https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721611.xml
NÓS
quela comarca, Scota, a filla do Pharaón, morreu antr'iles.
135. O qu'era rei da Scythia & sua chegada, era Noenbal, fillo de Baath, fillo de Noenbal, fillo de Fenius Farsaidh. Stu, fillo d'Eartu, morreu despois d'esto, e Noenbal morreu de pestilenza n-unha noite. Entón, a caste de Noenbal, fillo de Fenius, e a caste de Nel, pelejaron pol-o goberno da bisbarra, ata que Eber Scot colleu o reinado dos fillos de Noenbal por meio da sua forza. Foi o primeiro rei da Scythia da raza de Nel. O rei Eber Scot, foi morto despois d'isto por Noenius, fillo de Baath, fillo de Noenbal, fillo de Fenius Farsaidh.
136. Beoamain, fillo d'Eber Scot, tiña unha nemizade apaixoada por seu pai contra o mesmo Noenius, tanto que s'ergueron violentas batallas e moitos combates entr'os dous; asina Beoamain tomou o reino a forza de loitar dend'a Scythia á veira do Mar Caspio. Beoamain foi morto despois na batalla d'Etarnadh por Noenius, e iste tomou o reino despois, ata que morreu pol-a man d'Ogamain, fillo de Beoamain. Ogamain toma o reino despois, ata que morreu de morte natural. Reffill, fillo de Noenius, tomou o reinado despois disto, ata que foi morto por Tai, fillo d'Ogamain, por mor do reinado. Tai, fillo d'Ogamain, fillo de Beoamain, colleu o reinado ata que foi morto por Reffloir, fillo de Reffill. Erguéuse unha contenda antr'iste Reffloir e Agnomain, fillo de Tai, fillo d'Ogamain, por mor do reinado, e estiveron catro anos n-esta contenda, ata que Reffloir foi morto ao último por Agnomain.
137. Iste Reffloir fillo de Reffill, tivo dous fillos bós: Noenbal e Reffloir. Istes erguéronse juntos contra Agnomain, fillo de Tai, por mor do reinado, de xeito que non había paz entr'iles. Moitas batallas e combates tiveron lugar entr'iles, en contra do outro, de sorte qu'os fillos de Reffloir, fillo de Reffill, ao fin botaron ao seu parente Agnomain, fillo de Tai, con todo o seu pobo, fora da Scythia. Istes son os chefes que tivo: Eber, fillo de Tai, seu irmán; Elloth, Laimhfhind e Glas, os tres fillos d'Agnomain; Caicher o
druída e Cing, os dous fillos de Eber, fillo de Tai. Trinta navíos contaban, tres ringlas en cada navío, dos que unha ringla eran mulleres.
138. Entón viajaron deica chegaren a illa do Mar Caspio. Detivéronse alí un ano. Agnomain morreu ali. Despois foron ao mar de Libis; unha jornada de seis días de vran foron iles remando cara alá, dend'a illa do Mar Caspio. Atoparon unha fermosa e placenteira illa alí, Coronis seu nome; estiveron alí un ano e cuarto. Glas, fillo d'Agnomain morreu ao cabo d'aquel tempo. Despois navegaron pol-o mar.
139. Istes eran os seus chefes: Elloth e Laimhfhind, os dous fillos d'Agnomain; por tal razón era chamado Laimhfhind, por mor de que as lámpadas ardentes non eran máis lucentes qu'as suas mans de noite ao ir remando; Cing e Caicher, os dous fillos d'Eber, fillo de Tai. Foi Caicher o qu'atopou un remedio pra iles, contra os cantos das sereias cando iban pol-o Mar Caspio. N-iste mar había d'ises monstros mariños coa feitura d'unha muller dende o embigo pra riba, escedendo a toda femenina forma en beleza e proporciós, con lucente cabelo marelo sobr'os hombreiros; mais a sua forma era de peixes dend'o embigo pra baixo. Elas cantaban un musical canto, sempre melodioso pr'a tripulación dos barcos que navegaban perto d'elas, tanto que caían no estupor do sono escoitándoas; elas, despois, atraguían as tripulacións dos navíos cara elas cando as tiñan asina dormentadas, e devorábanas. Elas cantaron n-esta ocasión un pranxideiro canto a Laimhfhind co seu pobo, cando iles iban pasando, tanto qu'a flota detivose calada a ouvilas na supreficie do mar. Caicher deprendcunos a derreter cera e pola nos ouvidos pra que non poideran ouvir o coro das mulleres do mar. Así o fixeron.
140. Cando s'houberon ceibado da múseca das sereias pol-a industria de Caicher, navegaron ao longo do gran Océano do Norte, e estiveron por espazo d'unha semáa derivando por il, sufrindo fame e sede, ata que non acadaron a punta norte de Sliabh
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721619.xml
ZOOLOGISCHESGARTENBANHOF
Estou no curazón de Berlín, n-unha estación chea de gente e de movemento, onde todos andan apresa. Ainda hai sol e todo somella ledo e riseiro.
Nova decepción: o Fernández Armesto non parez pol-o andén. Estou soilo en Berlín... Baixo cos mues bagages, vou andando adispacio a ver se vexo alguén coñecido, deica o Ausgang. Baixo todo triste, e atópome n-unha plaza onde voan automóveis e carros eléitricos, onde semella qu'a cibdade inteira ven contra d'un pra esmagalo aixía.
Non vexo autos, mais descubro de súpeto unha cousa estraordinaria: é unha sorte de berlina imensamente vella, tremendamente arcaica, d'estampa de começos do século pasado. Ten a capota baixada por atrás, a metá d'adiante de cristais, no pescante un maioral manifeco, un velliño pequeno, de bigotes e perilla brancos, vestido c'unha sorte de frac verde reberetado d'ouro, abotoado d'ouro deica o pescozo, coberto c'unha chisteiriña baixa galonada d'ouro e con escarapela negra. Un maioral tamén d'estampa, irreal de tan inactual, que tangue un cabalo histórico que fai clap, clap, cas ferraduras no asfalto.
Ledo do achádego, boto os equipages na berlina, e dou ao velliño o enderezo da Pensión Latina, Rankestrasse, 6.
Despois dixéronme que n-un coche d'istes, entrou en Berlín, hai pouco, Ramón Gómez de Laserna. Mais eu non-o sabía. Fun contento na berlina aquela que tan gentil avantaba por antr'a maré de modernidade. Consigo iba o tempo todo dos Hohenzollern. As grandes cibdades conservan ás veces o pintoresco enquistado na indiferenza banal dos seus avances, pra consolo imprevisto do viageiro espiritual.
Non está longe, Rankestrasse; mais com'o vehículo non vai apresa, pódolle coller o gusto no meio da baraunda que m'axorda e m'impón. Endejamáis me sintin tan estran-
III.—BERLÍN
geiro nen tan badoco, doorosamente badoco d'ista volta, pol-o feble que m'achaba d'esprito.
PENSION LATINA
Parou a berlina prehistórica diante d'unha casa de boa aparencia. Había letreiro na porta, indicativo de qu'a Pensión Latina istaba no derradeiro andar. Subín, chamei, e apareceu o Sr. Olivar, moi fino e falagueiro, de gafas e cabelo branco, dono da pensión.
Ten unha cámara con dúas camas, de 10 marcos, que me deixará en 7.
A cámara é moi boa, un pouco cupleteril. Ten dúas fenestras sen contras, con doble vidreira, cortinas e stores. Os mobles están pintados laca branca: hai unha mesiña redonda con tapete, outra mesa con tapete arrimada á parede, dous taboletes e unha cadeira, gran almario, gran estufa de louza branca, leitos gemeos con *chaise-longue* aos pés, e lavabo empotrado con auga quente e fría; antr'as fenestras, gran espello con repisa abaixo.
O Sr. Olivar ten un gran comptoir con inmenso mostrador. Amostroume o salón, onde ten jornais hespañois e sudamericanos, e o comedor, onde serve cocina hespañola por 3'50 marcos.
Digo que si a todo, voume á habitación, lávome, aféitome, e namentras entran un criado madrileño e unha criada alemáa, e mudan a roupa da cama. Sábenas presas con botós a un edredón delgadiño e outro edredón por riba; a cabeceira subida a un enorme cadrante. Hai dúas mesas de noite, e n-unha, un fermoso orinal en figura de cunquiña de chiculate.
Cando salgo pra ir jantar, aparecen no pasillo o Tobío e Fernández Armesto. Ja se pode comprender o que pasou, e coma, namentras ceábamos unha fabada asturián e bebíamos viño, fun eu quen tivo que falar de com'iban as cousas en Galiza.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/11572164.xml
O VOTO DO CONCELLO DE ARBO NA FESTA DE SAN ROQUE
por ALFONSO VAZQUEZ MARTÍNEZ
Dende pequeno vía na festividade de San Roque ir o Concello en preno á ouvir a misa que na igresia parroquial celebrábase pra cumplir un voto feito pol-os antepasados, cumplindo unha promesa que, en días de anguria e pesadume, habiase feito nun tempo lonxano e esquecido.
Este asunto que, según as noticias que teño, remóntase ata o século XVI.
Nin n-iste legaxo; nin en todol-os demáis que hai ata o ano 1852, atopei dato algún, nin pequena indicación que me abrira o camiño pra ulteriores investigacións.
Chega ó ano 1852 e nunha sesión tida no mes de Agosto, o día 11, baixo a Presidencia de D. Antonio Maria Giráldez, aparesce unha noticia concreta e termiñante, en que xa nos fala da festividade do señor San Roque.
Tiven sempre desexos de saber o fundamento dese voto; saber en qué circunstancias se fixera; conocer todo o seu desenrolo e vicisitudes desde que se prometeu, hastra o día de hoxe. As noticias tidas da tradición oral, eran bastante escasas e deficientes; faciano remontar a unha data lonxana de nós, sin poder percisar o día nin o ano do mesmo.
Á falla de máis datos precisos, decidín ir á fonte que mellor me poidera informar e no Arquivo Municipal d'ista parroquia e auntamiento, adiqueime á investigar os datos que me deran máis luz.
O Arquivo, non vale gran cousa debido á perdas varias que tivo con saqueos, incendios e algo de abandono de parte de algunhas autoridades, que o tiveron esquecido sin lle dar a importancia que teñen en sí; pois encerran a vida íntima dos pobos pequenos.
Os documentos máis antigos, remóntanse ó ano 1780, todos xuntos nun paquete que di: «Legajo de Reales Ordenes». Esta data é relativamente próxima pra a búsqueda de
Na dita sesión, o señor Presidente chama ós señores concexales que concurran «a las diez de la mañana del día 16 del corriente a la Iglesia parroquial de ésta cabeza de Distrito, con objeto de asistir a la función, que éste Ayuntamiento, por voto, celebra anualmente al glorioso S. Roque».
Esta é a circular mandada pra a asistencia ó dito acto ós compoñentes, do concello; circular que, ó esaminala detidamente, suxire en nós varias perguntas, pois chámanos a atención que fale na dita convocatoria dunha celebración anual dos ditos votos e que dende o ano 1840, que é cando comienzan a atoparse actas das sesións municipais, non teñamos noticia ningunha da celebración da dita festividade.
Esta pergunta é resolta pol-os do mesmo concello ó engadir na dita acta do mesmo día 11, «Que no se alcanza el tiempo en que haya sido echo, tanto que no hay documen-
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157216&posicion=1
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157216&posicion=5
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721622.xml
Apareceu o volume I da "Biblioteca Murguía"
DE ESTO Y DE LO OTRO
por Roberto Blanco Torres.
Pedidos a NÓS - Hortas, 20 - SANTIAGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu’os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estableci-
mentos do ramo
Progreso, esquina a Luís Espada OURENSE Andrés Perille - OURENSE
O movimento demóstrase andando...
O galeguismo lendo as pubricazóns NÓS
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/11572162.xml
NÓS BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Horas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletin non publicará mais orixinais que os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
Xoquín, por Ramón Cabanillas.
O Voto do Concello de Arbo na Festa de San Roque, por Alfonso Vázquez Martínez.
Leabhar Gabhála, Libro das Conquistas d'Irlanda (proseguimento)
Da Alemaña, por Vicente Risco (proseguimento)
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda orás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721616.xml
Fortes os héroes qu'ali viñeron, a tribu de Gaedheal de azues vestes pol-a forza do valor, por esforzo
Iles rifaron tres batallas na Hespaña.
e' Iles unha batalla ben sonada
rifaron contra a hoste de Toisen;
unha batalla contr'os Bachia,
e unha batalla contr'os Lombardos.
f' Foi despois a disgraciada batalla
qu'a plaga d'un día ven a iles;
a xente das naos do fillo d'Ellotti seu chata
morreron quitando dez homes.
g' Un e En escaparon da disgracia
os dous bos fillos dos fortes chefes;
despois que Breoghan foi nado
pai do forte Ith e de Bile.
h' Rifaron moitos combates e batallas
contr'as numerosas hostes de Hespaña,
Breoghan venceunas, qu'era o campión,
por il Brigantia foi fundada.
i' Dez fillos de Breoghan sen medo:
Brea, Fuad e Muirthermue,
Cuailngen, Cuala, Blad coma
Ebhle, Stli, Nar e Bile.
j' Bile, fillo de Breoghan de forte valor,
de quen era fillo Mil
que foi cabeza de príncipes e tribus
da nobre raza do forte Gaedhil.
147. Un soado nobre fillo naceulle a iste
Bile, fillo de Breoghan, na Hespaña: é Go-
lam. Foi criado deica que podeu levar as ar-
mas, nas artes de valor e guerra, antre tuto-
res de todo enseño, ata qu'il sobrepasou aos
mozos do seu tempo en esperteza e valor e
todal-as artes e ensinanzas.
(A seguir)
Xa apareceu
O DERRADEIRO AMORE
Novela, por Aurelio Ribalta
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721621.xml
NÓS
foi ista noite cando máis ademirei iste espeitáculo verdadeiramente lindo.
Era tarde, e fóronme levar á Pensión Latina. Eiqui cada un leva as suas chaves, e hai combinacións de luces que s'alcenden o tempo preciso pra subil-a escaleira. De geito que abrin a luxosa porta de cristais extraordinariamente forte e pesada, apretei o botón da luz, e subín, xa soilo e cheo de confusión, d'estrano e de medo, abrin a porta d'enriba e precurei a miña vulgarmente coqueta cámara, e deiteime aixiña a durmir. Deus seña loubado, a min ningunha preocupación me tira o sono...
A luz qu'entraba á mañá pol-as dúas fenestras sen contras, espertoume axiña pra o outro día. Estaba descansado, anque mal agusto, e estranxeiro a todo. Á man dereita, na mesa de noite, tiña un teléfono pra chamar, que somentes con collelo e erguelo do seu asento, já fai zonir o timbre. Coma non tiña reló, estiven á espreita por s'ouvia dar algún qu'houbera por ali. Por fin, despois de moito, deron as oito n-algunha torre, e eu fiquei ollando os mobles laquejados de branco e a estufa moimental, todo tan arranjadiño e pretencioso, que non podía ser máis. Semelloume cousa d'hespañois que se queren adautar á vida berlinesa, presumindo de cibdadáns de grande vila e d'estaren afeitos á vida moderna, de saberen tratar coma cousa familiar os teléfonos, a calefacción e demáis aparellos.
Ás nove erguinme, laveime, chamei pol-o almorzo, e trouguéronme café, leite, pan, manteiga e compota. Comín todo aquelo, e púxenme a escribir deica que chegaran o Fernández Armesto e máis o Tobio.
BEI TORNEGG
Chegaron, e coma ja me tiñan precurada unha cámara, pois leváronme a un Banco cambear as pesetas por marcos, viñemos despois á Pensión Latina; paguei sete marcos, e logo collimos un taxi, carregamos o meu baúl, e despois á miña nova morada.
É en Waitzstrasse, unha rua ampria, tranquia, silenciosa, asfaltada, con árboles, que sai á Kurfürsteudamm. É un baixo, rente á rúa. Un portal longo que remata n-un patín interior con árboles e herba, e á mau dereita, unha porta riba de tres gradas metida no escuro. Chamamos e veu abrir a dona, Fran Tornegg, unha judía-divorciada, delgadiña e moi fea, de mediana edade e con algús cabelos brancos, amábele e falangueira. Eu non lle comprendo nada do que di, e parlamentan iles co-ela: a cámara que me vai dar istá aínda ocupada, de modo e de maneira que, namentras non chega o día primeiro do mes, estarei n-un comedor, onde me leva, pagándolle d'adianto pol-os días que fallan, 20 marcos.
O comedor ten dúas fenestras de méio corpo á rúa, con dupla vidreira e persianas de pau. Está posto á antiga berlinesa, no que cabe. Empapelado d'escuro con froles, c'unha zona branca por enriba: con listón dourado, e teito branco d'escaiola con escocia e florón no meio. D'il cai unha lámpara eléitrica dourada d'estilo moderno con pantalla de seda. No centro da estanza hai unha gran mesa de comedor Renacimento, con tapete branco e un floreiro no meio; hai tres cadeiras de rejilla d'outo respaldar, estilo un pouco Luis XIV, un chinero compañeiro, unha gran vitrina con catro estantes, onde hai cuncas, candiciros, fruteiros, pratos e fontes do século pasado, e algunhas outras miudezas. Enriba, unha vulgar lámpara eléitrica d'enchufe, e na parede, dúas estampas chinescas. Un sofá que de noite se trasforma en leito, e dúas butacas compañeiras, cubertos d'un tecido escuro estilo cubista. Enriba do sofá, hai na parede unha peisage ao ólio. N-unha esquina, un moble no que hai un reló antigo, parado; hai outro reló vulgar, que anda, pendurado na parede, na que hai tamén algús retratos de familia en fotografía. Unha mesiña de té ou costureiro, con tapetifio d'encaixe, un radiador e cortinas d'encaixe e stores. Gran alfombra que cobre o piso inteiro.
É esta unha casa en silenzo, que semella abandoada, e a miña estanza provisioal está de cote chea do bater do reló pendurado, que me lembra a casa d'una parenta vella d'Ourense ond'iba eu de pequeno.
(Continuaráse)
Imprenta NÓS, Hortas 20. Santiago.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721620.xml
78 PRIMEIRAS IMPRESIOS
Fumos logo a un café, ond’o Zoo.
Un café moderno e elegante, disposto com’un teatro, con palcos escalonados, cheos de mesiñas con mantel, cinceiro, e caixa de mixtos posta n-un chisme especial de prata. Cadeiras e butacas de salón. Nas mesas moitas mulleres semielegantes, pintadas e fumando pitos e homes pol-o geito. Pasan camareiras e grooms vendendo pitos e bombóns. No fondo, n-unha sorte d’escea, toca, de cando en cando, unha orquestra. O decorado é de madeiras barnizadas con incrustacións, e a luz disposta en barras.
A gente semella que se quer divertir moito e que s’aborrece cansada de todo. A sensación é de podremia e pesa no fondo do estamego.
A isto engádese que o Fernández Armesto e máis o Tobío puxéronse en comunistas e rusófilos. Pouco máis menos, din a coro o seguinte:
—Berlín é unha illa de enorme vida, onde todo é novo e moderno. En luxo, divertimentos, traballo, política, etc., é moi superior a París. Agora desplazouse pr’eiquí o celebro d’Europa. Eiquí estase fraguando unha total renovación, en arte, en literatura en filosofía, en ciencia, en moral, en todo. É a vida nova, a mocidade d’un novo mundo, que vai desbotar todas as ideas e todas as formas mortas da vella sociedade. Isto qu’eiquí se vé non é podremia nin ancianidade; toda esta xente non son ociosos, senón xente que traballa todo o día, e agora ven gozar da vida. Non hai dúbida qu’eiqui, a vida exige moito máis esforzo, pro en troque recompensa moito máis. Eiquí están resoltos unha chea de problemas qu’ante nós aínda preocupan, coma por exemplo o problema sexual; na mesma Francia está iste problema por resolver. Eiquí hai unha completa liberdade. O espírito atópase ceibe d’esas preocupacións e nasce un novo concepto do mundo, unha nova Weltanschauung. O comunismo imporase. Eiquí imponse já; soilo en Berlín, hai preto d’un millón de comunistas. Trunfará como trunfou en Rusia, que vai hoxe á cabeza do mundo. En España non saben nada de Rusia, somen-
NÓS
tes as novas que dan os escritores pagados pol-o capitalismo; eiquí Rusia vémola c’outra luz completamente diferente, e vese o avance gigantesco que representa...
E emprincipian a falar das escolas rusas, dos hospitais, das fábricas, de todo... E resulta que Rusia ten todo o maior do mundo: a fábrica máis grande do mundo, o edificio máis grande do mundo, o sanatorio máis grande do mundo, etc., etc.
E votan por aquela boca toda a ortodoxia ou heterodoxia marxista, todo o economismo, todo o materialismo histórico, e todol-os lugares comús do socialismo internacional.
O desgosto qu’isto todo me produce engádese á sensación d’abandono e de medo que como a badoco legítimo m’apreta o corazón dende que cheguei. Rúbeme, cecais do plexo solar, unha tremenda sensación de medo a todo: aos automóveis, aos espazos, á grandura de todo, ao movemento, ao gasto, á soedade, ao idioma, á cencia, á grande vila tentacular e maelstrómica. Arrepíntome de sair da casa, de deixal-as miñas comodidades, o achego da miña xente, a compaña dos amigos, a tranquilidade da miña vila e da miña casa, a muller, o neno, todo o qu’un quer e o que tanto val... Compénsame unha cousa: o ver com’as miñas ideas vanse afirmando e confirmando experimentalmente; coma eu previno todo, e coma todo o qu’eu pensei compróbase...
Porque sen dúbida qu’istes amigos, no seu optimismo revolucionario exageran moito as cousas; máis por moito qu’as exageren, co que quede de certo hai d’abondo pr’amostrar a miña visión d’apocalipse.
Despois do café, amóstranme algúns aspectos verdadeiramente pantástecos das rúas de Berlín —Augusta Victoria Platz, Tauenzienstrasse, Kurfürstendamm —- alumeadas con “luces de coores, anuncios luminosos, toda a pantasmagoría eléctrica ca qu’a gran cidade disfraza d’irrealidade a sua door de miseria e a sua podremia de negocio. Semella un folión de fogo fixo, ten a intensa cintilación lumínea do día do Apóstolo en Compostela; crería un qu’ista parte de Berlín está todal-as noites en festa. Mais non
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721612.xml
Riffe. Atoparon ali unha fonte co gosto e satisfacción do viño, tanto que se fartaron d'il ata que estiveron bébedos. Durmiron despois, e estiveron n-aquil lugar tres días con tres noites, ata que Caicher lles dixo, profetizándolles: «I aill Aras»; que é: «Nonos hemos deter ata chegarnos á nobre illa d'Irlunda». «Ond'está Irlanda?», dixo Laimhthind. «Mais longe de nós que Scythia; e non chegaremos nós a ela, senón os nosos fillos d'eiquí en trescentos anos.»
141. Despois marcharon polo mar ata chegaren ao Gaethlaighe; detivéronse n-esta terra. Un nobre fillo nacéralle a Laimhfhind, fillo d'Agnomain, ali chamado, Eber Gioullobranco. Outro fillo nacéralle a Ealloths fillo d'Agnomain, Eber o Negro, sen nome. Ao mesmo tempo naceron istes rapaces no Gaethlaighe. Foron os bisnetos d'iste Eber Gioullobranco, fillo de Laimhfhind, chamado Noenel, fillo de Febri Glas, fillo d'Aghnon o Branco, fillo d'Eber Gioullobranco, e o neto d'Eber o Negro, fillo d'Elloth, fillo d'Agnomain, chamado Taithechta, fillo de Tetrech, fillo d'Eber o Negro os que gobernaron xuntos ao Gaethlaighe. Trescentos anos estivo a castimonia de Gaed heal no Gaethlaighe, dende o tempo en que Laimhfhind, fillo d'Agnomain veu ali ata que Bratb, fillo de Death a deixou.
142. Entón iste Brath, fillo de Death, fillo d'Erchaindh, fillo de Nuadha, fillo de Noenes, fillo de Febri o Verde, fillo d'Agnon o branco, fillo d'Eber Gioullobranco, fillo de Laimhfhind, fillo d'Agnomain, - surtiu de Gaethlaighe polo mar, despois da morte dos seus antergos. Corenta anos contaba. Navegaron por Creta a Sicilia, deixando Europa á dereita, ata que chegaron á Hispaña. Istes eran, pois, os seus chefes: o mesmo Brath; Occe e Uicce, os dous fillos d'Elloth, fillo de Noenbal, fillo de Neimhedh, fillo d'Elloth, fillo d'Oghamain, fillo de Tothechta, fillo de Tetrech, fillo d'Eber o Negro, fillo d'Elloth, fillo d'Agnomain, fillo de Tai, fillo d'Oghamain; Mantan, fillo de Caicher, fillo d'Ercadh, fillo de Caomtecht, fillo de Soet, fillo de Mantan, fillo de Caicher o druida, fillo d'Eber, fillo de Tai, fillo d'Oghamam.
143. Tres batallas foron rifadas por eles despois que chegaron á Hispaña; a batalla contr'os Toisiona, a batalla contr'os Bachra, e a terceira batalla contr'os Lombardos. Unha pauliña caíu riba deles despois disto, que a tripulación de dous navíos, mandados polos chefes Occe e Uicce, morreron, senón foron dez qu'escaparon, mandados polos fillos dos dous devanditos chefes, chamados En, fillo de Occe e Un, fillo de Uicce.
144. Un fillo lle naceu a Brath, fillo de Death, despois d'estar na Hispaña, Breoghan seu nome. Foi criado ata que foi disposto a coller as armas. Brath morreu despois de un tempo, e Breoghan colleu o principado despois d'il. Entón erguéronse contendas e discordias, rifas e disputas antr'as varias razas da Hispaña e a tribu de Gaedheal, tanto que moita batalla e escaramuza houbo antr'iles. Non embargante, foi Breoghan cos seus soldados e pobo, quen saíu vitorioso en todol-os combates e sua foi a vitoria, tanto qu'as tribus da Hispaña foron sometidas a il Ro cabo.
145. Despois, unha cibdade foi fundada por Breoghan na Hispaña, Brigantia seu nome (1), e unha torre foi ergueita por il no fronte d'ela, que é chamada Torre de Breoghan (2). Unha placente e deleitosa morada, e un lugar pra velar e vigiar era aquelo. Na-
(1) Non colle dúbida qu'esta cibdade de Brigantia estaba no litoral Norte de Galicia. É a Briguntia os Brigantium das fontes clásicas, que dan mose á tribu brigantima e seguramente á terra de Brigantinos. Sabido é qu'os comentadores localízana en Betanzos. Ora, as verbas seguintes do Lebor Gabhála: «e unha torre que foi ergueita por il no fronte d'ela», ou seja, no treme da cibdade, armella que favorecen millor a localización ma Coruña.
(2) Esta torre de Breoghan (Tor Breoghax) é a que despois foi chamada Torre de Hércules. Sabido é qu'esta torre é diseñada nas fontes antigas e ainda nos mapas medievais co nome de Farum Brigantium, ou seja Faro da cibdade ou do porto de Brigantia ou Brigantiom. Por infaxos neoclásicos, despois, viu Ercules porse no canto de Breoghan verdadeiro costructor da Torre asegún os antiquísimas tradicións recollidas no Lebor Gabhála. As fontes máis antigas favorecen poós a sua atribución ao fundador de Brigantia, calo nome está ademais relacionado co de Breoghan.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/11572163.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII ★ Ourense 15 de Abril do 1931 ★ Núm. 88
X 0 Q U Í N
Xoquín, inda pequeno, cos seus ollos de neno veu craramente o mundo e máis a vida. E colléu seu camiño —o do seu corazón e o seu destiño— sin medo a dente, frecha nin ferida.
non se dd conta á xente de que Xoquín ten ollos milagreiros: os dos santos, os tolos e os poetas que de todo o que brila fan luceiros e de todo o que voa volvoretas.
Xoquín puxo seu gusto en camiñar o onde o levan os pes vai a cabeza mais seía besta ou home o que tropeza, Xoquín déixao pasar.
Como un varal de fento, un milleiro de follas velaíñas ten o seu pensamento. E como non dá rido, cando ceiba as folliñas a xente dí: «Xoquín non ten sentido». Porque todo o que mira o mira arrente,
Nunca dos homes ó vivir noxento ten de tornar Xoquín, xa que a sua vereda non ten fin e está empedrada pol-o Esquecimento. Tal como é, é ditoso. Nada o mágoa e nin sabe de envexas, nin de dores. Todas as erbas, para él, son frores. Pelras de luz todas as pingas de dgoa e todos os paxaros, reisenores.
Din que é parbo Xoquín... ¡Parbos son os que o din!
RAMÓN CABANILLAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/11572166.xml
64
lencio tan prolongado, dispóis dunha ratificación tan solemne?
O 15 de Agosto do ano 1855, lemos un acordo tomado sendo Alcalde D. Xaquín Vázquez de Puga, que debido á celebrarse o día seguinte a función de San Roque «dia en que según inmemorial costumbre» paga o Auntamanto a festividade o dito santo por voto que lle ten feito «deben concurrir a la Parroquial de Arbo todos los señores concejales con tal motivo, quienes asi ofrecen cumplirlo.»
Pasan outra vez catro anos, no que nin» guen se volve acordar do santo e nas autas do concello non se atopa nada que nos fale do cumplimento do voto, e diste modo chega a discusión dos presupostos do ano 1859 1860 en que atopamos como cifra presupostada 300 reás que na discusión trátanse de votar abaixo, e por fin eliminanse na sesión do 2 do mes de Natal de 1858 sendo Alcalde D. Xosé Maria Mosquera, fundándose en que non «figuraban en anos anteriores».
Catro anos pasaran somentes do acordo da celebración da festa e oito da ratificación do voto e atopámonos con istos concexás que non respetan o acordo dos seus antecesores pero con nova variación de Presidencia no Concello en sesión de 10 de Agosto de 1859 baixo a Presidencia de D. José López a Corporación acorda «asistir a la misa para que el santo sirva de medianero para con Dios y libre de todo contagio» fundandose iste acordo, no voto que «de antiguo viene observandose de costear la función de San Roque».
Verdadeiramente que non sabemos o que ocurría por aquel entonces na nosa corpor ación municipal pois cando se trata de discutir a consignación presupostaria pra a festa bótana abaixo e dispois en visperas da festas acordan celebrala encontrando outra anomalía máis, que se observa ó dicir que «de antiguo viene costeandose la funcion» e en sesións anteriores facer constar que non se costease a funcion de San Roque por non figurar en anos anteriores; indicando todo isto que os acordos non tiñan forza ningunha de cumplimento por canto que en custión de meses xa non se acordaban do que anteriormente se había determiñado incu-
NÓS
rrindo en contradiccións tan manifestas como as ditas.
No legaxo de documentos pertscentes 6 ano de 1860 atopámonos con un cuadernillo de varias follas en que na primeira dinos «Ayuntamiento de Arbo—Año de 1550—Restablecimiento de la festividad de S. Roque en la iglesia parroquial de esta capital de distrito, la cual ha sido compromisada en el año 1515 a consecuencia de enfermedad epidémica».
Por fin e dispois de tanta búsqueda de datos atopámonos con que eiquí dásenos a data da época en que se fixo o voto, época que coincide c-unha en que toda Galicia estaba sofrindo as consecuencias de unha peste contaxiosa en que non foi somentes Arbo quen en circunstancias tales se lembróu de implorar a proteición de S. Roque considerado na iglesia como especial patrono de toda crase de peste e males.
Por ista época, anos máis ou menos, como xa dixen era Galicia azoutada por unha peste que, en Sant-Iago, per exemplo, asolou bastante ista rexión como asimismo Pontevedra e outras comarcas máis; non sendo estrano pois que n-ista desgracia buscárase proteición pra se librar de somellante destrago.
N-iste legaxo de documentos de que fixemos mención temos unha gran cantidade de datos que amplían grandemente as noticias que sobor do particular necesitamos.
Pra mellor observar a marcha do restablecimento de ista festividá de S. Roque seguiremos punto por punto o texto integro do mesmo.
Hai unha folla encabezada diste xeito. Acta sobre la festividad de S. Roque que comenza eisí:
En la sala de sesiones del Ayuntamiento de Arbo a veinte de julio de mil ochocientos sesenta, Reunidos los señores que suscriben bajo la Presidencia del Señor Alcalde D. José López se llamó por este la atención de que este cuerpo municipal y las parroquias de Arbo, Barcela y Cabeiras habían consagrado en mil quinientos quince voto formal de celebrar la festividad de S. Roque en la iglesia de esta Capital por el alivio de una enfermedad epidémica que entonces atacara a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721617.xml
D A L E M A Ñ A
POR VICENTE RISCO
II.—O RHIN.
(Proseguimento)
Hai eiqui, com'en total-as universidades alemás, infindas asociacións d'estudantes, das que os membros levan coma distintivo as suas gorras: gorro inglés com'os grooms, posto de lado; gorra de plato; képis doblado co-a bisera ergueita, que é o que mais raro fai. Hai asociacións moi antigas e ricas, compostas de poucos membros, e moitas posen manifeca casa propia. O oujeto principal é divertírense. Son as tan soadas asociacións escolares, do tempo do Gaudeamus e do latín macarrónico, unha das cousas nas que vive ainda a antiga Alemaña prebismarckiana. A Bonn ven estudar moita xente no semestre de vran, por ser eiqui moito mais divertido que n-outros lados, de sorte que no vran medra a Universidade n-uns 8.000 estudantes. Din que cada vez estuda mais xente e hai mais tidos académicos, o que já escomenza a ser un problema. Semella qu'anque traballan, tamén se divirten e pasan o tempo de calquera xeito.
Tamén entrei n-unha aula grande, con bancos e pupitres, aparello de proiecución, telón branco, mesa profesoral e encerado. N-ela había estudantes lendo. N-estas aulas é a Vorlesung, na qu'o Profesor esprica, case sempre lendo un libro qu'estea escribindo, e en todolos cursos trata temas diversos. Os estudantes escoitan; se lles non gusta o qu'o profesor di, arrastran os pés; se lles gusta, patean. Os profesores, cando reciben mos-
tras de desaprobación, solen cambear abelenciosamente, ou espricar o que dixeron.
Ora, iste utillage centifeco custa un diñeiral. O presuposto d'una Universidade con todo o seu material, seminarios, laboratorios, museos, bibliotecas e dependenzas de toda caste, é fabuloso; os profesores cobran enormes soldadas, e láyanse de cote de non teren d'abondo nos seus seminarios, pra os seus traballos.
O RHIN.
Era xa tarde cando chegamos á beira do Rhin. Unha gran ponte de ferro cruza d'una pr'a outra banda. Baixamos á beira do río e estivémolo considerando. É largo d'uns cinco centos metros e vai antre vizosas orelas de apretado verdor. Río un pouco civilizado demais. E ningunha outra cousa podo dicir d'iste río famoso, no que non chegou a rán o laya de Loreley.
CONVERSAS.
Voltamos á Krankenhaus. Van chegando os amigos do Prof. Martínez Santa Olalla. Primeiro con moito coidadiño por mor das monjas; mais despois já vai rubindo o barullo, funciona o gramófono, etc.
Istes hespañois están poseídos da superioridade da sua raza, e cecais vaian atinados; peo menos, fan ben. Din qu'o que nos falla
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721618.xml
76
a nós é método, sistema, organização, persistência; que co-estas cousas eiquí está enormemente facilitado todo. Somentes teño unha objeción que facer: nós seremos, se cadra, mais capaces qu'os alemães intelectualmente; mais non colle dúbida de que somos incapaces de método, de sistema, d'organização, de persistência. E non penso que seña falla d'hábito, senón tara racial. E tampouco colle dúbida de qu'iles obteñen mais resultado coesas cousas, que nós coa nosa pretensa superioridade.
Istes hespañois pensan, en xeral, mal dos alemães. Din que teñen pouca cabeza e qu'o fan todo a forza d'apricación; que por adentro son perfeitos bárbaros, non tendo mais qu'un barnis de civilización por afora; que son moi finos e corteses, pro moi intresados, que cobran por todo, que compre tratar moito as cousas enantes de nada, por mor dos prezos, que de cote se consideran con dereito pr'esprotaren ao estrangeiro, etc, etc. Tampouco atopan a ciencia alemá tan fundamentalmente seria coma semella; refiren tremendos erros d'hispanistas de gran sana, e outras ligeirezas dos sabios d'esta terra. É certo; mais o qu'acontece, é que nós vimos estudar co-iles e iles non veñen estudar conoso.
Ora, verdadeiro é que na Hespaña quer haber certos pulos de vida nova, que non sei onde chegarán.
E rematou a sesión e despedinme tristeiro d'esta leda pousa na meu camiño. Muñoz e Prieto viñeron comigo deica a Rote Kano.
ABREISE.
Cenai, durmin, erguinme, arranxejime, almorcei, paguei e saín. Aos tres cartos d'ho-
NÓS
ra baixaba do carro eléctrico ond'a Catedral de Colonia. Velvina visitar. Despoixas, na estación, arranxei todo e metínme no Schnelzug das 11'05 horas pra Berlin.
NACH BERLIN.
Todo o qu'eu podo lembrar do camiño, indo no Schnelzug, é o seguinte:
Un wagón de 2.ª cómodo e con pouca xente. Unha parexa, home e muller, il boa facha e elegante, ela fea de gana e recomposta, posiblemente israelita, do tipo israelita de face achatada e coma esmagada c'un mazuco dun carpinteiro, e ainda asina, presumida com'o demo, botando a cada paso mán do espello, e moi afeita ten qu'estar a se ver n-il, pra non coller medo de si mesma.
Essen, Dostmund, Hannover, moita frábica e construción industrial, ferrollos de todas castes. Casas alemás, todas con estilo e carácter, aínda que señan d'estilo moderno. As casas, com'os homes, teñen raza.
Despois: campos longos, longos, longos, caos com'a palma da mán, rasos de todo, en tiras alongadas, verdes ou da cor da terra, sen árbores, anacos de bosque que se perden de vista; n'algús sitios, moitas vacas pintas, brancas e negras; algunhas aldeiñas moi pequenas, teitos de colmo; algún home arando c'un cabalo; grupiños de catro ou cinco homes ou mulleres d'arrastro no chao.
Vilas grandes e fermosas, con casas ben feitas d'estilo que pode pasar, sempre de tipo germánico.
Se non pode un decatar ben das cousas, non porque un non-as vexa ben, senon polo supetamente que se suceden as imaxes. Fica todo n'unha grande imprecisión. Asina, d'iste viage somentes me fican nubens no espírito apenas coorexadas de gris, verde e terroso.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721614.xml
j Oghamain despóis príncipe foi despóis de Noenius, o de boa forza; tanto que morreu já co-a cabeza branca e despóis foi o reino de Reffill.
k Despóis d'isto tamén Reffill foi morto por man de Tai, fillo d'Oghamain; Tai morreu, seguro crime, que non era floxo, pol-a man de Reffloir, fillo de Refill.
l Reffloir e Agnomain sen chata catro anos levaron en loita ata que Reffloir o grorioso morreu diante do fillo de Tai, diante d'Agnomain.
m Noenes e Reffloir c'unha lanza, os dous fillos de Reffloir, fillo de Reffill, botaron a Agnomain fora pol-o gran verde e ledo mar.
n Bós, os chefes que foron despóis d'il que viñeron da Scythia—, Agnomain, Eber sen deshonra os dous fillos de Tai, fillo d'Oghamain.
o Elloit, Laimhfhind, Glas, valente e prudente, os tres fillos d'Agnomain o moi reuto Caicher Cing, sona con vitoria, os dous bós fillos d'Eber de estranha rapidez.
p O seu númaro, corenta naos vindo riba das tristeiras olas tres ringlas cada nao d'iles e unha ringla d'iles, mulleres.
q Agnomain morreu, seu chata, no estreito do gran Mar Caspio; o-lugar ond'iles estiveron un ano ond'iles atoparon un gran misterio.
r Iles chegaron ao cheo mar de Libis, unha navegación de seis días de vran inteiros; Glas, fillo d'Agnomain, que non era probe, morreu alí en Coronis.
s Unha fermosa illa alí atoparon no mar de Libis, de héroes mozos unha estación e un ano, con sona a sua residencia n-aquil sitio.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721610.xml
NÓS
68
xuntas, que se encamiñaban á igresia parroquial de Santa María de Arbo, donde daba comenzo a Misa e demás aitos relixiosos.
En cada procesión ía conducido o patrón da parroquia respeitiva.
A hora pra se xuntar no citado punto de San Pedro, era sinalada de antemán, sendo de ver a presa que se dabanalgunhas parroquias pra ter o prurito de chegar primeiro que ningunha, habendo disputas por quen chegara primeiro ou non.
Iste ceremonial, fará cousa duns quince anos que non se verifica, e se fai a procesión cívica dende a Casa Consistorial con todol-os concexás, presididos polo Alcalde, dous números da Guardia Civil, de gala, que fan escolta dispóis durante a misa e na procesión.
A ista procesión aínda acompaña unha cantidade bastante numerosa do pobo, que faise solidario do dito voto e concurre ás ceremonias que teñan lugar no templo parroquial.
Como penitencia voluntaria que era, deixouse de ir na procesión e dende a casa do concello ata a igresia descalzo.
A isto é o que queda reducida a festa do San Roque na que adecuiriu maior importancia a festa profana, como máis arriba teño dito, que a relixiosa reducida somente a unha misa cantada con máis ou menos solemnidade, e á procesión, facéndose algún ano que outro á novena.
Con isto creo que compretei o máis que foi posíbel a historia de iste pequeno asunto histórico, que tantas vicisitudes pasou no transcurso dos anos, suxeito como estaba o criterio tan variado e diferente de todol-os que polo concello pasaban investidos ca autoridade de Alcalde ou de concexal.
LEABHAR GABHÁLA
LIBRO DAS CONQUISTAS D’IRLANDA
CAPÍDOO XI
A ocupación dos fillos de Mil
(Gabhéil Chloinne Miledh)
(Proseguimento)
133. Houbo cinco reis no Egipto dend'o tempo do Pharaón Cingeris ata entón. Velequi os nomes:
Pharaón Cerres. . . . . . 12 anos
Pharaón Armadis. . . . . 5 anos
Pharaón Rameses. . . . 60 anos
Pharaón Amenoses. . . 40 anos
Pharaón Amenomes. . . 28 anos
Despois qu'o Pharaón Tures colleu o goberno do Egipto, e cando obtivo forza e poder, e cando os seus guerreiros se fixeron numerosos, lembrou a sua hostilidade e enemistade contra castimonia de Nel, fillo de Fenius, polo trato e convenio que Nel formara cos fillos d'Israel, antes que marcharan atravesando o Mar Bermello, e coma il
collera os barcos de Pharaón, e non fixo rapiña nen persecución nos fillos d'Israel coma cada un dos outros. Medraron entón ali rozamentos e contendas antriles por entramal-as partes, tanto que os homes d'Egipto botaron a Stu e ao seu fillo, Eber Scot, con todo o seu pobo, fora do Egipto.
134. lles avantaron, pol-o tanto, pol-o mar da sua patria nativa, Scythia. Scota, a filla do Pharaón Cingeris, nai de Gaedhal Glas, estaba co-iles na sua ancianidade. Cincuenta naos a sua conta, vintecatro parejas en cada nao. Navegaron despóis ao Mar Rubio, a illa de Taprobana, arredor de Sliabh-Riffe, car'o Norte, ata que chegaron a Scythia. Despoixas de tomaren terra n-a-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721623.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meicifás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador. Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/11572169.xml
NÓS
bles cosechas de vino con desaparición de la enfermedad conocida con el nombre de oidium.*
Encabeza a suscrición o señor alcalde ca cantidade de 40 reás, pondo debaixo o seu nome e firma e todol-os pertescentes ó concello municipal ó lado da cantidade presupostada, puñan a verba voto pra indicar que eran eles os que tiñan que cumprir ca penitencias.
O esprendor que á festa se lle quería dar era tan grande, que os 1153 reás a que alcanzóu a suscrición non eran suficientes e por iso vemos que como compremento a ita cantidade na discusión dos presupostos pra o ano 1861 en 1.º de Agosto de 1860 nos *presupuestos de gastos cap. IX. relación n.º 8*, a corporación actual dispuxo o esaito cumprimento e maiores progresos da festividade que tivera lugar unha suscrición vontaria i-o presuposto dunha partida pra aitos de necesidade si os fondos particulares non alcanzasen pra a festividade, i-en consecuencia consignase a suma de 300 reás de vellón.
Istes 300 reás foron necesarios por canto que na presentación de contas o Concello, vemos consignados un libramento a favor de D. Basilio Pérez, n-aquel entón depositario, pol-a cantidade de 300 reás por gastos de festividade.
Nos anos de 1862 e 1863, cumpliuse esnitamente co prometido habendo encargado n-este último ano á D. Basilio Pérez e os concexales D. Domingo Antonio Pérez e D. Pedro da Casa, pra que corran cos gastos da función.
No presuposto pra o ano 1863, a consignación pra a festividade ascende a 600 reás; foi aprobado en 4 de Novembre de 1862, pero ca condición de que o Concello xustificaría primeiro a necesidade do gasto.
En sesión de 21 de Xaneiro de 1863, baixo a presidencia do Alcalde D. Xosé López, foi tratada a custión da festividade, e dispóis de facer unha breve historia de todo o referente ó voto, fai ver a Corporación a necesidade de aumentar a consignación pra dita festividade, pois *no se tiene solemni do con la decencia que corresponde*, facen-
do notar que son necesarios, pol-o menos, de 900 a 1.000 reás.
Unha vez exposto o caso á Corporación, ista acorda; que se eleve a testimonio do Señor Gobernador da provincia, pra que reconhecendo a necesidade sírvase aprobar o voto antigamente constituido, hoxe reproducido, e autorizar pra a festividade de cada ano a cantidade de 600 reás, gravándollos ó municipio, como o ven facendo ata agora e ca difrencia que resulte.
Nos libros de sesións do 64 e 65, non achamos nada novo, e o mesmo no 65 e 66, mais non así nos presupostos do 65 e 66, nos que a función de San Roque descende á 400 reás, si ben faise unha observación que nos di *que esta diferencia no va en perjuicio de los servicios*.
Unha vez que nos alcontramos n-esta época, xa non hai dificultade ningunha no tocante á celebración da festividade que se celebra normalmente aínda que non se fai mención nas aitas das sesións, pero, si, atópase consignación nos presupostos que no ano 1866 descende notabremente á 10 escudos con unha indicación de que isa cantidade é a bastante pra significar a festa de San Roque.
En anos sucesivos vai aumentando a cantidade no presuposto e a festa vai adequirindo maior esprendor e solenidade, chegando á ser de maior importancia a parte profana que a relixiosa.
Como máis arriba decíamos, concurrian ó punto chamado San Pedro as procesións das parroquias cos seus guións ó frente e presidindoa o párroco da parroquia respeitiva e o concexal da mesa. Ó dito punto de San Pedro, na capela do mesmo nome esperaban unhas pol-as outras, e conforme ian chegando, facianse reverencias unhas as outras e alí agardaban pol-a procesión da Capital, que correspondía á parroquia de Arbo, que viña co Santo a cabeza o párroco de Arbo, o Alcalde (si e que era da mesma parroquia) e unha gran cantidade de pobo que acompañando a procesión da sua parroquia respeitiva, viña á asistir os festexos relixiosos.
Unha vez reunidas todas, volvíase a formar nova procesión con todal-as parroquias.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721624.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en todal-as
Boticas, Droguerías,
Hotels,
Depósitos d'augas
minerás,
Restaurans e
vagós-camas de
todol-os trés.
Estas augas, de sona universal son
o remedio enxebre e eficacísimo
cand'un quer combater o Artritismo,
a Diabetis, Desnutrizón, Obesidades
diversas, doenzas do Aparello dixes-
tivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721613.xml
NÓS
ceron fillos a iste Breoghan despois na Hespaña; istes son os seus nomes: Bregh, Cuala, Cuailnge, Blad, Fuad, Muirthemme, Eble, Nar, Ith e Bile.
146. Pra comemorar e ostentar a historia de Gaedheal e a sua caste, o seguinte poema foi cantado; —Giolla Caiomhghin o compuxo.
a Gaedheal Glas, de quen veñen os Gaedhil — e o fillo de Nel de grande opulencia era forte no Oeste e no Leste, Nel, fillo de Fenius Farsaidh.
b Dous fillos tivo Fenius, verdade digo, Nel noso pai, e Noenbal; Nel naceu na torre, no Leste, Noenbal na Scythia de puro escudo.
c Nel, fillo de Fenius, que non era manco, marchou ao Egipto ond'ao Pharaón; na terra d'Egipto despois d'iso naceu Gaedheal noso pai.
d Stu, fillo d'Easru, fillo de Gaedheal, noso anterifo, de ledo hóspede, foi as Norte á sua casa sobr'o seo do Mar Rubio aceso.
e Cincuenta naos a conta da sua hoste que navegaba pol-o gran Mar Rubio baixo cada cuberta permitense vintecatro parexas de casados.
f Principe de Scythia era brilante tidos, do mozo cujo nome é Noenbal, que morreu na sua casa longe cando chegou a tribu de Gaedheal.
g Eber Scot foi rei dos campeóns sobr'os fillos de Noenbal ata que sen ter compasión foi morto por Noenius, fillo de Noenbal.
h Despois o poderoso fillo d'Eber cujo justo nome era Beoamain; á beira do Mar Caspio rei se fixo ata morrer de Noanios pol-a man.
i Noenius, qu'era fillo de Noembal o forte, tomou a Scythia de manchado escudo; o perfecto rapaz chefe caiu por man d'Ogamain fillo de Beoamain.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/11572167.xml
NÓS
estos pueblos. La corporación persuadida de su compromiso que reconoce bien, apoyado por la gravedad de las causas y por lo tanto su observancia y cumplimiento de justicia y anhelan estimular del mismo a sus administrados y deseando dar vida a ese voto antiguo que casi yace en la obscuridad; acuerda restablecerlo y de nuevo formalizarlo en consecuencia que en el año actual se celebre la festividad de San Roque con la decencia que corresponde para lo cual invita a los pueblos expresados con el objeto de que se sirvan concurrir por sí o por medio de sus encargados con las procesiones al punto de San Roque de este pueblo donde hay una ermita de este mismo nombre a fin de allí ser recibidos por la de la Iglesia parroquial de este distrito pasando, después, y en conjunto a la misma y asistiendo a la misa cantada que debe de celebrarse; que una vez los gastos de esta función no son abonables en presupuestos municipales según la práctica observada se abra una subscripción de particulares voluntarios constituyendo la promesa o penitencia que tengan por conveniente; que esta festividad se anuncie anualmente por edictos para lograr la concurrencia de gentes cercanas y lejanas; que las subscripciones se inviten cada un año para el ingreso de nuevos devotos, testando de la misma a los que fallecieren o presenten la separación y que de todos los gastos se unirá al expediente cuenta demostrativa de ellos, recaudándose de los subscriptores con la anticipación debida la suma que hayan consignado para lo que el Señor Presidente nombrará persona o personas que gratuitamente desempeñen este cargo. Así lo dispusieron y firman de que yo Secretario certifico. —José López.—José Gil.—Juan Simón.—Diego Ribera.—Juan Antonio Estevez.—Domingo González.—Juan Alvarez.—Juan Manuel Rodríguez.—José Vázquez Araujo, Secretario—firmado y rubricado.
Varias foron as causas que moveron o Concello de Arbo ó restabrecimento dunha maneira solene do voto, como na mesma aita da sesión se fai costar, tendo que facer notar que no ano 1860 foi un ano no que aconteceron varios sucesos, tristes uns, alegres outros, non extrañándonos pois que escolleran a festividade de San Roque pra conmemorar todo xunto.
Os sucesos á conmemorar eran dar gracias pol-os éxitos obtidos pol-o noso exército en terras africanas contra dos mouros; pedir protección contra unha nova peste, cal era a invasión do oidium que amenazaba seriamente a colleita do viño.
Istes eran, pois, dous motivos serios pol-os que os concexás quixeron facer solene por todolos conceitos, engadindo ainda máis outros motivos puramente particulares como eran o da colocación do retrato da sua Maxestade a raíña Isabel II, donación do Excelentísimo D. Lorenzo de Cuenca, Diputado a Cortes por iste distrito.
De todos istes feitos falaremos dunha maneira particular.
Seguidamente vamos á pór integro o programa dos festexos realizados nise día en honor do señor San Roque.
«Programa de los festejos públicos cívico-religiosos que el Ayuntamiento Constitucional de Arbo acordó celebrar en 16 de Agosto de 1860, día de San Roque y aniversario de un voto antiguo que el municipio y parroquias consagraron por el alivio de una enfermedad epidémica que entonces atacó; como así bien en homenaje al Dios de los ejércitos por los triunfos alcanzados sobre el Imperio marroquí y la colocación del Retrato de S. M. la Reina en la sala Consistorial.
Se anunciará la función con repique ed campanas en la Iglesia parroquial de la Capital de Distrito en la víspera del día 16 con voladores y música que signifiquen la alegría y al mismo tiempo la dignidad tan necesarios en tales actos.
En seguida marchará la Corporación en pleno a la iglesia para asistir al «Te-Deum» en acción de gracias con música y voladores y seguidamente a la misa solemne del santo en la que predicará el distinguido y elocuente orador D. José Benito Collazo de la parroquia de Teis.
El Santo según el mismo voto antiguo y la costumbre que viene observándose será sacado procesionalmente por cuatro señores concejales hasta la capilla de San Sebastián.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/115721615.xml
NÓS
t Navegaron no mar, un lucente feito, dous días e dúas noites; o resplandor das mans de Laimhfhinn brila com'as máis fermosas candeas.
u Catro chefes tiveron que non foron probes, vindo ao mar de Libis; Elloth, Laimhfhinn, seña por vos contado, Cing e o seu irman Caicher.
v Foi Caicher quen atopou pra iles un remedio pra o engado das mulleres do mar. De geito que Caicher lles dixo que puxeran cera nos ouvidos.
w E Caicher de brilante perfeizón quen lles fixo unha profecía, na montana de Riffe, no cume «Non hai repouso pra vos deica Irlanda»
x «Ond'está esa sobrime Irlanda?» dixo o brilante e fero Laimhfhin. «Moi longe de vós», dixo ali Caicher, «non chegarán, senon os vosos cartos fillos».
y Iles adiantaron no seu bataleón con veneno: ao Sol máis alá da punta de Riffe— os fillos de Gaedheal con furia— ata qu'ocuparon o Gaethlaighe.
z Un noble fillo naceu ali a Laimhfhind, fillo d'Agnomain. Eber gioullo-branco, de crara coor, pai d'Aghnón, abó de Feibri Glas.
a' A tribu de Gaedheal o héroe blanco tres centos anos botou n-aquela terra; cultivárona dend'entón ata qu'o vitorioso Brath foi nado.
b' Brat, bon fillo do forte Death veu a Creta, a Sicilia, corenta naos a sua gente. Foi por diante da Europa, a Hespaña.
c' Occe e Uicce sen medo, os dous fillos de Elloth, fillo de Noenbel, Mantan, fillo de Caicher, Brath o propio, istes foron os seus catro chefes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/08/082d/082db724-d03d-43d1-91c9-f32087eb5e1c/11572168.xml
66
Por la tarde la gaita del país servirá de * diversión al público por frente a la Casa Consistorial en cuyo punto, iluminado con faroles, habrá baile con música.
Mas que función profana se preferirá no escasear en nada en cuanto a la religiosa cuyos cultos serán con la pompa que es de apetecer en tales actos para interceder más el inagotable consuelo de la Divina Providencia en pro de todas las necesidades de la Iglesia y de la Monarquía.
Casas Consistoriales 1.º de Agosto de 1860.—El Alcalde Presidente, José López».
O día 16 de Agosto celebrouse a festividade de San Roque con toda a esaititude cumplindo fielmente o programa, según consta dunha certificación espedida pol-o secretario D. Xan Vázquez e firmada pol-o señor Alcalde, na que dí que efectuouse «con toda la solemnidad pompa y religiosidad que correspondía».
Unha vez rematados os cultos relixiosos, regresou a Corporación municipal á Casa Consistorial, e alí reunidos abriuse a sesión pol-o señor Alcalde, pronunciando un elocuente «brindis» relacionado coa reproducción do voto pol-as glorias alcanzadas pol-o noso exército en África, «para vengar el honor y el pabellón ultrajado por los bárbaros marroquíes tributando un voto de gracias al Ejército y Generales que de victoria en victoria han conducido estos a aquel introduciendo la civilización tan necesaria como una de las mejores conquistas».
No desenrolo da sua oración, non se olvida dos seus compañeiros da Corporación, a quenes dá gracias por haber «contribuido coas súas luces a poder e a satisfacer no posibre cuestións tan complicadas».
Faise renovación solene do voto, pidindo ó santo non soio protección pra as enfermedades do corpo sinón pra á peste que invade as prantas que ven sendo a miseria de istos pobos, fai sete anos atacados pol-a enfermidade do oidium na vide.
Adica fervorosas e calurosas gabanzas á laboura do Goberno, pol-os adiantos «en todas las artes y ciencias bajo un régimen de tan buena administración y al tutelar brazo de nuestra bondadosa Reyna».
Remata o seu discurso brindando pol-o
NÓS
Diputado D. Lourenzo Cuenca, pol-as suas señaladas probas de amor dadas á istes pobos, e dá rendidas gracias pol-o regalo do retrato que preside a sala.
Dá un voto de gracias o «Señor D. José Benito Collazo por la felicidad de su panegírico» y aito seguido levado do seu entusiasmo e férvido patriotismo prorrumpe en vivas á Raiña, ó Duque de Tetuán, á Nación Española e ó Concello de Arbo.
Así remataron as festas que na honra do San Roque e no restablecimento do seu voto tiveron lugar en Arbo na data tantas veces dita.
Ó parecer, dispóis de un festexo tan solene como o verificado, paresceria que xa endexamáis se esquencerían de celebrala como era debido, máis non foi así; varias e moi diversas foron as vicisitudes pol-as que pasóu a festa, anos de grande pompa e solenidade; anos de grandes apuros económicos, nos que se cumplía con aquilo estrictamente necesario; anos de esquencemento completo en aitas de sesións e en presupostos nos que non se consignaba ren.
Mais, antes de continuar a historia da festa de San Roque, sigamos tomando datos do citado cuaderno. A continuación transcribiremos o documento no que se comprometeron á cumplir o voto no día 16 de Agosto de todol-os anos.
«Los infrascritos relacionados y firmados nos asociamos y hacemos formal compromiso de afrontar cada uno lo que de buen grado ofrecemos para la función de San Roque que se celebra como aniversario de un voto antiguo en la Iglesia de la capital de este distrito municipal de Arbo para el año de 1851 llevando este compromiso el doble objeto de cumplir una penitencia que voluntariamente ofrecemos en obsequio al mismo Santo y consiste en marchar descalzos en el mismo día de la función desde la Casa Consistorial al templo para interceder más y más la protección del mismo Santo para con la clemencia divina con el fin de alcanzar del Señor su poderosa influencia benéfica en pró de todas las necesidades actuales de la Iglesia y de su Vicario el Sumo Pontífice lo mismo que para que nos vuelvan aquellas antiguas y vonanci-