https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157112&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571123.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XII
Ourense 15 de Xunio do 1930
Núm. 78
AS CHANCAS DE ROSA (inédita)
(CADRO RÚSTECO)
Fun cara a Soutosanín e volvínme o anoitecer, y-entón cadroume de ver un caso preto de mín, qu'aixina vades saber.
Rosa unhos porcos gardaba, y-entramentres parolaba con Xan, qu'a mais de falar, ás maus acougo non daba, pra facela renegar.
Comc o diaño as furtadelas era Xan cas maus aquelas, Rosa trepouno cas chancas; —«Cas tuas chancas case mancas», queixouse il, ¡recoiro co-elas!
E volta as maus xogar y-as chancas volta a trepar: —«Es da caste dos marraus, estate quedo cas maus» —«¡Vaiche boa! ¡qu'hei d'estar»!
Il sigue adiante ca soba: —«¡Ay qué bobo!» —«¡Ay qué boba! por un pouco un pé m'esmagas» —«Si coidas que che son boba pagarás o mal que fagas».
—«¡Ay, Rosa, pr'as forzas miñas!... —«Esta Rosa ten espiñas» —«Ay me caso c'un carballo!...; ¡mesmo me trepache un callo! ¡Chancas fora!» —«As maus quediñas!»
—«¡Rosa, deixate querer!» —«Esí, Xan, non pode ser, e ten lino co que fas, si a festa en pas queres ter; pois a mín, ti non m'as dás». —«Está queda cos peciños». —«Pois non me cóllal-as maus?» —«É pra darche unhos biquiños» —«Pois olla, tes bós fuciños pra bicar os meus marraus». —«Xugarei a última carta, anque as tuas chancas lles temo», —«Pois ¡toma! que me tés farta; —«¡Raxo! ¡cas chancas do demo—!... ¡unha centella ch'as parta»!
Mais n'esto chega a ver tal función, berrando a ver tal función: —«Déixame a filla ¡ladrón! que por ti ésa cadela fendereille o curazón».
Est acabou tal porfía ó morrer a lus do día; por Montalegre saíndo, chuscando os ollos, surrindo a Lúa polo que vía.
AMADOR VILLAR AMOR
Ourense, ano 1905.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711215.xml
NÓS
práticas máxicas con farto folklore e localización precisa. Citaremos algunhas prácticas: os nenos miudiños e fracos son pasados por tres mulleres que se chamen Marías pol a fenda d'un negrillo ou d'un carballo cerqueiro, operación que s'estende ás quebraduras, os nenos de malo xenio son pasados entr'as poutas dos lios que sosteñen o túmulo do Sto. Apolinario, os doores de cabeza poñendo un chapeíño d'as curtas na romería do S. Xohan, a paletilla ou espinela caída con fortes movementos impostos ós brazos do doente ou levando o curandeiro as costas, a raira c'a mistura en bolos chamada «remedio da Cardanha» pol-o logar onde o pratica a familia do inventor, a ictericia ou tricia con piollos fritidos con ovos, a auga pola noite adormece, non se debe coller por que Noso Senhor diulle unha hora cada noite ás augas pra que durman. Unha concrusón e bibriografía cerran iste fermoso estudo.
O castro da Cigadonha, en Carvigais, concello de Moncorvo, ten recinto amurallado i antecastro, prcbe en cerámica, ten o intrés do nome cecais aparentado con ciania. A lenda fala d'un becerro d'ouro soterrado no logar sinalado por un gato isculpido, fadas que na mañá do S. Xohan asoellan a roupa, vasixas d'ouro e de pezuña. A dous quilómetros do castro hai petrogrifos con signos cruciformes e esquematización de figura humán.
A. A. MENDES CORRÉA: A GEOGRAFÍA DA PREHISTORIA. Publicacións do Instituto de Antropoloxía da Universidade de Porto, 1929.
O erudito e sempre suxestivo mestre Mendes Corréa dá un libro agardado e necesario pol o crecemento e intrés urxente da ciencia prehistórica. Forte e lixeiro, simpático i evocador volume. Xustificado o asunto no primeiro capítulo apoiado nos mais certeiros cultivadores da Antropoxeografía, siñala o feito na Xeografía prehistórica dende Thoulet e Reclus deica Estacio da Veiga, Mortillet e Chautre (autores do sistema de signos convencionais pr'as cartas) Dechelette e o seu sistema gráfico, Grant MacCurdy, Bosch Guimpera, Capitán Deffontaines, Obermaier, L. Cuevillas e a sua escola catalogadora dos castros galegos, Angel del Castillo etc. Móstrase partidario da maor ouxetividade na cartografía pra que seña ela base boa ás interpretacións, espoñendo tamén no capítulo 2º a sua tésis do «arco antropofilético indico» na que ten gran valor a cartografía, derivando a localización da antropoxénesis do estudo xeográfico das des-
cobertas paleontolóxicas que interesan a filoxénesis do Home e dos Primates. Dito arco liga o Sul da Africa, o Egipto, Palestina, N. do Indostán, Java, Filipinas e Australia na orla periférica do Indico. Siñala as proiueciés convenientes pra cartas grandes e reducidas, e necesidade de gardar as curvas de nivel, e outras condicións pr'a maor eficacia d'ista cartografía indicando seu sistema de signos. Adica o cap. IV á Paleoxeografía física cujos feitos variados vanse coñecendo i-ampriando, precisando a importancia da toponimia. Nos feitos de Antropoxeografía prehistórica estuda as variacións entre a poboación dispersa (ex. o chellense) e concentrada (época dolménica), o «habitat» c'as súas áreas óptima e marxinal, os camiños, a xeografía económica, a grande revolucién que siñifica o inicio da era dos metales e a xeografía da guerra. Remata o fermoso libro do Sr. Méndez Correa c'un claro e forte resume.
J. R. SANTOS JUNIOR: PINTURAS MEGALÍTICAS NO CONCELHO DE CARRAZEDA DE ANCIÁES. Publicacións do Instituto de Antropoloxía da Universidade de Porto, 1930.
Os tres dólmenes (houbo mais) existentes nos termos de Vilariño de Castanheira e Zedes, concello trasmontano de Carrazeda de Anciáes teñen sido estudados e citados mais d'un xeito requintadamente científico deica iste traballo do Sr. Santos Junior, que os crasifica no eneolítico seguindo a crasificación de Obermaier. O Sr. Santos Junior fixo n'eles a importante descoberta de pinturas nos dólmenes «Pala da Moura» (tipos de eses, ófios e crecente con trazo aganchado) e «Casa da Moura» (esquema de ollos, cobra, ondulacións enigmáticas, esquemas humáns, ave?), bermellas, aloxadas parte d'elas en coviñas e restos de composicións maores afumadas pol-as fogueiras dos pastores. Istas descobertas fan medrar o número de pinturas megalíticas do N. de Portugal país onde se repete a representación da serpe.
F. LÓPEZ CUEVILLAS, NOVAS CERÁMICAS DAS ANTAS GALEGAS, Separata dos TRABALLOS DA SOCIEDADE PORTUGUESA DE ANTROPOLOGÍA E ETNOLOGÍA, Porto, 1930.
Estudo encol das cerámicas atopadas no vrán do 1929 o desfaguerse pol-os obreiros d'unha estrada tres ou catro mámoas preto de Calvos de Randín. Son anacos de tres vasos eneolíticos, un d'eles campanifor-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711217.xml
NOS
121
bardos, as traducións ou adaptacións de Macpherson, a fundación da «Highland Society» de Edimburgo. No dazanove a agromeración da vida industrial foi perxudicial ó gaélico e soilo se coltivaba pol-os poetas e folkloristas da illa de Islay. O novo centro foi dende 1871 a Sociedade gaélica de Irverness e os traballos do profesor Blackie, e logo c'os congresos anuais de música. Hoxe hai cadeiras de céltigo na Universidade d'Edimburgo e nos colexios universitarios de Glasgow e Aberdeen, e reciben enseño oficial nas escolas mais de once mil nenos. (En Sant lago a románica lingua galega non ten unha cadeira e n'hai escolas pr'os nosos rapaces. S'o saben fora de Hespaña será pra rirse de nós). O abate Le Goff trata na «mite» do seu estudo da obra literaria de Xaquin Guillome, autor do poema Livr er Labourer, especie de Xeorxicas en bretón, de grande intrés nacional, folklórico i-educativo. O abate Guillome viviu no bó tempo romántico. Cotonec, é presentado no artigo de Lagadec coma mestre i-orgaizador dos sports atléticos indíxenas da Bretaña. Iste número contén unha chea de novas sobre o crecedeiro movemento celtizante (congreso de círculos celtas, nomes bretós dados ás novas ruas da cidade obreira de St. Marc, preto de Brest, o enseño do bretón feito obrigatorio nas escolas libres da diocese de Kemper e León: lingua, historia, xeografía, catecismo pr'os nenos en bretón). Nova da morte do novelista e bardo Janch Abgrall ós vintetres anos.
portugueses; ao encerrarse a Exposición de Sevilha», por Luís Gonzaga Cabral, III. «Luís Gonzaga de Azevedo», por S. L., «Idade Media», IV. Reinado de D. Alfonso III (Documento de 1253), por Luís G. de Azevedo, V. «Aviación», por M. de Montefreixo, VI. «O movimento Vicentino em Portugal», por José Pinto d'Araujo, VII. Revista de Revistas, VIII. Notas bibliográficas, IX. «Obras recebidas na Redação».
I. En Guerra Junqueiro, apesar do seu fondo relixioso hai unha terrible falta de sinceiridade que lle produxo un tríplice desorden: do espírito (énfasis) social e moral, sendo o poeta a mais acabada expresión portuguesa do individualismo literario vehículo do nihilismo social. II. Descontra algunhas discordes opinións fica en pé a grandeza da obra colonizadora de Portugal no Brasil demostrada d'un xeito erudito e serio. III. Foi Luís Gonzaga de Azevedo (sepultado en Camposancos) un bó sacerdote e un eminente historiador cujos seis volumes que axina se imprimirán darán novas luces encol de moitos aspectos históricos de Portugal. IV. O P. Luís G. de Azevedo reutifica a interpretación dada por Herculano d'un documento de Alfonso III importante por mostrar aquil Rei n'una outra política da que se lle ten imputado. V. Lembranza afervoada de Sacadura Cabral tratando o articulista dos proxectos de Costes e crítica dos amaródromos inventados por Armstrong. VI. Gabanza xustificada da obra das Sociedades de S. Vicente de Paul.
BROTERIA, Maio de 1930.
I. «As responsabilidades de Guerra Junqueiro», por Serafín Leite, II. «Brasileiros e
Imp. NOS, Linares Rivas, 50 - A CRUÑA
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA E FARMACIA
Pereira, 19 - OURENSE - Teléfono 28
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571128.xml
NÓS
VIDAS NON PARALELAS
(NOVELO)
Proseguimento)
*
A aldea dos Vilasantar estaba lonxe das estradas n’unha terra asucada por pequenos vals montesios nos qu’as ringleiras d’ameneiros rexistraban xa no setembro un fresco labio d’invernía. Liñares coor da mar e nabeiras lenturentas seguían o correr das augas, e arredor dos logares os loureiros romanos dispostos en sebes garimosas gardaban a mol terra das hortas. Un grande camiño empedreado ós anacos desenrolaba d’un val n’outro, choutaba os regueiros en graciosos pontillós de laxes e cando cruzaba os lombos faciase velliño e cangado com’un pelingrin sofridor dos ventos da serra i-estasiado nas chamas dos poentes. As mestas carballeiras sempre gardaban un ulido d’invernía e de cocho de lobo nas follas murchas acuguladas, mais un pouco enriba soilo animaban o morno coor das costas algúns remendos d’estibadas coma mantas da casa postas a asoellar. Diant’a casa dos Vilasantar o camiño espallábase entr’outos castiñeiros de valentes canas e un peto d’ánemas locía sua feitura ledamente barroca sobr’un fondo de piornos carregados de orballeira. A casa rexa, de fortes esquinas, con grande cheminea, soilo tiñá fiestras pequiñinas con madeiras pintadas de verde e pol-a parte do meiodía unha solainiña sin barandal onde n’outono amarelaban os grandes cabazos e no inverno demorábase un consolo de sol. A Frolinda sabía rexir unha casa. Non esdefiaba apañar landras nas seráns morriñosas, e tiña man de vella pra criar leitadiñas de porcos. Camiñaba ás feiras d’acabalo d’unha égoa locente e coidada pra feirear as vacas no seu tempo e daba xe-
nio de vela tan no seu logar, sin deixar o mantelo nin os zocos, chea d’unha doce dinidade que s’impuña ás murmurazós. C’os seus aforros chegóu a mercar cuaseque todal-as leiras de centeo e os soutos qu’o Paulos vendera a disbarate e pol as noites, despoixa do Rosario, aínda lia n’un libro de letra grande e crara atopado n’un rincón d’alacea. Aquil libro era un tomo do P. Feixóo e contiña unha carta escrita polo autor A irmá d’un relixioso, seu compañeiro d’hábeto, aconsellándolle con fino senso do mundo e do vivir, que se decidira a escolmar o camiño do convento. ¡S’a Florinda tivera quen’aconsellasel Ela ben quixera entrar de freira en Sant-lago. Da soila ves qu’alí estivera gardaba unha emozoada lembranza de Belvis, e maxinábase ó pé d’unha fiestra enreixada ollando a procisión das torres de Compostela i-amando entre todas a garrida fermosura da Berenguela. Sofrira moito c’a herexía do Rosendo e non podía afastare de si os derradeiros istantes da señora. Viña a morte paseniño pol-os corredores da casa, o Xacobe choraba com’un neno, a señora c’unha man acenaba car’un esqui- nal da alcoba: —«Ven meu fillo, chega. Eu non te pechei as portas da casa. Olla, están franqueadas pra tíl Foi un demo o que m’aconsellaba, xa se foi...» Asi morría, aínda non tan desgrazada pois soñaba que d’aquila hora o Rosendo era un probe orates n’un lonxano manicomio de Portugal. A Frolinda dend’aquela tardou moito en ver o Xacobe. Recibía cartas d’il e coidáballe dos probes castiñeiros, o soilo patrimonio que lle quedaba no mundo, pois todo o resto das terras deixaraas á ela, boa filla da aldea. Fixéronlle as voltas algúns noivos: un empre-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711213.xml
NÓS
107
e o millor e mais fino catador de marisco da rexión. Caudo iba a Sant-Iago paraba n’unha pousada d’estudantes, e procuraba estar ó tanto dos movementos d’opinión dos estudantes e da xente moza. Era amigo dos cregos, apesares de que un sabido arcipreste de brancos cabelos e moita técnica psicolóxica o tachaba de panteísta e sostiña c’o il entrambilicadas discusiós que sempre remataban merendando xuntos e afastándose mais amigos que nunca. Apenas se lle soupo d’amores. Falóuse d’algún namorouzo con loiras pescantinas de corpo de bimbio i-andar gracioso e miudiño de sirena en terra, cousa doada de eispricar e disculpar n’un home mozo e solteiro. Mais as cousas non deberon pasar a maores porque a filla d’unha boa familia do val bergantiñán recibía con moita legría as visitas do Xacobe apesares de ser il home un pouco maduro pra ela, nena que lembraba a prantar os xazmineiros que pol-o d’entón acoubaban a fiestra do seu coartiñp no pazo. Dixose que Xacobe se non decidira a tomar estado porque non estaba d’acordo c’o sogro en s’adicar á política nin c’a nena que falaba de pasar todol-os anos unha tempadiña do inverno en Madrí. Total, que o Xacobe seguía solteiro. Cando o maor dos fillos da Frolinda chegaba ó tempo d’estudar o Xacobe adicouse a guiar i-aconsellar ó sobriño coma si fora un fillo. Tivoo algunhas tempadas no porto, faciao estudar, eispricáballe moitas cousas e a vella criada viulle bágoas nos ollos cando lle falaba da Galiza ó rapaz. Teimaba que fora médico mais non chegou mais qu’a velo pasar do 2.º ano de Anatomía pois colleuno a morte e con ela perdeu ó rapaz un apoio seguro no mundo. Cecais quixera o Xacobe facer do sobriño un continuador en obra e aución do seu calado pensamento.
Un par d’anos dinantes de morrere díu o médico n’unha tema rara que aconteceu da seguinte maneira. Coñeceu en Compostela a un múseco extranxeiro, alemán ou danés, i-entusiasmouse con il de tal xeito qu’o levou a vivir consigo. Chegaron unha noitiña no coche con dous bultos disformes na baca. Eran dous violoncellos. O médico emperrábase en adeprender aquil istromento e por moito que fixo pouco adiantaba o pobre. Ficaba triste coma sentindo en sí e arredor de sí un mundo que non podía eispresare. En troques o extranxeiro tocaba que daba xenio ouvilo e ás noites os mariñeiros dend’a rúa laxeada coidaban ouvir na casa do médico un balbordo de tromenta lonxana ou aquela gravidade con que o mar tranquío figura acoller a presenza de Noso Senhor camiñando sobre das augas. Soilo había un mal. O extranxeiro era dado ó viño e as bebidas fortes do norte pechadas en botellas e frascos poliédricos, e parece que contaxiou d’esta paixón o Xacobe pois moitas noites, os dous chispos, despoixa de facer traballar a rego os violoncellos ficaban coma cotas e andaban pr’ó peirao falando cousas raras en lingoas endiafiadas. Poucas cousas mais poideramos lembrar do vivir do Xacobe. Serían en todo caso de pouca importanza pr’o coñecemento do home que como tantos outros levou a coba, sin dúbida, moitas ideas dinas de ser espalladas. No pobo e na bisbarra sentirono moito os amigos contando n’istes ós probes qu’il atendía millor qu’os ricos sin ser tirano nas recetas pois hastra tiña de bó o seu amor ós remedios caseños. Ainda hoxe se recordan d’il. O home da Frolinda alequiriu moita larganza de terras e todol-os fillos s’adican á labranza menos o maor que está de médico, aló nas montanas de Mesía ou de Sobrado, e dín que ten moita semellanza no carauter e no trato c’o seu tío Xacobe.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
Ourense, Febreiro do 1930.
Xa apareceu o libro de Castelao
Cincoenta homes por dez reás
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711218.xml
PARDO
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32 SAN ANDRÉS 50
SANTIAGO A CRUÑA,
CASA EXCLUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID.
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
Progreso, esquina a Luís Espada De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
OURENSE Andrés Perille - OURENSE
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18-Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711214.xml
NÓS
118
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LIBROS
Luis Oliveira Guimarães: «Caixa d’amendoas». Empresa «Alma nova». Lisboa, 1926.
Ramalho de poemas d’amor e pracer, de tango e fox trot con espiñas e recendores de ironía compracente.
«O Diabo, mestre de Dança». Edição Ressurgimento—Lisboa.
Istas prosas, rápidas, intensas, jornalistas, respondem ao mesmo tema do livro anterior d’Oliveira Guimaraes, misturadas com finas críticas de tipos e cousas d’un tempo que já nos fuxe d’entr’as maos deixando, contudo, certa malenconia.
Alberto V. Braga: «San Gonçalo, culto e lenda das bandas do seu berço». Separata da revista «Gil Vicente». Lisboa 1929.
Estudo da vida do San Gonzalo (s. XIII) apoiado em eruditas fontes eclesiásticas, abundoso em cadriños de vida ascética e milagreira, resaltando o papel do santo na repovoação de Amarante. Seu culto nos conventos e casas de religião de Guimarães onde tivo o primeiro altar na Colexiada, no berço do santo a pequena aldeia de Taxilde, as Irmandades e legados, a romeiría de S. Paio de Vizela de sabor aldeão e ledo, as imagens, e outros recordos interessantes sendo particularmente o estudo das lendas e tradições. As pisadas de S. Gonzalo no monte de S. Bento em Taxilde e n’outro de Varziela, penedos de «coviñas» nos qu’o culto cristão se mistura c’outros antergos sempre presentes na y-alma do povo, qu’as atribuie a diferentes santos, a auzão dos seus pés, seu corpo, seu bastão como é o caso do S. Gonzalo c’a sua bengalinha. Lembrado no calendário popular, em ensalmos pra cozinha, forno e outras cousas da casa e pr’as doenças, e sobretudo como casamenteiro de vellas desde que sendo abade em S. Payo de Vizela, segundo a tradição, casou a uma velliña probe c’o mais doncel e rico mozo da paróquia. Na terra de Taxilde e Vizela é geral o culto das fontes: Fonte da San Forcado, na véspera do S. Xohan lávase a
xente pra sandar de doenças na fonte de San Gualter, lavando também os nenos e deixando n’água as camisiñas d’eles, fonte de Santa Angela onde se lavan a meia noite do 24 de Julho, e fonte de S. Gonzalo, ó pé do monte das «pegadiñas» feita nascer pelo bordão do Santo que crebava os cântaros dos mozos volvendoos inteiros e velas chorar. Nas festas dos Santos Gonzalo, Trocado e San Xohan véndense figuriñas d’eles, de massa e yeso, que chaman sangonzaliños, santorcatinhos, e sanjoaozinhos a que aludem moitas cántigas também conhecidas em Galiza. S. Gonzalo ten’a sua igoal o do S. Amaro d’Oira: «feito de pan d’amieiro—irmao destes meus tamancos— criado no meu lamieiro». Ista do San Gonzalo dícese obra do Filinto Elysio volta popular. Moitas chegan ás illas Azores onde se têm recollido. D’elas unha corrente na Galiza também a conta de S. Amaro: «San Gonzalo de Amarante - feito de pau de azevinho—.......... — como o porco no focinho». No culto do santo frade de San Mingos também andavam os «testículis» como os ollos pra Santa Lucía, os ex-votos de pernas, braços etc. pra outros santos. O santo é conhecido não pol o nome da sua terra sinón pol-a adoutiva de Amarante.
J. R. Santos Junior. NOTAS DE MEDICINA POPULAR TRASMONTANA, AS RUINAS CASTREJAS DA CIGADONHA, Porto, 1929.
Duas publicações do Instituto de Antropologia da Faculdade de Sciências de Porto. A primeira adicada ao Professor Mendes Correia contém um preciso e requintado estudo sobre observações recolhidas sobretudo nos concelhos de Mogadouro e Moncorvo comuns às que poderam facer-se em toda a província de Tras-os-Montes e muitas a todo Portugal. Refírense ao nascimento e previsão do sexo, doenças da nai, infância, adenopatias, distensões, febres palustres, feridas, doenças dos olhos, dos ouvidos, da cabeça, dos dentes, dos riles, do ventre, cólicos, reuma, erisipela, sarna, mordedela de escorpião e de víbora, «paletilla caída», ráira, icterícia, i-outras, que precisariam uma longa e detalhada comparação c’a terapêutica popular galega. Um repertório enorme de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571122.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE —A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce númaros, na Peninsua 6'00 pesetas.
Fora da Peninsua 8'00
Númaro solto 0'70
Este boletín non publicará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
As chancas de Rosa (inédita), por Amador Villar Amor.
Pesos de réde e chumbeiras, por Tenente Alfonso do Paço.
Vidas non paralelas, por Ramón Otero Pedrayo (proseguimento).
Os homes, os feios as verbas, pol-a Redaución.
Reloxería ZENITH
MAQUINAS PARLANTES, DISCOS
AGULLAS e ACCEOSRIOS
M. CALVIÑO - Ourense
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711210.xml
Era branca no hourizonte como un navío. O pasar sobre Compostela sería negra coma un pesadelo. As letras xermanas compuñan ben na sombra do pinal: limpideza da cencia nas vilas sabeas e dinámicas da Alemania. Dend'as fiestras do Hespidal ollaríanse paisaxe d'aquil xeito. As augas corrían car'ô mar. Procuraban o Atrántico. Trás il a terra ceibe, sin cobas ilustres da Liberdade. Agora avergoñábase das falas ditas a Frolinda. ¡Ainda dubidaba seu ceibe esprito! Sería un home entre moitedumes novas. Xa lle custou traballo volver pra Sant Iago. Houbo unhas apertas de despedida, ús consellos de mestres, algún esconsolo nos doentes do Hespidal acostumados ó doce sorrir do Vilasantar, cecais un paseio pol-a noite guiado por unha fiestra alomeada. O novo médico faltou moitos anos da Galiza. Primeiro foi médico d'una compañía ingreza. Cofieceu os cocteles elegantes, as mulleres nervosas, o diñeiro correndo a regos, a sesta azul do trópico c'un cigarro caro e ouro no bolso. Fixo unhas frases diant'o fanal da estátua da Liberdade i-o rayolante New York, consoandose na noite c'unha borracheira de lus dos traballos forzados do dia. Ouviu sin inquietare frases aldraxantes pra Hespaña nos días da guerra de Cuba. Víu nos portos do Plata trens enteiriños volcándose na panza dos vapores. Lía moita filosofía centífica, estudaba tipos, compretaba i-especializaba a sua cultura. C'us aforros estivo na Alemania das maravillosas clínicas, do imperial «outillage» incomparabre. As veces un ulido de chán mollado, a curva soave d'un arco, unha graciosa montana trepada de piñeiros traguíalle unha lembranza da Galiza. Cecais d'aquila hora a Frolinda penduraba espigas d'ouro na solaina da casa. Non s'escribían nunca os irmaos. O Xacobe era cibdadán do mundo ordeado pol-a cencia, e paseiaba un misterio interior pol-os boulevards brilantes no empardecer das grandes ruas vencedoras da noite.
Unha mañán desembarcando en Amberes o Xacobe decatouse d'una cousa importante e tivo un sentimento de surpresa doorosa. ¿Onde fóra a sua mocidade? Us cartiños aforrados, us traxes ingrezes, moitos libros en varias língoas, unha fala esmaltada por
NÓS
todol-os acentos atránticos. Estaba o río coor de chumbo e viñan grosas nubens de outonía. O Xacobe pensaba ¿como vóu a pasar o inverno? E decideu a aventura do eterno femenino.
Ela era unha rusa, recríada en París, disimuladora da sinxeleza de bidueyro da raza con todol os afeites da cultura. Era tamén médica, odiaba ós Zares e o vodka e tiña encol do Sul ideas románticas e desprezativas. O Xacobe incomodábase cando ela lle chamaba «meu fidalgo español, meu D. Quixote» e o invitaba a facer unha escea de celos estilo Calderón. Puxeron unha clínica n'una pequena cibdade holandesa, Alkmaar, sonada pol-os seus queixos de bola. Soilo seus tídoos autorizaban á rusa pra exercer a meiciña. Ela era a dona, o Xacobe un axudante. ¿Porque me non adi: quei á optica un pouco filosófica ou á pintura? dicía ás veces Xacobe voltando d'apaseio pol-as beiras dos diques. No inverno un xigante cego de oceano disforme, de néboa e de chuvia figuraba comer a terra artificial ela mesma fixada apenas como un plasma frotante de cosmos no caos dos elementos. As severas fías d'albres, os faros, os pobos de coores coma lindos xoguetes, refrexábanse na fondura dos canales e parecían un ensoño entr'as augas do ceo e da terra. Demorados poentes afondados, esparexidos, afondados no curvo espello das olas na vibradoira tona-dos regos. O Xacobe coidaba vivir n'un barco, limpo, aseptico, seréo, no medeo da tempestade. Suas ideas de Liberdade e Progreso fóronse tamén refrexando, peneirando e afinando c'a esprenza dos homes, dos libros, dos pobos. Nos viaxes coñecera unha tona de supreficie d'abondo acordada c'as ideas que por contraste profesaba en Sant-Iago. O home ceibe, descansado de probremas d'eternidade pasando un vivir intelixente da millor maneira posibre. Todo estaba doadamente eispricado no positivismo coma si o século pra morrer pechara os ollos sin demandar mais lus, coma Goethe. «O século das luces remata» escribía Xacobe n'un coaderniño de notas «c'a soila lus da lámpara de Davis; si se ra” cha a camisa da lámpara deseguida estoupa a realidade». Ista nota databa do cerne do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711211.xml
NÓS
inverno. O Xacobe afondaba cada día n'un traballo interior, de meditazón. Por primeira vez sentía o esprito do século encarnado n'un ser: a muller con quen vivía, fermosa froita que non mataba a sede, sistemática con mais afirmacións que negacións. A veces asustábao pol-a ferocidade centífica das verbas que empregaba nas discusións, i-espertaba pol-a noite tremando do pesadelo de durmir preto da filosofía centífica en un volume encoadernado en branca pele impasibre. Os vellos mestres da pintura neerlandesa tan nenos e esprimentados, coma nadando nas orixes, o calcado esforzo d'un pobo que baixo o imperio da técnica precisa i-heróica pra vivir, lía a Biblia e tecia leendas antigas, as dúas individualidás sereamente apaxionadas, con diversa angustia, dé Rembrandt e Spinoza, foron criando en Xacobe unha yalma nova. O principio foi curiosidade, despoixa doorosa mecesidá, ó derradeiro gozo tímido, logo crecedeira sadisfaución, d'ir descubrindo seu verdadeiro esprito. Envolto nos fumes da pipa holandesa xa daba por ben empregada a morte de xuventude con tal de sacar d'aquil país a reconquista do seu ser primeiro. Sempre tiña na yalma un balbordo de mar. Quixen ceibarme pol os camiños do Atlántico, agora cecais o Atlántico me volva a Galiza». Pensaba moito nos paisaniños galegos qu'en Bós Aires nin xiquer quixera mirar. Na primaveira a rusa bulrouse d'il d'un xeito qu'o rompimento tivo que acontecer deseguida. A rusa provocouse un aborto. A cousa según ela non tiña a menor importancia. Mais cando o Xacobe lle volveu e espalda, soilo unha triste faciana de vencimento se refrexaba nos espellos da casa.
O Xacobe meteuse en calquer barco. O choque fora desmasiado forte. O barco levouno á Bretaña. St. Maló e St. Servain acolleron o médico galego unha fonda noite: luar encol de granitos fresqueiros com'os galegos. Na Bretaña apalpaba outra seguridade da raza c'un enorme sentido do mundo. Ollos verdes guiando as maus no tecido das redes. Os cregos aldeáns presidian folklóricas procisións arredor dos dólmenes coroados pol-a cruz. «Soilo falla unha pinguiña de Ribeiro ou un rayo do solpor xogando na
115
cunca do espadeiro» pensaba o antigo escolar de Fonseca. Dinantes de volver a ela o Xacobe levaba a Galiza na yalma.
Cando tomou terra na Coruña fuxía do encontro con antigos compañeiros que flaneaban pol-as rúas. Cenou n'unha taberna envolto na nova lediza da fala galega, e deseguida saíu a procurar unha tranquilidade interior. Xa nin dubidaba qu'o millor que fixera na vida fora o consello dado á Frolinda. Todol-os cotos estaban ledos de xestas e toxos en frol. Os penedos amusgados figuraban socegar ledamente do bailado a que foran invitados pol-a máxica vara d'un Merlín. O ventiño levián rañaba a contrapelo, como agasallando a un animal, a roiba superficie dos agros espigados, e nas carballeiras o cuco choutaba dos carballos agromados ós calados troncos espidos decindolle c'a sua frauta: «espertade petrucios, vinde á ronda da primaveira». Batialle o curazón ó Xacobe ó franquear o portal: había toradas de cástiñeiro de cerne branco baixo os pendellos, molladas de trebo na comedeira, pol-a solaina rubia unha presada de ácios coor de vals romántico, e corría, inxenuo e torpe, un becerriño marelo pol-a larganza do curro. O Xacobe apenas se demorou un día. Pasouse a noite en conversas de lembranzas. Tral'as portas estaba de fixo pendurado o tabardo do pai e na brancura das sabáns había un flebe recendo das mazás outonizas qu'a nai recollía c'as maus tremorosas d'un negro presentimento. O home da Frolinda saía ben cedo c'os bois pr'arada das nabeiras. Ela estaba feita unha socegada dona, nos ollos a serenidade das sazóns, e a concenza da caste fluíndo a través d'ela dos lonxanos orixes á nova agromada dos fillos. Non esdeñaba traballar a terra inda que millor fora a forza tranquía do fogar sempre acese vencedor das tebras nemigas. O Xacobe contento, cunha seguranza por fin na yalma, deixou a casa anterga e sin entrar en Sant-Iago, dispuxo unha xeira pol-a Galiza.
Pois Sant-Iago era pra il un problema non resolto. Dubidaba. Non podía enxergar craro. Disposto a orgaízar a sua vida encol d'unha «speciae aeternitatis», sin saber completamente como, entraba ledamente n'un
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711216.xml
me, o décimo dos descobertos deica hoxe na Galiza e o primeiro en localidade arredada da costa, de notabre orixinalidade pol a decoración de triángulos descoñecida nos outros galegos e difrente dos outros da Penínsoa. O enlace d'iste vaso non se pode procurar na meseta nin no Pirineu, sinón no Portugal do centro e c'a cerámica das Penhas (Guimaráens) e as Motas (Lobeira) respondendo a unha corrente de relación do val do Salas c'a terra de Guimaraens, Cuevillas inicia seu traballo c'unha certeira interpretación xeográfica da Limia e dos paises miñotos, cuia relación eisprica as caraiterísticas do vaso n.º 2 de Calvos perteñecente a un tipo local miñoto.
Rodrígues Lapa, O Texto das Cantigas d'Amigo. Separata da rev. A Lingua Portuguesa, Lisboa, 1930.
Un eruditisimo estudo encol da linguaxe das «Cántigas d'amigo» pubricadas con toda a honra de que son merecentes pol-o ilustre profesor Núñez. Rodrígues Lapa segue un criterio de fidelidade á grafía antiga, achegándose os orixes comús do galego e do portugués n'un tempo no que a nasalidade non tiña trunfado e fai atinados exempros de fidel reconstitución da lingua fermosa dos grandes líricos dos canzoneiros. Un estudo que coma todo vidal e básico, intresa tanto á gloriosa literatura portuguesa como ó coñecemento da nosa.
REVISTAS
Boletín de la Real Academia Gallega, Xaneiro de 1930.
Sumario: La Cruz procesional de Baamorto, Angel del Castillo. —Epígrafes medioevais da eireja de Ourazo, Fermín Bouza Brey.—D. Francisco M.ª de la Iglesia (apuntes para su biografía (conclusión), Fr. Gumersindo Placer López. — Un novo machado de talón de dous aneis, Florentino López Cuevillas. — Puentedeume y su comarca (apuntes históricos) Antonio Couceiro Freijomil.—«Hallazgo arqueológico».
A. del Castillo despoixa d'indicar algunhas das millores cruces galegas estuda a fror delisada con rica ornamentazón de Sta. María de Baamorto (Lemos) xuzgándoa do inicio da segunda metade do século XV. A eirexa de S. Pedro de Ourazo (Tabeirós) contén tres lápidas nas que F. Bouza lé a consagrazón, os fundadores e o autor material da obra, de cuia feitura románica non fican mais qu'os epígrafes estudados. Remata
NÓS
o P. Pracer López seu traballo en col de D. Francisco M.ª de la Iglesia, c'a vellez trunfante do patricio e sua morte na Cruña (1897) acompaña a bibliografía competente. F. Cuevillas trata c'a mestría n'il acostumado do machado de talón de dous aneis, atopado en Verducido (Lama), en terra de veciñanza entr'as Rías Baixas ricas n'istes achádegos e a bisbarra stamnífera do Suído e Testerio. Couceiro Freijomil descrebe os castelos de Moeche, Narahio, Villalba i-as eirexas de Betanzos (Sta. María, Santiago, S. Francisco), tratando de Fernán Pérez o Bóo. N'as «Noticias» A. del C. dá conta dos fermosos capiteles (inspirazón románica: vieiras, aves con froitas) atopadas no derribo do pazo d'Andrade en Pontesdeume: perteñeceron ó pateo d'honra do castelo e pazo de Fernán Pérez o Bóo.
AN OILED, Le Foyer Breton, 2.º trimestre 1930, Carhaix-Cournouaille.
Sumario: Skol Veur Barzed Breiz.—An Tad Doujabl Juluan Maner, gant Taldir. —Pipi'n Heri ha Kato Ravet, gant Berthon. — D'it va mam, gant Abgrall.—Beg-ar-Raz, gant Aël Kerisit —Y. Berthon:—Les Blancs et les Bleus de Bourgogne.—Mac Master Campbell:—La Renaissance du Gaélique écossais.—H. Dubois:—Une amourette de Héros (2.¢ acte).—Le Goff: —L’abbé Joachim Guillóme (suite) — A Morel:—La boulangerie bretonne (suite)—Lagadec: Les Vedettes de chez nous: C. Cotonnec.—Federation des Luttes.—Assamblée d'Armorica. —Echos et nouvelles. — Questions et reponses.—L'enseignement du breton obligatoire.—Bibliographie.—Le Roy:—La mort d'Abgrall.
Ives Berthon siñala con moitos datos e novas, as lembranzas étnicas, e hastra druidicas que s'atopan nas prácticas dos chamados «blanc» ou «bleus» d'algús pobos arredados da Borgoña. Inda que procedan do xannenismo ou da negativa a acoller os cregos concordatarios do 1801 formando a que se chamou «Pequena Eirexa» como depositaria d'antiga discipriña, gardan inspiraciós e costumes galas. O artigo de Mac Master Campbell é particularmente intresante: o gaélico, língoa da Eirexa de San Colomban, misturado co Picto indíxena, foi a língoa de Escocia deica o rei Malcolm Canmore cuia dona trouxo sua língoa ingleza apoiada pol-o clero inglés. No século XVIII o gaélico refuxiábase mais alá do río Tay: no século anterior apesares da presión adeministrativa o Sinodo d'Argyll traduxo as Santas Esquirturas ao gaélico. No XVIII, despois da batalla de Culloden, comenza o rexurdir:
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711219.xml
A hixiene dos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571126.xml
110
lado destes porém, como eles entre os seixos da costa, moito rolados pelas águas do mar, vi outros, talhados segundo o eixo maior e com idéntico rolamento ao dos picos asturienses que lhes ficavam ao lado.
Ao visitar con aquele distinto arqueologo a estacáo de Camposancos, em fins de Setembro deste ano, colhi dois pesos de réde, um talhado segundo o eixo maior e outro segundo o menor. Em Sta. Tecla colhi um pequenino trabalhado segundo o eixo menor e de igual técnica vi muitos no Museu da Sociedade Pró-Monte en La Guardia, provenientes da citánia. No castro de Oya colhi um já bastante gasto con talhe segundo o eixo maior. Em Viana do Castelo, o Sr. Serafim Neves, possuidor duma bela colecáo de antiguidades, tem mandado colher na Praia Norte, por ocasiáo da maré baixa, muitissimas dezenas d’eles, em forma de 8, todos muito bem conservados na salmoira do Atlántico fóra da acáo roladora das águas desde tempos remotissimos, tendo ainda as arestas bem defenidas, apenas levemente patinadas, sendo a sua colegáo aquálica de pesos de réde, juntamente com alguns milhares de picos asturienses, a mais perfeita que até hoge vi.
Depois disto e a pesar-de alguns casos esporádicos, parece me serem pesos de réde e chumbetras mais antigas as que tém a forma dum 8, como os pesos de lear dos castros. E” certo que a sua técnica náo sendo sugeita a moldes rigorosos, apresenta moitas variantes. Todavia creio poder estabelecer dois grupos diferentes de pesos de réde: uns talhados segundo 0 eixo menor, outros conforme o maior.
Nao me disseram os actuais pescadores de Carreco que empregavam nas rédes seixos talhados, mas os velhos de sessenta (de mais de sessenta anos de idade) ouviron falar aos seus avoengos do seu uso em tempos antigos. Um velho contudo, disse a alguem quando da minha primeira visita aquela estacáo em fins de Marco de 1929 e ao ver os pesos de réde que eu tinha colhido: —-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711220.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peñador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos d'augas minerás, Restaurans e vagós-camas de todol-os trés.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondariz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/115711212.xml
noviciado c'a espranza segura de sair d'il feito un mestre. Pra vivir estabreceuse n'un portiño mariñán das rías outas. Soilo a branca carretera costañenta cinguíao cruzando piñeirals e rubindo lombos de serra ás bisbarras labregas e montesías do interior. Todo o porto sugaba o vivir do Atrántico enorme e curvado n'hourizonte, duro e feiticeiro enseño pr'as azas dos barcos i os ollos da xente. Na praia os menos xogaban cos restos do naufraxio e unha lus quente, amiga dos loureiros e das laranxeiras ó abrigo consoaba da invernía contodoagardada c'unha especie de saudade. Xacobe tivo a súa casa de grandes salas avigadas, balcós barrocos con locentes bolas de vidro encol dos ferros e unha cociña antiga pra ouvir os contos dos mariñeiros. Namentras se non puxo de cheo ó traballo, pelingrinou moitos meses pol-a Galiza. Antigos compañeiros atopabano por camiños e ruas. E xa non ocultaba o seu noviciado redendor.
Da pé, c'un caxato na man i-o zurrón viaxeiro andivo os chaos lucenses, país de augas, ollandose nos illós, procurando ó lonxe as neves dos Picos. Así descobriu unha serán a cerca romana de Lugo e n'unha lus dubidosa considerou o Cristo románico. O mesmo Cristo, a virxe, os santiños do pobo, agardábano nos cruceiros das encrucilladas e nas eirexas de ouros locidores baixo a curva do arco trunfal das eirexas. Misturouse c'a grea latexante das feiras choutando dos bós froitos da terra e do traballo as historias dos cegos. Pisaba as veces algún anaco do camiño de Sant-lago e dinantes do outono baixaba ós vales ourensáns. A vendima aturuxaba no val do Avia. Unha enerxia poética, de creazón, facía madrugar o sol nos pazos i-enchía os logares de recenderes fortes. No Santos andivo pol-a costa de Vigo e Pontevedra. Os grandes paquebots, repousaban ó amparo das rías caladas n'un esprito estasiado. Pouco a pouco da terra artistica e lembradora foi xurdindo pr'o Xacobe a grande forza da Galiza. Xa s'astrevia a falar d'ela sin arrodeios. Convencido da eisistenza d'un esprito encoberto pol-as cousas fuxitivas consideraba que ningún país podía ter espranza de ceibar tanto esprito no mundo novo d'algún día, coma a Galiza qu'il
NÓS
descoñecera e aldraxara. «Tiven que negar pra que chegara a mín a verdadeira lus». Dicía istas cousas non coma vencido e resiñado sinón como trunfador seréo. Por iso tivo valor pra chegar a Sant-lago. Agora leía no alfabeto da Terra. Eran craros os pórticos e as rúas, os símbolos e as lembranzas, a vos das campanas e as augas do Sar, e por primeira ves desde neniño axionllouse diant'a coba do Apóstol.
Xa no porto adicado ó traballo con moitos libros, moitas espranzas e un gusto renovado cada mañán pol-o vivir, o Xacobe afíxose a escribir un diareo. De tello compreto sería un intresante documento psicolóxico e unha aportación á historia d'ise galeguismo calado que sin bulir na literatura, é unha das raíces da Galiza futura e a razón da fidalguía que pode presentar a Galiza presente. Mais poucos anacos quedan d'il e por mais non era moi grande pois todol-os Vilasantar, agás do indiano, morreron novos. Por fora foi a do Xacobe unha vida vulgar alternada de egoísmos de estudioso, e de esforzos caritativos, con algunha escura heroicidade de médico intelixente e sabido n'un pobo arredado. Tiña moitos libros e os seus íntemos aseguraban con certa inquetude que o doutor trazaba facer unha filosofía, nin mais nin menos, istromentando arredor da intuición poderosa e indiscutibre do ser da Galiza, todol-os temas d'unha cultura requintada, precisa pra darlle corpo e vida aparente a aquila primeira evidenza. Non debía andar lonxe dos libros de cabaleirías que produxeron a tolería do seu irmán Rosende por mais que nós non poidamos asegurar o feito de qu'o Xacobe gardara un maravilloso silenzo disciprinario e catártico despois das visitas que facía a certos piñeirales nas noites aluaradas. Tamén se dixo qu'algunhas veces estaba fora de sí e qu'un mariñeiro coñecedor coma ninguén das furnas dos roquedos e dos caprichos femeninos e terribres das mareas, non quixo levalo mais na sua barca desque unha serán lle pareceu qu'o médico atraguía o trebón decíndolle verbas de inspirado ó sol xa preto de sedeitar no mar. Nos pobos hai moitos contos. E por mais, cuáseque sempre o médico era home dado e alegre, amigo das larpeiradas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571129.xml
NÓS
gado do auntamento que chegaba moi o señorito n'un faco prestado, un chalán de gando de grosa carteira, e un rapaz lanzal, inocente com'un neno fillo de boa xente de petrucios da montana. Il nin xiquer s'astrevería a falarlle, e foi cabo d'ela mandado pol-os pais cubizosos d'unha boa nova pro seu herdeiro. Non pasaba da solaina dándolle voltas o chapeu e fixo rir a Frolinda. Contodo ela saíu a velo camiñar no seu faco pedrés car'a noite i-a montana e non podía esquecer a frol de bondade e mocidá sinxela que bailaba no ollar trasparente do rapaz. Seu deber ¿era gardal-a casa, seguir a caste, tomar estado? Un día decidéuse. Deixou a criada ben imposta no traballo e de mañanciña saíu c'o rapaz do gando e baixou á carreira. Montou no coche e ás poucas horas maravillada a cada volta da estrada, sentíase coberta pol-a sombra dos edificios de Sant-lago. Bulían greas d'estudantes e pasaban cregos de ollar esculcante e disimulado
Na casa d'hóspedes da Algalia a Frolinda agardaba polo Xacobe. Libros postos en táboas, revistas encol da mesa suxeitas con anacos de rocas recollidas nos paseos, i-o probe leito do estudioso. A rapaza deseguida s'afogou no espazo, pequeno, coadrado, lembrando os hourizontes da aldea galgados pol-o correr das nubens. Dend'a fiestra ollaba un anaco da rúa, por frente un vello chocolateiro asomaba o fuciño, c'a faciana páleda i-enrugada de non ver ó sol. Logo apareceu pol a esquina o Xacobe, mais outo, mais esguío. Traguía ús libros baixo o brazo e os rizos castaños chegabanll'o colo do gabán. Abrazáronse coma irmaos, o Xacobe pintouselle nos ollos un doce lembrar, i-a curiosidá de saber o porqué do viaxe da Frolinda. Comeron os dous no coartiño. Pol a tarde pasearon pol as ruas desertas e como chamados pol-o sólpor baixaron car'o río dos Sapos. Espertábase o coral das torres cando a irma falou: ela quería ser monxa, freiriña en Belvís. Si non fora tan tardeiro desexaría pasar baixo a sombra dos vellos muros. O Xacobe demorábase en respondere. Cavilando acendeu outro cigarro, e logo dixo detremiñado teimando pechar a emoción nas rápedas verbas: —Non, miña irma, meu consello endexamais te guiará
por ise camiño. Non coides que ch'o digo por impiedade. Sei respetar o estado relixioso. Mais considero a tua valente mocidade, e unha obriga que che ven da caste e da terra. Nosa xente desligouse dos eidos, meu pai, noso pai, non quería ouvir falar d'eles, e os eidos, as raíces, ficaron tristes. Cecais por aquil pecado veu a sorte doorosa de todos nós. Un irmao tolo, outro perdido além da mar, eu tamén perdido. Dentro dús días serei médico. Eu afogo n'ista vila de tumbas e musgo. Irei ganar a vida onde poida. Tí, Frolinda, es quen podes reconciliarnos c'a terra. Sei que tés un aldeán namorado de tí. Non creias que son istas palabras, palabras lixeiras. Xa o teño pensado e cavilado. Inza na aldea unha familia labrega. Non despreces a dobre chamada da terra e do sangue. E tí es mais da terra pol-o sangue labrego da tua nai. ¿Qué sería dos eidos, e da casa? Si ti deixaras a terra eu tería medo. Pois soilo por tí poderemos os Vilasantar ser perdoados algún día»...
O propio Xacobe estranábase das cousas que dixo. A roca subjacente da yalma xurdialle queiras que non, á frol do esprito. A Frolinda, a seguinte mañán dende o coche, xa non ollou pr'as pedras de Belvís. Na casa da aldea houbo unha canzón e o deixado xardín inzouse de novas roseiras.
O Xacobe ós poucos días saíu cediño pol-a Ferradura. Primadeira. As montanas descontra Noia eran azules como nas pinturas dos Primitivos, a nova lus afondaba o verdecer dos piñeirales, corrían ledos como pardaus os rapaces pr'a escola. O Xacobe alentaba con dificultade no aer desmasiado vivo. Un aer de despedida, de responsabilidade, de algo que se desfai e querendoo non é doce o desfacelo. Era médico. Tifia unha pequena e rexsa sona na Faculdade. Baixando pol-os camiños, cruzaba rueiros onde ó pé das probes casas terreñas ainda había inverno no chán mollado, nas rodeiras dos carros. Quería fuxir de Sant-lago. Logo desexaba enxoiteza pura d'un piñeiral. No bolso levaba un libro alemán. Esterricándose n'unha laxe coberta de pinica quixo ler. Unha fondura de ceo azul chamaba por il entr'as graves oxivas dos pinos. Europa. O Mundo. Unha nube viña do mar de Europa.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571125.xml
NÓS
Jalhay um estudo do Castro que existe junto da povoação de Santa Maria de Oya (Pontevedra) (1) falando nos de pesos de rede em quartzite que no mesmo encontrou.
Ainda em 1927 D. Julián Lopes refere a abundância destes seixos rolados com duas chanfraduras laterais, *poutadiñas*, nas estações pré-históricas da Galiza (2).
Em 1928 o mesmo Rev. P. Jalhay ao descrever a sua «Estação Asturiense de La Guardia (Galiza)» (3) diz ter encontrado entre os picos asturienses cinco pesos de rede formados de calhaus rolados com duas chanfraduras laterais (4). Era a primeira vez que estes pesos apareciam em estações asturienses da península.
Ainda nesse ano o Sr. Dr. Ruy de Serpa Pinto assinalou a sua existência na estação asturiense de Âncora (5), dando o desenho de sete, todos talhados «com dois chanfros nas extremidades do diâmetro menor» do seixo rolado, como todos os pesos de rede e de tear até então descritos. Um deles, facto curioso, foi encontrado nas escavações para os alicerces duma casa.
Em 1929 o Sr. Abel Viana publicava na «Estação Asturiense de Areosa-Viana do Castelo» (6) uma série de desenhos de pesos de rede, fazendo nas suas considerações destacar três tipos, dos quais os dois últimos se podem agrupar num só. Uns, talhados em «seixos alongados, de contorno ovalado ou elipsoidal»; outros, «menos oblongos». Nuns as chanfraduras interessam apenas uma das faces; noutros as duas. Aqui os cortes são «perpendiculares ou proximamente perpendiculares ao plano dos faces e paralelos ao eixo maior»; ali, extraiu-se uma grande lasca «de cada um dos lados opostos» (1).
Ao segundo tipo pertencem as *chumbeiras* do congro usadas na pesca pelas gentes do mar, segundo refere o mesmo autor.
Contemporaneamente a esta publicação do Sr. Abel Viana, saía na NÓS um trabalho do Sr. D. Manuel Fernández Costas (2) descrevendo outros locais em que foi encontrado asturiense na costa galega, não muito longe de La Guardia. Também aí é abordado o problema dos pesos de rede, as *poutadas* da «Xente de mar da bisbarra d'A Guardia», que divide em dois grupos: *poutadas grandes* e *poutadiñas*. Para este arqueólogo, *poutadas grandes* são os pesos de rede, usando-se as *poutadiñas* na pesca à linha.
O facto de aparecerem pesos de rede nas citanias do interior (onde têm o nome de pesos de tear) não quer dizer, para este autor, que se usassem apenas nos teares, mas podiam também ser-lo nas redes de pesca fluvial (3).
Na estação asturiense de Carreço (4) também encontrei exemplares de pesos de rede de diferentes tamanhos e de todos os talhes até agora descritos em estações congéneres, não querendo isto dizer que sejam asturienses todos os pesos de rede encontrados naquela estação. Será porém muito difícil destrinçar os exemplares mais antigos dos mais modernos.
Ao cortar nesta estação com o Reverendo P. Jalhay uma camada de terra onde estão sepultados calhaus rolados entre os quais aparecem picos asturienses, encontrei um peso de rede em forma de 8, isto é, talhado segundo o eixo menor. Sobre esta camada de terra com seixos assenta a dura que cobre algumas partes da costa Atlântica entre Minho e Lima. Por baixo ficam as terras negras que se vêem em toda a costa. Noutros sítios encontrei alguns pesos bastante gastos, de igual talhe e dimensões variáveis. Ao
(1) Op. cit. Pág. 23.
(2) Manuel Fernández Costas, «As indústrias líticas d'AGuardia» Sep. de NÓS, A Coruña 1929, Pág. 11.
(3) Op. cit. fig. 11.
(4) Tenente Afonso do Paço, «Estação asturiense de Carreço» in Brotéria, Março e Abril de 1929.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571124.xml
NÓS
108
PESOS DE REDE E CHUMBEIRAS (1)
A questão dos pesos de rede que agora as chumbbeiras me parece virem complicar, não será de fácil solução e oxalá eu me engane.
Não venho aqui fazer sobre eles, largo estudo, mas apenas dizer alguma coisa do que sobre tal assunto há em Portugal e nos nossos vizinhos de Além-Minho (não ultrapassando a actual casa do noviciado dos Jesuítas portugueses em Santa Maria la Real de Oya), juntando uns pequenos elementos que colhi no verão deste ano por aquelas terras.
O seu estudo quer como pesos de rede, quer como pesos de tear, de há muito foi iniciado na arqueologia portuguesa e galega.
Em 1907 publicara a «Revista de Guimarães» (2) que, por ocasião de escavações feitas em Sabroso por Martins Sarmento no ano de 1878 (15 de junho), apareceram juntas quase no meio da «casa dobrada», «umas trinta pedras ovais com dois vergões laterais», tendo já aparecido outras mais ou menos dispersas. Não se lhes atribuiu utilização, diz-se que «são de granito e não seixo propriamente dito» e chatas.
Santos Rocha (3) e Belchior da Cruz (4) falaram-nos também na «Portugália» de pesos de rede e de tear, mas de cerâmica, e não de granito ou quartzite.
O Sr. Dr. Félix Alves Pereira encontrou em 1906 na estação do Alto da Pena Cova (Arcos do Val de Vez), ainda inédita (5), to-
(1) Este estudo fazia parte do meu pequeno trabalho: «Estação asturiense de Carreço» publicado na «Brotéria» Vol. X, Fasc. III e IV (Lisboa Março e Abril de 1930). Publica-se aqui separadamente para não tornar aquele demasiado longo numa revista cujo índole não é absolutamente arqueológica.
(2) Martins Sarmento—«Materiais para arqueologia do concelho de Guimarães»—«Revista de Guimarães» Vol. XXIV, página 115.
(3) Santos Rocha, «Estações pré-romanas da idade do ferro nas vizinhanças da Figueira» «Portugália» Vol. II. Est. XXVIII fig. 249 ss.
(4) Belchior da Cruz, «Pesos de tear», «Portugália» Vol. I página 378.
(5) A notícia desta estação foi dada pelo Sr. Dr. Félix Alves Pereira na semana de Arqueologia Pré-histórica da Associação dos Arqueólogos Portugueses de 13 de Março de 1930.
Em 1916 publicou o Sr. Dr. Joaquim Fontes a estação de S. Julião (2), onde nos descreve e apresenta alguns pesos de tear graníticos, com a forma dos pesos de rede de quartzite.
Em 28 de Março de 1925 realizou este distinto prehistoriador na Associação dos Arqueólogos Portugueses uma conferência com o título «Uma excursão arqueológica à Galiza» (3) onde disse que encontrou muitos dos chamados «pesos de tear ou de rede—pequeno seixo rolado e achatado a que a meio se fez duas chanfraduras em cada um dos seus bordos», os quais abundam no «monte de Sta. Tecla como na sua falda junto à margem do Minho» (4).
Poderiam os do monte, diz o referido autor, servir para os teares, mas os encontrados em baixo, talvez para pescadores, «posto que nenhuma distinção morfológica exista entre eles». O Rev. P. Luísier, notável briólogo do colégio dos Jesuítas portugueses em El Pasaje (La Guardia), noticiou em carta ao Sr. Dr. J. Fontes, que no concheiro de Camposancos —sito na falda do monte de Sta. Tecla e que providencialmente foi posto a descoberto quando da construção de uma estrada— encontrou um dos tais pesos de rede que em muito vem apoiar a sua utilização nas redes de pesca (5).
Em 1927 publicou o Rev. P. Eugénio
(1) Joaquim Fontes, «La Station de S. Julián» aux environs de Caldelas», Sep. do «Bulletin de la Société Portugaise des Sciences Naturelles», Tome VII, Lisbonne 1916, pág. 5.
(2) Idem, Idem.
(3) Joaquim Fontes, «Uma excursão arqueológica a Galiza» «Arqueologia e História», Vol. V, pág. 56-57, Lisboa, 1928. (Este estudo saiu em separata em 1927).
(4) Op. cit. pág. 56.
(5) Op. cit. pág. 57.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/39/391f/391fd6f7-8270-41de-865c-39e294ab8a31/11571127.xml
NÓS
graúdo como o «congro», denominado por isso de chumbeiras do congro. (Fig. 3)
Para o seu fabrico, disseram-me ainda, empregam de preferência seixos quentes do sol, que são muito mais fáceis de trabalhar, pois com os frios «entra se» muito dificilmente.
Vi muitas chumbeiras modernas, quer espalhadas pela costa, quer na posse dos pescadores, e todas elas eram talhadas nos topos, isto é, segundo o eixo maior.
Encontrei como atrás disse, alguns destes objectos em forma de 8 de tão pequenas dimensões (Fig. 6), que outra aplicação não podiam ter que a de serem usados na pesca à linha, mas o seu talhe lateral difere do das chumbeiras d’hoge. (Fig. 1, 2 e 3)
A Fig. 6 pelas suas dimensões: 0,045 X 0,025 X 0,015 m. é uma chumbeira.
Passando a descrição de algum deste material deixarei em branco os pesos de rede em forma de 8, iguais a tantos outros de que se tem falado nos estudos acima citados.
A Fig. 1 é dum exemplar de fabrico recente, e uma das chumbeiras usadas na pesca da «lucinha». A sua técnica é simples: extração de uma lasca em cada topo, quase horizontalmente, afectando as duas faces. Tem as seguintes dimensões: 0,055 X 0,042 X 0,014 m.
A Fig. 2, de quase igual técnica, tem dimensões um pouco maiores: 0,072 X 0,063 X 0,022 m. É uma chumbeira da faneca.
Numa progressão crescente a Fig. 3 é um pouco mais trabalhada que as antecedentes e uma chumbeira do congro. Dela se extraíram quatro lascas, duas em cada topo, sendo uma para cada face. Mais profundas que as das figuras anteriores, quase atingem o meio do seixo. Não é este um exemplar muito recente, pois foi encontrado a cerca de um metro de profundidade, nas escavações, para os alicerces de uma casa, junto da estação do Caminho de ferro. Mede: 0,095 X 0,082 X 0,033 m.
A Fig. 4, duma técnica muito semelhante à anterior, é talhado num seixo alongado, tendo apenas a mais a extração duma lasca no meio duma das faces. É de fabrico recente e uma chumbeira do congro.
A Fig. 5 é de talhe muito mais simples. Trabalhada num seixo oval, apenas lhe extraíram uma lasca em cada topo, ambas voltadas para a mesma face do calhau. Noutros exemplares que aqui não vão representados tem esta técnica uma pequena variante: a lasca dum topo é extraída para uma face do calhau, enquanto que a do outro o é para a face oposta.
Informa-me o Rev. P. Jalhay que está em preparação um trabalho do Sr. Manuel Fernandez Costas sobre pesos de rede. Esperando que o ilustre arqueólogo resolva o assunto ou sobre ele nos traga grandes conhecimentos, faço votos por um feliz êxito da sua obra, pois apenas pretendo neste simples capítulo (1) esclarecer o problema na medida dos elementos que hoje possuo, e que bem poucos são. (2)
Tenente AFONSO DO PAÇO
Estoril, Outubro de 1929.
(1) Este estudo era, como disse, um capítulo da «Estação Asturiense de Carreço»—«Brotéria»—Março e Abril de 1930.
(2) Desenhos da Exma. Sr.ª Dr.ª D.ª Maria João Lopes do Paço
N. da I.—Por não se ter recebido do fotograbador, as ilustrações do presente trabalho, irão no próximo número.
Vai aparecer
ARREDOR DE SÍ
Novela, por Ramón Otero Pedrayo.