https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/11571217.xml
NÓS
A Delfina seguíu trasfegando a unhas botellas poliédricas que gardaban etiquetas de anisados o licor-café oleoso e lixoso dunha xerra panzuda. Disfroitaba n-aquiles momentos da soedá da casa, sentindose máis raíña que nunca, tral-o mostrador de carballa rexa, remendado con folla de lata; entr-as pipas de viño, postas como morteiros de guerra, sobre pés cruzados, os caixós de tabaco, libritos e fósforos, as medidas de capacidade pra os líquidos, os estantes onde se ordeaban un mundo de cousas crasificadas cun incoscente criterio decorativo: os paquetes de velas luxo das veladas longas, das aldeias, os botes de especies locindo etiquetas de violentos coores, as botellas tráxicas, de borracheira de pesadelo i-asesinato do rhón, as inocentes de anises cas suas paixases xiadas do norte, o muiñiño nigromántico do café, as libras do chiculate postas coma volumes ou ladrillos, as probes pastas da sopa, os carteles das compañías de navigación, as baterías de Skodas das graciosas, a pipa poderosa do aceite, a branca malenconía do sal. Mais, na tenda, non soilo se despachaban adxetivos i-epitetos de comer, beber i-arder, ademáis do verbo do vifio i-aceite. No escaparate soñaban, coma nun aquarium, roxas langostas, comprexas e finas, grandes pescados decorativos, de pintura veneciana, e todo o que Deus criou no mar, na mariña e na montana: queixos frescos bós, amigos das camiñatas; perdices coor de serra, con solpor no colo, untos coma panzas; ristras de chourizos, rosarios das devociós pantagruélicas, esfolados años virxinás de gosto primadeiral, cachuchas de fociño curioso, orellas acenando pol-a gula, poderosas, feias e inquedantes com'os monstros do Pórtico da Groria compostelán; xamóns pendurados, trofeu das campañas do inverno, consolo da vista, lembranza da lareira cheia i-afumada. Todal-as sazóns da campia, todal-as sazéns do mar e da praia sucedianse, conforme o decorrer do Zodiaco, no escaparate, rei da rúa encostada, laxeada e resoante. A casa, grande, cómoda, esparramada, tiña renchente escaleira, grandes habitacións avigadas, con fiestras verdes, i-as da parte traseira, un espaciado balcón de pau sobr'a horta mol, i-a paisaxe dos mon-
101
tes, i-un chisco de mar folgado en areials marelos, cinguidos por fatos de piñeirás.
O novo hóspede —D. Lionardo— chegou xa tardeiro na serán chuviñenta d’outono. Viña mollado, i-a esguía figura, apoiada n'un caxato, cruzóu entr’as mesas dos bebedores na taberna. Xa no coarto, D. Lionardo, sin dar luz, deitouse no leito. Disfroitaba ca loita das patas d'araña da choiva, teimando agarrar nos vidros a derradeira mariposa, lucente i-asentada, do día. Pelexaban n’il dous xéneros de impresiós: paisaxes e xentes espranzadas, un esforzo aldeán, un ensoño de vaguedás e confianzas de barcos con visións de malícia labrega, porcallada voluntaria de xentes e d'ideias. O casino, o xuzgado, o palco da música, os señoritos, o viño, a augardente. Forzas iguás que o afundiron n'un morno equilibrio: ¿Sempre será así miña Galicia?, pensaba. «Terei que refuxiarme no narcisismo e na torre de marfim?» Había libros encol da mesa, coartillas brancas, unhas cartas de letra e posta lonxana. As mans da noite, pesábanlle nos hombreiros, afundindoo n’un desespero tran-. quío, xa preto da renunciación. Se non astrevía á confesarse derrotado, e por fuxir d'ista urxencia, agardaba con ansias a hora de cear apesares da sua timideza.
Abaixo, os hóspedes tomaban a chiquita con amigos da vila. Pequenos curiales, amigos de debullar unhas latas de conservas, regando con viño as mormuracións d'escribanía; señoritos irónecos, a forza de se decatar, sin valor e sin forza; comisionistas cantarruxando anacos de couplets destinxidos, de parva canalleria. Outros, ali preto no casino, comprian o deber de lér os xornás desérticos i-espifientos da provincia, ou cos dedos i-os beizos lixados pol-o cigarro amargo, xogaban 0 dominó i-as cartas. As fiestras, outas ou baixas, na noite, deixaban traslocir, cada unha, o seu pesadelo diant'o inverno. Na vila, d'aquila hora, soilo había dúas cousas nobres e puras: un balbordo de mar i-algunha cantiga mariñeira no peiráo, no pantásteco arboredo dos palos dos barcos.
No comedor dispuxéronse, arredor da longa mesa, os fixos i-os de paso. O notario rosmaba ca criada porque lle cambiaran a servilleta. Il ben cofiecia a impresión dos
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157121&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712123.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades
meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/11571214.xml
PERSPEITIVISMO ESPRITO E LÍNGUA
POR MANUEL LESTEIRO
No ensaio que segue un iletrado—come cacahuetes, vai a «galifieiro»—trata de por ó alcance de todal-as intelixencias a metafísica do idioma. Ten iste atrevimento porque decatándose da importancia de faguer compreendel-o problema, cree lealmente que ningún como un non metafísico pode falar ós non metafísicos. E il n-istas custións da yalma—da psique, como din os que entenden—pálpase moi cativivo.
Intenta chegar á comprensión mediante unha chea de conceitos vulgares e de tres ou catro pensamentos de HOMES, que n-istes derradeiros tempos áchanse con valor casi dogmático, debido á súa meridiana craridade. Istes pensamentos principaes van en maiúscula. Como aquelas vulgares novelas que teñen dous tidos con «ou» no meio, o meu ensaio tidoaráse: *Perspeitivismo, esprito e lingua ou Lingua, esprito e perspeitivismo*.
goberna os nosos autos con eiscrusión, na mórparte, da nosa vountade, vanse sedimentando e van formando os rasgos psicolóxicos, o contorno da yalma do individuo, i-eisí como o seu fillo herda a súa sangue boa ou ruín i-aquil parecido físico máis ou menos completo que se chama «aire de familia», recibe tamén en gran parte todas aquelas olladas en col do universo, isto que se chama fondo ancestral, ou incoscencia.
A «supra-individualidade do incoscente». O INCOSCENTE INFORMA OS NOSOS AITOS SEN QUE APERCIBAMOS A SUA INFRUENCIA MAIS QUE EN MÍNIMA PARTE.
O incoscente é un caudal de modalidades, facultades, aititudes, defeitos... que acumúlase en nós por herencia dos nosos pais, sóbor da que iles recebiron dos seus abós i-eisí en retrogresión. É o fondo ancestral que produce unha esencial diferenciación nos caracteres dos pobos, constituindo os rasgos de cada «nacionalidade». Ollade istas diferenças marcadas de carácter entre galegos, cataláns, casteláns, andaluces...
Falemos do «perspeitivismo». Asegún a contestura espiritual de cada un, asegún o circo vizoso das súas costumes, asegún a súa situación xeográfica, crima e máis elementos que circundan e forman ó individuo —no senso ampro de individualidade nacional—CADA INDIVIDO OLLA O UNIVERSO DENDE UN ÁNGULO PARTICOAR.
As infindas impresións, ouservacións, pensamentos, todos istes elementos que se chaman «esprito» e que forman o incoscente que áchase en nós i-é superior a nós, que
O conxunto de impresións coscentes que van sumarse no fondo espiritual incoscente que é a modalidade peculiar de cada raza áchase constituído primordialmente en col dos pensamentos á que dan lugar isas impresións coscentes. Agora ben, non hai impresión coscente, non hai pensamento, namentras non se formula en verbas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712124.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAYTRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinado
Véndese en todul-as
Boticas, Droguerías,
Hotels,
Depósitos d'augas
minerás,
Restaurans e
vagós-camas de
todol-os trás.
Estas augas, de sona universal son
o remedio enxebre e eficacísimo
cand'un quer combater o Artritismo,
a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades
diversas, doenzas do Aparello dixes-
tivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
——— gaseada naturalmente ———
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712122.xml
Apareceu o volume I da "Biblioteca Murguía"
DE ESTO Y DE LO OTRO
por Roberto Blanco Torres.
Pedidos a NÓS - Hortas, 20 - SANTIAGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os establecementos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
O movimento demóstrase andando...
O galeguismo léndo as pubricazóns NÓS
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157121&posicion=8
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/11571215.xml
NÓS
Sabedel-o tinte que o lingoaxe dona a cada pensamento e tendes notado A CORRESPONDENCIA ENORME ANTRE VERBA E IDEIA, a tal punto que se dí que falar é pensar en voz outa e pensar é falar pra un. As verbas formulan os pensamentos, i-os pensamentos en troques desespéranse pra arranxar as verbas, as silabas, os sonidos, de xeito que estereotipen a súa xenuina faciana. O pensamento toma espresións idiomáticas axustadas a un peculiar estado de esprito, que renace no emprego d-istas espresións, por iso non hai boa poesía traducida, e as frases célebres teñen mellor substancia na salsa do propio idioma.
Un idioma está cheo d-istas «espresiónsestados-de-esprito». Un idioma é unha lente que recolle no seu foco todal-as impresións dun pobo, dunha nación, en col do panorama dos séculos. Lente á cuio través ise pobo seguirá contemprando a súa circunstancia, ó seu arredor, asegún o feixe de lus que isa lente dona.
Un espellismo epidémico. Pero iste nome «verba» adoece do espellismo que ingana ós homes, sufre da máxica de ter unha definición no dicionario: a verba non ten eisistencia individoal, unha morca de verbas tirada á repañota non é ren. A verba non cisiste, é a revertencia do esprito, a súa manifestación eisterna. A verba é a emerxencia do esprito á superfice material. A VERBA É ESPRITO, é pensamento, é incoscente, é «supraindividoal». Medra e remanece arredada e frecoentementes «contra» das academias que queren domeñala i-encarrilala, como manifestación que é do pensamento, sobr'o que o noso dominio é tamén moi limitado. Aproveitade un d-ises momentos en que o pensamento traballa, progrede ó voso pesar, pra decatarvos de que o centro dos vosos pensamentos non sodes vós mesmos, que non xira en torno á cativa cúspide da vosa vountade mais que n-unha mínima parte; estades pensando, a vosa maxinación vai á deriva no balbordo d-unha incoscencia formada pol-a circunstancia que vos rodea, pol-a vosa herencia espritoal, e cuio vórtice
99
é o fondo ancestral do pobo a que pertscedes, que ó seu turno xira en torno á un centro: a Humanidade.
Non pasáchedes ainda por un d-ises momentos en que o esprito «se desmanda»? Veleiquí o exempro do alquimista que tendo a fórmula «infalibre» pra faguer ouro non poido conseguilo porque o que fla dira adevirtíulle que non lle salería ben se pensaba n-un oso branco namentras a faguía.
Fixádevos en que iste fondo ancestral é un libro de contabilidade no que non hai páxina compreta se non recolle o «suma e sigue» da anterior.
Polémica. «Boh!—dirán moitos—as diferenças de matiz antre galego e castelán, por exempro, son ben liviáns. Non me parez que o esprito perda ren eispresándoo n-unha ou n-outra língoa». O matiz... Qué boa verbal Eu vín unha pintura no que o bermello e o marelo daban matices máxicos á unha posta de sol, pero vín tamén un mamarracho de cadro no que ises coores mesmos querendo representar outra posta de sol, semellaban mais ben un ovo frito con salsa de tomate.
Se queremos vivir a nosa integral persoalidade, se queremos dispor do noso ceibe esprito (hoxe hipotecados por unha língoa e unha estructuración estatal alleas) «temos de aceutar o noso propio destiño» (drama noso, intrasferibre, no esceario da vida) recollendo o «suma e sigue» do fondo espritoal do noso pobo, do que non podemos arredarnos sen perda.
Dixo Goethe: «SÓ ANTRE TODOL-OS HOMES CHEGA A SER VIVIDA A HUMANIDADE». Percibámol-o seu siñificado de home-persoalidade.
A nosa persoalidade é a céltiga, atlántica, espritoal, xeórxica, humán profundamentes, humanamentes aristocrática. Ninguén ten dreito á atacala nen á negala, pero inda mais, temol-a responsabilidade hestórica, cósmica, de conservala e desenvolvela, Ren
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712110.xml
NÓS
104
rado d'espantos pol-o telegrafista, que non lle quixera cursar un parte, comunicando a nova ó Goberno civil, axuntou ás forzas vivas. O crego, os médicos, o boticario, o mestre, diron seus informes verbales un pouco confusos, i-o do boticario, home sospeitoso de nigromancia, deixando marxe a total-as interpretacións. Resultado da reunión foi o avanzamento do sarxento da Guardia civil, do de Carabineiros e do xefe dos villeus, en grande uniforme e andadura marcial pr'a pousada da Delfina: a sirena non se suxeita ás leis nin siquer á xurisdición do comandante da Marina. É, en certo modo, cousa dos homes da mar e ten dereito a s'enamorare cando queira. Mail-os tres, co oficio do alcalde i-a autorización do xuez, domeando a resistencia da Delfina, entraron na pousada e petaron, un pouco páledos, na porta de D. Lionardo. Fóra quedaba a enorme emoción da xente, todol-os oficios parados, baixo a chuvia terca do inverno.
Pouco durou a agarda. Abrindo calle pol-a xente sairon os tres uniformes i-un trono de mil voces saludou a aparición de don Lionardo e da sirena collida do seu brazo: loiros e crarifios os cabelos s'añudaban nun rodete sobr'o colo branquísimo e facían un pórtico oxival alongado pol-a raia ó medeo, a fronte, o doce dibuxo da cariña na que ardía a tranquía lus verde dos grandes ollos socegados e fondos; un impermeable, como d'algas mariñas, cobría e moldeaba un corpo lanzal i-apoiaba a man engantada n'un bastón craro de puño de marfin. O berro transformabase en aprauso pechado que xa invadía a praza dos arcos dinantes de chegaren os dous ó consistorio. Mil ollos asombrados procuraban a cauda e soilo atopaban o andar grave e firme dos pés calzados de fortes botinas de sport. Indefrente á chuvia camiñaba cun ollar lonxano. Non s'apagaran os aprausos cand'os dous xurdiron no balcón do Auntamento. D. Lionardo fixo un gran ademán pedindo silencio e falou:
«Meus veciños! Éu non sei si esta muller que vos presento é ou non a sirena dos mares. Éu faleille en terras afastadas, máis aló do circo polar ond'as augas carrexan centileantes icebergs i-o sol brila no horixonte ás doce da noite do verán. Ó falárlle e procurala pensaba nista probe terra de Galicia. Éu quíxena redimir da sua miseria moral mais pra elo non tiña forzas. Precisaba o apoio d'unha fada ou sirena do norte frío, do norte puro, sempre novo e purificador. Ela escoitou meus rogos e ven cabo de min. Somos esposa i-esposo. Imos vivir no pazo da Mirteira non pra folgar na baixeza dos señoritos sinon pra loitar pol-a felicidade da montaña e da mariña. Ent'ros dous daremosvos a forma d'un novo vivir. Guiaremos i-aconsellaremos o labrego i-o mariñeiro, teimaremos ceibar a vila das máis costumes noxentas i-envilecedoras. Cecáis agora non comprendades ó que vos quero dicir. Xa o veredes andando o tempo i-o exempro noso. É preciso que n'ista terra brile tamén o sol da medea noitel»
«¡Viva a Sirenal ¡Viva a Sirenal!» cramaba a vos infinda do pobo.
O certo é que dend'aquila noite trocarónse moito as maneiras da vila. Os señores da Mirteira baixan i-ensiñan sports novos, fán e dirixen escolas, tran confrenciantes, aconsellan outros tipos de vivenda, imprimen seu ronsel nos mariñeiros e nas industrias do mar e do agro. Pra xente do mar ela segue sendo a sirena, i-un fato de rapaces que xa bulen moito presentan a candidatura do señorito da Mirteira, pr'as proisimas eleccións de Diputados.
Romantismo, Saudade, Sentimento da Raza e da Terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Ponal
ACABA DE APARECER ISTE NOVO LIBRO DE RAMÓN OTERO PEDRAYO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712116.xml
110
sei si outras cousas... Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín «contaban os vellos».
A xa nomeada carretera que vay pra Xinzo, un Km. despóis de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Laguna Antela) e crúzaya n’unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued’a veiga de Couso, e a esquerda empeza a extenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despóis a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sin límites señalados e fixos.
Perpendicular a carretera (e por tanto na mayor extensión) exténdes’a «ría» (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontínuos) n’éla hay unha especie de xuncos chamados «o vión» que moito e segado e traido pra votar na corte e faguer esterco, y’encanto está na Veiga cómeno as vacas. Esta «ría», que no inverno ocupa casi tod’a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando só algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, «o Cabo d’Arriba» (N.) e «o Cabo d'Abaixo»; éste tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertenece co «Cabo d'Arriba» os pobos indicados, e o S. pertenece a Xinzo, Barouzás, Morgade, Pena...
Desde xempre, o vir a primaveira, que vai quedando reducid’o domiño das augas, mantén bos rebaños d'ovellas e alí pacen tamén tod’o día as vacas dos veciños que se adican a labregos, como é de supoñer, todos de quitad’o cura y’o maestro. Antes había tamén moitas bestas e boas «a herba d'a Veiga faille moito ben a besta»; pero, hoxe ise número xa é ben máis pequeno y’está diminuindo, debido a que as mulas y’os cabalos non defenden por'o baixo precio que teñen na feira.
Tod’arredor, o pobo está bordeado de terra labrada, onde se dan boas cosechas de centeo, navos, algún millo e principalmente patacas qu’é a fartura do país.
A xente, con respeuto a estatura presenta moita variedade, e non se pode con facilidá precisar que tipo é o que predomina, pero en homes según as Estadísticas de Quintas a altura media é de unhos 1'62 m., e o diámetro torácico por regla xeral moi desenvolvido. En xeral é robusta, y'en canto a outros detalles físicos non s'alcontran diferencias c’os especifiquen, en conxunto nin soparadamente, pois por exemplo hay certo predomiño do pelo negro sin embargo tamén hay quen'o ten rubio; e non s'alcontra en ningún caráter un tipo de xente ben definido, o principal caráter é a variedade.
Os nomes máis frecuentes son: José, Manuel, Antonio, Juanito; María, Dolores, Carmen, Isabel, Josefa, Ana M.ª..., sin que ésto queira dicir que non apareza un Cesáreo, Ramón ou Luís; son contados os que pronuncian istes nomes de distinta forma que s'escriben ou din corrientemente...
Os apellidos máis comús son: Manso, Morales, Méndez, Rodríguez, Blanco, Colmenero, Santana, Rivas, Rivero, Fernández, Vences, Lamas, Dios, Quintas, Feijóo, Carnero, Moreiras, Conde, Cabrera, García, Trayeso...
En canto os motes (Lobeira, Curcumba, Carrañolo, Caipira, Cachimbo, Camaretas, Casamira, Vangallas, Escarumba, Perico, Lamela, Muñeco, Matatús, Peneireiro, Paxaro, Liso, Grilo, Chatoleiro, Pateiro, Arañón...); proveñen xa d'herencia (Lobeira, Carteiro...), todos pasan de pais a fillos e d'istes os seus etc., xa do tipo (Pineireiro, tipo alto e delgado; Carrañolo de Carrancholo, por ter unha perna máis pequena que outra); outros proveñen do nome (Liso de Elisa; Vangallas de Evangelista; «iste foi un día traballar e a filla chegou algo tarde pr'axudarlle entonces rifáballe («ei condanada eiche de por n'un talleir'o pescozo; y'a muller qu'estaba oindo todo verráballe «jay Vanguelista se lle tocas a rapaz'afógotel» y'así de Evangelista proven Vangallas.
Cando viñeron os franceses aterrorizaban a xente pois o aprouximarse foron poñerlle carros, paus, cancelas, pedras, etc. na carretera antes do pobo pra impedirlles o paso; e abandoaron as casas e foron pras touzas ou pro monte levand’o que podían, pois os franceses entraban as casas e comían o que alcontraban y’os cabalos púñanos a comer nas arcas do grau; o pasaren pra Portugal decían «España está vencida e Portugal é un soplo»; pero cando foron
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712118.xml
controu na casa a enferma y'a nai solas; ésta tampouco sabía ren dos rescritos e díxolles «que puxesen os rescritos» pero como a muller (nai da rapaza) non sabía nada desculpouse, mais a bruxa anqu’era en casa allea foi dar direutamente cos rescritos a ucha, puxéronllos e sanou»...
«Un cura viña d'unha vez d'un enterro e xa era noite; no camiño viu estar as bruxas lavando n’un tanque, y'ouservou que unha ergueull’os cestos a todas e despóis dixo, «y’agora quén m'ergue a mín»: entonces o crego verroulle «eu ch’erguerei bruxa dos demonios»; tan pronto dixo ésto marcharon tras dil e foron curre, curre, curre... y’o chegar ond'había unha capilla e outras quedaron abaixo, y'empezaron a tirar con il de baixo pr'arriba, e de riba pr’abaixo... hasta que o deixaron de tal forma que morreu o cabo de tres días»...
«Outra vez era un que viña de Xinzo co carro sin nada; meteuse na noite, y'o chegar a Veiga metéronlle os facheiros nos ollos, desencaváronll'o carro e fixéronll'escapar os bois co chedeiro sin o rodeiro, que o tiveron qu’ir buscar o día seguinte...»
Lobos xa fai tempo que non'os hay; sin embarg'os vellos contan casos e pasaxes que lles ocurriron a éles tal como cando iban o fiadoiro ou a tuna que lles aparecían no camiño e tiñan qu'escapar unhas veces, e outras subirse a un carballo y'esperar que fose día...»
«Indo un mozo pro fiadoiro a outro pobo no camiño alcontrouse con un lobo que o acompañou hast'a porta do fiadoiro; máis tarde foi coa moza hast’a casa; éla xa lle decía que non marchase por mor dos lobos pero él querendo faguerse máis valente marchou levando consigo un pau e no camiño aparecéronselle dous e foron con él hasta chegar a un sitio onde había unhas chafagueiras e sitio escuro, etc... y'empezaron a darll'o rabo e bater os dentes e saltaron con él esgazárono todo; rompéronll'a chaqueta y'el a defenderse co pau; pero tiña un can moi bo y'anque era bastante lonxe deulle o aire do lobo e deu en ladrar por salir y'abrironll'a porta, marchou ond'o indivíduo pelexaba cos lobos e fixos escapar; mentras o can os foi levar alá adiante
NÓS
aparecéusell' outro que tamén o can o escaramuzou, e despois outro, o mesmo, y'asi foi hasta casa, chegando todo espelicado e cheo de medo e o entrar a porta caeu e non se volveu levantar e por fin o cabo de dous días morreu»...
«Era un home, e o cura íballe pr'onda muller e un día pillouno debaixo da cama escondido:
—Eu xunguín os meus bois xotos, e levei-
[nos a arada, Tras d'aquela porteliña, esquecéusem'agui-
[Ilada,
Tornei e volvín por'ela, topei a porta pe[chada,
Eu entrei e fun entrando senteime ond'acos[tumbraba
E vin un gato moi negro que tiñ'a coroa [rapada,
¿Qwé aquelo miña muller c'anda debaixo da [cama?
—Ech'o gato do abade c'and'atrás da nosa [gata.
—Inda non vin gato negro que teñ'a coroa [rapada,
Trai praiquí esa escopeta; tirareill'unha [tirada
—Non fagas eso meu home, que m'acende[ral'a cama
—Q uén te me dera muller no medio d'aquel' [arada
Con cen carriños de leña, y'outros tantos de [retama (o parecer para queimala) —Quén te me dera meu home no medio [d'aquela sala Cos pes todos amarillos, e coa color demu[dada Y'os cregos a porta decindo, que salga, [salga.
O luto que había por, era baeta encarnada E chorar iría chorando, chorando de mala [gana Pra que digan as veciñas ¡como choral... [Imiña coitadal» Dos cregos o que se conta sole ser todo salindolle todo mal: «Era un qu'estaba na parróquea de Pexeirós, e roubárono unha noite; pero él, anque non'o sabía ben de certo, desconfiaba d'un home, seu feligrés; un día falou c'un fillo do tal, que inocente e pequeno, confesóulle o roubo; pero como
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712120.xml
NÓS
114
ra xeneral e tomando as cousas por'o máis podre, pois antre os mesmos labregos, non falta quen, en vez de vender os xamós, como é o máis corrente, se coma boas magras; non é cousa dogmática nin xiquera dentro de cada familia.
Cando aparece unha festa, de primeira intención non falta a bota ou a cabaza c'o viño e pan de trigo, e os pistos varían según a posición de cada cual; é costume tradicional, no día d'Entroido, comer a cachucha; outros, en ve d'a cachucha, comen lacón ou o pedro, e tod’o mundo fai as fillogas. Pr’outro día da matanza (o día da desfeita), convídase os parentes e amigos (o que vay queda obrigado a convidar o día que sex'a d'il) pra cear; tamén se fan as fillogas, cómese lombelo, os rixós, a paxarda, un pedazo de costela asada, os miolos cocidos con hovos e trigo, faise un pote de papas, e o remate xóganse unhas partidas de brisca amistosamente e contando algún conto pra rir un pouco... O día da malla, faise o arroz con leite, pero só pra familia, pois agora, co'as máquinas, non se lle da de comer a xente máis que pan e viño; pero antes os mallos matábaselle un carneiro... O día de Navidá, cómes'o pulpo, principalmente, y'os outros días de festa, cómense cousas variadas: o roscón, algún coello, pescado, etc... Antes, o día do Patrón (San Esteban) o crego pagaba unha festa, pero agora solo hay unha misa cantada ou de tres, e siquera se garda día santo, pois ise día trabállase com'os outros. Antigoamente, o vir os días d'Entroido (domingo e martes), faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d'elas), etc...; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxiga d'o porco chea de sangue n'a barriga, y'o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali'o sangue e cai'o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc.; agora ises festexos van desaparecendo y'ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.
(A seguir no número próisimo).
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LUSITANISMO NA UNIVERSIDADE
O profesor Hernani Cidade veu faguer un cursillo de conferencias na nosa Facultade de Letras, en col da historia da literatura portuguesa, dendos orixes hastra a nova lírica da post-guerra.
Todol-os máis outos prestixosos da terra irmá, dende Xil Vicente e Sá de Miranda, hastra Ribeiro, María Beirão e o Teixeira de Pascoaes, foron xulgados e categorizados en estudos encheitos de sabencia e sensibilidade.
O cursillo foi un éxito, pol-a cantidade de xente e, sobre todo, pol-a calidade dos ointes. O ilustre profesor da Universidade de Lisboa, noso amigo de sempre, probou máis unha vez os seus intanxibres merecementos.
VIANA, Abel.—Notas históricas, arqueológicas e etnográficas do Alto-Minho.—I. Viana do Castelo, 1930.
Comprende iste primeiro fascículo de estudos miñotos seis apartados adicados respectivamente a «O quadro de Lanhelas...»
BRAGA, Alberto V.—O culto da alfádiga e dos cravos. No amor e na crenca. Esboco etnográfico.—A Cruña, Edt. NÓS, 1931.
O distinguido etnógrafo lusitano Vieira Braga, sabedor dos segredos do pobo minhoto, publica no tomo III dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos este ledo e primaveiral esbozo adicado ás mozas suas coñecidas. Corresponde a pranta que se estudia a castelán alfáfega ou albahaca; o cravo é o noso caravel, que se coñece con aquel nome tamén nas nosas terras raianas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712119.xml
NÓS
testigos non había, ofreceulle un traxe e unhos zapatos pra que o dixera o domingo na misa, a vista de todos; pero díxollo o pai, e cand'o crego, despois d'esplicar un pouco o contido do Evangelio, dixo: «o que vai decir iste rapaz é tan certo com'o Evangelio de hoxe; rapaz di o que sabes»; entón o rapaz dixo: «Miña nai anda p.....do cura de Pexeirós, e meu pai non'o sabe, pero sabémolo nós»; a tal contestación, o crego, ¿qué diría senón?: Orate frates non me trates con rapaces»...
D'o demo contan que, vindo unha noite da tuna unhos catorce ou quince mozos, aparecéuselles en forma de besta, que a colleron e empezaron a porse d'acabalo, e cantos máis se puñan, máis ib'alargando pra que se puxesen máis, hasta que se puxeron todos; era pr’atravesar un río, pero cando iban no medio, o qu'iba diante, revolveuse e dixo: ¡Ay, Jesús, que trandeiral, y'entonces a besta (demo) desapareceu e quedaron todos no río...»
Hay ademáis certos acaecimentos dinos de contar, como: «Cand'o tío Lobeira iba pro monte e lle decía o pai: «meu pai, a ovella morta, ¿déixoa na corte ou lévoa pro monte?»; y’o pai contestáballe: «jay, burro, burro, fillo d'un burrol, dalle de comer e deix'a na corte»...
«O que marchaba pr'América e decía: «despedinme de meu pai e non chorei; despedinme de miña nai e non chorei; despedinme de miña hirmá e non chorei; despedinme de meu hirmán e non chorei; despedinme da miña novia e non chorei, e despedinme de meus parentes e tampouco chorei; pero cando salía para marchar, foi a vaca marela e meteu a cabeza por unha regandixa do cancelón e dixo: «maaa»... ¡y'entonces si que choreil...
«Un tal tío Polinario, (Apolinar), rezaba as noites con algún veciño o rosario na cocina, y'o vir os ofrecementos tiña a costume de decir: «un padrenuestro por D. Gaspar e por tua mai Rosa (decia a muller), e por a miña, e por meu pai, e por'o home da miña mai, e por'o home que morreu nas penedas, e por... a maor necesidá da parróquea... (y'añadiu, pra completar, o veciño desd'a esquina), «entonces por'a vaca da tía
Roqueira que xa fai tres días que non se levanta co'a fame...»
COSTUMES DA XENTE, RELIXIÓN, SUPERSTICIÓN.....
De todas as costumes da xente, a que máis se conserva, perdura e a nadie se llesquenceu, é a de comer. Por'a mañán, cada cual vai almorzando, o levantarse, despois de fregar os ollos con auga, ou sin ela as veces, segundo a idea de cada; o almorzo consiste, frecuentemente, en un par de cuncas de caldo con pan (centeo); bueno, cando este escasea ou o forno non coce, cómese vica (que é pan de millo feito na lareira da cocina e sin lévedo). Despois d'iste almorzo, vaise o traballo (arar, aricar, decruar, refender, apañar patacas, sachar, apañar navos, pr'o monte co gando, partir pedr'Outeiro s'é canteiro, etc...) As doce o crego toca a campana grande, pra indicar que a xente non s'olvide d'ir xantar, que consiste en máis caldo con pan (a esta hora quizá sabe mellor porque está feito de novo; non é com'a noite y'a mañán, que está requentado, ou con unha pouc'auga pra que aumente, se non chega), cachelos de patacas ou estas compostas (remexidas con auga quente e grasa); s'a vaca da leite, unha cunca d'il, e se hay carne comes'unha pouca, e se non pan só, e nada máis. O vir as cinco ou as seis da tarde, s'é tempo de vrau cómes'a merenda, pero no inverno os días son pequenos, e por decir que ven a Coresma, pra non estar impostos a malos vicios, non se merenda (a merenda sole ser pan con carne ou cebola, ou pan só, segundo....) Cando se merenda, a cea só se compón de caldo e pan; pero se non se merenda, entónces pr'á cea hay que cocer un pote de cachelos pra comer antes do caldo, sólos ou untados, segundo as circunstancias de cada (en caso de que sexan solos, xa saben as mulleres cocer menos, porque non corren tan ben.) E a comida de «todol'os días» consiste na repetición contínua d'iste mecanismo, podendo variar por algunha circunstancia, algún d'os componentes ou o número d'eles, per'o caldo non falta, nin por casualidá, y'as patacas tamén son de sempre. Esto, desde logo, falando d'una manei-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712121.xml
NÓS
As costumes das romaxes de Sant-yago da Costa, da Sra. de Ataes, do San Bento das Peras, en Vizela, da Sra. da Lapinha, en San Lourenço de Calvos, e da festa das Cruces en Cerzedelo, son descritas con amor pol-o querido amigo. Choutan as cáñtigas frescas de orballo en que entran as frores obxeto do estudo, estúdase a nomencratura popular das variedades dos caraveles; e a terra de Guimarães, tan rica en tradicionais, vive n-estas follas unha vida de inxenuo e sán primitivismo.
Non é dificultoso, por outra parte, topar analogías con costumes galegos, inda que a alfádega sexa mais ben pranta do meiodía e non interveña nas nosas festas populares, como no Miño acaesce tal vez por influencia dos países meridionais da Lusitania, F.B. B.
BRAGA, Alberto V.—Curiosidades de Guimarães, III Montartas (Subsidios históricos e etnográficos).—Famalicão, Tip. Minerva, 1931.
Os dous estudos primeiros da serie de curiosidades vimaranenses adicados respectivamente ás «mulheres, jogo, festas e luxo» e ás «maltas de salteadores e unha quadrilha de nomeada» continúanse dinamente con iste terceiro no que se estudan con erudición e arte as monteirías a lobos e raposas nas terras de Guimarães, polo tan ilustre folklorista Vieira Braga. A organización das mesnadas forais pra ir correr o lobo na Idade Meia; as batidas ás feras na Coresma como obriga; a existencia de foro do Monte dando lugar ás supervivencias toponímicas de Foramontãos, con que en Portugal e na nosa Galiza son coñecidas algunhas feligresías; a caza o fójo que «é unha cova grande e profunda, aberta na extremidade de dúas extensas paredes altas e capeadas, con algunhas centenas de metros, cuja disposição é a de un ángulo de muito longa abertura onde o lobo penetraba por un corredor e os homes armados o facían cair no foxo no que existía unha porta por onde o retiraban despois de matalo a tiros con motivo de fonda investigación. «Quasi todas as freguesias possuían o seu «fójo» e ainda se encontram muitos pola serra», dí Tude M. de Sousa, cit. polo autor. Compre fixarse na cantidade de lugares que hai na nosa terra co nome de Foxo, que obedece indudablemente a istas monteirías medievais que acreditan os antigos documentos. Canto de máis importante existe de folklore dos animais referidos é comentado felizmente polo etnógrafo Braga que aporta non somente conhecimentos magníficos pra ilustrar os costumes do seu país sinón que contribuie a que Galiza conte con fontes de paralelismos e coincidencias de grandísimo valor comparativo. Felicitemos o tan laborioso escritor e aproveitemos as suas ensinanzas.—F. B. B.
CABAL, Constantino.—Las costumbres asturianas, su significación y sus orígenes. La familia, la vivienda, los oficios primitivos.—Madrid, Edit. Voluntad, 1931.
Un novo libro nos proporciona o infatigabel mitógrafo, autor de isas dúas grandes series de investigación folklórica adicadas á mitoloxía asturiana e ós costumes asturianos. O ilustre cronista de Oviedo forma con Aurelio de Llano, Delegado de Bellas Artes de aquela rexión, unha parella exemplar pra cantos nos sentimos levados polo amor ás cousas populares, que honra verdadeiramente a un país. Galiza ten de coñecer a etnografía e o folklore portugués, mais non pode ignorar a bibliografía asturiana encol de istas materias como non pode ignorar a de ninguna zona limítrofe á que se estenda o seu influxo como con León e Zamora socede, por non falar do Bierzo que é, en todo e por todo, perfectamente galego. Velaiquí a importancia extraordinaria que pra nós teñen os libros de Cabal.
Ocúpase n-este que temos diante dos tipos de casa, describindo a mariñana e a vaqueira, cas suas dependencias, instrumentos de labranza, material de traballos caseiros, nome das vacas... Por certo que de eles non son comúns en Galiza senón os de Cuca e Pichona que en Asturias se alcontran. O hórreo merez erudito estudo de grande interés pra a nosa terra, onde só os nomes que reciben as diferentes crás de hórreos poderían ser obxecto de vagarosa esculca. ¿De onde derivará o de piorno que en boa parte da ribeira da Arousa reciben?
A caza, a pesca e o pastoreo son outros tantos capítulos en que o autor nos mostra con documentación rica e bibliografía selecta a vida do rus asturiano. O mesmo que na obra de Braga se proba respecto ó Portugal do medioevo, tamén en Asturias había Monteiros Maores encarregados de formar cuadrillas pra perseguir os animais daniños que eiquí están aumentados cos osos e as águias. Inda hoxe se fan batidas.
Eiquí e alá poden toparse exactos paralelos ós costumes galegos que fan istes volumes de Cabal de suma necesidade pra cantos pretendan determinar a extensión de determinada creenza, mito ou costume da Galiza tan ricaz en materias de ista natureza.—F. B. B.
Imprenta NÓS, Hortas, 20. Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712112.xml
NÓS
106
de Sta. María de Gonzar, en cuyo lugar vive Josefa Torres, viuda de Roque Toxo, su edad según su aspecto de tal entra quarenta años.
Hay como unos diez Años que se halla baldada en cama y los primeros comía alguna cosa, despues poco a poco fué minorando la comida y de unos seis a esta parte nada ha comido ni vevido ni echo depocisión alguna por una ni otra via.
Tiene la cara bastante hermosa, cutis brillante y muy tersa y de un bello color y con las carnes correspondientes a una mujer sana de su edad, labios colorados, ojos cerrados y como adormecida y si le hablan algo los entreabre y contesta con movimiento de cabeza poco sensible, no tiene casi movimiento y cuando mas si le mudan la cabeza la deja caer a un lado, y tal cual vez se observa que con una mano sube un poco la sábana, el pelo suelto, largo y tendido, sin piojo ni liendra como si se lo peinaran a menudo, sin embargo que pasa de los seis años que no la han peinado ni lavado ni mudó la camisa y aunque alguna mosca se le asiente en la cara ningún movimiento hace. La visita su cura párroco con quien se confiesa no se sabe si por señales o a boca y de Mes en Mes le administra el Beático o antes cuando la reconoce muy aflixida de que dá algunas muestras quexandose muy suavemente. Su cama es una alcoba sin puerta en la cozina y junto al hogar cuyo humo ni ceniza no han ofendido ni marchitado su buen semblante y color en tanto tiempo; en la misma alcoba duerme una hija suya llamada Manuela po. se cubre con distinta ropa y no observa, según cuenta, mas movimientos que los referidos, cuya hija demuestra la edad de unos doze años y además tiene un hijo de quince años y una nia menor qe. la Manuela y su suegra única familia de casa y todos ellos respiran bastante ynocencia y buenas costumbres.
Todo esto lo han observado atentamente ciertas personas forasteras que con buen fin la han ido a visitar el día dos de Agosto de 1815 y lo que uniformemente cuentan sus vezinos y mas de su circunferencia así del estado eclesiástico como seglar.»
Pol-a cópea
F. B. B.
LITERATURA POPULAR DA PARROQUIA DE PARADELA, CONCELLO DA ESTRADA, NA TERRA DA ULLA
O CONTO DAS MIL MENTIRAS
É o conto das mil mentiras: pol-o mar andan as lebres e pol-o monte as anguías. Era-e-non-era andaba na arada con un burro de barro e outro de palla, tanta alegría lle pegou ca sua nai morta e seu pai por nacer sacóu o gándo da aguillada e botóu o xugo a pacer. ¡Camiños onde non van! Alcontrou c-un año ruzo cabalo de un capitán; leva zapatos de ferro, polainas de cordobán, nas alforxas leva viño, na cabaza leva pan. ¡Camiños onde non van! Alcontrou c-unha ameixeira moi cargada de aveláns: «Dios vos garde, cereixiñas, canto verdes e tempráns». ¡Camiños onde non van! Alcontrou con unha abella moi cargadiña de mel, non tiña onde o meter, sacóu un piollo da cabeza fixo un odre de tres canados, non tiña con qué ó atar sacóu un pelo do sobaco e non lle chegaba, púxoo en tres doblezas e sobrou pra atar un carro de palla e dimpois de tan cansadiño e cheo de traballar fóiseme á taberna con ganas de merendar; o taberneiro estaba parido, a taberneira iba labrar, a cadela estaba no niño e as galiñas iban ladrar, as cuncas barrían o chán, a xesta estaba no cunqueiro. Para facer reverencía hai que sacar o sombreiro.
(Recitadora: Dolores García, de máis de sesenta anos).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712114.xml
que mataches tí.
—Miña Santa Elena, meu amor primeiro que sempre che trouxen no lado direito.
—Váiteme de aí, ladrón carniceiro, que de meu pescozo fixeches talleiro. Adiós padre y madre, hermanos y devotos que me voy al cielo rogar por vosotros.
(Recitadora: Dominga Vinseiro, ídem).
CÁNTIGAS E TRIADAS
As nenas de Paradela elas son moi bailadoras bailan na punta do pé como se foran señoras.
O pandeiro toca ben, as ferreñas danlle o són as meniñas que o tocan de Paradela elas son.
Teño de subir ó alto que do alto vexo ben para ver ós meus amores si se enredan con alguén.
Algún día por te ver abrin portas e ventanas, agora por non te ver total-as teño pechadas.
Cómo queres que adormeza en cama de dous colchóns si non puedo adormecere en tendo tantos amores.
Aquela meniña chora que lle doi o corazón que lle mataron o home con tiro de munición.
Algún día ben cantaba a gracia non era moita quedoume no lavadoiro cando fun laval-a roupa.
O muiño troula, troula, a i-auga faino troular, a filla do muiñeiro rabea por se casar.
San Xohán pideu a Cristo pra que non-o adormentase para ver bailal-o sol no día da sua romaxe.
Eses teus ollos, meniña, mércochos se tí mos vendes eche vara de xusticia cadea con que me prendes.
Eu eiquí que vin buscare? Soledades e a contino bágoas para chorare.
Tanto vai e dar e tere, tanto dá a auga na pena que a fai amolecere.
Ribeiriña, ribeiresa, anque che son de Ribeira, anque che son non me pesa.
(Recitadoras as tres devanditas)
F. BOUZA-BREY
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/11571212.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce númaros, na Peninsua 6'00 pesetas.
Fora da Peninsua 8'00
Númaro solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non pubricará mais orixinas qu'os que foran direitomente solicitados pola Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaucion.
SUMARIO
O Relembro do Clán, por RAMÓN CABANILLAS.
Perspeitivismo, esprito e lingua, por MANUEL LESTEIRO.
A Sirena, por RAMÓN OTERO PEDRAYO.
Arquivo Filolóxico i-etnografico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, POL-A REDAUCION
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda cras de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Dicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/11571216.xml
100
importa mais que conservar e pulir as ferramentas d-ista caixa de canteiro (idioma) con que elevaremos e restauraremos o edificio espritoal da nosa persoalidade. Pensade se para percibir o panorama á que dá iste edificio, pódese desbotar a crara lus d'un esprito desembarazado.
A Humanidade (e casque todos nós, dentro d-ela) non olla, se non decata, do panorama espritoal galego, a vida galega, está en suspenso, só vive en potencia.
A Humanidade é orgánica, é un organismo hoxe mais que nunca artellado por fastuosas posibilidás de relación antr'os núcreos que o costitúen. Como os das avelaíñas, os seus ollos son polifacéticos, cada esprito avizorante (cada pobo, cada raza, cada home «vitales», non mortos ou en esta-
do potencial) é un ouservatorio, unha faceta que recolle no seu feixe óptico luzadas orixinás. Ás vegadas un ouservatorio rexistra datos intresantísmos en col d'un ecrise, enteiramentes inapercebibres en outro meridián.
Preparémol-os catalexos n-iste belido remanso da Humanidade que é o noso fondo ancestral pra ver no noso hourizonte o mañífico ecrise, millor dito, a superación, do materialismo, feito no que a anterga e depurada espritoalidade galega pode deitar a verde lus da súa campía maternal i-eterna.
Ben é que poñamos lentes afumados pra percorrer baixo un sol despiadado polvorentas estradas e camiños d'outras latitudes, mais pra percebir a «nosa xenuina realidade» compre ter a retina ben espida.
A S I R E N A
POR RAMÓN OTERO PEDRAYO
—«E logo que hai de novo señora Delfina? ¿Quén é ise hóspede que tén no coarto grande do balcón?, preguntóu o sarxento da Guardia civil, pousando o vaso de Ribeiro i-enxugando c'un branco pano, dobrado en catro, os grandes bigotes de regramento.
—«Pois apenas lle sei o nome», respondéu a dona da pousada, grande matrona de tres papadas, ventre cupular, mans mimosas de taberneira grasa qu'inda gardaba da levián mocidade un fondo verdecente nos ollos e baixo o pano coorado un loiro froitoso de carrolo i-orellas feitucas. «Mais ser élle de boa caste. Vosté ben o debe coñecer ¿se non lembra do pazo da Mirteira, aquila casa grandisma con cinco alciprestes mouros i-unha cheminea linda, aló, xa na montana, por riba da regata das Fervenzas? Xa se m'esquencéu o nome da parroquea.... Vese ben o pazo dend'a revolta da carreteira, pasad'a ponte vella de Frouxán... ¡Xa fai anos que non pasei por alíl Sendo nena, íba-
mos miña tía e máis eu á mercar as peras do pomar... Ainda hoxe acertaría c'a nespereira qu'hai no medeo d'unhas carreiriñas de mirtos ben xeitosas... Pois ise señorito élle d'aquila caste. Din que ven de lonxe. Apenas fala con ninguén. Pódia que sofra d'algún mal d'amores...»
—«Sí, si. Ben me decato. N'aquila parróquea. San Breixo das Touzas; hóubolle, ainda non vai pra moito, unha boa niñada de rapiñeiros... Xa teño merendado no pazo. Había un señor, velliño moi divertido... Il mesmo baixaba á bodega... Había tamén unhas señoras quentándose na chemineia. Ise mozo será neto do vello... Como é xente que nunca baixa á vila»...
O sarxento sacóu un pito do bolsillo da guerreira, considerou un istante a caída dos pantalós gris sobr'as botinas de elástico negras, facendo xogo co hule embazado do tricornio e marchóu pol'a rúa abaixo co contoneo un pouco grave e pintureiro de quen axiña será teniente.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712117.xml
NÓS
chegados despóis de Xinzo ond'a Serra de »Larouco», a «Aguioncha» os veciños metéronse por unhas cañizadas e os enemigos o telos tan de xeito escangalláronos, e cando viñan de volta xa solo viñan unhos poucos con máis medo, o parecer, que outra cousa e buscand'o camiño máis dereito...
N'iste pobo houbo varios carlistas; o principal cabecilla era o tío Prol pero andaban ademáis o tío Bueno, o tio Curumba, o tío Barroso, o tío Perucho; iste foi por'o visto o que matou a outro do pobo (tío Eusebio) asomous'a ventana y'o tío Perucho por mal querencias ou enemistá que había entrambos, zorregoulle un tiro e matouno; a familia encheuse de medo y'escapou da casa por detrás (algún home máis que había n'ela vírono os veciños escapar por aguelas hortas en calzoncillos); pero os Carlistas anque eran bastantes debían de ser de pouco pelo porque pra faguelos fuxir iba un veciño e púñalle lume a un palleiro pra que o verrar auga... se xuntase a xente y'estonces escapaban a máis non poder. Foron xunto o Recaudador unha noite, iban moitos pero o Recaudador meteu os cartos en saquitas d'os clavos (entonces o diñeiro era ouro, ichavos, décimas, e billetes non había) y'escondeunos entr'a palla da corte e despois franqueoull'as portas corrales e todo, pra qu'entrasen per'o ver tanta frescura, desconfiaban e non querían entrar; por fin despois entraron e marcháronlle con sesenta pesos unha pistola e unha escopeta...
Dis'acerca da muller e do home «A muller cando é rapaza, é reina; cando moza, puta; cando é vella, bruxa»: «O home, cando é rapaz é rey; de mozo, capitán; de casado, burro, e de vello can»...
Hay outros ditos e refrás como; «O pan temperáu, ou en palla ou en grau».
«Navos e señores, canto máis raros mellores».
«Os navos por'o San Bertolomeu, cada paso seu.»
«Xaneiro muliñeiro, nin boa meda nin bo palleiro.»
«O mes de Xaneiro e o xeadeiro, Febreiro muliñeiro, Marzo esqueiroso, Abril chuvioso, Mayo pardo, e San Juan claro, en Seitura sol, y'en Agosto mellor».
«Entre Santos e Natal é o inverno caroal».
«Xeada n'a lama, chuvia na cama».
«Tanto dura mala veciña com'a neve marciña».
«No mes de Xaneiro súbet'Outeiro, se ves terrexar vótate a cantar e se ves verdegar vótat'a chorar».
«Habendo neboira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e navos ruís».
«O entroido é un lavadurán, que come máis carne que pan».
«Febreiriño corzo cos seus días vinteoito, se duraras máis catro non deixabas can nin gato».
«Nin bo Pedro, nin bo burro negro, nin bo lameiro por riba do rego, nin de sabugueiro un bo vencello, nin de cuñado un bo consello».
«Ano de belota, ano de larota».
«Pra ir a misa y'o muiño non esperes por'o veciño».
«Catro cousas quer'o amo do criado que o serve, deitar tarde, erguer cedo, comer pouco, y'andar alegre».
«Cando a rola oias rular, cull'o liño e vai sementar».
«As bruxas xúntanse pra ir o Areal de Sevilla; cóntase que había unha no pobo, é o viren a buscala a noite, levantábase e decíall'o home, «eu te bendigo meu home pasand'o meu cú pora tua cara pra que durant'a miña ausencia non che pase nada», per'o home despois levaba o cabo d'aixada e decíalle «eu te bendigo miña muller co cabo da miña aixada (1) pra que non volvas pasar o teu cu por'a miña cara»...
«Unha vez, y'esto non fai moito tempo porque llaconteceu a nai da tía Quiridiña (conta éla), cando ainda era rapaza puxéronselle os ollos mancos porque a vira unha bruxa e había que poñerlle os rescritos, e o pai d'ela como os cregos é unha cousa que faguían de mala gana, (unha tardiña marchouse levando un sacho pra que nadie soupera nada, foi xunt'o crego de Zós qu'era entón Fray Antonio e troux'os rescritos en todo secreto e meteunos n'a ucha, pero anque nadie lle dixera nada a mañán foi unha do pobo que tiña fama de bruxa y'en-
(1) Pegándolle con fl pau duro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712113.xml
NÓS
ROMANCE RELIXOSO
Nos portales de Belén,
ciudá de Galileia
donde la Virgen parió
una deslumbrante estrella.
—Como estáis, Virgen parida?,
Como estáis, Virgen doncella?
—Estoy moi buena, San José,
no dejo de tener pena,
por ser el hijo de Dios
nado en tanta probeza,
sin tener en que lo envuelvan
sinó una poca herba seca.
Bajó un ángel del *cielo
ricos pañales traía,
unos eran de holanda,
otros de holanda fina
para envolver el niño
de Jesús y de María.
(Recitéu: Xosefa Neira, de máis de sesenta anos).
ANACO DE ROMANCE RELIXOSO
Fueron caminando
moi luego encontraron
con dos pasajeros
y le preguntaron
si para Belén
había donde errar
antes de las doce
a Belén llegar.
Fueron caminando
en conversación
diciendo palabras
de grande afición,
son palabras santas
dignas de adorar;
antes de las doce
a Belén llegar.
Amante del alma,
aquí nos quedemos,
en pago, del Cielo
algo entenderemos,
una noche sola
digna es de pasar,
una noche sola
y a Belén llegar.
(Recitéu: Dominga Vinseiro Canabal, de oilenta anos).
OUTRO ANACO DE
ROMANCE RELIXOSO
Caminando vai José,
sospirando vai María.
¡Válgame Nosa Señora
y la claridad del díal
Cando llegan a Belén
toda la gente dormía.
—Abre las puertas, puertero,
puertero de puertería.
—Estas puertas no se abren
hastra que venga i-el día.
—Abre las puertas, puertero,
que está la Virgen María,
la Virgen viene encinta,
encinta viene María.
(Recitón: Dominga Vinseiro, de ídem).
ROMANCE DE SANTA ELENA
Estando bordando
na miña corbata
con agujas de oro
dedales de plata,
llegó un caballero
pidiendo posada.
—Si mis padres quieren
de muy buena gana.
Puxéronlle a mesa
no medio da sala
con cochilos de ouro
cobiertos de plata;
fixéronlle a cama
no canto da sala
con colchóns de seda,
sábanas de holanda.
Por la media noche
se alevantó,
de las tres hermanas
Elena cogió,
llegó a la Sierra
allí la mató,
hizo un agujerito
allí la enterró.
A los siete años
por allí pasó:
—Pastoritos nuevos
que haceis ahí.
—Guardamos a Elena
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/11571219.xml
NÓS
mosa e crudel, soilo rendida pol-a tola adoración do mozo calado. Il lle contaría cousas maravillosas nas furnas dos roquedos, entr'o tecer e destecer dos brancos, veos da escuma batida. Il non tivera medo, nas augas treidoras, o locir dos ollos verdes do abismo, nin o xogar enganoso da cabeleira salferida coma un mollo de sargazos, no curvar istantáneo da onda. Unha estrela tremando antr'as nebras, siñaloulle con dedos de lús o pazo mariño da sua amada. As piMaras celebraran os esponsales voando en nube desfiada i-os mouros corvos, asambreiados no areal, contaban que o home páledo roubara Aterribre deidade pra se casar co ela e iren vivir xuntos no pazo da montana.
O xefe dos carabineiros sospeitaba un alixo, o sarxento da Guardia civil un crime, o casino non sospeitaba rén, o abade, home leído, furábase os miolos lembrando cousas dos Santos Padres, léndas dos nobiliarios, páxinas do P. Feixóo. Quén o sabe! ¿E con que rito será baptizada? Pois D. Lionardo, fillo de boa caste, se non pode casar c'un ser cuaseque diabóleco. E por un día enteiro, unha febre de misteiro i-unha quentura anterga, fixeron subir o termómetro moral da vila, i-un intrés angusteoso cinguía a habitación da solaina na pousada da Delfina. Todol-os hóspedes soñaron ou pensaron nos seus leitos iren n'un barco negro e sin guía, levados por un vento invisibre car'un archipiélago de illas que, coma testas de monstros, xurdian das augas tempestosas, ou car'un Milelstrom, circular abismo estrondoso de salaios de morte e naufraxio. Todos, máis ou menos, tiñan algo do mar, por máis que no seu vilego vivir o desprezaran, i-agora, ca presencia da sirena, racháballes o sono un cantar de fillas da onda salgada, fermosas e crudeles. Cantiga doce d'ouvir sin se ir decatándo que chamaba 6 viaxe que non ten volta sinon no tráxico tumbar das olas, cospindo na praia espantallos de cadavres d'afogados... Nas señoras vellas xurdían anacos esquencidos d'historias ouvidas As suas Aboas i-os capitás do largo do tempo do escorbuto, das calmas chichas e dos pulpos que pechaban os estreitos e agarraban As naos. O notario, un pouco poeta, premiado nos seus anos mozos, sentía no pesadelo
103
un decorrer de barcarola; os cregos, pregaban que a man de Deus, rachando as nubens, aquietara as augas. Do pobo —da Delfina, das criadas, dos mariñeiros, dos patrós, dos carabineiros, dos labregos...— n'hai que falar. Todo il sabía con gozo, misturado de medo, cómo a sirena estaba alí, n'un coarto da pousada, collida nas redes do amor, ela que fuxía das máis fortes redes mariñeiras, abrazada cos brazos d'escuma, cinguindo o corpo tentador, envolvendo en cabelos fresqueiros e recendentes, ollando ca luz das profundidás mariñas i-azoutando apaixoada ca cauda de prata, sensoal e xogantina, a un home que era dono de namorala e tirala dos seus palacios de coral e xoias nas cavernas do fondo. O pobo sentía a maravilla i-a sadisfaución de ver comprida realidade unha crencia sua. E todo o pobo, griseiro, indifrente e servo, pasaba unhas maravillosas horas mitolóxicas, das que soilo se exprimentan algunha vez en moitos séculos, como si o mundo volvera á ser novo e falara o mar, as pedras i-as aves. Había outras estrelas no ceo i-o mar saloucaba nos praiales a door de verse privado —il, gran vello sinxelo e terribre— da sua raíña armoñosa e belida. “A sireniña non canta», decían baixiño as mulleres nas portas, «porque ten os beizos atafegados en bicar».
Mais, chegando a luzada do día, chegou co ela o sentido común, o tío serio i-enloitado que curta os ensoños azados dos nenos, o enxoito dono da espranza volgar, o profesor de texto oficial, o tío Paco das rebaixas, o libro de contas das emocións. E tamén esbirrou solenemente a cultura xeneral, facendo seu razoamento: a sirena non está nos libros de Odón de Buén, ergo, a sirena non está crasificada porque non-a hai. Cada un volveu 6 seu oficio, i-a pagar o seu trabuco 6 governo da costume. Soilo as masas mariñeiras tiñan ollos de noite e de mistereo. A Delfina xa cavilaba a maneira de cobrar a entrada Os que quixeran ver a humida contralto da mar. De paso farían gasto, pois, ca novidade, afróxanse os bolsos, e podería despachar moitas botellas de dubidosas pócimas.
Conforme descía a mañán, houbo gran movimento nas outas esferas: o alcalde cu-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712111.xml
NÓS
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
NOMENCRATURA DA MOEDA DE COBRE NOS POBOS GALEGOS
A moeda de cobre, por ser a máis modesta é tamén a máis popular e, por tanto, teñen máis variedade os seus nomes que calquera outra, inda que, como a peseta, sirva de tipo monetario, ou tal ves por iso mesmo. Sabemos que nas localidás que se indican dáselle os nomes que seguen, asegún os nosos apuntes recolleron:
En terras de Arousa, Villaxohán, vgr. chámase a peza de dez céntimos cán e patacón, e a de cinco céntimos cadela e chica; en Compostela e veciñanzas, noméase, a de dez cts. can grande ou cabalo, eisi como perra e can pequeno a de cinco; no Ferrol reciben, as pezas de dez e cinco, os nomes de mota e tico, respectivamente.
De eles, os máis antergos son, indudabelmente, os de patacón e mota, posto que, o primeiro, aparez apricado nos tempos da Casa de Austria, á moedas de prata recortadas de unha onza e tamén os pesos, e o segundo era o propio do cuartillo de real, ou moeda de vintecinco cts. n-unha peza no século pasado ainda, de onde se traspasou a reforma monetaria actual. Os demáis nomes son enxebremente populares e derivan das representazóns que ostentan as mesmas moedas no campo seu, habendo algúns que, ainda que importados, como chica, non son apricados co senso adxetival que a sua condizón vai implícito, senón como sustantivo de que se ten esquencido a procedenza e do que se iñora a alleeira siñificazón.
F. BOUZA-BREY
CALIFICATIVOS DAS BAÑISTAS DA MONTAÑA NOS PORTOS GALEGOS
A indumentaria, os costumes e o deambulra pouco desenvolto das xentes do interior
da nosa terra, causa estraneza nos portos onde baixan na tempada do vran pra tomar baños de mar. De eiquí nacen diversas maneiras de ser coñecidas, que adequiren carácter de xeralidade en cada unha das localidás pol-as que se extende o calificativo burlesco sempre.
Mantidas, chámaselles en Marín e Vilagarcía, a cuia denominación respostan elas decindo: ¡afamados! os chamadores; palmatorias, diselles en Vilagarcía; poubanas en Vigo e Pontevedra; catalinas na Cruña, onde tamén teñen o nome de postales, pol-o que, así como pol-os de canouras, candelarias, canónigas e bienvenidas son coñecidas en Ribadeu.
A ESPIRITADA DE GONZAR
N-un papel manuscrito pol-as dúas faces en letra de primeiros do século dezanove, de grandor de quince por vinte centímetros, pertécente ó arquivo familiar dos Lousada, cuio representante era o gran galego Lousada Diégues, en poder hoxe de Doña María Lousada, de Eirín, residente n-A Estrada, tópanse as novas que van seguidamente, referentes a unha espiritada semellante a de Moeche da que se ten ocupado n-esta mesma revista o médico cruñés Urbano Lousada Martínez —vide núm. 29 da revista NÓS— estudándoa xuntamentes co caso do proceso Ramilo.
É posíbel que tal papel sexa cópia de algún boletín do tempo que dése conta do asunto, mais en todo caso será de utilidade o traguelo a ista seizón. Dí de iste xeito:
«En el camino que ba pra Sn. Lázaro de Santiago a Lugo como cosa de media legua antes de llegar a Sn. Gregorio, al lado izquierdo del camino y a corta distancia está sito el lugar llamado Carvallino, parroquia
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/115712115.xml
NÓS
109
RESPOSTAS A UN CUESTIONARIO
RESUME XENERAL DE FOLK-LORE DE SANDIÁS
POR URBANO SANTANA
(Proseguimento)
Atravesad'a carretera seguindo a mesma dirección alcóntrase a unhos 500 metros d'ela un pequeno pobo da parróquea (Santana) y'a pequena distancia empez'a levantars'o «monte da Torre» e por il extendido por'o S. W. está o pobo do Castroe no alto do monte hai un castillo, o do Castro (antiquísimo castillo de Sandiás) o que lle falta, unha arista (esquina). *Foi feito, según boca dos vellos, por'os mouros cand'ó de Pena que está de frente a unhos 7 Km. pouco máis ou menos o Sur do d'eiquí, meténdose por'o tanto a Veiga (Laguna Antela) no medio. Fixeron por debaixo da terra unha carretera desd'unh'autra torre e por éla andan os mouros d'un lado pra outro. Cand'os fixeron, os ferreiros de Pena e máis o de Castro, pr'apuntar os picos non tiñan máis que un (martillo) martelo pr'os dous e arreglábanse con él tirándoyo desd'unha a outra cando lles faguía falta». Portas d'entrada non ten outras que algunhas ventanas a alturas diversas pero bastante grandes. E os vellos contan que cando seus abos eran mozos xuntaron varias escudas e subiron a éla, e un que se chamaba o tio Curcumba* paseábase por'o alto d'éla e foi un mouro e marchoulle c'un zapato sin que o visen».
alta especie de torre en pequeno; esta casa perteneceu a un tal D. Joaquín Sotelo Valledor, e hoxe é do Penedo (Sres. Marquina co'as fincas que a'compañan e foron da casa xa desd'hay moito tempo; a casa está inhabitada y'as fincas andan arrendadas. O lado hay unha capilla pequena c'un Santo mal feito dentro, n'un altar mal pintado e feito o antigo c'unhas colunas e unhos recimos dependurados (din os rapaces que son cangallos d'uvas), (é a Sta. Magdalena) a que se lle fai por'os d'as Pegas unha festa todos aquiles anos que chega o que se xunta pidindo por'a parróquea, pois se non chega o recaudado, e non o come o mayordomo da festa, queda pr'o ano seguinte.
Si desde Sandiás tiramos unha línea reita que pase por'as Pegas e a dobre distancia pouco máis ou menos alcontramos o pobo de Cardeita, dividido en varias seuciós de grupos de casas soparadas (o Tesiño, a Carreira, os Perces...) Dos pobos da parróquea é iste o que s'alcontra máis cerca da Veiga e por eso tefien feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d'aberes; pois dise que antiguamente había n'a Veiga unha ciudá (Antioquía) que tuvo Dios que castigala porque vindo por'o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pratrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr'a Veiga iballes verrecar ond'a pedra, que despóis foi recollida por'o convento de Trandeiras»... Os de Cardeita alcontraron n'esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non
Se desd'este monte da torre tiramos unha línea reuta hast'o de Coalloso, esta línea cai completamente n'unha llanada; a caida do primeiro monte, xa na llanura e aprouximadamente na línea señalada está o lugar de Pegas, e na mesma línea, aislada do pobo pero máis cerca d'as Pegas que de Sandiás hay unha casa antígoa (casa d'Espido), vella, mitá caída, larga, piso furado, bastante alta (de dous pisos) un ou varios escudos por fora e no medio da fachada unha pedra
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/0d/0d30/0d306939-25ac-40ff-b6ec-fb4d5afdd638/11571213.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII ★ Ourense 15 de Xunio do 1931 ★ Núm. 90
O RELEMBRO DO CLAN
¡Oh, soave ilusión céltiga a da inmortalidade!
¡Oh, raza prisioneira da diviña Saudade!
Breogán, pai dos pobos, o das míticas velas
enfiadas a inota, mariña inmensidade,
tiña a arela inquedante de contar as estrelas.
Co-a sede de infinito que o seu peito runxía,
na costa brigantiña, sobre un rochedo, erguéu
unha torre de pedra. Dende a torre seguía,
cando sereo e limpo o ceo estrelecía,
o ir e vir dos mundos á voz do grande Theut.
Unha noite que os astros de luz doirada e rosa,
ficaron esvaídos no craror do luar,
esmeralda no seo de neve de unha diosa,
veu surdir unha illa incerta, vagorosa,
onde o ceo bicaba a liña azul do mar,
O neto de Ith, xuntando as hostes*que comanda,
encaslelón nas proas a lucerna do Alén
e saíu mar adiante até chegar a Irlanda.
E a illa misteriosa cruzou de banda a banda,
cinguindo unha coroa máis fúlxida na sen
A espada escintilante tendeu os pontes sagros
do paraíso céltigo. Nos craros ourizontes
choutón a luz a rir. Os verdeceutes agros,
os ríos cristalinos, os encrestados montes
enchían de dozura a illa dos miragros.
Mais, a pouco, Breogán desmaió de inquedade.
Soñando c-o agurimo do clan velido e morno
e os ronseles que abrira do mar na imensidade,
fai resoar nos ventos o druldico corno
e aparellando as naves ordeou o retorno
e emproóu a Brigancia, forzado da Saudade.
RAMÓN CABANILLAS