https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571709.xml
NÓS
vella calzada no outo do monte do Seixo, véno bordeando á vez que decende a salva e Sarela por unha pequena ponte de dous arcos adintelados, a ús 300 pasos mais arriba que o anligo. Xa na veira isquerda este ramal posterior ascendía carta Sant-lago, casequ'en liña relta, coutaba a caixa da estrada de San Lorenzo e por eiquí entraba na cidá, despois de bordear o Bosque da Condesa; Inda se alopan os seus restos no campo que separa a estrada do dito bosque.
Iste camiño tiña sobre o anligo dúas venlaxas pol-o menos: o ser mals curto, pois endereilábase reitamente ao centro da cidá e o es.
Endeben: e fácil enxergar que a calzada que pasaba enco] da ponte de Vidán, feita probabelmente na época román, non-o foi mente pra vir a Sant-lago pol-a sinxela razón de que non eisistia daquela. Era pois unha via que partindo d'outra, tanto ou mais importan» te (1) dirixíase a algunha poboación (2) ou
precisa»
bisbarra importante
XOSÉ PENA E PENA
(1) Cleats a de Bracara - Asturicem per loca maritimes (2) Anseconla?
O Congreso d'Economía Galega en Lugo
o noso númaro derradeiro dixemos qu'ibamos falar, co-a extensión de que foi merecente, do Pirmeiro Congreso d'Economía Galega que obedecendo á idea ben dina de gabanza de Don Eduardo Rosón, un bó fillo de terra, tívose en Lugo os días 7, 8 € 9 do mes d'oulono que pasou.
Á glosa prelimiar e geral qu'ibamos faguer, adiantéusenos o noso colaborador Anton Vilar Ponte, quen de cote esperto e agudo, puxo de manifesto n-un artigo pubricado en Galicia de Vigo, a sinilicación histórica d'aquil Congreso. Esprica all Antón Vilar a imporlancia do feito de terse juntado en Lugo coma congresislas caseque todal-as persoas de recoñecida solvencia inteleutual qur'estudan os probremas peculiares de Galiza; siñala a difrencia fundamental anirtas Asambreias agrarias de Mon» forte, Ribadavia e demals, e o Congreso lucense, no que por riba do criterio puramente realista e pragmálico, precurouse chegar á conceición idealista da Galiza Integral, enxergándoa na sua continuldade histórica; fal decatar 6 leutor de como o labor das Irmandades da Fala e as Asambreias nacionalistas — principiando pol-a que houbo precisamente en Lugo no ano 1918 — foron o verdadeiro e preciso precedente d-iste Congreso de 1925.
Por todas estas razós, e por moitas mais compre qu'aquil acontecemento non quede esquecido, que se fale d'II, que s‘estude n'as suas concrusiós, e que se vaian preparando os que o haxan de continuar.
Os temas do Congreso foron os seguintes:
Agricultura: Trasformacién de cultivos. Abonos e máquinas.— Regos y-elevadores d'auga. — Repoboación forestal, - Aproveitamento do secano, — Plano agronómico. - Gadería. — División da propledade. -- Foros. Seguros das colleitas.
Gandería, Seleición, lación. - Vacunas.
Paradas. - Estabu-
Industrias derivadas: Da madeira. — Do Ielte. — Matadeiros. - Encurtidos. - Conservas de vitela, legumes, froilas, etc. - lificacién, sidra, destilerias y-embotellado, = Froricultura. - Cultivo da oliveira e produción d‘olios d'aceltona, ricino, noz, etc.
Outras industrias: Minas.- Fervenzas. Cementos. - Nitrógeno, - Abonos químicos, - Fundiciós = Frabicación d'automóviles. Idem de maquinaria agrícola. — Tecidos. — VIdro. — Papel. - Agricultura. - Cerámica. - Sericultura. — Caza e pesca.
Enseño: Escolas de capataces d'agricullura.- Idem drartes, oficios e novas industrias
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157170&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571702.xml
B O L E T I N M E N S U A L d a C U L T U R A G A L E G A
D I R E I T O R L I T E R A R I O
Vicente Risco
D I R E I T O R A R T Í S T I C O
Alfonso R. Castelao
D I R E I C I Ó N E R E D A C I Ó N
Sto. Domingo, 47 - O U R E N S E
A D E M I N I S T R A C I Ó N:
Real, 36 1.º - A C R U Ñ A
A B O N A M E N T O
Doce números, na Península 6 pesetas
Fora da Península 15
Número solto na Península 1
Na Arxentina 69 centavos
En Cuba 30
Pagos adiantados
Este boletín non pubrica máis orixinais qu'os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que, por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
S U M A R I O
Cantares, por ANTONIO COUCEIRO FREIXOMIL.
Os poetas atlánticos, por RAMÓN OTERO PEDRAYO.
A ponte de Vidán, por XOSÉ PENA PENA.
O Congreso d'Economía Galega en Lugo.
A Edade do Ferro en Galiza, por FLORENTINO L. CUEVILLAS.
Quod nihil scitur, (continuación), tradución de XAN AZNAR PONTE.
Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas; pola REDACIÓN.
L E A V O S T E D E A N O S A T E R R A I D E A R I U M D A S I R M A N D A D E S
Administración Real, 36 - A Coruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717015.xml
NÓS carauter guerreiro. Ó son de cantos bárbaros, trepan os pés no chão, batendo a compás co-as espadas nos escudos, di o cantor da Púntea, e tal é a diversión mais querida d'estas xentes, tal é o seu millor pracer. (1).
Iste espírito rexo e loitador dos galegos foi aproveitado por Cartagineses e Romanos. No exército qu'Annibal levou a Italia, iban homes d'esta terra, que combatiron e morreron na Trebla y-en Cannas, e despois da conquista, cinco cohortes de Bracarenses e cinco de Lucenses, velaban nas fronteiras dos bárbaros pol-a seguridade y-a gloria de Roma.
Com'os demais Celtas, os da Galiza, amaron a guerra e fixeron d'ela un oficio. Loitaron antre si, loitaron contras invasores do seu chan, e por loitar, formaron mais tarde nas suas fías. Combatiron pol-a independencia da sua terra coma héroes, e combatiron pol-a paga coma condotieris, y-os escritores antigos fixeron honor ás suas virtudes guerreiras, mais nada mais dixeron do seu caraule. Enganosos, tigeiros, movedizos, chámalles tamén o geógrafo d'Amasia (2); per'istes calificativos parece referirse millor á sua maneira de pelexar qu'ás suas condicións moraes. Eran bós ou ruís? Inteligentes ou rudos? Tiñan especial disposición pr'algunha ciencia ou pr algún arte? Fora da sua habilidade de metalúrgicos e forxadores, soilo dous nomes de galegos que destacaron pol-o seu talento na época romana nos son coñecidos: o de Lucio (3), un poeta lírico, y-o de Materno (4), un abogado.
Alento aventureiro nos homes, que fuxen da patria en precura da loita e da fortuna; mulleres que coldan da casa e da terra, un poeta e un abogado. Pouca colsa pra faguer generalización e pr'estabelecer paralelos, mais qu'asi e todo fai lembrar-a Galiza d'hoxe co-a sua y-alma lírica, o seu istinto jurídico, os seus campos abandonados com'entón nas mais infatigáveis das mulleres.
VIII
A RELIGIÓN
As nosas fontes de coñecemento en col da relixión dos antigos galegos, redúcense a unhas cantas referencias de Strabon, Silio e Justino, e un número pouco considerable de epígrafes latinos, nos qu'as identificación das divinidades indíxenas cos deuses do Panteón greco-romano, son por desgracia ben escasas.
Temos así e todo, pol-a Geográfica (1), noticia de qu'o culto de Marte estaba moi estendido na nosa terra, cousa que coma veremos despois, está confirmada pol-a epigrafía, que nos proporciona tamén os tres lares: Ladeco (2), Candamio (3) e Andero (4), patróns pra Schulten (5) de terras 'tragosas', qu'indican qu'o pal dos deuses era interpretado eiquí com'un espírito dos outos cumes, estando cecais iste culto relacionado co da Montaña sagrada, que coñecemos por unha referencia de Justino, e que amosira, según Leite de Vasconcellos, (6), a existencia d'una relixión do rayo, e qu'o ferro era considerado como metal impuro e non doado pra cerimonias do culto. Certos pasaxes de Floro, Artemidoro e Posidonto, y-os releves de moitas pedras dos castros e citanias y-ainda de lápidas funerarias da época romana, demostran qu'houbo eiquí cultos astrolátricos qu'o ilustre autor das Relixións da Lusitania (7) supón en parte relacionados co destino post-moriem das almas. Os anatemas de San Martin de Braga acusan a presenza de unha forte perduración animística, e finalmente coñecemos pol-as lápidas nomes de deuses coma Banduaetobrigus, (8) Crougintoudadigoe, (9) Cauleci, (10) Netaciveulebrica (11) (dunha lápida cecais corrupla de Padrón), Rauveanabaraecus (12) ou Rauveana Baraecus, Virroreviliaecus, (13) Caepol... (14) Aegiminuaegus, (15) Edovius (16) Poemana, (17) Regoni, (18) Verora (19) y-Endo, (20) que cecais sexa sinxelamente un genio castrum mal leído cula epigrafia localízase escrusivamente
(1) Libro III, 7
(2) C. I. L. 2823
(3) C. I. L. 2824
(4) C. I. L. 2825
(5) Hispania, pag. 59
(6) Relixións da Lusitania
(7) T. III, págs. 424 a 440
(8) C. I. L. 2818
(9) C. I. L. 2868
(10) C. I. L. 2854
(11) C. I. L. 2859
(12) C. I. L. 2857
(13) C. I. L. 2875
(14) Vex. Leite de Vasconcellos, Relixións da Lusitania t. II
(15) C. I. L. 2823
(16) C. I. L. 2848
(17) C. I. L. 2874
(18) C. I. L. 2857
(19) Vex. Margull, Historia de Galicia, II edición, t. I
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717013.xml
NÓS distintas tribus, cuio númaro non podemos saber de certo, lá qu'as trinta que conta Strabon (1) antro Talo y-os Artabros eran en gran parte lusitanas, y-as sesenta e dúas que menciona Plinio (2) habitaban nos tres conventos de Lucus, Bracara y-Asturica, cuia jurisdicción collía territorios que pertencen hoxe a Portugal, ás Asturias y-a Castela.
Mais tales tribus, calquera que fose o seu númaro, non constituían a derradeira agrupación política entón existente. Baixo o nome de Presamarcos, Arrotrebas ou Quarquernos, non se designaban núcleos políticos homogéneos, senón conjuntos de comunidades ligadas entre si por algún vínculo federativo, pero que debían conservar en moitos respeitos unha completa autonomía. Este feito non consignado en ningún autor contemporáneo, mais percibido já pol-a clara visión crítica do Sr. Macía (3) dedúcese da gran cantidade de castros existentes en Galiza, cuio número fai ascender o meu sabio amigo Angel del Castillo (4) a 5.800. Porqu'os castros, a semellanza dos arx itálicos, e dos pur dos Aryos, revelan sempre a presenza d'una colectividade política, y-alcontrándose tan vastos en Galicia, e sendo tan frecuente nos povos Celtas as supervivencias gentilicias, debemos supor que cada un d'eles servía de centro a un clan ou unha gens, qu'alí tiña, a mais d'un lugar de refuxo, a sede das suas asembleas e dos seus mercados y-o fogar dos seus penates. Porque na época da sua entrada en Galiza, os Celtas, mais pastores qu'agricultores, non coñecían a vida cidadán. A cultura de Hallstatt non conta en ningures con verdadeiras vilas, y-os Berybraces, irmáns dos nosos Saefes, tiñan, asegún Avieno, (5) costumes de brava rudeza pastoril. E así o castro non debeu ser n-un principio mais qu'o castelo forte ond'as gentes a il adscritas buscaban protección nos días de lota, pra voltaren unha vez pasado o perigo ás suas cabanas de ramallo e colmo, ergueltas en prena campia.
Pero n-unha data que non podemos precisar con exactitude, mais que pode ser non su-
bira do século III denantes de Jesucristo, algús d'istes castros começaram a povoarense d'edificios de pedra, e tras dos seus muros, xurdíu o núcleo urbano que se coñece co nome de citania. A qu'obedeceu iste troque nas condicións de vida das gentes galegas? A un mor desenvolvemento do sedentarismo agrícola? A un estado prolongado de guerras, provocado pol-a chegada dos Celtas do O de Portugal repuxados caro N pol-o movemento dos povos ibéricos e tartesios, e qu'obrigara ós antigos habitantes do noso chan a estabrecérense permanentemente nos seus castelos? Non se sabe. Cecais a derradeira suposición sexa a mais probable, s'atendemos a qu'as citanias aparecen máis vastas no S que no N da Galiza, mais o que si sabemos certamente, é qu'esta iniciación da vida urbana non chegou a adequirir gran desenvolvemento. As citanias son máis ben aldeas fortificadas que verdadeiras vilas; os seus edificios son pequenos e probes, e por un castro que presenta as ruínas das características habitacións redondas, trinta non ofrecen no seu recinto ningún sinal d'habitación permanente. Y-en taes condicións nada ten d'estranho qu'iste urbanismo embrionario non afeulara ó sistema político das nosas tribus, e qu'o réxime gentilicio seguira imperando aínda despois da conquista romana, sin se por no seu canto un réxime municipal máis ou menos perfecto.
Acerca do goberno interior d'estas agrupacións políticas, da natureza dos lazos qu'as avencellaban, ou das rivalidades qu'as afastaban, carecemos en absoluto d'informacións. Soilo Strabon (1) nos dí qu'as guerras eran tan frecuentes antros galegos, qu'os homes abandonaban os coldados da terra pra s'adicaren por completo ó oficio de soldados. Mais a pesar d'iste feroz particularismo, n-unha ocasión pol-o menos parece qu'as nosas tribus esqueceron as suas xenreiras pra facer cara a un perigo común. O exército qu'opuxeron ás legións de Decimo Junio Bruto, e no cal gabábas'iste general de ter causado 50.000 (2) baixas n-unha soila batalla, debía ter, deixando a un lado posibres fantasías do caudillo romano, un número tan grande de soldados que fai pensar n-unha alianza de toda-as comunidades
(1) III, 1, 8.
(2) Orosio V, V, 12.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717010.xml
- Normas d'esprotación do casar galego en vales e montanas. - Reforma do 1.º enseño na poboación rural. - Pensións pra ampliación d'estudos.
Comunicacións e trasportes: Camiños de ferro. - Estradas. - Camiños. - Transportes marítimos. - Correios e teléfonos.
Novas institucións: Organización do crédito agrícola asegún as necesidades da nosa terra. - Ordeación bancaria regional - Cooperativas de produción.
Finanzas: Unificación e modificación dos trabucos e da sua cobranza. - Apricación dos de plusvalla. - Reforma da recaudación.
Comercio: Esportación de mercancías galegas. - Importación das que compren. - Feiras de mostras. - Depósitos francos. - Escolas de Comercio. - Creto comercial.
Arte, literatura, etc. O moble galego. - Novo modelo de casa labrega. - Catálogo da nosa riqueza artística en todol-os ordes das Belas Artes. - Folk-lore. - Edición barata de gramática, dicionario e compendio d'historia galegos. - Idem idem de clásicos. - Creación d'unha Academia da Historia.
Turismo: Álbum de paisaxes, fortalezas, templos, esculturas, sitios históricos, etc. - Hoteles. - Constitución d'orgaismos pro fomento do turismo. - Porpaganda.
Goberno municipal rural: A parroquia, entidade local. - Jurados parroquiais. - Estadística e informes. - Reforma da administración e organización municipal en todol-os seus aspectos. - Problemas d'hixiene e saneamento.
Goberno regional: Concertos co Estado nacional. - Reforma de servizos. - Asambreia e goberno regionais.
Emigración: Estudo da chamada «golondrina». - Relación de Galiza cos seus emigrados. - Istrución e defensa do emigrante.
Chagas sociais: A mendicidá. - O alcoholismo. - A prostitución.
Defensa social: Contra dos atropelamentos dos funcionarios públicos. - Contras propagandas ausurdas. - Contra difamación.
À nosa maneira de ver, a especialidade d'iste programa é a intuición caseque perfeita da solidaridade dos nosos problemas uns cos outros, da sua interdependenza, e asina, vemos, por entremedias dos temas puramente económicos, meterse outros de caraute politeco-social e cultural que coilles teñen relación estreita. Eliquí, coma nas campañas anlergas dos Precursores, dende Faraldo a Brañas; coma nas mais novas das Irmandades; coma nos traballos recentes d'Eloy Luis André, o idealismo acende a sua lámpada guleira.
O Congreso abriuse no soberbo salón de festas do sonado Círculo das Artes de Lugo, o día 7 do mes d'Outono ás once da mañá, presidindo o general D. Valeriano Villanueva, co Sr. Rosón, o Gobernador militar, a profesora Sra. Arcal, o Delegado d'Hacienda, o Deán da Catedral, o representante da Cámara de Comercio de Vigo, o presidente da de Lugo e o vice da de Festas. Despois da cerimonia d'apertura, na que falaron os Sres. Rosón e Villanueva, constituiuse o Congreso nas seguintes seccións:
Agricultura. - Presidente, D. Juan Farias; vice, D. Andrés Corral; Secretario, D. Modesto Gómez Otero.
Ganadería 1.ª - Presidente, D. Leopoldo H. Robredo; vice, D. Ramón Blanco; Secretario, D. Jesús Carballo.
Ganadería 2.ª - Presidente, D. Juan Rof Codina; vice, D. Martín Lázaro; Secretario, D. Daniel Varela.
Industrias derivadas. - Presidente, D. Ventura Alvarado; vice, D. Luis S. Arrieta; Secretario, D. Ramón García Pardo.
Finanza. - Presidente, D. Antonio Valcárcel; vice D. Antonio Piñeiro Maseda; Secretario, D. Claudio Rodríguez.
Comercio. - Presidente, D. A. González Ortiz; vice, D. Juan Vich; Secretario, D. José Gayoso Castro.
Arte. - Presidente, D. Leoncio Bescansa; vice, D. Angel del Castillo; Secretario, D. Ramiro Saiz.
Literatura. - Presidente, D. Manuel Amor Meilán; vice, D. Eugenio Carré; Secretario, D. Luis Soto Menor.
Outras industrias. - Presidente, D Ramón del Cueto; vice, D. Pablo Escobar; Secretario, D. Pedro Basanta.
Enseño. - Presidente, D. Ciriaco R. Bustamante; vice, D. José María Santiago Charfolé; Secretario, D. Manuel López Gutiérrez.
Comunicacións. - Presidente, D. Antonio
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571707.xml
NÓS
unha lembranza do ensoño e da maxinación iróneca de Villiers de l'Isle Adam («Cela fait songer aux images grolesques que forment parfois les grandes rochers» di Georges Rodembach falando de Villiers) e inda mais do normando Barbey d'Aurevilly, cantor en prosa dos kermos da veiramar atlántica e do catolicismo medieval. Os dous escribiron versos, mais un poeta atlántico representativo, ó seu xeito, témolo nos versos de *Les Amours jaunes* (1873-1891) de Tristan Corbiere. É un dos raros de Rubén Darío. Fillo de mariño, naceu e morreu en Morlaix, no corazón da Bretaña, antros montes d'Arrée e a tempestosa ría de Roscoff, o Corme armoricano. Viveu cos pescadores, sempre vistiu de mariñeiro e dormíu en hamaca. O vento salgado do Atlántico, cargado dos chios das pillaras, pasa pol-as suas estrofes nervosas, malencónecas, d'unha anguriosá ironía. A voz do mar faise n-iste poeta scherzante, bulreira, non ten a gravedade do órgano cósmico, senon os xogos satirecos do nordés no naufraxto. Sinteu Corbiere a lingua y-as maneiras dos homes de mar afeitos á morte compañeira e a pensar que
«...l'âme d'un matelot
Au lieu de s'unir dans vos pommes de terre,
Respire à chaque flot.»
Sempre que visito o xardin da Coruña onde dorme o xeneral Moore, lémbrome da *Berceuse en nord-ouest mineur: Au vieux Roscoff*
«Dors, vieille coque bien ancrée;
Les margats et les cormorans,
Tes grands poètes d'ouragans,
Viendront chanter à la marée.»
O ilustre latinista Federico Plessis gardou baixo o culto da poesía romana de Andrónicos e Rutilio Namatiano, a lembranza de Brest, sua patria; cantou a Septimio Severo nos nevoeiros d'Escocia, y-as costas desertas da Bretaña.
*Les Jongleurs de Kermartin* (1892), *Ivonne aun Da, Sur la Harpe; La Bretagne qui chante* (1903), *Ar Mor, La Bretagne qui croit* (*Pardons et pelerinages en Bretagne*) figuran na bibliografía de Lois Tiercelin, o xefe do movemento literario celto-bretón nos derradeiros anos do siglo XIX. Os enseños do poeta van e as nobes do sol-por na costa de Kerazur:
«Ainal s'en vont au loin, tres subtils et tres doux,
Dans le silence et la solitude avec vous,
Mes rêves gris, mes rêves bleus, mes rêves roses.»
O coñecido novelista Paul Bourget principiou publicando pol-o menos tres volumes de poemas (*Au bord de la mer, La vie inquiète, Les Aveux*). A eirexina ó pé da mar lembra unha capela galega da costa de Muxía:
«La chapelle est tapie au creux d'un grand rocher.»
Escribiu cancións bretonas:
«Je composais ces vers en descendant la greve,
Au retour du pardon de Saint Michel. La bas
L'horizon, je vois la mer qui se soulève...»
Sen nos parar na verba violenta, escumante, de Richepin, canter da xente do mar, nos cadriños do crítico Jules Lemaitre (as gaivotas son: *les grands papillons qui butinent les mers*) nin en tantos outros, pois París está ben perto da costa da Mancha, pararemos un instantinho en dous poetas: Théophile Feret e Charles Le Goffic, fundamentalmente suxerentes, sobre todo o primeiro. Autor d'ensayos e artigos sobr'os poetas normandos e sobrios orixes danesas da arte de Villon, Théophile Feret tense por un dos derradeiros representantes da raza Vikings e gabase de ser un bárbaro:
«Le parler du valnce sonne dans ma harangue
Pas son ame...»
Naceu n-un dos portos máis curiosos de Francia, en Quilleboeuf, no esteiro da Sena fundado pol-os daneses de Kilboe e chamado n-outrora a vila dos pilotos. Endexamais escribiu nos xornais de París. A súa inspiración isolada e feroz, ven en liña reula das illas Feroe, dos Reis do Mar, e soilo quer coma poeta normando, que o amor pague as súas cancións e que lle precuren o Paraíso dos Vikings.
Le Goffic ten dúas novelas cheas de pasión e ambiente: *Morgane* e *Le crucifié de Keralés*. O ar do Atlántico brua nos ameneiros de Kerauroux e cruza os poemas de *Amour Breton*:
«Fraiche et reuse et virginale
Vous m'apparutes à Coatmer
Blanche dans la pourpre automnale
Du soleil couchant sur la mer.»
RAMÓN OTERO PEDRAYO
Cerveza MAHOU
A MILLOR D'ESPAÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717022.xml
Dr. MOSTEIRO Médico Odontólogo
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
Cantón Pequeno, 1 (Casa Pastor) - A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
DROGUERIA E FARMACIA
Progreso esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'és de pruma e limpa millor
Vóndonsa an todol-os estabrotimentos de rama
Andrés Perille - OURENSE
Reloxería ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas
e Accesorios
M. Calviño
OURENSE
A mais económica de Galicia
VINOS RANDULFE de Bodegas Galegas - Finos de Mesa
OS PEARES (Ourense)
Sanatorio Quirúrgico
Direitores:
Manuel Peña Rey
José Mosquera Blanco
Ginecología e Partos
Cirugia geral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten todal-as condiciós precisas, —Praulícase tod: erás d'operaciós.—Dotado de todol-os adiantos que pide a autual Cirugía.—Modernas instalación Ge RAYOS X pra con voltaxe de 299.000 volilos.—Aperello de Dinteraria pra tratamento de Asexl impera de cuarzo pra sol draltitode e ul wioieto pra tratamento de: Admitense embarazadas, e cóntase con material eslerelizado pra fora todol-os compañeiros, previo comentem
e y das direliores.
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717014.xml
10
galegas, semellante á qu'os Celtas de Francia formaron pra combatiren a César. Mais non podemos saber s'esta alianza, que cecals se repileu nas guerras cantabras, foi debida a e sistir en Galiza ceria concencia nacional, ou soilo ómperio das circunstancias do momento.
Temos pol-o tanto e coma principal carailerística do sistema político dos antigos habitantes d'esta terra, a sua división n-un número considerável de pequenas colectividades. Pero tal sistema, era somentes propio e peculiar de Galiza ou reinaba tamén n-outras regiós peninsulares? Schulten incrinase a esta derradeira suposición. Pra il, o castelo, o castro, coma unidade política, existiu tanto na Galiza e no Portugal, coma na Meseta, e non vacila en olorgar a iste geito especial d'organización un orixe ibero. (1) Na nosa homilde opinión, o sabio Profesor alemán incurre eiquí n-un erro considerable. A arqueoloxía dos nosos castros é escrusivamente céltiga, coma céltigos son os nomes d'algús d'eles (Calubriga Meidunio), que nos conservou a epigrafía. Por outra parte, e coma já dixemos, na Galiza falla toda siñal ibérica nos jacimentos, e n-estas condiciós non se pode ademilir a existencia d'un infruxo d'esta raza capaz de modificar un sistema político anterior. Seguramente, na época da conquista romana, haberia semellanza na constitución das comunidades do C e do W da Península, mais estas semellanzas poden atribuirse milloras supervivencias celtas da Meseta, patentes tamén en certos nomes de tribos, deuses e persoas (Arevacos, os Lugoves; Retógenes, Caro) qu'a imposibres ingerencias ibéricas na nosa etnografía. E ainda, esta suposición arrióstrase mais ó considerar qu'os povos puramente iberos, os Oretanos, Edetanos e llergetes, tiñan a seu frente reis hereditarios, forma já avanzada da organización política, namentral-os Celtíberos descoñecían a monarquía e só en tempo de guerra nomeaban un general cuio mando finaba ó rematar a campaña.
Mais qu'apesar d'estas supervivencias céltigas, había diferenças fundamentais no geito de se governaren e regiren as gentes celtibéricas e galegas, e qu'estas diferenças foron apreciadas pol-os conquistadores latinos, demóstrao
(1) Hispania, pag. 96.
NÓS
un feito observado pol-o mesmo Schulten. (1) «Exceptuando en los tres conventos del Noroeste, di o Profesor d'Erlangen, fueron suprimidas por los romanos en las demás tribus celtibéricas las antiguas unidades étnicas, por el contrario, en Galicia subsistieron las gens.» Y-esto indica que namentral-os Celtas iberizados da Meseta foron considerados capaces d'assimilaren as distintas formas do municipio romano, no noso país, a antiga organización tribal estaba tan fundamentalmente enraizada, qu'os seus dominadores deixárona subsistir, e non estabeleceron os seus Senados mals que nas vilas romanizadas con algunha intensidade.
Y-é curioso observar coma no dia d'hoxe perdura ainda esta oposición na vida campesia de Castela e de Galiza. Concentrada alá en grandes aldeas, ond'o regime municipal é unha realidade, espallada eiquí en pequenos lugares luntados en municipios artificiás, que non con» seguen tomar carta de natureza nos costumes, namentras no adro da eirela parroquial, a lan» guido de campáa, os homes do agro reúnense nos seus concellos, animados cecals pol-o mesmo espírito particularista que juntaba os pais Celtas tras dos muros dos castros, nas suas asambreias gentilicias.
VII
O CARAUTE
Pra Gregos e Romanos, o noso povo é un povo de soldados. O mais malo de vencer de toda a Lusitania, chámalle Sirabón. (2) E Justino di: (3) «En Galiza sollo as mulleres coidan dos negocios da casa e da agricultura, por estaren os homes entregados ó oficio de soldados». verbas que mais tarde ven confirmar Silio Itálico, (4) cando escrama: «Antr'os Calecos, o home pasaría por un cobarde si sementara no sulco ou s'afundira na terra a rella d'un arado. Todo o qu'é alleo á guerra está nas maus das suas infaligabres compañeiras.»
E nos poucos instantes de paz, estas xentes barudas non esquecen as batallas. Usan, con-
ta Sirabón, (5) combates gimnicos, carreira, loita e simulacros en cohortes istruldas. Y-has-
tras mesmas danzas teñen anir'eles un forte
(1) Hispania, pag. 127.
(2) III, III, 2.
(3) XLV, III.
(4) Libro III.
(5) III, III, 7.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717021.xml
A importancia da pubricación
L A R
non precisa pregoarse Vexa vostede calquera dos números pubricados e quedará satisfeito Todal-as novelas son inéditas e orixinales dos millores escritores galegos. Se vostede é amante das boas letras debe suscribirse á
L A R
Coste de cada número 30 céntimos Suscrición a 6 números 1'60 Administración: Real, 36-1.° A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717024.xml
Sastrería CRECENTE IRMANS
A MILLOR DE GALICIA
REAL, 28 - 1.º TELÉFONO 180 A CRUÑA
F. ROMÁN E SACO
DROGUERIA E FARMACIA
Pereira, 19 OURENSE Teléfono 28
AXÍÑA APARECERÁ COUSAS POR CASTELAO
LEA VOSTEDE A LAR NOVELA MENSUAL Adeministración e imprenta REAL, 36 1.º A CRUÑA SUSCRICIÓN A 6 NÚMEROS 1'60 PESETAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571705.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VI ★ Ourense 15 Novembro 1925 ★ Núm. 23
CANTARES
(Da colección de 230, que axías se pubricard, premiada no Certame cele brado derrodeiramente en Lugo)
Nin toda festa ha ser gaita,
nin calquer día domingo,
nin sempre a muller casada
ha de estar: ¡Meu maridiño!
Negocio feito entre moltos
mais que negocio é ruina:
compañías, c'a muller.
y-ás veces, ainda, ainda...
A rapaza n'está mal
si non fora pol-o andado;
aquel que lle fixo o cesto
que tamén lle poña o aro.
Teño no peto un buraco
e perdín unha cadela:
¡ali onde perdas non hai
todo se volve miseria!
N'hai sardiña sin espiña,
nin besta sin unha amata,
nin cadelo que non ladre,
nin moza abondo gardada.
Estou ceguiño por ti,
y-así non te ha de admirar
que o que non vexa cos ollos
trate de botarlle a mau.
Por moito que un se aprovelte,
sempre algo deixa pra os outros:
ben galiñas dormen fora,
y-a todas n'as ve o raposo.
Sel de bastantes mociñas
que andan pensando de cote
que os negocios ríxen mal,
si de eles non terma un home.
Ti non fagal-a primeira,
porque despois, miña filla,
xa se sabe: sobre un ovo
ha de poñel-a galiña.
Ó novo que moito reza
y-ó vello que moito auna,
lévaos pra casa, que a min
non me fan falla ningunha.
Sempre con espiñas nace
o cardo que ha de picar;
tamén o fillo do lobo
sempre ha nacer lobicán.
Morreu de parto unha amiga
de unha solteirona fea,
y-ésta, ó instante de sabelo,
sospirou: ¡Dichosa de ela!
ANTONIO COUCEIRO FREIJOMIL
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717018.xml
14
mente iforante d'estas cousas novas, porfiando e discreteando lles moi sotilmente sobras cousas laes coma lles apareceron en soños, y-espóndoas con ademirabre artificio, os escoltes, os admires os respeites e reverencias com'agudísemos esculcadores da natureza, é pasmosa tanta barballoelrada. Que hai que sexa mais sinxelo, mais craro, mais usado qu'esta verba es? E mais canta porfía tocantes a ela! Mais doutos qu'ises filósofos son os nenos, que si lles perguntas s'está o pal na casa, responden que está; si lles perguntas si é malo, dirán que non. Do home, anque non existise, o filósofo había asegurar que é animal.
Non é menos absurdo o qu'algús queren estabelecer, qu'a Filosofia se non pod'aprender n-outro idioma qu'o grego ou latino porque din que non hal verbas conque traducil-as moitas que n'aquelas linguas hal, com'a Entellequia d'Aristóteles, sobra que moito se porfiou de coma se debe traducir ó latin, Antros latinos hai as verbas Essentia, Quidditas, Corporeitas e outras semellantes qu'os filósofos inventaron; as que, coma nada sinifican, ningún as entende; e ningún as pod'espricar, nin traducir ó lenguaje vulgar que sole designar con nomes axellados todol-as cousas, mals somentes as reás non as finxidas.
Engade a frivola sciencia d'algús, qu'atribuyen ás verbas non sei que forza de seu, pra d'eiquí poderen dicir qu'os nomes lles foron postos ás cousas asegún a sua natureza. Levados d'eslo, esfórzanse algús non menos (réciamente en sacar d'algunha cousa, o significado de todal-as verbas: Coma pedra (lapis) porque manca nos pés; e terra (humus) de humedá. E o asno, d'onde? De ti, porque non tés senso (sensu) poil-o prefixo a en grego y-en latin moitas veces indica privación: s/-nus é case sensus; logo asinus é o mesmo que sine sensu, e esto é qu'és ti. Non é boa esta etimología.
(Continuaráse)
ARCHIVO FILOLOXICO E ETNOGRAFICO DE GALIZA
Recitado para menos
¡Cacaracá!
Ponte na páa
e faime un bolo,
non mo comas todo,
déixame d'el
para martes d'Antroido
Orella pendella
vai á leña,
se non vés d'hora
durmirás fora,
cos canciños
da tua dona,
Manoeliño
foi ao viño,
partiu o xerro
no camiño.
Mal pol-o xerro,
mal pol-o viño,
mal pol-o cu
de Manoeliño
Recollidos por
L. C. en San Xian de Sergude.
Variantes
Da I:
¡Cacaracá!
Ponte na pá,
Fai un bolo,
cómeo todo
deixa d'el
pró mes d'abril
(Ourense)
Da II:
Ovellinha,
vail'a leña;
que chova que neve
non te veñas sin ela.
(Ourense)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717020.xml
NÓS
16
ralterizan o sentimento do vale ouresán que, coma dí con quentes e justas verbas no cariñento prólogo que lle puxo: «Despois de Rosalía Castro, ninguén viviu como él nunha tan ardente e querenciosa achegadura coa terra de nascenza, nen a cantou e rulou con tan férvedo acento, nen a levou dun xelto mais espontáneo, entranable e sinxelo».
La cumprían ediciós coma esta dos nosos clásicos do século XIX, dos que as antergas non son doadas d'alopar, estinadas e non reproducidas as máis delas, algunhas se cadra esquecidas en iñorados depósitos dos que ninguén as val sacar. É iste un labor preciso e que corresponde de dereito ó noso tempo com'unha das suas mais craras obrigas; benia quen o vata levando á feito. Ja o di o editor nas verbas d'adevertencia que pón ó principio d'iste volume, ó que logo han seguir outros pra ben das nosas letras hoxe renacentes e pola mesma razón precisadas de relación constante co-ise noso pasado de onte e tamén co mais recuado do dourado tempo medieval. Todos agardamos impacentes Os Eoas, de Pondal, e apracerianos vermos en ediciós populares o Seudo-Turpin a Crónica Troyáa, os Canzoneiros, e outros antigos moimentos da noso léngoa.
É moito o que compre faguer, un inxente traballo o que s'ofrez á nosa devoción ardente de galegos do porvir. Mai-o labor está principiado. Agora, irmos pra diante.
A NOSA TERRA
Núm. CCXVII, Outono 1925.
SUMARIO: Ao decorrer-los día. Síntese xeográfica de Galicia. Hidrografía. Oración á fala, por M. Lugris Freire. Cinzas, por Leandro Carré. Conversas filolóxicas, por L. C. Intercambio cultural con Portugal. Craro de lua, por M. Posse Rodríguez. Unha visita. O Seminario de Estudos Galegos, O fulbol e a política, por Victor Casas. Os Amigos de Galicia. Os maladoiros industriais. A revista «Nós». As novelas de «Lar».
LA TEMPORADA
Mondariz, 4 Outono 1925.
Con notas sobra pedra abaneante de Arcos, visita do Bispo de Camagüey, Congreso antituberculoso e lembranza do ilustre fundador do balneario, D. Enrique Peinador Vela, no seu aniversario.
CELTIGA
Bós Aires, 25 Sbre. 1925.
Orxinas de Blanco-Amor, A. Botana. Núñez Búa, Valle-Inclán, e outros. Información do Centro Galego, sociedade, teatros, esporl, vida da Colonia, etc. Efemérides galegas. Concurso de alalás e cántigas populares. A interesantísima sección. El momento de Galicia, deseños d'Ares Miramontes, Torres, Borobio, e fotos de Pontedeume, Fisterre, Noya, Compostela, etc.
BOLETÍN DE LA R. A. GALLEGA
1 Nobre. 1925.
Un pazo galego nos séculos XVI e XVII, por Fermín Bouza Brey (con gravuras). — Archivo de la Secretaría de la Soberana Orden de Malta: Relación de documentos (continuación, pol-o Conde de Vallellano. — Seición Oficial. — Documentos.
EL FRANCOLÍ
Espluga de Francolí, Outono 1925.
Temos recibido a visita d'iste boletín catalán, cheo d'esprito e de quentur aldea ó que saudamos, e do qu'oulra vez daremos nota especialiva.
Imprenta LAR. Real. 36 1.º - A CRUÑA
Na Biblioteca Lírica Lar
publicaránse axiña
No Desterro e Da Terra Asoballada
POESÍAS do POETA DA RAZA
(Segunda edición seleccionada e ampliada pol-o autor)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571703.xml
Motores & máquinas CELTA Marca Registrada
Suministros industriales — INSTALACIÓN
Gasolina Petróleo, aceites pesados SHELL
Cubiertas - Cámaras - Macizos BERGOUGNAN - MICHELIN
JOSÉ RAMÓN PÉREZ CID
Progreso, 54 e 90 — OURENSE
Fabricación especial de toda sorte de Cristales ópticos
Execución esmerada das recetas dos señores Médicos Oculistas
(MARCA REGISTRADA)
Praza Mayor, 18 - OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de Ourense
Director: Don MANUEL POL PIÑEIRO Cirugía
co-a colaboración dos Doutores
D. FRANCISCO JOSÉ RIONEGRO DÍEZ e D. MANUEL BOUZO FERNÁNDEZ
CIRUGÍA PARTOS E DOENZAS DA MULLER
Situado na carreira de Loña, prasticape n-t toda cris d'operación de Cirugía gral, especialidades, ginecología, etc., etc.
A pensión é de 10 pesetas diarias, incluso é sola a manutención, material de curas e visita médica diaria. As operações e tratamentos, serão objeto de trato anterior.
Hal Gabinete de RAYO X, aparato de DIATERMIA (pra tratá-las anexias, etc.) e o material eléctrico preciso pra diagnósticos e tratamentos.
NOTA: Hal de cote material esterilizado pra operações d'urxencia pr'os enfermos que non se poldan traguer ó Sanatorio # mais partos, adentro e fora de cibdade.
Pra informes, pódese escribir a calquera dos médicos do estabelecimento.
OURENSE Carretera da Loña Teléfono 179
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717019.xml
NÓS
Dícese colléndoll'a orella ó rapáz e abaneándolle ó compás do recitado.
A Ill dícese n-Ourense igualinha, somentes que o nome de Manoeliño trócase pol-o de aquil a quen se lle canta, pois recitase con melopea.
Non de cote se din istes recitados por enredo e brincadeira, senon que as mais das veces levan unha intención pedagógica mais ou menos coscente ou intencional, pois sirven pra qu'os rapaces se sollen a falar, do mesmo geito que os chamados trabaléngoas, que sirven pra exercital-a pronunciación. A mesma casta de xogos educativos pertencen as mesmas adiviñanzas, que tanto exercitan o ingenio, e hainos tamén pra deprender a contar, com'aquíl das nais irlandesas:
Dance thumbikine, dance.
Dance, yes, merry men every one
Thumbikine, you mus dance alone,
yes, thumbikine, you must dance alone.
Que serve pra deprender os nenos a levar a conta pol-os dedos, principando co-esta co-pra pró pulgar (merry man) e seguindo pol-os outros: Fore man, longe man, ring man e litie man. Cántiga qu'alguén pensou qu'era un conjuro mágico. Ten certa analogía c'oura nosa:
Iste é o dedo miudiño,
Iste é o seu sobriño,
Iste é o maor de todos,
Iste é o fura-bolos
E iste é o mata-piollos.
Concorda esto co-a teoría do jogo com'ailividade preparatoria, como ensaio y-exercicio das ailividás da vida adulta, teoría que é aceltada hoxe en caseque todos lados. Querse dicir, qu'os nenos non enredan somentes por enredar, nin por daren saída a un excedente de energía, coma supuxo Schiller, nin por reproduciren altividás ancestrais deixadas já pol-os adultos, senon qu'enredan istintivaménte c'unha finalidade práutica qu'iles descofiecen, cal é a de por en jogo total-as suas potenzas orgánicas e psiquicas pró día de mañá.
O etnógrafo e o folk-lorista deben ter en conta sempre que noa hai unha soila altividade nos homes, que non teña ou non haxa tido outrora algunha utilidade, real ou engañosa, que nen hai unha soila que fose sempre unha sinxela brincadeira. Se n-on pode arredar de ningún xeito, o traballo do jogo: iste é de cote, ou fol — e siguen sendo por baixo da aparencia, n-un ou outro senso — traballo útil. A nai irlandesa que recita o thumbikine, e a galega que collendo a manciña do seu fillo di: «Iste é o dedo miudiño...» non fan un conxuro mágico, mais emporiso non deixan de precurar, coscente ou istintivamente, un ouleto práutico.
V. R.
OS HOMES, OS FEITOS AS VERBAS
LIBROS
BIBLIOTECA ESCOLLIDA DE AUTORES GALEGOS
VALENTÍN LAMAS CARVAJAL, POESÍAS, selección e prólogo de Juan G. del Valle, A Coruña, MCMXXV.
Primeiro volume da Biblioteca galega do editor Moret, da Coruña, que se propón — Deus lle couserve os folgos, e lle dea o éisito de que é merecente — unha obra de longoalento coma a qu'oulrora emprendera o ilustre Martínez Salazar co-a sua Biblioteca Gallega, d'eterna memoranza, embora Moret a queira facer c'un mais seguro e moderno esprito de selección e d'escolma. Un libriño pequeno e feituco, de 216 páxinas, que s'imita na feltura, no papel e na pasta ás modernas edicións portuguesas, e nos tipos ás da Revista de Occidente. Cousa ben feita, afellas, e todo por catro pesetas, acreditando que, apesares d'acharse eiquí o traballo tipográfico nas mesmas ou se cadra en mais ruís condiciós qu'en toda a Hespaña, o libro galego é pol-o d'hoxe, pode que o mais baralo do mundo.
D. Johan G. del Valle, autor da escolma e do prólogo, escolleu en Espiñas, follas e frores, en Musa das aldeas e mals en Saudades gallegas, vinteseis poemas dos que millor ca-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717023.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 quilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvalierra de Miño
O Hotel do Estabrecimento está aberto do 1.º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717012.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
8
ñesas correspóndense c'os Brigantinos da Retia, da Ingraterra e da Irlanda, y-a mesma raiz cale ou gale de Calecos (1) atópase nos CaJetes da Beluría e da Francia. (2)
Temos pol-o tanto unha arqueología proto» histárica galega totalmente céltiga e temos 4 sua belra unha onomástica na qu'hai d‘abondo verbas do mesmo orige. Coma logo veremos, a religión, usos e costumes, dos antigos galegos presentan notabres identidás co-as dos Galos do centro d'Europa. Y-ante datos tan firmes, e feitos tan elocuentes qué s'erguen frente a helenismos ausurdos e iberismos unificadores, debemos decrarar que durante a Edade do Ferro, Galiza inteira d'un cabo 6 outro, do fondo á cima, tivo unha cultura única y-escrusivamente celta.
Mais debe adevertirse agora, quiste concepto d'unidade cultural non encerra en si ninmoifomenosunhaidead'unidaderactal. É induvidávele qu'os Celtas qu'entraron n-esta terra debían ser en númaro d'abondo pr'estenderse, dominar e impor aíxiña a sua clvilización en toda ela; mais nin a falla ausoluta de documentos antropológicos coetáneos á nosa Edade do Ferro, nin a incerteza que reina en col do tipo fiseco dos Celtas, nin a penuria d'informaciós relalivas á nosa autual antropología, nos per» miten arriscar acerca da formación da raza galega dos tempos protohistóricos, ningunha afirmación categórica.
É certo qu'algús antropólogos hespañoles chaman Celtas ós braquicéfalos predomiñantes hoxe en Galiza (4) e principalmente nas suas reglós N; poro tal braquicefalla aparece enlazada co-a da costa Cantábrica (Asturias Santander) onde, nin a arqueología nin os tex» tos acusan a presencia dos Celtas, e onde ade» maís por achádegos de craneos eneolíticos en Asturias, tenenamostrado a anterioridade de tal caraule 4 invasión célliga. É cerlo tamén que Ricardo Severo e Fonseca Cardoso (5) tenen atopadonasnecrópolisde Ferrestello e do Des» terro, no osuario da freguesia de Ferreiró (6) e
(1) Plinio III, 4.
(2) César De Bello Gallico. Plinio IV, 82.
(3) Vex, principalmente a obra d'Otoriz en col da repartición do Indice cefálico na España.
(4) Portugalia t., II.
(5) Portugallia t., I. O minboto entre o Cavado e Ancora.
NÓS tamén nos autuais miñotos, tipos (1) qu'identifican coma Gauleses (dolicocéfalos loiros): pero Leite de Vasconcellos oujetou e non sen razón, qu'as carailerísiecas nórdicas n-eles ouservadas, podía provir mol ben da Invasión sueva. (2)
Por outra lado, o tipo fiseco dos Celfas non está determiñado con exactilude. Os antropólogos divideno en dúas ramas: unha braquicéfala, de cabello castaño e de pequena estatura (a Celta) y-oulra dolicocéfala, oula e de ca. belos loiros (a Gaulesa). Dos textos dos escrltores gregos e romanos, tírase sollo qu'eran os Celtas outos e loiros. anque mais baixos e de coor mais morena qu'os Germanos. O eisame dos restos óseos de Hallstatt e de la Tene, denuncia unha povoación en xeral dolicocéfala misturada, na Galia oriental con lipos braquicéfalos de Grenelle, e d'estatura mais ben mediana qu'outa (1 m. 65, no Mame, e 1:70 en Vindelicia, asegún Vacher). (3) Vése pol-o tanto qu'o tipo célligo non presenta carauleres 6 parecer de grande homogeneldade, aínda en países onde levaba aquil povo longos séculos de residencia.
Mais eiqui en Galiza, esta raza, homogénea ou non, debeu necesariamente superponerse a outra mals antiga, formada cecais a imitanza da dos kjoekkenmoedingen de Mugem. por dolicocéfalos (o Homo Afer, variedá Taganus, de Mendes Correla) e braquicéfalos (o proto» braquimorfo, o protoesfenoide y-o ortobraquimorfo do mesmo autor), mislurado con ele. mentos de Banmes-Chandes identificados en Portugal por Mendes Correa, e con braquicélalos de tipo asturián, povo que probabremente sería o qu'eiquí pulíu a pedra, ergueu os dolmens, e fundíu as espadas y-os machados de bronze, povo en fin, cuio tipo debía d'acusarse vigorosamente na xente galega da Edade do Ferro, anque as verbas de San Isidoro ó falar da coor branca dos habitantes de Galiza parece indicar certo predominio d'unha raza loira. (4)
VI A ORGANIZACION POLÍTECA
Nos texfos aparece Galiza dividida antre
(1) Archeologo Portugués., t. XI, nos comentarios os tomos I e II da Portugalis.
(2) L'Aryen. cit. por Dottin, Manuel, pag. 145.
(3) Raça e Nacionalidade, Porto 1919 e Homo, Porto, 1921.
(4) Cit. na Hispania de Schulzen.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571706.xml
Poetas bretóns; normandos, flamengos, vascos, gaélicos, ingleses, irlandeses, poetas que en francés, en inglés, en céltico, en tantos idiomas ampliamente espallados pol-o mundo ou homildemente apegados á terra da patria, gerdades un ecoar salgado do Atlántico. Todos sodes - ás veces sen querelo - fillos da grande raza espiritual dos Fisterres, da raza cósmica y-eterna, da única que garda un ollar sinxelo e creador baixo as mais difrentes e compretas culturas. Portugal e Galiza ven en vos bardos irmaus dos seus. Por iso adicámoslles estas lembranzas imperfeitas e probes, mais cheas de simpatía que nasce da comunidade espiritual que xunta ós que miramos a diaria morte do sol no horizonte misterioso do Océano occidental.
Pra fazer un traballo completo cumpriría mucho tempo, unha forte preparación, unha formidabre biblioteca instalada na soidade medievaliva d'un pazo mariñán ou montañés, a comunicación cos especialistas d'estas cousas. Mais pol-o d'agora soilo queremos sinalar unha das angueiras mais precisas prá formación da nossa cultura. Tampouco precurámol-as orixes, envoltas na alborada das linguas medievales, nin o latexar do espírito atlántico nas formas variadas do classicismo, nin a súa influencia cíclica esencial no xurdir do Rom-
manlismo, nin outros tantos fantos fermosos e suxerentes problemas. Modestamente entraremos no frigorífico domar das letras francesas dende o Parnaso, atopando en primeiro lugar a figura sempre e poderosa de Leconte de Lisle.
O autor dos Poemes antiques, tan perfecto e solitario traballador do verso, o namorado sacerdote das formas puras das ideas gregas, da familia dos bardos? Non pareza estranho: Leconte viña de xente vella da Bretaña y-estabrecido algún tempo en Rennes coñeceu o encanto das terras celtas. Por certo que viaxando a pé pola vella Armórica, en compaña do pintor Theodoro Rousseau, estivo a piques de morrer sorprendido pola marea ó pé da célebrepenediado Monte Saint Michel. O tradutor d'Homero e dos Himnos órficos, o namorado da traxedia esquiliana, buscaba celtas unha pureza d'orixes mais que unha absoluta disciplina da arte baixo o imperativo das regras da beleza helénica. Tamén ll'intresou a India vella y-o espellismo dos mares de coral, outras das grandes forzas renovadoras da arte europea no siglo derradeiro. Aquela forza sinxela e primitiva qu'il buscaba non está lonxe do espírito celta que levaba no sangue. Aquela interpretación das pasións do home pre-cristiano non está lonxe da maneira do noso Pondal, tamén coma Leconte outo e soilo. Inda na sua forte e severa escola, hai un 'senso nórdico' (Poemes barbares: Le cœur de Hialmar, Les Elfes, etc.) e cosmicamente atlántico:
«O mers, o bons songeurs, voix pleuse du monde,
Vous m'avez répondu durant mes jours mauvais;
Vous avez apaisé ma tristesse inféconde,
Et dans mon cœur aussi vous chantez à jamais»
Si non traláramos soilo dos poetas, cumpría
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571704.xml
Púxose á venda o primeiro volume da Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos
**OS NENOS**
por Xosé Filgueira Valverde,
Pida o seu exemprar a Adeministración de LAR
Real 36 -- 1.º A Cruña
Axiña aparecerá o primeiro volume da
**BIBLIOTECA TEATRAL “LAR”**
que comprende a comedia
**O Corazón d'un Pedáneo**
orixinal de
**Leandro Carré Alvarellos**
Seguirá **A Biblioteca de novelas Galegas**, que pubricará grandes novelas orixinales dos millores escritores da nosa Terra
Os suscritores da pubricación de novelas curtas **L A R** terán ventaxas para a adquisición de estas obras
**Imprenta LAR**
REAL, 36 1.º - A CRUÑA
TRASMITA OS SEUS ENCARGOS TIPOGRA-
FICOS A ESTA IMPRENTA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/11571708.xml
A PONTE DE VIDÁN
No lugare Vidán, a uns 2 Km. car'o SW. de Compostela, por onde discurre con pouco desnivel o río Sarela, tópase á dereita da estrada que conduz a Noya, denantes de chegar á ponte pol-a que aquela salva o río, e deitado sobr'iste, un arco adovelado de rexo e duro granito ao que, a común crénza dos que o coñecen, ten por román.
Feito, sen dúbida, en data alonxada, inda segue o río pasando por baixo d'il, embora sexa tan só en parte, pois denantes d'il chegar dividese, e parte do caudal, topando un nivel máis baixo, reverte en pequena fervenza cara á esquerda voltando a xunguírense os dous ramales cousa de 100 m. escasos máis adiante.
A ponte é un sinxelinho arco, co'as pedras indispensabres pra non s'esborrallar; tan só no extremo occidental inda conserva restos que mostran o arranque da calzada. Está orientado de L. a W. por mor da dirección do río que é de N. a S. n'aquel sitio algo constante. Ten unha altura de 1,50 m. sobre o nivel do río. Hoxe parece máis pequeno do que realmente debeu ser por se topar, segundo coido, algo afundido, non porque tivesen cedido os puntos nos que se apola, senón por terse erguido o nivel do río.
Tal como hoxe s'olla forma un arco rebaixado, de curvatura perfecta, de grosas dovelas graníticas, aparelladas en perfecto isodónum (dazasete por cada banda), admirablemente asentadas. A súa estabilidade, a través do longo tempo que o seu mesmo aspecto denunza, fai coidar que os seus extremos están magnifiquemente soportados na dura pena. As presións e resistenzas que as súas dovelas exercen e soportan están tan ben repartidas que, non fallando a firmeza dos seus cimentos o arco perdurará aínda longo tempo.
Non pasou o mesmo, coa calzada que d'il se servía; a partir da ponte, nas dúas direccións, háchese esborrallada deica unha distancia aproximada de 50 m. car'o W, no que volta a atoparse. Da banda de Sant-lago non resta vestixio ningún da tal calzada, cousa non d'estranar pola calidá das terras que debeu atravesar: arcillosas, lixeiras e moito pinas son facilmente levadas pol-as augas da chuva e sen parar renovadas pol-os materiais d'acarreo arrastrados pol-os regatos que por elas percorreu, sendo pois de crer que Istas terras teñan cuberto a devandita calzada.
Isto na ribeira esquerda; na dereita do río, non lonxe da ponte da estrada (uns 25 pasos) atópase a secuencia dun camiño antigo que cinguindo a aba do monte do Seixo, e despois d'una volta regular, erguiase ao fin e ourentábase na dirección SL a NW, dividindose axiña en dous ramales: do que ia car'o N. pérdese logo todo sinal o do S. atravesa a actual estrada e vai a xunguirse en Ponte Vella con outro camiño, tamén secular, que se dirixe a A Maia.
É iste camiño unha vella calzada cuías pedras n'algús anacos desaparecidas, n'outros están admirabelmente conservadas, como no punto da bifurcación. Iste e mail-os outros anacos denunzan unha calzada que hoxe é nos caseque por enteiro descoñecida (1).
Unha das cousas que se deben ter presentes ao estudar as calzadas é a sua dirección, o punto a onde s'endereilan; a nosa calzada, a julgar pola dirección que trae de mucho antes de chegar á ponte, encamiñábase a Sant-lago e pasou pola ponte que nos ocupa, mais debido ás pésimas condicións do camiño, mais acó da ponte (sobre todo no tempo das chuvias) fixose despois un ramal, que partindo da
(1) Un detalle curioso pra defender a sus antigüidade é o mostrio de terreo d'aluvión que a cobre (a cal ao sair da ponte en dirección occidental e que chega a levantar 1,80 m. Somellante castidade de terra arrastada pola auga do próximo monte, supón varios séculos de incesante acarreo e mostra tamén os que posaroa dende que a ponte deixou de se utilizar, xa que este mostrio inutilizou a calzada á entrada da ponte).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717016.xml
12
no Oucidente da Península, pero que non son pra nós mais que nomes, já qu'o seu valor mítico y-a sua filiação lingüística, a pesar dos esforços d'homes tan ilustres coma Hubner, Holder, o Fita, e Leite de Vasconcellos, non está en gran parte determinada con exaltitude, podéndose dicir somente qu'istes deuses que cecais baixo distintas denominações, acochan en sí unha mesma sinifanza, teñen un forte caraute tópico ou gentilicio, espíritos de lugares determinados, protetores d'un clan ou d'una tribo, cousa que vai ben co-a división política en infinitas comunidades, que sinalamos n-un dos capítulos precedentes.
Crar'está que con informacións tan incertas, non é posíbel enxergar nada concreto en col da ideoloxía religiosa imperante na nosa Edade do Ferro, nin do valor cosmogónico que se lle atribuía, nin das ideas morais d'elas derivadas, podendo tan sollo do conxunto d'elementos de diversa orixe que deberon contribuír á sua formación, separar aqueles que por presentar identidades indubidáveis cos cultos praticados pol-os Celtas do resto d'Europa, veñan engadir novos datos acerca da nosa etnografía protohistórica.
Sabemos por Callimaco, (1) Silio (2) y-Ammiano, (3) que na época das invasións, os Celtas rendían especial veneración a un espírito da guerra, qu'os escritores citados identifican con Marte. No tempo da conquista romana, os povos da Galia, adouraban en troques preferentemente a divinidade que César (4) compara a Mercurio. Cicerón (5) y-Ateneo (6) fálannos do bárbaro costume galo de sacrificaren a sanguinários deuses, os ladrós y-os cautivos. César (7) refire com'os druidas sacaban presaxos da maneira de cairen estas vítimas humanas, e xerradeiramente, o boconcio Trogo Pompeyo (8) gaba ós seus paisanos com'os mais hábeis antr'os bárbaros nas artes adivinatórias. Pois ben, todas estas particularidades dos cultos galos aparecen fortemente acusadas en Galiza.
De Mercurio fala unha lápida de Caldas de Reis, (9) e tamén coma sobrevivência romana d'iste culto, debemos considerar-los dous Hermos de bronze alopados, un en Casal-Comba. (1) perto da raya da antiga Gallaecia, y-outra nas terras ourensanas do Limia. (2) A relixión de Marte aparece nas adicações a Coso Marte (3) de Brandomil a Cososo deo Marte (4) de Braga, a Marte Cariocieco (5) de Tuy, e sinxelamente a Marte (6) sen identificación con ningunha divinidade indígena, na Coruña. E qu'íste deus favorito dos Celtas na época das suas conquistas era adourado preferentemente pol-os galegos, manifestou craramente Strabo (7) cando conta qu'os Lusitanos que vivian nas montanhas imolaban a Marte os prisioneiros y-ofercianll'as suas maus cortadas, e que lle facian tamén sacrificios de cabras e cabalos, asegún o rito grego das hecatombes, engadendo despois qu'eran aquelas xentes peritas en averiguacións e que predecían o porvir asegún a maneira de caíren as vítimas humanas ó seren feridas de morte, e qu'adevifiaban tamén apalpando e polo elsame das entranhas dos sacrificados. Esta pericia augural y-aruspicial, áchase confirmada no pasaxe en que Silio Itálico (8) califica á mocedade galega d'hábil en descubrir o porvir nas frebas das vítimas, no voar dos paxaros e no lume do ceo. Temos pol-o tanto que n'istes tres puntos principais: culto preferente ó espírito da guerra (Marte), sacrificio de vítimas humanas, e xeltos adiviñatorios, coinciden en absoluto as relixións da Galla e de Galiza, pero amais d'elo, aínda podemos sinalar outra semellanza: a veneración ás augas correntes, ríos e fontes, qu'asegún Dechelette, (9) determinou o emprazamento dos habitantes d'algunhas tribos da Champaña e que tan estendida estivo en toda a Galia, alcóntrase asimesmo representada en Galiza pol-as lápidas a Naviaefelesurraeco (10) espírito pr'ó P. Fita (11) d'una fonte lermal e pra Schulten (12) d'un río (Navia), que en sánscrito significa «auga que corre», e iste
(1) Porugalla, t., II.
(2) Lápide no Museu d'Ourense.
(3) C. I. L. 997.
(4) C. I. L. 2458.
(5) C. I. L. 6612.
(6) C. I. L. 2809.
(7) III, III, 7.
(8) Livro III.
(9) Manuel, I., II.
(10) C. I. L. 2084 e 2602.
(11) Vex, Arturo Vázquez Núñez, Epigrafía Latina de la Provincia de Orense, B. de la C. de Monumentos, T., I.
(12) Hispania, pag. 99.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717011.xml
NÓS
Peralba; vice, D. Julio Núñez; Segretario, don Bautista Varela.
Novas industrias. - Presidente, D. Pedro Barrié; vice, D. Jacobo Arias; Segretario, don José Pérez.
Turismo. - Presidente, D. Ramón Fernández Mato; vice, D. Ramón Neira; Segretario, D. Evaristo Correa Calderón.
Goberno municipal. - Presidente, D. Vicente Risco; vice, D. Eduardo Rosón; Segretario, D. E. Costas.
Goberno regional. - Presidente, D. José García Acuña; vice, D. Antonio Losada Díez; Segretario, D. Rodrigo de la Peña.
Emigración. - Presidente, D. Germán Mar-
tínez Mendoza: vice. D. Antonio Villar Ponte; Segretario, D. Andrés Muruais.
Chagas sociás. - Presidente, D. José Pérez Porto; vice, D. Isaac Correa Calderón; D. Salvador Sanz.
Defensa social. - Presidente, D. Domingo Bueno; vice, D. Sergio Castilla; Segretario, señor Hinolal.
Estas secciones ajuntáronse después arredadamente en diferentes lugares públicos, pra redactaren as dúas ponencias. Trabajaron arreo no serán do día 7 y-en todo o día 8, e na mañana do día 9, as ponencias foron sendo poslas en maus da Mesa, pra seren lidas e discutidas na sesión derradeira, que principiou a melodía no mesmo Círculo das Artes.
A EDADE DO FERRO NA GALIZA
(Proseguimento)
Pero debemos deducir d'iste único dato que a invasión ibérica chegara hasta Galiza? Podemos supor qu'os Lusitanos, qu'aparecen en Ptolomeu (1) com'una tribu mais entr'as tribus do actual Portugal, tiveran forza pr'estenderen a sua domiñanza pol-a mor parte de nosa región? De ningunha maneira. Os Iberos disfrutaron nos tempos protohistóricos d'una persoalidade deliñada e crara, y-onde queira que se superpuxeran ós Celtas, tal superposición ten o seu comprobante arqueológico. En Castela, a cultura de Numancia, ponse no canto da cultura das necrópolis de Soria e de Guadalajara; en Portugal, as estacións de Guiffoes e de Sao Juliao representan netamente a introducción d'un elemento novo no meio céltigo anterior. Mais elquí en Galiza nada hai de semellante e os oujetos ibéricos fallan por completo nos nosos xacimentos, y-en froques oujetos e nomes céltigos atópanse en-toda a estensión da terra galega. Puñás d'antenas, torques brazaletes e fibulas derivadas de tipos hallstaiticos, leñen aparecido o mesmo en Ortiguelra y-en Mondoñedo, que nas ribeiras da Amoya e do Támega, e nomes cula fillación celta está ademitida por autoridades tan prestixosas coma Dottin (2) e Garofalo (3).
Mais non é esto soilo. Coma fai observar Dechelette, as mesmas tribus galas, por efecto das suas emigrações, aparecen simultáneamente en distintos lugares, y-alcontranse así, antroutros, Parisii e Belgæ na Galia e na Gran Bretaña, e Ligóns e Senóns na Galia e na Italia. Pois ben, estas coincidencias de nome danse tamén nas tribus galegas. Os Querquernos (7) do val do Limia, tenen seu homónimo nos Quarquennos (8) da Traspadana; os Britóns (9) do Convento Lucense, chámanse da mesma maneira, qu'os Britóns do condado de York; os Brigantinos (10) das terras (11) cru-
(1) Mela, III, 1. Ptolomeo II, XXL
(2) Manuel
(3) Sui Celti nella Penisola Ibérica. Boletín de la Academia de la Historia, t., XXXIV, pag. 97.
(4) Plinio IV, 34.
(5) Plinio IV, XXXVI. Itinerario d'Antonino.
(6) Itinerario d'Antonino.
(7) Ploro IV, 12. Orosio VI, 21.
(8) Plinio III, 4, C. I. L. 2477.
(9) Plinio III, 25.
(10) Britonia foi cabeza d'una diócesis, aparecendo o seu nome nos concilios de Braga. Estaba sifuada perto de Mondoñedo.
(11) Ptolomeo II, II. Dion XXXVI, 83.
(12) Tacito XII, 32. Strabon IV, IV, 8.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/3f/3fef/3fef9e38-ac80-46a9-98bd-18bbc7c71900/115717017.xml