesía que poda compracer aos mozos. N-iste senso Codeseira non interesará aos leitores de Cunqueiro. Máis en certo seitor atopará unha garimosa acollida, xa que, prescindindo da sua tónica líricamente reaccionaria i esquecendo algún prosaísmo fácil de correxir. Codeseira, é un libro sinxelo, digno e honrado.
R.C.C.
DE LA ZONA ATLÁNTICA (GALICIA Y PORTUGAL) por Victoriano García Martí (Soc. Gen, Esp. de Lib. Madrid).
Us pouco dende louxe, García Martí síguese preocupando pol-a sua terra. Hai algún tempo, ocupámonos eiquí de Una Punta de Europa, onde il centrou cecais con sobra d'esforzo reflexivo, a sua preocupación galega. O tídoo era unha boa descoberta: Punta d'Europa, mellor ainda: Fisterre, Cabo do Mundo, é o que é Galiza; pol a máxica do tídoo; anque nonas dixera todas, Garcia Martí, víu moitas cousas.
N-iste outro libro, De la zona atlántica, fala de Galiza e Portugal. Il confesa no prólego a sua preocupación fundamental por outros temas «de carácter general». Cecais sexa iste o motivo de que a obra de García Martí non sexa moi gustosa pra unha parte importante dos lectores galeguistas. Inxustamente, ao noso ver, sobre todo cando ás veces lénse mais —e combátense— pensares verdadeiramente hostís, e sempre menos dinos de seren tomados en conta. Martí, entroques, non é ningún desleigado; poderá ter unha fé difrente, cecais máis feble, mais ten certa fé n-un rol coleitivo praa nosa raza. Non descoñece, senón que recoñece e afirma todal-as verdades adequiridas pol-a corrente galeguista. Os párrafos d'iste libro tidoados Dos actitudes en la vida (p. 11) e caracteres del castellano y del gallego, semelian ben certeiros e atinados; se tollen espranzas, ha ser a quen non teña fé d'abondo, nen sentimento pra querer a Galiza atal e coma é. As concrusids tidoadas Notas del proceso histórico case que se poden suscribir todas elas, con lixeira varianza. Percorre logo con firmeza a historia política e a historia literaria de Galiza. Acha en todo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571392.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN: SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce númaros, na Peninsua 6'00 pesetas.
Fora da Peninsua 8'00
Númaro solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinas que as que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
ÉGLOGA, por AUGUSTO MARÍA CASAS.
PAPELETAS PRA UNHA EMIGRAZÓN Á BEIRA-DA NOITE, por XOHAN LUÍS RAMOS.
SABEL, por ALVARO DAS CASAS.
MITTELEUROPA, por VICENTE RISCO.
GRABADO EN MADERA, por MASIDE
ARQUIVO FILOLÓXICO I ETNOGRÁFICO DE GALIZA
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda cras de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Dicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2.º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713917.xml
NÓS
35
cála un dito popular do centro da península. Eiqui necesítase qu'estea ben seco. «Alcacén mollado non toca a gaita» espresa o dito recollido por nós na parroquia de Arca do Concello da Estrada. E velahí...
Bouza-Brey.
En moitas terras para o Sul de Ourense, o alcacén chámase ferraña, na Limia, ferra-
ya. O nome comprende as herbas que medran por antre as cepas, etc. De ela fan porretas ou gaitas os rapaces, dándolle unha cortadela oblícua, pra que faga de palleta ou lengoreta vibradora. Na Limia, temos ouvido a comparanza: «Canta como as porretas da ferraya», referida a unha rapaza. Tamén as temos visto coller verdes pra facer porretas. V. R.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
NOVAS
Achase no prelo A Romeirta de Gelmíres de Otero Pedrayo e Os dous de sempre de Castelao.
CASTELAO está rematando unha obra de teatro d'un xénero enteiramente novo chámase Pimpinela, e n-ela, a preparación e visualidade da escea teñen tanto valor como as verbas.
No Centro Galeguista de Ourense encomenzou a desenrolar un intresantisemo Curso de Geografía de Galiza. Ramón Otero Pedrayo.
A Coleizón Chowx de poémes, de París, publicou un florilexio do noso insigne amigo Philéas Lebesgue.
PUBRICOUSE en francés Probléme du Communisme, de Nicolás Berdiaeff.
ESTANSE reimprentando en Coimbra as Obras completas de Gil Vicente, baixo a dirección do Sr. Marques Braga.
O Governo libre d'Irlanda vai istalar n-un edifizo do Phoenix Park de Dublin un Museu do Folklore Irlandés.
En Marsella fundouse unha Societat d'Art Occitan pra a renacencia integral da cultura mediterránea. Tamén se fundou en Mallorca outra de Amics de l'Art Popular.
LETRAS DE AFORA
BULGARIA
N-outro tempo, a mesa do NÓS chegaban estranos libros, dende os mais recuados recantos do mundo. Viñan libros do Oriente: os poemas do patriota armenio Hrand Nazariantz colleran o camiño do NÓS, coma cando os armenios medievais, santos ou perfumistas, deprenderan o vieiro de Compostela, traguendo os foles cheos de herbas recendentes, de símbolos e de misterios escritos pra quen os sabía lér, no Paraíso e nas Platerías.
Despoixas, non sei coma foi, que os camiños ficaron esquecidos.
Mais coma o Tobío está en Sofía, de cando en cando aparece a sua sinatura por atrás de un moimento mais ou menos bizantino, mais ou menos moderno. De esta vez chegou unha revista escrita n-alemán e francés: Revue de l'Orient—Revue des Orients, e na primeira páxina aparece antre códices, iconos e oxivas, a imaxe —imaxe mais que retrato, que non é o mesmo— de Otez Paissi, Pai da Poesía búlgara, historiador do seu pobo. Arredor unha brevísema historia da Literatura en Bulgaria, cousa ben descoñecida antre nós, cousa ben incógnita e estrana, razón de mais, hoxe en día, pra que nos intrese.
Os búlgaros son un pobo suponse que d'orixe mongoólica incrustado nas provincias bizantinas e bizantinizado. San Cirilo e San Metodio déronlles un alfabeto e unha espresión escrita qu'encomenza no século X c'unha literatura eclesiástica e litúrxica, tamén mundana e polémica, biográfica (encol de San Cirilo e Metodio, encol dos Zares Simeón e Boris), teolóxica e nacional, escrita por xente d'eirexa: Tschernorisetz Chraber, o Bispo Costantino, Xohan Exarca, o Presbítero Cosmas. Inquéritos encol do idioma.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713916.xml
NÓS
34
Algo tería Praga, cand'o imperador Rodolfo II de Habsburgo, astrólogo e alquimista se veu vivir pr'eiqui, onde trouxo a Tycho Brahe, con quen traballou Keplero, qu'era de Praga. Tycho Brahe ten o seu sepulcro eiqui, na Teynkirche, e ben merez que ll'adiquemos unha lembranza.
Non hai neno da escola que non coñeza o nome de Tycho Brahe, que citan de cote ao chegaren aos sistemas astronómicos: «Cales son os sistemas astronómicos?—Os sistemas astronómicos son tres: o de Ptolomeu, o de Copérnico e mais o de Tycho Brahe»; di calquera geografía elemental, ou calquera enciclopedia infantil. Os escolantes solen combater asañadamente o sistema de Ptolomeu (tanto, qu'eu de rapaz fixérame a idea de que Ptolomeu era un mintirán, un engañoso e un home moi malo e moi ruín), e solen despreciar o de Tycho Brahe. Está ben qu'o fagan, mais nós temos que proceder d'outro xeito. Tycho Brahe era dende logo un grande home, un astrónomo de primeira forza, mestre do imperador Rodolfo, e nada menos que do gran Keplero. Ademais de ser un sabio, Tycho Brahe era un gran señor, un nobre feudal. Tocantes ao seu sistema, poden suceder diversas cousas:
Pode acontecer que conteña unha verdade superior ás de Ptolomeu e de Copérnico. O sistema de Ptolomeu está fundado no movemento aparente dos astros, e de total-as maneiras, pra os nosos cálculos e apricadeiras, abonda ben. O de Copérnico fúndase no que pretende ser o movemento real dos corpos celestes, mais que ben pode ser outra aparencia. Ollemos qu'o de Ptolomeu estivo pasando por verdade, deica que non veu Copérnico refutalo. O de Copérnico está e ha estar pasando por verdade deica non vir outro sabio qu'o refute. Do mesmo xeito qu'estivo pasando por certo o de Ptolomeu, tamén pode estar pasando o de Copérnico sen selo. Despois de todo, esas cousas están tan longe, que non é estraño que nos trabuquemos n-elas, cando tan doadamente nos trabucamos nas d'eiquí embaixo. E ben; si viñera calquera día un sabio refutando o sistema de Copérnico, quen nos dí que o que traia de novo non seña ao mellor o de Tycho Brahe, e que non vai resultar qu'iste era quen tiña razón contra de todos? Confeso qu'eu folgariame moito de qu'asi sucedese, por unha chea de razós que non podo dar arestora.
(Continuarase).
PEDIDE A NÓS Rua do Vilar 15. Santiago a nova obra de Otero Pedrayo Ensayo histórico sobre la Cultura Gallega
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
NÓTULA SOBOR DO ALCACÉN
A verba alcacen ten en castelán a sua parella alcacer, mais emporiso non se corresponden esactamente no seu siñificado. A «Academia Española» definea como «cebada verde y en hierba», mentras que en Galiza o alcacén pode ser de cebada, de centeo ou de avea e a nota característica é que sexa seiturado en verde pra ferrán do gando.
Iste alcacén ocupa un posto na etnografía galega por virtude das gaitas que os rapaces obteñen da palla verde aínda, gaitas que en certas terras galegas, Arzúa, vgr. chaman porretas, agachando tal nome certo sabor onomatopéico do que tal ves derive. De ista costume dos rapaces galegos que tamén parez ter paralelos nas terras de Castela provén un dito vulgar do pobo: «Non sempre está o alcacén pra gaitas» que se corresponde co castelán de «No está el horno para bollos» ou «No está la Magdalena para tafetanes» co que se da a entender a inoportunidade de unha empresa calquera.
Agora ben. ¿Cando está o alcacén pra gaitas? A solución parez tamén diversa en Castela do que en Galiza, quezais por influxo climático. Alá precisa estar tenro o alcacén. «Está ya duro el alcacén para zampoñas».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713911.xml
MASID
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571396.xml
SABEL
LADY KILRUSH
VIZCONDESA DE LANCARA
MARQUÉS DE LAIÑO
CAPITÁN D. XOSÉ DE LEIS
BASTIÁN
Lois
O salón nobre dun pazo fidalgo en Compostela, nos derradeiros do 1845. Horas andadas da noite en luar dun mes de santos requentado de soles serodios. Donas e fidalgos fan conversa entretendo un tempo que perpasa levián, vagarosamente.
O marqués e Lady xogan unha partida de cartas. Sabel e a vizcondesa conversan no canapé; Lois adormece nun recanto debruzado no colo da nai. O capitán, eixe da escea, fala a uns e outros.
LADY
Que fermosa canción.
VIZCONDESA
Son os estudantes; cantan un alalá de Ourense, un alalá montesio, de terras outas.
MARQUÉS
Escoiten, miñas seoras.
Ouvese de lonxe o deíxo saudoso e malencónico do alalá de Lobeira.
B E L
Por ALVARO DAS CASAS
LADY
A final irmáns de raza: a mesma saudade, as mesmas tristuras, esta mesma ledicia de sentirse en bágoas.
VIZCONDESA
Que fondamente sinte as nosas cousas, miña Lady.
CAPITÁN
Lady Kilrush síntese entre nós como na sua illa de ensono.
SABEL
Con certeza que non pensa voltar alá.
LADY
Voltarei, mais non agora. Ben quixera estar xa no meu castelo de Galway, mais xuréime ficar eiquí hastra que vostedes, meus amigos, fagan a revolta. E ollen que o tempo vai correndo: son horas de que Galiza amostre ao mundo a sua vountade de liberdá. Nós os irlandeses, temos de sere pra os galegos un eisempro. Ben saben como no meu país as xentes están a morrer de fame e con todo a doitriña de O' Conell mantense co mesmo fogo que fai trece anos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/115713915.xml
NÓS
A ZAPATERÍA DE :: JOSEPH KRASENSKY
Na Rimská está a zapatería de Joseph Krasensky. Todos tendes ouvido falar dos zapatos checos; moitos teredes posto nos pés zapatos checos ou que levaban ise nome. Con seguranza coidades que a zapatería de Joseph Krasensky é algún estabrecimento de calzado de luxo. Pois non. A zapatería de Joseph Krasensky é unha tendiña pequena, homilde, c'unha portiña e unha fenestra baixa que fai d'escaparate. Mais n-aquil escaparate non hai zapatos, nen botas, nen chancas, nen zecos, nen ningunha cousa pra calzar os pés. Hai somentes o esqueleto d'unha perna d'home, dend'a rótula pra baixo, apuntando cara o ouservador cos metatarsianos e as falanges. Linda pantesia que faría reloucar ao Castelao, o qual houbera maginado aixiña que Krasensky traballaba pra o camposanto, ou qu'aquiles ósos eran d'un parroquiano que non pagou, ou qu'eran deixados pol-o fundador da casa, ou qu'o dono da tenda, enantes de ser zapateiro, foi verdugo, ou ciruxano, ou enterrador.
Compre discurrir cales serán os pensamentos dos parroquianos de Krasensky, que sen dúbida han sintir frío nos ósos cando poñan os zapatos, lembrando aquela mostra tremenda.
Eu non sei se Joseph Krasensky será un moralista que quer traguel-o pensamento da morte e da inanidade das cousas do mundo ao magin dos que lle vaian encarregar uns lindos zapatos pra campar por alí adiante, ou non será máis qu'un humorista macabro.
NARODNI MUSEUM
Din qu'os tres grandes patriotas checos Jungmann, Palacky e Safarik ajuntábanse n iste museu, do que foron fundadores, e qu'algunha vez dixeron, ao vérense os tres soilos e abandoados, que se n-aquil istante o teito se viñera abaixo e os matara, alí co-iles perecera a nación checa. Haberá cecais cousa d'un século qu'isto aconteceu, e a patria de Jungmam, Palacky e Safarik está definitivamente resucitada. Gran eixempro e gran espello pra os homes de pouca fé, e pra os que teñen moita presa. Iste Museu foi a célula germinal da renacencia checa.
Entrei, e vín dúas boticas antigas, con todal-as suas cachivachadas. A da dereita ten pomposas colunas salomónicas, variada tarrería, dous licornios nas esquinas e no centro unha porta pintada, surmontada d'unha croa. Os letreiros están en latín, e no chao hai uns cantos morteiros e un groso alambique. É unha farmacia do tempo da Spagirica, e da guerra do antimonio.
A da esquerda ten a morte pintada na porta, cecais coma saudábele adevertencia aos parroquianos, e moitos aparellos de ferro propios de fundidor, cecais d'algún alquimista.
Logo vín moito cacharro azul con deseño branco e branco con deseño azul. Un leva a iscripción: Gaudium meum spes est 1651. E menos mal, cand'iso queda.
Tamén hai fermosas cousas de cristal pintado e de metal, antr'elas, imensos candados co-as suas chaves; esmaltes co a dobre águia c'un Cristo no peito e con todol-os escudos do Santo Reino de Bohemia; cerámicas en releve, arcós tallados e bargueños con incrustaciós, cousas de ferro, cousas todas d'unha arte a un tempo refiñada e un pouco bárbara.
En cousa d'armas, hai espadas e helmos do século XVII, balestas, escopetas, cascos checos, coñecidos, de tipo oriental, pistolas con incrustaciós, armas de caza, armas do século XVI.
Despóis hai oujetos piadosos e litúrgicos, casullas bordadas do XVI e XVII, e bágoo e croa d'ouro d'unha Abadesa benedictina, cruces, croas de santos, rosarios, aneis, un viril.
Esas alfaias Renacimento que s'atopan nos cadros de Rembrandt, cunchas de Nautilus decoradas, copas de pan torneado e tallado, unha escribanía de nacre e marfin, labores finos e ricos moi da Europa central, d'unha suntuosidade delicada.
Pareime nos apareilos astronómicos: preciosos compases, brújulas, astrolabios, relós de sol de metal, de marfim, de pau, un compás calendario, outros instrumentos raros, algús relós de sol d'una gran compricación. Hai moitas cousas d'estas, e non é estrano.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/54/5421/54211ec8-69d4-4ac1-bb2c-41a1aec0b23d/11571395.xml
NÓS
ollaban pra o espello que tiña pintado un nome i-unha data. Ningún d'eles sabía lér pero lembraban o ano. Ademais que aixiña íanse ver bailando no espello os xionllos i-os muslos da rapaza que todos creían verdes. Agora xa se via unha laranxa. Logo pasaron moitas pombas e tras delas un reló, unha fita rosa i-unha ollada longa e circia. Dempois empezou a cantar a canzón da serão, do alcipreste, e dos pais cegos. Os homes tiñan o medo do silenzo i-o medo de falárense.
Anda ao redor un rosario de testas de go dallo. Cinza nos ollos e por baixo lume do monte. Os cornos teñen un son ronco de pedras fendidas.
Un espello mais branco que un morto. E dempois de ficar todo calado. Ollande. Os muslos nascen na beira mesma do espello n'un ár de cousa quente. Unha danza sotil e densa. Ao comenzo todos pensaron que foran dous regatos vivos que lle baixaran da fronte. Reiron longo i-estrano como unha breixa. Logo decatáronse ben. O espello madurando. Colléronse das mans. As campaiñas soaban nos ocos do río. Todos bai laban.
Até que no espello caiu morta unha pomba. E foi no intre mesmo de perdeuse o mar e no nacimento d-unha lus inicial porque o silenzo verde da gándara convertiuse en noite.